Date post: | 25-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | lourdes-otero-rodriguez |
View: | 238 times |
Download: | 7 times |
A viaxe a Fuerteventura
A viaxe a Fuerteventura foi unha experiencia única e inolvidable.
A xente canaria, en xeral é moi sociable e simpática. Estiven moi
contenta polo trato que recibín.
Os dous primeiros días sentíame algo tímida e vergonzosa porque non
coñecía a ningén, pero os outros días estiven xenial e sentinme “superben”.
Mentras estivemos alí fixemos moitas actividades: fomos
coñecer o pobo de Morro Jable e ensinaronnos unha ruta con esculturas que
pretenden recordar oficios que xa se están perdendo, no mesmo pobo teñen
unha praia asombrosa aínda que non me sorprendeu moito xa que nós aquí
témolas a pares.; outro día fomos a Pájara e alí ensinaronnos os seus
costumes, o que máis me asombrou foi o que nos contaron sobre as cabras,
algo moi antigo e que se sigue a facer. Visitamos unha praia que está
fosilizada cunhas covas grandes e impresionantes.
Outros días fixemos acrividades acuática e na praia, e paseino
xenial; pola tarde deixábannos tempo libre ou mellor dito a tarde libre e
aproveitabamos para baixar ao paseo da praia cos rapaces e rapazas de
Valencia, Valladolid, Badaxoz e como non , cos de Fuerteventura.
Para min foi unha experiencia na que aprendín moitas cousas e
sobre todo paseino xenial, pena que non se volva a repetir! porque algúns de
Fuerteventura virán aquí pero non serán todos os que alí estivemos, aínda
que quizais un día voltemos a encontrarnos en calquera outro lugar.