Servizo de Orientación Laboral
Atopar un traballo hoxe en día non é doado, e
non falemos xa se se trata dun traballo que se adapte
ás nosas necesidades, á formación que temos, etc…
Por iso, con esta guía o que se pretende é que, cando
atopes a oferta dese traballo ideal, teñas recursos
para poder optar ao posto e non te quedes atrás por
non saber redactar unha carta de presentación ou
facer ben un currículo. É importante tamén que
prepares ben a entrevista de traballo xa que é dos
pasos máis importantes para optar a un posto
determinado. Nesta guía atoparás as preguntas máis
comúns que se soen suscitar, ¡non deixes que te
pillen desprevido/a!
3
Servizo de Orientación Laboral
4
Servizo de Orientación Laboral
A carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego,
cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa.
Coa carta de presentación temos que suscitar a interese necesaria a
quen a le, para que desexe ler despois o curriculum vitae ao que acompaña.
Por ilo, ten unhas características determinadas en canto á súa
elaboración:
Debe ser corta: Non debemos cansar nin aburrir ao lector.
Debe ser ordenada: Trataremos de evitar que o lector teña que ler
varias veces a nosa carta para facerse unha idea do que queremos dicir.
Debe ser clara: Esta claridade a lograremos mediante a estrutura que
demos á carta.
Debe ser directa: Nada de dar voltas sobre una mesma idea, nin
repetir datos do C.V. O noso obxectivo é chamar a atención para que sexa
o lector quen logo desexe lelo.
Coa carta de presentación o que facemos é “vendernos”. Somos á
vez comercial e produto e por ilo debemos intentar satisfacer ao cliente.
Non debemos ser pedantes cos nosos logros, nin polo contrario dar pena a
quen o le. Debemos facernos valer e demostrar que nos necesitan.
Existen distintos modelos de carta, dependendo do obxectivo
específico da mesma.
5
Servizo de Orientación Laboral
Cando atopamos un anuncio en prensa, ou nun boletín..., é dicir,
cando vemos unha oferta de emprego que nos interesa publicada,
enviaremos unha carta de contestación a un anuncio. O máis importante
deste modelo de carta, é que fagamos referencia exacta ao lugar e data onde
localizamos a oferta.
Cando nos interesa que o noso curriculum sexa estudado nunha
determinada empresa, pero non vimos ningún anuncio que nos diga que
necesitan persoal, entón temos que enviar unha carta de auto
candidatura, tamén chamada de candidatura espontánea.
Ademáis é importante a carta de agradecemento, unha vez que
participamos no proceso de selección. Esta carta serve para agradecer a
atención prestada durante dito proceso, á vez que amosar que seguimos
interesados en formar parte do persoal da empresa.
En canto á imaxe, temos que ter en conta os seguintes aspectos
básicos:
Debemos presentar a carta nun so folio e escrito a ordenador (se
non nolo piden a man) e por unha soa carta.
Sempre enviaremos orixinais. Ademais debemos reflectir en cada
carta, o nome e os datos identificativos da empresa á que enviamos o noso
currículum e firmaremos cada unha das cartas que enviemos. Debemos
facer ver que nos tomamos a molestia de enviar unha carta personalizada a
cada empresa, amosando así a nosa interese.
É unha gran vantaxe coñecer á atención de que persoa
determinada debemos enviar a carta, para que esta chegue ás mans
axeitadas o máis rapidamente posíbel. Se descoñecemos o nome da persoa
responsábel, diriximos a carta ao departamento de Recursos Humanos da
empresa que nos interese.
6
Servizo de Orientación Laboral
MODELO DE CARTA RESPONDIENDO A UN ANUNCIOSr. Director de personal O TEU NOME E APELIDOS
Camiones Ibéricos S.A. ENDEREZO E TLF
Pº de la Castellana 821
28068 MADRID
REF: P-man
Viveiro, 14 de Novembro de 2005
Estimado Sr/a.:
En resposta ao seu anuncio aparecido no diario El Progreso do
pasado domingo, éme grato manifestarlle a miña interese polo posto de
persoal de mantemento alí convocado.
Como pode comprobar polo axunto curriculum, estudei FPII de
mantemento, especialidade en empresas de automoción. Ao finalizar os
meus estudos empecei a traballar como axudante de mantemento na
empresa Autocares e Furgonetas S.A. durante un período de dous años. Por
todo ilo creo reunir os requisitos que vostedes mencionan para o futuro
ocupante do posto.
Desexo tomar parte no proceso de selección convocado. En especial
manter unha entrevista con vostedes para ampliar verbalmente as
referencias do meu curriculum, así como para comentarlles as miñas
experiencias no campo do mantemento.
Á espera das súas novas, saúdalle atentamente,
Ado: (O teu nome)
Axunto curriculum vitae
7
Servizo de Orientación Laboral
MODELO DE AUTOCANDIDATURA
Sr. D. Juan José García O TEU NOME APELIDOS
Director de producción ENDEREZO E TLF
Laboratorios Reunidos
Avda. América, nº 27
VIGO
Viveiro, 14 de Novembro de 2005
Estimado Sr/a.:
O pasado ano rematei os meus estudos de Farmacia na Facultade
correspondente da Universidade de Santiago de Compostela por outra
banda, a miña afección dende hai cinco anos é a informática, cun modesto
PC conseguín producir programas aplicábeis á produción farmacéutica
(control de calidade de materias, xestión de inventarios…) Ditos programas
foron amplamente celebrados por algúns dos meus profesores na Facultade.
Penso que os meus estudos universitarios e a miña capacidade
informática poderían atopar acomodo nun laboratorio farmacéutico como o
de vostedes, preocupado tanto pola calidade dos específicos como pola
eficiencia e produtividade do proceso industrial.
Acompañando esta carta atopará vostede unha copia do meu
curriculum.
Agradaríame moito ter unha entrevista persoal con vostede, co fin de
comentarlle algúns datos que estimo poden ser da súa interese.
Estarei en Vigo a semana do 20 de xuño, e quixera ter a oportunidade
de falar con vostede ou con algún outro directivo de Laboratorios
Reunidos, se ilo é posíbel.
Se desexa vostede pórse en contacto comigo, non dubide en
chamarme ao 982-00-00-00.
Á espera de coñecelo e persoalmente, o saúda:
Asdo: (O teu nome)
8
Servizo de Orientación Laboral
MODELO DE CARTA DE AGRADECEMENTO
Sr. D. Juan José García O TEU NOME E APELIDOS
Director de Producción ENDEREZO E TLF
Laboratorios Reunidos
Avd. América, nº 27
15700 A CORUÑA
Viveiro, 16 de decembro de 2005
Estimado Sr/a:
Quixera agradecerlle a entrevista que me concedeu o día 7 de Maio
pasado para o posto de auxiliar de laboratorio.
De acordo coa información que me proporcionou na mencionada
entrevista, acerca dos requisitos e responsabilidades esixidas para o posto, e
que creo que se axustan perfectamente ao meu perfil, lle comunico que
continúo estando moi interesado en ser seleccionado para a súa empresa.
Desexaría me permitiran poder pasar unha segunda rolda de
entrevistas.
Quedo á espera de que me comunique a data e hora da próxima
entrevista.
Atentamente
Ado: (o teu nome)
9
Servizo de Orientación Laboral
10
Servizo de Orientación Laboral
O Curriculum vitae (C.V.) é a ferramenta básica da busca de
emprego. Trátase de redactar de forma clara e chamativa, a nosa
traxectoria profesional, as nosas intereses e as nosas actitudes e
habilidades persoais.
En cuanto á redacción: debe ser breve, clara, con frases que non
sexan moi longas, esquemático e organizado.
Do que se trata cun C. V. é que ao lelo, a persoa a quen se lle dirixe,
sexa capaz de saber todos os datos máis interesantes de cara ao posto de
traballo, cun so golpe de vista. Para ilo axudarémonos das letras en negrita
e as maiúsculas.
11
Servizo de Orientación Laboral
CONSELLOS Á HORA DE ELABORAR UN CURRÍCULUM
Substituír a data de nacemento pola idade.
Ordena a información de presente a pasado.
Non envíes nunca os certificados de estudos nin os certificados de
boa conduta.
Indica as túas motivacións e intereses profesionais.
Nunca poñas as túas expectativas salariais.
Redáctao pensando no posto ao que optas ou no teu obxectivo
profesional.
Se é posíbel acompáñao cunha foto.
Se tes un nivel baixo en idiomas ou informática, mellor non poñas
nada.
Pon sempre a duración (datas) dos estudos e experiencias laborais.
Ser sincero e non abuses dos eloxios. Ante todo humildade.
Utiliza unha linguaxe directa e positiva sempre en terceira persoa,
nunca en primeira.
Utiliza un vocabulario preciso pero sinxelo.
Coida as faltas de ortografía.
A súa lectura debe resultar doada (destaca os títulos)
Non debes de ocupar máis de dúas páxinas (se sobrepasas este
límite, elimina toda a información que non estea relacionada dalgún xeito
co posto buscado). E en todo caso axunta un anexo.
Os datos que axuntas deben ser veraces e coherentes co posto ao
que optas.
ESTRUCTURA
12
Servizo de Orientación Laboral
Datos persoais
Inclúe o teu nome e apelidos, enderezo onde resides, teléfono de
contacto, e-mail e data de nacemento. Non cómpre indicar o teu estado
civil.
Formación académica:
Estudos e títulos obtidos, indicando centro de estudos, localidade e
datas. (Estrutura a información por orden cronolóxico descendente é dicir,
primeiro o máis recente.)
Formación complementaria:
Estudos ou prácticas realizadas que complementen a túa formación
académica. Aquí debes indicar cursos ou seminarios con relevancia para o
posto solicitado, indicando o número de horas de duración. Non é
conveniente sobrecargar este apartado xa que pór moitos cursos pode
ensombrecer os realmente importantes. Indica só aqueles que sexan
relevantes de cara ao posto buscado.
Experiencia Profesional:
Detallaremos o posto, nivel, empresa e organismo para o que
traballamos, así como as funcións máis importantes ou relacionadas no
posto ao que optamos e as datas de inicio e fin. Tamén poñemos aquí as
prácticas da carreira, traballos non remunerados, voluntariado, etc, que
máis se acheguen a aquela competencia que desenvolveremos na empresa
que le o noso curriculum vitae.
Idiomas:
Nivel (falado, escrito, lido) se tes algún curso ou estancia no
estranxeiro que o acredite.
Coñecementos informáticos:
Programas que manexas e para que os utilizaches.
13
Servizo de Orientación Laboral
Outros datos de interese
Publicacións, participación en eventos, neste apartado podemos
incluír o noso obxectivo profesional así como 2 ou 3 habilidades ou
características persoais que posuamos, sempre e cando teñan relación co
posto.
14
Servizo de Orientación Laboral
EXEMPLO DE CURRÍCULUMArmando González SalinasAvda do Ferrol, 627850 Viveiro (Lugo)Teléfono de contacto: 666666666Idade: 38 anos.D.N.I.: 33.333.333. XFORMACIÓN
REGRADA- Certificado de estudos primarios. Colexio Público Lois Tobío (Viveiro). Xuño
1.982.- Título de Técnico Especialista en Electrónica. Instituto de Formación
Profesional de Burela. (Burela). Xuño 1.989.
COMPLEMENTARIA
- Curso de deseño de planos e esquemas eléctricos. FOREM GALICIA. (Viveiro). 2.000.
EXPERIENCIA
Axudante técnico reparación de televisores. Ramón Electrodomésticos (Cadea Activa). Do 3/12/1990 ao 6/06/1992 (Lugo). As miñas funcións consistiron en servir de apoio no servizo de postvenda.
Técnico de mantemento. Hospital da Costa. Do 10/09/1992 ao 25/11/1995 (Burela). As miñas funcións era levar o mantemento eléctrico do hospital.
Técnico de reparación electrodomésticos. Por conta propia. Do 6/01/1996 ao 5/02/2006. (Viveiro). As miñas función eran a reparación de pequenos electrodomésticos.
IDIOMAS
Galego nivel alto. Lingua materna e Curso de perfeccionamento.
Ingles nivel medio. Cursando 2º curso na escola de idiomas.
INFORMÁTICA
Microsoft Office. Nivel usuario.
Autocad. Nivel alto. (curso deseño de planos e esquema eléctricos)
Internet. Nivel usuario.
OUTROS DATOS Carné de conducir B e C
15
Servizo de Orientación Laboral
16
Servizo de Orientación Laboral
É a parte mais importante do proceso de selección e a última fase
antes da decisión por parte da empresa, por ilo temos que ter moi claro non
só o obxectivo da empresa senón tamén o noso.
A empresa tratará saber mais de ti e de comprobar detalles, saber se
es o axeitado ao posto, descubrir se podes, sabes e queres ocupar o posto e
se es compatíbel coa empresa.
Nós temos que demostrar o que sabemos, que podemos e queremos
el posto.
CONSELLOS PARA SUPERAR UNHAENTREVISTA DE TRABALLO
Antes da entrevista
- Coñece todo o que podas da empresa.
- Se te citan por escrito, o correcto é que chames para confirmar a túa
asistencia.
- Asegurarte do lugar e da hora da entrevista, así como do nome do teu
entrevistador.
- Se non estás seguro de como chegar ao lugar da entrevista, fai unha
viaxe de proba ou prevé unha marxe de tempo o suficientemente
amplo para asegurar que podas chegar a tempo.
- Tes que ser puntual, é mellor chegar 5 minutos antes xa que a túa
falta de puntualidade tomarase en conta negativamente. Si por unha
razón de peso sabes que vas a chegar tarde, comunícao canto antes á
persoa que che vai a entrevistar.
- Estuda as túas aptitudes, a túa experiencia e túa educación.
- Leva o currículum e coñéceo perfectamente, xa que
se basearán nel.
17
Servizo de Orientación Laboral
- Fai unha relación dos teus puntos febles e prepara argumentos para
defendelos.
- Coida a túa indumentaria e hixiene persoal. Viste de maneira
correcta, de acordo coa túa personalidade, pero sen ser demasiado
informal ou extravagante. Por regra xeral, é recomendábel
presentarte cunha imaxe formal, clásica. Non acudas con gafas
escuras e os accesorios deben reducirse ao mínimo; a maquillaxe, as
colonias ou perfumes deben utilizarse con moderación.
- Ve so/a.
- Leva dous ou tres copias do tu currículum vitae, e asegurarte que
poderás xustificar todos os elementos do mesmo. Se o currículum
enviado anteriormente á empresa non inclúe unha fotografía,
asegúrate de que as copias que leves á entrevista se a teñan. Iso fará
que o entrevistador o lembre mellor cando revise as súas notas da
entrevista.
Durante a entrevista
- Crea unha boa impresión. As primeiras impresións son de grande
importancia. Moitos empresarios consideran que tras ver entrar pola
porta a un candidato, observar a forma de dar a man e sentarse, son
capaces de decidir sobre a súa valía.
- Saúda ao entrevistador cunha fórmula convencional: Boas tardes Sr.
Ruiz.
- Séntate dereito/a, nin ao borde da cadeira (inseguridade), nin o
ocupes todo (falta de respecto)
- Non sexas o/a primeiro/a en estender a man.
- Saúda cunha aperta de mans e sorrí, mirándolle aos ollos.
- Non te sentes ata que cho digan.
18
Servizo de Orientación Laboral
- Non tutes se non cho indican.
- Está atento/a e simpático/a.
- Evita pórte nervioso/a e os xestos que o indiquen como roer as
unllas, golpear co boli na mesa, axitarte no asento...
- Non fumes, nin bebas aínda que cho ofrezan.
- Non interrompas.
- Mira ao entrevistador aos ollos, pero sen intimidar.
- Deixa que el tome a iniciativa.
- Non fales demasiado, nin demasiado pouco.
- Coida a túa linguaxe.
- Non peques de agresivo/a nin de sensíbel.
- Non te aproximes moito a el.
- Non poñas os cóbados enriba da mesa do entrevistador.
- Non cruces os brazos, pode parecer que estás á defensiva.
- Se che ofrecen unha bebida podes aceptar pero, que non sexa
alcohólica.
- Pensa antes de contestar.
- Non esperes demasiado tempo para responder, podería parecer
síntoma de distracción.
- Non utilices expresións tallantes “sempre, nunca”, nin utilices
latiguillos como “ou sexa”, “isto”....
- Se che preguntan sobre ti mesmo/a, dálle importancia a túa
formación, experiencia e resultados dos teus traballos.
- Non respondas con evasivas ou dubidas, nin con monosílabos.
- Non fales mal das empresas nas que traballaches.
- Responde clara e brevemente.
- Pensa positivamente.
- Amosa entusiasmo polo traballo, pero non o supliques.
- Non pidas o posto como si fora unha esmola.
19
Servizo de Orientación Laboral
- Non digas que necesitas terribelmente o posto.
- Di sempre a verdade.
Recordar que, na primeira entrevista, o máis
importante é o posto de traballo ao que queres
acceder e non o soldo, nin as vacacións e permisos.
Estes temas poderíanse tratar en detalle en posteriores entrevistas.
- Non te negues a responder preguntas.
- Fai preguntas sobre as posibilidades de promoción na empresa ou o
posto de traballo.
- Non critiques.
- Expresa o teu agradecemento.
- Non critiques a pasados empresarios.
- Non digas, "acabo de rematar os meus estudos e non teño
experiencia profesional" enfócao doutra maneira a
resposta correcta sería "estou dispoñíbel para
traballar e disposto/a a pór en práctica todos os
coñecementos adquiridos nos meus estudos.
- Si che fan preguntas indiscretas de carácter persoal responde que na
túa opinión ese asunto é irrelevante para deducir a túa idoneidade
para o posto ao que optas. Dillo con seriedade pero non con
agresividade. Estas preguntas valoran o teu control emocional.
20
Servizo de Orientación Laboral
Despois da entrevista
- Non te vaias sen coñecer todos os datos sobre a
próxima etapa do proceso de selección: onde,
cando e con quen terá lugar.
- Cando o entrevistador dea por finalizado o
encontro, se non mencionou nada sobre os
próximos pasos a seguir, toma ti a iniciativa,
preguntándolle directamente: “Se vostede o considera
oportuno, gustaríame prolongar esta conversa
durante outra entrevista”, ou “¿En que consiste a
próxima etapa da selección?”
- Antes de saír, dea as grazas ao entrevistador polo seu
tempo e pídalle a súa tarxeta de visita. Así dispoñerás
dos seus datos exactos para enviarlle unha carta de
agradecemento.
- Analiza os resultados, anota puntos fortes e
febles...pode servirte para una segunda entrevista
ou para próximas entrevistas noutras empresas.
- Fai unha ficha reflectindo o seguinte:
Empresa:
Entrevistador:
Data:
Posto de traballo:
- Avalía a impresión xeral que che produciu a empresa
e o posto de traballo ofrecido. ¿Cumpríronse as túas
expectativas?
- Avalía o éxito da entrevista, resaltando os puntos
positivos e negativos do encontro.
21
Servizo de Orientación Laboral
- ¿Cales foron os temas que máis interesaron ao teu
interlocutor, os que lle aburriron ou lle decepcionaron?
- ¿Cales foron as túas mellores e peores respostas?
- ¿Dubidaches ou te puxeches nervioso con algunha pregunta?
TIPOS DE PROBAS DENTRO DUNPROCESO DE SELECCIÓN
Unha vez superada a preselección, poida que o seleccionador
contacte contigo para que realices probas específicas que aporten maior
información sobre aspectos consubstanciais ao posto de traballo. Chegar á
fase de probas no proceso de selección supón xa un éxito.
A predición da conduta futura é esencial na selección de persoal que
se fai posíbel mediante a aplicación dunhas probas determinadas, cuxos
resultados interprétanse e se extrapolan de acordo cuns criterios
establecidos.
Estas probas poden ser moi variadas, xa que o seu deseño e
aplicación estarán relacionados cos requisitos a avaliar en dito posto,
nembargante poden encadrarse dentro destes grupos.
Dinámicas de grupo:
Perante estas probas avalíase o comportamento dun candidato dentro
dun grupo en determinadas circunstancias concretas. Nelas reúnese a un
grupo reducido de candidatos ( entre 8 e 10) baixo o control dun ou varios
supervisores, suxírese a discusión dun tema suscitado cun límite de tempo.
Os trazos a avaliar son entre outros:
Razoamento Lóxico.
Capacidade de Liderado.
22
Servizo de Orientación Laboral
Sociabilidade.
Capacidade de comunicación.
Imaxe persoal.
Capacidade de persuasión.
Capacidade de séntese/análise.
Test de intelixencia:
Pretenden medir a capacidade xeral para resolver problemas de tipo
abstracto, o que se considera un indicador da eficacia nas distintas áreas
profesionais. Suscitan problemas de dificultade crecente.
Test de aptitudes específicas:
Poden ser verbais e non verbais. Pretenden medir a capacidade en
áreas diferentes como: comprensión e fluidez verbal. Razoamento
abstracto, cálculo, razoamento numérico, razoamento espacial,
coordinación viso- manual, razoamento mecánico, memoria, ....
Probas de personalidade:
Estas probas están deseñadas para apreciar trazos de personalidade,
intereses e valores profesionais entre outros. Explóranse variábeis como
autocontrol, capacidade de mando, introversión, extroversión, ....
23
Servizo de Orientación Laboral
Probas grafolóxicas:
A grafoloxía, é a ciencia ou arte que estuda o contido expresivo da
escritura e a partir de aí, intenta extraer a súa significación psicolóxica.
A análise grafolóxica soe complementar a interpretación dos datos
relativos a vosa personalidade. Podedes prever que se vai a utilizar esta
técnica, naquelas ocasións nas que se soliciten candidaturas con
información manuscrita, ou ben cano vos demanden un escrito dunhas
quince liñas, sobre papel liso, sen raias, redactado en forma de carta na que
figuren data, sinatura, ...
Probas de coñecementos:
Son aquelas que avalían coñecementos propios dunha profesión.
Serven para determinar o teu rendemento e idoneidade profesional. O que
pretenden é pescudar ata que punto sabes facer tarefas parecidas ás que
terás que realizar no posto ao que aspiras; ou ata que punto posúes os
coñecementos mínimos para desenvolverte ben nesa ocupación.
PÁGINAS WEB PARA BUSCA DE
EMPREGO
Cómpre que saibades onde buscar, por iso aquí engadimos algunhas
paxinas para axudarvos.
Tamén podedes mirar nos xornais (sobre todo nos suplementos cor
salmón dos domingos), Puntos de Información xuvenil, bolsas de traballo,
Servizos de Orientación Laboral, Servizo Galego de Colocación, portais de
emprego… hai moitos sitios!!
www.infojobs.net
24
Servizo de Orientación Laboral
www.infoempleo.com
www.mercadodetrabajo.com
www.todotrabajo.com
www.hacesfalta.com (para emprego de carácter social)
www.empleogalicia.info
•Adecco T.T. S.A. ETT www.adecco.es
•Flexiplan S.A. ETT www.flexiplan.es
•
Manpower Team ETT S.A. www.manpower.es
•
People Trabajo Temporal E.T.T. S.A. www.people-ett.com
•
Randstad Empleo ETT S.A. www.randstad.es
•
Vedior Trabajo Temporal ETT S.A. www.vedior.es
•
ADER ETT www.ader.net.
•NORTEMPO. www.nortempo.com
www.empregoviveiro.nireblog.com
OUTROS DIRECTORIOS DE INTERESE
Confederación Empresarios de Galicia.Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).Cámaras de Comercio.Fundación Galicia-Europa.Fundación Universidade-Empresas (Guía de empresas que ofrecen emprego)Centros de Estudios.
25
Servizo de Orientación Laboral
Asociacións de Estudantes.Institucións públicas (Concellos, Consellerías...)Fundación Galicia-Inmigración.
.- SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE VIVEIRO (No concello vello)Praza maior, 1 - baixo27850 Viveiro..- OFICINA DE XUVENTUDE.Claustros de San Francisco.27850 Viveiro..- SERVIZOS SOCIAIS.Claustros de San Francisco.27850 Viveiro..- OFICINA DE EMPREGO.Rúa dos Foles, 11-1327850 Viveiro..- SINDICATOSSINDICATO NACIONAL DE COMISIONES OBRERAS DE GALICIA Av. García Doriga, S/N27850 VIVEIRO CONFEDERACION INTERSINDICAL GALEGA Av. García Doriga, S/N27850 VIVEIRO UNION GENERAL DE TRABAJADORES DE GALICIAAv. García Doriga, S/N BAJO27850 VIVEIRO
26
Servizo de Orientación Laboral
27