Date post: | 06-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | ateneo-vikingo |
View: | 233 times |
Download: | 4 times |
ANO 2013 MAIO Nº 175
REVISTA OFICIAL DO “ATENEO VIKINGO” - CATOIRA - w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m
U n grupo de estudantes do colexio
Progreso de Catoira poñerán
rumbo a Toulouse (Francia) en maio
para participar na final dun concurso
de ciencias e matemáticas. A súa
profesora Margarita Botana asegurou
que están "ilusionadísimos, non hai
forma de describilo", chegou a dicir.
Non obstante, o máis complicado
agora para estes escolares non serán os
problemas e cuestións a superar, senón
a organización da viaxe a Francia.
Segundo a docente, a idea inicial é
compartir desprazamento con outros
centros galegos gañadores (en total son
catro) pero non está exenta de
dificultades. "A Consellería de
Educación pagaría o desprazamento
en autobús pero non é abondo.
Poderíase aproveitar para facer unha visita cultural e hai que pensar non
aloxamento, alimentación, etc. Haberá que consultar ás familias para que
poñan cartos e a ver se algunha empresa ou institución nos axuda", explicou
ao respecto.
Estes oito mozos de 2º de ESO de Ciencias e outro tanto de Matemáticas de 3º,
poderán demostrar no país galo que a educación pública do país ten moito que
ofrecer a pesar das pesimistas cifras de informes como o PISA. Para empezar,
xa superaron a fase do seu centro e despois a autonómica, en Santiago, no I
Rallye Galego sen Fronteiras de Ciencias, convocado por Igaciencia.
Segundo Botana, trátase dunha interesante iniciativa que permite introducir
os escolares na aplicación real do cálculo e as fórmulas, afrontando os
problemas coa lóxica e os seus coñecementos, ademais de fomentar o traballo
en equipo, coordinándose na busca de respostas e traballando a contra o
reloxo. De feito, na primeira parte, celebrada no propio colexio, as respostas
tiñan que enviarse por Internet, a mesma vía por onde chegaban para garantir
a transparencia do certame. De aí saíron os dous grupos gañadores aínda que
a idea interesou a un bo número de escolares do Progreso, chegando a
presentarse 14 grupos. Agora a meta dos 16 finalistas é demostrar a súa valía
en Francia, onde competirán con estudantes de centros dese país e de España.
De feito, trátase dunha proba nacida nese estado, que ten máis de 20 anos de
traxectoria e un "gran prestixio", segundo Botana. Non é de estrañar que "a
comunidade educativa do Progreso, en xeral, estea moi ilusionada e orgullosa"
de ter chegado■
Fran, Brais, Brayan, Gonzalo, Iago, Antía, Rita, Lucía, Marta, Sonia, Elena, Sara, Inés e Raquel
IGACIENCIAIGACIENCIAIGACIENCIAIGACIENCIAIGACIENCIAIGACIENCIAIGACIENCIAIGACIENCIA
© G.S.
Que Que Que Que Que Que Que Que
grandes grandes grandes grandes grandes grandes grandes grandes
rapaces!rapaces!rapaces!rapaces!rapaces!rapaces!rapaces!rapaces!
Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 2
NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA OS NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA OS PARTICIPANTES DA MARCHAPARTICIPANTES DA MARCHA
A pesares de ser unha marcha organizada, os participantes deberán aterse ás vixentes normas de
circulación.
Deberase circular pola beirarrúa da dereita e o máis pegado posible ó borde exterior da calzada, sen facer
eses nin facer, cambios bruscos de dirección.
O uso do casco protector é obrigatorio.
A organización abrirá a marcha e non se permitirá que ningún participante a rebase.
A organización reservase o dereito de modificar o itinerario por calquera circunstancia que puidese
acontecer .
A organización poderá, para aqueles ciclistas que circulen con moito retraso, habilitar un percorrido alternativo e
realizar reagrupamentos.
En caso de accidente a organización declina toda a responsabilidade, comprometéndose a tramitar o
correspondente parte á Cía. Aseguradora.
Infrinxir estas normas ou calquera outra das contempladas no código de circulación poderá ser motivo de sanción pola Dirección Xeral de Tráfico.
Tódolos ciclistas, polo feito de participar neste evento, aceptan o presente regulamento. M
OI IM
POR
TAN
TE
Os participantes menores de 8 anos deberán estar baixo a tutela dun adulto posto que NON están cubertos polo seguro da marcha ciclista
SAÍDA/META: adro do Concello. AVITUALLAMENTO: sede de Protección Civil. INSCRIPCIÓN: de 10:30 a 11:00.
EESTRADASTRADA KKMM
PO-548 3,9
Antiga PO-548 2,4
PO-8001 (variante Catoira –Caldas) 0,2
PO-8703 (estrada de Dimo) 1,1
PO-8702 (estrada de Oeste) 3,0
Pistas 3,9
TTOTALOTAL 14,514,5
► ► ► ► Estradas polas que circulará a XXI MARCHA CICLISTA POPULAR de Catoira:
LLUGARESUGARES DEDE PASOPASO KKMM..
Adro do Concello de Catoira 0,0
Outeiriño 0,5
O Mirador (cruce á esq.) 2,4
O Mirador (cruce á dta.) ►Reagrup. 2,5
A Curva 4,9
Centro médico (cruce á dta.) 5,3
O Campo A Sartén (cruce á dta.) 6,1
Aragunde (cruce á esq.) 6,7
A Venduda (cuce á esquerda) ►Reagrup.
7,9
Variante Catoira - Caldas (cruce á esq.)
8,1
Estrada Vilagarcía Caldas 8,3
Local de Protección Civil (AVIT.) 8,4
Rotonda (seguir dirección Caldas) 8,5
Estrada de Dimo (xiro á esquerda) 8,7
Tarrio (xiro á esquerda) 9,2
Os Pozos (xiro á esq.) ►Reagrup. 10,5
A Baiuca (cruce á dta.) 11,4
Adro de Oeste (seguir recto) 12,9
A Estación (Casa Emilio) 13,6
Adro do Concello de Catoira 14,5
Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 3
Oeste
Estación
Gondar
A Menda
O Mirador
Tarrio
XXI MARCHA XXI MARCHA
CICLISTA CICLISTA
POPULARPOPULAR
DATA
Sábado18 de maio
SAÍDA/META
Adro do Concello
HORA
11.00
AVITUALLAMENTO
Sede de Protección Civil
PERCORRIDO
14,5 km.
METAMETA
SAÍDASAÍDA
Outeiriño
Polígono industrial
A Baiuca
Aragunde
Venduda
Os Pozos
Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 4
► ► ► ► Perfil do percorrido da XXI MARCHA CICLISTA POPULAR de Catoira:
► Sexa prudente.
► Use o casco.
► Trátase dun paseo en bici NONNON dunha competición.
► Respecte as normas de circulación.
► Revise a bicicleta, sobre todo: freos, cadea e rodas.
►► DECÁLOGO DE MEDIDAS DE
SINALIZACIÓN E SEGURIDADE:
Para garantir ao máximo a seguridade dos
ciclistas no ATENEO VIKINGO establecemos as
seguintes medidas:
1. Sinalización de cruces e
interseccións, así como outros
lugares, mediante marcas na calzada
realizadas con pintura que se borra ás
poucas horas.
2. Membros de Protección Civil de
Catoira ao longo do percorrido
especialmente en todos os cruces.
O uso do casco é obrigatorio!
sábado 18de maio ás 11.00 horas Adro do concello
3. Coches da organización e
Protección Civil abrindo e
pechando a marcha.
4. Ciclistas situados á cabeza
do pelotón controlando a
velocidade.
5. Coche “escoba”.
6. Ciclistas na cola do pelotón.
7. Ambulancia da Cruz Vermella.
8. Motos da organización controlando a marcha.
9. Realización de reagrupamentos.
10. Establecer percorridos alternativos para aqueles ciclistas
que circulen con moito retraso����
0
10
20
30
40
50
60
Adro
Mira
dor
A Curv
a
Aragunde
Venduda
AVIT.
A Menda
Tarrio
Os
Pozos
Oes
te
Estac
ión
Adro
Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 5
M áis de un cento de persoas das dúas marxes do Ulla se deron cita este sábado
día 4 de maio para facer a ruta en recordo do poeta Faustino Rei Romero.
Antonio Silva, Marita, Cruz e Ana Conde, entre outros compoñentes do grupo de
teatro de Catoira leron poesías nas primeiras estacións do percorrido, así como tamén
o escritor rianxeiro Xesús Santos. Todo coa organización da Plataforma Cultural
Galega, coordinado por Xosé Agrelo e coa colaboración dos concellos de Rianxo e
Catoira, grupos de teatro de Catoira e Airiños de Rianxo e da Coral Abrairas de
Asados. Un gran éxito que terá continuidade nos vindeiros anos para poñer en valor a
obra de Faustino Rei Romero■
Percorrido Percorrido Percorrido Percorrido Percorrido Percorrido Percorrido Percorrido poético pola poético pola poético pola poético pola poético pola poético pola poético pola poético pola ribeira do ribeira do ribeira do ribeira do ribeira do ribeira do ribeira do ribeira do Ullán en Ullán en Ullán en Ullán en Ullán en Ullán en Ullán en Ullán en recordo de recordo de recordo de recordo de recordo de recordo de recordo de recordo de Rei RomeroRei RomeroRei RomeroRei RomeroRei RomeroRei RomeroRei RomeroRei Romero
Frases Frases
feitasfeitas O r i x e e e x p l i c a c i ó n d a l g u n h a s O r i x e e e x p l i c a c i ó n d a l g u n h a s
f r a s e s f e i t a s f r a s e s f e i t a s
TER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCE
A índa que ben é certo que o
lince posúe unha magnífica
agudeza visual, a orixe deste dito
nada ten que ver con este felino.
Segundo o erudito “Padre
Feijoo” (1676-1764), a expresión
alude a un tal Linceo, fillo de
Alfareo, rei dos mesenios, de
quen se dicía que era capaz de
ver e contar a simple vista, dende
a súa atalaia de Libia, os barcos
dunha frota de guerra que saíse
de Cartago. A distancia entre os
dous puntos era duns 240
quilómetros■
Sabía vostede que…
N o 2010, John Isner e Nicolas Mahut, en
Wimbledon, disputaron o que ata o
momento é o partido de tenis máis longo da
historia. Estiveron xogando 11 horas e 5
minutos que finalizou coa
vitoria de John Isner. O
resultado foi do máis
inverosímil: 4-6, 6-3, 7-6 (7), 6-7 (3) e 70-68 xogado en 2 días. . . .
En total disputaron 183 xogos■
Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 6
�������� 4 O4 OUTUBROUTUBRO: MADRID : MADRID -- TEL AVIV TEL AVIV Á hora que se indique, presentación no aeroporto de Barajas, asistencia nos trámites de facturación, e saída en avión con destino Terra Santa. Cea e noite a bordo.
�������� 5 O5 OUTUBROUTUBRO: TEL AVIV : TEL AVIV -- MONTE CARMELO MONTE CARMELO -- CANÁ CANÁ -- NAZARET NAZARET -- TIBERIADES TIBERIADES Chegada ao aeroporto de Tel Aviv. Asistencia e saída en autobús cara a Haifa, o maior porto marítimo do País. Suba ao Monte Carmelo. Almorzo e visita do Santuario "Stella Maris". Continuación a Caná de Galilea, lugar do primeiro milagre de Xesús: renovación das promesas matrimoniais. Traslado a Nazaret. Xantar. Pola tarde, visita da Basílica e Gruta da Anunciación. Fonte da Virxe; Igrexa de San José e Poboado Evanxélico. Resto da tarde libre. Traslado a Tiberiades. Cea e aloxamento.
�������� 6 O6 OUTUBROUTUBRO: TIBERIADES : TIBERIADES Lago e Monte Tabor Desayuno e saída cara ao Monte das Benaventuranzas, escenario do Sermón da Montaña. Tabgha (multiplicación dos pans e os peixes). Capela do Primado de Pedro. Cafarnaum, a "Cidade de Xesús", onde se visitan os restos da antiga sinagoga do século IV e a Casa de San Pedro. Travesía en barco polo Mar de Galilea. Xantar a beiras do lago. Pola tarde, traslado ao Monte Tabor: suba en taxi e visita da Igrexa da Transfiguración e panorama sobre o val de Esdrelón na Baixa Galilea. Regreso a Tiberiades. Cea e aloxamento.
�������� 7 O7 OUTUBROUTUBRO: TIBERIADES : TIBERIADES -- QUMRAN QUMRAN -- MAR MORTO MAR MORTO -- JERICÓ JERICÓ -- BETANIA BETANIA -- XERUSALÉN XERUSALÉN Saída polo val do Jordán cara á zona do Mar Morto: visita das escavacións do mosteiro Esenio de Qumran e panorámica das
PREZO POR PERSOA
En habitación dobre: 1.325 € Splto. habitación individual: 350 €
+ Seguro de Cancelación: 20 €
covas onde se encontraron os Pergameos do Mar Morto. Continuación ao Mar Morto, o lugar máis baixo da terra . Visita de Qasr-o-Yahud, lugar do bautismo do Señor no río Jordán e renovación das Promesas Bautismais. Traslado a Jericó. Xantar. Pola tarde, visita das ruínas da cidade máis antiga do mundo. Contemplación do Monte da Corentena e do Oasis formado pola Fonte de Eliseo. Suba polo Deserto de Judea a Betania: pequena aldea nos arredores de Xerusalén onde tivo lugar a resurrección de Lázaro: visita da igrexa de Marta e María. Entrada en Xerusalén. Cea e aloxamento.
�������� 8 O8 OUTUBROUTUBRO: XERUSALÉN: XERUSALÉN Visita do Monte das Oliveiras, cargado de recordos evanxélicos: lugar da Ascensión, pequeno edículo octogonal onde se recorda a ascensión de Xesús aos ceos; o recinto do Pater Noster, en cuxo interior se achan as placas coa oración do Padre Nuestro en máis de 100 linguas. Contemplación da Cidade Santa dende o cume do monte. Paseo ata a pequena capela franciscana de Dominus Flevit na faldra do Monte das Oliveiras, e Getsemaní no Torrente Cedrón: Basílica da Agonía e Horto das Oliveiras. Xantar. Pola tarde, visita do Monte Sión Cristiano: polo Barrio Armenio a San Pedro " in Gallicantu", onde se conmemora o arrepentimento de San Pedro; o Cenáculo onde Xesús celebrou a última cea cos seus discípulos; a Basílica da Durmición, construída a principios do s.XX sobre o lugar da Durmición de María, en cuxa cripta se acha a imaxe en repouso de María. Entrada na Cidade Vella pola Porta de Sión e percorrido polo restaurado Barrio xudeu, visitando o antigo Cardo Máximo e o Muro das Lamentacións. Cea e aloxamento.
�������� 9 OOUTUBROUTUBRO: XERUSALÉN: XERUSALÉN Pola mañá, traslado a Ein Karem: visita dos Santuarios da Visitación e San Juan Bautista. Percorrido pola Cidade Nova de Xerusalén pasando xunto ao Parlamento (Knesset). Visita do Museo de Israel onde se expoñen os manuscritos do Mar Morto e a Maqueta de Xerusalén en tempos de Cristo. Xantar. Pola tarde, saída en dirección a Belén e á pequena aldea cristiá de Bet Sahur, onde se acha o Campo dos Pastores. De regreso a Belén, visita da Basílica da Natividade levantada sobre a Gruta do Nacemento. Grutas de San José e San Jerónimo. Regreso a Xerusalén. Cea e aloxamento.
�������� 10 O10 OUTUBROUTUBRO: XERUSALÉN: XERUSALÉN Pola mañá, visita da Cidade Vella de Xerusalén: Igrexa de Santa Ana, Piscina Probática. Percorrido seguindo os pasos de Xesús pola Via Dolorosa ata a Basílica da Resurrección: visita do Calvario e Santo Sepulcro. Xantar. Pola tarde, tempo libre para ampliar a visita da cidade e outras actividades persoais. Cea e aloxamento.
�������� 11 O11 OUTUBROUTUBRO: XERUSALÉN : XERUSALÉN -- TEL AVIV TEL AVIV -- MADRID MADRID Saída cara a Emaús Nikópolis (Amwas): preto de Latrun: onde se conservan os restos da igrexa bizantina do século XIII. Continuación a Jafa: visita do Santuario de San Pedro e Barrio Artístico. Xantar. Pola tarde,traslado ao aeroporto de Tel Aviv e saída en voo de regreso a Madrid. Chegada ao aeroporto de Barallas e fin da Peregrinación ■
Peregrinación da asociación de amas de casa “Muíños do Vento”
a Terra Santa
PPPPRESIDENTARESIDENTARESIDENTARESIDENTA DADADADA A A A ASOCIACIÓNSOCIACIÓNSOCIACIÓNSOCIACIÓN DEDEDEDE AMASAMASAMASAMAS DEDEDEDE CASACASACASACASA “M“M“M“MUÍÑOSUÍÑOSUÍÑOSUÍÑOS DODODODO V V V VENTOENTOENTOENTO””””
Dª Mª Mercedes Pérez López CCCCOORDINAOORDINAOORDINAOORDINA
D. Joisé María Tarrio TTTTELÉFONOSELÉFONOSELÉFONOSELÉFONOS
986 523 258 - 633 090 505 EEEE----MAILMAILMAILMAIL
ISM
ÁIS
MÁ
ISM
ÁIS
IN
FO
RM
AC
IÓN
INFO
RM
AC
IÓN
INFO
RM
AC
IÓN
INFO
RM
AC
IÓN
Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 7
O próximo domingo 26 de Maio terá lugar a I Ruta
Vikinga BTT Catoira, con saída ás 9.30 horas dende o
Pavillón Polideportivo de Catoira. A proba consta dun
percorrido cunha distancia de 42 Km., en dificultade media.
As inscricións deberán realizarse antes do 23 de Maio, e o
prezo será de 5 € con seguro incluído. Os participantes
dispoñerán de servizo de duchas e lavado de bicis, e ao
finalizar a proba haberá un aperitivo e sorteo de material de
ciclismo e unha noite na casa rural Os Migueliños.
A inscrición pode realizarse a través de
[email protected] mandando nome,apelidos, DNI
e enderezo. A participación está limitada a 300 prazas■
I RUTA VIKINGA BTTI RUTA VIKINGA BTT
Sae a licitación a reforma Sae a licitación a reforma Sae a licitación a reforma Sae a licitación a reforma
da sede de As Torresda sede de As Torresda sede de As Torresda sede de As Torres
A reforma da sede do club As Torres
vai ser unha realidade en breve. O
Boletín Oficial da Provincia publicou a
licitación das obrascun orzamento de algo
máis de 378.000 euros.
A publicación dunha reportaxe nas
páxinas de La Voz de Galicia do día 27 de
marzo e a contestación social que xerou
acelerouno todo. A partir de aí, o
incansable labor que tanto a xunta
directiva como os pais dos padeeiros viñan realizando
para denunciar o lamentable estado das instalacións
acelerouse. Chegaron as recollidas de firmas e o apoio
á causa de destacados deportistas como Saúl
Craviotto ou Javier Gómez Noya. Apenas dúas
semanas todos se desatascou.
As instalacións están nun estado lamentable e esta
reforma é moi necesaria e vital. Todo isto ocorre nun
dos mellores clubs de piragüismo de Galicia e de
España■
© Martina Miser
xoves, 9 de maio de 2013 xoves, 9 de maio de 2013 xoves, 9 de maio de 2013 xoves, 9 de maio de 2013
Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 8
D E P O R T E S
A co lumnA columnA columnA columnA columnA columnA columnA column a a a a a a a a por Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Dios
ELPIDIO
N a última xuntanza de algúns
futbolistas históricos do Club
Catoira que se plasmou cun xantar fai
un par de meses só faltou á cita Elpidio
Vicente Figueira (o Caldeireiro) debido a uns problemas
de saúde que arrastraba. Todos os presentes o botaron
de menos xa que se trataba de unha persoa que creaba
moi bo ambiente no grupo, entre outras cousas porque
tiña moita memoria e axudaba a rememorar
acontecementos e detalles da época en que aqueles
xogadores competían coas cores do noso equipo. O
curioso é que Elpidio non foi futbolista nunca. Pero
sempre estivo presente como directivo, amigo,
colaborador ou o que é tan importante coma todo iso:
afeccionado e gran seguidor do Club Catoira durante
toda a súa vida. Lucho, César, Ferreirós, Paco, Gonzalo,
Jorge… calquera vos falará marabillas deste
compañeiro que nos acaba de deixar. Mesmo nunha
ocasión que me entrevistei con Paco Pajares en Padrón,
aquel home empezoume a preguntar por Froilán,
Camilo, Suso… pero un dos primeiros polos que
amosou interese foi por Elpidio, a pesares de non ser
futbolista. Perdemos un gran lector da Xanela Aberta e,
máis en concreto, desta columna. Debo confesar que en
algunha ocasión me ten dado información e datos cos
que un trata de enfiar esta sección deportiva da revista.
Igualmente para o libro de Catoira que veño de
publicar e, segundo me informara recentemente, xa me
tiña preparadas unhas cousiñas para o próximo.
R ecordo que alá polo ano 1969 eu era xogador
xuvenil do Club Catoira, pero estudaba interno no
Seminario Menor de
Santiago e non podía acudir
ós partidos. Pois cada
domingo pola mañá se
presentaban Elpidio e
Indalecio Carril (outro gran
colaborador e seguidor do
equipo) e me ían buscar no
coche para que non faltara á
cita. A primeira vez que o
fixeron entraron no recinto e
lle preguntaron por min ó
cura de garda. Os dous
directivos sempre me
recordaban a resposta que
lles deu aquel crego: “Pasen
y búsquenlo ustedes mismos.
Miren en la capilla, en la
biblioteca, en el patio, en las
canchas deportivas, en el salón de juegos o en la sala de
estudio. Aunque, la verdad, yo en su lugar este último
sitio lo descartaría por completo”. Claro que despois xa
lles facía ese servizo o porteiro Pedro, un home
corpachudo, solteiro, bonachón e moi apreciador de
calquera detalliño que se lle puidera agasallar. Cando
chegaba un visitante Pedro sempre se laiaba da súa
pouca importancia neste mundo en que vivimos “Está
aquí un nesta triste portería, no reino dos olvidados,
esquecido de todos, cunha miseria de paga… ai Dios mío!”
Indalecio e Elpidio comprenderon e, cada vez que
volvían, lle levaban un purito e aquel home xa era o máis
feliz do mundo. “Ai Don Indalecio e Don Elpidio…,
exclamaba pasándoo polos fociños, isto xa é outra cousa!”
P or este e outros motivos sempre mantiven unha
relación moi sentida con Elpidio. Agora non poderá
estar cos seus amigos históricos do Catoira nas vindeiras
xuntanzas. Botarase de menos, pero seguro que Lucho
non parará de contar anécdotas de Pío (así lle chamaban
a Elpidio de cativo) como cando foi pinche da perruquería
de Casa Emilio, onde traballaba tamén Puebla, o seu pai,
tanto de camareiro como no barco, ou da súa ampla
traxectoria nas oficinas da CEDONOSA.
D eixounos, pois, un home nado nos anos da guerra
(1936 -1939) pero que irradiaba moita paz a todos
os que o rodeaban. Descanse nela Elpidio Vicente
Figueira, o amigo■
Elpidio Vicente Figueira (Catoira - 1936)
Recordo que alá polo ano 1969 eu era xo-
gador xuvenil do Club Catoira, pero
estudaba interno no Seminario Menor de Santiago e non podía
acudir ós partidos. Pois cada domingo
pola mañá se presen-taban Elpidio e Inda-
lecio Carril (outro gran colaborador e seguidor do equipo) e me ían buscar no coche para que non
faltara á cita.