XUNTA DE GALICIA
Colección: A Vida no mar salgado
Idea e texto: Fina Mosquera RoelIlustracións: Ana Sánchez MorenoFotografía: Miguel Sánchez Ortiz
Edita: XUNTA DE GALICIAConsellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
D. X. de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.
ISBN: 84-453-3358-5
Depósito legal: C-1725-2002
Imprime: Gráficas Sementeira
POLBONome científico: Octopus vulgaris
Castelán: PulpoÉuscaro: OlagarroaCatalán: Pop roquerInglés: Common OctopusFrancés:Pieuvre
Eu son un polbo. Teño o corpo mol.A miña cabeza é moi grande e delasaen oito brazos con ventosas.Vivo no mar; nos fondos rochosos ouareosos, preto da costa. Polo día acóchome en refuxios natu-rais chamados coveiras ou cunchais.Saio pouco e dedícome a mira-lo quepasa, pois son moi curioso.
Este polbo vive nun acuario.
.
Pola noite saio na procura da mantenza.Sábenme as nécoras, ameixas, peixes etamén outros polbos máis pequenos.Cos tentáculos atrapo as presas e inmo-bilízoas con algo de veleno. Despoislévoas ó meu refuxio.A boca téñoa debaixo da cabeza. Seme-lla o peteiro dun loro e pode con todotipo de cascas e cunchas.Os restos de comida vounos deixandode camiño ó meu refuxio ou na entrada,por iso é doado atoparme.
En cada brazo teño dúas ringleiras de ventosas.O polbo cabezón, que tamén se pesca nas nosas costas,ten unha soa ringleira.Se teño moita fame, podo chegar a come-los meus pro-pios brazos. Non importa, vólvenme a saír.
Podo reptar polas rochas, andar ergueitonas puntas dos brazos coma unha araña ounadar tranquilamente.Teño a capacidade de muda-la cor paraprotexerme dos inimigos.Adopto a cor do lugar onde estou e asípaso desapercibido.Ademais, pola cor pode saberse o meuestado de ánimo.Se estou excitado, teño ondas azuis, comedo vólvome pálido, e a cor vermella indi-ca que estou furioso.
Cando me sinto atacado, lanzo un chorro de tinta negrapara despistar, vólvome pálido e, soltando chorros deauga polo sifón, escapo velozmente cara a un refuxioseguro.
No inverno achégome á costa parareproducirme.Cada macho busca unha femia e tentanamorala con agarimos e caricias.O macho recolle o seu paquete seminalcun dos seus tentáculos e deposítao nacavidade da femia, exactamente comoquen saca algo dun peto e o pon no petodoutro.Ás veces, se a femia se separa, o brazocopulador despréndese e vai só en buscada femia.
Polbo macho cortexando a súa femia.
A femia pon ata 150.000 ovos transparen-tes en forma de acios e cóidaos durantedous meses.Na primavera saen polbos pequeniños moisemellantes ós seus pais, pero de tres milí-metros de lonxitude.Se a auga está contaminada, os polbiñospoden morrer.
Femia coidando os ovos.Cando saen os polbiños, a nai morre.
Poden capturarnos utilizando nasas,raña ou ó arrastre.A raña é un instrumento formado porunha pedra atada a un pao. Na pedra colócase un cebo. Cando opolbo ve o cebo, abrázase a el e o pes-cador cólleo cun trueiro e gárdao nunrecipiente cerrado para que non escape.Nalgúns lugares estamos a desaparecerporque nos pescan en exceso. Nunca se debe mercar un polbo demenos de 750 gramos.
Con estas nasas captúranse polbos.Dentro da nasa ponse algún animal saboroso.
Entran a comelo e logo non poden saír.
O polbo á feira é un prato exquisito que nunca falta nasfeiras das vilas de Galicia.Cocen o polbo durante corenta ou cincuenta minutos e alí-ñano con aceite, sal e pemento. ¡Din que está delicioso!
Nas lendas suecas fálase dun mons-tro,“o Kraken”, semellante a un polboxigante que tragaba barcos enteiroscoa tripulación incluída.A realidade é que os polbos podenchegar a medir 9 metros, pero téñen-se atopado luras xigantes de ata 20metros.¿Imaxinas unha lura do tamaño dedous autobuses?
Algún animal semellante:
As Luras
Glosario
Sifón: Tubo que sae da cabeza doscefalópodos e serve para intercam-biar auga.Cefalópodos: Grupo de moluscosós que lles saen os pés da cabeza,como por exemplo o polbo.Brazo copulador: Tentáculo queusan os machos para introduci-losespermatozoides no interior dasfemias.
PolboRodaballoOurizoXureloMexillónPeixe SapoCentolaCamarónPercebe
BraisCarmeAntónAna
Ourizo
RodaballoNa rede estamos en: pescagalicia.com
CONSELLERÍA DE PESCA EASUNTOS MARÍTIMOS