Actividade preliminar• De que linguas cres que proceden estas palabras?• En parellas intentade adiviñar o seu significado• Coñeces algunha palabra que só exista en galego?• Agora ides ler unhas palabras galegas que poden entrañar
dificultade a hora de buscar un equivalente noutra lingua. Imaxinade como poderían ser en croata.
Morriña• Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en
particular o causado pola nostalxia da terra.• Tamén existe en portugués e aparece recollido no DRAE.
Meiga• Muller á que se lle atribuía un pauto co demo, do que
recibía poderes para realizar meigallos, adiviñar o futuro, curar…
• A diferenza da bruxa, a meiga non é sempre mala.
Carallo• Indignación: Que carallo!• Cachondeo: Bueno, carallo,
bueno!• Desplante: Vai ao carallo.• Inquisitivo: Que carallo é?• Ofensa: Este carallo é parvo.• Ameaza: Ven, carallo, ven.• Negación: Non, carallo, non.
• Ira: Me cago no carallo, ¡Carallo!• Gabanza: É un home de carallo.• Animoso: Dálle, carallo, dálle.• Cualitativo: Non vale un carallo.• Esgotamento: Xa estou ata o
carallo.• Meteoroloxía: Vai un sol de
carallo.• Afastado: Queda no quinto carallo.
Luscofusco• Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz
desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras
Carballeira• Lugar poboado de carballos (tipo de árbore). Ex: A merenda celébrase nunha carballeira.
Ría• Penetración que forma o mar na
costa, debida á sumersión da parte litoral. Semellante a un fiorde noruegués.
Orballo• Chuvia miúda que molla moi lentamente. • Poalla ou chuvisca tamén son sinónimos.• Tamén designa a rosada que aparece pola mañá froito da
humidade.
Enxebre• Que é característico e propio
dun país ou dunha rexión e que non está falseado, deformado ou mesturado con nada alleo.
Ex: A queimada e o licor café son bebidas moi enxebres.
Percebeiro• Persoa que apaña percebes
(crustáceos fixados pola parte inferior ás rochas dos lugares moi batidos polo mar).
Mira estes vídeos e responde:• Verbas• Anuncio de promoción de turismo en Galicia
• Cales son as túas palabras favoritas en galego? Por que?• Votade para ver cal é a palabra máis bonita• Que ideas transmite o segundo vídeo? Que pode esperar un
turista de Galicia? É unha imaxe distinta do resto de España?