SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios1.3. Procedementos de control e impulso1.3.8. Procedementos de control económico e orzamentario1.3.8.3. Informe de fiscalización dos gastos electorais
ı Propostas de resolución presentadas polos grupos parlamentarios en relación co informede fiscalización de regularidade das contabilidades electorais correspondente ás eleccións aoParlamento de Galicia do 25 de setembro de 2016
—4 propostas de resolución do G. P. Popular de Galicia(doc. núm. 9936) 35878—5 propostas de resolución do G. P. de En Marea (doc. núm. 9915) 35880—4 propostas de resolución do G. P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 9937) 35883—8 propostas de resolución do G. P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 9910) 35885
1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito
ı 10320 (10/PRE-001463)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre a valoración polo Goberno galego da situación do porto de Vigo 35889
ı 10348 (10/PRE-001464)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a política da Xunta de Galicia en relación coa atención da cirurxía pediátrica en Ourense
35892ı 10358 -10394 (10/PRE-001465)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPierres López, María Luisa e 2 máisSobre a situación na que se atopan os veciños e veciñas de Moaña desde o inicio das obras dopaseo marítimo en abril do 2015 e as actuacións do Goberno galego para protexer e conservar oestaleiro de ribeira de Casqueiro 35896
ı 10372 (10/PRE-001466)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a política do Goberno galego en relación coa aplicación das medidas contempladas no punto4 do artigo 16 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico 35901
ı 10382 (10/PRE-001467)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
35862
X lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
Vilán Lorenzo, Patricia e 4 máisSobre a política do Goberno galego en relación coa situación dos centros de reforma de menores
35905ı 10385 (10/PRE-001468)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis e 5 máisSobre as medidas destinadas a garantir a seguridade dos encoros mineiros de San Fins, no concellode Lousame 35908
ı 10391 (10/PRE-001469)Grupo Parlamentario de En MareaVázquez Verao, PaulaSobre a tramitación das solicitudes de valoración do grao de discapacidade na provincia de Ponte-vedra 35912
ı 10396 (10/PRE-001470)Grupo Parlamentario de En MareaMerlo Lorenzo, Juan JoséSobre a composición, organización e réxime interno do Consello Interdepartamental de SeguridadeIndustrial 35915
ı 10406 (10/PRE-001471)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPierres López, María Luisa e 3 máisSobre a demanda social de novos modelos habitacionais para o colectivo de persoas maiores
35916ı 10409 (10/PRE-001472)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre a autorización ambiental integrada para un vertedoiro de residuos non perigosos na canteirade Miramontes, no concello de Santiago de Compostela 35920
ı 10420 (10/PRE-001473)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a prohibición do uso de microplásticos en produtos de uso humano e a súa substitución poralternativas naturais non contaminantes 35922
ı 10426 (10/PRE-001474)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 5 máisSobre a política do Goberno galego en relación coa reivindicación da medida de reforma ‘convi-vencia con núcleo educativo’, o número de reunións de coordinación en materia de menoresentre os anos 2009 e 2017, a previsión de integrar os equipos psicosociais dos xulgados no Imelga,así como en relación co orzamento e a execución orzamentaria en prevención e mediación
35924
35863
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
ı 10432 (10/PRE-001475)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre a política da Xunta de Galicia en relación co uso do galego na Administración de xustiza, onúmero de sentenzas ditadas en galego e o de demandas presentadas en galego polos letrados daXunta de Galicia no ano 2016 35927
ı 10449 (10/PRE-001476)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre o proxecto e a execución das obras de urbanización da estrada N-550 ao seu paso polo lugarda Ponte, en Padrón 35929
ı 10456 (10/PRE-001477)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio e 3 máisSobre a cobertura de prazas de inspectoras e inspectores médicos, incluso aplicando o artigo 17da Lei 2/2017, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, e a convocatoria de prazas parao ano 2018 e durante a lexislatura 2016-2020 35932
ı 10459 (10/PRE-001478)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 5 máisSobre os cambios políticos nos concellos da provincia de Pontevedra 35935
ı 10468 (10/PRE-001479)Grupo Parlamentario de En MareaRodríguez Estévez, David, e Quinteiro Araújo, PaulaSobre a situación en que se atopa a Oficina Agraria Comarcal de Lalín 35937
ı 10479 (10/PRE-001480)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre a demanda ao Ministerio do Interior en relación coa modificación do programa informáticocoa finalidade de poder redactar os atestados en galego 35940
ı 10490 (10/PRE-001481)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 3 máisSobre as razóns polas que permanecen pechadas ao público as piscinas do Parque Tecnolóxico deGalicia, en Ourense 35942
ı 10500 (10/PRE-001482)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre a aplicación e desenvolvemento do Acordo de solución extraxudicial de conflitos no traballo,publicado no DOG do 24 de maio de 2013 35944
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
35864
X lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
ı 10506 (10/PRE-001483)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre o número e a situación laboral do persoal do sistema sanitario público galego e a convoca-toria, no ano 2017, da oferta pública de emprego 35947
ı 10509 (10/PRE-001484)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre o número de expedientes de asistencia xurídica gratuíta que entraron e cantos deles foronresoltos en cada unha das comisións de asistencia xurídica provinciais, así como as posibles inci-dencias na resolución dos expedientes e cantos foron obxecto de recurso nos correspondentesxulgados no ano 2016 35950
ı 10513 (10/PRE-001485)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 2 máisSobre a situación do servizo de pediatría na comarca da Barbanza 35952
ı 10525 (10/PRE-001486)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre o aumento do canon polo uso ou aproveitamento das augas para produción hidroeléctrica
35954ı 10536 (10/PRE-001487)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a proxección dunha planta de produción de mestura bituminosa en quente na canteira deBouzas, número 266, de Parada de Ribeira, no concello de Xinzo de Limia 35957
ı 10550 (10/PRE-001488)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre a creación dun mecanismo galego preventivo en materia de menores 35961
1.4.4.4. Preguntas de iniciativa popular
ı 9189 (10/PDC-000011) (10/POC-001823)Pregunta de iniciativa popular sobre a actividade e o comportamento do persoal dun circo que usaanimais no seu espectáculo 35873
ı 9331 (10/PDC-000012) (10/POC-001824)Grupo Municipal de Ourense en ComúnPregunta de iniciativa popular sobre os datos concretos en relación co matadoiro municipal de Ou-rense e referidos aos anos 2014, 2015 e 2016, reflectidos nos libros mensuais de control sanitariodo gando, que asina o servizo veterinario oficial 35873
35865
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
1.4.5. Respostas a preguntas
ı 10343 - 4416 (10/PRE-000733)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a decisión da Dirección Xeral de Tributos, do Ministerio de Facenda, de suprimir a exencióndo IVE para os servizos que prestan as e os profesionais da avogacía e procuradoría adscritos áquenda de oficio, o coñecemento polo Goberno galego da existencia noutras comunidades autó-nomas de decisións contrarias a ese acordo e as actuacións previstas ao respecto 35965
ı 10333 - 6427 (10/PRE-000927)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis Manuel, e Burgo López, María de la ConcepciónSobre as actuacións levadas a cabo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universi-taria para o cumprimento do acordo parlamentario referido á posta en marcha dunha plataformade elaboración das programacións didácticas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoriae bacharelato para todos os centros docentes de Galicia 35966
ı 10332 - 7211 (10/PRE-001012)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre o coñecemento polo Goberno galego da situación e prevalencia en Galicia da desnutriciónrelacionada coa enfermidade e das súas repercusións para os doentes e o sistema sanitario e maisas súas previsións referidas ao desenvolvemento de medidas que favorezan a implantación dunprotocolo de cribado nutricional, así como a dispoñibilidade dalgún sistema de avaliación da inxestade alimentos polos doentes ingresados 35968
ı 10331 - 7220 (10/PRE-001014)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre o mantemento dos usos sanitarios do anexo I do antigo Hospital Xeral de Vigo 35970
ı 10330 - 7583 (10/PRE-001055)Grupo Parlamentario de En MareaVillares Naveira, Luis e Vázquez Verao, PaulaSobre o proxecto da Xunta de Galicia para a adaptación das instalacións do antigo Hospital Xeralde Lugo a usos sociosanitarios 35972
ı 10329 - 7654 (10/PRE-001060)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre as previsións do Sergas respecto do pechamento do Centro de Saúde de Soutelo de Montese a reorganización do seu persoal, as razóns existentes para non incluílo no convenio asinado coConcello de Forcarei en xaneiro de 2017 e a necesidade de reconsiderar esa decisión para evitar oseu impacto asistencial e económico, así como garantir a súa continuidade en funcionamento coadotación de servizos e persoal actual 35974
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
35866
X lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
ı 10328 - 7933 (10/PRE-001084)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 2 máisSobre a estratexia da Xunta de Galicia en relación coas intencións da empresa Ferroatlántica devender as súas centrais hidroeléctricas nos ríos Xallas e Grande, a súa información respecto dasnegociacións da empresa cos posibles compradores interesados e as reunións mantidas polo Go-berno galego co fondo de investimento Brookfield 35977
ı 10327 - 8043 (10/PRE-001094)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel e 2 máisSobre o prazo previsto polo Goberno galego para dotar dunha ambulancia medicalizada a comarcade Ortegal, as razóns da non existencia deste tipo de transporte ata o de agora e a consideracióndas especiais dificultades de comunicación existentes nalgunhas comarcas na planificación dotransporte sanitario 35979
ı 10326 - 8056 (10/PRE-001095)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre a consideración por parte do Goberno galego da posibilidade de solicitarlle ao Goberno cen-tral a inclusión da Podoloxía na carteira básica de servizos do Sistema nacional de saúde co finan-ciamento necesario, a súa opinión respecto da viabilidade de introducila na carteiracomplementaria de servizos de Galicia, así como a posible pertinencia de incorporar a categoríaprofesional de podólogo ou podóloga como persoal estatutario do Sergas 35983
1.5. Procedementos relativos a outras institucións e órganos1.5.4. De ámbito europeo1.5.4.1. Unión Europea
ı Resolución da Presidencia, do 12 de xuño de 2017, pola que se admite a trámite o escrito das Cor-tes Xerais polo que se achega documentación relativa á Proposta de decisión do Concello pola quese modifica a Decisión 189/2014/UE do Consello pola que se autoriza a Francia a aplicar un tipo re-ducido de determinados impostos indirectos ao ron «tradicional» producido en Guadalupe, aGüiana Francesa, Martinica e Reunión, e pola que se derroga a Decisión 2007/659/CE [COM(2017)297 final] [2017/0127 (CNS)]
-10/UECS-000081 (10351) Consulta sobre a aplicación do prinicipio de subsidiariedade relativo á Proposta de decisión do Con-cello pola que se modifica a Decisión 189/2014/UE do Consello pola que se autoriza a Francia aaplicar un tipo reducido de determinados impostos indirectos ao ron «tradicional» producido enGuadalupe, a Güiana Francesa, Martinica e Reunión, e pola que se derroga a Decisión 2007/659/CE[COM(2017) 297 final] [2017/0127 (CNS)] 35985
ı Resolución da Presidencia, do 20 de xuño de 2017, pola que se admite a trámite o escrito das Cor-tes Xerais polo que se achega documentación relativa á Proposta de regulamento do ParlamentoEuropeo e do Consello sobre a harmonización da renda nacional bruta a prezos de mercado («Re-
35867
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
gulamento RNB») polo que se derroga a Directiva 89/130/CEE, Euratom do Consello e o Regula-mento (CE, Euratom) nº 1287/2003 do Consello (Texto pertinente para efectos do EEE) [COM(2017)329 final] [COM(2017) 329 final Anexo] [2017/0134 (COD)]
-10/UECS-000083 (10713) Consulta sobre a aplicación do prinicipio de subsidiariedade relativo á Proposta de regulamentodo Parlamento Europeo e do Consello sobre a harmonización da renda nacional bruta a prezos demercado («Regulamento RNB») polo que se derroga a Directiva 89/130/CEE, Euratom do Conselloe o Regulamento (CE, Euratom) nº 1287/2003, do Consello (Texto pertinente para efectos do EEE)[COM(2017) 329 final] [COM(2017) 329 final Anexo] [2017/0134 (COD)] 35998
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
35868
X lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
1. Procedementos parlamentarios
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.8. Procedementos de control económico e orzamentario1.3.8.3. Informe de fiscalización dos gastos electorais
Propostas de resolución presentadas polos grupos parlamentarios en relación co in-forme de fiscalización de regularidade das contabilidades electorais correspondente áseleccións ao Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2016
De conformidade co disposto no artigo 65 do Regulamento do Parlamento de Galicia e na norma10ª e concordantes das Normas reguladoras das relacións entre o Consello de Contas e o Parla-mento de Galicia (BOPG núm. 400, do 30 de abril de 1993), ordénase a publicación das propostasde resolución presentadas polos grupos parlamentarios en relación co informe de fiscalización deregularidade das contabilidades electorais correspondente ás eleccións ao Parlamento de Galiciado 25 de setembro de 2016.
—4 propostas de resolución do G. P. Popular de Galicia(doc. núm. 9936).—5 propostas de resolución do G. P. de En Marea (doc. núm. 9915).—4 propostas de resolución do G. P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 9937).—8 propostas de resolución do G. P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 9910).
Total: 21 propostas de resolución.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017.Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente
A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 19 de xuño de 2017, adoptou os seguintes acordos:
1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito
Admisión a trámite e publicación
- 10320 (10/PRE-001463)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre a valoración polo Goberno galego da situación do porto de Vigo
- 10348 (10/PRE-001464)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a política da Xunta de Galicia en relación coa atención da cirurxía pediátrica en Ourense
35869
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
- 10358 -10394 (10/PRE-001465)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPierres López, María Luisa e 2 máisSobre a situación na que se atopan os veciños e veciñas de Moaña desde o inicio das obras dopaseo marítimo en abril do 2015 e as actuacións do Goberno galego para protexer e conservar oestaleiro de ribeira de Casqueiro
A Mesa admítea coa corrección de erros formulada no doc. núm. 10394.
- 10372 (10/PRE-001466)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a política do Goberno galego en relación coa aplicación das medidas contempladas no punto4 do artigo 16 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico
- 10382 (10/PRE-001467)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 4 máisSobre a política do Goberno galego en relación coa situación dos centros de reforma de menores
- 10385 (10/PRE-001468)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis e 5 máisSobre as medidas destinadas a garantir a seguridade dos encoros mineiros de San Fins, no concellode Lousame
- 10391 (10/PRE-001469)Grupo Parlamentario de En MareaVázquez Verao, PaulaSobre a tramitación das solicitudes de valoración do grao de discapacidade na provincia de Ponte-vedra
- 10396 (10/PRE-001470)Grupo Parlamentario de En MareaMerlo Lorenzo, Juan JoséSobre a composición, organización e réxime interno do Consello Interdepartamental de SeguridadeIndustrial
- 10406 (10/PRE-001471)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPierres López, María Luisa e 3 máisSobre a demanda social de novos modelos habitacionais para o colectivo de persoas maiores
- 10409 (10/PRE-001472)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
35870
X lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
Sobre a autorización ambiental integrada para un vertedoiro de residuos non perigosos na canteirade Miramontes, no concello de Santiago de Compostela
- 10420 (10/PRE-001473)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a prohibición do uso de microplásticos en produtos de uso humano e a súa substitución poralternativas naturais non contaminantes
- 10426 (10/PRE-001474)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 5 máisSobre a política do Goberno galego en relación coa reivindicación da medida de reforma ‘conviven-cia con núcleo educativo’, o número de reunións de coordinación en materia de menores entre osanos 2009 e 2017, a previsión de integrar os equipos psicosociais dos xulgados no Imelga, así comoen relación co orzamento e a execución orzamentaria en prevención e mediación
- 10432 (10/PRE-001475)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre a política da Xunta de Galicia en relación co uso do galego na Administración de xustiza, onúmero de sentenzas ditadas en galego e o de demandas presentadas en galego polos letrados daXunta de Galicia no ano 2016
- 10449 (10/PRE-001476)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre o proxecto e a execución das obras de urbanización da estrada N-550 ao seu paso polo lugarda Ponte, en Padrón
- 10456 (10/PRE-001477)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio e 3 máisSobre a cobertura de prazas de inspectoras e inspectores médicos, incluso aplicando o artigo 17da Lei 2/2017, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, e a convocatoria de prazas parao ano 2018 e durante a lexislatura 2016-2020
- 10459 (10/PRE-001478)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 5 máisSobre os cambios políticos nos concellos da provincia de Pontevedra
- 10468 (10/PRE-001479)Grupo Parlamentario de En MareaRodríguez Estévez, David, e Quinteiro Araújo, PaulaSobre a situación en que se atopa a Oficina Agraria Comarcal de Lalín
35871
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
- 10479 (10/PRE-001480)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre a demanda ao Ministerio do Interior en relación coa modificación do programa informáticocoa finalidade de poder redactar os atestados en galego
- 10490 (10/PRE-001481)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 3 máisSobre as razóns polas que permanecen pechadas ao público as piscinas do Parque Tecnolóxico deGalicia, en Ourense
- 10500 (10/PRE-001482)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre a aplicación e desenvolvemento do Acordo de solución extraxudicial de conflitos no traballo,publicado no DOG do 24 de maio de 2013
- 10506 (10/PRE-001483)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre o número e a situación laboral do persoal do sistema sanitario público galego e a convoca-toria, no ano 2017, da oferta pública de emprego
- 10509 (10/PRE-001484)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre o número de expedientes de asistencia xurídica gratuíta que entraron e cantos deles foronresoltos en cada unha das comisións de asistencia xurídica provinciais, así como as posibles inci-dencias na resolución dos expedientes e cantos foron obxecto de recurso nos correspondentesxulgados no ano 2016
- 10513 (10/PRE-001485)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 2 máisSobre a situación do servizo de pediatría na comarca da Barbanza
- 10525 (10/PRE-001486)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre o aumento do canon polo uso ou aproveitamento das augas para produción hidroeléctrica
- 10536 (10/PRE-001487)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máis
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
35872
X lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
Sobre a proxección dunha planta de produción de mestura bituminosa en quente na canteira deBouzas, número 266, de Parada de Ribeira, no concello de Xinzo de Limia
- 10550 (10/PRE-001488)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre a creación dun mecanismo galego preventivo en materia de menores
1.4.4.4. Preguntas de iniciativa popular
Asignación, cualficación e publicación do acordo
- 9189 (10/PDC-000011) (10/POC-001823)Pregunta de iniciativa popular sobre a actividade e o comportamento do persoal dun circo que usaanimais no seu espectáculoBOPG nº 118, do 26.05.2017
Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
A Mesa toma coñecemento do escrito de D. Francisco Casal Vidal (doc. núm. 9560) polo que solicitaasumir como propia e converter en pregunta con resposta oral en Comisión (10/POC-001823) apregunta de iniciativa popular doc. núm. 9189 (09/PDC-0000011), e acorda:
1º. Asignar a pregunta ao deputado.
2º. Cualificala como pregunta con resposta oral na Comisión 1ª, Institucional, de AdministraciónXeral Xustiza e Interior.
3º. Publicar o acordo no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.
4º. Comunicar o acordo aos promotores da iniciativa.
- 9331 (10/PDC-000012) (10/POC-001824)Grupo Municipal de Ourense en ComúnPregunta de iniciativa popular sobre os datos concretos en relación co matadoiro municipal de Ou-rense e referidos aos anos 2014, 2015 e 2016, reflectidos nos libros mensuais de control sanitariodo gando, que asina o servizo veterinario oficialBOPG nº 120, do 31.05.2017
A Mesa toma coñecemento do escrito de Dª Paula Quinteiro Araújo (doc. núm. 9830) polo que so-licita asumir como propia e converter en pregunta con resposta oral (10/POC-001824) a preguntade iniciativa popular doc. núm. 9331 (09/PDC-000012), e acorda:
1º. Asignar a pregunta á deputada.
35873
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
2º. Cualificala como pregunta con resposta oral na Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaríae Montes.
3º. Publicar o acordo no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.
4º. Comunicar o acordo aos promotores da iniciativa.
1.4.5. Respostas a preguntas
Toma de coñecemento das respostas, remisión ás deputadas e aos deputados e publicación
- 10343 - 4416 (10/PRE-000733)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a decisión da Dirección Xeral de Tributos, do Ministerio de Facenda, de suprimir a exencióndo IVE para os servizos que prestan as e os profesionais da avogacía e procuradoría adscritos áquenda de oficio, o coñecemento polo Goberno galego da existencia noutras comunidades autó-nomas de decisións contrarias a ese acordo e as actuacións previstas ao respecto
- 10333 - 6427 (10/PRE-000927)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis Manuel, e Burgo López, María de la ConcepciónSobre as actuacións levadas a cabo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universi-taria para o cumprimento do acordo parlamentario referido á posta en marcha dunha plataformade elaboración das programacións didácticas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoriae bacharelato para todos os centros docentes de Galicia
- 10332 - 7211 (10/PRE-001012)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre o coñecemento polo Goberno galego da situación e prevalencia en Galicia da desnutriciónrelacionada coa enfermidade e das súas repercusións para os doentes e o sistema sanitario e maisas súas previsións referidas ao desenvolvemento de medidas que favorezan a implantación dunprotocolo de cribado nutricional, así como a dispoñibilidade dalgún sistema de avaliación da inxestade alimentos polos doentes ingresados
- 10331 - 7220 (10/PRE-001014)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre o mantemento dos usos sanitarios do anexo I do antigo Hospital Xeral de Vigo
- 10330 - 7583 (10/PRE-001055)Grupo Parlamentario de En MareaVillares Naveira, Luis e Vázquez Verao, PaulaSobre o proxecto da Xunta de Galicia para a adaptación das instalacións do antigo Hospital Xeralde Lugo a usos sociosanitarios
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
35874
X lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
- 10329 - 7654 (10/PRE-001060)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre as previsións do Sergas respecto do pechamento do Centro de Saúde de Soutelo de Montese a reorganización do seu persoal, as razóns existentes para non incluílo no convenio asinado coConcello de Forcarei en xaneiro de 2017 e a necesidade de reconsiderar esa decisión para evitar oseu impacto asistencial e económico, así como garantir a súa continuidade en funcionamento coadotación de servizos e persoal actual
- 10328 - 7933 (10/PRE-001084)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 2 máisSobre a estratexia da Xunta de Galicia en relación coas intencións da empresa Ferroatlántica devender as súas centrais hidroeléctricas nos ríos Xallas e Grande, a súa información respecto dasnegociacións da empresa cos posibles compradores interesados e as reunións mantidas polo Go-berno galego co fondo de investimento Brookfield
- 10327 - 8043 (10/PRE-001094)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel e 2 máisSobre o prazo previsto polo Goberno galego para dotar dunha ambulancia medicalizada a comarca deOrtegal, as razóns da non existencia deste tipo de transporte ata o de agora e a consideración das especiaisdificultades de comunicación existentes nalgunhas comarcas na planificación do transporte sanitario
- 10326 - 8056 (10/PRE-001095)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre a consideración por parte do Goberno galego da posibilidade de solicitarlle ao Goberno cen-tral a inclusión da Podoloxía na carteira básica de servizos do Sistema nacional de saúde co finan-ciamento necesario, a súa opinión respecto da viabilidade de introducila na carteiracomplementaria de servizos de Galicia, así como a posible pertinencia de incorporar a categoríaprofesional de podólogo ou podóloga como persoal estatutario do Sergas
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017Diego Calvo PousoVicepresidente 1º
1.5. Procedementos relativos a outras institucións e órganos1.5.4. De ámbito europeo1.5.4.1. Unión Europea
Resolución da Presidencia, do 12 de xuño de 2017, pola que se admite a trámite o escritodas Cortes Xerais polo que se achega documentación relativa á Proposta de decisión doConcello pola que se modifica a Decisión 189/2014/UE do Consello pola que se autorizaa Francia a aplicar un tipo reducido de determinados impostos indirectos ao ron «tradi-cional» producido en Guadalupe, a Güiana Francesa, Martinica e Reunión, e pola que sederroga a Decisión 2007/659/CE [COM(2017) 297 final] [2017/0127 (CNS)]
35875
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
-10/UECS-000081 (10351) Consulta sobre a aplicación do prinicipio de subsidiariedade relativo á Proposta de decisión do Con-cello pola que se modifica a Decisión 189/2014/UE do Consello pola que se autoriza a Francia aaplicar un tipo reducido de determinados impostos indirectos ao ron «tradicional» producido enGuadalupe, a Güiana Francesa, Martinica e Reunión, e pola que se derroga a Decisión 2007/659/CE[COM(2017) 297 final] [2017/0127 (CNS)]
No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia tivo entrada, co número 10351, o escrito das Cortes Xe-rais polo que se achega documentación relativa á solicitude da Comisión Mixta para a Unión Euro-pea en relación coa consulta sobre a aplicación do principio de subsidiariedade na Proposta dedecisión do Concello pola que se modifica a Decisión 189/2014/UE do Consello pola que se autorizaa Francia a aplicar un tipo reducido de determinados impostos indirectos ao ron «tradicional» pro-ducido en Guadalupe, a Güiana Francesa, Martinica e Reunión, e pola que se derroga a Decisión2007/659/CE [COM(2017) 297 final] [2017/0127 (CNS)].
Conforme o establecido na norma segunda das Normas reguladoras do procedemento para o con-trol do principio de subsidiariedade nos proxectos lexislativos da Unión Europea (BOPG 27 do 9 dedecembro de 2016), resolvo:
1º. Trasladarlles o referido escrito á Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, e mais aos por-tavoces dos grupos parlamentarios e ordenar a súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento deGalicia.
2º. Conforme o disposto na norma terceira das citadas normas, no prazo dos dez días naturais se-guintes á remisión do proxecto de acto lexislativo, os grupos parlamentarios poderán presentarpropostas de ditame motivado nas que deberán expoñer as razóns polas que consideran que oproxecto de acto lexislativo da Unión Europea resulta contrario, en todo ou en parte, ao principiode subsidiariedade.
As propostas de ditame motivado presentaranse ante a Mesa, que as cualificará e admitirá a trámitese reúnen os requisitos establecidos neste acordo.
A ausencia de propostas de ditame determinará a finalización do procedemento.
3º. Dar conta desta resolución na próxima reunión da Mesa que teña lugar.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente
Resolución da Presidencia, do 20 de xuño de 2017, pola que se admite a trámite o escrito dasCortes Xerais polo que se achega documentación relativa á Proposta de regulamento do Par-lamento Europeo e do Consello sobre a harmonización da renda nacional bruta a prezos demercado («Regulamento RNB») polo que se derroga a Directiva 89/130/CEE, Euratom do Con-sello e o Regulamento (CE, Euratom) nº 1287/2003 do Consello (Texto pertinente para efectosdo EEE) [COM(2017) 329 final] [COM(2017) 329 final Anexo] [2017/0134 (COD)]
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
35876
X lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
-10/UECS-000083 (10713) Consulta sobre a aplicación do prinicipio de subsidiariedade relativo á Proposta de regulamentodo Parlamento Europeo e do Consello sobre a harmonización da renda nacional bruta a prezos demercado («Regulamento RNB») polo que se derroga a Directiva 89/130/CEE, Euratom do Conselloe o Regulamento (CE, Euratom) nº 1287/2003, do Consello (Texto pertinente para efectos do EEE)[COM(2017) 329 final] [COM(2017) 329 final Anexo] [2017/0134 (COD)]
No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia tivo entrada, co número 10713, o escrito das Cortes Xe-rais polo que se achega documentación relativa á solicitude da Comisión Mixta para a Unión Euro-pea en relación coa consulta sobre a aplicación do principio de subsidiariedade na Proposta deregulamento do Parlamento Europeo e do Consello sobre a harmonización da renda nacional brutaa prezos de mercado («Regulamento RNB») polo que se derroga a Directiva 89/130/CEE, Euratomdo Consello e o Regulamento (CE, Euratom) nº 1287/2003 do Consello (Texto pertinente para efec-tos do EEE) [COM(2017) 329 final] [COM(2017) 329 final Anexo] [2017/0134 (COD)].
Conforme o establecido na norma segunda das Normas reguladoras do procedemento para o con-trol do principio de subsidiariedade nos proxectos lexislativos da Unión Europea (BOPG 27 do 9 dedecembro de 2016), resolvo:
1º. Trasladarlles o referido escrito á Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, aos portavocesdos grupos parlamentarios e ordenar a súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.
2º. Conforme o disposto na norma terceira das citadas normas, no prazo dos dez días naturais se-guintes á remisión do proxecto de acto lexislativo, os grupos parlamentarios poderán presentarpropostas de ditame motivado nas que deberán expoñer as razóns polas que consideran que oproxecto de acto lexislativo da Unión Europea resulta contrario, en todo ou en parte, ao principiode subsidiariedade.
As propostas de ditame motivado presentaranse ante a Mesa, que as cualificará e admitirá a trámitese reúnen os requisitos establecidos neste acordo.
A ausencia de propostas de ditame determinará a finalización do procedemento.
3º. Dar conta desta resolución na próxima reunión da Mesa que teña lugar.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente
35877
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz e ao abeiro do disposto nas Normas Reguladoras das Relacións entre o Consello de Contas e o Parlamento de Galicia, presenta as seguintes Propostas de Resolución sobre o Informe de Fiscalización das contabilidades electorais correspondente ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2016: Resolución núm. 1 Apróbase o Informe de Fiscalización das contabilidades electorais correspondente ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2016. Resolución núm. 2 Impulsar a efectividade das recomendacións incluídas no Informe de Fiscalización das contabilidades electorais correspondente ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 24 de setembro de 2016, coa suficiente antelación, antes do vindeiro proceso electoral. Resolución núm. 3 O Parlamento de Galicia insta ao Consello de Contas para que interese do Tribunal de Contas do Estado o remate dos traballos de adaptación do Plan de Contabilidade Adaptado ás Formacións Políticas ás prescricións establecidas pola Lei Orgánica 3/2015, do 30 de marzo, de control da actividade económico-financeira dos Partidos Políticos, aprobando un novo texto que sexa de aplicación efectiva para todas as formacións políticas. Resolución núm. 4 O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a adaptar o réxime xurídico vixente en materia de financiamento das formacións políticas, regulando o emprego das novas formas de financiamento tales como as chamadas “crowdfunding”, “microcréditos” ou “micropréstamos”, que actualmente non son contemplados pola lexislación especificamente aplicable a esta materia, para configurar un marco xurídico máis axeitado e para avanzar na mellora do control dos fondos públicos. Asinado dixitalmente por:
35878
Á MESA DA COMISIÓN PERMANENTE NON LEXISLATIVA PARA A
RELACIÓN CO CONSELLO E CONTAS.
O Grupo Parlamentar de En Marea, a través do seu portavoz e ao abeiro do
disposto no artigo 8.1 das normas reguladoras do Consello de Contas co
Parlamento de Galicia, presenta as seguintes PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN
ao Informe de fiscalización de regularidade das contabilidades electorais
correspondentes ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 25 de setembro de
2016, doc. núm. 7047 (10/IFIS-000001)
RESOLUCIÓNS:
Resolución nº 1
Que polo Consello de Contas de Galicia, ante a evidencia da existencia de
financiación ilegal de campañas políticas do partido do réxime, se estableza un
mecanismo de fiscalización e auditoría das contas e facturas da campaña
electoral, que permita establecer a veracidade e realidade da equivalencia entre as
contas e os custes reais da campaña, de forma que a fiscalización non se limite á
mera tramitación formal das facturas, senón á verosimilitude das mesmas.
Resolución nº 2
Que polo Consello de Contas de Galicia se estenda a súa labor ao control das
aportacións dos partidos ás contas electorais, de forma que se estableza de forma
inequívoca a procedencia destas aportacións.
35880
Resolución nº 3
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promover os mecanismo
oportunos para facilitar os trámites telemáticos oportunos na presentación e
fiscalización das contabilidades electorais.
Resolución nº 4
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promover e desenvolver as
modificacións legais oportunas, de forma que existan mecanismos coñecidos e
transparentes, que faciliten os novos procedementos de financiamento mediante
micromecenazgo.
Resolución nº 5
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promover as medidas
oportunas que permitan modificar a normativa electoral para lograr a eliminación
do envío postal de papeletas electorais, ou a utilización de papeletas electorais
fóra dos colexios electorais, de forma que o voto se realice unicamente mediante
a utilización das papeletas que existen nos colexios electorais, evitando así o
sobre custe derivado do actual modelo e o posible acarreo de votos aos colexios
electorais.
35881
Resolución nº 6
Que polo Consello de Contas se estenda a fiscalización electoral aos gastos de
publicidade institucional durante a campaña e o trimestre anterior á celebración
dos comicios en comparación con períodos asimilables anteriores.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017.
Asdo.: Antón Sánchez García
Voceiro s. do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Antón Sánchez García na data 02/06/2017 12:37:34
35882
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa da Comisión non lexislativa para as relacións co Consello de Contas
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do portavoz e ao
abeiro do disposto no artigo 8.1 das normas reguladoras do Consello de Contas
co Parlamento de Galicia, presenta as seguintes propostas de resolución ao
Informe de fiscalización das contabilidades electorais das eleccións ao
Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2016 (10/IFIS-000001) (doc.
núm.7047).
Resolución núm. 1
Aprobar o Informe de fiscalización das contabilidades electorais correspondentes
ás eleccións o Parlamento de Galicia do 26 de setembro de 2016.
Resolución núm. 2
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que se publiquen no portal
de transparencia do Parlamento de Galicia os gastos de campaña electoral dos
diferentes partidos políticos con representación parlamentaria.
Resolución núm. 3
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que traslade á
subcomisión, recentemente creada no Congreso dos Deputados, para reformar a
Lei electoral co fin de:
a. Regular as doazóns de particulares ás formacións políticas, garantindo a
identificación dos doantes ante o órgano de control
b. Regular os microcréditos, garantindo a identificación dos acredores ante o
órgano de control.
c. Elaborar unha desagregación das achegas de doantes, acredores, afiliados
e cargos públicos ante o órgano de control.
35883
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
d. Regular que aqueles partidos que se teñan financiado ilegalmente a través
de actos de corrupción dos seus cargos públicos ou orgánicos deben
facerse responsables patrimonialmente dos seus actos, co fin de facer
responsables patrimonialmente aos partidos políticos dos actos de
corrupción dos seus cargos públicos ou órganos dirixidos a financiar
ilegalmente as súas actividades.
Resolución núm. 4
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que traslade á
subcomisión, recentemente creada no Congreso dos Deputados, para reformar a
Lei electoral co fin de que se estude a reforma ou eliminación do envío postal aos
electores dos sobres ou papeletas electorais, promovendo un aforro substancial de
recursos públicos.
Pazo do Parlamento, 2 de xuño de 2017
Asinado dixitalmente por:
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 02/06/2017 14:03:34
35884
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de
Contas
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do
disposto nas normas reguladoras das relacións do Consello de Contas co Parlamento de
Galiza, presenta as seguintes Propostas de Resolución ao Informe de fiscalización de
regularidade das contabilidades electorais correspondente ás eleccións ao
Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2016 (10/IFIS-000001) (doc. núm.
7047).
Resolución núm. 1
O Parlamento insta á Xunta de Galiza a tomar as medidas oportunas para
reforzar o financiamento público dos partidos, con medidas de aforro e racionalización
do gasto, co establecemento de límites máis estritos ao financiamento privado, o
reforzamento de medidas de transparencia e medidas de sanción e castigo aos
incumpridores.
Resolución núm. 2
O Parlamento insta á Xunta de Galiza a tomar as medidas necesarias para
avanzar nas limitación ao financiamento privado dos partidos políticos. Nomeadamente,
a que as organizacións políticas non reciban directa ou indirectamente doazóns de
persoas físicas que sexan administradoras, directivas, executivas ou accionistas que
ostenten unha posición relevante nos órganos decisorios de empresas ou entidades que
35885
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
teñan, directa ou indirectamente, incluso como subcontratistas, contratos co sector
público que sexan concesionarias de servizos públicos, que perciban subvencións, avais
ou préstamos subsidiados polo sector público ou a súa actividade dependa de normas ou
instrucións reguladoras ditadas polo sector público.
Resolución núm. 3
O Parlamento insta á Xunta de Galiza a impulsar medidas exemplificadoras para
castigar aos incumpridores, e, en particular, que se suspenda o pagamento de
subvencións cando se diten sentenzas onde se declare a responsabilidade penal da
formación política ou de persoas con responsabilidades na xestión das súa finanzas.
Resolución núm. 4
O Parlamento insta á Xunta de Galiza a tomar as medidas oportunas para
avanzar no aforro das organizacións políticas nas campañas electorais, nomeadamente
no relativo a prohibir a distribución de papeletas e sobres electorais e o envío das
mesmas e da propaganda electoral por correo.
Resolución núm. 5
O Parlamento insta á Xunta de Galiza a impulsar un paquete de medidas para
racionalizar o gasto das organizacións políticas e de mellora da calidade democrática
nas campañas electorais, tais como: como incrementar a cobertura informativa das
campañas electorais nos medios de comunicación públicos, establecer a obrigatoriedade
35886
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
da celebración de debates e de que os medios públicos emitan en horario de máxima
audiencia entrevistas con candidatos das distintas formacións políticas.
Resolución núm. 6
O Parlamento insta á Xunta de Galiza a reforzar as competencias en materia de
fiscalización das organización políticas por parte do Consello de Contas, instando ao
Goberno galego a procurar o asinamento de instrumentos de cooperación ou
colaboración entre o Tribunal de Cuentas do Estado e o Consello de Contas de Galiza
co fin de que a fiscalización dos partidos políticos galegos, así como das organizacións
territoriais que teñan en Galiza partidos políticos de ámbito estatal se efectúe
integramente polo Consello de Contas de Galiza.
Resolución núm. 7
O Parlamento insta á Xunta de Galiza a impulsar o emprego da lingua galega
nas relacións que as diversas entidades galegas manteñen co Consello de Contas.
Resolución núm. 8
O Parlamento insta á Xunta de Galiza a que favoreza a extensión do labor do
Consello de Contas canto á fiscalización da regularidade de gastos electorais ao control
do gasto público en materia de publicidade desenvolto pola Xunta de Galiza e
organismos dependentes no trimestre anterior á celebración de eleccións así como nos
35887
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4
días de campaña electoral para garantir a non existencia de publicidade electoral
encuberta.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Deputada do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 01/06/2017 17:01:13
Ana Pontón Mondelo na data 01/06/2017 17:01:18
35888
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
Luis Bará Torres, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé
Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Noa Presas Bergantiños, deputadas e
deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do
disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta
escrita.
O Porto de Vigo foi historicamente un motor económico para a cidade e para a
comarca, tanto na súa vertente pesqueira como na comercial e turística. A realidade é que
nos últimos anos está a perder competividade, no que ten que ver coa descarga de peixe
fresco e conxelado no Berbés, o transporte de mercadorías ou as escalas de trasatlánticos.
Os datos revelan unha caída constante nos balances, mentres que se producen un
incremento da actividade noutros portos.
As causas desta situación son variadas, mais pódense destacar as seguintes:
a) Problemas nas infraestruturas portuarias debido á falta de espazo, mal estado dos
equipamentos, dificultades nos atraques e manobra, mal estado dos espazos de paso na zona
de cruceiros
b) Redución do cadro de persoal, que pasou de 253 no ano 2010 a 237 no 2017.
c) Retraso na construción do porto seco da PLISAN, que ademais carece de
conexión ferroviaria co porto de Vigo.
d) Baixada de actividade no porto do Berbés
e) Reducción da actividade no peirao de trasatlánticos, con un descenso das escalas
de cruceiros.
35889
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
f) Retraso na tramitación do Posto de Inspección Fronteirizo para o control sanitario
das mercadorías.
g) Os modestos resultados da Autoestrada do Mar.
A exclusión dos portos galegos do Corredor Ferroviario Atlántico non permiten
ollar o futuro con esperanza, xa que non serán competitivos con respecto a Porto ou Leixoes
ou Bilbo, que si terán conexión directa co corredor e através del con Europa.
Ante esta situación, cómpre un compromiso claro da administración estatal e da
galega, en colaboración co concello de Vigo, para potenciar o seu carácter de infraestrutura
estratéxica para o desenvolvemento económico do sur de Galiza.
Por todo o exposto formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
Que valoración fai o goberno galego sobre o declive do porto de Vigo?
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017
Asdo.: Luis Bará Torres
Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
35890
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
Asinado dixitalmente por:
Xosé Luis Bará Torres na data 09/06/2017 10:08:56
Noa Presas Bergantiños na data 09/06/2017 10:09:02
Olalla Rodil Fernández na data 09/06/2017 10:09:06
Xose Luis Rivas Cruz na data 09/06/2017 10:09:09
María Montserrat Prado Cores na data 09/06/2017 10:09:13
Ana Pontón Mondelo na data 09/06/2017 10:09:14
35891
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández,
Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis Bará Torres, deputadas e
deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do
disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta
escrita, relativa á atención da cirurxía pediátrica en Ourense.
A sanidade é un servizo público elemental para a boa calidade de vida dos galegos e
galegas. Ademais de ser un dereito que debe ser subministrado e salvagardado pola
administración pública, cando afecta a crianzas cómpre ter en conta esa circunstancia á hora
de ponderar os desprazamentos e outros elementos que poidan supoñer un impacto negativo
na súa atención e na xestión persoal e familiar da situación.
Durante os primeiros días do mes de outubro de 2013 coñeceuse publicamente a
confirmación da decisión do SERGAS de constituír para a cirurxía pediátrica unha área de
servizo compartido para a zona sur de Galiza. Esta decisión supón na práctica que moitas
familias e crianzas de Ourense que precisen deste servizo fóra da xornada ordinaria e da
programación teñan que desprazarse a Vigo para o empregar. Para as crianzas e para as
persoas da súa contorna persoal, desprazarse a Vigo supón un esforzo e unha complicación,
máis aínda cando se trata de nenos e nenas de fóra da cidade ou das poboacións achegadas á
conexión con Vigo.
A decisión, explicaban desde a Xunta, tomouse para “optimizar os recursos” debido
á “redución continuada da poboación infantil”. É dicir, a xuízo do PP, os nenos e as nenas
de Ourense, como agora son menos, teñen menos dereitos, de aí que non pase nada se en
vez de ser atendidos no hospital de Ourense, cando chegan cunha urxencia e precisan dunha
35892
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
rápida intervención, son obrigados a desprazarse a Vigo para ser atendidos nalgún centro
sanitario desta cidade. Nin que dicir ten a dificultade desta situación en calquera urxencia,
pero máis aínda ao tratarse de nenos e nenas.
Desde o BNG entendemos que esta situación non está xustificada e obedece
unicamente á consolidación de políticas en materia de recortes que vén aplicando o goberno
do Partido Popular desde a chegada de Feijoo á presidencia da Xunta. Fóra de obedecer a
toda lóxica, existen dúbidas sobre os custos económicos que supoñen os traslados vía
ambulancia medicalizada co persoal facultativo preciso. Ao que se suma a outra cara da
moeda, os custos que traslados e hospitalización para as familias.
Para o BNG fica claro que esta medida non se fai nin para “optimizar recursos”, nin
como consecuencia da “redución da poboación infantil”. É un paso máis na senda do
empeoramento planificado do Servizo Galego de Saúde, no deterioro estratéxico do público
levado a cabo pola Xunta de Galiza e o goberno do Estado que ten, como fin último o
incremento do negocio privado.
Máis aínda, recentemente este Grupo Parlamentar recibiu denuncias de persoas
afectadas que referiron o empeoramento do servizo chegando a vivir situacións nas que os
preoperatorios caducaron e se incumpriron os prazos de agarda fixados pola normativa.
Por todo isto formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
- Que actuacións levará a cabo a Xunta de Galiza para corrixir as deficiencias na
atención de cirurxía pediátrica das e dos doentes de Ourense?
- Ten pensado o goberno galego rectificar a súa decisión de unificar a atención da
cirurxía pediátrica das áreas de Vigo e Ourense?
35893
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
- É consciente o goberno galego das dificultades e mesmo situacións traumáticas
que pode supoñer para unha crianza de, por exemplo, o Ourense oriental, desprazarse até
Vigo para unha intervención?
- Ten cuantificado o goberno galego o gasto económico e de recursos persoais e
materiais que supoñen estes desprazamentos para o SERGAS?
- Como valora o goberno galego a ratio de espera das persoas doentes de esta área?
- Considera o goberno galego que a precarización da atención dun servizo elemental
para a seguridade da poboación infantil contribúe a fixar poboación e reverter a crise
demográfica?
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
35894
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4
Noa Presas Bergantiños na data 12/06/2017 12:56:13
Olalla Rodil Fernández na data 12/06/2017 12:56:22
María Montserrat Prado Cores na data 12/06/2017 12:56:26
Ana Pontón Mondelo na data 12/06/2017 12:56:27
Xose Luis Rivas Cruz na data 12/06/2017 12:56:29
Xosé Luis Bará Torres na data 12/06/2017 12:56:31
35895
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
María Luisa Pierres López, Concepción Burgo López e Luis Manuel
Alvarez Martínez, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo
152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
pregunta para a súa resposta por escrito.
A triste nova coa se espertou a vila de Moaña este sábado sobrecolleu a
todos a veciñanza e morracences, pola irreparable perda que supón para o
patrimonio desta vila costeira, e de Galicia enteira, dun dos exemplos máis
importantes da arquitectura máis tradicional e distintiva da carpintería de
ribeira, o estaleiro de Casqueiro, un dos poucos exemplos que quedaban,
xunto con algún máis coma o de Purro en Bueu, dos máis de cen exemplos
que houbo no seu día en toda a ría de Pontevedra.
E isto acontece xusto cando a Xunta de Galicia publicaba o venres día 9 de
xuño a resolución da Consellería de Cultura para declarar Ben de Interese
Cultural, como manifestación do patrimonio inmaterial de Galicia, as
técnicas construtivas da carpintería de ribeira.
O contexto de enfrontamento veciñal, a raíz do proxecto de paseo marítimo
da Seara que se iniciara, por parte do concello en abril de 2015, sen contar
con todas as autorizacións nin concesión de terreos privados , levou a unha
defensa por parte de asociacións culturais, veciños e veciñas e nova
corporación municipal a solicitar o mantemento e protección da carpintería,
ameazada polo trazado do proxecto orixinal. Mentres que outro sector da
veciñanza pedía o derribo da mesma para poder dar continuidade ao
mesmo.
A conservación do estaleiro de Casqueiro, nestes momentos en tramitación
para a inclusión de todo o entorno no Catálogo do Patrimonio Cultural de
Galicia, foi solicitada formalmente pola Asociación Sueste na consellería,
atopándose actualmente en fase de alegacións.
Así mesmo, a titularidade do mesmo, que actualmente corresponde a
Costas de Galicia, cunha concesión de explotación á familia Casqueiro ata
35896
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
o ano 2018, foi xa solicitada para a súa reversión ao concello co fin de
preservalo, protexelo e poñelo en valor. De feito, esta senlleira construción
era a miúdo empregada polo concello para actos culturais diversos, facendo
uso do mesmo tamén para a divulgación de toda cultura mariñeira, as súas
artes e oficios.
A queima do estaleiro ben precedida de numerosas ameazas verbais, e
escritas, nos propios muros da edificación, visibles aínda hoxe sobre as
pedras que se mantiveron en pé, así como dalgunha outra acción frustrada
de queima, atallada a tempo polos servizos de extinción de incendios.
A realidade é que a vulnerabilidade do Patrimonio Cultural quedou
totalmente patente neste caso, e pon de manifesto unha serie de debilidades
que parecen comúns a moitos outros casos, como é o lento proceso das
catalogacións e proteccións, a feble defensa que do mesmo se está a facer
dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da
que depende o Servizo de Patrimonio Cultural, na súa divulgación, as
escasas consecuencias e falta de conciencia cidadá ante as agresións e
perda destes bens, cando se producen de feito intencionado, así como as
escasas axudas destinadas ao correcto mantemento dos mesmos.
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. É coñecedor o Goberno galego da situación de tensión veciñal que se
vive en Moaña desde abril do 2015, momento do inicio das obras do
paseo marítimo da vila, hoxe inacabado?
2. Considera un acto responsable, por parte da anterior corporación,
iniciar as obras do paseo, sen contar coas cesións de todos os terreos
públicos e privados, e considerando unha afectación duns cinco
metros do estaleiro do Casqueiro?
3. Cree que podería terse evitado esta tensión veciñal que levou á
queima intencionada desta arquitectura mariñeira tradicional?
4. Como pensa contribuír a restituír o dano irreparable que sufriu esta
construción senlleira?
35897
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
5. Que axudas destinou no 2016 a Xunta de Galicia á protección do
patrimonio cultural de Galicia, e cal foi o destino principal das
mesmas e nivel de execución?
6. Tendo en conta que ten pensado engadir ao catálogo patrimonio
cultural de Galicia a protección das técnicas construtivas da
carpintería de Ribeira, en que porcentaxe ten pensado incrementar as
axudas para favorecer a conservación efectiva das mesmas?
Pazo do Parlamento, 12 de xuño de 2017
Asdo.: María Luisa Pierres López
Concepción Burgo López
Luis Manuel Alvarez Martínez
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
María Luisa Pierres López na data 12/06/2017 14:15:24
Maria de la Concepción Burgo López na data 12/06/2017 14:15:29
35898
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 12/06/2017 14:15:34
35899
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
María Luisa Pierres López, Concepción Burgo López e Luis Manuel
Alvarez Martínez, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, solicitan a esa Mesa a seguinte
corrección de erros nos documentos con número de rexistro 10356, 10357 e
10358, advertido un erro en ditos documentos.
Corrección de erros:
En toda a exposición de motivos da proposición non de lei onde diga: “…
Costas de Galicia …” debe dicir: “… Costas do Estado …”.
Pazo do Parlamento, 12 de xuño de 2017
Asinado dixitalmente por:
María Luisa Pierres López na data 12/06/2017 19:33:47
Maria de la Concepción Burgo López na data 12/06/2017 19:33:53
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 12/06/2017 19:33:58
35900
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil
Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis Bará Torres,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG),
ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a
súa resposta escrita, relativa ao incremento do recibo da luz por obrigar o goberno
central a cargar os suplementos territoriais e ás actuacións que ten pensado impulsar o
goberno galego.
Tal e como ten denunciado este grupo parlamentar, xa a lei do sector eléctrico en
vigor dende 1997 abría a porta a encarecer a tarifa nunha autonomía ou concello no caso
de contar con tributos sobre o sector. Posteriormente, ao aprobarse a nova Lei 24/2013,
de 26 de decembro, do Sector Eléctrico, que contemplaba no punto 4 do artigo 16 que “en
caso de que as actividades ou instalacións destinadas ao subministro eléctrico foran
gravadas, directa ou indirectamente, con tributos propios das CCAA ou recargas sobre os
tributos estatais, á peaxe de acceso poderá engadírselle un suplemento territorial que
cubrirá a totalidade do sobrecusto provocado por ese tributo ou recargo e que deberá ser
abonado polos consumidores localizados no ámbito territorial da respectiva comunidade
autónoma” esta situación consolidou os riscos existentes diante dunha potencial suba da
factura.
Aprobada a lei, ao non haber mudanzas, empresas como Gas Natural Fenosa
recorreron ante os tribunais e o Supremo deulles a razón, o que leva a agardar a
incorporación inmediata destes suplementos. Non en van, o pasado 10 de marzo propio
Supremos deu un ultimatum ao Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital para, no
prazo de tres meses, cumprir coa sentenza de xuño de 2014 que obrigada a repercutir os
35901
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
impostos das comunidades autónomas no recibo dos e das usuarias de electricidade neses
territorios. De procederse a esta suba isto suporía unha clara discriminación das persoas
consumidoras galegos, que non só non obteñen ningún beneficio por vivir nun territorio
produtor de enerxía, senón que se ven penalizados por ese feito. Doutra banda, suporía
unha nova mostra de que a factura eléctrica non é unificada para todo o Estado.
Recentemente, reiterouse o anuncio do goberno central de tirar para a diante con
esta cuestión polo que parece posíbel que se tome a decisión de cargar no recibo da luz o
canon que a Xunta cobra ás eólicas e a posibilidade de que mesmo outros gravames.
Por todo o exposto e diante da información aparecida na prensa de que o
Ministerio referido traballa xa nunha orde ao respecto e está a dialogar coas comunidades
afectadas, formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
-Que actuacións levou ou vai levar a cabo o goberno galego para impedir que se
incremente a factura de electricidade dos galegos e galegas por causa dos suplementos
territoriais?
-Que información lle foi requirida por parte do Estado? Cal foi remitida?
-Como valora a Xunta de Galiza o feito de que as e os consumidores de
electricidade de Galiza vaian ter que pagar máis polo feito de sermos produtores de
enerxía eléctrica? É compatíbel coa presunta unidade de tarifa?
-Ten avaliado ou vai avaliar a Xunta de Galiza a idoneidade de mudar a súa
política fiscal en relación á produción de enerxía?
-Considera a Xunta de Galiza que a Lei 24/2013 é xusta para o noso país?
35902
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
-Ten pensado a Xunta de Galiza demandar do estado algunha modificación do
punto 4 do artigo 16 da Lei 24/2013, de 26 de decembro, do Sector Eléctrico? En que
termos?
-Considera o goberno galego que deberamos ter algunha compensación polo feito
de ser produtor de enerxía?
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 12/06/2017 17:31:19
María Montserrat Prado Cores na data 12/06/2017 17:31:24
Ana Pontón Mondelo na data 12/06/2017 17:31:26
35903
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4
Xose Luis Rivas Cruz na data 12/06/2017 17:31:27
Olalla Rodil Fernández na data 12/06/2017 17:31:29
Xosé Luis Bará Torres na data 12/06/2017 17:31:30
35904
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, Noela Blanco Rodríguez, Julio Torrado
Quintela, Juan Manuel Díaz Villoslada e Matilde Begoña Rodríguez
Rumbo, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos
Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do
Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta
para a súa resposta por escrito.
O ano 2007 caracterizouse pola entrada en vigor da lei que reformaba a Lei
de responsabilidade penal dos menores 5/2000, do 12 de xaneiro. Coas
dúas normas, os centros de execución de medidas xudiciais de
internamento (en réxime pechado ou semipechado) ofrecen un contexto
educativo favorecedor da inserción social e familiar do menor maior de 14
anos, tendo entre os seus fins o desenvolvemento da súa autonomía integral
e a reinserción social, pero sempre co fin de cumprir unha sentenza de
condena. A execución destas medidas é competencia da Dirección Xeral de
Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
A realidade é que a Xunta de Galicia non ten prazas suficientes para acoller
a estes menores condenados; poucos centros en Galicia e só 2 públicos. Así
o recoñece a propia Consellería de Traballo e Benestar, que recoñece tamén
que as instalacións están saturadas ante o substancial aumento nos últimos
anos do número de adolescentes penados con medidas xudiciais. A esta
privatización e saturación hai que engadir deficiencias nas instalacións,
falta de persoal, precariedade laboral e convivencia de menores con
diversas patoloxías.
Aínda que en 2015, os xulgados galegos incoaron máis de 2500
expedientes de reforma menos que en 2010, segundo a Memoria da Fiscalía
Superior de Galicia so no ano 2015, as condenas por todo tipo de delitos
graves contra as persoas téñense incrementado case no dobre.
35905
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. É certo que no sistema de reforma de menores existen privatización,
saturación, deficiencias nas instalacións dos centros, falta de persoal,
precariedade laboral e convivencia de menores con diversas
patoloxías? 2. Entende o Goberno galego que o sistema actual (con 2 centros
públicos e o resto privados e con centros de apoio privados tamén) é o
idóneo? Se a resposta fose negativa, ten intención o Goberno de
mudalo? 3. Pensa o Goberno galego que o traballo dun técnico e o resto do
persoal formado por auxiliares é suficiente para os centros de reforma
de menores? 4. Cal é a ratio que se manexa entre menores/persoal por cada centro? 5. Pensa o Goberno que ter seguridade privada nos centros de reforma
de menores é o máis axeitado? 6. Ten pensado o Goberno ampliar a capacidade da súa rede de centros
para axustarse á realidade?
Pazo do Parlamento, 9 de xuño de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Noela Blanco Rodríguez
Julio Torrado Quintela
Juan Manuel Díaz Villoslada
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 12/06/2017 17:49:32
Noela Blanco Rodríguez na data 12/06/2017 17:49:38
Julio Torrado Quintela na data 12/06/2017 17:49:43
35906
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 12/06/2017 17:49:47
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 12/06/2017 17:49:52
35907
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
Xosé Luis Rivas Cruz, Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón
Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Montserrat Prado Cores e Luis Bará Torres,
deputados e deputadas do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte
Pregunta para a súa resposta escrita.
Na comparecencia do Director de Augas de Galicia do pasado 1 de febreiro en
relación ás presas mineiras de San Fins, en Lousame, este indicou que se tiña realizado
en novembro de 2016 un requirimento a Tungsten San Finx S.L. para que realizase os
traballos necesarios para garantir a seguridade da presa en cuestión.
Na mesma intervención do Director Xeral apuntou que non tiña constancia "de
que existise un risco inminente para a seguridade desa presa".
En decembro a empresa dille a Augas de Galicia que a presa mineira non é
responsabilidade da concesionaria, ante o que o Director do organismo hidráulico
anuncia unha "investigación" para determinar a titularidade da mesma, solicitando a
colaboración da Consellaría de Economía, Emprego e Industria e insinuando tamén que
a orixe da presa mineira podería ser un hipotético aproveitamento hidroeléctrico, o que
resulta manifestamente falso.
Lembramos, en primeiro lugar, que na súa intervención indicaba que a presa non
suporía un risco inminente, ou mellor dito, que non tiña constancia de dito risco.
35908
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
Tamén a propia empresa, que en maio de 2016, se atrevía a afirmar que a presa
"se encuentra en buen estado y no produce contaminación alguna", mudou
completamente a finais de marzo deste ano, cando recoñece que "La instalación
presenta un importante grado de deterioro".
Finalmente, e para contribuír modestamente á "investigación", é oportuno referir
novamente un feito que foi mencionado na pregunta coa que se interpelaba ao Director
de Augas de Galicia en febreiro pasado: o "desastre de 1960". E para que non nos tilden
novamente de alarmistas, colocamos isto entre aspas, pois non son palabras nosas,
senón do que era Alcalde de Lousame na altura, e que continuaba o seu escrito
alertando: "Tal ocurrió en el año 1960 que, con motivo de unas crecidas se rompió un
tablón de la compuerta del cerramiento antes mencionado y por allí salieron miles de
toneladas de arena que arrastradas por las aguas cubrieron una extensa zona de la
feraz vega referida y dejaron estériles muchas tierras, alguna de las cuales continua
todavía sin vegetación de ninguna clase".
Por todo o anteriormente exposto formúlanse as seguintes preguntas para a súa
resposta escrita:
1. Máis alá das visitas de campo de outubro e maio de 2016, limitadas á
observación visual dunha das presas, realizou Augas de Galicia unha auscultación
destas instalacións, atendendo aos criterios técnicos de seguridade e xestión de presas
que permita soster, a día de hoxe, que non existe ningún risco asociado ás mesmas,
como indicou en febreiro pasado?
2. En que se ten concretado a colaboración da Consellaría de Economía,
Emprego e Industria para a determinación da titularidade das presas mineiras? Como
35909
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
interpreta que sexa unha asociación ambiental a que deba dar traslado a Augas de
Galicia da información que sobre as presas obra nesa Consellaría?
3. Sabemos xa de xeito oficial de quen é a presa?
4. Se o sabemos, requiriulle Augas de Galicia á empresa propietaria que asuma
as súas obrigas en relación ás dúas presas mineiras da súa responsabilidade presentes no
río San Fins?
5. En relación ao anterior, e ao expediente de autorización de verteduras, irá
condicionar Augas de Galicia a eventual resolución de verteduras á restauración do
espazo natural afectado polas presas mineiras, obrigando á titular da concesión a
eliminar os residuos mineiros acumulados no val e as propias presas?
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017
Asdo.: Xosé Luis Rivas Cruz
Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
35910
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4
Asinado dixitalmente por:
Xose Luis Rivas Cruz na data 12/06/2017 18:13:12
María Montserrat Prado Cores na data 12/06/2017 18:13:17
Ana Pontón Mondelo na data 12/06/2017 18:13:18
Olalla Rodil Fernández na data 12/06/2017 18:13:20
Noa Presas Bergantiños na data 12/06/2017 18:13:21
Xosé Luis Bará Torres na data 12/06/2017 18:13:22
35911
Á MESA DO PARLAMENTO
Paula Vázquez Verao, deputada do Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro
do establecido no artigo 157 do Regulamento desta Cámara, presenta a seguinte
Pregunta para a súa resposta escrita.
O 3 de agosto de 2016, denunciaba o equipo de goberno de Ribadumia, cunha
Moción no Pleno municipal, que a poboación dos concellos que teñen o Servizo
de Valoración da Discapacidade de Pontevedra como centro de referencia para a
tramitación das solicitudes de recoñecemento do grao de discapacidade debe
agardar, como mínimo, – a data do pleno que aprobou a moción – 18 meses para
recibir a resolución das solicitudes, existindo unha lista de agarda de anos.
Estamos a referirnos a unha área de 36 municipios e 375.000 persoas.
Estas circunstancias supoñen un incumprimento da normativa a respecto da
discapacidade e, concretamente, no que se refire á axilidade e eficacia dos
procedementos no recoñecemento do grao de discapacidade (obxectivos para os
que se publica a Orde de 25 de novembro de 2015 pola que se regula o
procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de
discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos
competentes), así como un trato desigual entre as persoas dos concellos que teñen
como referencia o Servizo de Valoración de Discapacidade de Pontevedra con
respecto ás do resto de Galiza que, con todo, tamén sofren unha demora
inxustificábel.
A tardanza na resolución sobre o grao de discapacidade mantén durante meses a
persoas sen poder ter os dereitos que lle corresponden, en distintos eidos.
Ademais, esta excesiva tardanza na valoración tamén afecta aos equipos dos
servizos sociais municipais que tramitan as solicitudes.
35912
Froito do debate da moción, o Pleno do Concello de Ribadumia, por
unanimidade, adoptou o seguinte acordo:
Instar á Consellería de Política Social a:
- Que de xeito urxente se artellen as medidas necesarias encamiñadas a resolver
a situación arriba descrita para que se cumpra a normativa vixente e acadar os
obxectivos estabelecidos na mesma.
- Que se axilicen os procedementos na provincia de Pontevedra para que o prazo
de resolución non exceda o máximo de 3 meses.
- Do mesmo xeito, que se equiparen estes procedementos en todo o territorio
autonómico, para que se tarde o mesmo en valorar as solicitudes de
recoñecemento do grao de discapacidade nas catro provincias galegas.
Dito acordo foi remitido polo Concello de Ribadumia á Consellería de Política
Social o 14 de novembro de 2016.
Conforme ao artigo 8 da Orde, de 25 de novembro de 2015, pola que se regula o
procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de
discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos
competentes, “o procedemento para o recoñecemento do grao de discapacidade
resolverase no prazo máximo de tres meses dende a data de entrada da solicitude
no rexistro do órgano competente para a instrución e resolución do expediente”.
Polo exposto, o grupo parlamentario de En Marea formula as seguintes
preguntas:
35913
1. Que medidas ten tomado a Xunta para resolver o alongado e inxustificábel
tempo de agarda para a resolución das solicitudes de valoración do grao de
discapacidade na provincia de Pontevedra?
2. A que atribúe a Xunta o maior tempo de agarda para a resolución da
valoración do grao de dependencia na área dependente do Servizo de Valoración
da Discapacidade de Pontevedra a respecto do resto de Galiza?
3. Considera admisíbel a Xunta que non se cumpran os prazos normativos para a
resolución das solicitudes de valoración do grao de discapacidade?
4. Considera a Xunta que é suficiente a dotación de persoal dos Equipos de
Valoración e Orientación?
5. Non cre a Xunta que é preciso aumentar o número de Equipos de Valoración e
Orientación?
6. Cal é o tempo medio de agarda en cada un dos Equipos de Valoración e
Orientación?
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017.
Asdo.: Paula Vázquez Verao
Deputada do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Paula Vázquez Verao na data 12/06/2017 18:45:48
35914
Á MESA DO PARLAMENTO
Juan José Merlo Lorenzo, deputado do Grupo Parlamentar de En Marea, ao
abeiro do disposto no artigo 157 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Pregunta para a súa resposta escrita, relativa ao Consello Interdepartamental
de Seguridade Industrial.
Ante a necesidade de frear o aumento da sinistralidade laboral no ámbito da
industria galega e a aparente falta de cumprimento por parte da Xunta de Galicia
da normativa vixente no Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que
se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de
Galicia en materia de política industrial, e concretamente no relativo ao Artigo 31
sobre o Consello Interdepartamental de Seguridade Industrial, preséntanse as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1.ª) Existe o Consello Interdepartamental de Seguridade Industrial?
2.ª) Cal é a súa composición, normas de organización e réxime interno, así como
as actividades realizadas por este consello?
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017.
Asdo.: Juan José Merlo Lorenzo
Deputado do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Juan José Merlo Lorenzo na data 13/06/2017 10:06:26
35915
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
María Luisa Pierres López, Raúl Fernández Fernández, Patricia Vilán
Lorenzo e Noela Blanco Rodríguez, deputadas e deputado pertencentes
ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do
disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa
Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta por escrito.
As cifras publicadas polo Instituto Nacional de Estatística (INE) na súa
enquisa ‘Enquisa Continua de Fogares 2016’ confirman o aumento de
situacións de soidade non desexada en España, especialmente entre o
segmento da poboación que máis medra, o das persoas maiores. Esa
situación obrigará ás administracións a deseñar novas e innovadoras
solucións no ámbito da vivenda á soidade non desexada.
Segundo esta enquisa, por idades, o 39,6 % das mulleres maiores de 85
anos vivían soas, fronte ao 25,9 % dos homes. A propensión a vivir só
difire por sexo e idade. Así, nas idades ata 64 anos foi máis elevada nos
homes. Pero nas idades maiores de 65 anos dita propensión foi maior nas
mulleres. A maior lonxevidade media das mulleres, que a día de hoxe
chega ata os 85,1 anos fronte aos 79,3 anos dos homes explica os datos
anteriores.
No ano 2050 preverase, segundo estudio da OMS, que o número de
persoas anciás triplicarase respecto ás porcentaxes actuais. Se a día de
hoxe, un 10 % da poboación mundial é maior de 60 anos, no 2050 a cifra
será de entorno a un 30 %. E España será o país con maior porcentaxe de
anciáns e anciás en todo o mundo.
Existen informes que falan do maior envellecemento da poboación galega
respecto ás medias estatais. Se o pasado ano a media española era de 116
persoas anciás fronte a 100 mozos e mozas menores de 16 anos en Galicia
esta proporción é de 190,7 fronte a 100, o que a converte na segunda
comunidade máis envellecida de España. Segundo o dato que pon a
España no país máis envellecido do mundo no 2050, coloca a Galicia na
posición de ser tal vez a rexión máis envellecida do mundo, xunto con
Asturias.
35916
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Estamos a falar dun cambio poboacional contundente, para o que é preciso
tomar medidas dende todas as administracións , entendendo que o cambio
conlevará novas demandas sociais e de servizos.
O horizonte de 33 anos ata o 2050 non ten que despistarnos do traxecto ata
esa data. O cambio será paulatino, e notarase ano a ano, e cumpre estar
preparados.
Tendo en conta que a calidade de vida sube ano a ano e un ancián ou anciá
de 78 anos a día de hoxe ten a calidade de vida dun de 68 anos de fai 50
anos, é preciso ter en conta que moitos dos anciáns ou anciás de hoxe e do
futuro, a pesares das avanzadas idades son e serán cada día máis capaces e
hábiles.
O feito de que moitas desas persoas vivan soas, fai que sexa necesario
pensar en novas fórmulas habitacionais, que complementen a oferta de
residencias de persoas anciás tradicionais.
Son moitos os territorios e comunidades autónomas que xa están
estudando, dende a administración, estas novas fórmulas, nas que os
anciáns/anciás poidan elixir cómo, ónde e con quen queren vivir, e facelo
ademais con calidade de vida, de forma activa, saudable, digna e
consciente, dende a autoxestión, afastados das fórmulas tuteladas.
A planificación e os proxectos urbanos, en xeral, quedan afastados da
sociedade á que se refiren, imposibilitando a través da rixidez do seu corpo
conceptual e normativo o desenrolo das novas demandas sociais.
Existe unha nova fórmula habitacional que recolle esas novas demandas, e
o fai baixo o modelo de vivendas colectivas ou co-housing. A participación
do sector público pode fomentar estes modelos seguindo distintas vías:
achega de chan, participación directa da propia Administración na
constitución do proxecto, a través de plans e programas nos que se
incentive este tipo de solucións habitacionais, outorgando subvencións e
axudas públicas, etc.. e facelo dende idades temperás , previas á vellez,
para que sexa eficiente a súa implantación e promocione a participación
social dende o comezo das iniciativas.
35917
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. É coñecedor este Goberno galego que existe unha crecente demanda
social de novos modelos habitacionais para o colectivo de persoas
maiores froito dos cambios sociais e poboacionais que estamos a
sofrir e da propia maior calidade de vida que ano a ano gañan os
nosos maiores?
2. Comparte este Goberno galego a idea de que a propia iniciativa
privada neste ámbito, e apoiada polas diferentes administracións,
pode contribuir a resolver en parte o incipiente problema asistencial
ao que nos teremos que afrontar nun futuro próximo?
3. Entende que o modelo cooperativo de vivendas compartidas ou
cohousing, xa empregado en moitas cidades europeas e con
exemplos tamén xa no estado español, ten que ser un dos modelos a
apoiar, empregar, divulgar e incentivar por parte da administración
autonómica para que sexa unha opción realista e atractiva para a
iniciativa privada?
Pazo do Parlamento, 7 de xuño de 2017
Asdo.: María Luisa Pierres López
Raúl Fernández Fernández
Patricia Vilán Lorenzo
Noela Blanco Rodríguez
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
35918
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
María Luisa Pierres López na data 13/06/2017 11:02:06
Raúl Fernández Fernández na data 13/06/2017 11:02:12
Patricia Vilán Lorenzo na data 13/06/2017 11:02:17
Noela Blanco Rodríguez na data 13/06/2017 11:02:21
35919
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, Xoaquín Fernández Leiceaga, Raúl Fernández
Fernández e María Luisa Pierres López, deputadas e deputados
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta por escrito.
No ano 2008, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da
actual Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ditaba
resolución para outorgar a autorización ambiental integrada para un
vertedoiro de residuos non perigosos na canteira de Miramontes, no
concello de Santiago de Compostela.
A veciñanza da contorna din que hai moito tempo que padecen cheiros moi
molestos, tremendos ruídos de vehículos e lixiviados que puideron
provocar a extinción da fauna no regato da Rañoa, que verte finalmente no
río Tambre. Mentres, a Xunta de Galicia non da información.
Por todo o exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. Sigue en vigor a autorización ambiental integrada para un vertedoiro
de residuos non perigosos na canteira de Miramontes, no concello de
Santiago de Compostela e que foi concedida en 2008 pola Dirección
Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da actual Consellería de
Medio Ambiente e Ordenación do Territorio?
2. Houbo algunha modificación desa autorización ambiental integrada?
3. Ten coñecemento o Goberno galego dos cheiros moi molestos,
tremendos ruídos de vehículos e lixiviados que puideron provocar a
extinción da fauna no regato da Rañoa dos que falan á veciñanza?
35920
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
4. Ten feito o Goberno galego algún tipo de inspección sobre a
mencionada canteira? Se a resposta fose positiva, cando e cales foron
os resultados?
Pazo do Parlamento, 8 de xuño de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Xoaquín Fernández Leiceaga
Raúl Fernández Fernández
María Luisa Pierres López
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 13/06/2017 11:13:52
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 13/06/2017 11:13:57
Raúl Fernández Fernández na data 13/06/2017 11:14:03
María Luisa Pierres López na data 13/06/2017 11:14:08
35921
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, Raúl Fernández Fernández e María Luisa
Pierres López, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo
152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
pregunta para a súa resposta por escrito.
O 32 % de todo o plástico que utilizamos os seres humanos acaba na
natureza. Calcúlase que cada ano 8 millóns de toneladas de plástico chegan
a mares e océanos, polo que o “World Economic Forum” informa que en
2050 no mar haberá máis plásticos que peixes.
Os microplásticos (entre 5mm. e 1 nanómetro) son usados en multitude de
produtos: de coidado persoal, en téxtiles sintéticos, como ingredientes de
tintas de impresión, pinturas spray, molduras de inxección e abrasivos,
entre outros. E, por outra banda, cando os artigos de plástico de maior
tamaño se fragmentan xéranse os denominados microplásticos secundarios.
A maiores, están acompañados de aditivos e sustancias químicas
contaminantes ou tóxicas. Deste xeito, o seu impacto ambiental é grande
porque debido á súa composición química e ao seu tamaño son difíciles de
eliminar das augas residuais. As microesferas de plástico constitúen unha
parte pequena do grave problema de contaminación por plásticos.
Os científicos advirten sobre o perigo para o medio ambiente e ata para o
home do paso de microplásticos a través das cadeas e redes tróficas, xa que
moitas especies mariñas son alimentos frecuentemente consumidos en
diversos países. Na actualidade estanse a realizar investigacións para
coñecer con maior profundidade os efectos dos microplásticos nos seres
vivos e nos ecosistemas. Catorce institucións de nove países europeos
participan nesta investigación, destacando a que lidera un equipo da
Universidade de Vigo.
A partires de xullo, Estados Unidos prohibirá a fabricación, comercio e uso
de xabóns, dentífricos e produtos cosméticos con microesferas de plástico.
O Grupo Parlamentario Socialista entende que España e Galicia tamén o
deberían facer.
35922
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. Ten coñecemento o Goberno galego do informe do “World Economic
Forum” relativo a que en 2050 haberá no mar máis plásticos que
peixes?
2. Ten coñecemento o Goberno galego das advertencias dos científicos
sobre o perigo para o medio ambiente e ata para o home do paso de
microplásticos a través das cadeas e redes tróficas?
3. Se as respostas anteriores fosen positivas, ten previsto o Goberno
algunha medida para evitar este problema?
4. Comparte o Goberno galego a prohibición do uso de microplásticos
en produtos de uso humano e a substitución dos mesmos por
alternativas naturais non contaminantes? Se a resposta fose positiva,
vaino instar ao Goberno do Estado?
Pazo do Parlamento, 9 de xuño de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Raúl Fernández Fernández
María Luisa Pierres López
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 13/06/2017 11:30:51
Raúl Fernández Fernández na data 13/06/2017 11:30:56
María Luisa Pierres López na data 13/06/2017 11:31:01
35923
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, Noela Blanco Rodríguez, Juan Manuel Díaz
Villoslada, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, Luis Manuel Alvarez
Martínez e Julio Torrado Quintela, deputadas e deputados pertencentes
ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do
disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa
Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta por escrito.
O ano 2007 caracterizouse pola entrada en vigor da lei que reformaba a Lei
de responsabilidade penal dos menores 5/2000, do 12 de xaneiro. Coas
dúas normas, os centros de execución de medidas xudiciais de
internamento (en réxime pechado ou semipechado) ofrecen un contexto
educativo favorecedor da inserción social e familiar do menor maior de 14
anos, tendo entre os seus fins o desenvolvemento da súa autonomía integral
e a reinserción social, pero sempre co fin de cumprir unha sentenza de
condena. A execución destas medidas é competencia da Dirección Xeral de
Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
A realidade é que a Xunta de Galicia non ten prazas suficientes para acoller
a estes menores condenados; poucos centros en Galicia e só 2 públicos. Así
o recoñece a propia Consellería de Traballo e Benestar, que recoñece tamén
que as instalacións están saturadas ante o substancial aumento nos últimos
años do número de adolescentes penados con medidas xudiciais. A estas
privatización e saturación hai que engadir deficiencias nas instalacións,
falta de persoal, precariedade laboral e convivencia de menores con
diversas patoloxías.
Aínda que en 2015, os xulgados galegos incoaron máis de 2500
expedientes de reforma menos que en 2010, segundo a Memoria da Fiscalía
Superior de Galicia so ano 2015, as condenas por todo tipo de delitos
graves contra as persoas téñense incrementado case no dobre.
35924
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. Entende axeitada o Goberno galego a reivindicación, dende o ámbito
social, da medida de reforma “convivencia con núcleo educativo”? 2. Cantas reunións de coordinación en materia de menores se teñen feito
en Galicia entre 2009 e 2017, ao amparo da Lei de responsabilidade
penal dos menores 5/2000, do 12 de xaneiro? 3. Cal ten sido o orzamento e a execución orzamentaria en prevención e
mediación?
4. Ten previsto o Goberno galego integrar aos equipos psicosociais dos
xulgados no Imelga, tal e como establece a Lei Orgánica do Poder
Xudicial?
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Noela Blanco Rodríguez
Juan Manuel Díaz Villoslada
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Luis Manuel Alvarez Martínez
Julio Torrado Quintela
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 13/06/2017 12:29:26
Noela Blanco Rodríguez na data 13/06/2017 12:29:31
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 13/06/2017 12:29:37
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 13/06/2017 12:29:42
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 13/06/2017 12:29:44
35925
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Julio Torrado Quintela na data 13/06/2017 12:29:49
35926
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, Concepción Burgo López, Juan Manuel Díaz
Villoslada e Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, deputadas e deputado
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta por escrito.
Galicia ten dúas linguas, galego e castelán, e unha Lei de normalización
lingüística dende o 15 de xuño de 1983. Esta lei di, no seu artigo 7.3, que a
Xunta de Galicia promoverá, de acordo cos órganos correspondentes, a
progresiva normalización do uso do galego na Administración de Xustiza.
Mais o uso da nosa lingua na xustiza é absolutamente residual e non hai
datos oficiais actualizados.
Dados os resultados miserables que existen, o Comité de Expertos do
Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais e
Minoritarias consideraba, no seu cuarto informe sobre o grao de
cumprimento do texto, que hai carencias no uso do galego no ámbito
xudicial. Por tal motivo, instaron ás administracións españolas e galegas a
introducir os cambios lexislativos necesarios para permitir o
desenvolvemento de procesos en lingua galega. Simplemente, o Goberno
galego respondía que “tomará en consideración as recomendacións”. Unha
desas solucións podería ser a utilización do labor dos tradutores xudiciais e
o necesario incremento do seu cadro de persoal.
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. Que datos manexa o Goberno galego sobre o uso do galego na
xustiza?
2. Cantas sentenzas se teñen ditado en galego en Galicia no ano 2016?
3. Cantas demandas en galego teñen presentado os letrados da Xunta de
Galicia no ano 2016?
35927
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
4. Cantos escritos de acusación se teñen presentado en galego no ano
2016?
5. Cre o Goberno galego que unha das posibles solucións para resolver
o escaso uso do galego na Administración de Xustiza en Galicia
podería ser a utilización do labor dos tradutores xudiciais?
6. Cantos tradutores xudiciais hai en Galicia? Onde se ubican?
Pazo do Parlamento, 9 de xuño de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Concepción Burgo López
Juan Manuel Díaz Villoslada
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 13/06/2017 12:31:14
Maria de la Concepción Burgo López na data 13/06/2017 12:31:20
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 13/06/2017 12:31:25
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 13/06/2017 12:31:31
35928
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
Luis Bará Torres, Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo,
Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz e Montserrat Prado Cores,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte
Pregunta para a súa resposta escrita, relativa ao proxecto e execución das obras de
urbanización da estrada N550 ao seu paso polo lugar da Ponte (Padrón).
A proxecto de mellora da seguranza viaria na N550 á altura do barrio da Ponte
(Padrón) é unha vella promesa do goberno central adiada durante anos. Xa no ano 2008,
o goberno do Estado a través dunha resposta parlamentaria ao BNG indicaba que “a
problemática dos veciños da Ponte será aliviada coa execución das obras de seguridade
vial Mellora local da travesía de Padrón N 550 pp.kk 82,141 a 83,683, que van licitarse
neste mesmo ano cun orzamento de 4,5 millóns de euros”.
A realidade é que pasaron xa 9 anos e a estrada segue tendo graves deficiencias
de accesibilidade e seguranza viaria xa que carece de beirarrúas e beiravías, así como de
pasos de peóns, o que dificulta gravemente e fai moi perigosa a mobilidade peonil.
Unha situación que se ve agravada nalgúns puntos pola existencia de muros e
acumulación de maleza nas marxes, o que obriga os peóns a circular pola calzada. As
dificultades son aínda máis graves no caso dalgunhas casas que non teñen acceso peonil,
de maneira que unicamente se pode acceder a elas en automóbil.
Por outra parte, os terreos necesarios para a urbanización do citado treito foron
expropiados, de maneira que moitos deses espazos e vivendas presentan un estado de
deterioro e abandono.
35929
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
Malia os sucesivos anuncios da realización das citadas obras de urbanización, a
realidade é a que os orzamentos xerais do Estado para o ano 2017 non contemplan
ningunha partida ao respecto.
Polo anteriormente exposto formúlanse as seguintes preguntas para a súa
resposta escrita:
1. Considera a Xunta de Galicia que é necesario mellorar a seguranza viaria, a
mobilidade e a accesibilidade na N550 ao seu paso polo lugar da Ponte (Padrón)?
2. Que xestións realizou a Consellaría de Infraestruturas e Vivenda para
demandar do goberno do Estado a mellora do citado vial?
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017
Asdo.: Luis Bará Torres
Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
35930
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
Asinado dixitalmente por:
Xosé Luis Bará Torres na data 13/06/2017 16:34:01
Noa Presas Bergantiños na data 13/06/2017 16:34:07
Olalla Rodil Fernández na data 13/06/2017 16:34:12
Xose Luis Rivas Cruz na data 13/06/2017 16:34:16
María Montserrat Prado Cores na data 13/06/2017 16:34:20
Ana Pontón Mondelo na data 13/06/2017 16:34:21
35931
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Julio Torrado Quintela, Noela Blanco Rodríguez, Matilde Begoña
Rodríguez Rumbo e Abel Losada Alvarez, deputados e deputadas
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta por escrito.
Existe un déficit de inspectores médicos/as no sistema sanitario de Galicia,
como se vén sinalando por parte dos e das profesionais, que demora as
accións que os/as inspectoras deben desenvolver como poden ser as
avaliacións de incapacidades ou a supervisión de centros de actividade
sanitaria. Este déficit no corpo de inspectores/as vese afectado pola Lei
2/2017, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, que no seu
artigo 17 sobre o persoal licenciado ou diplomado da escala de saúde
pública e Administración sanitaria, indica que:
“O persoal funcionario de carreira licenciado ou diplomado da escala de
saúde pública e Administración sanitaria poderán ocupar con carácter
temporal, mediante comisión de servizos voluntaria, postos de traballo
dunha clase distinta á que pertenzan, dentro da referida escala, sempre
que a titulación de acceso da súa clase de orixe sexa a mesma que a
requirida para o acceso á clase correspondente ao posto do que se trate.
En todo caso, outorgarase prioridade ao persoal funcionario que pertence
á mesma clase do posto que sexa obxecto de cobertura.”
Seguindo este criterio, de maneira temporal poden ser ocupados os postos
de inspector médico por persoal que, tendo unha formación básica
semellante, non ten a formación específica necesaria para unha labor
determinada como a de inspección médica. Estes casos poden ser os de
facultativos de saúde pública, que poden ocupar a posición de inspector
médico, ou de enfermeiros/as da saúde pública que poden ocupar as
posicións de subinspección.
A solución que ofrece a Lei 2/2017 resolve de maneira temporal a cuestión,
se ben é certo que a utilización desta excepcionalidade implicaría a
necesidade de cubrir posicións de inspección e, explicitamente, asumir o
déficit que se ven sinalando por parte dos e das profesionais.
35932
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, os deputados e as deputadas que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. Considera a Xunta de Galicia que existe un déficit de inspectores
médicos/as que é necesario cubrir aínda que sexa mediante a
aplicación do artigo 17 da Lei 2/2017, de medidas fiscais,
administrativas e de ordenación?
2. Pode estimar a Xunta de Galicia o número de prazas de inspectores
médicos/as que é preciso cubrir en Galicia para garantir o
funcionamento correcto do servizo en todo o territorio?
3. Ten previsto a Xunta de Galicia convocar prazas de inspectores
médicos/as para o ano 2018? E durante a lexislatura 2016-2020?
4. Ten previsto a Xunta de Galicia cubrir prazas de inspección médica
con persoal de outra clase en aplicación do artigo 17 da Lei 2/2017,
de medidas fiscais, administrativas e de ordenación?
Pazo do Parlamento, 9 de xuño de 2017
Asdo.: Julio Torrado Quintela
Noela Blanco Rodríguez
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Abel Losada Alvarez
Deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Julio Torrado Quintela na data 13/06/2017 16:47:12
Noela Blanco Rodríguez na data 13/06/2017 16:47:17
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 13/06/2017 16:47:23
35933
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Abel Fermín Losada Álvarez na data 13/06/2017 16:47:27
35934
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, Julio Torrado Quintela, Abel Losada Alvarez,
Juan Manuel Díaz Villoslada, María Luisa Pierres López e Matilde
Begoña Rodríguez Rumbo, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo
152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
pregunta para a súa resposta por escrito.
En 2016 e previamente ás eleccións autonómicas do pasado ano, o
presidente da Xunta de Galicia anunciaba a bombo e pratiño a fusión
voluntaria dos concellos de Cerdedo e Cotobade, na provincia de
Pontevedra, fusión que ía provocar alteración dos partidos xudiciais.
Por outro lado, o 13 de novembro de 2015 e o 10 de maio de 2016, nos
concellos de Oia e Pontecesures o PP presentaba sendas mocións de
censura, coas que recuperaban as dúas alcaldías. E a última nova que temos
sobre cambios nos concellos tivo lugar hai escasamente un mes, cando o
PP, a través dunha moción de censura encuberta, volveu á Alcaldía de
Sanxenxo tras firmar un pacto de goberno coa formación Sanxenxo
Agrupación Liberal (SAL) que encabezaba o que ata entón era alcalde.
Semellan demasiados cambios en concellos da provincia de Pontevedra en
menos de dous anos.
Por todo o exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1.- Pensa o Goberno galego que unha fusión de concellos, dúas mocións de
censura e outra encuberta máis na mesma provincia son demasiados
cambios en concellos nun ano e 7 meses?
2.- Está a comprometer o Goberno fondos públicos para provocar cambios
políticos na provincia de Pontevedra?
35935
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
3.- Ten prometido o Goberno un mellor trato aos concellos de Cerdedo,
Cotobade, Oia, Pontecesures e Sanxenxo?
4.- Que intención ten o Goberno con estes cambios?
Pazo do Parlamento, 9 de xuño de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Julio Torrado Quintela
Abel Losada Alvarez
Juan Manuel Díaz Villoslada
María Luisa Pierres López
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 13/06/2017 17:04:56
Julio Torrado Quintela na data 13/06/2017 17:05:02
Abel Fermín Losada Álvarez na data 13/06/2017 17:05:07
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 13/06/2017 17:05:11
María Luisa Pierres López na data 13/06/2017 17:05:16
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 13/06/2017 17:05:20
35936
Á MESA DO PARLAMENTO
Davide Rodríguez Estévez e Paula Quinteiro Araújo, deputado e deputada do
Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 157 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Pregunta, para a súa resposta
escrita, sobre a situación na que se atopa a Oficina Agraria Comarcal de Lalín.
Hoxe, nas Oficinas Agrarias Comarcais da Galiza traballan máis de 300
profesionais entre veterinarias, enxeñeiras agrónomas, enxeñeiras técnicas
agrícolas e persoal administrativo divididas nas case 70 oficinas agrarias
comarcais distribuídas por todo o país.
Nos momentos actuais de crise dos sectores agro e gandeiros, a Consellería non é
quen de, primeiro, dotar de persoal suficiente ás oficinas agrarias comarcais, e,
segundo, non ter nunhas condicións dignas as instalacións onde se atopan as súas
traballadoras e traballadores.
As traballadoras e traballadores desta OAC están a traballar nunhas instalacións e
condicións indignas e deficientes, tanto para elas e eles, como para as usuarias e
usuarios que acoden diariamente a ditas instalacións.
As propias traballadores e traballadores xa reemitiron diferentes escritos á
Conselleira do Medio Rural, Consellería de Facenda é a Valedora do Pobo,
achegando fotos das instalacións, das concentracións, de diferentes incidencias
(goteiras) ou o informe de COGAMI.
Tamén se remitiu o Informe de Avaliación de Riscos resaltando diferentes
incumprimentos e medidas correctoras sen executar.
35937
Actualmente estase a incumprir a normativa relativa á accesibilidade (escaleiras
empinadas, ausencia de ascensor, aseos inaccesibles para persoas con
discapacidade,...), as instalacións eléctricas están anticuadas (riscos de
electricidade, NON saída de incendios, cableado á vista e polo chan,...), a auga
de consumo humano non e potable e carecen de auga quente.
O aseo para os empregados/as está moi deteriorado e non existen duchas
necesarias para o persoal de campo.
Non existen instalacións para a manipulación de material biolóxico perigoso (e
non perigoso).
As condicións higrotérmicas, de iluminación e ventilación están fóra dos rangos
establecidos.
A oficina está situada na primeira planta sobre unha panificadora industrial coas
conseguintes emisións de fumes, ruídos e vibracións, e colaborando co aumento
de temperatura no ambiente.
Por todo o exposto, o grupo parlamentar de En Marea formula as seguintes
preguntas para a súa resposta escrita:
1.-Ten pensado a Sra. Conselleira reunirse cas traballadoras e traballadores da
Oficina Agraria Comarcal de Lalín?
2.-É coñecedora das condicións nas que se atopa persoal e usuarios desta Oficina
Agraria Comarcal?
3.-Para cando ten prevista a Consellería de Medio Rural que se faga efectivo o
cambio das instalacións a unhas novas dependencias?
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017.
35938
Asinado dixitalmente por:
David Rodríguez Estévez na data 13/06/2017 18:12:02
Paula Quinteiro Araújo na data 13/06/2017 18:12:10
35939
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, Concepción Burgo López, Juan Manuel Díaz
Villoslada e Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, deputadas e deputado
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta por escrito.
Galicia ten dúas linguas, galego e castelán, e unha Lei de normalización
lingüística dende o 15 de xuño de 1983. Esta lei di, no seu artigo 7.3, que a
Xunta de Galicia promoverá, de acordo cos órganos correspondentes, a
progresiva normalización do uso do galego na Administración de Xustiza.
Dados os resultados miserables que existen, o Comité de Expertos do
Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais e
Minoritarias consideraba, no seu cuarto informe sobre o grado de
cumprimento do texto, que hai carencias no uso do galego no ámbito
xudicial. Por tal motivo, instaron ás administracións españolas e galegas a
introducir os cambios lexislativos necesarios para permitir o
desenvolvemento de procesos en lingua galega. Simplemente, o Goberno
galego respondía que “tomará en consideración as recomendacións”.
Pois ben, as forzas e corpos de seguridade (Garda Civil, Policía Nacional,
Policía Local e Policía Adscrita) tamén forman parte, en multitude de
ocasións, da Xustiza. Por exemplo, cando redactan os atestados para remitir
aos xulgados. Pero eses atestados (na súa maior parte con modelos
prefeitos) non son en galego, incluso a pesares de que as persoas detidas ou
usuarias presten a declaración na nosa lingua.
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1.- Ten coñecemento o Goberno galego de que o programa informático
para a redacción dos atestados das forzas e corpos de seguridade que
operan na nosa comunidade autónoma non está en galego?
35940
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
2.- Vai demandar o Goberno ao Ministerio do Interior a modificación do
programa informático, de tal xeito que se poidan practicar sen obstáculos
os atestados en galego?
Pazo do Parlamento, 9 de xuño de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Concepción Burgo López
Juan Manuel Díaz Villoslada
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 13/06/2017 18:55:48
Maria de la Concepción Burgo López na data 13/06/2017 18:55:54
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 13/06/2017 18:55:58
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 13/06/2017 18:56:03
35941
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Noela Blanco Rodríguez, Raúl Fernández Fernández, Abel Losada
Alvarez e José Manuel Pérez Seco, deputada e deputados pertencentes ao
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto
no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a
seguinte pregunta para a súa resposta por escrito.
Dende hai 16 anos un convenio, que se renovaba de maneira anual, entre a
Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, permitía que a piscina do
Parque Tecnolóxico de Galicia – titularidade da Consellería de Economía,
Emprego e Industria e administrada pola Tecnópole– se xestionara a través
do ente provincial. Esta instalación adoitaba abrirse ao público a principios
do mes de xuño, pero por terceiro verán consecutivo, permanece pechada.
O convenio entre as dúas institucións está a día de hoxe sen asinarse, o
persoal necesario (vixilantes, socorristas...) sen contratarse, e os labores de
mantemento da instalación sen realizarse.
Así pois a falla de coordinación entre estas dúas institucións públicas está
provocando un prexuízo á cidadanía á que en plena tempada estival se está
privando de poder disfrutar destas instalacións públicas.
Por todo o exposto, a deputada e os deputados que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. Renovou este ano a Xunta de Galicia o convenio coa Deputación de
Ourense, para abrir ao público as piscinas do Parque Tecnolóxico de
Galicia, que son titularidade da Consellería de Economía e Industria?
2. En caso de non asinarse, cal foi o motivo?
3. A que se debe que as piscinas do Parque Tecnolóxico de Galicia
permanezan pechadas por terceiro ano consecutivo?
4. En que estado de mantemento se atopan ditas instalacións?
35942
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
5. Que orzamento destina anualmente a Xunta de Galicia para realizar
tarefas de mantemento nas instalacións deportivas do Parque
Tecnolóxico de Galicia?
Pazo do Parlamento, 13 de xuño de 2017
Asdo.: Noela Blanco Rodríguez
Raúl Fernández Fernández
Abel Losada Alvarez
José Manuel Pérez Seco
Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Noela Blanco Rodríguez na data 14/06/2017 16:37:00
Raúl Fernández Fernández na data 14/06/2017 16:37:06
Abel Fermín Losada Álvarez na data 14/06/2017 16:37:12
Jóse Manuel Pérez Seco na data 14/06/2017 16:37:17
35943
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Noela Blanco Rodríguez, Julio Torrado Quintela e Patricia Vilán
Lorenzo, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos
Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do
Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta
para a súa resposta por escrito.
O 4 de marzo de 1992 as organizacións sindicais e empresariais
intersectoriais máis representativas no ámbito de Galicia, a Confederación
de Empresarios de Galicia, UGT Galicia, CC.OO Galicia e a CIG,
asinaron un acordo dos previstos no artigo 83.3 do Estatuto dos
traballadores, para regular os procedementos extraxudiciais de solución dos
conflitos colectivos laborais en Galicia.
Este acordo, un dos primeiros asinados en todo o Estado nesta materia,
supoñía unha aposta pola autonomía colectiva como senda idónea para
construír un sistema de relacións laborais adaptado ás peculiaridades e
intereses propios da realidade socioeconómica e laboral de Galicia, diante
da falla de competencia autonómica no ámbito material da lexislación
laboral.
As relacións laborais evolucionaron notablemente e a solución
extraxudicial de conflitos colectivos en Galicia amosa dende o punto de
vista do Grupo Socialista, un balance de aplicación positivo. A eficacia e a
axilidade de actuación dos mecanismos previstos no Acordo galego de
solución extraxudicial de conflitos no traballo (AGA), a calidade das
persoas mediadoras e dos árbitros, a porcentaxe de acordos e de solucións
consensuadas acadados e o grao de satisfacción amosado polas persoas
usuarias do sistema, consolidaron día a día un mecanismo baseado na
negociación, no entendemento e no acordo. Logo do tempo transcorrido, o
AGA forma parte da nosa realidade laboral e concíbese como un
instrumento útil, como un servizo de interese xeral e relevancia pública
baseado nos principios de eficacia, gratuidade e celeridade e como unha
alternativa á vía xudicial, máis próxima e máis satisfactoria para as persoas
traballadoras e para as empresas.
35944
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
No DOG do 24 de maio de 2013, publicábase unha actualización do
acordo a través da Resolución do 30 de abril de 2013, da Dirección Xeral
de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a inscrición no rexistro
e a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do Acordo
interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de
conflitos de traballo. Algunha das novidades que se introducen neste texto
son a intervención do AGA nos conflitos derivados de bloqueos ou
discrepancias na negociación durante os períodos de consultas esixidos nos
artigos 40.2, 41.4, 44.9, 47.1 e 2, 51.2 e 82.3 do Estatuto dos traballadores;
a substitución do período de consultas por unha mediación ou arbitraxe
acordada polo xuíz nos procedementos concursais; a actualización e
adecuación a criterios de proporcionalidade e representatividade da
composición da comisión de conciliación e mediación ou o impulso á
promoción do procedemento por parte do propio servizo de solución de
conflitos do Consello Galego de Relacións Laborais.
O acordo establece que a vixencia do mesmo alcanzaba ata o 31 de
decembro de 2013, e que pode denunciarse por escrito por calquera das
partes asinantes así como que a falta de denuncia do mesmo en tempo e
forma, prorrogará a súa vixencia por períodos anuais, conforme o disposto
polo artigo 86.2 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.
Na actualidade os servizos de Mediación, Arbitraxe e Conciliación están a
desenvolver a súa actividade a través dun total de sete sedes distribuídas
xeograficamente do seguinte xeito: tres na provincia da Coruña (A Coruña,
Ferrol e Santiago de Compostela), unha na de Lugo (oficina permanente en
Lugo, aínda que nesta provincia tamén se dispón dunha segunda oficina
non permanente do SMAC en Viveiro), unha na provincia de Ourense, e
dúas na de Pontevedra (en Pontevedra e Vigo).
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. Que valoración fai o Goberno galego da aplicación e
desenvolvemento do Acordo galego de solución extraxudicial de
conflitos (AGA) no traballo publicado no DOG do o 24 de maio de
2013?
35945
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
2. Tendo en conta que a vixencia deste acordo alcanzaba ata o 31 de
decembro de 2013, denunciou algunha das partes asinantes dito
acordo?
3. Considera a Xunta de Galicia que é preciso reforzar os medios
humanos e materiais para mellorar o desenvolvemento dos servizos
de mediación, arbitraxe, e conciliación no eido laboral?
4. En caso afirmativo, en que debera consistir dito reforzo?
5. Ten previsto o Goberno galego levar a cabo algunha actuación
durante esta lexislatura para reforzar os servizos de mediación,
arbitraxe e conciliación laboral en Galicia?
Pazo do Parlamento, 14 de xuño de 2017
Asdo.: Noela Blanco Rodríguez
Julio Torrado Quintela
Patricia Vilán Lorenzo
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Noela Blanco Rodríguez na data 14/06/2017 17:48:09
Julio Torrado Quintela na data 14/06/2017 17:48:14
Patricia Vilán Lorenzo na data 14/06/2017 17:48:19
35946
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Julio Torrado Quintela e Noela Blanco Rodríguez, deputado e deputada
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta por escrito.
O déficit de persoal no sistema sanitario público de Galicia vén sendo
sinalado por colectivos de profesionais, pacientes, sindicatos e partidos
políticos como o gran problema nas ineficiencias que se atopan no propio
funcionamento do sistema. Unha das súas máis destacadas consecuencias
son as insostibles listas de espera que evidencian, segundo datos oficiais,
que o proceso acumulado de agarda para primeira consulta co ou coa
especialista, realización de proba diagnóstica e intervención cirúrxica,
supera o ano de demora nalgúns servizos. Os graves problemas para
substitución de facultativos en atención primaria provocan, á súa vez,
esperas que resultaban pouco frecuentes ata o de agora, e perda da calidade
e a proximidade do servizo.
A taxa de reposición do persoal sanitario, sumada á política de
precariedade laboral no eido sanitario impulsada pola Xunta de Galicia,
promoveu nos últimos anos a existencia de numerosos traballadores e
numerosas traballadoras do sistema público en condicións de absoluta
inestabilidade, con contratos temporais de días ou horas que pretenden
suplir postos de traballo que eran estables e permanentes antes do ano
2009. Este tipo de contratos xeran un encadeamento dos e das profesionais
a un sistema que penaliza a súa non aceptación, e provoca problemas
engadidos froito da inestabilidade e a precariedade que se dá nos contratos,
impedindo o funcionamento correcto dos equipos de traballo e aumentando
o risco e a tensión dos e das profesionais. A estas condicións laborais
súmase a saturación provocada polo menor número de persoal no sistema,
que xera xornadas alongadas e sobreesforzos do persoal.
A recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, do 14 de
setembro de 2016, a partir da que existen xa casos en Galicia que dan a
razón aos e ás traballadoras, pon en destaque a política de contratación
inestable e non aceptable da Xunta de Galicia, particularmente da
Consellería de Sanidade a través do Sergas. A non existencia dunha
35947
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Relación de Postos de Traballo dificulta, aínda máis, o labor de
organización do persoal do propio sistema sanitario. A estes problemas
engádese a opacidade dos datos oficiais, sobre os que resulta moi
complicado coñecer o número exacto de traballadores e traballadoras
estables que ten o sistema sanitario público de Galicia, e a porcentaxe de
traballadores e traballadoras temporais, dato que veñen demandando os
sindicatos e que afirman que non se lles facilita ao igual que tampouco aos
grupos políticos presentes no Parlamento de Galicia. Dende o equipo
directivo da consellería existe, incluso, informacións discrepantes sobre
estes datos en diversos medios de comunicación, o que dificulta a
posibilidade de facer unha análise correcta.
O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade, en marzo de 2017,
unha proposta do Grupo Parlamentario Socialista para a convocatoria
dunha OPE de en torno a 1600 prazas. O compromiso de convocar OPEs
semellantes nos anos 2018-2020 foi rexeitada polo voto do Grupo Popular.
Esta iniciativa, a pesares da unanimidade, volveu a ser posta en dúbida por
parte do Goberno de Galicia nas últimas datas, engadindo incerteza sobre
as medidas que poderían contribuír, en parte, a paliar o problema de
ineficiencia do sistema por mor dos déficits en persoal.
A realidade do emprego na sanidade galega é, por tanto, opaca e deficitaria,
polo que a mellora en calidade asistencial resulta máis complicada.
Por todo o exposto, o deputado e a deputada que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. Que valoración fai o Goberno galego do déficit numérico en persoal
do Sergas e as consecuencias que conleva?
2. Cando ten previsto o Goberno galego facer efectivo o acordo
parlamentario de marzo para convocar neste ano 2017 unha OPE de
1600 prazas para o Sergas?
3. Que porcentaxe de traballadores/as do Sergas está agora mesmo
baixo contratos eventuais/temporais desenvolvendo o seu labor?
4. Cantas prazas incluídas no anexo de persoal do Sergas dos
orzamentos 2017 están vacantes na actualidade?
35948
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
5. Cantos traballadores/as do Sergas estima o Goberno galego que
poden estar afectados pola sentencia do TXUE de setembro de 2016?
6. Ten previsto o Goberno galego realizar unha Relación de Postos de
Traballo no Sergas de xeito inmediato?
Pazo do Parlamento, 14 de xuño de 2017
Asdo.: Julio Torrado Quintela
Noela Blanco Rodríguez
Deputado e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Julio Torrado Quintela na data 14/06/2017 19:08:20
Noela Blanco Rodríguez na data 14/06/2017 19:08:26
35949
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, Juan Manuel Díaz Villoslada e Matilde Begoña
Rodríguez Rumbo, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo
152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
pregunta para a súa resposta por escrito.
No mes de xaneiro deste ano, o Grupo Parlamentario Socialista solicitaba
coñecer -mediante un artigo 9- os expedientes que entraran nas Comisións
de Asistencia Xurídica Gratuíta Provinciais no ano 2016, indicando
expresamente o número dos que entraran e dos que foran resoltos.
E con data 1 de xuño (é dicir, case 5 meses despois) o Goberno daba
traslado dun listado de “datos numéricos dos expedientes de asistencia
xurídica gratuíta formulados no ano 2016 en Galicia e desagregados por
Comisións e xurisdicións”, cun total de 41.005 expedientes. Pero nada
informa o Goberno sobre o número expreso dos que entraran e dos que
foran resoltos, que tamén se pedira naquel artigo 9.
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. Cantos expedientes de asistencia xurídica gratuíta entraron en cada
unha das Comisións de Asistencia Xurídica Gratuíta provinciais?
2. Cantos expedientes de asistencia xurídica gratuíta foron resoltos en
cada unha das Comisións de Asistencia Xurídica Gratuíta
provinciais?
3. Ten notado o Goberno galego algunha incidencia en canto á
resolución de expedientes?
4. Cantas decisións das Comisións de Asistencia Xurídica Gratuíta
provinciais foron recorridas en 2016 nos xulgados correspondentes?
35950
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
5. En cal das Comisións de Asistencia Xurídica Gratuíta provinciais foi
máis elevado o tanto por cen de recursos?
Pazo do Parlamento, 14 de xuño de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Juan Manuel Díaz Villoslada
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 14/06/2017 19:09:43
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 14/06/2017 19:09:48
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 14/06/2017 19:09:52
35951
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
María Dolores Toja Suárez, Julio Torrado Quintela e Noela Blanco
Rodríguez, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos
Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento
da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta
escrita.
Lousame conta cunha poboación aproximada de 3.400 persoas. O servizo
de pediatría ten adscrito un número bastante máis elevado de doentes que o
correspondente á poboación real comprendida nas idades que precisan
deste servizo. É preciso aclarar que unha parte destes doentes proceden de
Noia.
O pediatra de Noia xubilarase a finais deste ano. O mesmo ocorre co da
Pobra do Caramiñal, co que na comarca existe inquedanza por coñecer
como se vai dar continuidade a estes servizos existentes na actualidade.
Por todo isto, as deputadas e o deputado que asinan solicitan en resposta
escrita contestación ás seguintes preguntas:
1ª) Ten coñecemento o Goberno galego da situación na que se atopa a
comarca da Barbanza en canto o servizo de pediatría?
2ª) Ten valorado o Goberno galego a cobertura das necesidades actuais de
pediatría na comarca da Barbanza?
3ª) Ten valorado o Goberno galego a cobertura das novas necesidades que
se producirán en breve en canto ao servizo de pediatría na comarca da
Barbanza?
Pazo do Parlamento, 13 de xuño de 2017
35952
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
María Dolores Toja Suárez na data 15/06/2017 10:25:32
Julio Torrado Quintela na data 15/06/2017 10:25:44
Noela Blanco Rodríguez na data 15/06/2017 10:26:00
35953
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
Noa Presas Bergantiños, Xosé Luis Rivas Cruz, Ana Belén Pontón Mondelo,
Olalla Rodil Fernández, Montserrat Prado Cores e Luis Bará Torres, deputadas e
deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do
disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta
escrita, relativa á aprobación polo goberno do incremento do canon polo uso ou
aproveitamento das augas para produción hidroeléctrica e as súas repercusións.
Recentemente coñecemos como o Consello de Ministros do Goberno do Estado
aprobou o venres 9 de xuño un incremento do canon destinado a gravar o uso ou
aproveitamento das augas continentais que se empregan para a produción de enerxía
eléctrica. Desenvólvese esta suba por medio do Real Decreto-lei 10/2017, do 9 de xuño,
polo que se adoptan medidas urxentes para paliar os efectos producidos pola sequía en
determinadas bacías hidrográficas e modifícase o texto refundido da Lei de Aguas,
aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo.
A partir deste momento, as compañías produtoras de enerxía eléctrica pagarán o
tipo do 25,5%, o que suporá un incremento de custes para o sector cuxa repercusión pode
rematar caendo de forma directa sobre as persoas consumidoras. Máis aínda, tendo en conta
que até o momento non hai orzamentos estatais aprobados polo que se dificulta a opción de
que o Estado asuma este incremento desde os propios orzamentos do Estado para evitalo.
Por todo isto formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
35954
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
-Cal é a avaliación do goberno galego sobre a utilidade e consecuencias para as
persoas consumidoras do incremento do canon hidroeléctrico recollido no Decreto-lei
10/2017?
-Foi consultado o goberno galego? Tivo o goberno galego algún contacto co
goberno do Estado para avaliar esta cuestión e as súas repercusións?
-Demandará o goberno galego que o Estado compense ao sector asumindo das dúas
contas o incremento?
-É unha medida fundamentada en compensar o descenso de consumo en escenario
de sequía?
-Comparte o goberno galego a idea de que esta medida paliará os problemas de
abastecemento de auga?
-Ten datos o goberno galego de canto impacta a recadación deste imposto nos
galegos e galegas?
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Xosé Luis Rivas Cruz
Olalla Rodil Fernández
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
35955
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 15/06/2017 11:09:22
Xose Luis Rivas Cruz na data 15/06/2017 11:09:27
Olalla Rodil Fernández na data 15/06/2017 11:09:32
María Montserrat Prado Cores na data 15/06/2017 11:09:37
Xosé Luis Bará Torres na data 15/06/2017 11:09:41
Ana Pontón Mondelo na data 15/06/2017 11:09:44
35956
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil
Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis Bará Torres,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte
Pregunta para a súa resposta escrita, relativa á proxección dunha planta de produción
de mestura bituminosa en quente na canteira de Bouzas, nº266, de Parada de Ribeira no
concello de Xinzo da Limia.
Recentemente, a concesión de licenza de obra por parte da Xunta de Goberno do
Concello de Xinzo para a proxección dunha planta de produción de mestura bituminosa
en quente na canteira de Bouzas reavivou inquedanzas na veciñanza da contorna, pois
supón a reactivación dun proxecto paralizado desde 2014 e que ten numerosas dúbidas
canto ao impacto ambiental que pode supoñer.
Cómpre recordar que xa o 22 de maio de 2014 fíxose pública a avaliación de
incidencia ambiental. Daquela fora solicitado un informe preceptivo ao Concello,
emitido no senso de que a actividade non é compatíbel co uso do chan (rústico de
protección forestal) pero que podería ser autorizada pola Xunta. Posteriormente, o 11 de
xuño 2014 fíxose pública a resolución da declaración de incidencia ambiental favorábel
á realización da actividade. Unha vez foi pública e coñecida esta situación a causa dos
trámites municipais, numerosas entidades sociais, ecoloxistas e veciñais coa súa
presentación pública a finais de xuño do 2014 alegaron e protestaron contra este
proxecto posto que a colocación deste implica moitos riscos pola súa proximidade ás
poboacións e a zonas delicadas desde un punto de vista ambiental. Por exemplo, a
35957
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
proximidade á zona ZEPA da Limia, zona de especial protección para as aves, cuxa
finalidade é a protección e conservación do hábitat e das especies de aves definidas na
contorna que abrangue 6.939,20 ha dos concellos da Porqueira, Bande, Rairiz de Veiga,
Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, e
Xunqueira de Ambía. Ademais, alén de englobar o LIC de Veiga de Ponteliñares.
Ademais, cómpre recordar a unidade social e política neste tema e que por
exemplo mesmo o 28 de xullo de 2014 tivo lugar un pleno extraordinario urxente no
Concello de Xinzo de Limia no que foi aprobada por unanimidade unha moción
rexeitando a planta e instando á Xunta a que lle denegue a licenza, como tamén foi
aprobada unha moción no mesmo sentido, a proposta do Bloque Nacionalista Galego,
na Deputación de Ourense, tamén por unanimidade.
Máis aínda, cómpre recordar que a Limia é unha zona con importantes
problemas ambientais derivados da emisión de residuos derivados das numerosas
granxas existentes, ademais de ser unha zona profundamente castigada pola crise
económica, a perda de poboamento e a crise no sector agrario. Polo tanto, todas as
decisións que no presente supoñan unha posíbel afectación á contorna deben ter unha
avaliación aínda máis rigorosa e actualizada canto ao seu impacto.
En vista do rexeitamento social que a implantación dunha planta deste tipo
desatou hai anos en Xinzo, sorprende que con data 29 de maio de 2017 o Concello de
Xinzo de Limia tomara, sen previa información pública á veciñanza, a decisión de
conceder licenza urbanística para a devandita planta desestimando todas as alegacións
presentadas por colectivos sociais e medioambientais. Uns acontecementos diante dos
que a veciñanza ten demandado explicacións a respecto desta situación, sendo ignoradas
polas administracións competentes.
Polo tanto formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
35958
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
- Que medidas levou ou vai levar a cabo o goberno galego para garantir que o
proxecto de produción asfáltica para a canteira de Bouzas (Xinzo) non colide coa
protección que precisan as condicións medioambientais, poboacionais e agropecuarias
da zona?
- Considera o goberno galego que está garantida a adecuada xestión dos
residuos?
- Ten avaliado o goberno galego o posíbel impacto negativo na produción
agropecuaria profesional e familiar da contorna? De que forma?
- Como garante o goberno galego que o proxecto non teña un impacto negativo
na zona ZEPA próxima?
- Coñece o goberno galego as razóns polas cales se veñen de retomar e acelerar
os trámites suspensos desde 2014?
- Por que o goberno galego rexeita interceder na procura de consenso veciñal
arredor desta cuestión?
- Coñece o goberno galego por que o Partido Popular mudou de opinión a
respecto desta instalación?
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
35959
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 15/06/2017 12:44:57
Olalla Rodil Fernández na data 15/06/2017 12:45:17
María Montserrat Prado Cores na data 15/06/2017 12:45:20
Ana Pontón Mondelo na data 15/06/2017 12:45:24
Xose Luis Rivas Cruz na data 15/06/2017 12:45:25
Xosé Luis Bará Torres na data 15/06/2017 12:45:26
35960
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
Luis Bará Torres, Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo,
Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz e Montserrat Prado Cores,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte
Pregunta para a súa resposta escrita, relativa á creación dun Mecanismo galego
preventivo en materia de menores.
En Galiza existen numerosos centros de menores, que poden ser de xesión
pública ou privada. Aínda que os máis coñecidos poden ser os centros de reforma, que
teñen un control xudicial cando menos teórico do xulgado de menores, existen tamén
centros de protección que teñen un control xudicial non directo. Se temos en conta os
centros de protección, de reforma e de trastornos de conduta, estamos a falar dunha
poboación de máis de 1.200 menores (ano 2016).
Diversos colectivos de defensa dos dereitos fundamentais teñen posto de
manifesto a necesidade de reforzar os controis para velar polos dereitos dos menores
internos en centros de custodia, máis aínda se se ten en conta que algúns deles están
xestionados por entidades privadas.
Desde o BNG compartimos esta demanda e consideramos que a forma máis
acaída para facelo é a creación dun Mecanismo galego de prevención en materia de
menores, seguindo o modelo que define o Protocolo Facultativo á Convención Contra a
Tortura e outros Tratamentos ou Penas Crueis, Inhumanos ou Degradantes, que foi
ratificado polo Estado español.
35961
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
Aínda que a nivel de Estado existe o Mecanismo Nacional de Prevención da
Tortura, dependente da institución do Defensor del Pueblo, a Xunta de Galiza ten
transferidas as competencias en materia de menores, polo que está plenamente
xustificada a creación do mecanismo preventivo.
Para a elaboración da norma que regule o Mecanismo galego de prevención en
materia de menores, consideramos de interese o informe-proposta elaborado por
Esculca Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades. Trátase dun órgano
previsto no Protocolo Facultativo, nos artigos 17 a 23, e estaría formado por persoas
independentes, coas competencias que recollen os artigos 19 e 20 do Protocolo.
A creación deste Mecanismo preventivo debe facerse mediante unha norma
cando menos co rango de Decreto, que deberá incluír como mínimo o ámbito de
aplicación, a forma de designación das persoas que integren o mecanismo e os
requisitos destas, as competencias do mecanismo, garantías das persoas integrantes e do
seu labor, duración, etc.
Polo anteriomente exposto formúlanse as seguintes preguntas para a súa
resposta escrita:
-Como valora a Xunta de Galiza as denuncias sobre violación dos dereitos de
menores internos en centros de custodia?
-Ten previsto o goberno galego a creación do Mecanismo galego preventivo en
materia de menores, formado por persoas independentes e coas competencias que
recollen os artigos 19 e 20 do Protocolo Facultativo á Convención Contra a Tortura e
35962
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
outros Tratamentos ou Penas Crueis, Inhumanos ou Degradantes, que foi ratificado polo
Estado español?
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017
Asdo.: Luis Bará Torres
Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Xosé Luis Bará Torres na data 15/06/2017 17:08:57
Noa Presas Bergantiños na data 15/06/2017 17:09:02
Olalla Rodil Fernández na data 15/06/2017 17:09:06
Xose Luis Rivas Cruz na data 15/06/2017 17:09:09
35963
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4
María Montserrat Prado Cores na data 15/06/2017 17:09:13
Ana Pontón Mondelo na data 15/06/2017 17:09:14
35964
RS/ms
En relación coa pregunta con resposta escrita número: 6427 formulada polo Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Luís Manuel Álvarez Martínez e
dona María de la Concepción Burgo López, sobre “as actuacións levadas a cabo pola
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o cumprimento do
acordo parlamentario referido á posta en marcha dunha plataforma de elaboración das
programacións didácticas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e
bacharelato para todos os centros docentes de Galicia”, (publicada no BOPG número 87 do
22 de marzo de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo
157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ten o seguinte contido:
“A información que demanda esta iniciativa xa foi facilitada no Parlamento -na sesión da
Comisión 4ª do 1.06.2017- polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación
Educativa ao darlle resposta á pregunta 6425 sobre o mesmo tema e formulada polos/as
mesmos/as deputados/as.
Remitímonos ao alí exposto.”
O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia,
de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017
A directora xeral de Relacións Institucionais
e Parlamentarias
Blanca García-Señoráns Álvarez
Sr. presidente do Parlamento de Galicia
Páxina 1 de 1
Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01
Nº Saída Data
2017/88871909/06/2017 13:56
CV
E-P
RE
PA
R: 6
5d74
7b7-
d281
-c23
5-43
23-9
f698
c7d9
497
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las09/06/2017 13:56:35
35966
Asinado dixitalmente por:
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 09/06/2017 13:56:35
35967
RS/ms
En relación coa pregunta con resposta escrita número: 7211 formulada polo Grupo Parlamentario
dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de dona Noela Blanco Rodríguez e don Julio Torrado
Quintela, sobre “o coñecemento polo Goberno galego da situación e prevalencia en Galicia
da desnutrición relacionada coa enfermidade e das súas repercusións para os doentes e o
sistema sanitario e mais as súas previsións referidas ao desenvolvemento de medidas que
favorezan a implantación dun protocolo de cribado nutricional, así como a dispoñibilidade
dalgún sistema de avaliación da inxesta de alimentos polos doentes ingresados”, (publicada
no BOPG número 97 do 6 de abril de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento
ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada
pola Consellería de Sanidade, que ten o seguinte contido:
“A desnutrición dentro da enfermidade crónica é un dos aspectos importantes a ter en conta en
calquera sistema sanitario.
Os hospitais do Servizo Galego de Saúde contan cun Servizo de Nutrición que posibilita identificar
e tratar aos pacientes con desnutrición relacionada coa enfermidade. A presencia destes
especialistas, xunto coa participación do persoal de enfermería na valoración, garante que o
aspecto nutricional sexa avaliado ao longo do ingreso hospitalario.
Segundo o protocolo de cribado nutricional implantado medirase o índice de masa corporal aos
pacientes ingresados nos hospitais da rede do Servizo Galego de Saúde.
Ademais nos próximos meses, desenvolverase unha plataforma de teleseguemento para Atención
Primaria que permitirá, entre outros aspectos, a monitorización polo persoal de enfermería de AP
das variables que permiten valorar o estado nutricional.”
O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia,
de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017
A directora xeral de Relacións Institucionais
e Parlamentarias
Blanca García-Señoráns Álvarez
Sr. presidente do Parlamento de Galicia
Páxina 1 de 1
Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01
Nº Saída Data
2017/88871709/06/2017 13:56
CV
E-P
RE
PA
R: 7
1378
d45-
0ae9
-c58
0-3f
f8-f
fdcc
3de3
121
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las09/06/2017 13:56:23
35968
Asinado dixitalmente por:
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 09/06/2017 13:56:23
35969
RS/mc
En relación coa pregunta con resposta escrita número: 7220, formulada polo Grupo
Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de don Xosé Luís Bará Torres e
outros/as deputados/as máis, sobre “o mantemento dos usos sanitarios do anexo I do
antigo Hospital Xeral de Vigo”, (publicada no BOPG número 97 do 6 de abril de 2017),
teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do
Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de
Sanidade, que ten o seguinte contido:
“A área de Vigo conta con tres infraestruturas de atención hospitalaria, ademais dos centros
de atención primaria.
A dotación actual en infraestrutura considérase suficiente.”
O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de
Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017
A directora xeral de Relacións Institucionais
e Parlamentarias
Blanca García-Señoráns Álvarez
Sr. presidente do Parlamento de Galicia
Páxxiná 1 de 1
Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01
Nº Saída Data
2017/88871609/06/2017 13:56
CV
E-P
RE
PA
R: 2
95cc
712-
6209
-532
0-fc
24-4
7922
8869
c33
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las09/06/2017 13:56:09
35970
Asinado dixitalmente por:
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 09/06/2017 13:56:09
35971
RS/mc
En relación coa pregunta con resposta escrita número: 7583, formulada polo Grupo
Parlamentario En Marea, a iniciativa de dona Paula Vázquez Verao e don Luís Villares
Naveira, sobre “o proxecto da Xunta de Galicia para a adaptación das instalacións do
antigo Hospital Xeral de Lugo a usos sociosanitarios”, (publicada no BOPG número 102
do 21 de abril de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no
artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola
Consellería de Sanidade, que ten o seguinte contido:
“A información que demanda esta iniciativa xa foi facilitada no Parlamento – na sesión
plenaria do 23.05.2017- polo conselleiro de Sanidade ao darlle resposta á pregunta 7591
sobre similar tema e formulada polos/as mesmos/as deputados/as. Remitímonos ao alí
exposto insistindo en que o desdobramento do Centro de Saúde da Milagrosa está sendo
valorado en todos os seus aspectos.”
O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de
Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017
A directora xeral de Relacións Institucionais
e Parlamentarias
Blanca García-Señoráns Álvarez
Sr. presidente do Parlamento de Galicia
Páxxiná 1 de 1
Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01
Nº Saída Data
2017/88871509/06/2017 13:55
CV
E-P
RE
PA
R: a
f7ff2
18-3
a26-
7ed9
-792
7-2b
c337
1801
05
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las09/06/2017 13:55:59
35972
Asinado dixitalmente por:
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 09/06/2017 13:55:59
35973
RS/ms
En relación coa pregunta con resposta escrita número: 7654 formulada polo Grupo
Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de don Xosé Luis Bará Torres e
outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “as previsións do Sergas respecto do
pechamento do Centro de Saúde de Soutelo de Montes e a reorganización do seu
persoal, as razóns existentes para non incluílo no convenio asinado co Concello de
Forcarei en xaneiro de 2017 e a necesidade de reconsiderar esa decisión para evitar o
seu impacto asistencial e económico, así como garantir a súa continuidade en
funcionamento coa dotación de servizos e persoal actual”, (publicada no BOPG número
102 do 21 de abril de 2017), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no
artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola
Consellería de Sanidade, que ten o seguinte contido:
“No momento actual está en estudio a organización de servizos no concello de Forcarei, ao
igual que noutros concellos de Galicia, dentro da reorganización continua dos servizos sanitarios
e a aplicación de criterios de calidade, eficiencia e efectividade que persigue o Servizo Galego
de Saúde, porén non entra entre as previsóns o peche deste centro de saúde.
Este concello conta con 3.461 persoas protexidas polo Servizo Galego de Saúde, delas 417 son
menores de 14 anos e están atendidas asistencialmente por unha pediatra polo que deixa 3.044
maiores de 14 anos que están atendidos na actualidade por 4 médicos de familia co que se
acada unha ratio de 761 TIS por médico, que como saben está moi alonxado tanto da media do
Sergas como dos criterios utilizados por todos os servizos sanitarios de asignación de cupos que
fixan o estándar en 1.500 usuarios por facultativo. No consultorio de Soutelo de Montes coa
minoración dun dos cupos chegaríase a unha ratio de 1.421 TIS por facultativo, ratio menor que
o estándar, e aceptable dende o punto de vista organizativo aínda tendo en conta o
evellecemento da poboación que, por outra banda, non difire moito de moitos concellos de
Galicia.
Este centro de saúde sí está incluido dentro do convenio coa FEGAMP.
Páxina 1 de 2
Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01
Nº Saída Data
2017/88871409/06/2017 13:55
CV
E-P
RE
PA
R: 5
bf6e
e38-
6bf7
-abf
3-60
d1-6
c87b
628e
972
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las09/06/2017 13:55:51
35974
Consideramos que a ubicación dos servizos sanitarios non é un criterio importante á hora de
decidir o asentamento da poboación, o que se reflicte neste caso, dado que a pesar de contar
ata o de agora con 4 facultativos, cunha ratio media de menos de 800 TIS por facultativo e dous
centros de atención sanitaria, a poboación deste concello diminue paulativamente, ao igual que
a maioria dos concellos de Galicia, pasando nos últimos 10 anos de 3.913 TIS ás 3.641 actuais,
o o que representa un 11,5% da poboación menos. No ano 1999 eran 5.551 as TIS deste
concello, polo que dende este data este concello perde un 37% da poboación.”
O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de
Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017
A directora xeral de Relacións Institucionais
e Parlamentarias
Blanca García-Señoráns Álvarez
Sr. presidente do Parlamento de Galicia
Páxina 2 de 2
CV
E-P
RE
PA
R: 5
bf6e
e38-
6bf7
-abf
3-60
d1-6
c87b
628e
972
35975
Asinado dixitalmente por:
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 09/06/2017 13:55:51
35976
RS/mc
En relación coa pregunta con resposta escrita número: 7933, formulada polo Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de don Abel Fermín Losada Álvarez e
outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “a estratexia da Xunta de Galicia en relación
coas intencións da empresa Ferroatlántica de vender as súas centrais hidroeléctricas nos
ríos Xallas e Grande, a súa información respecto das negociacións da empresa cos
posibles compradores interesados e as reunións mantidas polo Goberno galego co fondo
de investimento Brookfield”, (publicada no BOPG número 106 do 27 de abril de 2017), teño a
honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do
Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Economía, Emprego e
Industria, que ten o seguinte contido:
“A información que demanda esta iniciativa xa foi facilitada no Parlamento -na sesión plenaria do
23.05.2017- polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria ao darlle resposta á pregunta
7931, sobre o mesmo tema e formulada polos/as mesmos/as deputados/as.
O arquivo audiovisual pode consultarse no seguinte enderezo de Internet:
http://www.parlamentodegalicia.es/axenda/intervencionsVideo.aspx?
timecode=00:12:53&idvid=C3300865&duration=00:11:40&wmv=0000009947B-002-
100kb.wmv&.”
O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia,
de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017
A directora xeral de Relacións Institucionais
e Parlamentarias
Blanca García-Señoráns Álvarez
Sr. presidente do Parlamento de Galicia
Páxxiná 1 de 1
Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01
Nº Saída Data
2017/88871209/06/2017 13:55
CV
E-P
RE
PA
R: 3
ed8c
5a9-
6f72
-1c3
5-83
20-6
8e67
5324
b85
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las09/06/2017 13:55:42
35977
Asinado dixitalmente por:
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 09/06/2017 13:55:42
35978
RS/mc
En relación coa pregunta con resposta escrita número: 8043, formulada polo Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de dona Noela Blanco Rodríguez e
outros/as deputados/as do mesmo grupo, sobre “ o prazo previsto polo Goberno galego
para dotar dunha ambulancia medicalizada a comarca de Ortegal, as razóns da non
existencia deste tipo de transporte ata o de agora e a consideración das especiais
dificultades de comunicación existentes nalgunhas comarcas na planificación do
transporte sanitario”, (publicada no BOPG número 106 do 27 de abril de 2017), teño a
honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do
Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Sanidade, que ten o
seguinte contido:
“A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (FPUSG-061) xestiona a asistencia
extrahospitalaria urxente na Comunidade Autónoma. A súa estrutura inclúe unha Central de
Coordinación e unha Rede de Transporte Sanitaria Urxente. A central, única para toda
Galicia, é unha central de regulación médica, o que quere dicir que todas as demandas
sanitarias da poboación son atendidas por persoal sanitario, e isto supón, que todos os
servizos aos que se envían recursos, teñen, dende o momento que son atendidas, un
médico responsable, encargado da asignación do recurso necesario, de dar os consellos
pertinentes mentres chega a asistencia, do seguimento continuo da situación clínica, e da
toma de decisións necesaria para facer fronte aos posibles cambios na mesma.
A cobertura sanitaria de urxencia dos concellos de Ortigueira, Cariño, Mañón, Cerdido e
Cedeira realízase con 3 ambulancias asistenciais de soporte vital básico (AA-SVB) que
poden ser en calquera momento medicalizadas co persoal facultativo dos diferentes centros
de saúde da zona ou no horario de atención continuado con médicos dos catro PAC que dan
cobertura a esta poboación. Ademais, en casos de extrema gravidade, a poboación dispón
Páxxiná 1 de 3
Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01
Nº Saída Data
2017/88871109/06/2017 13:55
CV
E-P
RE
PA
R: 9
a378
481-
7729
-7e9
1-8d
d5-b
d2f3
51a3
419
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las09/06/2017 13:55:32
35979
de dous recursos de soporte vital avanzado, un terrestre situado en Ferrol e un helicóptero
sanitario localizado en Santiago de Compostela.
A FPUSG-061 fai unha avaliación continua das demandas e das necesidades das diferentes
comarcas e concellos de Galicia, para valorar as posibilidades de ampliar, redistribuír, e en
definitiva, mellorar a rede de transporte sanitario urxente de Galicia. .
O deseño do actual servizo de emerxencias médicas da Comunidade Autónoma de Galicia é
froito da análise realizada por un comité de expertos no que se buscaba o modelo de xestión
de emerxencias máis axeitado para garantir a mellor asistencia posible a toda a poboación
galega. O deseño tivo que adaptarse tanto ás necesidades da estrutura sanitaria de Galicia,
como a distribución da poboación.
O servizo foi evolucionando en función da actividade rexistrada, das características da
mesma e dos tempos de resposta acadados, e deste análise continúo modificáronse o
número, as características e a localización dos recursos asistenciais
O libro branco dos servizos de emerxencias médicas en España cita ao modelo galego, co
uso de unidades avanzadas nas areas metropolitanas, e as unidades básicas que poden ser
medicalizadas polo persoal de atención primaria, como o máis axeitado para unha
comunidade coas características de Galicia.
Cómpre subliñar, froito dos estudos de cobertura que son realizados pola FPUSG-061 de
forma sistemática, que a calidade da asistencia extrahospitalaria urxente na Comunidade
Autónoma de Galicia é dun nivel moi elevado. De feito, así o consideran, por unha banda, os
nosos pacientes, que a través das enquisas de calidade, que se realizan periodicamente,
valoran como moi satisfactoria a asistencia recibida, e, por outra, os servizos de emerxencia
de outras comunidades, que consideran a Comunidade Autónoma de Galicia como unha
referencia na xestión da emerxencia.
Para garantir a mellor asistencia posible a toda a poboación galega tívose en conta a
distribución asimétrica da poboación, a estrutura sanitaria galega, as características
orográficas, a rede viaria e as variables meteorolóxicas.
Páxxiná 2 de 3
CV
E-P
RE
PA
R: 9
a378
481-
7729
-7e9
1-8d
d5-b
d2f3
51a3
419
35980
Este modelo, aínda cunha elevada dispersión poboacional, cunha meteoroloxía complexa,
moitos quilómetros de estradas, e un elevado envellecemento poboacional, garante a todos
os cidadáns galegos a accesibilidade, a equidade e a eficiencia dunha asistencia de alta
calidade.”
O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de
Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017
A directora xeral de Relacións Institucionais
e Parlamentarias
Blanca García-Señoráns Álvarez
Sr. presidente do Parlamento de Galicia
Páxxiná 3 de 3
CV
E-P
RE
PA
R: 9
a378
481-
7729
-7e9
1-8d
d5-b
d2f3
51a3
419
35981
Asinado dixitalmente por:
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 09/06/2017 13:55:32
35982
RS/ms
En relación coa pregunta con resposta escrita número: 8056 formulada polo Grupo Parlamentario
dos Socialistas de Galicia, a iniciativa de dona Noela Blanco Rodríguez e don Julio Torrado
Quintela, sobre “a consideración por parte do Goberno galego da posibilidade de solicitarlle
ao Goberno central a inclusión da Podoloxía na carteira básica de servizos do Sistema
nacional de saúde co financiamento necesario, a súa opinión respecto da viabilidade de
introducila na carteira complementaria de servizos de Galicia, así como a posible
pertinencia de incorporar a categoría profesional de podólogo ou podóloga como persoal
estatutario do Sergas”, (publicada no BOPG número 106 do 27 de abril de 2017), teño a honra
de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento
de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Sanidade, que ten o seguinte contido:
“A solidariedade nas prestacións inclúe actuar con responsabilidade, non quebrando a
congruencia do propio sistema nacional de saúde.
A inclusión de novas prestacións en carteira debe levarse a cabo de forma unificada e priorizando
as necesidades. En calquera caso, de forma homoxénea, solidaria e consensuada en todo o
sistema.
Neste momento, en Galicia, se está a levar a cabo un estudio para asinar un acordo de
colaboración co colexio de podólogos de Galicia para realizar actividades conxuntas. A inclusión
unilateral de prestacións sen valoración por parte do conxunto dos servicios sanitarios do sistema
nacional de saúde non é unha opción a considerar.
A valoración de estudio da pertinencia de incluir a categoría de podólogo debe realizarse de forma
conxunta coa valoración da inclusión en carteira.”
O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia,
de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017
A directora xeral de Relacións Institucionais
e Parlamentarias
Blanca García-Señoráns Álvarez
Sr. presidente do Parlamento de Galicia
Páxina 1 de 1
Rexistro electrónico da Xunta de GaliciaPR RWEB01
Nº Saída Data
2017/88870709/06/2017 13:55
CV
E-P
RE
PA
R: 5
163b
797-
1e58
-de7
3-e5
f8-0
3b85
83ac
dc7
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSINSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS a las09/06/2017 13:55:10
35983
Asinado dixitalmente por:
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS na data 09/06/2017 13:55:10
35984
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
36015
X lexislatura. Número 133. 22 de xuño de 2017
ESTRUTURA DO BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS 1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA
1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS
1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL1.2.1. INVESTIDURA1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA
1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI 1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN1.3.5. MOCIÓNS1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO
1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS1.4.4. PREGUNTAS1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS
1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN
2. ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GOBERNOINTERIOR, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO
3. ADMINISTRACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA
4. INFORMACIÓNS E CORRECCIÓNS DE ERROS4.1. INFORMACIÓNS
4.2. CORRECCIÓNS DE ERROS