Demetrio Ferreiro • Juan Antonio Martínez • Severino Martínez • Manuel Nocelo •
Manuel Nocelo • Nilo Jardón • Leopol-do Martínez • Cándido Covelas • Rudesindo Rivas • Bautista Cuquejo • Celso Martínez • Delfín Martínez • O Caldepán • Manuel
Penín • José Gómez • Manuel Salinas • David Rivera • Adesio Barrio • Eulogio • An-tonio Alonso • Celso Álvarez • Honorio Alo-nso • O Cervos • Agustín Vázquez • Francisco Vázquez Ferreira • Cesáreo Ferreira • Eduardo
Rivas • Enrique Díaz • Nicanor Ferreira • Xoquín ‘o Carboeiro’ • Francisco Salgado •
Primo• José Dacal •
Francisco Marra • José Antonio Antañón • Modesto González • José Durán • Igna-cio Fernández • Claudio González • Ernesto
Araújo • Manuel Corderí • Ramón Corderí • José Quintas • Manuel Otero • José Otero • Manuel Carballo • Julio Pérez • Lisardo
Paradela • Antonio ‘o Blanco’ • Ángel López • Elías Losada • Fernando Paradela • Her-melinda Seguín • José Herminio Lorenzo •
Francisco Villarino • Delfín García • Marcial García • José González • María Cristina
Gómez • Rosendo Gómez • Brais ‘o Coisiñas’ • Jesús Gómez • Carmen Bouzas • Dolores
Bouzas • Manuel Dapoza • Isabel Santana • Felisindo Sotelo • José Villarino • Antonio González • Celso González • José da Corre-
doira • Francisco Fernández • ‘Os Tíos Mi-neiros’ • Felisindo • Jerónimo Ferreiro • Juan Ferreiro • Manuel Grande • Antonio Estévez • Jesús Casal • Alfonso Villarino • Sergio Ra-
mos • Dámaso Feijoo • José Lorenzo
d e m e t r i o f e r r e i r o - j ua n a n t o n i o ma r t í n e z - s e v e r i n o ma r t í n e z - ma -
n u e l n o c e l o - ma n u e l n o c e l o - n i l o j a r d ó n - l e o po l d o ma r t í n e z - c á n d i d o
c o v e l a s - r u d e s i n d o r i va s - b a u t i s -t a c u q u e j o - c e l s o ma r t í n e z - d e l -
f í n ma r t í n e z - o c a l d e pá n - ma -n u e l p e n í n - j o s é g ó m e z - ma n u e l
s a l i na s - d a v i d r i v e ra - a d e s i o b a -r r i o - e u l o g i o - a n t o n i o a l o n s o - c e l -s o á l va r e z - h o n o r i o a l o n s o - o c e r -v o s - a g u s t í n vá z q u e z - f ra n c i s c o
vá z q u e z f e r r e i ra - c e s á r e o f e -r r e i ra - e d ua r d o r i va s - e n r i q u e
d í a z - n i c a n o r f e r r e i ra - xo q u í n ‘ o c a r b o e i r o ’ - f ra n c i s c o s a l ga d o •
p r i m o • j o s é d a c a l -
f ra n c i s c o ma r ra - j o s é a n t o n i o a n -t a ñ ó n -
m o d e s t o g o n z á l e z - j o s é d u rá n -i g na c i o f e r ná n d e z - c l a u d i o
g o n z á l e z - e r n e s t o a ra ú j o - ma n u e l c o r d e r í - ra m ó n c o r d e r í - j o s é q u i n -t a s - ma n u e l o t e r o - j o s é o t e r o - ma -
n u e l c a r b a l l o - j u l i o p é r e z - l i s a r d o pa ra d e l a - a n t o n i o ‘ o b l a n c o ’ - á n g e l
l ó p e z - e l í a s l o s a d a - f e r na n d o pa -ra d e l a - h e r m e l i n d a s e g u í n - j o s é
h e r m i n i o l o r e n z o - f ra n c i s c o v i -l l a r i n o - d e l f í n ga r c í a - ma r c i a l
ga r c í a - j o s é g o n z á l e z - ma r í a c r i s -t i na g ó m e z - r o s e n d o g ó m e z - b ra i s ‘ o c o i s i ña s ’ - j e s ú s g ó m e z - c a r m e n
b o u z a s - d o l o r e s b o u z a s - ma n u e l d a po z a - i s a b e l s a n t a na - f e l i s i n -
d o s o t e l o - j o s é v i l l a r i n o - a n t o -n i o g o n z á l e z - c e l s o g o n z á l e z -j o s é d a c o r r e d o i ra - f ra n c i s c o
f e r ná n d e z - ‘ o s t í o s m i n e i r o s ’ - f e -l i s i n d o - j e r ó n i m o f e r r e i r o - j ua n
f e r r e i r o - ma n u e l g ra n d e - a n t o n i o
Catálogo de músicos da LimiaMúsica tradicional
C o o r d i n a c i ó n
Cástor Castro
I n v e s t i g a c i ó n
Cástor CastroM.ª Socorro Rúa
Iván AreaRoberto de Andrés
Félix CastroMaría del Carmen Gil
Pablo Carpintero
Te x t o
Delfin CaseiroCástor Castro
R e p o r t a x e f o t o g r á f i c a
Alba Vázquez Carpentier
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 1 11/5/05 09:54:28
Catálogo de músicos da Limia Música tradicional
AutoresCoordinación da obra: Cástor CastroInvestigación: Cástor Castro, M.ª Socorro Rúa, Iván Area, Roberto de Andrés, Félix Castro, María del Carmen Gil, Pablo CarpinteroTexto: Delfin Caseiro, Cástor CastroReportaxe fotográfica: Alba Vázquez Carpentier
Coordinación editorial Xavier Paz, Henrique Torreiro
Arranxo gráfico: EDENIA | www.edenia.org
1ª edición: maio de 2005
Edición para o Museo da Limia, co patrocinio do Inorde
Museo da LimiaRúa Celanova 63, 32650 Vilar de SantosTeléfono: 988 465 883, 988 465 872Fax: 988 465 863Correo electrónico: [email protected]: www.museodalimia.com
© polos textos, fotografías e partituras, os autores
© pola presente edición, DIFUSORA DE LETRAS, ARTES E IDEAS, SLRúa Bedoya 5-2º, 32004 Ourense. Teléfono: 988 222 244/988 255 010Fax: 988 255 010Correo electrónico: [email protected]: www.difusora.org
Depósito legal: OU-78-2005isbn: 84-933890-2-1Impresión: Rodi Artes Gráficas, OurenseDistribución: Museo da Limia, Inorde e Consorcio Editorial Galego
Todos os dereitos reservados. Non se permite a reprodución deste libro, nin a súa incorporación a un sistema informático, nin a súa transmisión en calque-ra forma ou por calquera medio, for este electrónico, mecánico, por fotocopia, por gravación ou outros métodos, sen o permiso por escrito dos seus editores.
Fondo Europeo deDesarrollo Regional
Iniciativa Comunitaria Interreg III
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 2 11/5/05 11:15:29
Este Catálogo de músicos da Límia. Música
tradicional é a segunda entrega editorial
do Museo da Limia, na súa tentativa de
recuperación e posta en valor dos acti-
vos identitarios e dos homes e mulleres
da comarca. Para alén dos obxectivos
que se marcaran no Catálogo de autores
da Limia. Literatura e Humanidades, esta
obra pretende un outro obxectivo que se
pode dicir mais social: o recoñecemento
dos músicos tradicionais, para así dig-
nificarmos o seu saber, a súa arte e a
eles propios.
Este catálogo foi elaborado sobre a do-
cumentación xerada a través de entre-
vistas en audio e vídeo realizadas nun
intenso e produtivo traballo de campo,
por definición sempre inacabado. Foron
cerca de 100 entrevistas realizadas en-
tre novembro de 2004 e abril de 2005,
realizadas maiormente por Cástor Cas-
tro, ao que sumaron os seus contributos
Iván Area (da Asociación de Gaiteiros
Galegos), Soco Rúa e Félix Castro (mem-
bros da Aula de Música Tradicional Go-
mes Mouro), Roberto de Andrés e Marita
Gil. Entre estas entrevistas inclúense as
gravadas desde o ano 1994 polos irmáns
Cástor e Félix Castro, as realizadas por
Pablo Carpintero nos anos 1997 e 1998 e
as achegas do Colectivo Castro Floxo (a
gravación do repertorio musical de don
Ernesto Araújo Pérez) e Santiago Caneiro
(a gravación a don Juan Ferreiro, o Gai-
teiro de Laroá). En total, máis de oitenta
horas de conversas e música.
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 3 11/5/05 09:54:32
Con todo este material transcrito,
Delfín Caseiro asumiu o reto de darlle
forma a uns textos que recollesen to-
das esas historias de vida e que nolas
fixesen lexíbeis a propios e estraños.
Con certeza conseguiu resolver dúas
cousas fundamentais: satisfacer os au-
tores do traballo de campo e posibilitar
o tratamento de catálogo, malia sermos
conscientes da dificultade de catalo-
garmos a memoria ágrafa.
A conseguir ese carácter catalogador con-
tribuíu eficazmente a galería fotográfica
de todos os músicos vivos cos que con-
seguimos manter contacto. A reportaxe
fotográfica decorreu nos fríos meses de
febreiro e marzo de 2005 e é da autoría
de Alba Vázquez Carpentier. Cando tive-
mos oportunidade, utilizamos fotografías
fornecidas polos propios músicos ou as
súas familias.
Das transcricións musicais encargouse
Iván Area. Seguíronse dous criterios
básicos: que fosen unha mostra repre-
sentativa dos diferentes xéneros inter-
pretativos na comarca e que aparecesen
melodías do maior número posíbel de
músicos no breve espazo que puidemos
dedicar a este apartado.
Incluímos tamén, como ilustración,
unha pequena selección de cantigas e
cantos nos que aparece citada algunha
referencia toponímica da zona. A maior
parte foron tirados de compilacións xa
publicadas, como se indica na biblio-
grafía.
Tamén se inclúe un índice toponímico
e onomástico, aínda que básico, apoia-
do cun mapa da comarca elaborado a
propósito. Este índice vai ordenado co
criterio administrativo municipal para
facilitar as localizacións en detrimento
doutras indizacións talvez máis cohe-
rentes, aínda que máis complexas na
súa utilización.
O resultado é este Catálogo de músicos
da Limia. Música tradicional, que sen-
ta as bases dunha investigación máis
profunda do feito folclórico na Limia e
que está a cristalizar nunha monogra-
fía sobre o Folclore Musical da Limia, de
próxima aparición. A isto comprometé-
monos os autores, os editores e a insti-
tución que promove este catálogo.
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 4 11/5/05 09:54:32
Alén dos propios músicos entrevistados,
houbo familiares, coñecidos e veciños
que tamén nos forneceron información.
Eles e elas son co-autores desta obra:
Sergio Pacheco Nogueiras, Purifica-
ción e Celsa Gómez Andrade, Concha
Dacal Álvarez, Irene Vázquez Pardo,
Manuela Sieiro Vázquez, David Conde
García, José Lamas López, Dolores Al-
bar Rivero, Luz Divina Lorenzo Seguín,
Bernardino Coello Pérez, Francisco Co-
ello Pérez, Áurea Pérez Corderí, Juan
José Quintas Salgado, Florinda Gómez
Fernández, Rafael González Gómez, Am-
paro Dacal Quelle, Inocencio Fernández
Gómez, Aurora Salgado Ferreiro, Jeró-
nimo Ferreiro e familia, Arturo Penín
Pérez, Benjamín Rodríguez Fernández,
Julio Pérez Carballo, Tomás Fernández
Gómez, Agustina Vidal Fernández, Celsa
Antañón Ramos e Felisindo Rodríguez
Feijoo.
Aínda outros colaboradores axudaron
de distintas maneiras; entre eles, Xe-
sús Fariñas Navarro, o Colectivo Cas-
tro Floxo, Manuel Gómez Gómez, Rosa
Carballo Salgado, Elisa Rodríguez Sal-
gado, Elena Domínguez, José Losada
Enríquez, Xosé Manuel Pérez Bouza,
Norberto Pablo Cirio, Sandra Rodríguez
Rivera, Isabel e María Paz Vázquez Váz-
quez, Gumersindo Lamas Alvar, Estrella
Carrasco Rodríguez, José Ángel Garrido
Pérez, Pilar González Falcón, José Ri-
vero Nóvoa, Camilo Yáñez Domínguez,
Xan Jardón Pedras, Maite Bello Díaz,
Francisco Xosé Gómez Cano, Gonzalo
Abelairas Lemos, Fernando de Vicente
de Vicente, Celso Rúa Ferreiro, Luísa
González Devesa, Juan José Puga Quin-
tas, Julián Rúa Rodríguez, Ana Martínez
Vázquez, Xaquín Rodríguez Ambrosio e
Santiago Caneiro Aneiros.
OS EDITORES
As gravacións orixinais dos temas musicais que foron transcritos nas partituras incluídas neste libro poden descargarse, en formato mp3, das webs www.museodalimia.com e www.gaiteirosgalegos.com/xoops
O presente proxecto continúa aberto a calquera achega referida ao folclore musical da Limia. Para contac-tar, pode empregarse o enderezo de correo da Difusora (Apartado 655, 32080 Ourense), o correo electrónico ([email protected]), ou ben o teléfono do coordinador, Cástor Castro (629 875 063).
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 5 11/5/05 09:54:32
A LIMIA É TERRA
DE MÚSICOS
Así o testemuña a inxen-
te e valiosísima informa-
ción compilada polos estu-
dosos autores do traballo
de campo para este libro.
Labor brillante que se con-
creta en cerca dun cento
de extensas e completas
entrevistas: pausadas con-
versas, gravacións musicais
e imaxes fotográficas. Vo-
ces, melodías e lembranzas
de máis de 250 intérpretes.
Encontro gozoso e revelador
co pretérito da patria pe-
quena, fecundo en artistas
e manifestacións musicais,
que manteñen a fidelidade
á estética tradicional.
Cultura oculta, ignorada
ou silenciada, desvalori-
zada –como boa parte das
creacións populares–, que
agora comeza a ser desve-
lada, iluminada, rescatada
do esquecemento; rigoro-
so contributo para a plena
restauración da memoria
histórica.
Palabras de memoria e
vida de intérpretes e paren-
tes, de amigos e veciños,
recrean vivencias e senti-
mentos de outrora. Volta a
tempos de maior esponta-
neidade e tolerancia, gober-
nados polo sentido cósmico
da existencia, en que todo
se acompasa aos ritmos da
natureza.
Quizais a isto se refira
Severino de Montecelo (Bal-
tar) con expresión tan enig-
mática e profunda: «Aínda
non hai moito que o mundo
é mundo».
Linguaxe de melodías que
fascina as almas e que nos
leva a paraísos de maxia e
fantasía. A máis grande ma-
rabilla do mundo. Procesión
de composicións populares
–animadas unhas, sosega-
das outras–. A música trae á
romaría o paseo, a ruada, a
foliada, o serán, o torreiro,
o fiadeiro, a esfolla, a espa-
dela, a arada, etc.
Fecunda sementeira de
sons de ledicia que fai
acougar o cabalo do desexo
e lle pon asas de vento á
emoción, agasallo gardado
para sempre na arca das
memorias.
O folclore musical com-
bina perpetuación e inven-
ción, cárgase de vitalidade
e funcionalidade, nun ano-
vamento permanente da tra-
dición.
A danza é linguaxe pri-
mixenia e voz do corpo. A
maior parte das composi-
cións musicais populares son
interpretadas para bailar. O
ritmo é innato á condición
humana, tal como expresa
esta delicada cuarteta:
Dálle donaire ao corpo,
queridiño do meu ben,
dálle donaire ao corpo,
que o corpo donaire ten.
O escritor e musicólogo
Emilio Pita confírmao con
palabras ben expresivas: «Ó
son da gaita e da zanfona,
do pandeiro e das ferreñas,
do chascarraschás das cun-
chas e do tambor do tam-
borileiro, canta e baila o
Gaita de sabugueiro
PABL
O CA
RPIN
TERO
Gaita de castiñeiro
PABL
O CA
RPIN
TERO
7
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 7 11/5/05 09:54:33
pobo galego. Xa no mundo
matinal dos nosos anter-
gos atopamos, na súa graza
prístina e virxinal, o culto ó
canto e o culto á danza».
O autodidactismo –apren-
dizaxe por observación– é
trazo caracterizador de moi-
tos músicos populares. Case
todos tocan de oído, sen
coñecementos de solfexo.
Julio Pérez Carballo ten ex-
presión ben axeitada: «Eran
feitos ao palleiro». Poucos
teñen acceso a unha forma-
ción musical académica.
Prodixio de memoria e
intelixencia, a pesar da es-
casa formación escolar ou
mesmo do analfabetismo,
aprenden letras e melodías
de innúmeras composicións
sen anotacións musicais.
Comezan de rapaces con
instrumentos que eles mes-
mos fan: gaitas de pallas
de centeo, frautas e gaitas
de cana, de sabugueiro, de
castiñeiro... «Dar zume» é
expresión que designa a ac-
ción de mazar a cana de cas-
tiñeiro –«canabucho»– para
facer a frauta; «desandar»
é termo para a operación
de quitar a casca enteira.
Algúns aprenden cun fuso,
furado con ferro quente.
Boa relación –de grande
amizade, nalgúns casos– e
espírito solidario e parti-
cipativo entre os músicos
populares: aprendizaxe com-
partida ou tutelada polos
veteranos; instrumentos que
pasan de uns a outros; ac-
tuacións conxuntas nalgun-
has celebracións.
O máis común é o semi-
profesionalismo: os intérpre-
tes alternan as actuacións
–domingos e celebracións–
coas tarefas da labranza e/
ou a dedicación a un ou máis
oficios.
Como soe ocorrer no ám-
bito laboral, son bastante
frecuentes as formacións
familiares e as estirpes mu-
sicais. Poden ser conside-
rados como profesionais os
cegos itinerantes, por ser
a interpretación ocupación
permanente e única fonte
de recursos.
Hai gaitas con ronco e
punteiro feitos de sabu-
gueiro. O fol, que se viste
cun tecido, faise de vuxiga
de porco ou vaca, que se
curte metendo en serradu-
ras e cinsa; tamén se fai da
pel dun can, año ou cabrito.
As palletas e pallóns, que
soen elaborar os mesmos
músicos, soen ser de cana
–das vasoiras ou das bom-
bas das festas– ou de corno
de vaca. Tamén remendan
caixas e bombos con pel
de ra, que se coloca sobre
o buraco ou a rotura e se
deixa secar.
Nas mans arteiras das mu-
lleres, fundamentalmente,
utensilios domésticos metá-
licos convértense en instru-
mentos de percusión: cazo-
las, aixadas, chaves, ferros,
garfos, culleres... Moi prác-
ticas e sonoras resultan as
latas, de carburo ou pemen-
to. Pandeiros e pandeiras,
caixas e bombos escasean.
Tamén elas son destacadas
cantoras e animadoras de
reunións lúdico-sociais.
Gaita de Celso de Ganade, propiedade de Julio Pérez
Carballo
Palletas de Manuel Carballo
Frauta de buxo, de García de Riobó, propiedade de Camilo Yáñez
8
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 8 11/5/05 09:54:35
Tempo de chancas de ta-
cholas que fan música ao
bateren nas lousas e nos
pisos de madeira: clo-cló,
clo-cló, clo-cló...
No Entroido e nas cen-
cerradas –Noitevella, noite
de San Xoán, etc.– tócanse
cornos e funís como se fosen
trompetas; a percusión faise
con chocas e chocallos.
Os instrumentos máis po-
pulares son a gaita, a caixa
e o bombo; en menor medi-
da, a frauta travesa, o clari-
nete, o acordeón, etc.
As «músicas» ou «or-
questras» –denominación
popular para as bandas de
música– nacen coa entrada
de instrumentos foráneos
como o clarinete, a trompe-
ta, o saxofón, etc.
Un instrumento novo,
o acordeón (inventado en
1829), que vai ser moi po-
pular, ten escasa presenza
na Galiza campesiña ao lon-
go do século XIX.
Un poema de Lamas Car-
vajal, «O gaiteiro de Paizás»
(A musa das aldeas, 1890),
retrata con exactitude esta
realidade:
¡Que bos tempos recordou
o gaiteiro de Paizás!
[...]
Tocou pola vez primeira
na foliada de San Xuan;
o mordomo deulle os laudes,
apraudiuno a mocedá,
do novo gaiteiro as vellas
non sabían que contar,
era un milagre da Virxen,
nunca viran outra tal,
tiña no punteiro xílgaros,
no fol, o demo i a nai;
as mociñas churrusqueiras
arrente del ó pasar,
mirábano fito a fito,
e dun xeito que xa, xa;
non tiñan elas mirares
millores prós seus galás.
[...]
Unha moda condanada
trouxo as murgas por acá,
invadiron os turreiros
tocando danzas e vals,
o baile do agarradiño
trastornou a mocedá,
que louca berraba: «¡Múseca!
¡que non toque a gaita máis!».
[...]
Hai preferencia polos rit-
mos tradicionais propios:
muiñeiras, xotas, alboradas,
alalás... Mais chegan ritmos
novos, que se acomodan,
con máis ou menos fortuna,
na casa galega da música:
pasodobres, mazurcas, pol-
cas, valses, rumbas, sam-
bas, tangos, fox-trots, etc.
Na zona –fronteiriza– te-
ñen bastante difusión aires
tradicionais portugueses,
como o fado ou o vira.
En terras limiás, existen
dous ritmos singulares que
reciben o nome de medio
paso e galocho (galoche).
A percepción que teñen os
distintos informantes que
mencionan o galocho pre-
senta variantes significa-
tivas:
«Era un paso largo. O ga-
locho bailábase correndo...
Era así coma de loucos; o
que máis tiraba co outro era
o que millor bailaba!» (M.ª Cristina Gómez Gómez, Re-
bordechao-Vilar de Barrio).
«O galocho xa era de
máis atrás e bailábase así:
Caixa de Cándido Covelas
Bombo da Musica de Vilar
9
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 9 11/5/05 09:54:38
trucutrún, trucutún; cara a
un lado, cara ao outro. Eso
non é bailar, eso é facer o
cabra! [...] Agarrábase a
parella así polo brazo e
van, plum, até que chegan
a aquela esquina e despois
até a outra; unha cousa
rara» (Luz Divina Lorenzo Seguín, filla do gaiteiro de
Vilariño-Sarreaus).
«É parecido ao valse pero
ten non tanto repiqueteo,
senón que ten outro mo-
vemento, dándolle dobre
pisotón» (Manuel Grande Gómez, Piñeira Seca-Xinzo
de Limia).
«Tamén se bailaba moi-
to o galoche. O era un fox,
un fox-trot» (Fernando Paradela Lage, Perrelos-
Sarreaus).
«A música é parecida
case á mazurca [...], paso
adiante, paso atrás. Tiña
un descansiño, logo volvía
continuar pra diante» (Ju-lio Pérez Carballo, Nocelo
da Pena-Sarreaus).
O culto e o respecto aos
mortos impoñen o silencio
dos instrumentos e inte-
rrompen ou poñen fin a
moitas carreiras musicais. A
praga da emigración fai es-
tragos neste ámbito. Outro
tanto se pode dicir do servi-
zo militar; con todo, tras a
guerra civil, o exército pro-
move a creación de bandas
de gaitas nos cuarteis.
A obriga de sindicación
para os músicos constitúe
un novo obstáculo para a
actividade musical, que se
agrava coa disposición que
estabelece a necesidade de
solicitar un permiso gober-
namental para calquera ce-
lebración festiva.
Os músicos tocan nos ri-
tos litúrxicos –procesións e
misas– até que, na posgue-
rra, a xerarquía eclesiástica
ordena aos párrocos a súa
supresión; a medida ten
unha estrita aplicación na
nosa provincia.
Dous escenarios teñen es-
pecial protagonismo como
foros festivos no mundo
campesiño: a aira e o fia-
deiro.
A aira de mallas fartu-
rentas, de terra ou de pe-
dra, convoca a veciñanza as
tardes dos domingos, cando
o sol se acende. A aira que
garda os ecos dos vellos e
esforzados malladores; sons
que queren ser imitados no
baile e para o que se meten
baixo as pedras olas furadas
que fagan de caixa de reso-
nancia. A aira das bailas
(bailes) ou «triscas».
Xoaquín Lorenzo vitaliza
a memoria do espectáculo
antigo no precioso ensaio
«O esprito da mes en Lobei-
ra (Ourense)». As súas son
palabras de sincera admira-
ción:
O mallar ben é unha arte.
O bo mallador coñécese en
que cumpre tres condiciós.
En primeiras, debe saber
empinar o mallo, é decer,
faguer que ao ter iste ergui-
do a mangueira e o pírtigo
estíen formando unha liña
vertical, sen que o pírtigo
se desvíe cara ningún lado.
Logo, ten que ser un bo
Punteiro da gaita de Julio Pérez Carballo10
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 10 11/5/05 09:54:39
boureador, isto é, lograr que
o seu mallo faga un bruido
xordo e forte ao bater na
més; pra elo non abonda con
faguelo cair con forza, se-
non que é preciso que o pír-
tigo caia sobor da palla ben
horizontal, batendo todo il
ao mesmo tempo. En derra-
deiras, e isto non depende
somentes de il, ten que gar-
dar un ritmo perfecto cos
seus compañeiros pra que
o seu mallo se mova xus-
tamente no espazo que lle
corresponde, sen tropezar
cos demáis e batendo con
perfecta sincronía; esí con-
séguese que as mallas fagan
o bruido longo e grave que
se coñece coa voz onomato-
péica de bourear.
O outro foro popular é
o fiadeiro, o mellor lume
do inverno. Acubillo para
a xente, cando o frío e as
sombras mandan.
O cultivo e a transfor-
mación do liño constitúen
elemento substancial da
vida tradicional e da me-
moria colectiva. Na Limia
houbo durante séculos unha
importante produción de
liño de excelente calidade.
Teares e fiadeiros estabe-
lécense en casas de todas
as aldeas e lugares.
O fiadeiro é dependen-
cia axeitada nun curral ou
planta baixa da vivenda que
se estra con palla e follas
secas para facer máis cálido
o ambiente. Escola e roma-
ría, causa a ira das autori-
dades eclesiásticas, que de-
cretan prohibicións, multas
e excomuñóns, e cualifican
como «pecaminoso congre-
so» por mor da permisivida-
de instaurada.
Serán longas noites de
fiada, na outonía e na in-
vernía, á luz morna de
candil de gas: tarefa dura,
dedos esfolados, linguas
áxiles, voos na imaxina-
ción, penumbra cómplice,
bicos furtivos, gozo conti-
do, corazóns desacougados,
firmeza contrariada...
O solpor xunta no fiadei-
ro as mulleres, provistas de
tallo, roca e fuso. Acomó-
danse en roda e comezan
co labor: disponse na roca
a manela de liño e prénde-
se cunha fita ou carta da
baralla –«cartiloxio»– e un
alfinete. Mentres unha man
procura na roca as febras
que se van impregnando de
cuspe, a outra fai bailar o
fuso nunha danza sen fin
para retorcer e envolver o
fío no recó. A tarefa non
admite demora e a pug-
na tácita entre fiandeiras
por conseguir a mazaroca
máis avultada convértese
en eficaz estímulo. E veña
a leriar, a porfiar, a contar
(contos de lobos, de atraca-
dores, de amoríos, de fadas,
de meigas...).
Un esgutío (aturuxo) dis-
tante rompe a paz da noite.
É a hora da alegría, cando
o peito das mozas libera a
emoción e a euforia invade
o local. O berro anuncia a
chegada de mozos rexoubei-
ros, que andan de ruada,
alumando con fachucos ca-
miños lamacentos, e que Gaitas de palla de centeo
PABL
O CA
RPIN
TERO
11
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 11 11/5/05 09:54:39
han traer coplas e cantares
novos para engaiolar, con
inspirados desafíos, porta-
dores de atrevidas mofas,
para rivalizar.
Cando chegan ao fiadeiro
os mociños desta terra,
bríllanlle os ollos ás mozas
que parecen as estrelas.
A música faise con latas,
cazolas, cunchas, ferriños,
garrafas, culleres; e o local
énchese de cantares. Ás ve-
ces, vén amenizar a gaita ou
a frauta. Os máis espelidos
abren o baile, que soe co-
mezar coa muiñeira redon-
da ou muiñeira dos vellos,
danza predilecta, de ritmo
lento e cadencioso que fa-
cilita a fiada fácil; danza en
roda, pausada e incitado-
ra. Despois, xotas, valses,
mazurcas, pasodobres... A
rivalidade entre pretenden-
tes dá pé á disputa verbal,
mesmo corporal.
A despedida –alá pola
media noite– marca o retor-
no ás casas. Os camiños de
volta anímanse con risos,
comentarios e cantigas, en-
tre esgutíos e alalás.
A respecto do fiadeiro,
o Celso de Vilar (Calvos de
Randín) manifesta que «se
había corte libre, era dia-
rio». E, con algo de morriña,
acrecenta: «A fame era moi
divertida de Dios».
A chegada da electrici-
dade ao mundo campesiño
vai contribuír a algunhas
transformacións decisivas
no modo de vida das aldeas.
Os aparellos de radio e os
populares transistores que
traen consigo os emigrantes
que van a Europa aceleran a
desaparición de fiadeiros e
triscas, que congregaban a
xente para contar, cantar e
bailar nas longas horas de
inactividade.
O Entroido é explosión
festiva na que participa
entusiasmada toda a veci-
ñanza da Limia, que se des-
praza duns lugares a outros.
A música é ingrediente fun-
damental; os intérpretes
teñen que multiplicarse e
as actuacións sucédense ao
longo de catro días sen ape-
nas tempo para durmir.
Na capital da Limia, a fei-
ra do catorce é a feira das
feiras, isto é, unha festa.
O ilustrado cronista Pedro
González de Ulloa, abade
de Cobelas, na Descripción
de los Estados de la casa de
Monterrey en Galicia (1777),
deixa constancia da súa re-
levancia no século XVIII ao
significar que é unha das
mellores da provincia.
Música e palabra son dúas
das máis sublimes creacións
humanas, que transcenden
a continxencia material e
elevan a condición humana.
Este catálogo-crónica –in-
completo– quere ser tributo
de admiración e gratitude
a cantos alentan o encanto
da arte musical e da cultura
viva e auténtica.
Soprete da gaita de Julio Pérez Carballo12
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 12 11/5/05 09:54:40
OBRADOIRO E MORADA
DE SONS
Durante boa parte do
século XX, dous estabelece-
mentos senlleiros fornecen
os músicos da Limia de ins-
trumentos e compoñentes e
ocúpanse das necesarias re-
paracións: o taller do Celso
en Ganade e a tenda-bazar
do Casal en Xinzo.
As escasas vías de comu-
nicación e os precarios me-
dios de transporte limitan
os horizontes vitais e as
posibilidades de despraza-
mento. A vida faise en ám-
bitos reducidos; os recursos
teñen de ser procurados no
espazo inmediato.
Celso González Dafonte (Ganade-Xinzo, 1904-1988)
ten habelencia para labrar a
madeira. Tamén traballa de
ferreiro: arranxa armas, fai
rodas de carro, etc.
Faise cunha gaita, que
serve de modelo para bo-
tar a andar: primeiro, saca
o punteiro, a peza que dá
máis traballo; logo, o ins-
trumento completo.
Traballa cun torno de
bésta, que se acciona co
pé, feito por el mesmo; un
pneumático de coche cheo
de formigón axuda a ace-
lerar a velocidade. Tarefa
laboriosa, de paciencia e
moitas horas, ao non dispor
das ferramentas axeitadas.
Os encargos non son moi-
tos; a vida é precaria. A ta-
rifa vai desde os 20 pesos,
ao comezo, até os 100 pesos
que cobra polas últimas gai-
tas. Nalgunha ocasión, reci-
be un importante encargo
de punteiros por parte do
exército.
Sabe a escala musical e
afina as gaitas, mais non
é gaiteiro. Segundo os co-
mentarios do seu sobriño, o
gaiteiro Antonio González Franco, case todas as gai-
tas que constrúe están no
mesmo ton, en si bemol;
por outras fontes, sábese
que as gaitas da época son
maioritariamente en si na-
tural.
Moitos dos seus clientes
subliñan a mestría coa que
traballaba, sendo xa ben
vello, instrumentos e mo-
biliario.
Do obradoiro do Celso só
fica o torno, na casa dun
parente. Da súa arte, moi-
tas mostras dispersas polas
terras limiás: punteiros e
gaitas cos que aprenden e
interpretan os músicos saen
das súas mans, ás que vol-
tan a miúdo cando precisan
reparación.
No ano 1943 establéce-
se en Xinzo Jesús Casal Lois (Tenorio-Pontevedra,
1921). Vén parar á casa dun
irmán –José–, que casara
en Xinzo, seguindo os pa-
sos dun cuñado, bo carpin-
teiro, que chega a Ourense
fuxindo dos «nacionais»
e que se despraza a Xinzo
para facer obras e tamén
acaba casando na locali-
dade. José, que non quere
seguir o oficio de cantei-
ro do pai, vai traballar na
casa de bicicletas Moral, de
O torno de Celso González Dafonte
A tenda de bicicletas de Jesús Casal Lois
13
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 13 11/5/05 09:54:42
Pontevedra, antes de insta-
larse na Limia.
José e Jesús –que fai
o servizo militar no cor-
po de Automobilismo en
Pontevedra– forman so-
ciedade e abren un taller
mecánico, onde tamén ven-
den bicicletas. Daquela, a
poboación limiá ten como
principal medio de loco-
moción o nobre e paciente
asno. O comerciante comen-
ta que cada vez que vendía
unha bicicleta, desaparecía
un burro; en certa maneira,
vese como o «exterminador»
deste animal na comarca.
Algún tempo despois, Je-sús abre o seu propio local
no centro da vila, perto da
praza maior, que comeza con
motos e bicicletas. Logo se
converte en tenda-bazar,
que vai ser unha das dúas da
provincia que pagan a licen-
za completa para poder ven-
der todo tipo de produtos.
Magnífica oferta de merca-
dorías: bicicletas, máquinas
de coser, escopetas de caza,
produtos deportivos, uten-
silios de enxoval, artigos
de mercería, instrumentos
musicais, etc. Tamén ofre-
ce aluguer de bicicletas, a
dúas pesetas por hora.
No bazar poden adqui-
rirse gaitas, frautas de
madeira, clarinetes, requin-
tos, acordeóns, pandeiros,
caixas, bombos... As gai-
tas son da Casa Poceiro, de
Pontevedra; algunhas, do
Represas de Ponteareas. Na
tenda móntanas, fan o fol
–xeralmente, de goma–, o
vestido, atan as buxas, etc.
Tamén comercializan unhas
gaitas máis pequenas, que
denominan «de cadete», e
que reciben dunha casa de
Lugo (prezo: 7.000 pese-
tas).
Jesús Casal é gaiteiro
na súa mocidade. Ás veces,
bota semanas enteiras fóra
da casa tocando polos lu-
gares do concello. Na mili,
organiza un conxunto con
oito gaitas, que el mesmo
conseguira do Poceiro. Nun-
ha romaría –na carballeira
de San Xusto–, coincide
con Avelino Cachafeiro e
o seu grupo, os Gaiteiros de Soutelo, e fan amizade.
Daquela dicíase que os de
Pontevedra eran todos gai-
teiros.
En Xinzo, a intensa de-
dicación ao comercio non
deixa tempo para a inter-
pretación, que se limita
a ocasións moi sinaladas,
como os días gloriosos
do Entroido. Son tempos
de feiras moi concorridas
–congregan xentes de toda
a Limia e das zonas lindan-
tes–, que duran todo o día
e se prolongan até as tres
ou catro da mañá. A grande
demanda de encargos para o
día da feira obriga a Jesús a traballar toda a noite da
véspera e a noite posterior.
Ronco da gaitade Marcial García
14
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 14 11/5/05 09:54:43
A LUZ DAS TEBRAS:
CANTARES DE CEGO
Músicos itinerantes e pro-
fesionais, andan camiños de
lama e poeira guiados por
familiares ou veciños. An-
dan polas portas gañando
a vida; tocan unha peza e
reciben unhas cadelas ou
un bocado de pan. Ás ve-
ces, van cun burreco para
levar a pequena carga que
se xunta.
Sen radio nin televisión,
eles son os cronistas do
mundo rural. Herdeiros dos
vellos xograres e trobado-
res, sempre ben recibidos,
traen romances e cantares
arromanzados que falan de
crimes ou doutros sucesos
sanguinarios: historias de
amor e morte. A súa presen-
za en feiras e romarías faise
referencia habitual; venden
agardadas coplas que han
propagar outros músicos e
fistores.
Excelentes intérpretes de
violín ou zanfona; inspira-
dos compositores, ás veces;
valiosas alfaias da nosa cul-
tura musical, a pesar da súa
marxinación secular.
O cego máis vello do
que se ten noticia é Ángel López Villar, o Cego de Sas
(Sas-Sarreaus, 1867-1925).
Na infancia, unha meninxi-
te provócalle a cegueira.
Aprende a tocar o violín
con outro invidente, mais
ignórase a súa identidade.
Sae coa muller, Dolores García, que canta, danza e
toca pandeireta e triángu-
lo. Solicita á imprenta –de
Barcelona, seica– as coplas
de crimes por millares. Fan
tamén copias manuscritas.
Non son esmolantes; pó-
ñense nunha rúa co cartaz
dos cantares e chegan a
vender moitos exemplares.
Teñen días en que fan moi-
tos cartos e mesmo chegan
a xuntar chourizos e sacos
de castañas e patacas.
O seu andar mundo para
gañar a vida lévaos até Bar-
celona; van pola Gudiña,
León, Burgos... Algunha vez
tardan tres anos en voltar.
Os romances que inter-
pretan mancan o corazón
do auditorio e as bágoas
liberan a emoción.
Na casa de Ángel López hospédanse moitos cegos
da contorna; algúns veñen
aprender a tocar. Cóntase
que nunha ocasión rifáralle
moito ao Cego da Albergue-ría, que non daba aprendi-
do, e que este lle replicara
así: «Si Dios me abrira estes
ventanos, xa tiraba co vio-
lín ao carallo!». O Cego de Sas pídelle aos seus que,
tras o seu pasamento, sigan
acollendo os outros cegos
na casa.
José Lorenzo, o Cego da
Alberguería (Retorta-Laza,
?-1948), fica cego aos tres
meses de idade por causa
dunha doenza. Casa na Al-
berguería, onde se estabe-
lece.
Fai falar o violín. As cor-
das do violín seica dicían:
«Mozos do pueblo, eu quero
viño!». Imita o ornear do
A casa en que viviu o Cego de Sas
Arrieiros, os de Calvos,
que pasades pola estrada,
tende coidado coas bestas,
no lugar de Fontearcada.
15
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 15 11/5/05 09:54:44
burro e outros moitos sons
da realidade.
Con el aprenden a tocar o
Cego de Castro de Escua-dro e os dous de Vences.
Contan que el mesmo
compuxera un romance dun
crime acontecido en Laza –
un disparo de escopeta aca-
ba coa vida de Mercedes– e
que fora ameazado de morte
polo asasino, Cesáreo Abril,
que conseguira fuxir da pri-
sión.
Forma agrupación fami-
liar, cunha irmá, Isolina, que canta, baila e toca
pandeireta e triángulo, e
co fillo, José Herminio, que toca a gaita, a frauta de madeira e o clarinete, e que, sendo rapaz, xa saíra
de acompañante co pai.
Co tempo, xúntase cunha
muller viúva coa que, estan-
do a morrer, casa in articulo
mortis, por mediación do
cura, para que non morrese
en pecado.
O Cego da Gándara, José Dacal Peaguda (A Gándara-
A Porqueira, 1876-1939),
toca en tabernas, feiras
e festas, e fai o baile dos
domingos para a mocidade.
Personaxe singular por di-
versos motivos.
A cegueira é producida
pola varíola cando ten 6
anos. Aprende a tocar o vio-lín sendo home feito. Asiste
ás clases de solfexo que im-
parte un maestro da banda
en Vilanova dos Infantes.
Casa en Orille (Verea).
Namórase da muller en Ce-
lanova ao escoitar o seu
fermoso cantar. De solteiro,
vai ás interpretacións cun
criado; logo, acompáñano a
muller e as fillas, que can-
tan mentres el toca. Perco-
rren a metade sur da pro-
vincia de Ourense e mesmo
chegan até León.
Interpreta cancións dos
comunistas, como o Him-
no de Riego. Na época da
guerra, ten que aprender
os himnos do Movimiento e
interpretalos. Dise que tiña
no seu repertorio unhas co-
plas galegas moi lindas.
Non perde unha feira de
Xinzo, acompañado pola
muller e polas fillas. Anos
despois, a máis vella, Ma-nuela Dacal Álvarez, emi-
grante en Buenos Aires, é
presentada nunha grava-
ción sonora como «la tiple
gallega», que impresiona
vivamente ao pai cando es-
coita a voz da filla.
Ao Cego da Gándara
apóñenlle moitos «milagres»
(feitos marabillosos), pola
capacidade que tiña para
desenvolverse e para reali-
zar tarefas do campo: corta
a leña, ata a mese, sega a
herba, apaña a ferraña... Fa-
cía todo como se realmente
vise. Supera diversas probas
a que é sometido, pola in-
credulidade que suscitan as
súas actuacións.
Especial repercusión ob-
tén o caso do capitán-ca-
pelán David Araújo Selas,
que pasa pola Gándara e
pregunta polo camiño de Pe-
nelas (Rairiz). O señor José guíao polas carreiras e pon-
tellas que levan ao destino,
Concha Dacal Álvarez, filla do Cego da Gándara
Ollos blancos, ollos negros
tenos a miña cadela
para ir correlos coellos
nos montes de Paradela.
16
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 16 11/5/05 09:54:45
ser o cego; aínda hoxe de-
ben estar agardando.
A filla máis nova, Concha Dacal Álvarez, que sae can-
tar co pai durante seis anos,
recorda aínda todos os can-
tares que interpretaba.
Poucos datos existen
do Cego de Buxán: Sergio Ramos Fernández (Buxán-
Bande, ?-1940) é cego de
nacemento. Morre solteiro.
Toca o violín, o acor-deón, as castañolas e
outros instrumentos. Sabe
repenicar moi ben as cam-
pás e ten grande facilidade
para imitar todos os curas
da contorna.
Bo coñecedor de todos os
camiños. Estando en Verea,
presente a morte da nai ao
escoitar o toque de defun-
tos; consegue chegar el só á
casa sen perderse.
É moi buscado para ir
tocar aos fiadeiros. Anda
polas aldeas da zona, to-
cando aquí e alá. Gusta de
pasar por Aldea do Muíño
e deterse na presa do río
Bidueiro; alí saca as chan-
cas e mete os pés na auga
durante horas. A ilusión da
súa vida é ver correr a auga;
intenta apreixala coas mans
mais non o consegue. Mani-
festaba estar disposto a dar
cantos tesouros tivese por
unha hora de visión.
Xúntase co Cego do Toxal –é outra denominación pola
que é coñecido o Cego da Gándara (O Toxal e A Gánda-
ra son dúas aldeas que están
pegadas)– en feiras e roma-
rías e desafíanse a ver quen
é capaz de improvisar máis
cancións. Auténticos re-
gueifeiros, que se entregan
ao combate musical durante
horas sen cansar, teñen co-
pla de presentación propia.
O Cego do Toxal canta:
Son o cego do Toxal,
parroquia de Sabucedo,
advertindo do perigo das
pozas dos aceiteiros (nelas
afogaran uns arrieiros que
vendían aceite, atrapados
na lama). Ao se despediren,
o guía díxolle que, se volta-
ba por alí, preguntase polo
Cego da Gándara. Cunha luz,
o capitán-capelán comproba
que non ve nada. Agradeci-
do, regálalle un retrato con
esta inscrición:
El honrado ciego de La Limia,
que con los ojos de la Divina Providencia lo ve todo,
que entre tinieblas me ha salvado la vida.
D. DAVID ARAÚJO SELAS
Outro suceso «milagroso»
ten como protagonistas uns
mozos que o agardan de noi-
te nunha ponte para botalo
ao río (un deles dispútalle a
moza de Orille). Sabedor do
que traman, pídelle á muller
un farol para o camiño ao
despedirse dela. Camiña se-
reno co farol aceso, pasa á
beira dos tunantes, saúdaos
cun «boa noite!» e segue
adiante. Nin pola mente se
lles pasa que aquel puidese
O lugar de Vileriño
lugar de moito fanango;
eu por embourarme nil,
a Vileriño vou tanto.
O río de Feira Nova
pasa por baixo da ponte:
as mozas de Paradela
deixan o gado no monte.
17
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 17 11/5/05 09:54:45
manteño catro pendangas
e con elas ben me aveño.
O Cego de Buxán mani-
festa:
Son o cego de Buxán,
que come onde lle dan;
para manter tanta pendanga
excusa morral para o pan.
Figura excepcional, en
moitos sentidos, resulta o
Cego da Pereira, José Quin-tas Ribao (A Pereira-Rairiz
de Veiga, 1919-2004). Un
verdadeiro maestro, capaz
de tocar moi distintos ins-
trumentos: gaita, acordeón,
órgano, filharmónica, man-
dolina... Toca por pracer,
por afección, non por nece-
sidade.
Recrutado para a guerra
civil con 17 ou 18 anos, cae
ferido na batalla do Ebro.
Dado por morto nos par-
tes médicos durante algún
tempo, chega a reporse das
feridas mais non recupera a
vista. Volta á Pereira como
mutilado de guerra, co grao
de tenente honorífico e
cunha paga mensual de máis
de 4.000 pesetas.
Estuda música –solfexo e
interpretación– no Conser-
vatorio da ONCE en Madrid
durante 10 anos. Casa dúas
veces, unha en Lampaza
(Rairiz de Veiga) e outra na
Veiga (A Bola). A primeira
muller morre no parto da
filla. En cada unha das lo-
calidades abre un negocio
(tenda-bar).
Sergio Pacheco Nogueira, o Checo, veciño da Pereira,
asistente-acompañante de
José Quintas, cobra un peso
–gastos de manutención e
hospedaxe pagos– cada vez
que sae con el.
Van contratados facer o
baile a Vilar de Santos, onde
hai máis de 120 mozas, se-
gundo o Checo; a Sandiás,
Piñeira de Arcos, Xinzo, Ce-
lanova... Mesmo van tocar
ao cuartel da Garda Civil,
que conta cun bo número
de gardas solteiros (tem-
pos de moitos atracadores
na zona). Nunha ocasión,
ten problemas co sarxento
de Rairiz, pouco amigo dos
bailes. O señor José encára-
se moi enfadado co sarxen-
to; nunca máis volveu ter
problemas coas forzas de
seguridade.
Saen todo o ano, case to-
das as noites; as máis das
veces, por divertimento,
para facer unha farra cos
amigos ou para rondar un-
has mozas.
Desprázanse os dous e o
acordeón nunha bicicleta
de media carreira mais non
resiste –o cego da Pereira
é home alto, forte e gro-
so– e as rodas rebentan cada
pouco. O Jesús Casal encár-
galle a Francia un tándem,
que custa 4.000 pesetas e
que o comerciante se ocupa
de reforzar convenientemen-
te. A bicicleta convértese en
vehículo para catro persoas:
eles os dous e as súas res-
pectivas mozas. Curioso
espectáculo debía resultar
cando pasaban! Cando casa
por segunda vez, abandona
as saídas nocturnas.
O Cego da Pereira co seu neto Óscar
Sergio Pacheco Nogueira
18
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 18 11/5/05 09:54:47
José Quintas interpreta
co acordeón e con outros
instrumentos todo tipo de
pezas, que lle envían escri-
tas en braille desde Madrid
ou que el colle de ouvido ao
escoitalas. Na casa, toca to-
das as horas do día. O Che-co, que toca unha pandeira,
subliña a ledicia de sentir
cantar as mozas, acompa-
ñándose coa pandeireta:
«Divertíase un como se fose
cunha música». Van ás mo-
zas a todos os lugares da
contorna. A sociedade des-
faise cando o Checo marcha
facer o servizo militar.
Estabelecido en Cela-
nova en 1953 ao casar de
segunda, dedícase a ensi-
nar a tocar o acordeón aos
rapaces do barrio, aos que
ata cunha corda para que
non escapen. Nos anos 60,
ameniza un baile domini-
cal para a mocidade no bar
Espinita, na praza do Millo.
Acompaña co acordeón o
coro do centro social da ter-
ceira idade, que vai cantar
a Pontevedra, Vigo, Ourense
e ás vilas da provincia. For-
ma unha pequena orques-
tra para facer os bailes de
domingos e festivos que se
organizan no centro recrea-
tivo.
Sendo rapaz, antes da
guerra, aprende o oficio de
canteiro co pai. Cos cartos
gañados, adquire varias lei-
ras na Pereira.
Sempre lle tirará a músi-
ca; toca e canta até o mes-
mo pasamento.
A FORZA DA MEMORIA
Depositarias e propaga-
doras de moitos cantares,
algúns dos cales veñen
desde a Idade Media, as
mulleres fanse modelo de
fidelidade á tradición oral.
Prodixio de memoria e in-
terpretación, son as máis
entusiastas animadoras da
fascinante cultura popular.
Artistas da voz, o instru-
mento máis perfecto.
Cantares participativos
que reforzan os lazos co-
munitarios ou cantares so-
litarios que alivian a dureza
dos traballos e facilitan a
súa realización.
A fórmula expresiva do-
minante é a cantiga de de-
safío –parrafeo– ou cantar
de pandeiro. Son disputas
verbais entre mozas e mo-
zos; sarcásticas ou irónicas,
sempre incisivas, exercicios
de rivalidade amorosa, brin-
cadeira e sensualidade, son
creacións nas que brilla a
improvisación.
María Cristina Gómez Gómez (Rebordechao-Vilar
de Barrio, 1923) conserva
na memoria centos de co-
plas e romances –amorosos
e satíricos–, aprendidos de
seu pai, Rosendo, grande
coñecedor de cantares de
cego. Talento natural.
Na naveta dun bufete
acha grande número de co-
plas, que le unha vez e dese-
guida fican gravadas. Entre
outras, o desafío do mozo
bizarro, o romance de Geri-
neldo, o romance da Gallar-
María Cristina Gómez
19
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 19 11/5/05 09:54:48
dina, o testamento da burra,
o testamento do cabalo...
A señora María Cristina e outra veciña, Genoveva, coñecen todos os versos do
lugar.
O señor Rosendo de-
dícase tamén a botar os
«versos» (cuartetas) en
competición con outros;
son os parrafeos, regueifas
ou desafíos, que proban a
memoria e a capacidade de
improvisación dos conten-
dentes nas foliadas (ruadas)
de fiadeiros ou de airas.
A perfección no baile
chega a tal punto que só se
sente unha pisada ou a pa-
rellas que colocan uns pés
enriba doutros, tal como
revela a copla:
Aquela que anda no baile
trae o mandil do rovés
e o mozo que baila coela
parece que non ten pés.
A «copla» do burriquito,
combinación de sátira e
sensualidade, é un dos moi-
tos cantares que segue in-
terpretando a señora María
Cristina:
Indo Antonina a Sarreaus
montada en caballería
e ao vir de volta pra riba
xa logo lle escurecía.
Díxolle o Julio á Antonina:
–Éche tarde pa marchar,
pode salir un home,
pódete querer picar.
Ela, coas gañas que tiña,
deuse en queixar da cabeza:
–Eu coa defensa que teño,
comigo naide se meta.
Ao chegar a Sarreaus
Á entrada do toural,
Alí estaba o Prisquete
pa a ir acompañar.
Ao chegar á Porteliña
era noite escuro,
o primer abrazo que deron
alí perderon a burra.
Díxolle Julio a Antonina:
–Vámola responsar,
se perdemos a burra,
eí nos vai o capital.
Marcharon a Freande
contentos de alegría,
pensando que a burra iba
en casa de su familia.
Chegaron a Freande
e alí a burra non estaba.
Logo saliu a tía Rosa,
que toda se espernechaba.
Logo saliu o Luís,
Como che é tan zarzamelo:
–Se me perdestes a burra,
bótovos pr’o cementerio.
Indo por a calle abaixo
–Ai, que nena tan fermosa!–
Pandeirada
Pasei pola Olivada
dei volta polo Cebreiro;
as mociñas de Padroso
todas andan ao carneiro.
Pola veiga do Gorgoledo
vintecinco cegos van
cada cego, súa dama,
cada dama, seu galán.
20
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 20 11/5/05 09:54:49
Logo saliu axudarlle
a filla da Generosa.
–Anda, miña filla, anda,
que temos moito que andar
se imos pillar os coches
á terra do cabalar.
A burra como era nova
tiña moito entendimiento,
deu volta pa Sarreaus,
foi dar parte ao Aiuntamiento.
Mire, señor Pepe, mire,
véñolle moi enfadada,
que o carallo do Prisquete
queda a cabalo da iama.
Hermelinda Seguín Ma-tías, a Hermelinda do Muí-
ño (Sas-Sarreaus, 1924),
sobriña do Cego de Sas, é
outro arquivo vivo de am-
plo repertorio de cantares
tradicionais, que van desde
as muiñeiras vellas aos ce-
lebrados cantos de Reis.
Aprende moitas coplas
que logo interpreta co seu
marido nas horas longas do
muíño para que non renda
tanto o tempo.
Expresa leda e sincera:
«Eu pra cantar non son ro-
gada!». A seguir engade que
moitas pezas provocan in-
tensa emoción.
O repertorio inclúe com-
posicións como «Pedro Ca-
rreño», «O prisionero do
Brunete» (dos tempos da
guerra), «Carmiña se pasea-
ba»..., difundidos por cegos
cantores (na memoria, per-
dura, sobre todo, a imaxe
dos de Vences).
Lembra que dúas canta-
reiras fantásticas de Padro-
so (Sarreaus) –Carme e Oli-va– gustaban moito destas
coplas.
Aínda sabe algunhas que
non se atreve a expresar por
seren demasiado atrevidas.
Nos fiadeiros e roldas,
cántanse cancións bonitas
ou feas.
Esta é unha canción de
fiadeiro, que admite unha
interpretación literal e
outra figurada:
Heiche de tocar as cunchas,
miña carrapucheiriña,
heiche de tocar as cunchas
anque sea na cociña,
ai, ai, ai, anque sea na cociña.
Tamén toca o pandeiro e a
lata. As únicas que o fan no
lugar son ela e a Genoveva; mentres, as outras bailan.
Volta limpa a imaxe dos
esforzados carrilanos, que
traballan na vía do tren e
veñen a miúdo aos fiadeiros
á procura de ledicia.
As mulleres do Centro de
Desenvolvemento Rural Ei-
rada de Parada de Outeiro
Hermelinda Seguín Matías
21
Hermelinda Seguín MatíasSarreaus
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 21 11/5/05 09:54:50
Boas tardes miña sogra, véñolle pedir a filla
Se ma dás entro nun pouco, se non marcho máis aixiña.
A miña filla, Farruco, é moi nova pra casar,
Solo ten corenta anos, e pódesma destragar.
Alabado sea Dios, o que di a miña sogra,
Que vai destragar a filla, e non ten dentes nin moas.
Pois a filla non cha dou, non teño que che faguer
Que tu es un lampazán e non a podes manter.
Aún teño un bo oficio, xa sabe que son gaiteiro
Ándolle de festa en festa, gáñolle moito diñeiro.
A túa gaita Farruco trai a miña filla tola,
Pois non come nin descansa se non pensando na voda.
Pois pra poñela contenta, debe deixala casar,
Que despois de casadiña gaita non lle ha de faltar.
Se eso é o que queredes, cásaste miña filla,
Copla de cego Avelina Díaz García (Colectivo C. D. R. Eirada)Parada de Outeiro (Vilar de Santos)
Xa te encherás do Farruco e tamén da súa gaitiña.
Arreglaron os papeles e tratan o casamento
Io cabo de poucos días casáronse mui contentos.
Inda ben non vén da iglesia dícelle a pobre rapaza
Farruco se non recelas hasme de enseña-la gaita
Muller espera un pouquiño porque a teño gardada
Xa ma verás á noite tocando na fuliada.
Inda ben non vén a noite a moza non se olvidaba
Bótall’a vista ao punteiro e dice que lle gustaba.
Pois agora miña nena, tranquila debes estar,
Festa arriba e festa abaixo, xa te encherás de bailar.
O peor é a barriga se hai pouco que comer
Pero tocando na gaita podémonos distraer
Pero tocando na gaita podémonos distraer.
22
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 22 11/5/05 09:54:51
(Vilar de Santos) queren vi-
talizar as creacións lúdicas
de tempos pretéritos mais
próximos.
Avelina Limia (Toxedi-
ño-Vilar de Santos, 1928),
Celia Quintas (Toxediño-Vi-
lar de Santos, 1934), María Gracinda Gomes Ferreiro (Outeiro-Vilar de Santos,
1927), Dorinda García Ferreiro (Laioso-Vilar de
Santos, 1944), Isabel Jar-dón Pérez (Castelaos-Vilar
de Santos, 1926) e Concha Jardón Pérez (Parada-Vilar
de Santos, 1929) activan a
memoria de vida, que é par-
te delas e de todos.
Salientan a omnipresenza
do canto no mundo cam-
pesiño onde a xente canta
sempre.
O Entroido ou a Noite-
vella reúnen a mocidade
do lugar, que vai dun sitio
a outro entre cantos e soar
de pandeiretas. No fiadei-
ro, hai tempo para o labor
e o divertimento. Tarefas
colectivas ou individuais
–seitura, malla, arada, ca-
rrexo, etc.– propician deli-
cados cantares, que alivian
o esforzo da realización:
Hei de ir á túa seitura,
hei de ir á túa segada,
hei de ir á túa seitura,
que a miña vai acabada.
Divertidos e picantes son
os testamentos do burro (a
morte do animal na casa dá
pé a enxeñoso cantar bur-
lesco).
A alegría de vivir, a pesar
das carencias e calamida-
Grupo Eirada. De esquerda a dereita:Artemia Jardón, Victoria Montenegro, Felisindo Losada, Xoana Barxa,Avelina Rodríguez, Leonor Dorado, Xosefa Barxa, Elvira Ferreiro, Delfina Dorado, Dorinda García, Gracinda Gómez, Carmen Opazo, Avelina Limia, Antonio Martínez,Isabel Jardón, Celia Quintas, Irene Nóvoa e Otilia Nogueiras
23
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 23 11/5/05 09:54:52
des, ameniza os bailes dos
domingos, soltos ao primei-
ro, agarrados despois.
En Vilar de Santos, á som-
bra agarimosa do Museo da
Limia, volven ter vida mani-
festacións de antano.
Carmen Bouzas Quintas (Vilar de Santos, 1925), Do-lores Bouzas Quintas, Ma-nuel Dapoza Quelle (Vilar
de Santos, 1927) e Isabel Santana Bouzas (Vilar de
Santos, 1948) póñenlles voz
ás lembranzas de todos.
O Entroido de pandeire-
tas e gaitas saca das casas
runflada de xente disfraza-
da, como as madamas que
visten de branco de noivas,
cuns dengues preciosos, que
cantan e bailan por todas as
aldeas de arredor.
As mozas que van ao
fiadeiro teñen que escotar
para pagar o gas e levar un
feixe de palla para o dono
da corte onde se fai. Os mo-
zos que veñen roldar son de
fóra, doutro lugar.
O PARAÍSO DA GAITA
Foliada de gaita e tambo-
ril para esconxurar o meiga-
llo da melancolía. A ledicia
ten sons de gaita.
A tradición cóntanos que
o verdadeiro señor da roma-
ría é o gaiteiro. Acompañado
do tamborileiro, convértese
no grande dinamizador da
celebración. O grilar po-
deroso da gaita acende o ar
e encanta a cantos o escoi-
tan. A súa primacía gloriosa
prolóngase durante séculos.
A súa arte e a súa fama fi-
can inmortalizadas en beli-
das composicións dos nosos
mellores poetas.
A xenial Rosalía cántalle
ao casanova irresistíbel:
Un repoludo gaiteiro,
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
antre os mozos o primeiro
e nas siudades sin par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
–Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
O cantor da liberdade, Cu-
rros Enríquez, réndese á se-
dución do virtuoso «gueitei-
ro de Penalta» (Celanova):
Xentil, aposto, arrogante,
en cada nota o gueiteiro
ceibaba un limpo diamante,
que logo no redobrante
pulía o tamburileiro.
[...]
Que dende o Lérez lixeiro
ás veigas que o Miño esmalta,
non houbo no mundo enteiro
máis arrogante gueiteiro
que o gueiteiro de Penalta.
Os informantes de Vilar de Santos
Canto de Seitura
Hei de ir á túa seitura
Ai, hei de ir á túa segada
Hei de ir á túa seitura
Ai, q’a miña vai acabada.
Na seitura do barroso
perdín as miñas polainas
Quen mas topou que mas día
Non quero máis cirandainas.
Ahora que vén a noite
Vén a miña alegría,
A tristura é o amo,
Que se lle acabou o día
Que se lle acabou o día.
Carmen Bouzas QuintasVilar de Santos
24
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 24 11/5/05 09:54:54
dais montañosas que gardan
a chaira limega.
Metéronse na noite can-
do ían polo medio do mon-
te, de volta para a casa,
despois de estaren tocan-
do todo o día nunha festa.
Nestas, ouviron ouveos de
lobo. Sabían dunha casopa
puxo tocar con todas as for-
zas unha muiñeira. Cando
acabaron aquela maxistral
interpretación, o silencio
invadíao todo. Estaban
salvados! A música fixera
fuxir as animalias da noite.
Durmiron até a alba e co
día puxéronse de novo ao
camiño.
Formación de grande
prestixio, unha institución
en toda a Limia, é a dos
Gaiteiros de Lamas. Inte-
grada por catro irmáns: Cel-so Vázquez Pardo (1912-
1964), Julio Vázquez Pardo (1914-1994), Augusto Váz-quez Pardo (1919-1985) e José Vázquez Pardo (1925-
2001).
Familia con dezaoito fi-
llos, dos que sobreviven
dez. Son coñecidos tamén
como Os Picoutos polo
pai, orixinario do lugar do
Picouto (Allariz). Ás irmás
chámanlles As Gaiteiras de Lamas.
Tocan e cantan por toda
a chaira desde novos para
Gaita de Manuel Carballo
O fascinante cancioneiro
popular, que xoga a miúdo
coa ironía e co duplo sen-
tido das palabras, ten ta-
mén lugar destacado para
o gaiteiro. No «Romance do
gaiteiro» dialogan así o in-
térprete sedutor e a nai da
moza requirida:
–Eu téñolle bo oficio que lle son un bo gaiteiro,
eu ando de festa en festa, gánolle moito diñeiro.
–A túa gaita, Farruco, trai a miña filla tola;
xa non come nin traballa máis que pensando na voda.
Até comezos do século
XX, a gaita execútase, so-
bre todo, de forma solista,
acompañada por unha caixa;
o gaiteiro mesmo canta aos
poucos. Nos anos 30, engá-
dese outra gaita, que fai a
segunda voz, e o bombo.
Metáfora do poder libe-
rador da música é o conto
popular de tradición oral
que refire o caso que lles
aconteceu a uns gaiteiros
que voltaban para a casa,
despois de tocaren todo o
día nunha romaría. Ben pui-
do ser en calquera das cor-
que había por alí cerca e
encamiñáronse cara a ela.
Entraron e pecharon ben a
porta. Dentro había palla
e leña para se quentaren.
Como non podían durmir
por mor dos ouveos, cada
vez máis altos, acordaron
facer lume.
Os lobos rodearon a ca-
bana e comezaron a rabu-
ñar na porta. Ao pouco,
dous saltaron ao tellado e
puxéronse a remexer nas
tellas.
O maestro vía que era
chegada a súa hora e pro- 25
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 25 11/5/05 09:54:55
gañar algo con que remediar
a moita miseria. Nas súas
actuacións, enlazan unhas
cancións con outras, sen
pausas.
Son protagonistas de
moitas coplas:
Os gaiteiriños de Lamas
foron tocar a Pintás
e no medio do camiño
coméronlle a gaita os cas.
Palabras reveladoras da
súa irmá Irene: «Sacharon
eles todo, naide lles incul-
cou nada».
Julio e Celso tocan a
gaita; Augusto, a caixa; e
José, o bombo. Algúns tra-
ballan de zapateiros mais
non gustan da labranza.
Tempos de fame e calamida-
des. A nai lávalles as cami-
sas de noite e ponas a secar
ao lume para poderen ir to-
car ao outro día. Entregan
na casa todo o que gañan.
José, o Picouto, atinxe
grande notoriedade no En-
troido de Xinzo ao disfra-
zarse sempre de señorita
fina. Celso volta da guerra
sen unha perna; de alí en
diante, toca sentado nunha
cadeira.
A última vez que tocan
xuntos en Lamas é en 1979,
na festa da Santa Cruz, polo
3 de maio. Interpretan du-
rante anos a música da dan-
za procesional, que execu-
tan oito danzantes durante
a procesión que vai desde a
igrexa parroquial a unha ca-
pela e que acaba co vistoso
trenzado de fitas. As coroas
dos danzantes, de papeis de
cores, e as cintas son con-
feccionadas polas irmás dos
gaiteiros.
Non hai moita informa-
ción do Tío Manuel de Pe-
gas, Manuel Corderí (Pe-
gas-Ordes-Rairiz de Veiga).
Veciño do gaiteiro Ernesto da Carballal, que o sente
tocar desde a súa casa e fai
nacer no rapaz a afección
musical.
Forma unha pequena agru-
pación con dous fillos: el e
o fillo Ramón tocan a gai-ta; a filla, Mercedes, toca a
caixa –algo pouco habitual
para unha muller naquel
tempo–. Tocan na proce-
sión, na misa e no baile da
festa. O tío Manuel manda
o fillo a Podentes para que
aprenda a tocar o clarinete
coa banda de música.
Emigra toda a familia a
Buenos Aires e non se vol-
ven ter noticias deles.
José Herminio Lorenzo Nóvoa, o Gaiteiro de Vila-
riño (Vilameá ou Retorta-
Laza, 1910-1968), é fillo do
Cego de Alberguería, ao
que acompaña de rapaz até
a época da guerra.
José Herminio Lorenzo Nóvoa
Muiñeira
EN DO26
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 26 11/5/05 09:54:56
Toca a gaita, a frauta de madeira, o clarinete e o
violín.Interpreta o samba coa
gaita. No baile participa
sempre unha peculiar pare-
lla formada pola María –pe-
querrechiña– e polo Alonso
–grande e alto–, que provo-
ca as gargalladas de todos
os concorrentes. Relátao
con palabras ben expresi-
vas a filla do gaiteiro, Luz
Divina: «Entoces il botaba
o paso así, pum pum, e a
outra, como non daba bota-
do o paso, iba chiquichiqui-
chí chiquichiquichí».
Gaña unha gaita nun con-
curso de gaiteiros en que
participa. Compaxina o ofi-
cio de músico, de gaiteiro
principalmente, co de cam-
pesiño. Toca até o final dos
seus días.
Outro magnífico gaiteiro
é Juan Ferreiro Ferreiro, o
Gaiteiro de Laroá (Laroá-
Xinzo, 1915-1999).
Algunha vez, vai acom-
pañar coa caixa ao seu pai,
Jerónimo Ferreiro, que ta-
mén era gaiteiro. Estivera
emigrado en Cuba, de onde
trae rumbas e boleros, que
o seu descendente ha de in-
corporar ao repertorio.
Ao rapaz, cando anda coas
vacas no monte e toca as
«palletas de restrego», bái-
lalle unha peza na cabeza;
chega á casa, colle a gaita e
ponse a interpretala.
Así se presenta el mesmo:
«Eu son músico sen papel».
Unha vez, Juan acode a
unha casa onde comera o
pai; os presentes insisten
en que toque unha peza coa
gaita; o pai non gusta de
emprestar o instrumento;
a proba debe resultar moi
satisfactoria porque desde
ese día déixalla xa sen nin-
gún receo.
Juan toca bastantes com-
posicións aprendidas do pai.
Contan que este levaba unha
pistola no peto e que, ás ve-
ces, mentres tocaba na feira
de Xinzo, disparaba dous tiros
ao ar, sen parar de tocar; os
gardas civís nunca souberon
quen era o da brincadeira.
Nalgunhas ocasións, ao
voltar de tocar á deshora,
Juan encontra a porta da
casa pechada; senta encos-
tado nela e ponse a tocar
até ficar durmido; á fin, a
muller abre a porta e déixao
caer para dentro.
Unha vez que o efecto
da bebida non lle permite
permanecer en pé e a xente
quere que siga a festa, áta-
no a unha árbore con varios
cintos.
Forma o seu propio gru-
po; cada compoñente chega
a cobrar un peso de prata –
dos de antes da guerra– por
unha tarde de actuación.
Juan Ferreiro Ferreiro, o Gaiteiro de Laroá
CAST
RO F
LOXO
Juan Ferreiro coa gaita, Primitivo coa caixa e Andalecio co bombo
27
Juan Ferreiro FerreiroLaroá (Xinzo)
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 27 11/5/05 09:54:57
Nas súas interpretacións,
emprega os picados –o máis
característico é o que se
executa cos tres dedos da
man esquerda–, modo pecu-
liar de separar as notas, que
fai que a melodía presente
unha viveza e unha alegría
moi expresivas.
Forma dúo cunha súa
irmá, que ten moi boa voz, e
son chamados en moitos si-
tios para cantaren as misas
en latín. El tamén tiña unha
voz excelente até que, nas
súas propias palabras, unha
cervexa fría lla estragou.
Un día antes de finar, o Gaiteiro de Laroá aínda
interpreta varias cantigas
para as enfermeiras que o
atenden.
Francisco Salgado Mén-dez, o Gaiteiro da Forxa
(Xocín-A Porqueira, 1917-
2005), vive unha existencia
dilatada e frutífera.
Seu pai, José Salgado, é tamén músico e sabe de
memoria o misal antigo.
Pai e fillos forman un gru-
po musical e cantan moitas
misas (mellor que os curas,
seica). O señor Francisco
toca na gaita toda a misa;
na consagración, interpreta
a Marcha Real. Emprega un-
has palletas especiais que
confecciona el mesmo para
que o son non sexa moi for-
te senón doce. Hai misas en
que a xente non pode con-
ter a emoción.
Aprende a tocar cunha
frauta de lata que lle merca
a un quincalleiro que anda
polas aldeas. Cando ten oito
anos, o pai vai a Santiago e
cómpralle unha gaita de Ba-
silio Carril, feita de varias
madeiras –entre outras,
caoba–, que ten ronco con
pallón de lámina metálica,
ronqueta e chión de palle-
ta. O chión –tamén coñeci-
do como chío ou chillón– é
un bordón sonoro de menor
tamaño, que fai unha nota
acompañante continua. O
efecto resultante é como a
confluencia de dúas gaitas:
como se un gaiteiro tocase
a melodía e outro fixese
unha nota sostida.
Ameniza os bailes dos
domingos e toca no Entroi-
do da Porqueira, dos máis
importantes da zona, que
congrega moita xente. Adoi-
ta vestirse de cura e dar a
comuñón aos asistentes.
Crea unha formación
–gaita, bombo con platillos
e caixa– con dous irmáns.
Despois gaña sona po-
los malabarismos que fai
coa gaita, que lanza ao ar
O Farel, Francisco Salgado e Benito
EN DO
28
Valse
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 28 11/5/05 09:54:59
e recolle debaixo do brazo
para seguir tocando sen
interrupción ou pousala no
chan e que siga soando para
volver collela e continuar
coa melodía sen perder o
compás.
Conquista a muller pola
gaita. Casan e van pasar a lúa
de mel a Ourense; na fonda
onde paran non lles cobran
nada porque toca a gaita to-
das as noites. Tamén toca en
tascas e bares, levando tras
de si toda a mocidade que
non para de bailar.
Emigra ao Brasil. Alí co-
meza a traballar nun hotel,
mais axiña se decata que
resulta máis produtivo de-
dicarse á música. Toca no
Centro Galego e en celebra-
cións de aniversario que or-
ganizan os emigrantes gale-
gos. Incorpora ao repertorio
moitas pezas brasileiras.
El mesmo conta que al-
gúns gaiteiros vellos pre-
sentes non poden evitar o
pranto ao escoitar a gaita.
Cos cartos que gaña,
adquire unha extensa pro-
piedade, con plantacións
de café, de bananeiras, la-
ranxas, mandarinas, man-
gas... Mesmo hai unha enor-
me pavieira.
Fala doutro gaiteiro do
lugar, algo máis vello –Pri-mo–, que só sabía unha
muiñeira e estaba sempre
tocándoa.
Veciño do señor Francisco
é Ignacio Fernández Barro (Xocín-A Porqueira, 1926-
1998), que domina a técni-
ca interpretativa.
A súa é unha carreira moi
precoz: comeza a actuar
como profesional con ape-
nas 12 anos. Como sinala
a súa muller, faise primei-
ro gaiteiro que labrador.
Vai polos lugares de Ordes
e Congostro acompañado
polo pai, para que non teña
medo ao voltar para a casa
ou evitar incidentes cos
mozos do lugar.
Demostra moi boa man
para os oficios: albanel,
carpinteiro, zapateiro, bar-
beiro...
Ten debilidade polas má-
quinas e trebellos.
Os primeiros cos que
toca son dous irmáns de
Faramontaos: Francisco –caixa– e Lisardo –bombo.
Despois, os acompañan-
tes habituais son José (Xo-
cín), co bombo e, ás veces,
a caixa, e José Velasco (A
Forxa), coa caixa.Lembra que, nunha oca-
sión que andaba tocando
–«a gaita ladraba»–, o cla-
Ignacio Fernández Barro e a súa esposa
29
Ignacio Fernández BarroXocín (Porqueira)
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 29 11/5/05 09:55:00
rinetista dunha banda que
tamén actuaba escoitárao
tocar e propuxéralle formar
un dúo, mais non se puido
facer por moraren en luga-
res distantes.
Sae cantar os Reis en
compañía de tres ou catro
mulleres.
Ignacio manifesta a súa
preferencia por tocar a dúo
con outra gaita e que non
é capaz de tocar sen acom-
pañamento de bombo e
caixa, que non lle dá collido
a graza. A última vez que
lembra fora co Damas de Carpazás.
A modo de conclusión,
manifesta, resignado: «Para
nós parece que o mundo
deu a volta; agora a mocedá
non se divierte, cambiou o
mundo».
O Gaiteiro de Paradela, Francisco Marra (Parade-
la-A Porqueira), comeza a
tocar co punteiro que un
que andaba fuxido por non
querer ir á guerra leva para
os mozos do lugar. Acordan
que o leve el por ser o que
lle dá máis xeito.
Despois, os mozos de Pa-
radela propóñenlle mercar
unha gaita para facer as
bailas sen ter que lle pagar
ao gaiteiro mentres non
descontase o instrumento.
Francisco decide mercala el
só mais apunta que tocará
igual, sen cobrar.
Bota dous anos na músi-
ca da Infantería de Marina
de Ferrol, unha banda de 22
gaitas.
As pezas que interpre-
tan son todas de música
de orquestra. Cómpralle o
clarinete a un compañeiro
e aprende a tocalo.
Apunta que no servizo
militar comían cadelos e bu-
rros, que chegaban camións
cargados para o exército.
Encárgalle a un artesán
de Ferrol unha gaita con
chío, que, segundo as súas
palabras, «fai que se sintan
os sons como se fosen de
dous punteiros xuntos, de
dúas gaitas».
Acorda formar un cuar-
teto con dous irmáns e un
veciño: Francisco opta por
tocar o clarinete; o irmán
Antonio, o Paidurmindo,
toca a gaita; o outro irmán,
o bombo e os platillos; o
veciño, Edelmiro, a caixa.Interpretan pezas de mú-
sica de orquestra, moi pre-
zadas polos festeiros. Come-
zan a tocar polo ano 1942 e
déixano en 1980. Chegan a
desprazarse a pé até Bande.
Van tocar a música da danza
procesional de Güín (Bande)
e a dunha danza que organi-
za unha agrupación de mu-
lleres en Paradela.
Lembra o Gaiteiro de San Lourenzo, José Durán
Francisco Marra
Muiñeira
30
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 30 11/5/05 09:55:01
Martínez, emigrado hai
moitos anos á Arxentina.
Exemplo de polifacetis-
mo e precocidade é Alfonso Villarino Rodríguez (Xinzo
de Limia, 1916).
Co seu irmán e con outros
dous, forma o grupo de gai-
tas Os Antelanos: Alfon-so –gaita–; o irmán José
–gaita–; Luís Villarino, o Parranchaba –bombo–; Ramón Sagrario –tambor.
Un parente, Ramón Villa-
rino de Saa, deputado por
Ourense, regálalles unha
gaita feita por Faustino Santalices.
Estuda música cun pro-
fesor da banda de Vilano-
va dos Infantes, que abre
unha academia de música
en Xinzo.
Dotado de talento para a
música, aprende a tocar o
piano, o violín, a guitarra, a mandolina, o clarinete...
Aos 10 anos, comeza a
tocar a bandurra na ronda-
lla da Filarmónica Antela-na; a institución ten tamén
grupo de teatro, cadros de
declamación e coro. A Filar-mónica terá varios directo-
res; entre eles, Faustino Temes, que lles toca o vio-
lín ao acabar os ensaios.
Con 10 ou 11 anos xa toca
como solista da Filarmóni-ca ou formando dúo co seu
irmán José.A rondalla e o grupo de
gaitas tocan nos descansos
das representacións tea-
trais. Alfonso acaba sendo
director das distintas sec-
cións da Filarmónica. Un fito relevante na cró-
nica musical da Limia é a
actuación dos Gaiteiros de Soutelo de Montes nas fes-
tas de Xinzo de 1932, que
desperta grande entusiasmo.
Chega a compor unha
canción que se canta nal-
gúns sitios durante a gue-
rra. Tamén anota a música
das cancións que escoita
pola radio.
A Filarmónica desfaise
antes da guerra mais se-
guen coa rondalla e o grupo
de gaitas.
En 1940, a rondalla toca
nos cinemas Xesteira e Lo-
sada de Ourense, con re-
soante éxito. As partituras
para a rondalla son encarga-
das a Santander.
Cando conta con 32 ou
33 anos, desfaise a rondalla
por culpa do vaseteo, que se
converte nun atranco para
os ensaios do conxunto.
Forman un cuarteto de
guitarras: os dous irmáns
Villarino e os dous irmáns
Gelpi. No repertorio, predo-
minan as cancións sudame-
ricanas; organizan festivais
en favor dos damnificados
pola explosión da polvorei-
ra de Cádiz de 1947 e teñen Francisco Marra
Paradela (Porqueira)
Alfonso Villarino Rodríguez
Os Antelanos
31
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 31 11/5/05 09:55:03
actuacións en todas as vilas
da provincia.
Sendo presidente de Ac-
ción Católica (!), polo 41
ou 42, é detido e metido
en prisión durante sete días
por organizar o «Enterro das
sardiñas»; ten que pagar
tamén unha multa de 250
pesetas. Son acusados de
participar nun acto masó-
nico. A pesar das denuncias
e das detencións, en Xinzo
non deixa de celebrarse o
Entroido ningún ano.
A paixón pola música non
morre. Cada pouco, aínda
se xunta cos amigos en Za-
dagós e sempre acaba can-
tando e tocando a guitarra.
Alfonso Villarino declárase
«sainceiro» e recoñece ter
sido o armadanzas de can-
tas iniciativas musicais, lú-
dicas e sociais se acometen
en Xinzo.
Confesa que a súa verda-
deira vocación sempre foi
ser compositor ou director
musical mais a vida levouno
a un comercio de calzado.
Severino Martínez Fe-rreiro (Montecelo-Baltar,
1921) pertence a unha es-
tirpe de gaiteiros.
Seu bisavó, Juan Anto-nio Martínez (Montecelo),
e un tío por parte de nai,
Demetrio Ferreiro (Goma-
riz), tocaran a gaita.Con 12 ou 13 anos, fai
el mesmo un punteiro de
castiñeiro, que seica toca-
ba só na boca. Elabora ta-
mén a palleta, de hasta de
vaca, e cun ferrete, de lata
ou cobre. A primeira gaita
cómpralla ao Carrazas (A
Xironda-Cualedro), sendo xa
mozo (21 ou 22 anos).
Forma un grupo con An-tonio Rivas, fillo doutro fa-
moso gaiteiro da localidade,
Rudesindo Rivas –caixa–, e con Jesús Rico –bombo.
Tras casar, toca algúns
anos máis e abandona a in-
terpretación para dedicarse
unicamente á labranza.
O seu sobriño Leopoldo, a quen acaba vendéndolle a
gaita, aprende a tocar con
el.
Dámaso Feijoo González, o Damas (Carpazás-Bande,
1923), é o creador do grupo
Os Feijoos.Estirpe familiar, coñecida
tamén como os Gaiteiros de Carpazás.
Dámaso comeza a tocar
de neno con gaitas de ferra-
ña ou de cana de amieiro,
de castiñeiro ou de salguei-
ro. Tamén toca a filharmó-
nica, que mesmo fai soar co
nariz; despois, unha frauta
de madeira.
A primeira gaita, pola
que paga vinte pesos, vai-
na mercar a Vila, andando
desde Carpazás. Tiña o fol
Rondalla de Alfonso Villarino
Severino Martínez Ferreiro
EN SIb32
Polca
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 32 11/5/05 09:55:05
picado; coa pel dun año
que lle mata o Bértolo fan
outro novo.
O que se gaña é pouco e
non dá para vivir; actúa en
festas, casamentos, con-
memoracións, etc.; acode
tamén aos fiadeiros, ás es-
casulas –«Somos da terra
do millo», di fachendoso–,
ás xuntanzas.
Traballa como pastor e
campesiño. De rapaz, vai de
ateiro a Castela. Emigra a
Venezuela e a Francia, mais
nunca se afasta da gaita.
Durante moitos anos
forma grupo con Ricardo Feijoo Rivera, que tamén
toca a gaita, e dous fillos
–Josefa e Francisco Feijoo Feijoo–, que tocan bombo
e caixa. Percorren toda a
provincia, localidades do
norte de Portugal e outras
de Zamora. Un ano tocan en
Corvelle (Bande) durante
toda a Noitevella, contra-
tados polos emigrantes que
veñen pasar as vacacións.
Lembra ter tocado sem-
pre, desde rapaz, sen inte-
rrupción. Segue en activo
e fainos unha pequena de-
mostración para que non
haxa reticencias. Mostra or-
gulloso unha gaita flaman-
te, da que afirma que «ten
unha voz preciosa».
José Otero Fernández (Piñeira de Arcos-Sandiás,
1923) quéixase do exceso de
percusión que hai hoxe, que
non deixa escoitar nada.
Seu pai, Manuel Otero, era o gaiteiro máis vello de
por alí. Un irmán, Gil, toca
o requinto.A agrupación do pai era
coñecida como Os do Or-neallo de Piñeira.
José Otero sinala que «or-
neallo» é a palabra galega
antiga para designar a gai-
ta; que o ronco é o orneallo.
Unha parte da gaita designa
todo o instrumento.
Comeza a tocar a caixa
con 14 anos, que vai a Cas-
telaos (Vilar de Santos)
polo Entroido. Entón, cobra
un peso por unha tarde de
actuación.
En 1966, ao voltar da emi-
gración en Alemaña, forma
unha agrupación de gaitei-
ros –Aires da Limia– de
cinco compoñentes: José García (Nanín), Juan da Chousela e Rodrigo, coas
gaitas; Benito, co bombo; e
el mesmo coa caixa. Partici-
pan moitos anos no desfile
do Entroido en Xinzo.
Traballa nunha fábrica de
fariña, que importa o trigo
de Rusia, a través da Arxen-
tina.
Aprenden as cancións es-
coitando discos dos Gaitei-ros de Soutelo de Montes e doutros grupos, que merca un
dos compoñentes do grupo.
Dámaso Feijoo
José Otero
33
Dámaso FeijooCarpazás (Bande)
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 33 11/5/05 09:55:08
Das terras da montaña
é Adesio Barrio Salgado (Castelaus-Calvos de Ran-
dín, 1924).
Vaille tocar a gaita ás
mozas, acompañado por
Ricardo Rodríguez, que
canta.
Despois, forma unha pe-
quena banda con Porfirio Salgado –caixa– e Silverio Valencia –bombo–. Son to-
dos do mesmo lugar.
Mércalle unha gaita ao
Celso de Ganade por 50 pe-
sos. Para pagala, vai traba-
llar un día ás minas de vol-
framio que hai no Fochado,
en Feás. Aínda lle sobran
algúns cartos.
Destaca a importancia
do compás para tocar ben a
gaita. Fala da trisca, o baile
que se fai os domingos na
aira de mallar.
Conta que unha vez es-
tivo tocando a gaita nun
fiadeiro até as cinco da
mañá, acompañado por un
vendedor ambulante que
tocaba marabillosamente a
pandeireta.
O Señor Paco de Escor-
nabois, Francisco Villarino Ojea (Escornabois-Trasmi-
ras, 1924), é un dos gaitei-
ros máis lonxevos que segue
tocando.
Aprende a tocar a gaita
con Leopoldo Quiroga, o Gaiteiro de Córgomo (O
Barco de Valdeorras), que
anda fuxido polas terras
da Limia; para na súa casa
quince días e danlle de co-
mer e de fumar. A nai tamén
lle ensina, ao marcarlle o
ritmo.
Un trazo característico
de Leopoldo Quiroga que
pasa ao señor Paco e a
outros gaiteiros limegos é o
da ornamentación, picando
á vez con tres dedos da man
esquerda. O Gaiteiro de Córgomo sostiña que un bo
gaiteiro tiña que saber pi-
car, repicar e repenicar.
A primeira gaita encárga-
selle ao Celso de Ganade, que a fai en dous días; en-
trégalla o día de San Xosé e
xa canta a misa con ela.
A gaita coa que vén to-
cando estes últimos anos é
a gaita de Antonio Teixeira Silva, o Coxo de Guimarei
(Monterrei), que tamén toca
o acordeón de botóns; anda
pola zona coas proxeccións
de cinema e aínda ensaian
algunha vez xuntos. A gaita
do Coxo de Guimarei era de
galleto, isto é, cunha buxa
en forma de Y para inserir
dous bordóns.
Expresa que o Leopoldo
era un grande artista e que
aínda conserva unha foto
del. Sempre se guiou polas
súas recomendacións: para
afinar ben a gaita, palleta
pequena e pallón curto.
Coincide cun acordeonis-
ta nas minas de volframio
que hai perto de Baldriz e
amenízanlle as noites aos
moitos traballadores que se
xuntan alí.
Gaiteiro eminentemente
solista, forma agrupación
con dous irmáns aos que
el ensinara a tocar (José e
Ramón, caixa e bombo res-
pectivamente). O seu estilo
interpretativo é moi ador-
Adesio Barrio Salgado
Francisco Villarino Ojea34
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 34 11/5/05 09:55:10
nado, con moitas paradas,
alongando os compases.
Soe dicir que tocar a tempo
toca calquera mais que os
bos gaiteiros tocan tamén a
destempo, facendo paradas
e agardando uns compases.
As pezas máis persoais do
señor Paco aparecen reco-
llidas nunha gravación feita
hai anos polos Gaiteiros da Pontevella de Ourense.
Ten un repertorio inmen-
so, con bastantes compo-
sicións propias; quizais, a
metade das que interpreta.
Para el as cancións máis
fermosas son as vellas, as
tradicionais.
Vai tocar todos os anos
ao Entroido de Castro de
Laza.
Ernesto Araújo Pérez, o Gaiteiro da Carballal
(Amiadelo-Ordes-Rairiz de
Veiga, 1925), toca desde
os doce anos polas festas e
bailes de domingo.
Relata, sereno e xentil,
que comeza tocando nun
punteiro feito de freixo e un
artesanal fol de pel de gato,
que un tal Evaristo armara
para correr o Entroido.
Seu pai encárgalle ao Cel-
so de Ganade un auténtico
punteiro, que custa cinco
pesos. Algún tempo des-
pois, vistos os progresos,
encargan a gaita, tamén
en Ganade, pola que pagan
vinte pesos.
Forma agrupación, que
será coñecida como Os Gai-
teiros de Ordes, con José González Corderí (O Espi-
ñeiro-Ordes) co bombo e
con Manuel Martínez Cor-derí (Eidos de Limia-Ordes)
coa caixa. Nos tres días do
Entroido de 1942 cobran
nove pesos, por tocar desde
a mañá á noite (a falta de
luz puña fin á celebración).
Fai o servizo militar na
Coruña, onde bota tres anos
por ir de voluntario. Cando
volve do primeiro permiso,
leva consigo a gaita, e a
interpretación que realiza
unha tarde vai cambiar a
súa vida no cuartel. Escoi-
tado polo Tenente Coronel,
intégrase na banda de gai-
teiros de Intendencia na
que toca durante tres me-Ernesto Araújo Pérez
Ramón, José e Francisco Villarino
EN DO
35
Xota Francisco Villarino OjeaEscornabois (Trasmiras)
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 35 11/5/05 09:55:12
ses; despois, encárgaselle
a creación e a dirección
dunha banda de gaitas no
Rexemento de Transmisións
en que serve e que nunca ti-
vera antes. Forma unha ex-
celente agrupación de doce
gaiteiros, que dirixe até que
se licencia e que participa
na inauguración do campo
de fútbol de Riazor e en so-
lemnes desfiles polas rúas
da cidade herculina. Ensaian
todos os días durante horas,
na torre de Hércules.
De volta á terra, Os Gai-teiros de Ordes seguen
a tocar en festas, bailes e
celebracións familiares até
o ano 1960, cando morre o
seu pai. Os domingos que
non teñen para onde saír,
amenízanlle a tarde á moci-
dade da parroquia, a cambio
dunha peseta por cada par-
ticipante no baile.
Nalgunha ocasión, son
contratados para amenizar
unha verbena da Saínza;
polo día, tocaban polo cam-
po da festa e pola carba-
lleira.
Nos anos da posguerra,
non resulta fácil conseguir
autorización para realizar
bailes ou reunións folclóri-
cas. Ás veces, prodúcese un
encontro pouco grato co co-
mandante da Garda Civil.
Lembra que naqueles tem-
pos tiñan que andar moitos
quilómetros, case sempre de
noite (desde Guillamil ou A
Filgueira á Carballal). Moi-
tas veces chegaban á casa
cando abría o día.
As actuacións son oca-
sionais e o que se gaña
non dá para moito; Ernesto
compaxina a interpretación
co oficio de zapateiro e coa
labranza.
O repertorio musical vai-
se enriquecendo ao escoitar
as cancións a outros intér-
pretes, sobre todo os cegos
que andaban polas festas e
feiras, das que sempre se
traían as coplas coas últi-
mas novidades.
Ten un recordo moi agra-
decido para o Carrasco, Gai-
teiro de Congostro, a quen
lle escoitara sendo rapaz
unha muiñeira que quería
lembrar e da que escribira
a letra na mesa dun canas-
tro, volvendo ao sitio o día
seguinte para memorizala
ben; e tamén para o Ramón, gaiteiro do barrio de Pegas
(Ordes). Di que os dous eran
excelentes músicos.
En 1965 emigra a Holan-
da, onde permanece durante
vinte anos. Ao pouco tempo
de chegar, coincide co po-
pular humorista O Xestal, da
Coruña. Na Casa de Galicia
forma deseguida unha nova
agrupación musical, que
chega a integrar dezanove
compoñentes –tres gaitei-
ros, caixa, bombo, cunchas,
Dende Outeiro ás Nogueiras
hai unha tranca no chan:
A Antonia caiu n-ela
e o Francisco deulle a mau.
As mociñas, as das Maus,
cando van ó fiadeiro
collen ó pai pol-as barbas:
¡corre pra aiquí, meu carneiro!
EN DO
Ernesto Araújo, na Saínza
36
Muiñeira
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 36 11/5/05 09:55:14
botellas de anís, paus,
etc.– e que é requirida para
numerosas actuacións ao
seren moi estimados en to-
dos os sitios.
Colle a gaita coa que o
agasallaran en terras holan-
desas o mesmo ano da súa
chegada e aínda ten folgos
para nos dar probas da súa
arte interpretativa. O pun-
teiro estremece entre dedos
robustos e habelenciosos.
Magnífica demostración da
pertinencia da acertada ex-
presión «a gaita é para o
gaiteiro».
Honorio Alonso Rome-ro, o Gaiteiro de Paradela
(Santiago de Rubiás-Calvos
de Randín, 1925), comeza
a tocar cunha frauta de sa-
bugueiro de oito buracos. É
tamén excelente bailarín.
Pasa unha tempada en Lu-
bián (Zamora), picando pe-
dra para o camiño de ferro.
Casa en Paradela e aquí
se estabelece; o mesmo fan
outros dous irmáns.
Aos 16 anos merca a pri-
meira gaita e crea unha
formación con dous irmáns
–Benigno, que toca a caixa, e José, o bombo– e con En-rique Seguín –requinto.
Toca nos bailes dos do-
mingos á tarde. Ten algun-
has diferenzas cun mozo,
que non lle permite bailar
para entrar en calor antes
da actuación musical. Como
lles ocorre a outros moitos,
que son obxecto de denun-
cias que lles impiden tocar,
ten certos problemas coas
autoridades por non estar
sindicado.
Con ocasión da visita de
Franco a Ourense no ano
1957, o Concello chámao
para que vaia tocar. Parece
que lles custa convencelo,
dados os atrancos que lle vi-
ñan pondo para poder actuar
sen estar sindicado, mais,
finalmente, accede e vai.
Nas últimas actuacións,
sae tocar el só; leva tamén
caixa e bombo, e procura
no lugar dous que saiban
tocalos algo para que lle
saia máis económico. Hai
catro ou cinco anos que non
toca.
Acorda o Celso Álvarez, un veciño máis vello ca el,
que tocaba moi ben unha
frauta de ébano de chaves. Tivera que deixar de tocar
por perder unha noite o ins-
trumento ao cruzarse cuns
ladróns que foran roubar a
un muíño. Nunca máis vol-
vera saber dela.
Tamén lembra uns músi-
cos portugueses que van por
Santiago de Rubiás tocando
o acordeón; un deles, cha-
mado Cervos, casa na loca-
lidade. E Antonio Alonso, un acordeonista de Meaus
(Baltar), que matara dous
Honorio Alonso Romero
37
Ernesto Araújo PérezCarballal (Rairiz de Veiga)
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 37 11/5/05 09:55:15
atracadores que quixeran
roubar os cartos da recada-
ción que seu pai recadador
tiña na casa.
Delfín Martínez Castro (Nocedo-Os Blancos, 1926)
mantén muiñeiras interpre-
tadas ao xeito antigo, tra-
dicional.
Conta a muller que onde
se fai verdadeiramente mú-
sico é na emigración, en Ale-
maña; intégrase nunha agru-
pación coñecida como Peña
Galega de Munich (son uns
40 membros). Todos lle cha-
man Castro, por Fidel Castro.
Alí traballa nos ferrocarrís
alemáns entre 1963 e 1982.
O concello contrátaos para
participar nunha celebración
con grupos doutros países
–gregos, turcos, italianos,
etc.–, e os sons da gaita des-
pertan grande expectación.
Comeza, de rapazote, coa
caixa, acompañando un ir-
mán, Celso, que toca a gai-
ta. Cando o irmán marcha
para o servizo, xa colle el
a gaita.Forma un grupo, Eiroá de
Nocedo, con Jesús Jardón –caixa– e con Indalecio Vázquez –bombo–; os pri-
meiros anos tamén toca con
eles José Manuel López (acordeón).
Evoca a figura destacada
do gaiteiro Manuel Salinas (Pixeirós-Os Blancos), aín-
da vivo.
Lamenta que, nalgúns
momentos, non se lle dese
mérito ningún aos gaiteiros
e que mesmo fosen obxecto
de mofas e risos. Por con-
tra, unha vez que van tocar
a Vila (Calvos de Randín)
–alborada, misa, procesión,
baile e verbena– até as tres
da mañá, reciben entusias-
tas parabéns e dinlles que
nunca antes bailaran tanto
no lugar.
De mozo, faise tamén cun
acordeón de botóns, que
toca nos fiadeiros cando vai
mocear e no muíño da casa
para que bailen as mozas e
mozos que alí agardan.
Manuel Grande Gómez (Piñeira Seca-Xinzo de Li-
mia, 1926) toca a gaita apenas seis anos. A súa vida
ten unha boa dose de aven-
tura.
No ano 1951 embarca
para a Arxentina no porto
de Barcelona, após unha
liorta con alguén nunha ta-
berna. Alí traballa durante
14 anos como chofer dun
camión. En 1968, marcha
para México, onde se dedi-
ca ao comercio de mobles.
En 1977, viaxa aos EE. UU. e
traballa nun rent-a-car (alu-
guer de coches) en Los Án-
geles (California) levando
xente ao aeroporto. En 1980
vai até Alasca, onde pasa 11
Delfín Martínez Castro
Manuel Grande Gómez
EN SI38
Muiñeira
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 38 11/5/05 09:55:18
anos; alí traballa nunha fá-
brica de peixe e tamén anda
embarcado. Antes de voltar,
aínda para tres meses no
Canadá.
Un irmán máis vello,
José, tamén é gaiteiro; ao
emigrar á Arxentina, déixa-
lle a gaita a el.
Forma grupo, sen nome,
con Samuel Gil –caixa– e
Odilo Rodríguez –bombo–, naturais da mesma locali-
dade.
Fernando Paradela Lage (Perrelos-Sarreaus, 1927)
pertence tamén a unha
estirpe de músicos desta-
cados.
Traballa como técnico-ad-
ministrativo do Concello de
Sarreaus durante 45 anos.
Comeza a tocar a gaita
aos 15 anos cando un ca-
pitán-médico do exército,
Emilio Santamaría Villarino
(Sarreaus), lla regala para
correren as farras noctur-
nas. O fiadeiro énchese de
mozas cando hai noticia de
que van acudir os gaiteiros.
Nos anos 30, o pai, Li-sardo Paradela Rodríguez, ideara unha danza do En-
troido, á semellanza das
danzas tradicionais. Fixera
os estudos de maxisterio
e marchara para Cuba. Alí
casa cunha muller de Perre-
los; faise cun acordeón de
botóns e aprende a tocalo.
Ao regresar, exerce como
mestre e toca a música da
danza tradicional (os dan-
zantes levan paus, forman
figuras en cruz e diversas
filigranas).
Un irmán, Manuel, con
formación musical –estu-
da nos Xesuítas–, virtuoso
do acordeón, director da
banda da Xironda, funda-
dor da banda de Verín e
organizador dun coro en
Xinzo, ensínalle moitas
cancións.
Con este irmán e algúns
amigos, forma unha peque-
na rondalla –laúde, bandu-rra, mandolina, guitarra
e dúas voces– que soa moi
ben. Van actuar ás festas,
nun bar ou nun posto am-
bulante, e acaparan a aten-
ción da concorrencia.
Rememora con emoción o
Entroido de entón, en que
os protagonistas eran o Pe-
liqueiro e o Maragato.
Toca na inauguración da
estación do tren de Vilar
de Barrio, en presenza de
Franco, no ano 1957; Her-minio de Vilariño toca con
Fernando Paradela Lage
Fernando Paradela co seu grupo, tocando para Franco
39
Delfín Martínez CastroNocedo (Os Blancos)
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 39 11/5/05 09:55:20
el a gaita; José de Freixo, a caixa; e o Patán toca o
Bombo.Manifesta que dúas gaitas
facendo un dúo valen máis
que dez gaitas a unha voz;
a segunda voz das gaitas fai
un son moi bonito.
Canta a dúas voces co
Elías Losada; cantigas
como «Quer que lle quer»
ou un delicioso cantar de
sega:
Cabalo, meu cabaliño,
meu cabaliño redondo,
heiche de cortar as pernas,
antes de chegar ao fondo.
O Elías seica facía siiium,
siiium, imitando o son da
gadaña. Era un espectáculo
marabilloso ver dez homes
segando xuntos a herba: un
diante, outro atrás, e así
todos; o cabaliño ía abrindo
así, mentres todos canta-
ban a unha.
Felisindo Sotelo Iglesias (Baronzás-Xinzo de Limia,
1927) é coñecido como «o Gaiteiro sete veces».
Compoñente do grupo Ai-riños de Antela, cuxa foto-
grafía é portada dunha co-
lección de discos de música
galega denominada «Festas
galegas», editada por Her-
mífono na Arxentina na dé-
cada dos 60. A foto está fei-
ta na carballeira da Saínza,
con motivo da celebración
da popular romaría. Alí,
coinciden moitas veces cos
gaiteiros de Lamas; cando
estes deixan de tocar, van
eles á danza procesional de
Lamas. Son moito máis co-
ñecidos como Os Gaiteiros de Baronzás.
Toca unha gaita con pun-
teiro de ébano, que fai un
son limpo e agradábel.
José Villarino Rodríguez, outro membro do grupo,
tamén toca a gaita; perde-
ra parte dun dedo e fixera
un «apéndice» para poder
seguir tocando. Excelente
arador, clasifícase en quin-
to lugar nun Campeonato
Nacional de Arada que se
celebra en Cádiz.
Os outros dous compo-
ñentes do grupo son Vi-cente, que toca bombo e
pandeireta, e Roque de Morgade, que toca a caixa.
É unha das agrupacións
limiás que atinxe máis
sona. Percorren case toda
a provincia actuando. Soen
desprazarse en bicicleta.
Actúan tamén nos actos de
inauguración da estación de
Vilar de Barrio en 1957.
Son palabras do propio
Felisindo: «Estabamos moi
casados».
Julio Pérez Carballo (Nocelo da Pena-Sarreaus,
1927) aprende a tocar cun-
ha «panoia» (ou «panolla»),
Felisindo Sotelo Iglesias
Julio Pérez Carballo
40
Mazurca
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 40 11/5/05 09:55:22
a parte máis grosa da palla
de centeo.
O Celso de Ganade vénde-
lles un lote completo –gai-ta, caixa e bombo– por 300
pesetas. Julio ten entón 12
anos. Cando chegan cos ins-
trumentos ao lugar, saen a
recibilos todos os veciños.
Forma agrupación con
Ramón Carnero Carnero
–caixa– e co seu irmán José –bombo–; máis tarde, tamén
con José Pousa –caixa–. Outro irmán, Agustín, toca
algún tempo outra gaita.Levan unha vida de sobre-
saltos; teñen que escapar
da Garda Civil porque había
obrigación de tirar un per-
miso para o baile. Ás veces,
cobran en castañas; levan
unha burra e voltan con ela
cargada de castañas. Toca
durante moitos anos no En-
troido de Sarreaus.
Traballa en distintos ofi-
cios: albanel, electricista,
etc. Vai á vendima pola
zona de Albarellos (Monte-
rrei); alí van tamén unhas
mozas portuguesas que
cantan primorosamente;
delas aprende a canción
«Adelaira», peza bastante
popular naquela época.
Pasa algún tempo nas mi-
nas de estaño en Baldriz e
nas de volframio que había
en Tamagos (Oímbra); mo-
llados como pitos, metidos
todo o tempo en galerías de
400 metros.
Verbo da música de gaita,
expresa: «Esto é... moito;
pero pra min é coma outras
cousas; hoxe todo é máis
artificial; antes era máis
natural».
Antonio González Fran-co (Ganade-Xinzo de Limia,
1932) é sobriño do artesán
Celso. Mora en Ganade até
os 25 anos. Sen que ninguén
llo ensine, aprende a condu-
cir un camión que mercara
o pai.
Comeza a tocar a raíz
dun mal que lle dá nunha
perna, o mal da toupa,
como un buraco que se
vai agrandando. Bota dous
anos no leito. O tío faille
un punteiro con boquilla
para que se entreteña;
logo, faille unha caixa e
un bombo para que vaia
mudando de instrumento.
O mal cúrallo unha muller
da Bruxueira, unha aldea
que hai entre Ganade e Sa-
bucedo, que vai raspando
cun coitelo ao tempo que
fai unhas cruces e besbella
unhas palabras.
Forma un grupo con Ra-fael Rodríguez –bombo– e
con Camilo Rodríguez –caixa–. Van tocar moitas
tardes á Saínza, onde lles
pagan 3 pesos e un litro de
viño. En Ganade, tocan sem-
pre de balde.
Antonio González Franco
Manuel Pérez Gallego e Julio e Agustín Pérez Carballo
41
Fernando Paradela LageSarreaus
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 41 11/5/05 09:55:24
A primeira peza que apren-
de e a que máis traballo lle
dá é unha muiñeira, que lle
ensina un señor moi vello, o José da Corredoira, que ta-
mén toca algo a gaita.
No servizo militar, na
Coruña, chega a cabo de
gaiteiros; a banda ten sete
gaitas, catro caixas e dous
bombos.
Polo ano 1960, estabe-
lécese en Ourense. Anos
máis tarde, forma a agrupa-
ción Os Francos –dúas gai-
tas, dous saxofóns, bombo
e caixa–, que aínda segue
en activo.
Finísimo ouvido ten Da-vid Rivera Rivera (Lomear-
Rioseco-Calvos de Randín,
1933), que vive con paixón
a música. Un parente rega-
láralle un gramófono e moi-
tos discos, o que acrecenta
a afección.
Toca a gaita, o bombar-dino, o saxofón e o tecla-do.
A inconsciencia infantil
leva a que el e outros ra-
paces se dediquen a facer
rudimentarias pistolas que
disparan con pólvora; un
deles resulta ferido de certa
consideración, o que man-
teñen en absoluto segredo.
O pai quere que siga a tra-
dición familiar da xastraría,
que vén xa dun tataravó.
Compaxina as dúas aprendi-
zaxes. Máis tarde traballará
tamén como carteiro.
Comeza aos 10 anos cun-
ha gaita de sabugueiro e
unha vuxiga de porco. Da
cana dun castiñeiro, fai
como un clarinete, que ten
un son suave e doce, distin-
to de todo.
Con 12 anos, recibe dun
amigo –Aurelio (Feás)–
agasallo inesperado: unha
gaita asturiana. Ensaia ás
agachadas, cando o pai sae
xogar a partida. Os mozos
lévano ao fiadeiro para que
toque; ao primeiro, faino
sen percusión; despois, con
caixa e bombo.
A súa muller, Celsa Se-guín Valencia, toca tamén
no fiadeiro: lata e cazola.
En 1944 ou 1945 créase
a banda de música de Cal-
vos e entra nela para to-
car o bombardino, que lle
custa 9.000 reais (entón,
a imposibilidade de adqui-
rir un instrumento arreda a
moitos da música). Apren-
de solfexo co profesor Gu-mersindo (Muíños), que
fora chamado para a banda.
Chega a tocar coa gaita na
banda de música.
Poucos anos despois,
ten que deixar de tocar na
banda porque aumentan os
encargos na xastraría pa-
terna.
Con tres fillos, crea a
orquestra River’s Play, que
cobra por seis (catro músi-
cos mais furgón mais equi-
po). Tocan no verán –pide
vacacións na cartería– por
toda Galiza, Zamora, León,
Asturias... e chegan a co-
brar 100.000 pesetas por
actuación. Seica os animara
o cura de Calvos, que to-
caba o acordeón e algunha
vez tamén saía con eles. A
orquestra desaparece cando
David Rivera Rivera
Celsa Seguín Valencia
42
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 42 11/5/05 09:55:27
os fillos marchan estudar á
universidade.
Os poucos días que para
na casa aproveita para pre-
parar cortes de pezas de te-
cido que a muller e outros
familiares se ocupan de
coser.
Tempo despois, comeza a
impartir clases de solfexo,
desinteresadamente, aos
alumnos da agrupación es-
colar de Calvos de Randín.
Funda e dirixe a banda de
gaitas de Calvos e a de Pi-
tões das Júnias (Portugal).
Propóñenlle a creación do-
utra banda en Lisboa, mais
rexéitao, por causa do afas-
tamento.
As evocacións de Da-vid animan tempos vellos:
as melodías de Modesto González (Sabucedo-A Por-
queira), que toca primoro-
samente a gaita –Senén Dacal toca con el a caixa
e Antonio Gómez, o bom-bo–; a interpretación dun
acordeonista cego de Turei
que fai estremecer o cor-
po; as fermosas cancións
que traen os operarios de
Vigo que veñen traballar
ás minas de volframio de
Padroso.
José González Vasallo (Rebordechao-Vilar de Ba-
rrio, 1933) nace en Barce-
lona mais vén para a Limia
con 8 meses.
Aos 15 anos fai unha
frauta traveseira de 8 bu-
racos dun cano de parau-
gas coa axuda dunha lima.
Pouco antes de marchar á
mili, merca unha gaita. No
servizo, toca a corneta e
faise tamén cunha frauta.Máis tarde, cómpralle
un acordeón de botóns ao
Brais, o Coisiñas, de Rio-
bó. Toca tamén a filhar-mónica e os chifres dos
capadores. Leva a música
na cabeza.
Vai aos fiadeiros tocar
frauta e gaita. Nunha oca-
sión, está tocando tres ho-
ras seguidas sen quitar a
gaita da boca porque había
uns que porfiaban en que
había cansar.
É un caso excepcional de
gaiteiro solista, sen acom-
pañamento de percusión.
Pouco despois de casar,
marcha para Suíza e leva
consigo a frauta. Á volta
da emigración, abandona a
música. Dedícase á labranza
e fai un pouco de todo: al-
banel, fontaneiro, louseiro,
electricista...
Acorda os malladores ve-
llos, cando a malla se facía
á man; púñanse dez de cada
lado e enterraban un pote
dos porcos na aira para que
os golpes resoasen ben.
A memoria aviva tamén
a figura dun cego de Viana,
home moi pándego que viña
coa muller e 16 fillos (!);
íanlles levar de comer (pan,
chourizos, castañas...). No
lugar era sonado o vello
Rosende e a filla, María Cristina Gómez, que sabían
máis dun cento de romances
e cuartetas.
A muller refire o caso da
banda de música de Vilar de
Barrio, á que lle dicían «Or-
questra Julio Rato, tocan
José González Vasallo
43
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 43 11/5/05 09:55:28
tres e bailan catro», pois
que nunca tocaba a banda
enteira, tocaban uns e bai-
laban outros.
Leopoldo Martínez Fe-rreiro (Montecelo-Baltar,
1934) é gaiteiro do grupo
Os da Raia, formado por
dúas gaitas, clarinete, caixa
e bombo.
Leopoldo toca a gaita; Modesto Díaz, de Sampaio,
gaita e acordeón; Manuel Pena, clarinete; Cándi-do Covelas, da Boullosa,
caixa; Darío Rodríguez, de
Sampaio, bombo.Leopoldo traballa de car-
pinteiro e de muiñeiro. É tem-
po de carboeiros nos montes;
el métese a tocar nos mon-
tóns de torgos para que non
o oian e non lle rifen.
Con 13 ou 14 anos, marcha
traballar a unhas minas de
León e bota alá 7 anos. Alí,
toca moito con dous curmáns
–Castor Martínez, caixa; Fe-lisindo Martínez, bombo– e
retorna moi ensaiado.
Argalla un bombo que se
acciona cun pedal mentres
toca a gaita.
De volta á Boullosa, toca
só co Cándido durante anos;
cando o seu fillo Antonio
cumpre os 10 anos, lévano
para tocar o bombo.No Entroido, despois de
tocar catro días e catro
noites, fican durmidos por
momentos e a gaita segue
soando soa. Estas son as
súas propias palabras: «Al-
gunha vez quedabámonos
dormidos e a gaita seguía
tocando; que me falte Dios
se minto!».
Fala dun gaiteiro de Lou-
reses, o Caldepán, que in-
terpretaba a canción «Os
trinta pesos do Antroido».
O Cándido afecciónase á
caixa desde neno; comeza a
tocar cunha lata, para a que
el mesmo fai os paus; ten
unha en cada prado para o
que vai coas vacas. Tamén
fai punteiros de bido, que
fura cun ferro quente.
Toca o tambor na banda
do exército, en Santa Cruz
de Tenerife; nas procesións
da Semana Santa e no Car-
naval. No servizo, aprende
a ler partituras; ensaian to-
dos os días, desde as nove
da mañá ao mediodía.
A agrupación Os da Raia
ten predilección por unha
canción que cantaban o sába-
do antes da Pascua: «Sabadi-
ño longo vaite xa, xa / que o
día de Pascua xa vén mañá».
Pasan noites enteiras
polos montes que levan a
Portugal. Lembra que en
ningún sitio comeran como
unha vez que foron tocar a
Pitões, a unha romaría que
se facía ao pé dun río e a
onde baixaban todas as mu-
lleres coas cestas á cabeza.
Os da Raia
Cándido Covelas e Antonio e Leopoldo Martínez
EN DO44
Muiñeira
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 44 11/5/05 09:55:30
Francisco Fernández Gómez (Gudín-Xinzo, 1936)
é gaiteiro cun repertorio
moi variado e actualizado.
Dedícase aos oficios de za-
pateiro e carniceiro.
De rapaz, pasa un ano in-
ternado en Vigo, no Hogar
y Clínica de Santa Fe de los
Hermanos de San Juan de
Dios, para ser operado polo
doutor José Troncoso. Du-
rante a espera, ensínanlle
vilancicos e cancións; en
máis dunha ocasión, pása-
lle pola cabeza dedicarse
profesionalmente á música.
Mais as circunstancias non
o van propiciar.
O gusto pola gaita nace a
raíz de escoitar o Gaiteiro de Guimarei, que anda po-
las aldeas cos pais montan-
do unha pequena comedia
para poderen comer algo.
O pai mércalle a primeira
gaita nun estabelecemen-
to da praza do Ferro, en
Ourense. Comeza a tocar
con dous irmáns de Lucenza
(Cualedro), Domingo e Ur-bano, que van coa caixa e
co bombo. Despois, forma
grupo con dous rapaces de
Gudín –Nicanor e Camilo– .
Axiña incorporan ao reper-
torio rumbas e boleros, rit-
mos que están moi en boga.
Fala duns gaiteiros vellos
de Gudín, que se chamaban
Os Tíos Mineiros.Confesa a súa querenza
por estar onde as mulleres;
recorda as foliadas nos fia-
deiros coa lata e a tixola.
Entón dicíase: «Hoxe hai
lata!». Non pode resultar
máis expresiva e sorpren-
dente a reprodución que fai
dos ritmos e sons: «Trúmpa-
la-trúmpala-Trúmpala-trúm-
pala-Trúmpala-trúmpala...»
(muiñeira); «Trum-patapa-
tapum-patapatapum-pa-
tapatapum-tralatacatán-
tralatacatrum...» (xota);
«Tan-talantán-talantán...».
Cantaruxa a «Muiñeira do
tío Espiño».
Aprende a tocar a filhar-mónica. Intenta tamén co
acordeón, que lle compra
a un portugués, mais a li-
mitación do brazo non llo
permite.
Manuel Carballo Carba-llo (Freixo-Sarreaus, 1938)
conserva unha gaita antiga,
con punteiro grande, de son
potente e groso. Segue in-
terpretando ao xeito vello.
Forma un grupo con dous
irmáns: Serafín –bombo– e
José –caixa.
Francisco Fernández Gómez
Manuel Carballo Carballo
45
Leopoldo Martínez FerreiroBoullosa (Baltar)
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 45 11/5/05 09:55:33
Os instrumentos mérca-
llos o pai a Samuel Gil de
Piñeira Seca.
El comeza a tocar a gaita
con 10 ou 11 anos; escápalle
coa gaita a un irmán máis
vello para practicar sen que
lle rifen. Toca desde os 13
aos 35 anos, que marcha á
emigración.
O Pepe de Atás, que sabe
solfexo e toca a gaita e va-
rios instrumentos da banda,
para un ano na súa casa, con-
tratado polo pai para que lles
ensine a tocar aos fillos.
Ten palabras de gabanza
para José Herminio Loren-zo Nóvoa, de Vilariño Frío,
que toca a frauta ou o cla-rinete, do que se fai moi
amigo e co que toca a gaita
a dúo algunha vez.
Volven á cabeza as roldas
que os mozos daban polos
lugares, tocando e cantan-
do todos xuntos, para en-
gaiolar as mozas.
Cando marcha para Ho-
landa, leva a gaita. As ho-
ras de espera na estación de
París onde teñen que facer
transbordo pásanas tocan-
do e cantando e suscitan o
aplauso cariñoso dos vian-
dantes. Cando volta da emi-
gración, deixa de tocar.
Os gaiteiros de Vilar (Calvos de Randín) consti-
túen un grupo moi parti-
cular.
Un acontecemento ex-
traordinario vén romper o
silencio e a monotonía da
vida da aldea.
Ás 3 da mañá do día 2 de
febreiro de 1944, un avión
cae na serra de Pena, na
raia con Portugal. Trátase
dun avión militar do exérci-
to canadiano que participa
na segunda Guerra Mundial
e perde o rumbo camiño de
Europa. Os seis tripulantes
morren no accidente. Son
soterrados no cemiterio de
Calvos de Randín; vinte e
seis anos máis tarde, son
repatriados polos familia-
res. O cargamento bélico
que transporta –bombas e
armas– fica esparexido polo
monte. Algunhas bombas,
demasiado pesadas, son
enterradas no mesmo lugar,
onde permanecen hoxe. Os
restos do aparello seguen
no sitio durante un ano,
até que uns chatarreiros os
mercan e trasladan en ca-
rros de vacas. Neste prazo,
os veciños do lugar apro-
veitan os restos do avión
para facer diversos utensi-
lios; entre eles, un bombo
e unha caixa, co corpo de
aluminio (tempos de autén-
tica reciclaxe).
A música en Vilar nace
co señor Nicanor Ferreira Vázquez (1912-1991), es-
pléndido cantor, que toca o
Manuel Carballo en Bilbao
46
Pasodobre
EN SIb
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 46 11/5/05 09:55:34
punteiro e é moi amante da
música.
De volta da guerra, o
gusto do señor Nicanor era
pórse a tocar e cantar para
xuntar a xente nova, sempre
contenta e disposta. A súa
paixón pola música é inna-
ta; desde ben novo, colle un
bombo de sardiñas, ponlle
unha baraza e vai tocando
cuns palillos atrás da banda
de música que ameniza as
festas. É Manuel Nocelo, director da Música Rabeo-sa, quen, ao ver a grande
afección á música que ten
o pequeno Nicanor, lle fai
o punteiro co que de maior
ensinará a tocar a algúns
mozos da localidade.
A mocidade de Vilar acor-
da facerse cunha gaita que
o Senén, fillo do secreta-
rio do concello –Rudesin-
do– trouxera de Madrid; a
cambio, fanlles un carreto
de leña para os dous (cada
mozo leva o seu carro).
Comeza a tocar a gai-ta Enrique Díaz Ferreira; despois, cóllea Cesáreo Ferreira Fernández, cando
xa forma dúo de frautas de buxo longas con Eduardo
(seu pai adquíreas nun es-
tabelecemento de Ourense;
cústanlle 200 ou 300 pese-
tas). Finalmente, faise car-
go da gaita Eduardo Rivas Pérez, até que se cansa de
tanto baile. Entón, cómpra-
lle a un rapaz un clarine-te (requinto). Na casa de
Eduardo hai taberna, que
tamén é zapataría, mais son
moitas as bocas para comer
(oito irmáns).
Crean unha singular for-
mación musical: dúas frau-
tas, gaita, bombo e caixa.
Ás veces, deixan a gaita;
cando tocan as dúas frau-
tas –teñen o mesmo ton–, a
xente di que se escoita unha
soa voz. Dálles por mollalas
para mellorar a melodía
mais vanse estragando ao
contacto co sol e o ar.
Saen a tocar a todos os
lugares da contorna sen co-
braren; son 14 ou 15 mozos
que van ás mozas. Tocan
tarde e noite na aira dos
bailes á tarde; os músicos
relévanse para poder bailar
tamén algo. Cando van to-
car ao fiadeiro, este semella
unha auténtica discoteca.
Sobriño do tío Nicanor,
Francisco Vázquez Ferreira
(Vilar-Calvos de Randín, 1941)
Pola ponte da Lagoa
Trinta e cinco xastres van
As maos cargadas de fouces
Para matar unha ra.
Viva, viva Folgosiño,
Folgosiño ha de vibrar;
viva, viva Folgosiño,
la flor de la mocedá.
47
Francisco Fernández GómezCualedro
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 47 11/5/05 09:55:35
comeza a tocar cunha frauta
de madeira que lle mercan os
pais na feira de Calvos.
Cando se desfai a banda
de música de Calvos –tem-
pos de intensa emigración a
Europa– faise co clarinete dun músico.
Un seu curmán, Raúl Fernández Ferreira, con-
segue tamén unha gaita. Os
dous andan polos 18 anos e
comezan a ensaiar xuntos.
Eles son os creadores da de-
nominada Música de Vilar ou Gaiteiros de Vilar.
Eles mesmos constrúen
os instrumentos de percu-
sión dunha chapas de zinc
que achan nunha caseta
abandonada das obras da
estrada a Pitões. Celso Fe-rreira Fernández encárgase
do bombo e Recaredo Pena Vázquez, da caixa.
Algo despois, incorpórase
outro clarinete, que toca
Manuel Pena Fernández.
As actuacións vense inte-
rrompidas polo servizo mili-
tar e a emigración dalgúns
compoñentes.
A agrupación refaise uns
anos máis tarde, coa entra-
da de Francisco Ferreira Vázquez –gaita– no posto
de Raúl, que non volta. Ma-nuel toca agora a gaita, xa
que no servizo militar entra
na banda de gaitas do exér-
cito de Ceuta (cando chega
había unha agrupación de
chirimías ou gaitas mouras;
el mesmo encarga seis gai-
tas e oito punteiros).
Fan adaptacións ao seu
xeito, procurando harmoni-
zar os sons de clarinete e
gaita. Aprenden das bandas
de música e das cancións
que senten na radio; nos
anos 60, chega a electrici-
dade a estas aldeas, e con
ela os primeiros aparellos
de radio; logo, os de tele-
visión, de onde collen as
cancións de Eurovisión, que
transmiten moitas veces.
Francisco Vázquez recor-
da ter visto, nunha ocasión,
sendo moi pequeno, un gra-
mófono, cuns discos gran-
des, que trae alí unha per-
soa foránea, ambulante, e
co que se organiza un baile.
Cando van tocar a unha
localidade algo distante,
fan noite alí; tocan dous ou
tres días. Cobran 1.000 pe-
setas por día de festa, e 500
pola verbena; considéranse
ben pagos para a época.
Teñen que ir tocar a
Ourense, en representa-
ción do concello de Calvos
de Randín, con motivo da
visita de Franco a Ourense
para inaugurar a liña férrea
Zamora-Ourense en 1957.
No parque de San Lázaro
xúntanse grupos de gaitei-
ros de todos os municipios
da provincia. Nada reciben
como compensación.
Música de Vilar
O puebliño de Perrelos
é ruín porque o fan;
se lle botan a semente,
meniña, morena,
inda da o azafrán.
Si lle botan a semente,
meniña, morena,
inda da o azafrán.
48
Muiñeira da Raia
EN DOBRILLANTE
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 48 11/5/05 09:55:37
No seu repertorio, teñen
pezas singulares, como a
que eles chaman «Muiñeira
do Padre Silva», difundida
pola Sección Femenina, ou
a «Muiñeira da Raia», que
aprenden da banda de mú-
sica de Calvos. Tocan pezas
rumbosas, que gusta de bai-
lar a xente. Francisco sig-
nifica que o seu tío Nicanor
e a súa nai eran magníficos
bailadores de muiñeira.
A memoria recrea unha
agrupación diferente, que
ten vínculos coa Música de Vilar.
A Música Rabeosa, coñe-
cida tamén como Música Pe-quena, é unha orixinal for-
mación da primeira metade
do século XX, unha pequena
banda que reúne músicos de
certa idade e de diversas
localidades (bastante infre-
cuente na época). O cualifi-
cativo de «rabeosa» ou «ra-
biosa» recíbeno por seren
moi bravos tocando; ritmos
moi vivos e con moita carga
sonora. Tocan apurados e,
para seguilos, os bailadores
teñen que comer un paso
que outro. Teñen moito éxi-
to pola zona porque cobran
algo menos que as bandas
de música tradicionais. Ex-
presión da alegría musical.
O seu fundador e director
é Manuel Nocelo Díez (Go-
mariz-Baltar, 1898-1962), es-
tabelecido en San Martiño
(Baltar), artista e bo mozo,
que toca o clarinete coa
cana para arriba e tamén
canta, alternando; leva a
batuta da formación.
Entran tamén dous ir-
máns –Eudosio e Eligio–,
de Gomariz, que tocan
bombardino e trombón, respectivamente, e un mú-
sico da banda de Celanova
que casa en Tixós –Sile-sio– e que toca a trompe-ta (cornetín). Da percusión
ocúpanse un home de Laroá
e outro da Granxa ou de San
Cibrao –Cipriano–, perto
de Verín, que tocan a caixa, e un veciño de Tixós –José Benito–, que toca o bom-bo; algo máis tarde, incor-
pórase Manuel, fillo do fun-
dador, coa caixa. Hai quen
fala tamén dun contrabaixo
de metal.
Manuel Nocelo Díez, la-
brego e carpinteiro, tamén
fabrica punteiros de buxo,
que fura con trado e ferro
quente, para quen llo soli-
cita; faille un ao señor Ni-canor.
O puebliño de Perrelos,
ao lonxe parece vila,
se non fosen os outeiros,
meniña morena,
que ten ao lado da vila,
se non fosen os outeiros,
meniña morena,
que ten ao lado da vila.
E neste pueblo de aquí,
Os homes baixos van:
Hainos na feira de Xinzo,
Vintecinco por un can.
49
Música de VilarVilar (Calvos de Randín)
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 49 11/5/05 09:55:37
mio bailando unha muiñeira
cunha compañeira de Lugo.
Ao regresar, instálase en
Xinzo, onde abre o bar Ve-
necia. Funda a asociación musical Segrel, reorganiza
os Gaiteiros de Baronzás e
recompón a banda de músi-
ca da vila.
Imparte docencia de gai-ta en boa parte dos con-
cellos da Limia durante 20
anos: Trasmiras, Cualedro,
Baltar, Os Blancos, Vilar de
Santos, Sandiás, Xinzo...
En Xinzo, forma unha das
primeiras bandas de gaitas
da provincia e, tamén, un
grupo de acordeóns.
Cando comeza cos Gai-teiros de Baronzás –levan
moitos anos sen tocar–, cos
que toca o acordeón, a gaita
é obxecto de certo menos-
prezo; asociado a tempos de
miseria e fame, a imaxe que
perdura do gaiteiro está moi
distorsionada, como o palla-
so da festa, que se emborra-
cha e toca toda a tarde-noi-
te e dorme nos palleiros.
Con alumnos da escola
musical, crea o grupo de
gaitas Venecia, formación
de tres gaitas, acordeón,
tambor e bombo. Teñen ac-
tuacións en diversas cida-
des galegas, en Portugal, en
Luxemburgo e en Francia.
Excelente intérprete,
Delfín García Rodríguez (Soutelo-Trasmiras, 1952)
herda a afección á música do pai –Marcial–, que toca
gaita e clarinete, e de dous
tíos paternos. O pai fora
aprender a tocar a gaita ás
Casas dos Montes (Oímbra)
co Avelino, e pagaba con
sacos de patacas. Todos os
da familia son coñecidos
polo alcume de Rato.Marcial formara un gru-
po de gaitas e, dado o alto
custo dunha banda de mú-
Vai contratada, sobre
todo, ás pequenas locali-
dades da contorna. O seu
caché é de 25 pesetas por
actuación (!).
Desaparece no ano 1949,
por causa da orde de sindi-
cación para os músicos, que
os obriga a desprazarse a
Xinzo para tirar o permiso
correspondente a cada ac-
tuación (esta disposición
provoca o silencio de bas-
tantes grupos e solistas).
Antonio Estévez Velo-so, o Venecia (Santiago de
Rubiás-Calvos de Randín,
1944) débelle o sobrenome
a unha estancia na cidade
das rúas de auga. Aos 10
anos, marcha a estudar aos
curas a Madrid.
Emigrante en Alemaña,
toca o acordeón e a filhar-mónica. Nun certame de
baile que se celebra neste
país, gaña o primeiro pre-
Antonio Estévez Veloso
Os Francos, os Gaiteiros de Baronzás e o Venecia
EN SIb50
Muiñeira
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 50 11/5/05 09:55:40
sica, formaba unha reduci-
da agrupación con músicos
da banda de Trasmiras para
amenizar festas pequenas.
Con 9 anos, o pai comeza
a levalo ás festas para tocar
o bombo e a caixa. Aprende
a tocar a gaita sen que seu
pai lle ensine.
Fabrica os seus propios
instrumentos e compoñen-
tes: gaitas, tambores, bom-
bos, palletas, pallóns. Gaitas
feitas de pau-santo e pau-
rosa. Para el, unha das me-
llores madeiras é a de breixo
ou urce –de flor azul, branca
ou vermella–, tan fermosa
como a de buxo e case tanto
como a de granadillo.
Aos 18 anos marcha para
Alemaña e leva gaita, que
toca nas horas libres. Fai o
servizo militar en Cádiz e mé-
tese na sección de gaitas (ga-
legos, vascos e asturianos).
Ao licenciarse, emigra a
Suíza. Alí, no seo da Socie-
dade Sementeira (Basilea)
forma unha agrupación fan-
tástica, con nove gaitas
(xente de Pontevedra, da
Coruña e de Ourense), á
que lle pon o nome de Os Ratos. Estando en Suíza,
fai á navalla unha gaita
completa. Ten grande re-
lación cos de Cántigas da Terra, que viaxan moito
por alí.
A peripecia vital lévao a
Zaragoza, Santiago de Com-
postela, Pontevedra, Vigo e,
novamente, a Suíza.
De volta á Terra, organi-
za unha grande agrupación,
con 33 rapaces, que dura
pouco por falta de apoio das
institucións. Sae tocar con
pequenas formacións: gai-
ta, clarinete, caixa e bombo
ou saxofón, clarinete, gai-
ta, caixa e bombo.
Delfín é o único artesán
que segue co oficio na Li-
mia; moitos gaiteiros da co-
marca e de zonas lindantes
tocan coas súas gaitas.
Sinala que el e o pai fo-
ran dos primeiros en tocar
a dúas voces nas terras da
Limia.
Sostén que o gaiteiro non
quere ser dirixido cun bas-
tón de mando; que un bo
gaiteiro ten que ir ás festas
e tocar para que a xente
baile.
O SABOR DA MELODÍA
O acordeón entra máis
tarde na música galega mais
deseguida sintoniza co sen-
timento popular. O primeiro
fora patentado en Austria
en 1827 polo inmigrante ar-
menio Cyrill Demian.O acordeón bisonoro ou
diatónico –acordeón de botóns en designación po-
pular, concertina en Portu-
gal– caracterízase por dar
Delfín García Rodríguez no taller
51
Delfín García RodríguezSoutelo (Trasmiras)
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 51 11/5/05 09:55:42
Jesús Gómez Domín-guez (Mendoia-Pobra de
Trives, 1892-1983) é un dos
acordeonistas máis vellos
dos que se ten noticia pre-
cisa.
Achégase ás terras da Li-
mia vendendo viño. En Vide
coñece a súa muller; instá-
lase en Vilar de Barrio.
Toca o acordeón diatóni-co ou de botóns e canta ao
mesmo tempo.
Emociónase e chora can-
do escoita tocar as bandas
de música.
Figura relevante é Clau-dio González Añel (Velle-
Ourense, 1916-1993), coñe-
cido no futuro como o Cuco de Velle, que se fai limiao
de adopción por fidelidade
á romaría da Saínza.
A peripecia vital tráeo a
terras limiás (seu pai Joa-
quim, de procedencia por-
tuguesa, excelente albanel
e pintor, tras breve estancia
en Velle, fixara a residencia
na Aldea do Muíño-Rairiz de
Veiga).
Participa na guerra civil,
a pesar dun serio contratem-
po que tivera cos falanxis-
tas, do que o librara seu
avó Antonio Albán. Á volta
da guerra, merca o seu pri-
meiro acordeón. Desavinzas
familiares lévano, coa súa
muller, a Sanguñedo (Ve-
rea) onde moran durante
un ano. O Claudio comeza a
tocar polas festas da zona,
como amenizador do café
ambulante que posúen o
Luís e a Lola, da Aldea, aos
que está unido por unha ve-
lla amizade.
Retornan a Velle e abren
o estabelecemento A Pa-
lleira, que ao primeiro fora
tamén local de baile.
Viaxa en bicicleta co
acordeón ás costas para
participar en festas e ce-
para o mesmo botón notas
diferentes segundo se es-
tea abrindo ou pechando
o fol.
O acordeón de teclas, tipo piano, con baixos cro-
máticos, e unisonoro –fai a
mesma nota cando abre e
pecha o fol–, o máis esten-
dido na actualidade, fora
inventado en Italia no ano
1897 por Paolo Soprani.A súa adopción é moi
rápida, incentivada polos
operarios portugueses que
atravesan a raia para tra-
ballaren a xornal e polos
emigrantes que voltan de
América.
Dura competencia para
a gaita, señora dos instru-
mentos. Para facer o baile,
sae moito máis barato un
acordeonista que unha for-
mación de gaiteiros. Por
iso, algúns gaiteiros alter-
nan a interpretación cos
dous instrumentos.
Os mociños de Trandeiras
Todos ten as pernas tortas
Uns sirven para varillas
E outros para francos de portas.
Os mociños de Folgoso
Están todos no sombrío
E non valen todos xuntos
O coste dun asubío.
Mazurca
ACORDEÓNDIATÓNICO
Acordeón de teclas, de Nilo Jardón
52
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 52 11/5/05 09:55:43
lebracións, até localidades
tan distantes de Ourense
como Trives. Devoto da fes-
ta da Saínza, alonga as noi-
tes da celebración tocando
sen parar durante horas. O
feitizo do acordeón move
os pés e os ánimos dos máis
festeiros.
Magnífico bailarín e can-
tante solista da celebrada
Coral de Ruada, así como
divertido contacontos e
relator de historias e su-
cedidos. Chega a realizar
máis dun cento de brillantes
actuacións no prestixioso
café-cantante A Bilbaína,
da rúa do Paseo en Ourense.
Entre os anos 1955 e
1965 forma orixinal dúo –
acordeón e batería– co seu
sobriño, Antonio Pousa. En Maceda, enchen durante
anos, todos os catro e vinte
de cada mes –días de popu-
losa feira– o popular baile
do Quintas.
Máis adiante, crea a exi-
tosa Charanga do Cuco de Velle –privilexiada anima-
ción da mañá dos domingos
na taberna A Palleira–, que
actúa por primeira vez para
o público na sala Dominique
da cidade de Ourense no ano
1980. A charanga logo será
convidada a participar en
diversos programas televi-
sivos. Gravan varios discos,
que axiña han atinxir sona.
Entre as moitas distin-
cións que recibe, hai que
significar a Insignia de Ouro
do Centro Galego de Madrid,
que lle é entregada o día 6
de febreiro de 1982.
No ano 1988, tribútaselle
emotiva e merecidísima ho-
menaxe, na que participan
máis de dúas mil persoas,
expresión de recoñecemen-
to e gratitude da sociedade
ourensá á súa traxectoria
artística e vital.
Manuel Nocelo Jardón (San Martiño-Baltar, 1928)
comeza de rapaz a tocar a
caixa na antes citada Músi-ca Rabeosa.
Aprende a tocar o acor-deón de botóns seguindo
os pasos de seu pai, Manuel Nocelo Díez. Fai os bailes
dos domingos e festivos e
ameniza vodas, bautizos e
festexos por todos os luga-
res da zona. Cobra 20 pese-
tas pola tarde; e 30, pola
tarde e a noite (máis a cea).
En Feás, un home dálle 5
pesetas por interpretarlle
«Carmelilla».
Ten un repertorio moi
amplo, que vai collendo
das músicas (bandas) que
escoita. Manifesta que
podía tocar todo o día e
boa parte da noite sen re-
petir unha peza; e salién-
tao con atinada e sabia
expresión: «A intelixencia
do oído!».
Manuel Nocelo Jardón
Manuel Nocelo JardónSan Martiño (Baltar)
53
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 53 11/5/05 09:55:45
Toca co acordeón do pai
e con outro que merca el en
Ourense. De tanto tocar, fú-
rase a miúdo o fol, que hai
que remendar cada pouco.
Un véndello a un home de
Tixós, Bautista, que o quere
para tocar só na casa.
Nunha ocasión, en San-
tiago de Rubiás, coincide
tocando cuns gaiteiros de
Vilar; ao chegar a noite,
despiden os gaiteiros e se-
gue el só até as tantas da
mañá. Toca no cuartel da
Garda Civil, sentado no alto
dunhas trabes que meteran
alí.
Outra vez, en Feás, polo
San Miguel, toca tres ou ca-
tro pezas e observa que os
mozos están parados miran-
do para el; vai á procura do
contratista e dille: «Ou non
entenden o meu toque ou
non queren bailar. Se toco e
bailan, toco; se non, collo e
marcho pr’a casa».
Vai tamén moito aos
fiadeiros; alterna as súas
interpretacións co toque
da lata (non hai cantos).
El tampouco canta nunca
mentres toca; sinala que se
concentraba totalmente no
son do acordeón.
Deixa de tocar aos 60
anos, por causa dunha mul-
ta que lle poñen en Feás por
non ter o permiso para a
actuación, que había que ir
buscar a Xinzo.
Subliña que o acordeón
e a frauta xuntos son unha
beleza.
Nilo Jardón Feijoo (San
Martiño de Peros-Baltar,
1933) dedícase á labranza,
á carpintaría e á floresta.
Aos 18 anos, vai con va-
rios veciños á seitura, por
Medeiros, A Xironda, Novás,
Verín...
Cos cartos gañados, mer-
can unha concertina.Máis adiante, faise cunha
concertina de madeira, de
dúas carreiras. En Ponfe-
rrada, adquire un acordeón
de teclas, con palletas de
cobre.
Aínda compra un acordeón piano de doce baixos, que
lle resulta pouco manexábel
e opta por cambialo.
Toca pezas do repertorio
tradicional galego e do por-
tugués.
Fala dun acordeonista
máis vello de San Martiño
–Antonio–, moi bo intér-
prete.
As referencias a outros
acordeonistas son menos
precisas:
Antonio, o Blanco (Pe-
rrelos-Sarreaus), emigra a
Cuba e alá coincide con Li-sardo Paradela Rodríguez, pai do gaiteiro Fernando Paradela. Mercan un acor-deón de botóns e aprenden
a tocar os dous. Morre fusi-
lado na guerra civil.
Fernando recorda, con
especial emoción, unha mui-
ñeira que el interpretaba.
José Antonio Anta-ñón Salgado (Sabucedo-A
Porqueira) emigra, de 18
anos, a Buenos Aires, onde
aprende a tocar o acordeón.
Nilo Jardón Feijoo
54
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 54 11/5/05 09:55:46
Cando regresa, ten 50 anos.
Como non ten instrumento,
os fillos do médico de Xinzo
tráenlle, ás veces, un acor-
deón de botóns para que o
toque. Comentan que seica
o facía cantar. Interpreta
todo tipo de pezas: tangos,
muiñeiras, xotas...
Manuel Penín Moure (Ouvigo-Os Blancos) toca o
acordeón de botóns na súa
aldea, antes de emigrar ao
Brasil, onde falece.
José Gómez (Ouvigo-Os
Blancos) toca tamén o acor-deón de botóns e ameniza
os bailes dos domingos para
a mocidade do lugar.
Agustín Vázquez Sal-gado (Vilar-Calvos de Ran-
dín), tío-avó de Francis-co Vázquez Ferreira, moi
afeccionado á música, toca
moi ben un vello acordeón de botóns que trouxera de
Cuba. Fala moito dos Sali-
nas de Bande, magníficos
gaiteiros.
O señor Xoquín, o Car-
boeiro, de orixe portugue-
sa, que se estabelece en
Vilar (Calvos de Randín),
precisa un grolo de viño
para comezar a tocar o
acordeón. Ten unha man
cos dedos atrofiados, o que
non é impedimento para a
interpretación; toca pezas
tradicionais portuguesas
(fados e viras).
Felisindo de Guntimil (Xinzo de Limia) toca un
acordeón pequeniño. Vai de
criado a Lamas, para a casa
do tío Herminio, onde fai
baile os domingos.
Brais, o Coisiñas de
Riobó (Vilar de Barrio), ao
tocar o acordeón fai algo
así como «Ñéñeñe ñéñeñe
Ñéñeñe ñéñeñe...» e unha
xesticulación facial moi par-
ticular.
Eulogio de Castelaus (Calvos de Randín), que
ten chepa e vive coa nai.
Ás veces, toca o acordeón
de teclas na cantina que
rexenta para atraer a mo-
cidade e que faga algún
gasto.
Bautista Cuquejo (Cu-
quexos-Os Blancos) anda
tocando de mozo, sobre
todo nos fiadeiros.
A MELODÍA DA VIDA
A música, auga da alma, é
remedio eficaz para aliviar
as duras fatigas do corpo e
sandar as feridas asañadas
da mente. Paixón e fascina-
ción que manteñen acesa a
vida.
O infatigábel etnólogo
Xoaquín Lorenzo salienta
no estudo introdutorio ao
Cantigueiro popular da Li-
mia Baixa (1973): «O galego
nasce antre cantigas, vive
cantando e, despóis do seu
pasamento, a súa lembranza
manténse antre cantigas».
A crónica musical do sé-
culo XX nas terras da Limia
confirma a tese do investi-
gador ourensán. A música
Tecedeira, tecedeira,
Tecedeira do bon lenzo
Tes o tear na Portela
Todos os aires che dan
Todo o meambre che creba.
Acordeón diatónico Munot, propiedade de Félix Castro
55
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 55 11/5/05 09:55:47
é elemento fundamental
na sociedade campesiña,
ingrediente imprescindíbel
para unha existencia equi-
librada e harmoniosa, la-
boriosa e leda, tolerante e
solidaria.
A Limia non é terra ruda e
inculta, como quere propa-
gar o prexuízo interesado e
ignorante. É dona de valio-
sísimo patrimonio cultural,
magnífico tesouro, creación
conxunta de innúmeras
persoas, coñecidas e anó-
nimas.
Os músicos populares
tradicionais son artistas
xenerosos, conscientes de
viviren tempos míseros, de
recursos escasos. Plena-
mente integrados na colec-
tividade, nunca se gaban
do seu talento artístico nin
procuran privilexios sociais.
Viven coa mesma dignidade
e mesura os momentos glo-
riosos de recoñecemento e
as etapas sombrías de si-
lencio.
A historia da música tra-
dicional da Limia é tamén
fascinante tratado da for-
ma de vida do mundo rural.
Expresión de entusiasmo e
participación, que ten na
palabra e na melodía os
máis sólidos esteos para
afirmarse.
Os limiaos temos grande
débeda de gratitude cos
músicos tradicionais. Esta
homenaxe é apenas o limiar
dos múltiplos recoñecemen-
tos que teñen de materia-
lizarse no urxente proceso
de reconstrución de que é
merecente esta terra.
O alalá, talvez a nosa
creación musical máis au-
téntica, soa de maneira es-
pecial nos versos da exqui-
sita composición do poeta
trivés Manuel Luís Acuña
(Fírgoas, 1933). As imaxes
poéticas que nela se deitan
ben poden ser aplicadas a
todos os músicos da Limia
que nos agasallan coa súa
arte e o seu saber.
Alalá
Frecha de vento aceirado
–cantar que canta nos dedos–
Daban as doce na lúa.
Ailalala... ailalelo!
Luzada na media noite
–lengoa de lume no preto–
Cantar que canta no sangue.
Ailalala... ailalelo!
O vento ciscóu estrelas.
Escorrentaron os medos.
Esta noite noite noite...
Ailalala... ailalelo!
Acordeón diatónico Regal, propiedade de Félix Castro
56
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 56 11/5/05 09:55:49
BIBLIOGRAFÍAAs obras marcadas con
asterisco conteñen as
coplas que foron em-
pregadas como ilus-
tración nesta obra.
ALONSO ESTRAVIS, Isaac: A fala dos concelhos de Trás Miras e Qualedro, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 1998 [tese de doutoramento].
— «Literatura popular tradicional no concelho de Qualedro», Raigame (Ourense), n.º 0, 1995, pp. 30-39.
ÁLVAREZ CAMPOS, Xavier: «Música e canto na Limia», Aunios, n.º 2, 2000, pp. 77-80.
CARNEIRO, Xosé Lois: Antela. A memoria asolagada, Vigo: Xerais, 1997.*
CASTRO FLOXO: Cancioneiro popular da provincia de Ourense. Comarca da Limia, vol. II, Ourense: Deputación de Ourense, 2003.*
— Danzas gremiais e procesionais da provincia de Ourense, vol. I, Ourense: Deputación de Ourense, 1999.
— Danzas gremiais e procesionais da provincia de Ourense, vol. II, Ourense: Deputación de Ourense, 2000.
CASEIRO NOGUEIRAS, Delfín: A romaría da Saínza. Mouros e cristiáns, Ourense: Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2003.
— «Xoaquín Lorenzo Fernández e o cantigueiro popular», Raigame (Ourense), n.º 19, 2004, pp. 74-91.
DIOS MARTÍNEZ, Manuel de: «O primitivismo do alalá», Boletín Auriense (Ourense), t. V, 1975, pp. 207-217.
FERNÁNDEZ ALONSO, Benito: Cantigas do pobo. Entrimo (Orense). Biblioteca de tradiciones populares españolas, t. IV, Sevilla, 1884.
GÓMEZ CANO, Francisco Xosé: «O señor Xoán Ferreiro, gaiteiro de Laroá. O músico sen papel», Raigame (Ourense), n.º 1, pp. 17-27.
GONÇALVES, Gonçalo: Cancioneiro temático da Ribeira Lima, Viana do Castelo: Câmara Municipal, 1992.
LÓPEZ CUEVILLAS, Florentino, e Xaquín Lorenzo Fernández: Vila de Calvos. Notas etnográficas e folklóricas, Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos, 1930.*
LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Baixa Limia, Vigo: Galaxia Fundación Penzol, 1973 (reedición corrixida e acecentada, Ourense: Colectivo Castro Floxo-Deputación, 2005) .*
— «Notas etnográficas da Terra de Lobeira: o liño e a lá», Arquivos do Seminario de Estudos Galegos (Santiago de Compostela), t. VI, 1933, pp. 25-84.
MANDIANES CASTRO, Manuel: «Los canales de la tradición oral en la Limia Alta», Boletín Auriense (Ourense), t. XIV-XV, Ourense, 1986, pp. 231-249.
— Loureses. Antropoloxía dunha parroquia galega, Vigo: Galaxia, 1984.
RIVAS QUINTAS, Elixio: A Limia: Val da Antela e Val do Medo, Ourense: Deputación, 1985.
SABURIDO NÓVOA, Xosé Luis, e David Blanco Salgado: Tradicións da comarca da Limia. Literatura popular, Santiago de Compostela: Lea, 1998.*
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 59 11/5/05 09:55:49
BALTAR
GomarizMontecelo
San Martiño dos Peros
Vilamaior da Boullosa
OS BLANCOS
Os CuquexosNocedo
LouresesOuvigo
Pixeirós
CALVOS
Calvos de RandínCastelaus
MeausParadela
Demetrio Ferreiro (gaita) páxina 32
Juan Antonio Martínez (gaita) páxina 32
Severino Martínez Ferreiro (gaita) páxina 32
‘A Música Rabeosa’
Manuel Nocelo Díez (clarinete) páxina 49
Manuel Nocelo Jardón (acordeón diatónico) páxina 53
Nilo Jardón Feijóo (acordeón) páxina 54
‘Os da Raia’
Leopoldo Martínez Ferreiro (gaita) páxina 44
Cándido Covelas Díaz (caixa) páxina 44
Rudesindo Rivas (gaita) páxina 32
Bautista Cuquejo (acordeón) páxina 55
Celso Martínez Castro (gaita, acordeón diatónico) páxina 38
‘Eiroá de Nocedo’
Delfín Martínez Castro (gaita) páxina 38
O Caldepán (gaita) páxina 44
Manuel Penín Moure (acordeón diatónico) páxina 55
José Gómez (acordeón diatónico) páxina 55
Manuel Salinas (gaita) páxina 38
David Rivera Rivera (gaita) páxina 42
Adesio Barrio Salgado (gaita) páxina 34
Eulogio (acordeón diatónico) páxina 55
Antonio Alonso (acordeón diatónico) páxina 37
Celso Álvarez (frauta de chaves) páxina 37
Honorio Alonso Romero (gaita) páxina 37
ÍNDICEEste pequeno índice
toponímico e onomás-
tico pretende ser unha
guía do Catálogo, e
non un rexistro ex-
haustivo dos músicos
nel citados. Dentro das
agrupacións musicais,
cítase só neste índice
a persoa informante,
aínda que o resto dos
membros aparezan no
texto.
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 61 11/5/05 09:55:50
Santiago de RubiásVilar
PORQUEIRA
Forxa
A GándaraParadela
Sabucedo
San LourenzoXocín
RAIRIZ DE VEIGA
Aldea do MuíñoCarballal
Pegas
Pereira
SANDIÁS
Piñeira de Arcos
O Cervos (acordeón) páxina 37
Agustín Vázquez Salgado (acordeón diatónico) páxina 55
‘A Música de Vilar’
Francisco Vázquez Ferreira (clarinete) páxina 47
Cesáreo Ferreira (gaita, frauta) páxina 47
Eduardo Rivas (frauta) páxina 47
Enrique Díaz Ferreira (gaita) páxina 47
Nicanor Ferreira Vázquez (punteiro) páxina 45
Xoquín ‘o Carboeiro’ (acordeón diatónico) páxina 55
Francisco Salgado Méndez (gaita) páxina 28
Primo (gaita) páxina 29
José Dacal Peaguda, ‘o Cego da Gándara’ (violín) páxina 16
Francisco Marra (gaita) páxina 30
José Antonio Antañón Salgado (acordeón diatónico) páxina 54
Modesto González (gaita) páxina 43
José Durán Martínez (gaita) páxina 30
Ignacio Fernández Barro (gaita) páxina 29
Claudio González Añel ‘o Cuco de Velle’ (acordeón) páxina 52
Ernesto Araújo Pérez (gaita) páxina 35
Manuel Corderí (gaita) páxina 26
Ramón Corderí (gaita) páxina 26
José Quintas Ribao (acordeón) páxina 18
‘O Orneallo de Piñeira’
Manuel Otero (gaita) páxina 33
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 62 11/5/05 09:55:50
SARREAUS
FreixoNocelo da Pena
Perrelos
SasSarreaus
Vilariño Frío
TRASMIRAS
EscornaboisSoutelo
VILAR DE BARRIO
Rebordechao
RiobóVilar de Barrio
VILAR DE SANTOS
Parada de Outeiro
‘Aires da Limia’
José Otero Fernández (caixa) páxina 33
Manuel Carballo Carballo (gaita) páxina 45
Julio Pérez Carballo (gaita) páxina 10
Lisardo Paradela Rodríguez (acordeón diatónico) páxina 39
Antonio ‘o Blanco’ (acordeón diatónico) páxina 54
Ángel López Villar, ‘o Cego de Sas’ (violín) páxina 15
Elías Losada (canto) páxina 40
Fernando Paradela Lage (gaita) páxina 39
Hermelinda Seguín Matías (canto) páxina 21
José Herminio Lorenzo Nóvoa (gaita) páxina 26
Francisco Villarino Ojea (gaita) páxina 34
Delfín García Rodríguez ‘o Rato’ (gaita) páxina 50
Marcial García Gutiérrez (gaita) páxina 50
José González Vasallo (gaita) páxina 43
María Cristina Gómez Gómez (canto) páxina 19
Rosendo Gómez (canto) páxina 19
Brais ‘o Coisiñas’ (acordeón diatónico) páxina 43
Jesús Gómez Domínguez (acordeón diatónico) páxina 52
Centro de Desenvolvemento Rural Eirada (canto) páxina 23
Carmen Bouzas Quintas (canto) páxina 24
Dolores Bouzas Quintas (canto) páxina 24
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 63 11/5/05 09:55:50
XINZO
Baronzás
Ganade
Gudín
GuntimilAs Lamas
Laroá
Piñeira SecaXinzo
OUTROS CONCELLOS
BANDE
BuxánCarpazás
LAZA
Alberguería
Manuel Dapoza Quelle (canto) páxina 24
Isabel Santana Bouzas (canto) páxina 24
‘Airiños de Antela’
Felisindo Sotelo Iglesias (gaita) páxina 40
José Villarino Rodríguez (gaita) páxina 40
Antonio González Franco (gaita) páxina 41
Celso González Dafonte (artesán) páxina 13
José da Corredoira (gaita) páxina 42
Francisco Fernández Gómez (gaita) páxina 45
‘Os Tíos Mineiros’ páxina 45
Felisindo (acordeón diatónico) páxina 55
‘Os Picoutos’ páxina 25
Jerónimo Ferreiro Rodríguez (gaita) páxina 27
Juan Ferreiro Ferreiro (gaita) páxina 27
Manuel Grande Gómez (gaita) páxina 38
Antonio Estévez Veloso ‘o Venecia’ (gaita) páxina 50
Jesús Casal Lois (tenda de instrumentos) páxina 13
‘Os Antelanos’
Alfonso Villarino Rodríguez (gaita) páxina 31
Sergio Ramos Fernández, ‘o Cego de Buxán’ (violín) páxina 17
‘Os Feijoos’
Dámaso Feijoo González ‘o Damas’ (gaita) páxina 32
José Lorenzo, ‘o Cego de Alberguería’ (violín) páxina 15
CATALOGO MUSICOS LIMIA [ch].indd 64 11/5/05 09:55:50