CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
2
ÍNDICE
Grao de consecución dos obxectivos plantexados na Programación Xeral Anual 3
ANEXO I: Memoria do Equipo Docente de Educación Infantil 16
ANEXO II: Memoria dos Equipos Docentes de Educación Primaria 21
Primeiro Ciclo de Educación Primaria 22
Segundo Ciclo de Educación Primaria 28
Terceiro Ciclo de Educación Primaria 32
ANEXO III: Memoria do Departamento de Orientación 36
ANEXO IV: Memoria de Dinamización Lingüística 44
ANEXO V: Memoria de Actividades Complementarias e Extraescolares 62
ANEXO VI: Memoria da Biblioteca Escolar 70
ANEXO VII: Memoria do Equipo de TIC 99
ANEXO VIII: Memoria da Sección Bilingüe 102
ANEXO IX: Memoria do Programa de Mellora do Éxito Escolar 105
ANEXO X: Memoria da Comisión de Coordinación Pedagóxica 111
ANEXO XI: Memoria de Actividades Extraescolares organizadas pola ANPA “Fendetestas” 114
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
3
MEMORIA CURSO 2013/14
GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS PLANTEXADOS NA PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
Obxectivo 1: Traballar cara a unha educación comprensiva e sensible ás diferenzas individuais,
desenvolvendo as potencialidades de cada persoa e favorecendo a integración de todos os
alumnos e alumnas.
Este obxectivo está formulado como parte da filosofía e do ideario do centro. Por este motivo
está presente na programación de todas as actividades e nas do curso 2013-14 acadouse positivamente
na medida en que todo o alumnado foi tido en conta e participou activamente en todas as propostas.
As necesidades específicas do alumnado foron atendidas en canto se detectaron na medida das
posibilidades de horarios das mestras especialistas. Axustouse ao máximo o horario das especialistas de
PT e AL para poder atender ao alumnado con NEAE. Aqueles alumnos e alumnas que non precisaron
valoración psicopedagóxica, pero que requeriron dalgunha axuda ou apoio nalgunha materia, recibiron os
reforzos por parte do profesorado titor.
Para mellorar a atención e apoio dun alumno con hipoacusia bilateral severa continuouse coa
dotación dun dispositivo de FM utilizado polo alumno en cuestión e baixo a supervisión da mestra titora.
O centro subscribiu un contrato programa de reforzo e acompañamento do alumnado (PROA) coa
Consellería de CEOU para atender ás necesidades de alumnado de educación primaria fóra do horario
lectivo.
Nas reunións colectivas deuse a coñecer o documento de normas de organización e
funcionamento do centro, así como nas titorías ao longo do curso traballaronse os temas de convivencia.
O alumnado que se incorporou ao centro ao longo do curso e o alumnado procedente do
estranxeiro contaron cun plan de acollida elaborado polo departamento de orientación.
Este curso, como nos anteriores, hai que destacar como contribución ao logro deste obxectivo o
traballo desenvolvido no plan de Mediación e a programación de
actividades lúdicas e deportivas organizadas nos tempos de recreo para fomentar a integración do
alumnado con distintas necesidades. Así mesmo traballouse este aspecto desde a acción titorial e en
todas as actividades e conmemoracións.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
4
O Observatorio de Convivencia, nas reunións prescriptivas, fixo propostas de actuación para a
mellora da convivencia en todos os ámbitos da vida escolar. Estas propostas xunto con outras iniciativas
do profesorado das distintas áreas concretáronse na programación de actividades e actuacións de cara á
mellora da convivencia nos recreos, no comedor,..
Destacamos polo elevado interese que amosaron os alumnos e alumnas e a gran participación de todo o
alumnado as seguintes actividades:
“Mantén limpo o teu cole”: Actividade promovida polo Observatorio de Convivencia do centro co
fin de fomentar o bo uso e mantemento dos espazos comúns do recinto escolar.
“No recreo xogamos todos”: Actividade promovida polo Departamento de Orientación e polo
Observatorio de Convivencia e coordinada polo xefe de estudos coa colaboración do profesorado
especialista de educación física para a promoción e organización nos tempos de recreo de xogos
populares (cordas, gomas, chapas, mariolas, cromos,….) distribuídos en distintas zonas do patio
de recreo. Esta actividade tivo un grande éxito de participación por parte do alumnado e foi
valorada moi positivamente polo profesorado como actividade de integración, fomento da
convivencia, coeducación, igualdade…
Campionatos deportivos nos recreos: Promovidos polo profesorado de Educación Física.
Do grao de cumprimento deste obxectivo dase conta nas memorias dos distintos equipos.
Anexo Memoria do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares
Anexo Memoria de E. Infantil
Anexos Memorias dos Ciclos de E. Primaria
Anexo Memoria do Departamento de Orientación
Anexo Memoria da Biblioteca Escolar
Anexo Memoria do Equipo de TIC
Anexo Memoria Seccións Bilingües
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
5
Obxectivo 2: Fomentar a participación activa das familias na vida do centro.
Mantívose unha comunicación fluída coas familias a través de diversas canles:
Representantes das familias e da ANPA no Consello Escolar.
Reunións do Equipo Directivo con representantes da ANPA Fendetestas.
Reunións de pais e nais coas titoras e titores.
Colaboración das familias en diversas actividades propostas polo centro (actividades que
implicaron ás familias, colaboración das familias nas actividades complementarias, nas
conmemoracións, celebracións...)
Colaboración do centro en actividades propostas pola ANPA.
Recollida de queixas e suxerencias presentadas polas familias ou polos seus representantes.
Participación das familias en todas as actividades nas que se lles solicita por parte do centro.
Apertura do centro ás familias para a súa asistencia ás actividades programadas polos equipos de
profedsorado: Exposición “NOUTRORA”, obra de teatro en inglés “The Princess and the
dragons”, charlas ás familias …
Programación de charlas para o alumnado con temáticas relacionadas coa seguridade no uso das
novas tecnoloxías, en apoio do labor educativo e de control que neste ámbito deben ter as
familias.
Convocatorias de reunións coas familias para dar a coñecer proxectos como as seccións bilingües.
Mantemento da páxina web do centro como canle de comunicación con toda a comunidade
educativa.
Mantemento dos blogues xa en marcha e posta en funcionamento doutros novos. Funcionaron
este curso os seguintes blogues:
o Cambre in English
o Un rato na man
o Cenmares
o Pequenovas
o Galegueamos?
o Alicerces
o Blogueando en Cambre
o O recuncho do 1º ciclo
o Vagalume
o Blogvoreta
o Pinchacambreiro
o Celebrandeslao
o O son da Fraga
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
6
Circulares informativas.
Convocáronse reunións coas familias do alumnado de 6º de primaria conxuntamente co IES
Afonso X para explicar e facilitar ao alumnado a transición á etapa de ESO.(Departamento de
Orientación e xefatura de estudos)
As reunións dos órganos de goberno convocáronse na súa meirande parte con carácter ordinario
para favorecer a participación de todos os sectores.
Hai que destacar:
O traballo dos mestres e mestras dos equipos de Biblioteca, TIC, EDLG e Actividades
extraescolares.
A colaboración da ANPA do centro na organización e financiación de actividades nas datas
de conmemoracións e festividades significativas programadas na PXA (Nadal, Antroido, Fin
de curso.)
Anexo Memoria da ANPA Fendetestas
Anexo Memoria do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares
Anexo Memoria do Equipo de TIC
Obxectivo 3: Xestionar os recursos humanos do xeito máis racional posible.
Neste curso, dado que as necesidades así o demandaron, contamos con dúas especialistas de
Pedagoxía Terapéutica, ademais da que nos corresponde por catálogo, debido á gran cantidade de
alumnado que presenta necesidades educativas específicas. Consideramos que estas especialistas de PT
son imprescindibles para o vindeiro curso e así se solicitará á Inspección educativa dado o elevado
número de alumnado con necesidades específicas de atención educativa. Tamén contamos cunha
especialista de AL por enriba do catálogo para atender ao alumnado con hipoacusia que seguirá
necesitando atención especializada para o próximo curso 2014/15.
Gran parte das aulas estiveron completas con 25 alumnos/as e mesmo as aulas de 4º de
educación primaria contaron con 27 e 28 alumnos/as respectivamente, sobrepasando a rateo.
Axustouse ao máximo o horario das especialistas de PT e AL para poder atender ao maior número
posible de alumnado con NEAE.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
7
Na medida do posible dotouse ás persoas responsables dos equipos de traballo de horas para a
coordinación e dinamización dos equipos, en especial ao coordinador do equipo de biblioteca e ao
coordinador TIC-ABALAR.
Seguimos a reclamar o recoñecemento de horas de adicación para os responsables de Biblioteca e
do equipo de TIC que non se recoñecen nos regulamentos vixentes e que consideramos agravante con
respecto aos que sí están recoñecidos.
No presente curso contamos cunha auxiliar de conversa para as seccións bilingües nos grupos de
6º de EP. Valorándose moi positivamente a experiencia xa que o achegamento á lingua inglesa e á cultura
do seu país supón para o alumnado das seccións bilingües un enriquecemento a todos os niveis.
Contamos coa presenza no centro de alumnado da Universidade da Coruña que realizou o
Practicum I en aulas de EP e de EI baixo a titoría dos mestres titores responsables dos correspondentes
grupos.
En canto ao persoal non docente, presentáronse algunhas dificultades ao longo do curso:
Horario do conserxe non suficiente para cubrir as necesidades do centro (aberto desde as sete e
media da mañá ata as 18:30h). É preciso outro servizo de conserxería para completar o horario
de apertura do centro.
Non foron cubertas as faltas do persoal de conserxería con persoal substituto por parte do
Concello.
A falta de persoal de limpeza en horario lectivo, que provocaba momentos de tensión ao longo
do curso foi resolta por parte do Concello coa dotación dunha pesoa de limpeza despois do
recreo, polo que os problemas denunciados neste aspecto ao longo dos últimos cursos foron
resoltos. Valorándose esta dotación de persoal de limpeza como imprescindible para os vindeiros
cursos e tendo en conta o incremento de alumnado e a súa presenza cada vez máis tempo no
recinto escolar (mañanceiros, xornada escolar, comedor, actividades extraescolares).
Falta de persoal auxiliar administrativo na secretaría. Isto tivo como consecuencia numerosas
protestas das familias polo reducido horario de atención ao público e falta de tempo da
secretaria. Reclamamos a dotación deste persoal, aínda que sexa a tempo parcial ou en datas de
prazos de entrega de documentación e solicitude de servizos, nas que o equipo directivo non
dispón de horario suficiente para atender ás familias.
Falta de persoal auxiliar coidador para atender ao alumnado de educación infantil.
Consideramos que a auxiliar coidadora debería ter dentro das súas competencias a atención das
necesidades do alumnado de educación infantil.
Falta de formación e experiencia do persoal colaborador de comedor, dado que a normativa
vixente non permite que as persoas colaboradoras poidan repetir dous cursos consecutivos co
que non se pode aproveitar a experiencia e formación adquiridas.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
8
Obxectivo 4: Facer as xestións necesarias para a mellora e mantemento das instalacións e do
recinto escolar.
Fixéronse xestións e solicitudes ao Concello e á Consellería de CEOU e melloráronse as seguintes
instalacións:
Reposición por deterioro de mobiliario e material diverso.
Revisión e arranxo da conectividade da rede de datos e rede wifi.
Instalación de encerados dixitais, ordenadores portátiles e canóns de proxeccción en aulas de EP
e EI.
Revisión e arranxo de persianas.
Pintura do comedor, corredores do edificio de aulas e algunhas aulas de EP.
Pintado do interior do edificio anexo onde se ubica a aula de música e o salón de usos múltiples.
Pintado dos laterais da cuberta do patio. Seguimos a reclamar a substitución desta cuberta e a
ampliación de máis superficie cuberta no patio.
Reparación das goteiras e entrada de auga na secretaría e nunca aula de EP.
Dotación de fondos na biblioteca.
Adquisición de diversos recursos para as aulas de E. Infantil, material deportivo e de xogo e
dotación de mobiliario e material diverso para as aulas.
Adquisición de mobiliario específico para a biblioteca do centro.
Dotación de enxoval na cociña.
Reposición de mesa quente da cociña.
Adquisición de equipos de cociña: abrelatas, armario para manter quente a comida.
Reparación e mantemento do equipamento da cociña.
Reparación e mantemento dos equipos informáticos e das fotocopiadoras por unha empresa a
cargo dos gastos de funcionamento do centro.
Pola contra, e malia que se fixo a solicitude repetidas veces, non se conseguiu o arranxo ou
renovación das seguintes instalacións:
Arranxo do cerramento do depósito de propano.
Arranxo do falso teito da zona de despensa da cociña.
Pintado das dependencias que o precisan.
Ampliación da superficie cuberta do patio de recreo.
Substitución da cuberta do patio exterior por mal estado e perigosidade do material.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
9
Instalación de zonas de paso cubertas entre os distintos edificios do centro.
Instalación de teito exterior na entrada do edificio de administración.
Reforma e saneamento integral do antigo edificio de educación infantil.
Renovación do pavimento da pista de baloncesto, acondicionamento do entorno da mesma e
instalación correcta de canastras e pintado das liñas do campo de xogo.
Ampliación do número de aulas de educación primaria dada a tendencia do centro a incrementar
o número de alumnado desta etapa educativa e non dispor de espazos para atender este
incremento. De cara ao vindeiro curso precisamos dúas aulas máis para acoller ás unidades que se
incrementan.
Solicitamos á administración e educativa e á administración local a celeridade na execución das
obras comprometidas para a ampliación dos espazos necesarios:
o Reforma da antiga vivenda do conserxe para o traslado dos despachos de administración
a ese edificio.
o Reforma e acondicionamento do actual edificio de administración para habilitar as tres
aulas que se precisan.
Obxectivo 5: Revisar e actualizar os documentos base do centro.
Nas reunións da CCP revisáronse os documentos de organización e xestión do centro. Para a
consecución deste obxectivo foron precisas as reunións prescriptivas dos distintos equipos de
coordinación e da comisión de coordinación pedagóxica, que tiveron lugar segundo o calendario
previsto na PXA. Tamén se trataron estes temas e foron presentados e aprobados algún destes
documentos nas reunións do Claustro e do Consello Escolar.
Anexo Memoria de E. Infantil
Anexos Memorias dos Ciclos de E. Primaria
Anexo Memoria do Departamento de Orientación
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
10
Obxectivo 6: Impulsar o traballo colaborativo entre os diferentes equipos.
Programáronse e leváronse a cabo non solamente as reunións prescriptivas senón que se fixeron
outras co fin de tratar temas puntuais que afectaban a toda a comunidade educativa e que trataron
temas diversos:
Fixar obxectivos comúns
Manter a coherencia entre as etapas de educación infantil e primaria e entre os ciclos de
educación primaria.
Establecer conxuntamente obxectivos mínimos e criterios de avaliación en cada etapa e/ou
ciclo.
Coordinar a aplicación, corrección e carga de datos da avaliación diagnóstica.
Realizar cursos de formación no centro para ampliar e actualizar a formación do profesorado en
distintos aspectos: uso das TIC, programa Abalar, edición da curtametraxe “Moncha e Moncho”
por profesorado do equipo de educación infantil, participación de profesordo do centro en
seminarios permanentes (EDLG)...
A coordinación xeral mantívose nas reunións da CCP, onde están representados todos os ciclos da EP e
o 2º ciclo de EI.
Neste aspecto valóranse de grande importancia as reunións do profesorado nos diferentes
equipos docentes e de coordinación co fin de tratar temas de interese xeral e reflexionar conxuntamente
sobre a problemática propia do centro e as posibles solucións así como posibilitar o plantexamento de
ideas e proxectos de innovación.
A falta de tempo por ambas partes para a coordinación foi causa de que os contactos coas
mestras das EEI adscritas e co profesorado dos IES do Concello non fose a desexada.
Como indicadores da consecución deste obxectivo podemos citar:
A implicación de todo o profesorado na proposta, programación e execución de actividades e
proxectos comúns para todo o centro (Magosto, Nadal, Proxecto anual da Biblioteca, Entroido,
Mercadiño de libros, Letras Galegas...)
A participación de gran parte do profesorado nos cursos de formación no centro e seminarios
permanentes que se organizaron para a actualización no uso das TIC, no uso do EDI e no
coñecemento e uso de recursos do repositorio ABALAR, na elaboración dunha curtametraxe en
EI...
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
11
A participación do centro a través da implicación do profesorado en diferentes programas de
innovación: Programa Abalar, Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, Programa PROA,
Seccións Bilingües.
A implicación do profesorado especialista de inglés e do profesorado de 6º de EP para
continuar coas dúas seccións bilingües autorizadas.
O 1º premio de innovación educativa recibido polas mestras das sección bilingües polo uso das
TIC no ensino da lingua estranxeira.
As reunións das direccións dos centros do Concello para unificar distintos aspectos do
funcionamento e organización dos centros.
Anexo Memoria do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares
Anexo Memoria de E. Infantil
Anexos Memorias dos ciclos de E. Primaria. Memoria sección bilingües
Anexo Memoria do Departamento de Orientación
Anexo Memoria da Biblioteca Escolar
Anexo Memoria do Equipo de TIC
Obxectivo 7: Sensibilizar á comunidade educativa na necesidade de erradicar da nosa
sociedade a discriminación de xénero.
Entendendo a comunidade educativa como o conxunto de todos os sectores implicados no
proceso de ensino-aprendizaxe, este obxectivo forma parte das prioridades de actuación no PEC e está
presente en todas concrecións deste documento nas programacións. No curso que agora remata
traballouse neste senso programando actividades desde:
Acción titorial.
Departamento de orientación.
Equipo de actividades complementarias.
Programación de actividades no plan de atención educativa dos ciclos.
Participación do centro en actividades con temas relacionados coa igualdade programadas por
institucións como o Concello.
Plan de Mediación escolar promovido polo departamento de orientación.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
12
Programa anual do comedor.
Liga de fútbol nos recreos.
Actividade “Recreos con lectura”
Actividade “No recreo xogamos todos”
Actividade “Mantén limpo o teu cole”
Obra de teatro en inglés “The Princesses and the Dragons”
Curtametraxe “Moncha e Moncho”
Exposición “Noutrora”
Anexo Memoria do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares
Anexo Memoria de E. Infantil
Anexos Memorias dos ciclos de E. Primaria
Anexo Memoria do Departamento de Orientación
Anexo Memoria da Biblioteca Escolar
Obxectivo 8: Integrar as tecnoloxías da comunicación nas propostas educativas, a través dun
ensino supervisado e guiado para maior aproveitamento dos diferentes programas
documentais en soporte multimedia, de programas informáticos e do uso de páxinas web e de
webquests.
Traballouse para acadar este obxectivo nos grupos de E. Primaria e de E. Infantil. Estableceuse un
horario para o uso da aula de informática que foi utilizada sobre todo polo alumnado de todos os niveis
de E. Primaria.
O centro incorporouse o pasado curso á rede de centros ABALAR, continuando este ano, o que
supuxo a actualización das aulas de 5º e 6 de educación primaria en canto a dotación de recursos
informáticos e formación do profesorado.
A nivel de dotación de recursos, hai que salientar que todas as aulas de primaria e tres das aulas
de EI contan con equipo informático e de proxección, así como conexión a internet. A totalidade das
aulas de infantil e primaria teñen ordenador e conexión a internet. A maioría das aulas de EP e tres de EI
contan con EDI. No presente curso contamos con 20 tablets e armario correspondente de carga que foron
utilizadas polo profesorado e alumnado de distintos niveis de EP.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
13
Nos grupos de 5º de EP implementouse o programa Abalar, coa dotación dos equipos para os
alumnos/as, equipos para o profesorado e os armarios de carga dos equipos. O profesorado que incide
nestas aulas participou semanalmente nas reunión de coordinación xunto co coordinador TIC.
Puxéronse en marcha blogues ou actualizáronse e mantivéronse os que xa estaban creados en
todos os ciclos e envarios niveis de educación primaria así como en especialidades.
En todos os ciclos utilizáronse as TIC para investigar en proxectos deseñados nas distintas áreas.
O centro foi galardoado co 1º premio de innovación educativa ás boas prácticas no uso das TIC
na aprendizaxe da lingua estranxeira.
Está xeralizado o uso da aplicación XADE por parte de todas as titoras e titores dos grupos de E.
Primaria e de E. Infantil para elaborar os documentos e informes da avaliación e de información da
mesma ás familias.
Todo o profesorado colabora na carga de datos na aplicación AVALDIA de recollida dos datos da
avaliación diagnóstica que cada curso se aplica ao alumnado de 4º de educación primaria baixo a
coordinación da comisión constituída a ese efecto.
Os titores e titoras usan o programa MEIGA para a xestión do servizo de préstamo da biblioteca
escolar.
Semanalmente tiveron lugar reunión de coordinación para a actualización e formación do
profesorado do terceiro ciclo no uso das TIC e no deseño de actividades para o EDI.
Parte do profesorado de educación infantil elaborou unha curtametraxe dentro do Plan Proxecta.
Anexo Memoria da Biblioteca Escolar
Anexos Memorias dos ciclos de E. Primaria
Anexo Memoria do Equipo de TIC
Obxectivo 9: Converter a biblioteca escolar nun centro de recursos e servizos para a
comunidade educativa poñendo á súa disposición os fondos de ficción e documentais
existentes no centro, en soporte impreso, audiovisual ou multimedia.
A biblioteca escolar funcionou como elemento dinamizador da actividade do centro, no curso
2013/2014 cumpriu os seus obxectivos tanto no aspecto de préstamos e de visitas semanais de cada
aula como no de promover proxectos que involucraron a todo o centro. Este ano o proxecto de
investigación para os alumnos e alumnas proposto desde a biblioteca foi “Bechos e Letras”
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
14
Así mesmo promoveu a actividade lectora nas aulas co préstamo de libros para seren utilizados na
hora de ler e fomentou os hábitos de lectura do noso alumnado levando a cabo o Plan Lector proposto
polo equipo de Biblioteca.
Programáronse e desenvolvéronse actividades conmemorativas de distintas efemérides no ámbito da
literatura, actividades de promoción da lectura no tempo de ler, lecturas colectivas e a través da
megafonía en conmemoracións, lecturas dos nenos e nenas e dos Mestres e mestras nos recreos
(“Recreos con lectura”)..., apertura da biblioteca escolar no tempo de recreo, actividades que
involucraron e motivaron a participación do alumnado do centro.
En coordinación co EDLG o equipo de biblioteca organizou a actividade “Mercadiño de libros” co
obxectivo de impulsar o fomento da lectura no noso alumnado coa implicación das familias.
Continuamos coa participación no PLAMBE, proxecto de innovación e mellora da calidade educativa
que vimos desenvolvendo desde o curso 2005/06, cumprindo os obxectivos plantexados no proxecto
deste curso no que foron asignados ao centro uns fondos de 1.000 euros para mellora da biblioteca
escolar. Asemade o centro aportou fondos da conta de gastos de funcionamento para o
funcionamento da biblioteca escolar, contemplados estes fondos no proxecto de distribución do
orzamento anual aprobado.
Como parte do PLAMBE, continuouse coa adquisición de fondos para mellorar a dotación bibliográfica
e coa actualización da xestión e organización dos mesmos mediante o programa MEIGA.
A xestión do préstamo foi levada a cabo por cada titor/a utilizando o programa MEIGA.
Adquiriuse algún mobiliario para a biblioteca para completar as instalacións deste espazo.
O responsable do equipo de Biblioteca asistiu aos encontros organizados pola Asesoría de Bibliotecas
escolares como parte da formación continuada e actualización no ámbito das bibliotecas escolares e
do fomento da lectura.
Do grao de consecución dos obxectivos plantexados no plan de traballo da biblioteca para este curso
2013/2014 infórmase na Memoria da Biblioteca escolar.
Anexo Memoria da Biblioteca Escolar
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14
15
Obxectivo 10: Promover e dinamizar o uso da lingua galega nunha comunidade
predominantemente castelanfalante.
Deuse cumprimento ao Decreto 79/2010 na distribución de horas nas dúas linguas cooficiais.
O equipo de dinamización da lingua galega acadou os obxectivos propostos no seu plan para este
curso segundo informa na súa memoria.
Participuose no Proxecto de Fomento do Galego, deseñáronse actividades para celebrar o día das
Letras Galegas e puxéronse a disposición do profesorado e da comunidade educativa do centro recursos
educativos diversos de cara a fomentar o uso da lingua galega seguindo as directrices do Proxecto
Lingüístico do centro.
Como en cursos anteriores organizouse na semana das Letras Galegas o “Mercadiño de Libros” co
fin de impulsar o fomento da lectura no noso alumnado.
O EDLG organizou a Exposición “Noutrora” con obxectos antigos de uso cotián que foron
aportados polas familias. A devandita exposición foi visitada por todo o alumnado do centro en horario
escolar e abriuse ás familias en horario de mañá e tarde.
Anexo Memoria do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Cambre, 25 de xuño de 2014
A DIRECTORA
Asdo. Ana Mª Rial Rial
Informado o Claustro de Profesoras e Profesores na sesión ordinaria do día 27 de xuño de
2014, esta memoria foi aprobada polo Consello Escolar, reunido en sesión ordinaria o día 30 de
xuño.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º CICLO)
17
CEIP. W. FERNÁNDEZ FLÓREZ CAMBRE
EDUCACIÓN INFANTIL MEMORIA
CURSO 2013/14
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º CICLO)
18
1.- ALUMNADO Este curso contamos con 133 alumnos e alumnas distribuídos en 6 aulas: Aula de 3 anos A: 19 Aula de 3 anos B: 20 Aula de 4 anos A: 25 Aula de 4 anos B: 24 Aula de 5 anos A: 23 Aula de 5 anos B: 22
Hai que destacar como un dato negativo a elevada ratio, que nesta etapa educativa é un aspecto fundamental de cara á atención individualizada que demandan os pequenos/as. Consideramos que é urxente a redución da ratio en todos os niveis desta etapa. Recibiron atención por parte da especialista de A.L.: - Nove alumnos de 5 anos por dificultades de articulación e un TXD.
Unha das alumnas marchou na metade do curso e outro foi dado de alta. Recibiron atención por parte da especialista en P.T.: - Dous alumnos de 5 anos A por dificultades na aprendizaxe. - Tres alumnos de 5 anos B pro dificultades na aprendizaxe un deles con TXD. 2.-PROFESORADO Ademais das seis titoras, neste curso contamos con dúas profesoras de apoio e coa intervención das seguintes especialistas: L. Inglesa: Dúas sesións de vintecinco minutos en cada aula Audición e Linguaxe: : A mestra atendeu a 9 alumnos/as de cinco anos distribuindo o tempo segundo os horarios. Pedagoxía Terapéutica: : A mestra atendeu a 5 alumnos/as de cinco anos distribuíndo o tempo segundo os horarios. Relixión: Unha sesión semanal para o alumnado que escolleu esta opción. Alternativa á Relixión: Unha sesión semanal para o alumnado que o solicitou. Apoio: Contamos con dúas mestras de apoio. A primeira encargouse das actividades da biblioteca escolar, estimulación da linguaxe e apoiou en todas as aulas segundo o horario aprobado para o curso. O segundo apoio impartiu as clases de psicomotricidade, experiencias plásticas e apoiou en todas as aulas segundo o horario aprobado para o curso. A coordinación entre o profesorado foi fluída e constante ao longo do curso. 3.-OBXECTIVOS Os obxectivos xerais, expostos na programación anual, acadáronse tanto a nivel xeral da etapa como en cada unha das aulas, alcanzando, como é lóxico, diferentes niveis de consecución por parte dos alumnos, en función das súas características individuais. Excepto un alumno de Necesidades Específicas que promociona con Adaptación curricular.
O proceso de adaptación dos alumnos de nova incorporación tamén foi satisfactorio, así como a adaptación e
integración dos alumnos e alumnas que se incorporaron ao longo do curso.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º CICLO)
19
4.- ACTIVIDADES Levamos a cabo moitas actividades ao longo do curso, entre as que destacamos:
Servizo de préstamo da Biblioteca do Centro. Coma sempre este servicio é moi ben aceptado por todo o alumnado xa que durante o curso poden levar para a súa casa libros da biblioteca escolar cada semana. Visitas do Moucho Leroucho (dentro da campaña de animación á lectura do Concello). O moucho ven visitarnos unha vez cada trimestre .Por outro lado tamén recibimos a visita da Editorial Kalandraka que lles contaron varios contos aos nenos de cinco anos. Celebramos o Samaín cunha mostra de cabazas e unha festa na que comimos castañas. Conmemoración do Nadal coa visita de Papa Noel e os Reis Magos, na que participaron pais e nais.
Contamos coa colaboración da ANPA para a organización da “merenda” Conmemoración do Entroido. O motivo escollido este ano foi “ A gramxa”, . Contamos coa colaboración das familias para a elaboración dos disfraces. Organizamos un desfile ao que asistiron todas as familias.
Día das Letras Galegas: Como todos os anos participamos no mercadiño de libros, fixemos un marcapáxinas ..
Participamos nun proxecto de innovación “Nós tamén creamos” durante dous trimestres elaborando unha curtametraxe de animación titulada “Moncho e Moncha”.
Asistimos á obra de Teatro que con moito cariño as mestras da Fraga Encantada . Convivencia cos nenos da gardería “A Fraga Encantada”que viñeron facernos a visita habitual de todos os anos noso “cole”. Nesta visita as mestras de apoio foron as encargadas de facer de guías e ensinarlles todas as instalacións. Despois celebramos unha pequena merenda para os nenos distribuídos nas diferentes clases de E.I.
Visita dos alumnos de 3 anos do curso próximo, para favorecer a súa adaptación
Elaboración ao longo de todo o curso de actividades plásticas con motivo das diferentes celebracións, para adornar aulas e corredores dun xeito colectivo.
Festa de fin de curso.
5.- INSTALACIÓNS Seguen existindo deficiencias en canto as instalacións, nalgúns casos moi importantes, tendo en conta que os alumnos/as implicados son os máis pequenos do Centro, e polo tanto, os que teñen unha menor autonomía e os que precisan contornos máis seguros, hixiénicos e adaptados as súas características. As deficiencias máis salientables son:
AULAS: Tendo en conta a tendencia da ratio, as aulas resultan pequenas para as necesidades de movemento e de xogo dos alumnos desta etapa, estando case todo o espazo ocupado polo mobiliario básico.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º CICLO)
20
BAÑOS DAS AULAS: O mantemento non é axeitado xa que a media mañá precisaríase una nova limpeza.
PATIO: O patio necesita mellorar en todos os aspectos, sobre todo o chan que é moi inseguro e perigoso para os nenos/as. Parécenos perigosa e inapropiada a última obra realizada no desagüe exterior. E de lamentar que despois de dos anos que levamos esperando por unha reforma en condicións, esta siga tendo carencias.
Outras melloras pendentes son: - Necesidade urxente dun patio cuberto.
- Necesidade dun mantemento e limpeza correctos do patio e dos seus elementos: papeleiras, redes dos muros, árbores, herba, etc.
- Coidado especial na limpeza do patio xa que entran animais (cans, gatos) que luxan, defecan co conseguinte perigo de contaxio de enfermidades para o alumnado.
- Necesidade dun arranxo e mantemento axeitados.
6.- RECURSOS
Dispoñemos de un ordenador na tutoría que segundo a nosa valoración está xa moi antigo e un cambio. Este ano tres aulas de E.I. disfrutaron da pizarra dixital. Faltan outras tres . Mercáronse xogos, contos e material diverso para as aulas .
7.-COIDADORA Esta segue sendo unha cuestión pendente de resolver e que afecta gravemente ao normal
desenvolvemento da actividade escolar, e tamén ás familias que se teñen que desprazar ao Centro para mudar aos seus fillos. Seguimos a reclamar a revisión das funcións das coidadoras para que o seu cometido inclúa a atención ao alumnado de E. Infantil.
8.-PERSOAL DE LIMPEZA Necesitamos contar con persoal de limpeza dentro do horario escolar para poder limpar os baños a media mañá,
e para resolver as continxencias que ocorren ao longo de curso ( vómitos, pises, etc.) 9.-RELACIÓNS COAS FAMILIAS A comunicación cos pais e nais foi fluída e constante. As canles utilizadas foron as reunións xerais en cada titoría
e outras puntuais por diversos motivos e mediante notas, circulares e avisos. Durante todo o curso foron constantes as entrevistas persoais na hora de visitas, e tamén foron informados ao
remate de cada avaliación mediante os boletíns informativos trimestrais. Valoramos positivamente a participación das familias nas actividades que se lles propuxeron así como a súa
axuda na realización de moitas delas ( disfraces, traxes para teatro, materiais diversos para actividades, proxectos, etc.)
Cambre, 25 de xuño de 2014 O Equipo de Educación Infantil
Asdo. A Coordinadora Mª Luz Castelo Espiñeira
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º CICLO)
21
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º CICLO)
22
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º CICLO)
23
MEMORIA DE ACTIVIDADES DO 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO 2013/2014
1. EQUIPO DOCENTE O Equipo Docente de 1º Ciclo de Ed. Primaria estivo composto polo profesorado
que se indica:
DNA. Mª TERESA MORENTE BELLÓN TITORA DE 1ºA
D. FERNANDO MARTÍNEZ CRUZ TITOR DE 1ºB
DNA. Mª LUZ MARTÍNEZ RICO TITORA DE 1ºC
DNA. MÓNICA RODRÍGUEZ LONGUEIRA TITORA DE 2ºA
D. Mª TERESA CORRAL VÁZQUEZ TITORA DE 2º B
DNA. MARTA BARCA GÓMEZ MESTRA DE INGLÉS
DNA. LAURA CASAL BERDEAL (E
SUBSTITUTA)
MESTRA DE AUDICIÓN E LINGUAXE
E COORDINADORA DO E. DOCENTE
Outro profesorado do centro que impartiu materias a grupos do ciclo ou apoios
individualizados a alumnado de 1º e 2º foi:
DNA. Mª JOSE LÓPEZ LÓPEZ (E
SUBSTITUTAS)
MESTRA DE RELIXIÓN
DNA. Mª SOL BARREIRA LÓPEZ MESTRA DE MÚSICA
D. DIEGO RODRÍGUEZ PÉREZ MESTRE DE ED. FÍSICA
D.GUILLERMO ALLER FERNÁNDEZ MESTRE DE INGLÉS (2º)
DNA. NATALIA LÓPEZ PRESAS (E
SUBSTITUTA)
MESTRA DE PEDAGOXÍA
TERAPÉUTICA
DNA. RAQUEL GARCÍA SÁNCHEZ
MESTRA DE AUDICIÓN E
LINGUAXE
** Ao largo do curso, as mestras Natalia López Presas (Pedagoxía Terapéutica), Mª
José López López (Educación Relixiosa) e Laura Casal Berdeal (Audición e Linguaxe e
coordinadora do primeiro ciclo de Educación Primaria), estiveron de baixa, polo que
pasaron a substituílas María Vázquez de la Iglesia, Azahara Fernández Sande e
Carmen Fariña Pedreira, e Fátima da Silva Sánchez, en cada caso.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º CICLO)
24
2. ALUMNADO O número de alumnos e alumnas é de 112, distribuídos do seguinte xeito:
GRUPO 1ºA: 20
GRUPO 1ºB: 18
GRUPO 1ºC: 19
GRUPO 2ºA: 22
GRUPO 2ºB: 22
GRUPO 2ºC: 21
Por parte da mestra de Audición e Linguaxe, Dna. Raquel García Sánchez , recibiron
atención logopédica 9 alumnos/as do primeiro ciclo.
A mestra de Audición e Linguaxe, Dna. Laura Casal Berdeal (e posteriormente a súa
substituta), atendeu a 2 alumnos/as do primeiro ciclo.
A mestra de Pedagoxía Terapéutica Dna. Natalia López Presas (e posteriormente a
súa substituta), atendeu 7 alumnos/as.
Non promocionan ao 2º Ciclo de Educación Primaria 6 alumnos/as.
3. ALTERNATIVA E RELIXIÓN
Neste curso optaron pola Alternativa á asignatura de Relixión os seguintes alumnos e
alumnas: 26 alumnos e alumnas de 1º e 29 alumnos e alumnas de 2º.
Realizaron actividades relacionadas cos valores, a convivencia, a tolerancia, a
igualdade, a interculturalidade, a ecoloxía, etc.
4. ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA
Ao longo do curso, o alumnado do 1º nivel recibiu a visita do Moucho Leroucho . En
cada visita, deixou unha selección de libros da biblioteca municipal, para facer
animación á lectura nas aulas.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º CICLO)
25
O proxecto de Biblioteca deste curso levou por titulo: “Bechos e letras”.
Os nenos traballaron durante todo o curso con este tema facendo diversas actividades:
murais, actividades plásticas, lecturas, visionado de vídeos, etc.
Durante o curso escolar os alumnos adicaron unha hora semanal as actividades de
biblioteca, onde estaba incluído o préstamo de libros para casa.
Así mesmo, leváronse a cabo diversas actividades: lecturas por megafonía, sesións de
lectura na biblioteca, mercadillo de libro polas Letras Galegas, etc..
5. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Ao longo deste curso, o alumnado fixo diversas saídas.
O alumnado do primeiro ciclo realizou varias saídas, todas elas no terceiro trimestre.
A primeira delas foi realizada polo alumnado do primeiro curso, o día 25 de abril, na cal
acudiron ao Centro Comercial Espacio Coruña, na Coruña, para o visionado dunha
película (Las aventuras de Víctor y Garu), e un contacontos.
A segunda delas foi realizada tanto polo alumnado de primeiro como de segundo curso,
os días 20 e 29 de maio, respectivamente. A saída consistíu na visita á Casa das
Abellas, en Mabegondo, onde descubriron o mundo das abellas, puideron visionalas, e
realizar diversas actividades relacionadas coa temática.
O alumnado do segundo curso acudiu tamén o día 6 de maio a unha visita ao Concello
de Cambre, onde fixeron unha visita guiada e foron recibidos polo Alcalde do concello,
quen respostou ás súas preguntas e atendeu ás súas suxerencias. Tamén asistiron ao
remate do curso ao Museo Arqueolóxico de Cambre.
6. CONMEMORACIÓNS
O ciclo participou nas actividades desenvolvidas ao longo de todo o curso e propostas
polos diferentes equipos.
- Samaín
- Nadal
- Día da Paz
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º CICLO)
26
- Entroido
- Día do libro
- Letras Galegas
- Festa de Fin de Curso
7. REUNIÓNS COAS FAMILIAS
No primeiro trimestre realizáronse as reunións colectivas das familias cos mestres do
ciclo. Ao longo do curso, fixéronse entrevistas individuais entre as titoras e nais e pais
do alumnado; estas reunións foron, polo xeral, positivas.
A coordinación entre as mestras e mestres compoñentes do equipo docente do 1º ciclo
foi continúa e en liñas xerais positiva.
8. VALORACIÓN DA 3º AVALIACIÓN
Dos 57 alumnos do 1º nivel do 1º Ciclo, non acadan o 100% dos obxectivos un total de
4 alumnos-as.
1º B: unha alumna con calificacións negativas en Lingua Galega e Lingua
Castelá.
1º C: tres alumnos con calificacións negativas en Coñecemento do Medio
Natural e Social; unha alumna en Lingua Castela; un alumno en Lingua Galega;
e dous alumnos en Matemáticas.
Dos 65 alumnos do 2º nivel do 1º Ciclo, un total de 11 nenos non acadaron o 100% dos
obxectivos básicos e 6 nenos non promocionan.
2º A: un alumno obtivo calificacións negativas en Lingua Castelá, Lingua Galega
e Matemáticas.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º CICLO)
27
2º B: un alumno obtivo calificacións negativas en Coñecemento do Medio
Natural e Social e Lingua Castelá; cinco alumnos en Lingua Galega; e dous en
Matemáticas.
2º C: un alumno obtivo calficacións negativas en Coñecemento do Medio Natural
e Social; tres alumnos en Lingua Castelá; catro en Lingua Galega; tres en
Matemáticas; e dous en Lingua estranxeira, Inglés.
En Cambre, a 25 de xuño de 2014
A COORDINADORA DO CICLO (substituta): FÁTIMA DA SILVA SÁNCHEZ
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (2º CICLO)
28
MEMORIA DO 2º CICLO . CURSO 2013 – 14
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (2º CICLO)
29
MEMORIA DE ACTIVIDADES DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO 2.013- 14
EQUIPO DE COORDINACIÓN DE CICLO
D. PILAR BARREIRO MÍGUEZ TITORÍA DE 3ºA
D. LUIS BLANCO IGLESIAS TITORÍA DE 3ºB
D. JOSÉ ANTONIO PEDREIRA GONZÁLEZ TITORÍA DE 3º C
DNA. MERCEDES GUZMÁN TOJO TITORÍA DE 4ºA
D. SANTIAGO MOSTEIRO MARTÍNEZ TITORÍA DE 4º B
D. GUILLERMO ALLER FERNÁNDEZ INGLÉS (3º E 4º)
DNA. HELENA PÉREZ CASTRO APOIOS DE PEDAGOXÍA TERAP.
DNA. Mª DOLORES ÁLVAREZ GÓMEZ APOIOS DE P.T. (COORDINADORA)
PROFESORADO QUE IMARTIU DOCENCIA
Ademais dos membros do órgano coordinador que impartiron docencia nas titorías,
materias e apoios inidicados, tamén impartiron docencia os seguintes profesores do
centro:
APOIOS DE AUDICIÓN E LING. DNA. LAURA CASAL BERDEAL
DNA. RAQUEL GARCÍA SÁNCHEZ
EDUCACIÓN FÍSICA (3º) D. RICARDO RUIBAL ARMESTO
EDUCACIÓN FÍSICA (4º) D. DIEGO RODRÍGUEZ PÉREZ
EDUCACIÓN MUSICAL DNA. Mª SOL BARREIRA LÓPEZ
PEDAGOXÍA TERAP. DNA. NATALIA LÓPEZ PRESAS
RELIXIÓN CATÓLICA DNA. Mª JOSÉ LÓPEZ LÓPEZ
PROFESORADO SUBSTITUTO
Durante o curso producíronse baixas por enfermidade e maternidade que foron
cubertas polo profesorado que se relaciona:
DNA. FÁTIMA DA SILVA SÁNCHEZ SUBSTITUTA DE DNA. LAURA CASAL
DNA. CARMEN FARIÑA PEDREIRA
DNA. AZAHARA FERNÁNDEZ SANDE SUBSTITUTAS DE DNA. Mª JOSÉ LÓPEZ
DNA. MARÍA VÁZQUEZ DE LA IGLESIA SUBSTITUTA DE DNA. NATALIA LÓPEZ
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (2º CICLO)
30
O presente curso escolar desenvolveuse con normalidade nas actividades programadas na PXA. 1.- Programación por materias. Durante o curso fíxose unha revisión das programacións para o ciclo especificando as actividades que se levarían a cabo, incluída a das actividades de atención educativa. 2.-Potenciación da lectura. Levamos a cabo na hora de ler un programa de lectura, no que se activaron propostas de lectura, con intercambio de libros entre as aulas. Este ano léronse os Contos por teléfono de Gianni Rodari e Viaxe ao fondo submarino de Julio Verne, ademais do libro de Poesías para nenos. 3.- Detección e atención ás NEAE. Detectáronse catro novos alumnos que precisaron de revisión pola Orientadora do colexio, e foron atendidos polas profesoras de P.T 13 alumnos/as. A profesora de A. L. atendeu a un. Tamén hai que destacar a inestimable axuda do profesorado con horas libres que reforzou unha das aulas de 4º con 28 alumnos durante todo o curso escolar. Houbo catro repetidores, dous en cada aula. 4.- Relación coas familias. Fíxéronse reunións a principios de curso e, en cuarto, fixéronse ademais as de finais de curso, cun alto nivel de satisfacción. 5.- Utilización das novas tecnoloxías. Aparte da utilización dos encerados dixitais, nas aulas que o posúen, utilizáronse como novidade, as tablets , cuia utilización foi moi ben recibida polos alumnos. 6.- Participamos na mediación escolar. Aínda que foi requerida en poucas ocasións. 7.- Hixiene e saúde. Recalcamos a necesidade de ter bos hábitos de alimentación, rexeitando as chuches en exceso e alentando a sustituilas por foita e bocadillos, así como o coidado do medio ambiente, concienciando sobre a fealdade do lixo nos patios, e a participación no proxecto “Mantén limpo o teu cole”, con gran participación do alumnado, e rematado cunha exposición e premios aos mellores debuxos. 8.- Atención a problemas médicos. Recordamos os protocolos a seguir no caso de aparecer algún alumno/a con algún tipo de trastorno de saúde que requerise unha alerta escolar. 9.- Avaliación diagnóstica. Foi aplicada con normalidade. Metéronse os datos no programa AVALDIA. 10.- Desaloxo de emergencia. Todos participamos nun simulacro de desaloxo como preparación para posible caso de emergencia. 11.- Formación do profesorado. Este curso contamos coa inestimable colaboración dun alumno de prácticas do último curso da Escola de Profesorado.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (2º CICLO)
31
12.- Reunións de Ciclo, Equipos , Departamento de Orientación e CCP. Todo o profesorado do ciclo, repartido por equipos, participou en tódalas reunións sinaladas na PXA para desenrolar todas as actividades desenroladas ao longo do curso. 13.- Conmemoracións. Fixéronse actividades para conmemorar as datas sinaladas no calendario escolar, dentro das aulas e ,en comunidade, con todo o resto de alumnado. Polo día do Libro volveuse a facer unha exposición de libros de intercambio que é moi ben acollida. 14.- Alumnado illado. Como medidas para evitar situacións de illamento promoveuse que nos recreos se xogara á corda, á goma e se introduciron os xogos tradicionais, marcando dentro do calendario de recreos un día adicado exclusivamente a estes xogos. 15.- Curriculum integrado. As actividades musicais e deportivas entendidas como un modelo de integración e cohesión nas diferentes datas de celebración e/ou conmemoración concilian o espíritu formativo nas competencias artísticas coa integración no mundo social do alumnado creando un todo. Neste sentido en cada data de conmemoración non faltaron as competicións deportivas ou a música instrumental e vocal. 16.- Xornadas de portas abertas. No Entroido, nas exposicións, e nas obras de teatro invitamos ás familias a compartir o traballo de todos. 17.- Violencia de xénero. Participamos no programa patrocinado polo Concello de Cambre destinado á prevención e formación contra a violencia de xénero, repartido en dúas sesións de traballo. 18.- ANPA. Contamos coa inestimable colaboración da ANPA para animar en datas sinaladas como Nadal, Entroido e Fin de Curso, no que ofertaron actividades como hinchables, mercadillo solidario, comida e bebida, que os alumnos agradeceron.
Cambre, 25 de xuño de 2014 A COORDINADORA
Asdo: Mª Dolores Álvarez Gómez
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (3º CICLO)
32
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (3º CICLO)
33
MEMORIA DO 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2013-14
1. EQUIPO DOCENTE O equipo docente do 3º ciclo está integrado polos seguintes mestres/as:
Dna. Carmen Ventura Pedrido Rey, titora de 5º A.
Dna. Noelia Rodríguez Díaz, titora de 5º B.
Dna. Mª Sol Alonso Rull, titora de 5º C, xubilada o 20 de outubro de 2013,
ocupou a praza Dna. María Soraya García Díaz dende o 21 de outubro.
Dna. Carmen Iglesias Pardo, titora de 6º A. Impartiu Plástica das Seccións
Bilingües nos dous grupos de 6º.
Dna. Mª Sol Barreira López, titora de 6º B e mestra de Música.
Dna. Mª José López López, mestra de Relixión de todos os grupos do ciclo agás
de 6º B. (Substituida por Dna. Azahara Fernández Sande e Dna. Carmen Fariña
Pedreira)
Diego Rodríguez Pérez, mestre de Lingua Galega de 6º B e Coodinador Abalar
(5º e 6º).
D. Ricardo Ruibal Armesto, mestre de Educación Física.
Dna. Marta Costa Rodríguez, mestra de Inglés tanto dos grupos de 5º como das
Seccións Bilingües de 6º.
Dna. Ana Rial Rial, mestra de Coñecemento do Medio e Matemáticas de 6º B.
Dna. Raquel García Sánchez, mestra de Audición e Linguaxe e Coordinadora de
Ciclo.
Outro profesorado que impartiu docencia en grupos do ciclo ou realizando
apoios individualizados a alumnado de 5º e 6º foron:
Dna. Mª Dolores Álvarez Gómez e Dna. Helena Pérez Castro, mestras de
Pedagoxía Terapéutica.
Dna. Laura Casal Berdeal, mestra de Audición e Linguaxe (Substituida por Dna.
Fátima da Silva Sánchez.
Dna. Carmen Vázquez Regueiro, mestra de Relixión de 6º B.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (3º CICLO)
34
2. EQUIPOS DE TRABALLO A distribución dos mestres de ciclo nos diferentes equipos queda como segue:
EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESC.:
Dna. Carmen Ventura Pedrido Rey e Dna. Mª Sol Barreira López.
EQUIPO DE BIBLIOTECA: Mª Sol Alonso Rull e Mª José López López.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA:
D. Noelia Rodríguez Díaz.
EQUIPO DE TICS: Diego Rodríguez Pérez e Carmen Iglesias Pardo.
3. RESULTADOS ACADÉMICOS
En 6º non repite ningún alumno, todos promocionan á ESO. Isto non significa
que se acadasen as competencias necesarias en todas as materias, xa que algúns
promocionan con algunha materia pendente.
En quinto curso promocionan todos/as, non habendo ningunha circunstancia
especial ou extraordinaria que lle aconselle repetir a ninguén, aínda que algúns deles
tamén pasan con materias pendentes.
4. ALUMNADO QUE RECIBIU ATENCIÓN ESPECÍFICA
As mestras de Pedagoxía Terapéutica, Dna. Helena Pérez Castro e Dna. Mª
Dolores Álvarez Gómez apoiaron a 5 alumnos do ciclo (3 deles do 1º nivel e 2 do
2º)
Por parte das mestras de Audición e Linguaxe, Dna. Laura Casal Berdeal e Dna.
Raquel García Sánchez, recibiron atención 2 alumnos do 1º nivel, un deles con
AC.
5. REUNIÓNS ORDINARIAS As reunións do Equipo docente do 3º ciclo tiveron lugar o 2º luns de cada mes,
agás aquelas de carácter extraordinario.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO II: MEMORIA DOS EQUIPOS DOCENTES DE EDUCACIÓN PRIMARIA (3º CICLO)
35
6. CELEBRACIÓNS E SAÍDAS O ciclo participou nas diferentes conmemoracións organizadas no centro que
aparecen recollidos na memoria do equipo de actividades extraescolares e
complementarias.
Ademais leváronse a cabo as seguintes actividades:
o En 5º curso: participación nun contacontos e talleres (Contra a violencia de
xénero) que se levou a cabo o 13 de novembro, nas charlas do programa Ceida
(6 de febreiro e 27 de marzo) e do Plan Navega con rumbo (30 de maio).
o En 6º curso: escenificación da obra “The princesses and the dragons” (12- 13 de
xuño para o resto do alumnado do colexio e 16 de xuño para as familias) e visita
ao instituto o 18 de xuño.
o Para os dous niveis do ciclo: encontro co escritor Gonzalo Moure (1 de abril).
7. RELACIÓN COS PAIS E NAIS
No mes de setembro, houbo unha reunión cos pais e nais para informarlles
sobre determinados aspectos da organización do centro e os propios de cada titor/ a.
As comunicacións coas familias foron fluídas e satisfactorias, realizándose polas
canles habituais:
o Reunión colectiva a principio de curso con cada grupo.
o Reunións individuais. Cada titor co pai ou nai que solicitou ou foi chamado.
En xeral, os pais e nais acudiron sempre que foi requerida a súa presenza e non
houbo ningunha incidencia digna de resaltar.
En Cambre, a 25 de xuño de 2014
A COORDINADORA: Dna. Raquel García Sánchez.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
37
MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CURSO: 2013/2014 C.E.I.P. WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ- CAMBRE Mª DOLORES CERNADAS RÍOS
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
38
MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
1. INTRODUCIÓN
O corrente curso académico funcionou o Departamento de Orientación neste centro cos compoñentes, funcións, ámbito de influencia e horario recollidos no Plan de Orientación. 2. DESENVOLVEMENTO DO PLAN
As funcións do departamento centráronse nas directrices de actuación propostas no Plan de Orientación dacordo coas directrices da comisión de coordinación pedagóxica: Continuar a desenvolver o Plan de mediación e desenvolver a campaña “A clase con mais clase”.
ACCIÓNS DESENVOLTAS: Respecto da atención á diversidade e ao A.C.N.E.A.E.:
Realizouse Avaliación Psicopedagóxica de 16 alumn@s para determinar as súas necesidades educativas e emitíronse 11 Informes Psicopedagóxicos. D@s alumn@s valorad@s considérase que todos son alumnos/as con NEAE agás 2 .
Realizouse Revisión de Informe Psicopedagóxico en 3 casos.
O Equipo de Orientación Específico colaborou na revisión psicopedagóxica en dous casos.
Colaborouse co Ciclo de Audioloxía que coordina o uso dun equipo de FM para un alumno con discapacidade auditiva .
Asesorouse para o deseño de 2 Adaptacións Curriculares:
Enviáronse as 2 á Inspección, sendo autorizadas ambas.
Por parte das Escolas de E.Infantil adscritas houbo tres demandas de intervención que foron atendidas. Coordinouse a atención ás N.E.A.E. coas profesoras especialistas de P.T. , A.L. a coidadora, o Xefe de Estudios e @s profesor@s titor@s.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
39
AUXILIAR TÉNICO DE APOIO (COIDADORA) A coidadora exerceu as súas funcións con 1 alumno con N.E.E. obxecto da súa intervención. Ademais das funcións que lle son propias, dacordo coa normativa vixente, a coidadora colaboran voluntariamente e a solicitude do centro nas seguintes tarefas: . Atención do alumno obxecto da súa intervención dentro da aula. . Colaboración en traslados, con alumn@s que presenten dificultades locomotoras temporais.
Respecto ó apoio ó proceso de ensino aprendizaxe: Colaborouse cos obxectivos propostos pola CCP para traballar o presente curso. Trasládase ó D.O. do IES a información pertinente e confidencial relativa a escolarización de alumn@s con N.E.AE. que promocionan á E.S.O. Aplicouse o BADyG en 6º curso informando dos resultados ao profesorado, familias e IES. Realizouse xuntanza de coordinación en ASPANAES entre o profesorado implicado na atención a un alumno de 6º de E. Infantil en escolarización combinada. En colaboración co D.O. do C.E.I.P. Graxal-Temple, do CEIP Portofaro e o D.O. do I.E.S. da Barcala e os equipos directivos e profesorado implicado dos centros de E. Primaria e E. Secundaria, desenvolveuse un programa de transición da E. Primaria á ESO, destinado ó alumnado de 6º curso e as súas familias. O programa comprende varias accións encamiñadas a coñecer as instalacións do IES e recibir información sobre os estudios de secundaria e o funcionamento xeral do instituto. As accións desenvoltas foron:
Alumn@s: 1 sesións informativa sobre a ESO e outra dedicada a visitar o IES .
a) Familias: 1 sesión informativa sobre a ESO amais doutra adicada a coñecer as instalacións do instituto e a súa organización.
Respecto ó Plan de Acción Titorial: Levouse a cabo o programa de intervención para mellorar a convivencia no centro: Programa “Mediamos”.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
40
Trátase dun programa de formación dun equipo de 20 mediadores/as de 5º e 6º curso cuia función é colaborar co alumnado de E. Primaria para resolver conflictos de forma pacífica. Pospúxose para o vindeiro curso a campaña “A clase con mais clase”. No seu lugar desenvolveuse a campaña “no patio xogamos todos e todas” cuio obxecto é ofrecer unha alternativa para a participación de todo o alumnado en xogos organizados de tipo tradicional e cooperativo. Próximo. Apoiouse ao profesorado que así o demandou en aspectos relativos á mellora das relacións e a convivencia nas aulas e no centro. Informouse e asesorouse ás familias para impulsar a súa implicación no proceso educativo dos seus fillos/as. Respecto á intervención na comunidade: Contactouse cos distintos profesionais e persoas que interveñen na atención ó alumnado con N.E.A.E., tanto para recabar información e asesoramento como para coordenar actuacións: Familias, Equipo de Orientación Específico e Saúde Mental. Colaborouse coas demandas dos Servicios Sociais do Concello e de “Menores”. Trasládese unha alumna de E. Infantil a outro Centro do Concello por levantamento da custodia da menor. 3. CONCLUSIÓNS Dacordo cos indicadores do grao de cumprimento dos criterios de avaliación propostos no Plan de Orientación: As funcións de orientación foron desmpeñadas pola orientadfora definitiva no Centro e unha orientado substituta. A implicación do profesorado nas medidas acordadas foi satisfactoria. Realizouse Avaliación Psicopedagóxica e Revisións dos alumnos/as con NEAE. Respecto das accións desenvoltas para a mellora da convivencia, considérase positivo o programa “mediamos” e as campañas de sensibilización da convivencia.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
41
MEMORIAS DAS PROFESORAS ESPECIALISTAS DE PT/AL
AULAS DE AUDICIÓN E LINGUAXE.
Durante este curso 2013- 2014 recibiron apoio na aula de Audición e Linguaxe un total de 27 alumnos, distribuídos entre as dúas mestras do seguinte xeito: MESTRA A.L. 1 Atendeu un total de 6 nenos/as:
Educación Infantil: 1 alumno.
Educación Primaria: - 1º Ciclo: 2 alumnos. - 2º Ciclo: 2 alumnos. - 3º Ciclo: 1 alumno.
MESTRA A.L. 2 Atendeu un total de 21 nenos/as:
Educación Infantil: 8 alumnos.
Educación Primaria: - 1º Ciclo: 9 alumnos. - 2º Ciclo: 3 alumnos. - 3º Ciclo: 1 alumno.
Ao longo do curso recibiron a alta dous nenos. AVALIACIÓNS Na etapa de Educación Infantil, realizáronse 8 avaliacións, das cales so 3 recibiron apoio específico. No resto dos casos, quedan pendentes de valoración no próximo curso. En Educación Primaria, realizáronse 6 avaliacións, recibindo apoio 4 deles, xa que no resto dos casos non se detectaron dificultades salintables nese momento. Aínda así, un dos dous casos que quedaron sen atender no ámbito de Audición e Linguaxe, recibiu apoio por parte da especialista de Pedagoxía Terapéutica.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
42
MESTRA P.T. 1
Ao longo do curso 2013-2014 atendéronse 4 nenos e 1 nena do 6º curso de Educación Infantil por distintos motivos (Trastorno Autista, dificultades na aprendizaxe e problemas de comportamento). Coa excepción da nena que comezou a recibir apoio no segundo trimestre, o resto tivérono ao longo de todo o curso e tres deles xa o recibiran no curso anterior.
Estes nenos e nenas aproveitaron ben o apoio, logrando acadar un mellor desenvolvemento persoal e académico. Non obstante trátanse de nenos/as que para o curso que ven necesitarán continuar con este apoio, sobre todo contando que comezan a etapa de Educación Primaria.
No 1º ciclo de Educación Primaria atendéronse a 2 nenos/as do 1º curso e 6 do 2º curso principalmente por dificultades de aprendizaxe e por problemas actitudinais e de comportamento.
Os nenos/as do 1º curso aproveitaron moi ben estas horas, notándoselles un gran avance na lectoescritura, iso que a un neno comezóuselle a dar apoio no mes de abril. Aínda así, sendo coñecedores de que para o ano que vén é un pouco máis difícil van precisar continuar con este apoio.
En canto aos nenos/as do 2º curso houbo de todo, houbo nenos/as que aproveitaron este apoio e lles serviu para afianzar conceptos que tiñan máis perdidos e lograr deste xeito pasar ao seguinte curso académico; e houbo outros nenos que non o aproveitaron tanto, sobre todo debido a súa actitude e por iso permanecen un ano máis en 2º curso de EP.
Dentro deste grupo de alumnado sinalar que un deles comezou a recibir apoio no segundo trimestre e outro deixou de recibilo neste tempo. Para o ano, os nenos/as que pasan para terceiro precisarán apoio xa que pasan moi xusto. E con respecto aos que permanecen algúns deles precisarán desta axuda para lograr afianzar todos os conceptos e outros para mellorar a súa actitude cara o traballo e as persoas. MESTRA P.T. 2 Durante este curso atendéronse un total de 16 alumnos con NEAE. entre dúas aulas de 4º (A e B) e dúas de 5º (A e C). Fixéronse dúas ACIs para dous alumnos de 5º. Dos cales 4 acadaron os obxectivos correspondentes ao seu nivel. O curso desenrolouse con absoluta normalidade nos distintos ámbitos nos que se interrelacionou. Para o vindeiro curso, proponse que continúen con apoyo os alumnos de ACI e os demais, que ainda que melloraron no seu desempeño, precisan dunha continuidade co fin de acadar os obxectivos. Tamén se inclúen para o vindeiro curso dúas alumnas que estaban en observación, exalumnos de apoio educativo, e que a profesora- titora considera que presentan neae.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
43
MESTRA P.T. 3
Na aula de PT durante o curso 13\14 atenderonse a os seguintes alumnos/as: - 9 alumnos con reforzo educativo: 5 en 3° de Educación Primaria, 2 en 5° de educación Primaria e 2 en 6° de Educación Primaria. - 2 alumnos con ACI: unha en 4° de Educación Primaria, outra en 5° de Educación Primaria. A maioria do alumnado aproveitó as medidas de atención, facendo melloras progresivas nas suas aprendizaxes. Durante o primeiro trimestre houbo unha alta voluntaria dun alumno que non quixo seguir co reforzo, polo que ao finalizar o trimestre non se continuou. No segundo trimestre comezouse con unha das ACIS con moi bos resultados. O outro alumno con ACI non continúa no colexio para o ano que ven e dous alumnos de RE xa pasan a ESO. No proximo curso sería convinte continuar con apoios de este alumnado debido a súa necesidade e o seu aproveitamento.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
44
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
45
MEMORIA DESCRITIVA E GRÁFICA DO DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES DO EDLG DO CEIP
WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ DURANTE O CURSO 2013/2014
O equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Wenceslao Fernández
Flórez, en Cambre (A Coruña), estivo formado segundo o establecido na lexislación
vixente e composto polos seguintes membros:
- Marta Barca Gómez, mestra de inglés e coordinadora, primeiro ciclo.
- Pilar Barreiro Míguez, mestra do segundo ciclo.
- Guillermo Aller Fernández, mestre de inglés, terceiro ciclo.
- María Jesús Souto Pereira, mestra de Educación Infantil.
- Fernando Martínez Cruz, mestre de primeiro ciclo.
O proxecto de fomento do uso do galego foi incluído na programación
xeral de actividades para o curso 2013/2014 e aprobado polo Consello Escolar do
centro.
DESCRICIÓN DETALLADA DAS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PARA CADA UN DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS
OBXECTIVO 1
Dar a coñecer á comunidade escolar a vida e a obra do autor homenaxeado no Día das
Letras Galegas de 2014, Xosé María Díaz Castro.
ACTIVIDADES
- Elaboración dunha ampla biografía do autor homenaxeado no Día das Letras
Galegas de 2014, Xosé María Díaz Castro, coa escolma da súa obra. - Elaboración e edición de material didáctico para dar a coñecer a vida e obra do
autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castro, con actividades dirixidas a infantil
e aos tres ciclos de educación primaria.
- Elaboración de actividades interactivas sobre a vida e obra de Xosé María Díaz
Castro.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
46
OBXECTIVO 2
Dar a coñecer as nosas actividades mediante o uso das novas tecnoloxías.
ACTIVIDADE
- Colocación na páxina web do centro do material e actividades realizadas polo
EDLG.
OBXECTIVO 3
Manter as tradicións de orixe galega.
ACTIVIDADES
- Celebración do Entroido facilitando ao claustro de materiais electrónicos e en
papel, adaptados para o traballo en aula.
- Celebración do Magosto no mes de novembro, mediante un asado e
degustación de castañas. Realización de unidades didácticas sobre o tema. En
colaboración co equipo de actividades complementarias.
- Xogos tradicionais. Organización durante varios días de xogos tradicionais con
debuxos e as normas dos xogos en diferentes recunchos do patio.
- Celebración do Samaín facilitando ao claustro materiais electrónicos e en
formato papel, adaptados para o traballo en aula.
OBXECTIVO 4
Fomentar a lectura de libros en galego e difundir as novidades editoriais e o
coñecemento de autores en lingua galega en colaboración co Equipo de Biblioteca.
ACTIVIDADES
- Edición de dúas guías de lectura con recomendacións literarias en galego,
coincidindo coas vacacións de inverno e verán. En colaboración co Equipo de
Biblioteca.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
47
- E ti, por que les? Actividade que será levada a cabo entre abril e maio, onde se
lle preguntará aos alumnos por que len. Responderán por escrito. Exposición de
respostas nun mural. En colaboración co Equipo de Biblioteca.
OBXECTIVO 5
Colaborar nas actividades de dinamización lingüística do Concello de Cambre,
potenciando a participación do alumnado, e con calquera outra actividade promovida
durante o curso pola Xunta de Galicia ou calquera outro organismo.
ACTIVIDADE
- Difusión e organización no centro das diferentes iniciativas que o Concello de
Cambre, a Xunta de Galicia ou calquera outro organismo poidan ofrecer.
OBXECTIVO 6
Dar a coñecer a lingua entre o alumnado foráneo.
ACTIVIDADE
- Adquisición de material informático e en formato papel para as aulas.
OBXECTIVO 7
Dotar de material bibliográfico ou informático ao profesorado do centro.
ACTIVIDADE
- Adquisición de material bibliográfico ou informático para o profesorado do centro.
OBXECTIVO 8
- Colaborar con outros centros de ensino de infantil e primaria na elaboración de
actividades en común: CEIP Galán de Oseiro-Arteixo, CEIP Eusebio da Guarda
de A Coruña, CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás-Cambre, CEIP
Portofaro de O Temple-Cambre, CEIP Praia de Quenxe de Corcubión, CEIP
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
48
Montel Touzet de A Coruña, CEIP San Xosé Obreiro de Meicende-Arteixo, CRA
de Culleredo, CEIP Sal Lence da Coruña, CEIP Manuel Murguía da Coruña,
CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños e CEIP de Portosín-Porto do Son.
ACTIVIDADES
- Elaboración dunha ampla biografía do autor homenaxeado no Día das Letras
Galegas de 2014, Xosé María Díaz Castro, coa escolma da súa obra. - Elaboración e edición de material didáctico para dar a coñecer a vida e obra do
autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castro, con actividades dirixidas a infantil
e aos tres ciclos de educación primaria.
- Elaboración de actividades interactivas sobre a vida e obra de Xosé María Díaz
Castro.
- Edición dun CD con actividades interactivas sobre a vida e obra de Xosé María
Díaz Castro.
- Elaboración dun díptico cunha pequena biografía de Xosé María Díaz Castro.
- Edición dun marcapáxinas conmemorativo do Día das Letras Galegas e de Xosé
María Díaz Castro.
OBXECTIVO 9
Visualizar e difundir as actividades a prol da normalización lingüística realizadas polo
alumnado do centro entre o resto do alumnado.
ACTIVIDADE
- Realización de exposicións temporais de todos aqueles traballos de
investigación, creación propia,… realizados polo alumnado do centro.
OBXECTIVO 10
Difundir a música galega entre o alumnado.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
49
ACTIVIDADES
- Envío de correos electrónicos ao claustro con cancións na nosa lingua e música
da nos aterra.
- Mercar CDs de autores galegos e promover actuacións musicais.
OBXECTIVO 11
Ampliar e fixar o vocabulario galego entre o alumnado.
ACTIVIDADE
- As verbas galegas máis fermosas. Recopilación da verba en galego que máis lle
guste aos alumnos.
- Elaboración de cuestionarios con definicións de palabras galegas con
encrucillados e sopas de letras de resumo dos cuestionarios.
OBXECTIVO 12
Potenciar a transmisión idiomática e a creación literaria en galego entre o alumnado e
familias.
ACTIVIDADE
- Organización do concurso “Contos en familia” no que poderá participar o
alumnado que desexe facelo coa colaboración dalgún adulto. Haberá diploma de
participación e agasallo.
OBXECTIVO 13
Potenciar as actividades artísticas en lingua galega.
ACTIVIDADES
- Colaboración na preparación dunha obra de teatro por parte do alumnado de 6º
curso de Educación Infantil.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
50
- Colaboración na preparación de actividades para os festivais que se celebren no
centro.
- Érase unha vez un cole cheo de… Esta actividade realizarase no Entroido.
Realización dun libro no cal cada páxina levará unha foto e un comentario sobre
ela.
OBXECTIVO 14
Difundir a conmemoración do Día das Letras Galegas e da vida de Xosé María Díaz
Castro.
ACTIVIDADE
- Exposición, mediante paneis, sobre o significado de Día das Letras, a biografía
de Xosé María Díaz Castro, fragmentos das súas obras, bibliografía sobre este
autor e realización de actividades por equipos.
OBXECTIVO 15
Dotar ás bibliotecas de aula de novidades editoriais en lingua galega.
ACTIVIDADE
- Consulta periódica de catálogos de novidades editoriais.
OBXECTIVO 16
Rotular as diferentes aulas do centro cun tema relacionado con Galicia e buscar
información.
ACTIVIDADE
- Creación e colocación de rótulos en lingua galega en tódalas aulas do centro,
adxuntando información.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
51
OBXECTIVO 17
Difundir a nosa tradición oral entre o alumnado de educación infantil.
ACTIVIDADES
- Padriños lectores. Realización de sesións de contacontos protagonizadas polo
alumnado de maior idade ao alumnado de menor idade.
- Sesións de contacontos.
OBXECTIVO 18
Coñecer os hábitos lingüísticos do alumnado de novo acceso ao centro.
ACTIVIDADE
- Realización dunha enquisa ao alumnado de Educación Infantil e primaria de
nova incorporación, para coñecer os seus hábitos lingüísticos e os das súas
familias.
OBXECTIVO 19
Fomentar o uso oral da lingua.
ACTIVIDADES
- Sesión de contacontos.
- Padriños lectores. Realización de sesións de contacontos protagonizadas polo
alumnado de maior idade ao alumnado de menor idade.
OBXECTIVO 20
Fomentar a transmisión oral de contos da literatura galega e universal entre o
alumando.
ACTIVIDADES
- Sesións de contacontos.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
52
- Padriños lectores. Realización de sesións de contacontos protagonizadas
polo alumnado de maior idade ao alumnado de menor idade.
OBXECTIVO 21
Favorecer o coñecemento da vida de Xosé María Díaz Castro, mediante o uso das
novas tecnoloxías.
ACTIVIDADE
- Mantemento dunha páxina web, www.seminariogalan.org, co traballo elaborado
polo profesorado agrupado baixo a denominación Seminario de Galán.
OBXECTIVO 22
Informar ao profesorado de recente ingreso no centro e ás familias sobre a aplicación
do decreto 79/2010, ou calquera outra novidade normativa sobre o uso do lingua nos
centro de ensino.
ACTIVIDADE
- Envío dun correo electrónico ao profesorado de recente ingreso no centro da
normativa de decreto 79/2010 e calquera outra normativa que incida no uso da
lingua galega no noso centro.
OBXECTIVO 23
Fomentar a lectura de libros en galego.
ACTIVIDADE
- Organización da actividade ‘Mochilas viaxeiras’. Unha mochila con materiais en
diferentes soportes (todos en galego) circulará en cada aula visitando ás familias
no turno que lles corresponda. As familias poden escribir as súas opinións no
caderno que as acompaña. En colaboración co Equipo de Biblioteca.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
53
OBXECTIVO 24
Colaborar na confección da revista dos alumnos de Educación Infantil, ‘Peque prensa
na rede’.
ACTIVIDADE
- Colaboración na publicación de tres números (un cada trimestre) da revista
‘Peque prensa na rede’, realizada por parte do alumnado de Educación Infantil.
OBXECTIVO 25
Integrar este Equipo na Coordinadora de EDLG de centros educativos de Galicia e
participación nas súas campañas de divulgación.
ACTIVIDADE
- Distribución de información ao claustro sobre o uso do idioma galego e do seu
fomento.
OBXECTIVO 26
Dotar á biblioteca escolar libros.
ACTIVIDADE
- Adquisición de novidades editoriais para a biblioteca escolar.
OBXECTIVO 27
Concienciar aos rapaces e rapazas no coidado da natureza a través da cultura galega.
ACTIVIDADES
- Prantación de carballos en EI e no 1º ciclo de EP.
- Sesións de contacontos por parte do autor do libro ‘O carballo con botas’, Anxo
Moure.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
54
OBXECTIVO 28
Potenciar a creatividad dos nenos e nenas.
ACTIVIDADE
- ‘Outono fotográfico’. Realización de murais con fotografías dos alumnos e
alumnas que levarán consigo unha pequena reseña. Pedirase unha foto aos
alumnos a cal levará consigo unha pequena reseña.
OBXECTIVO 29
Dar a coñecer ao alumnado tradicións da cultura galega.
ACTIVIDADE
- Traballo dos Maios.
OBXECTIVO 30
Participar no Plan Proxecta co proxecto ‘Contos, cámara… Acción!’.
ACTIVIDADE
- Participación no Plan Proxecta. O título do proxecto é ‘Contos, cámara…
Acción!’.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
55
DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES REALIZADAS
- Elaboración dunha ampla biografía do autor homenaxeado no Día das Letras
Galegas de 2014, Xosé María Díaz Castro, coa escolma da súa obra, en
colaboración cos seguintes centros educativos (ver anexos): CEIP Portofaro, en O Temple-Cambre
CEIP Gonzalo Torrente Ballester, en Sigrás-Cambre
CEIP Montel Touzet, de A Coruña
CEIP Praia de Quenxe, de Corcubión
CEIP Sal Lence, de A Coruña
CRA de Culleredo
CEIP Eusebio da Guarda, de A Coruña
CEIP Manuel Murguía, de A Coruña
CEIP Milladoiro, en Malpica de Bergantiños
CEIP San Xosé Obreiro, en Meicende-Arteixo
CEIP de Portosín-Porto do Son
CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo
- Elaboración e edición de material didáctico para dar a coñecer a vida e obra do
autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castro, con actividades dirixidas a infantil
e aos tres ciclos de educación primaria, en colaboración cos seguintes centros
educativos (ver anexos):
CEIP Portofaro, en O Temple-Cambre
CEIP Gonzalo Torrente Ballester, en Sigrás-Cambre
CEIP Montel Touzet, de A Coruña
CEIP Praia de Quenxe, de Corcubión
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
56
CEIP Sal Lence, de A Coruña
CRA de Culleredo
CEIP Eusebio da Guarda, de A Coruña
CEIP Manuel Murguía, de A Coruña
CEIP Milladoiro, en Malpica de Bergantiños
CEIP San Xosé Obreiro, en Meicende-Arteixo
CEIP de Portosín-Porto do Son
CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo
- Elaboración de actividades interactivas sobre a vida e obra de Roberto Vidal
Bolaño, coa colaboración dos seguintes centros educativos:
CEIP Portofaro, en O Temple-Cambre
CEIP Gonzalo Torrente Ballester, en Sigrás-Cambre
CEIP Montel Touzet, de A Coruña
CEIP Praia de Quenxe, de Corcubión
CEIP Sal Lence, de A Coruña
CRA de Culleredo
CEIP Eusebio da Guarda, de A Coruña
CEIP Manuel Murguía, de A Coruña
CEIP Milladoiro, en Malpica de Bergantiños
CEIP San Xosé Obreiro, en Meicende-Arteixo
CEIP de Portosín-Porto do Son
CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
57
- Edición dun CD con actividades interactivas sobre a vida e obra de Xosé María
Díaz Castro, en colaboración cos seguintes centros escolares:
CEIP Portofaro, en O Temple-Cambre
CEIP Gonzalo Torrente Ballester, en Sigrás-Cambre
CEIP Montel Touzet, de A Coruña
CEIP Praia de Quenxe, de Corcubión
CEIP Sal Lence, de A Coruña
CRA de Culleredo
CEIP Eusebio da Guarda, de A Coruña
CEIP Manuel Murguía, de A Coruña
CEIP Milladoiro, en Malpica de Bergantiños
CEIP San Xosé Obreiro, en Meicende-Arteixo
CEIP de Portosín-Porto do Son
CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo
- Elaboración dun díptico cunha pequena biografía de Xosé María Díaz Castro, en
colaboración cos seguintes centros educativos (ver anexos):
EEI Vilarrodís, en Arteixo
CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo.
- Edición dun marcapáxinas conmemorativo do Día das Letras Galegas e de Xosé
María Díaz Castro, en colaboración cos seguintes centros escolares (ver
anexos):
EEI Vilarrodís, en Arteixo
CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo.
- Exposición, mediante paneis, sobre o significado de Día das Letras, a biografía
de Xosé María Díaz Castro, fragmentos das súas obras, bibliografía sobre este
autor e realización de actividades por equipos. (Ver anexos)
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
58
- Colocación na páxina web do centro do material e actividades realizadas polo
EDLG.
- Celebración do Entroido facilitando ao claustro de materiais electrónicos e en
papel, adaptados para o traballo en aula.
- Celebración do Magosto no mes de novembro, mediante un asado e
degustación de castañas. Realización de unidades didácticas sobre o tema. En
colaboración co equipo de actividades complementarias.
- Xogos tradicionais. Organización de xogos tradicionais no patio durante os
recreos.
- Edición de dúas guías de lectura con recomendacións literarias en galego,
coincidindo coas vacacións de inverno e verán. En colaboración co Equipo de
Biblioteca.
- Difusión e organización no centro das diferentes iniciativas que o Concello de
Cambre, a Xunta de Galicia ou calquera outro organismo poidan ofrecer.
- Adquisición de material bibliográfico e informático para a biblioteca do centro.
- Realización de exposicións temporais de todos aqueles traballos de
investigación, creación propia,… realizados polo alumnado do centro. (Ver
anexos)
- Envío de correos electrónicos ao claustro con cancións na nosa lingua e música
da nosa terra.
- Colaboración na preparación das actividades para os festivais que se celebraron
no centro. (Ver anexos)
- Consulta periódica de catálogos de novidades editoriais.
- Realización de sesións de contacontos protagonizadas polo alumnado de maior
idade ao alumnado de menor idade. Realizáronse durante os recreos, na
biblioteca. En colaboración co Equipo de Biblioteca.
- Integración na Coordinadora de EDLG e participación nas súas campañas de
divulgación: cesión de material didáctico, comunicados ao profesorado…
- Elaboración de propostas didácticas sobre o Outono, Samaín, Magosto, Nadal,
Entroido, Día da Paz e a non violencia, Letras Galegas, Rosalía de Castro, Día
da Árbore, Día Internacional da Violencia contra as mulleres,…
- Envío de correos electrónicos ao claustro durante todo o curso, con material
didáctico (unidades didácticas, webs interesantes, cancións,…), relacionado con
diferentes datas.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
59
- Feira do libro: o obxectivo é que se produza un intercambio de libros. As familias
que queiran participar aportan un ou dous libros por alumno. Estos libros son
canxeados por vales. Os rapaces levan os seus vales á feira do libro e canxean
os vales por libros. (Ver anexos)
- Participación nas sesións de animación á lectura propostas pola Biblioteca
Municipal. Encontros co Moucho Leroucho ao longo dos tres trimestres, nos que
participaron os alumnos de Educación Infantil e o primeiro curso de Educación
Primaria.
- Participación no Plan Proxecta. O título do proxecto é ‘Contos, cámara…
Acción!’. (Ver anexos)
- Prantación de carballos en EI e no 1º ciclo de EP. (Ver anexos)
- Sesións de contacontos por parte do autor do libro ‘O carballo con botas’, Anxo
Moure, para o alumnado de EI e o primeiro ciclo de primaria. (Ver anexos)
- ‘Outono fotográfico’. Realización de murais con fotografías dos alumnos e
alumnas que levarán consigo unha pequena reseña. Pedirase unha foto aos
alumnos a cal levará consigo unha pequena reseña. (Ver anexos)
- Sesións de contacontos por parte de Inacio Vilariño para o segundo ciclo de
primaria.
- Realización dunha exposición de obxectos antigos, chamda “Noutrora”. Esta
exposición foi posible grazas á colaboración das familias. (Ver anexos)
- Celebración do día da árbore e o comezo da primaveira coa plantación de flores
e o transplante de carballos no patio de educación infantil. (Ver anexos)
CAMBIOS CON RESPECTO AO PROXECTO INICIAL
Algunhas das actividades que se recollían no proxecto inicial non se puideron
levar a cabo debido á escasa contía concedida, ademais da tardía data de publicación
da convocatoria . Por este motivo, o centro viuse na obriga de destinar unha parte dos
seus ingresos ao EDLG para poder cubrir os gastos de algunhas das actividades
realizadas. Ademais disto, deixáronse de facer actividades por falta de tempo.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
60
DESTINO DA AXUDA CONCEDIDA POLA SXPL PARA O FOMENTO DO USO DO GALEGO NO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
Contía concedida: 351,00 euros
Dos 351 euros que foron asignados ao CEIP Wencesalo Fernández Flórez,
174,90 euros foron gastados nos dípticos e 137,50 euros nos marcapáxinas. En total,
foron gastados 378,00 euros na celebración das Letras Galegas (tendo en conta o
IVA).
Polo tanto, tan só na celebración das Letras Galegas xa nos excedimos 27 euros
da contía concedida ao noso centro.
Por suposto, foron necesarios máis cartos para a realización das actividades durante o
curso, pero este diñeiro foi posto polo centro.
AVALIACIÓN DO PROXECTO
A acollida das actividades realizadas por este EDLG foi positiva por parte do
profesorado, non habendo ningún tipo de atranco na realización das mesmas.
Tanto alumnado como profesorado participaron activamente nas actividades que
se levaron a cabo do proxecto.
Colaborouse cos equipos de Biblioteca e Actividades Complementarias,
organizando o Magosto, o Nadal, o Entroido, a Paz e as Letras Galegas.
Nas actividades planificadas por estos equipos, empregouse o galego, polo tanto
a coordinación entre os tres equipos resultou doada.
Tamén é importante sinalar a colaboración cos centros que forman parte do
Seminario Galán e do que damos conta tanto no proxecto como na memoria, para
traballar conxuntamente arredor da figura e obra do autor homenaxeado no Día das
Letras Galegas.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO III: MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
61
A colaboración con outros centros educativos resultou moi positiva á hora de editar
material conxunto, abaratando deste xeito os costes e permitindo o reparto do traballo
nun equipo máis amplo.
Cambre (A Coruña), 25 de xuño de 2014
Asdo.: Ana María Rial Rial Asdo.: Marta Barca Gómez
Vto. e prace da directora Coordinadora do EDLG
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO V: MEMORIA DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
63
MEMORIA DE ACTIVIDADES
COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
CURSO 2013-2014 En base ós obxectivos propostos para a PXA ó inicio do curso escolar 2013-2014,
consideramos que se alcanzaron os obxectivos propostos. Utilizamos as actividades propostas
por este Equipo co fin de fomentar a formación e a participación do alumnado deste centro.
Para levalas a cabo aproveitamos todos os recursos: Concello de Cambre, Xunta,
A.N.P.A e todos aqueles que o profesorado aporta.
Para iso realizáronse as seguintes actividades:
ACTIVIDADES PROGRAMADAS:
CHARLA: MICOLOXÍA
O día 7 de novembro tivemos unha charla da Asociación de Cambre de Micoloxía
(ANDOA).
Destinatarios: alumnado de 3º y 4º ciclo de E.P.
Lugar: Salón de actos.
CONTACONTOS E TALLERES: “CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”
O mércores 13 de novembro, ás 10:00, tivo lugar no salón de actos do colexio unha
sesión de contacontos a cargo de Pablo Pablísimo e posteriormente un taller, todo elo
relacionado coa concienciación contra a violencia de xénero proposta por Deloga e co patrocinio
do Concello de Cambre.
Destinatarios: alumnado de 4º e 5º de primaria.
Lugar: salón de actos.
O MAGOSTO:
O día 15 de novembro tivo lugar a celebración do Magosto. A ANPA do centro ofreceu a
todo o alumnado e todo ao persoal unha degustación de castañas e unha bebida despois do
recreo.
Destinatarios: alumnado de infantil e primaria.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO V: MEMORIA DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
64
Lugar: corredor de Educación Infantil e pistas para Educación Primaria.
TEATRO: A FRAUTA MÁXICA
O venres 13 de decembro asistimos ao Teatro Colón de A Coruña para poder ver unha
función de “A frauta máxica”.
Destinatarios: alumnado de 5º e 6º curso de Educación Infantil.
Lugar: Teatro Colón (A Coruña).
FESTA: O NADAL
O día 12 de decembro tivemos a visita de Papá Noel ó colexio, visitando as distintas
clases de E.I e 1º ciclo de E.P. Comezou o seu percorrido polo centro ás 10:00 horas, onde os
rapaces expresaron os seus desexos e debuxos a Papá Noel.
O día 19 de decembro, despois do recreo todo o colexio reuniuse no pavillón para realizar
o baile “Los peces en el río”. Despois o alumnado de 6º de E.P interpretou á frauta a tradicional
“Noite de Paz”.
O día 20 de decembro visitáronnos o Reis Magos de Oriente, que chegaron ao centro
sobre as 10:30. Acomodáronse nos tronos que preparou a A.N.P.A na zona de salón de actos para
a recepción de cartas, desexos e outras solicitudes. No recreo, os membros da A.N.P.A repartiron
a todo o alumnado do centro unha merenda por un zume ou unha auga e un doce.
Despois do recreo, tivo lugar un partido de brilé entre o equipo gañador do Campeonato
de Brilé na categoría de 3º ciclo e un equipo de profesores.
Unha vez rematado o partido, o alumnado dirixiuse ao patio de entrada e interpretamos
todos xuntos a canción “En el fondo del mar”.
DÍA DA PAZ:
O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Previamente os titores co seu alumnado
fixeron actividades relacionadas coa día da paz nas súas aulas: contos, murais, debuxos....
Concretamente no día da Paz realizáronse o seguintes actos:
- Lectura por megafonía para todo o centro de poemas mensaxes para a paz.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO V: MEMORIA DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
65
- Despois do recreo interpretouse a canción “Cantaré, cantarás”. A continuación bailouse a
canción “Live your life” de Mika.
- Ao remate do baile, houbo unha solta de globos (onde foron asignados dous rapaces por
aula para a súa solta).
FESTA: O ENTROIDO
O venres 28 de febreiro celebramos a festa do Entroido no centro.
Realizándose os seguintes actos:
- Proxección dunha película alusiva ao tema escollido (“Os animais”), por niveis, entre as
9:30 e as 12:00, xunto coa festa de clase e a degustación de orellas e unha bebida
(facilitada pola A.N.P.A).
- Desfile e baile de disfraces, a partir das 13:15 no pavillón. Acto ao que se invitou ás
familias e que rematou cos bailes “Live your life” e “Chuchuá” (os bailes foron
organizados pola mestra de música e os mestres de educación física).
Os temas escollidos para os disfraces foron os seguintes:
- Infantil: “Animais de granxa”.
- 1º ciclo de E.P: “Insectos e outros bechos”
- 2º ciclo de E.P: “Animais salvaxes”
- 3º ciclo de E.P: “Animais acuáticos”
-
DÍA DO LIBRO:
O día 23 de abril celebramos o día do Libro. Este día o alumnado na súa propia aula fixo
un marcapáxinas de maneira orixinal, empregando a súa imaxinación e creatividade.
Ademais retomouse parte da celebración deste día o 16 de maio, coincidindo coa
celebración do día das Letras Galegas.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO V: MEMORIA DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
66
SAÍDA: ESPACIO CORUÑA
O día 25 de abril, de 12:00 a 14:30, tivemos unha saída ao centro comercial Espacio
Coruña. Alí realizamos dúas actividades:
- Escoitamos un contacontos.
- Vimos unha película en 360º.
Destinatarios: alumnado de 1º curso do 1º ciclo de EP.
Lugar: Centro Comercial Espacio Coruña (A Coruña).
TEATRO:
O día 6 de maio, de 10:30 a 12:00 acudiron ao colexio o persoal da Fraga Encantada para
contarnos unha pequena obra de teatro.
Destinatarios: alumnado de Educación Infantil.
Lugar: salón de actos.
DÍA DA FAMILIA:
O día 15 de maio celebrouse o día da familia onde cada curso levou a cabo a realización
dun pequeno agasallo para regalarllo a súa familia en conmemoración deste día. Os agasallos
foron diversos como unha piruleta grande en forma de corazón, un posa candeas, unha maceta
con flores feitas de papel,…
VISITA AO CONCELLO:
O día 16 de maio tivemos unha saída ao concello de Cambre onde nos recibiu o alcalde
ao cal lle fixemos unha serie de preguntas e puidemos falar con el. Despois acudimos á Policía
Local onde nos ensinaron diferentes uniformes e os calabozos.
Destinatarios: alumnado de 2º curso do 1º ciclo de EP.
Lugar:casa do concello e policía local de Cambre.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO V: MEMORIA DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
67
LETRAS GALEGAS:
O día 16 de maio foi o día das letras galegas e este ano dedicóuselle a Xosé María Díaz
Castro. En colaboración co Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega leváronse
a cabo os seguintes actos:
- Feira do Libro: consistiu en que cada neno ou nena que quixo trouxo un libro da súa
casa. Estes libros expuxéronse no salón de actos para que todo o alumnado do centro os
puidese contemplar e despois cada neno e nena escollía un libro que lle gustase e levábao
para a súa casa a cambio do que trouxera.
Destinatarios: Todo o alumnado do centro.
Lugar: salón de actos.
- Preparación duns libriños básicos para os titores/as sobre a vida e obra deste autor para
que así o puidesen traballar cos nenos e nenas.
- Decoración do colexio.
- Debuxos do homenaxeado por parte do alumnado.
CONTACONTOS: O MOUCHO:
Os días 20 e 21 de maio veu visitarnos o Moucho Leroucho para contarnos uns contos.
Destinatarios: o alumnado de 6º Educación Infantil e 1º Educación Primaria o día 20 de
maio e o alumnado de 3º e 4º Educación Infantil o día 21 de maio.
Lugar: salón de actos.
SAÍDA: CASA DAS ABELLAS
Os días 20 e 29 de maio tivemos unha saída de todo o día á Casa das Abellas. Alí
puidemos poñernos os traxes que levan os apicultores e ver as abellas e os produtos que se fan.
Ademais puidemos probar a mel, que rica!
Destinatarios: alumnado de 1º curso do 1º ciclo de EP (o día 20 de maio) e o alumnado de
2º curso do 1º ciclo de EP (o día 29 de maio).
Lugar:Casa das Abellas en Meango, Abegondo.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO V: MEMORIA DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
68
PROXECTO NOUTRORA:
Entre os días 30 de maio e 6 de xuño puidemos gozar da exposición de obxectos antigos,
coñecida como o Proxecto Noutrora e organizada polo equipo de Dinamización da Lingua
Galega.
Para poder levarse a cabo, previamente cada neno e nena que quixo participar debía traer
da súa casa un obxecto antigo adxuntándolle un pequeno cartel onde se puidera ler o seu nome,
de que obxecto se trataba e de que ano foi.
Destinatarios: todo o alumnado do colexio en diferentes quendas e tamén estivo aberta
para as familias.
Lugar: salón de actos.
SAÍDA: MUSEO ARQUEOLÓXICO
Os días 10, 11 e 13 de xuño fomos de visita ao Museo Arqueolóxico de Cambre.
Acompañounos a nosa titora máis outro mestre/a, e alí o director do museo explicounos moitas
cousas sobre os romanos, onde se bañaban (as termas),…
Esta saída tiña unha duración aproximada de 50 minutos (dende as 11:00 ata as 11:50 da
mañá).
Destinatarios: o alumnado do 2º curso do 1º ciclo de Educación Primaria.
Lugar: Museo Arqueolóxico de Cambre.
TEATRO: THE PRINCESSES AND THE DRAGONS
Os días 12 e 13 de xuño o alumnado de 2º curso do 3º ciclo de Educación Primaria
representaron unha obra de teatro destinada a todo o alumnado do colexio. Ademais o día 16 de
xuño representárona para as familias dos nenos e nenas do colexio.
A obra trataba dunha divertida historia sobre tres princesas que non se comportaban como
princesas e tres inusuais dragóns.
Destinatarios: todo o alumnado do colexio en diferentes quendas por ciclos e tamén as
familias.
Lugar: salón de actos.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO V: MEMORIA DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
69
FESTA DE FIN DE CURSO:
O día 20 de xuño celebrouse a festa de fin de curso que estivo organizada pola A.N.P.A.
As actividades propostas foron unha sesión nos inchables, un taller de elaboración de
chapas (só para Educación Primaria), unha merenda con xeado incluído e a visita ao Mercadiño
Solidario (no cal só participa o alumnado de Educación Primaria).
Ao longo da mañá cada titor/a fíxose cargo da súa clase e o profesorado que tiña horas
libres, de gardas ou especialistas estiveron apoiando para que este día saíse ben. Entón cada clase
estivo na súa aula celebrando cos seus compañeiros/as o fin de curso e cando lles tocou (había un
horario previamente programado tanto para os inchables como para o taller) asistiron a estas
actividades.
O recreo durou o dobre, é dicir, unha hora polo que puidemos xogar moito e ademais
tivemos unha rica merenda que incluía un xeado o cal fomos a buscar por quendas de clase.
Ademais ás 2 xuntámonos todos no patio cuberto para que o alumnado de 6º curso de
Educación Primaria se puidese despedir de nós xa que para o ano marchan para o Instituto.
Tocáronos con frautas “Un mundo ideal” e “O son do ar” e cantáronos “Cero”.
En Cambre, a 25 de xuño de 2014. A COORDINADORA DE EACE.: Dna. Natalia López Presas
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
71
MEMORIA
PLAN DE MELLORA
DE
BIBLIOTECAS ESCOLARES
CURSO 2013-2014
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
72
ÍNDICE
I. Introdución.
II. Grao de cumprimento dos obxectivos propostos.
III. Horario asignado á persoa responsable e ao equipo de biblioteca.
IV. Actividades desenvolvidas
V. Grao de implicación do centro e da comunidade educativa.
VI. Grao de integración dos recursos da biblioteca nos procesos de ensinanza e de aprendizaxe das diversas áreas do currículo.
VII. Actividades de formación do ambito de biblioteca escolar nas que participou o profesorado.
VIII. Avaliación.
IX. Previsións de futuro. ANEXO: PLAN LECTOR DO CENTRO
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
73
I. Introdución
1.1. Marco legal
sta Memoria acóllese ao regulamentado no punto 3, artigo 8, da Orde do 16 de maio de
2013 (DOG do 29 de maio) pola que se convoca o Plan de Mellora de Bibliotecas
Escolares en centros públicos non universitarios de titulariedade da Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2013/2014, e conta co visto e prace
da Dirección do Centro.
Incluírase na Memoria final do curso que se remitirá ao Servizo Provincial de Inspección.
Asemade, o aquí exposto intenta reflectir os principios de fomento da lectura e a adquisición das
competencias básicas que se recollen no artigo 113 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
Educación; así como ao Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da
educación infantil e o Decreto 130/2007, do 28 de xuño que regula as ensinanzas da educación
primariana Comunidade Autónoma de Galicia.
1.2. O contexto
O Colexio de Educación Infantil e Primaria “Wenceslao Fernández Flórez” está ubicado no casco
urbano da localidade de Cambre, no Concello do mesmo nome, dentro da bisbarra da cidade da
Coruña.
O Colexio escolariza alumnado de Educación Infantil, distribuídos en seis aulas e alumnado de
Educación Primaria, agrupados en dezaséis unidades.
O Centro conta con varios edificios destinados a aulas e outro de administración, onde se ubica a
Biblioteca.
O profesorado está formado por mestres e mestras de Educación Infantil, Educación Primaria e
os correspondentes especialistas. O ambiente de traballo é agradable e a acollida ás actividades
que se programan desde todos os Equipos é sempre ben recibida e conta sempre cunha total
participación. Cabe salientar a sensibilización que xenera a biblioteca como dinamizadora da
vida cultural do centro.
O nivel socioeconómico das familias é medio e en xeral pódese dicir que as relacións entre os
membros da comunidade educativa son maioritariamente satisfactorias. As familias valoran a
existencia da biblioteca e responden positivamente ás súas propostas. As canles de
E
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
74
comunicación con elas establécense a través do blogue, comunicados escritos e por medio da
comisión de biblioteca formada dentro do Consello Escolar.
1.3. A Biblioteca
A Biblioteca é un espazo reformado, con capacidade para uns cincuenta usuarios,
suficientemente iluminado que permite traballar cun grupo-clase íntegro, co que son posibles
outros usos simultáneos dependendo da actividade.
Conta, ademais, con espazos anexos ou próximos á sala de biblioteca: aula de informática,
conserxería, aseos, departamento de orientación, sala de mestres, despachos. As zonas están ben
identificadas e non se interferen.
O espazo está ben aproveitado, sen dar sensación de abafo. Establécense nela unhas zonas
diferenciadas:
a. Zona de xestión técnica que conta cun ordenador.
b. Zona para lectores de Educación Infantil e primeiros lectores. Conta cunha pantalla
dixital e un proxector.
c. Unha zona de lectura xeral
d. Zona de divulgación e información, onde se atopa o único ordenador existente para os
lectores e lectoras. Hai outro proxector e unha pantalla recollida suxeita ao teito.
O mobiliario é recente, moderno e adecuado. Ademais, foi adquirido de maneira específica para
a biblioteca.
A biblioteca conta con acceso á internet e cun espazo diferenciado para uso do alumnado.
Ademais, a biblioteca ten equipamento audiovisual propio (reprodutor de CD e DVD no
ordenador, cámara de fotografía, escáner, impresora…).
Todos os documentos que compoñen a colección están directamente accesibles e en andéis
abertos, incluso aqueles que non están suxeitos a préstamo.
O número de rexistros supera os 5.000 documentos.
As aulas poden tomar prestado calquera tipo de recurso da biblioteca, en función das súas
necesidades concretas.
A colección está organizada utilizando como criterio a ordenación por materias segundo a CDU e
establecendo subdivisións detalladas naquelas materias que o precisen, sobre todo no material
divulgativo e científico.
O equipo da biblioteca tenta reflectir nesta Memoria, na medida do posible, o modelo de
biblioteca escolar, os obxectivos que propón, as estratexias e as accións previstas, así como os
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
75
procesos de avaliación. Foi elaborado pola persoa responsable en colaboración coa comisión de
biblioteca.
A biblioteca enténdese como un proxecto formativo e contempla a integración curricular e coa
comunidade nun sentido amplo.
Está referendado pola Comisión de Coordinación Pedagóxica e a comunidade escolar estivo
informada do proxecto.
O Colexio está integrado no PLAMBE desde o ano 1995-1996.
II. GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS
Os obxectivos propostos foron acadados na súa meirande parte, a pesares da sensible redución
presupostaria (máis do 50%) coa que iniciamos o traballo este curso.
Detállanse a continuación os obxectivos marcados nas liñas prioritarias de actuación para o
curso 2013-2014 e o seu grao de cumprimento segundo o código que se detalla a continuación:
▲ Obxectivo acadado
► Obxectivo en vías de acadarse
▼ Obxectivo non acadado
1. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN
- ▲Empregar o orzamento para ampliar o fondo bibliográfico e documental.
- ►Subscrición a publicacións periódicas para uso tanto de alumnado como de
profesorado e resto da comunidade educativa. Subscribímosnos ao boletín “Turner8P” a través
de correo electrónico para uso do profesorado. Tamén este curso aumentamos a subscrición coa
Editorial Kalandraka para as novidades de Educación Primaria.
- ►Dotar á biblioteca con mobiliario novo (estanterías, expositores…). Mercouse un
moble para colorar os fondos en soporte DVD sobre a mesa do ordenador para o alumnado.
- ▲Difundir e ensinar o funcionamento básico da biblioteca escolar. Este obxectivo
acadouse grazas á colaboración do profesorado.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
76
- ►Mellorar a ubicación topográfica dos fondos mediante unha rotulación dos espazos e
contidos dos andeis máis sinxela. Está en proceso polo laborioso que está a resultar.
- ▲Continuar o servizo de préstamo empregando o sistema informático Meiga.
- ▲Empregar o Programa Meiga para catalogar os novos fondos.
- ▲Uso por quendas da biblioteca escolar, reservando no horario de cada titoría unha
hora para o uso deste espazo.
- ▲Actualización dos carnés de usuarios e usuarias para o seu uso no curso 2013-2014.
- ►Axeitar un espazo específico para o meterial sonoro e audiovisual.
- ►Seguir ubicando os libros en galego en andeis convenientemente sinalizados, tanto os
de carácter literario como os de contido divulgativo.
2. DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BE EN RELACIÓN CO
CURRÍCULO E AS COMPETENCIAS BÁSICAS DO ALUMNADO
- ▼Expoñer na sala de Informática listados temáticos actualizados do material
audiovisual existente na BE, para facilitar un emprego axeitado deles.
- ►Elaborar boletíns informativos coas novidades, actividades, noticias culturais e
literarias, efemérides, etc.
- ▲Poñer en marcha o blogue da biblioteca. A dirección é
www.blogvoreta.blogspot.com.es
- ▲Realizar un proxecto documental que implique a todo o persoal docente. Terá carácter
transversal a todas as áreas e materias do currículo. Este curso titulouse “Bechos e letras”.
3. FORMACIÓN DE USUARIOS E COMPETENCIA INFORMACIONAL
- ►Consolidar os hábitos de consulta e manexo da información.
- ►Potenciar e fomentar o uso dos recursos telemáticos existentes na biblioteca.
- ▼Aumentar o número de ordenadores da biblioteca.
- ►Organizar visitas guiadas á biblioteca onde se dará a coñecer a disposición dos fondos
bibliotecarios.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
77
- ▲Continuar coa formación de usuarios, involucrando ao alumnado no funcionamento da
BE e procurando a súa implicación no mantemento da orde.
- ►Orientar e elaborar materiais para a educación documental.
- ▲Ampliar os fondos divulgativos, en relación co proxecto de centro de educación
documental.
4. FOMENTO DA LECTURA E DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR
- ►Renovar a colaboración entre a biblioteca municipal e o colexio: exposicións,
contacontos e elaboración de guías de lectura.
- ▲Continuar coa campaña de animación á lectura a través da “hora de ler”, dos
contacontos e do teatro escolar.
- ▲Continuar coa experiencia iniciada no curso 2012-2013 na que se fixeron lecturas
públicas en voz alta durante os recreos por parte do alumnado.
- ▲Exposicións de libros novos ou relacionados con efemérides, acontecementos ou
temas culturais de interese.
- ▲Facer recomendacións de lecturas a través de diferentes medios.
- ►Facer suxestións de lecturas aos mestres para que lean en voz alta na clase.
- ▲Promocionar o préstamo e recomendación de lecturas entre o alumnado.
- ▲Continuar coa actividade de “Feira do Libro”.
5. OUTRAS ACTUACIÓNS
- ▲Continuar coa contratación do persoal de mantemento dos ordenadores para facer
revisión e posta a punto de forma trimestral.
- ▲Reorganizar e distribuir o traballo entre o equipo da BE para a axilización das funcións
que lle competen.
- ▲Apertura da BE polas tardes, como actividade complementaria para o alumnado do
colexio.
- ►Apertura da biblioteca escolar durante o tempo do recreo.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
78
6. AVALIACIÓN
- ▲Analizar trimestralmente os obxectivos acadados, as dificultades xurdidas e as
posibilidades de mellora. Completarase cunha valoración por parte do profesorado para coñecer
o que aconteceu nas aulas.
- ▲Elaborar, a final de curso, unha memoria das actividades realizadas, dos obxectivos
acadados, e das dificultades atopadas.
- ►Recoller datos cuantitativos ao longo do curso que permitan comparar o
funcionamento da biblioteca a través dos anos.
III. HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DA BIBLIOTECA
Persoa responsable
Santiago Mosteiro Martínez, 2º Ciclo Educación Primaria. Adica ao traballo da dinamización da
biblioteca a totalidade das súas horas sen docencia directa, en total 7 á semana.
O traballo técnico vese interrompido durante tres horas á semana pola ocupación da biblioteca
polo alumnado de Ed. Infantil que a utiliza nesas horas para realizar o préstamo por parte da súa
mestra de apoio pola imposibilidade horaria de colocalas noutro momento. Ademais, as
actividades de contacontos e outras que contribúen a fornecer a competencia lectora
desenvólvense na biblioteca.
O equipo de apoio estivo formado este curso polas seguintes mestras:
Concepción San Millán Estévez, Ed. Infantil
JunqueraBaliña Lago, Ed. Infantil
María Teresa MorenteBellón, 1º Ciclo Educación Primaria
Pilar Rilo Otero, 1º Ciclo Educación Primaria
Soraya García Díaz, 3º Ciclo Educación Primaria
María José López López, 3º Ciclo Educación Primaria
Cada unha delas adoita adicar ao traballo de dinamización da biblioteca unha media de 1 ou 2
horas semanais, sempre e cando non teñan que facer gardas e a biblioteca estea valeira nese
momento.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
79
IV. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
A biblioteca planificou as súas actividades para todo o alumnado de Educación Infantil e
Primaria e os seus obxectivos procuraron relacionarse coa meirande parte das áreas do
currículo e as actividades do centro.
A biblioteca tamén tentou respostar a demandas dos servizos de orientación psicopedagóxica e
do profesorado de apoio.
IV.A. XESTIÓN TÉCNICA
Para a correcta xestión e organización dos materias seguíronse criterios estandarizados no
ámbito bibliotecario, mediante a simplificación do sistema de Clasificación Decimal Universal
(CDU) adaptándoo ao contexto da biblioteca escolar.
Especial incidencia desta clasificación ten no ámbito do material científico e divulgativo,
sinalado cunha pegatina os libros en lingua galega para facilitar o acceso aos mesmos, aínda que
queda pendente a súa ubicación nun lugar diferenciado que polo de agora non foi posible por
falta de espazo físico.
Existe unha política de colección que contempla o expurgo periódico de documentos
deteriorados e obsoletos, tendo en conta, ademais, os niveis de uso e de demanda.
Adquiríronse materiais para lles dar resposta aos proxectos específicos do centro,
especialmente ao proxecto documental proposto pola biblioteca, requerimentos dos ciclos e
profesorado de apoio.
Este curso adquiriuse e instalouse sobre o ordenador da sala de lectura un moble para ubicar a
meirande parte do material audiovisual. Este ordenador é no que os usuarios realizan tamén o
servizo de autoempréstito.
En canto ao material de carácter literario e divulgativo, reservouse unha parte para aqueles
fondos que incorporan material sonoro ou audiovisual e que non son obxecto de empréstito.
Están dispoñibles para a súa consulta en sala e empréstito para as aulas. Está en vías de nova
ubicación para lle dar unha maior difusión.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
80
Estamos en proceso de reubicar os fondos literarios clasificándoos por nivel de lectores,
colocando no lombo de cada libro unha pegatina de cor para facilitar un acceso máis doado para
o alumnado. Considerouse demasiado fragmentada a clasificación existente ata este momento.
Ademais, clasifícase cada libro por xénero literario.
Hai un moble para o ubilicación dos libros en inglés, que facilita a súa localización.
Cómpre dicir que na catalogación do libro segue a figurar o número da CDU así como na portada
do libro.
Tamén estanse a reubicar os libros de determinadas coleccións (Barco de vapor, Cucaña...) en
andeis convenientemente sinalizados e clasificados por nivel lector.
TEMPORALIZACIÓN DOUTROS ASPECTOS TÉCNICOS
PRIMEIRO TRIMESTRE SEGUNDO TRIMESTRE TERCEIRO TRIMESTRE
Actualización dos carnés dos
lectores e lectoras para iniciar o
servizo de préstamo.
Revisión e actualización dos carnés para o servizo de préstamo de
alumnado e de profesorado
(altas, baixas)
Revisión das normas da biblioteca
para os usuarios.
Admisión de colaboradores entre
o alumnado.
Confección das listaxes de lectores
para o curso 2013-2014. Actualización de listaxes de lectores de cada aula de Ed. Infantil e Primaria.
Autorización das famillias para
responsabilizarse dos materiais en
empréstito.
Revisión e selección de fondos (Expurgo – Restauración)
Propostas de adquisición tendo en
conta as necesidades da biblioteca e
as suxestións da comunidade
educativa.
Merca – Catalogación - Ordenación dos fondos
Xénero literario: Poesía
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
81
A detección de necesidades fíxose –cando foi posible- de maneira formal, por medio de reunións
da comisión de biblioteca e dos respectivos ciclos e comisións. Elévanse logo ao Equipo Directivo
e á Comisión de Coordinación Pedagóxica para a súa aprobación se procede.
Acondicionouse a zona de traballo técnico para organizar mellor o material.
IV.B. ACTIVIDADES RELACIONADAS CO FOMENTO DA LECTURA
A biblioteca e o equipo docente planificaron as accións para desenvolver as habilidades e
competencias no uso da información e dixitais, así como para promover a lectura.
A meirande parte dos profesores utilizou estratexias para incentivar o uso da biblioteca e os
recursos documentais na súa actividade pedagóxica.
As competencias en lectura e escritura trabállanse con todo tipo de texto (ficción e non
ficción) e sobre todo tipo de soporte (impreso e dixital).
A biblioteca intervén na preparación do Plan de lectura e coordínase para o logro dos
obxectivos comúns.
Apertura da biblioteca durante os recreos, os xoves e o venres para consulta e lectura. Ábrese
todos os días durante o recreo para o alumnado colaborador, que se encarga de ordenar e
restaurar o fondo documental.
Tamén se abre para todo o alumnado e profesorado cando se vai realizar algunha actividade de
fomento e animación á lectura.
A biblioteca permanece aberta durante todo o periodo lectivo, para o cal establécense quendas
para que cada titoría acoda na franxa horaria establecida, tanto en E. Infantil como en E.
Primaria.
Resérvase tamén un horario para a xestión técnica que facilita o traballo do Equipo de Biblioteca
cando os condicionamentos horarios do centro o permiten.
Ademais, permanece aberta en horario extraescolar de luns a xoves, ámbolos dous incluídos. É
atendida por dous mestres de garda.
Ocasionalmente convidouse as familias a asistir a alguna actividade de promoción da lectura.
A continuación detállanse as actividades levadas a cabo por trimestres.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
82
DURANTE TODO O CURSO
Apertura da biblioteca nos recreos.
Desde o día 10 de outubro, a biblioteca abriuse nos recreos para consulta e lectura
todos os xoves e venres.
Deseño e posta en marcha do proxecto documental “Bechos e letras” do que se
falará máis adiante.
Exposición de libros literarios e de consulta para o traballo do proxecto.
Lecturas durante os recreos
Servizo de empréstito. Desenvolveuse ao longo de todo o curso co programa
informático Meiga. A meirande parte do alumnado respecta os materiais que levan
para a casa e só houbo dous casos nos que houbo que repoñer o libro por parte das
familias por mor de extravíos. Este ano, ademais, decidimos que a autorización
para o empréstito, que se viña renovando cada ano por parte das familias, se
fixese unha soa vez mentres o alumno/a estivese escolarizado no Centro.
A práctica totalidade das familias acolléronse a autorizar o préstamo e a
comprometerse á súa reposición en caso de deterioro ou extravío.
Hora de ler. Lévase a cabo en cada titoría entre as 12,30 e as 12,50 por parte dos
mestres que teñen docencia directa nesa franxa horaria co alumnado. Os obxectivos
marcados tentan dar comprimento aos do Plan Lector. As lecturas poden ser a elección
do alumnado ou seleccionadas polos mestres.
Contacontos a cargo do “MouchoLeroucho”, subvencionado polo Concello de
Cambre para Educación Infantil e o Primeiro Ciclo de E. Primaria e outros
contacontos para a Educación Primaria.
Actividades de fomento da investigación, da lectura e da expresión escrita nas
diferentes titorías.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
83
Exposición de novidades na biblioteca. En principio non están suxeitos a préstamo
para que poidan acceder a eles o maior número de usuarios. Cando a exposición cambia,
pasan á súa ubicación definitiva e poder ser emprestados.
Colaboración coa Biblioteca Municipal de Cambre, na realización de trípticos con
recomendacións de lecturas, que elaborou en formato papel no primeiro trimestre e que
últimamente fai en soporte electrónico.
A colaboración con outras entidades reflíctese na páxina web da biblioteca central do
Concello de Cambre. http://www.cambre.es/es/concello-2/concellerias/rede-de-bibliotecas/colaboracion-con-outras-
concellerias-e-entidades/
PLAN LECTOR. Para dar comprimento aos obxectivos marcados, as diferentes titorías de
Educación Primaria estableceron como lecturas obrigatorias as seguintes:
1º curso de EP
VV.AA.: Cuentos que dan mucho juego
Crespo, A.: Sopa de letras
Vázquez Freire, M.: Xurxiñoquere ser…
2º Curso de EP
Schwarz, A.: Mi abuela es africana
Nesquens, D.: Mi vecino de abajo
Fernández Paz, A.: A escola dos piratas
3º curso de EP Pelegrín, A.: Poesía española para niños
4º Curso de EP Rodari, G.: Contos por teléfono
Cada titoriaou cada nivel do 1º e 2º ciclo mercaron un libro e logo foron intercambiados.
5º curso de EP
Verne, J.: 20.000 leguas de viaje submarino
Dahl, R.: As bruxas
Stevenson, R.L.: A illa do tesouro
Free Time around the World
6º curso de EP
Rivas, M.: Bala perdida
Olaizola Sarria, J.L.: La leyenda de Boni Martín
Moure, G.: O ceo dos afogados
Wonders of the Past
Mystery of London
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
84
PRIMEIRO TRIMESTRE
Presentación de libro-disco: Durante un dos recreos presentouse O carnaval dos
animais, con música de Camille Saint-Säens con textos de José Antonio Abad.
Contouse coa colaboración do responsable do equipo de TIC´s e coa profesora de
Música.
Actividades para a celebración do Día da Biblioteca o día 25 de outubro.
Comunicouse a cada titoría a importancia da biblioteca e ao longo de varios recreos
desenvolvéronse algunhas das seguintes actividades todas elas encamiñadas a fomentar
o uso das biliotecas como un recurso para ler Ciencia.
Proxección dun video de carácter científico de entre os que existen no fondo da
biblioteca.
Presentación de libros de carácter científico e divulgativo, para fomentar a lectura deste
tipo de libros consonte a proposta deste curso da Consellería de Cultura e Educación.
22 de novembro: Pequena representación dun fragmento de “La vida es sueño”, de
Pedro Calderón de la Barca, por un grupo de alumnos e alumnas do cuarto nivel de EP.
Dous alumnos fixeron a presentación do autor e da obra e outra alumna fixo o recitado
do soliloquio de Segismundo.
Creación do blogue“blogvoreta”
http://www.blogvoreta.blogspot.com.es/
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
85
SEGUNDO TRIMESTRE
Conmemoración do Día da Paz.
Os libros como fornecedores da Paz.
Conmemoración do Centenario da publicación de “Platero y yo”, de Juan Ramón
Jiménez.
Foi o Equipo Directivo do Centro o que iniciou a lectura dalgúns capítulos desta obra.
Expuxéronse as demais obras que están no fondo da nosa biblioteca do mesmo autor.
As lecturas foron realizadas por alumnado e profesorado.
Celebración do Día da Poesía. 21 de marzo de 2014
Celebrámolo difundindo a mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, co gallo do
Día Mundial da Poesía entre o profesorado e no taboleiro exterior da biblioteca.
Ademais, fixemos lecturas de poesías en galego e castelán durante os recreos do xoves e os
venre ao longo dos meses de marzo, abril, maio e o proceso continúa…
Celebración do Entroido. Un ano máis, o Equipo de Actividades Complementarias e
Extraescolares, unha vez oído o Claustro e os Ciclos, e en relación co proxecto
documental da biblioteca deste curso, decidiuse que o tema para os disfraces serían os
animais.
- Educación Infantil: Animais da granxa
- 1º ciclo de EP: Abellas
- 2º ciclo de EP: animais salvaxes
- 3º ciclo de EP: aves (pingüíns)
Celebración do Día Mundial do Libro:
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
86
o Video no recreo, The fantastic Flying Books of MR. Morris Lessmore
o A biblioteca agasallou cun libro para cada titoría de Infantil e Primaria para a súa
biblioteca de aula.
o Certame de marcapáxinas. Todas as titorías de Infantil e Primaria elaboraron
os seus para intercambialos na Feira do Libro que se celebrou no mes de maio.
TERCEIRO TRIMESTRE
Feira do Libro.
A actividade fomenta o gosto pola lectura, o respecto polo alleo e a colaboración e a solidariedade, así como a relación entre as persoas a través dos libros.
Levouse a cabo un ano máis a Feira do Libro co gallo do Día das Letras Galegas. Previa
autorización das familias e con carácter voluntario, o alumnado aportou un ou dous libros
para intercambialos cos dos outros compañeiros/as.
Montouse a exposición de todos os libros na que o libro en galego tivo un lugar destacado.
Ao remate co intercambio, cada alumno/a recolleu un marcapáxinas dos elaborados con
ocasión do Día do Libro.
Contamos coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo de
Actividades Complementarias e Extraescolares.
Ás familias envióuselles un tríptico coa información sobre a actividade e a figura
homenaxeada no Día das Letras, así como a autorización para a entrega dos libros.
Exposición “Noutrora”. O Equipo de Dinamización Lingüística organizou unha exposición
de obxectos do pasado aportados por toda a comunidade educativa na que non podía faltar
o libro entre eles. Desde a biblioteca escolar apoiouse esta iniciativa que pretende poñer
en contacto ao alumnado coas fontes materiais, gráficas e textuais como unha ferramenta
para coñecer o noso pasado.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
87
IV.C. ACTIVIDADES RELACIONADAS COA EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN
INFORMACIÓN
Ademais de atender a demandas concretas, incídese nos procesos de procura, selección e análise crítica da información. Está integrado o uso de ferramentas dixitais que axudan a xestionar o traballo persoal do alumno (procuras, plan de traballo, borradores…) o traballo esténdese ás aulas mediante o uso de ordenador, tablet, ou na aula de informática.
O PROXECTO DOCUMENTAL No mes de setembro, o Equipo da Biblioteca Escolar tomou a decisión de desenvolver un proxecto que estivese relacionado co tema elixido para este ano pola Consellería de Cultura, Educación e O.U.: Ler Ciencia na biblioteca escolar ,sumándonos así ao obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.
Por outra banda, propuxémosnos relacionar este aspecto coa Literatura (narracións, poemas, cantigas, literatura de tradición oral, etc.) e limitar tamén o campo de investigación a un tema concreto: os animais.
O título elixido foi: BECHOS E LETRAS
A información relativa ao proxecto foi entregada a cada titoría nun sobre tamaño DIN A·3 onde se especificaba o traballo a desenvolver. Pretendiamos recalcar que unha rama da Ciencia como a zooloxía está presente no mundo literario en todos os seus xéneros e ao mesmo tempo suscitar a curiosidade por investigar e procurar información sobre os animais que aparecen en moitas composicións literarias. O proceso amosou ser reversible, de tal xeito que se podía partir da busca dun texto literario no que aparecese un animal e logo investigar sobre el ou ben escoller un animal e buscar un texto literario onde tal ser vivo aparecese. O proxecto non se esgotaría aquí. O campo da Literatura e da Ciencia daría para moito máis. Poderíase investigar sobre o autor ou autora do texto, ou tamén ampliar o proxecto con outra clase de seres vivos, como as plantas. As limitacións xurden da idade dos noso alumnado e da limitación temporal que impón un curso. O camiño pode quedar aberto para outros anos.
Asignamos a cada nivel unha clase de animais:
Etapa. Curso Clase de animal
Educación Infantil Insectos e invertebrados en xeral
1º Ciclo de Educ. Primaria Insectos: abellas
3º curso de Educ. Primaria Peixes
4º curso de Educ. Primaria Aves
5º curso de Educ. Primaria Mamíferos
6º curso de Educ. Primaria Anfibios e réptiles
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
88
Desde a biblioteca facilitouse un modelo no que reflectir as pescudas do noso alumnado. Permítenos crear un patrón-tipo sobre o que organizar a información e uns puntos claros sobre os que buscar e organizar a información. Esta uniformización pretende facilitar a elaboración e lectura do traballo. Aceptamos diferentes xeitos de facer segundo a ampla idade do noso alumnado, as propostas innovadoras do profesorado e as súas orientacións didácticas. Os traballos recolleranse sobre un folio tamaño DIN A-3. Logo pegaranse nunha cartolina para a súa exposición e posterior encadernado. Este material arquivarase na biblioteca do centro nun lugar visible para que poida ser consultado polos usuarios. O esquema de traballo foi o seguinte:
Nome do animal (vulgar)
Nome científico
Curiosidade científica
Texto informativo: características físicas do animal,
hábitat, comportamento, reprodución, alimentación...
Debuxo ou imaxe
Texto literario, narrativo, poético... de creación propia
ou recopilado.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
89
Os obxectivos que nos plantexamos sinálanse no cadro seguinte.
NIVE
L ÁREA CIENTÍFICA ÁREA LINGÜÍSTICA E DE
EXPRESIÓN MANEXO DA INFORMACIÓN E
COMPETENCIA DIXITAL
Niv
el d
e in
icia
ción
N
ivel
inic
ial.
Educ
ació
n In
fant
il
-Diferenciar entre seres vivos e obxectos inertes. -Identificación dalgunhascaracterísticas e funciónsvitais dos seres vivos. -Observación dun ser vivo no seu medio natural ou reproducindo o medio na aula, -Observación dalgunhas características, comportamentos, funcións e cambios nalgúnsanimais invertebrados.
-Vivencia, representación e interpretación do espazo, empregando a imaxinación en debuxos, fotografías, mapas ououtros. -Utilizar as diversas linguaxes como instrumentos de comunicación, de expresión de ideas e sentimentos, de representación, de aprendizaxe e de gozo. -Achegarse á lingua escrita a través de distintos tipos de textos. -Comprender, reproducir, reescribir -tendo en contaas diferentes etapas individuais no proceso de adquisición da lingua escrita-, e recrear textos. -Acheg á linarsegua escrita como medio de comunicación, información e gozo a través de soportes Memorizar e recitardalgúns textos de carácter poético sobre animais. -Introduciónao uso das bibliotecas de centro e de aula como un medio máis de aproximación á literatura e como espazoprivilexiado de recursos para a diversión e o coñecemento. -Planificación do proceso de elaboración dalgunhaobra plástica, o seudesenvolvemento e posterior comunicación, valorando a realización de bosquexospara a consecución dunhamelloríanaprodución.
- Resolución de situacións problemáticas sinxelas: localizar un dato… -Rexistrar as observacións e contrastar os datos entre compañeirasecompañeiros. -Formulación de hipóteses, contrastándoas coas das outraspersoas, -Participación en proxectos e investigacións no medio natural, expresando as actividades realizadas e os resultados obtidos mediante diferentes representacións. -Facer uso da biblioteca valorándoa como fonte de información e como fonte de pracer. -Achegarseaocoñecemento, emprego e valoracióndas TIC -ordenadores, a internet, encerado dixitalinteractivo,escáner, vídeo ...-como ferramentas de buscade información.
Niv
el m
edio
1º -
3º cu
rsos
EP
Diferenciar os seres vivos dos inertes, recoñecendo as súas funcións básicas. -Identificar e clasificacar os seres vivos e identificar as súas características principais. -Recoñecer a utilidade dos insectos.
- Escribir textos de carácter científico e literario sinxelos e breves empregando oracións curtas e utilizando palabras do vocabulario propio da idade. - Iniciarse na adquisición e o hábito do gusto pola lectura de textos científicos. - Utilizar a biblioteca para fomentar o gusto pola lectura e o hábito lector. - Utilizar a linguaxe como instrumento de aprendizaxe para memorizar, anotar, preguntar, comprender, responder... - Ser capaz de comprender e producir textos sinxelos nos que se utilice a linguaxe verbal e a non verbal (música, imaxe, etc.) cunha intención comunicativa determinada, respectando certa organización temporal, espacial e lóxica na confección dos mesmos. Adquirir vocabulario referente aos insectos. - Recoñecer e describir con palabras e/ou con debuxos algúns insectos comúns no seu contorno. - Realizar composicións gráficas cuxa elaboración poña a proba o control da psicomotricidade fina.
- Amosar interese e autonomía para buscar, recoller e analizar a información. Iniciarse no uso do ordenador. -Facer uso da biblioteca valorándoa como fonte de información e como fonte de pracer. -Usar a tecnoloxía para mostrar procesos relacionados coa actividade que se estea a desenvolver.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
90
Niv
el su
peri
or4º
- 6º
curs
o
Ter interese por describir e identificar os
animais (vertebrados e invertebrados) e as
plantas (árbores, arbustos e herbas), en
especial os que son propios da Comunidade
de Galicia.
Recoñecer as funcións vitais e os principais grupos de animais. Identificación de animais como seres vivos. Observación e comparación das diversas
maneiras en que os seres vivos realizan as
funcións vitais utilizando instrumentos
apropiados e medios audiovisuais e
tecnolóxicos da maneira máis precisa e
rigorosa posible.
Recoñecemento das principais características dos animais vertebrados e dalgúns invertebrados. Clasificación de animais a partir de características observables.
Describir unha situación ou un proceso
utilizando o vocabulario científico específico.
Realizar debuxos ou carteis que expresen os contidos estudados. Comunicar mensaxes con diferente intencionalidade de xeito coherente, ordenado e lóxico coordinando a linguaxe verbal e non verbal. Desenvolver o hábito da lectura como recurso expresivo, informativo e lúdico, así como habilidades para ler autonomamente de xeito produtivo e eficiente. Planificar e escribir textos de diversa tipoloxía (narrativos, descritivos, dramáticos, líricos, expositivos, epistolares, cómics...) seguindo modelos pautados. Comprender e aplicar as características propias de determinadas tipoloxías de textos. Valorar as obras literarias e outras formas de manifestación cultural expresadas lingüisticamente. Aplicar criterios de creatividade e imaxinación na elaboración de textos escritos.
Utilización de elementos gráficos e paratextuais, con grao crecente de dificultade, para facilitar a comprensión (ilustracións, subliñados, gráficos e tipografía).
Valoración da escritura como instrumento de relación social, de obtención e de reelaboración da información e dos coñecementos.
Interese polo coidado e pola presentación dos textos escritos, así como atención ás normas ortográficas.
Coñecemento do funcionamento da biblioteca
do centro e participación en actividades
literarias.
Aplicar diversas técnicas plásticas para confeccionar diferentes tipos de traballos. Analizar e interpretar de xeito combinado o contido de textos e imaxes. Utilizar distintos recursos gráficos
Utilizar técnicas elementais de recolla de datos. Acceder aos recursos educativos e información xeral que se propoñan a través de internet. Colaboración activa no traballo de grupo respectando o traballo, os procesos e as estratexias das outras persoas. Desenvolver estratexias de busca, almacenamento e tratamento de información para a súa aplicación na resolución de problemas relacionados con elementos significativos do contorno. Interpretar imaxes e detectar a información que nos transmiten.
Organizar a información dun texto en
tábaos, listaxes ou gráficos.
Utilizar diferentes tipos de códigos para representar algunhas informacións. Elaboración de esquemas que permitan resumir as informacións observadas. Sintetizar a información fundamental de textos orais e escritos, desenvolvendo a capacidade de elaborar guións, esquemas, resumos e notas. Practicar destrezas para a procura, a escolla e a presentación ordenada da información. Coñecer a organización dos libros na biblioteca e procurar os que cómpren para ampliar coñecementos. Coñecer a utilidade do ordenador no tratamento da información e as múltiples posibilidades que ofrece a conexión a internet.
Integración de coñecementos e de
informacións procedentes de diferentes
soportes para aprender e contrastar
información identificando, clasificando,
comparando e interpretando.
Uso dirixido das tecnoloxías da información e da comunicación e das bibliotecas para obter información e modelos para a composición escrita e para a lectura. Exercitar a capacidade de planificar un traballo e de seguir os pasos indicados nunhas instrucións.
NIVE
L ÁREA CIENTÍFICA ÁREA LINGÜÍSTICA E DE
EXPRESIÓN MANEXO DA INFORMACIÓN E
COMPETENCIA DIXITAL
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
91
IV.D. OUTRAS ACTIVIDADES
Ademais de adecuar os espazos, mobiliario e equipamentos tecnolóxicos para facilitar o acceso,
a biblioteca deseña e crea materiais especiais se o profesorado o demanda para distintos grupos
de alumnado con necesidades de acción compensatoria. Tamén selecciona, reúne e difunde
documentos específicos, así como facilita algún servizos concretos para estes alumnos
(préstamo de recursos variados).
Ademais de facilitar a consulta en sala e o préstamo individual, a biblioteca establece sistemas
de difusión da información parao conxunto do profesorado (boletíns, información sobre a
cultura en xeral…)
V. GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA
O obxectivo do Equipo da Biblioteca Escolar é difundir o fondo documental e suscitar o hábito
lector a través do préstamo bibliotecario e dar a coñecer todos os aspectos relativos ao mundo
da lectura e da cultura en xeral empregando a biblioteca como un dos espazos máis apropiados
para o cumprimento de tal fin.
Tanto o profesorado como o alumnado amosou un gran interese en todo momento e participou
coas actividades propostas.
Asimesmo fixose partícipe a Asociación de Nais e Pais e a todas as familias en xeral dun xeito o
outro da meirande parte das actividades propostas (guías de lectura,feira do libro, trípticos e
notas informativas…). Sen a súa participación os resultados obtidos non terían sido tan
satisfactorios.
Profesorado e alumnado mantiveron a cotinuidade do préstamo, a implicación no
desenvolvemento do proxecto documental, o interés por amosar a importancia da lectura como
fonte de pracer e de aprendizaxe e ademais dalo a coñecer aos demais mediante a participación
en todas as activides propostas desde o Equipo da Biblioteca.
As suxestións por parte do profesorado e do alumnado para mellorar o fondo da biblioteca e a
súa organización foron tamén constantes e atendidas sempre que os recursos económicos,
espaciais e de tempo asi o permitiron.
A colaboración entre o Equipo Directivo, o Consello Escolar, a Comisión de Coordinación
Pedagóxica, o Equipo de Dinamización Lingüística, a Comisión de Actividades Complementarias
e Extraescolares, a Comisión de TIC´s, e os diferentes Ciclos foi fundamental para levar a cabo
este traballo.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
92
VI. GRAO DE INTEGRACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA NOS PROCESOS DE
ENSINANZA E APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO CURRÍCULO
A biblioteca é concebida no noso centro como un espazo ao servizo dos procesos de ensinanza e
aprendizaxe e pon á disposición de todos os membros da comunidade educativa os fondos
documentais existentes en calquera soporte para facer un uso eficaz deste.
Deste xeito propúxose unha oferta de actividades que intentase satisfacer varios dos obxectivos
e contidos do currículo.
A colección da biblioteca ten en conta todas as etapas educativas e as áreas do currículo, e as
adquisicións planificáronse para manter a compensación entre materias sempre que foi posible.
A través dos servizos que prestamos e das actividades desenvolvidas (lectura en sala,
información, exposicións, posta en práctica do plan lector, préstamos, proxecto documental ou
acceso a internet…) contribuímos á adquisición dos obxectivos das diferentes áreas do currículo,
tanto en Educación Infantil como en Primaria, e das competencias básicas tentando asemade de
integrar a cultura impresa e a cultura dixital, xunto coa Comisión de TIC´s, nos xeitos de facer do
profesorado e nas prácticas de aprendizaxe do alumnado.
O uso da biblioteca e o desenvolvemento do Plan Lector figuran nas Programacións Didácticas
de cada un dos ciclos como un importante recurso para a consecución dos obxectivos e o
desenvolvemento das competencias básicas do alumnado en todos os niveis e ciclos.
As actuacións levadas a cabo desde a biblioteca, especialmente coa posta en práctica do Proxecto
Documental “Bechos e letras”, tentaron reforzar a nivel competencial, en liñas xerais, os
seguintes aspectos:
Competencia matemática
- Descubrir a utilidade dos números para describir tamaños ou pesos dun ser vivo.
- Obter e organizar a información de diferentes tipos de gráficos.
- Aplicar a abstracción, a simbolización, a dedución e a formalización na vida cotiá e as súas
actividades escolares.
Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico
Dado o carácter do proxecto deste ano, esta competencia asume unha relevancia maior.
- Interpretar gráficas que representan fenómenos relacionados co mundo natural.
- Recoñecer as funcións vitais e os principais grupos de animais.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
93
- Utilizar diferentes tipos de códigos para representar algunhas informacións relacionadas coa
zooloxía.
- Describir un animal utilizando o vocabulario científico específico.
- Comparar características entre grupos de animais.
Tratamento da información e competencia dixital
- Coñecer a organización dos libros na biblioteca e procurar os que cómpren para ampliar
coñecementos.
- Acceder a recursos educativos e información sobre o tema a investigar a través da internet.
- Practicar destrezas para a procura, a escolla e a presentación ordenada da información.
- Comprender a información de diversas fontes por medio do tratamento da súa estrutura
eorganización.
- Interpretar información expresada en diferentes códigos.
- Interpretar imaxes e detectar a información que nos transmiten
- Utilizar diferentes tipos de códigos para representar algunhas informacións.
Autonomía e iniciativa persoal
- Exercitar a destreza manual necesaria para utilizar de forma autónoma os materiais
escolares.
- Expresar e compartir emocións, sentimentos, preferencias e experiencias persoais.
- Participar de forma autónoma na organización do tempo libre e na planificación de
actividades de lecer. Valorar a lectura para o logro deste fin.
- Aplicar criterios de clasificación para organizar a información.
Competencia para aprender a aprender
- Relacionar as novas aprendizaxes cos coñecementos previos xa adquiridos.
- Analizar e interpretar os elementos do contexto para arrequentar a comprensión de textos e
imaxes.
- Esforzarse para resolver as actividades de crecente complexidade.
- Recapacitar sobre a orixe dos erros cometidos para aprender a evitalos.
Competencia en comunicación lingüística
- Entender os enunciados das diferentes actividades.
- Realizar a lectura comprensiva dun texto literario ou científico e responder as preguntas sobre o
seu contido.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
94
- Utilizar o léxico científico específico para describir un animal a través de diferentes medios
llingüísticos.
- Resumir oralmente e por escrito o contido dun texto de natureza literaria e científica.
- Empregar o vocabulario axeitado segundo a situación comunicativa.
- Representar o mundo animal utilizando a linguaxe como base do pensamento e do coñecemento.
- Ler, analizar e comprender o contido de diversos tipos de textos de carácter científico e literario.
Competencia cultural e artística
- Realizar debuxos ou carteis que expresen os contidos estudados.
- Recoñecer a lingua como elemento cultural de primeira orde.
- Aplicar criterios de creatividade e imaxinación nas propias producións.
- Comprender e valorar as obras de carácter literario.
- Desenvolver a capacidade expresiva e comunicativa en produción e a representación de
textos.
- Valorar as obras literarias e outras formas de manifestación cultural expresadas
lingüisticamente.
- Gozar da beleza e descubrir as posibilidades estéticas que encerran determinadas
producións literarias e a imaxe.
Competencia social e cidadá
- Traballar en equipo para resolver actividades complexas.
- Aprender a aceptar os puntos de vista distintos ao propio.
- Reflexionar sobre os conflitos nas relacións interpersoais.
- Respectar as normas de convivencia.
- Descubrir o uso social da escritura a través de diversos formatos habituais no noso contorno.
- Desenvolver habilidades que faciliten a convivencia, a tolerancia e mais o respecto entre as
persoas.
- Participar nas actividades colectivas valorando as achegas realizadas polos demais
- Exercitar as habilidades sociais necesarias para identificar e valorar os puntos de vista dos
demais
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
95
VII. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO DE BIBLIOTECA ESCOLAR EN QUE
PARTICIPOU O PROFESORADO
No mes de marzo a persoa responsable da biblioteca asistiu aos Encontros dos centros
do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares. Algúns membros do Equipo de
Biblioteca manifestaron o seu desexo de acodir, pero dende a organización dos
Encontros marcouse a asistencia tan só do responsable da biblioteca por cuestións
organizativas.
VIII. AVALIACIÓN
Facemos primeiramente unha cuantificación do grao de consecución dos obxectivos propostos
para este curso que se detallan no seguinte cadro e que foron avaliados no punto II desta
Memoria.
Obxectivo acadado
Obxectivo en
proceso Non acadado TOTAL
Organización e xestión 6 5 0 11
Dinamización e promoción dos recursos da BE 2 1 1 4
Formación de usuarios e competencia informacional
2 4 1 7
Fomento da lectura e competencia informacional
6 2 0 9
Outras actuacións 3 1 0 4
Avaliación 2 1 0 3
TOTAL 21 14 2 37
Cómpre dicir á vista destes resultados que estamos bastante satisfeitos co nivel de consecución
dos obxectivos que nos propuxemos, máis do 57 % dos obxectivos foron totalmente acadados e
o 38 % están en vías de lograrse, xa que son obxectivos a conquerir a medio ou longo prazo.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
96
O total xa que logo da porcentaxe de obxectivos logrados total ou parcialmente é do 94,5 %.
Por outra banda, queremos resaltar tamén estes aspectos avaliativos:
1. A planificación e a avaliación están coordinadas pola comisión de biblioteca e cóntase
cos órganos de dirección e coordinación pedagóxica do centro (Dirección, xefatura de
estudos, Comisión de Coordinación Pedagóxica…). A participación destes axentes está
establecida e é permanente.
2. O equipo directivo considera a biblioteca como unha das súas prioridades e impulsa
estratexias para implantala, integrala e desenvolvela. Ademais, apoia a biblioteca en
todas as súas iniciativas de mellora.
3. A biblioteca contémplase como espazo formativo nos documentos fundamentais do
centro. A súa planificación anual incorpórase á Programación xeral anual e a biblioteca
aparece nos documentos de promoción e difusión do centro.
4. A biblioteca ten presenza permanente nos distintos órganos de xestión, planificación e
coordinación pedagóxica do centro. Especificamente, está integrada na Comisión de
Coordinación Pedagóxica.
5. A biblioteca contou cun orzamento anual para a adquisición de recursos que provén do
PLAMBE o que garante unha actualización equilibrada do fondo. Este ano vimos ese
orzamento reducido nun 50 %.
6. A biblioteca dispón dun orzamento anual para o seu funcionamento ordinario e para
organizar actividades que provén dos gastos de funcionamento do centro. As melloras de
infraestruturas supedítanse á dispoñibilidade económica do centro ou do Concello de
Cambre.
7. Este curso catalogáronse case 500 documentos.
8. A totalidade do alumnado acode á biblioteca (durante os recreos, baixo a tutela do
responsable da biblioteca ou acompañado polos seus mestres).
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
97
9. A maioría do alumnado acode á biblioteca unha vez por semana ou máis.
10. A meirande parte do alumnado utiliza os recursos da biblioteca cando acode a ela
(consulta, lectura de ficción, información, usan o ordenador…)
11. Funcionamento do blogue: Ata o día da confección da Memoria o blogue acada na súa
curta vida, máis de 1.4oo visitas.
12. Consideramos moi positiva a participación das lecturas durante o recreo. Durante os
xoves e venres o nivel de participación foi de máis dun cento de lectores e lectoras. A
participación ás mesmas foi tamén moi elevada por parte do alumnado.
13. As reunións do Equipo de Bibliteca Escolar foron periódicas durante todo o curso,
alomenos reunímosnos unha vez ao mes para planificar o traballo técnico e revisar e
avaliar a marcha das nosas propostas. Realizouse nelas a correpondente avaliación.
14. En canto ao horario adicado ao traballo na biblioteca, queremos salientar a dificultade
que xurde para compaxinar o labor técnico e de dinamización da lectura coas horas que
a biblioteca ten que ser utilizada para a consulta e préstamo por parte das titorías. Tendo
en conta que o noso Centro conta con 6 unidades de EI e 16 de EP, o traballo “in situ”
podería desenvolverse en 3 horas lectivas. A cuestión non ten fácil solución, xa que o
equipo non pode desenvolver o seu traballo simultáneamente mentres acoden á
biblioteca os usuarios. Ademais xa se dixo que as actividades de promoción da lectura
como contacontos e outras charlas ou conferencias tamén empregan este espazo, polo
que as horas de traballo vense ás veces interrompidas por este tipo de actividades.
15. Existe no centro unha gran demanda de uso da biblioteca como actividade extraescolar.
Todas as solicitudes non poden ser atendidas por falta de espazo físico.
16. Atopamos dificultades para a adquisición de material divulgativo en galego para as
idades dos nosos alumnos por mor de situación alleas a nós. (situación do mercado
editorial en lingua galega…)
17. Destacamos a ampla acollida que tiveron ao longo de todo o curso as actividades
propostas polo Équipo de Biblioteca e desde estas liñas queremos agradecer en xeral a
toda a comunidade educativa e en particular ao equipo directivo polas facilidades dadas
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VI: MEMORIA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR
98
para desenvolver todas as nosas propostas, aos mestres e mestras que acolleron as
actividades con entusiasmo e unha participación total, tanto en educación infantil como
en primaria.
IX. PREVISIÓNS DE FUTURO
A intención do Centro é seguir participando no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
No prazo sinalado o Equipo de BE presentou o Proxecto para o curso 2014-2015 no que se
sinalan as liñas prioritarias de actuación para o próximo curso.
Cómpre seguir actualizando o fondo, xa que máis do 78 % do mesmo corresponde a anos
anteriores ao 2009. O 10 % do fondo corresponde aos anos 2013 e 2014 (mes de xuño).
En Cambre, a 25 de xuño de 2014
Asdo.: Santiago Mosteiro Martínez
Responsable da Biblioteca Escolar
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VII: MEMORIA DO EQUIPO DE T.I.C.
100
MEMORIA TIC’s CURSO 2013-2014
Como ben sabemos, a tecnoloxía é un campo que está en constante evolución e os cambios
prodúcense máis rápido do que desexariamos, de aí que se requira unha formación constante e
continua para estar ao día. Na medida do posible, os membros do equipo TIC quixemos adaptarnos a
estes cambios e para iso levamos a cabo unha serie de accións e actuacións que para nós foron
totalmente novidosas, pero das que lle sacamos proveito toda a comunidade educativa.
Tal e como sucedeu no curso pasado, a nosa maior enerxía empregámola na creación de
novos blogues e na ampliación e mantemento dos xa existentes. Por medio da realización do grupo
de traballo “O blogue, unha ventá aberta”, puidemos mellorar en moitos aspectos relacionados coas
TIC e houbo profesorado que se animou a abrir novos blogues. Actualmente, no centro contamos
con 13. Mencionamos aquí a serie de blogues que se iniciaron ao longo deste curso 2013-2014:
Vagalume: destinado ao alumnado de 3º de Primaria.
Blogvoreta: con información de Biblioteca escolar (lecturas recomendadas, actividades
realizadas polo equipo de Biblioteca…)
Celebrandeslao: onde colgamos toda unha serie de montaxes sobre aquelas actividades nas
que participou todo o alumnado do colexio.
Pinchacambreiro: blogue de Educación Física.
O son da fraga: blogue de Música.
Outro cambio salientable durante este curso tivo que ver coa adquisición de material
informático que nunca antes usaramos no colexio. O centro mercou un total de 20 tablets co seu
armario correspondente de carga que permitiron que puidésemos traballar cun novo recurso
informático: as aplicacións educativas. A principios de curso tamén mercamos unha tablet que é
usada por un alumno con necesidades educativas específicas. Tamén contamos con 7 ipad.
Polo que respecta ao tema das instalacións, aquí quedan reflectidas as melloras que houbo:
- Colocación dun canón proxector, pantalla e equipo de son no comedor escolar.
- Colocación de 3 encerados dixitais interactivos nas aulas 001, 006 e 007 de Infantil.
- 3 novas aulas Abalar co seu respectivo equipamento: portátiles do mestre e alumnado,
encerado dixital interactivo (EDI), canón proxector e armarios de carga.
- Instalación dun EDI (Iqboard) na aula 111.
- Renovación da pantalla e canón proxector do Salón de Actos.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VII: MEMORIA DO EQUIPO DE T.I.C.
101
- Renovación dos ordenadores de sobremesa de dirección e secretaría. A Consellaría enviou
uns novos e os anteriores aproveitámolos en Informática para substituílos por outros que
tiñan bastantes avarías ultimamente.
En canto ao proxecto Abalar, salientar que o alumnado de 5º curso apenas puido empregar
os portátiles xa que este ano houbo bastante retraso na chegada dos equipos informáticos ao centro.
E para o vindeiro curso contaremos posiblemente cun novo problema, xa que está previsto que se
produza un desdobramento nos que serán os quintos cursos, polo que unha aula de 5º curso non
contará con portátiles dende principios de curso. Intentaremos darlle solución e esta futura
problemática que se nos presenta.
Indicar finalmente que abandonamos un dos eixos de traballo destes cursos pasados e que
ten que ver co mantemento da páxina web do centro. Tan só a nivel administrativo lle seguimos
dando uso, pero a nivel de colgar fotografías e realizar presentacións o equipo TIC decidiu desistir
pola gran perda de tempo que supuña a realización destes traballos, xa que ao final as presentacións
nunca quedaban tal e como as configurabamos nós. De aí que decidiramos crear un blogue
específico para colgar as actividades escolares que se fixeran a nivel de todo o centro, xa que lle
atopamos máis utilidade.
En Cambre, a 25 de xuño de 2014
O coordinador de TIC’s
Asdo. Diego Rodríguez Pérez
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VIII: MEMORIA DAS SECCIÓNS BILINGÜES
103
MEMORIA ‘ARTS AND CRAFTS’ SECCIÓNS BILINGÜES
6º E.P. (curso 2013-2014)
Estas seccións abarcaron dous cursos de 6º de primaria na área de plástica. As profesoras
implicadas no proxecto foron Marta Costa Rodríguez (profesora de inglés) e Carmen Iglesias
Pardo (titora de 6º e profesora que impartiu a plástica en inglés). Destacamos que traballamos
moi coordinadas e en equipo, polo que o traballo foi mais sinxelo.
A novidade máis salientable deste curso foi que contamos coa axuda dunha profesora auxiliar de
conversa inglesa (Patricia Neiva Abreu), que colaborou con nós en todas as actividades que
organizamos, e axudou ao alumnado a mellorar na súa competencia lingüística.
A profesora auxiliar acompañou á profesora de inglés nas súas clases e completaba horario nas
sesións de ‘Arts and Crafts’ e como plan experimemtal para o vindeiro ano, unha sesión semanal
en “Maths” y “Science” nos dous cursos de sexto, que resultaron moi positivas e moi aceptadas
polos alumnos e alumnas.
Temos que destacar varios aspectos que fixeron que as seccións este curso foran moito mellor
que o anterior:
Por un lado que os grupos foron pouco numerosos (18 e 19 en cada clase).
Os alumnos estiveron moi motivados e o grupo tirou moito de aqueles que tiñan máis
dificultades ou menor interés, polo que desde o principio puidéronse facer moitas
actividades novidosas que favoreceron o aprendizaxe e a integración da lingua
estranxeira.
A axuda inestimable da auxiliar, e o feito de que a comunicación nas clases fose só en
inglés, fixo que os alumnos tentaran dende o principio comunicarse nas clases no
idioma estranxeiro. Para as profesoras tamén supuxo un reciclaxe importante nos seus
coñecementos da lingua.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO VIII: MEMORIA DAS SECCIÓNS BILINGÜES
104
Na área de ‘Arts and Crafts’ continuouse traballando diferentes materiais e ademáis se
aproveitou que eses grupos estaban no proxecto “Abalar” para introducir o uso das novas
metodoloxías na área de plástica. Realizaron uns “Lapbooks” sobre o tema de interese de
cada un, Tiveron que buscar información e redactar pequenos textos en inglés, que
despois expuxeron aos demais compañeiros e compañeiras.
Débese facer mención especial da actividade de teatro que se realizou por parte do
alumnado das seccións bilingües e con dirección e organización das profesoras de ditas
seccións e da auxiliar de conversa. “The princesses and the dragons”, obra totalmente en
inglés. Foi representada polo alumnado de 6º en funcións para os seus compañeiros do
centro (un total de 4 funcións) e para os pais dos actores. Todos e cada un dos alumnos
tiveron un papel na obra.
Por último, remitímonos ao blogue: http://cambreinenglish.blogspot.com.es/ no que
aparecen moitas das actividades que se realizaron na aula.
As profesoras:
Carmen Iglesias Pardo e Marta Costa Rodríguez
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO IX: MEMORIA DO PROGRAMA DE ÉXITO ESCOLAR
106
MEMORIA DO PROGRAMA DE MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE
CURSO 2013-2014
ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN.
2. INDICADORES DE AVALIACIÓN.
3. MELLORAS ACREDITADAS NO RENDEMENTO ESCOLAR.
4. CONCLUSIÓNS FINAIS.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO IX: MEMORIA DO PROGRAMA DE ÉXITO ESCOLAR
107
1. INTRODUCIÓN.
Nome do centro: Colexio de Educación Infantil e Primaria “Wenceslao Fernández Flórez”. Código do centro: 15002165C. Localidade: Cambre. Provincia: A Coruña Unidades e alumnado: 22 unidades (6 de Ed. Infantil e 16 de Ed. Primaria), 488 alumnos (134 e 354). Actuacións: Dous grupos da actuación “Reforzo, Orientación e Apoio”. Un deles dirixido a alumnado de 2º ciclo de E.P. e outro a alumnado de 3º ciclo.
Este memoria realízase co obxectivo de valorar o desenvolvemento do proxecto que se leva a cabo neste centro por segundo curso consecutivo; de maneira que dita análise sexa válida para tomar decisións de futuro con respecto á continuidade do mesmo.
O grao de consecución do obxectivo xeral previsto -a mellora do rendemento escolar do 25% do alumnado asistente- virá dado pola comparativa entre os resultados obtidos na 1ª avaliación e na 3ª ou final.
2. INDICADORES DE AVALIACIÓN.
Os indicadores que se utilizan para avaliar o desenvolvemento do programa son dous:
- Porcentaxe de asistencia do alumnado ás actividades do programa.
- Resultados das avaliacións. Dado que as actividades do programa non empezaron ata o mes de xaneiro, a comparativa final farase entre a primeira avaliación e a última (ou ordinaria, de ser o caso) do presente curso.
Na comparativa que se fai téñense en conta os resultados obtidos na 1ª e na 3ª avalación ou final (ordinaria). Para as medias, a cualificación de Sobresaliente equivale a 9, Notable a 7, Ben a 6, Suficiente a 5 e Insuficiente a 4. No apartado referido a cualificacións positivas nas áreas instrumentais, o cálculo realízase sobre as tres áreas referidas (Lingua Castelá, Lingua Galega e Matemáticas).
Para unha valoración correcta e para detectar posibles desaxustes, faise unha relación por grupos, quedando como segue:
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO IX: MEMORIA DO PROGRAMA DE ÉXITO ESCOLAR
108
REFORZO, APOIO E ORIENTACIÓN. 2º CICLO DE E.P.
- ASISTENCIA: 95%. - RESULTADOS DAS AVALIACIÓNS (Sobre 10 alumnos que realizaron o programa):
LINGUA CASTELÁ LINGUA GALEGA
CUALIFICACIÓNS OBTIDAS 1ª AV. 3ª AV.* CUALIFICACIÓNS
OBTIDAS 1ª AV. 3ª AV.*
SOBRESALIENTE 0 0 SOBRESALIENTE 0 0
NOTABLE 0 0 NOTABLE 0 0
BEN 1 1 BEN 0 1
SUFICIENTE 2 5 SUFICIENTE 5 4
INSUFICIENTE 7 4 INSUFICIENTE 5 5
TOTAL 10 10 TOTAL 10 10
MATEMÁTICAS CUALIFICACIÓNS POSITIVAS
CUALIFICACIÓNS OBTIDAS 1ª AV. 3ª AV.* EN 1ª AV. 3ª AV.*
SOBRESALIENTE 0 0 TRES ÁREAS 2 4
NOTABLE 0 0 DÚAS ÁREAS 2 1
BEN 1 2 UNHA SÓA 2 2
SUFICIENTE 4 5 NINGUNHA 4 3
INSUFICIENTE 5 3 TOTAL 10 10
TOTAL 10 10
A comparativa neste grupo indica que os resultados melloraron na avaliación final con respecto á 1ª avaliación. É moi posible que se faga notar neste caso que é o grupo co alumnado máis novo, o cal pode influír no aproveitamento das actividades do programa.
En Lingua Castelá, pasouse de sete a catro alumnos que non foron capaces de superar a materia; a media era de 4,4 na 1ª avaliación, pasando a 4,7 na final. En Lingua Galega non houbo mellora no número de alumnos con cualificación de Insuficiente, manténdose en cinco. A nota media pasou de 4,5 a 4,6. En Matemáticas, houbo dous alumnos menos que suspenderon na avaliación final con respecto da primeira. A nota media subiu de 4,6 a 4,9.
No tocante ao número de áreas instrumentais con cualificación positiva, aumenta o número de alumnos que superan as tres áreas (de 2 a 4). A media de materias superadas era de 1,2 na 1ª avaliación, pasándose a 1,6 na avaliación final.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO IX: MEMORIA DO PROGRAMA DE ÉXITO ESCOLAR
109
REFORZO, APOIO E ORIENTACIÓN. 3º CICLO DE E.P.
- ASISTENCIA: 92,5 %. Neste grupo empezaron 11 alumnos, acabando 10. - RESULTADOS DAS AVALIACIÓNS (Sobre os 10 alumnos que remataron o programa):
LINGUA CASTELÁ LINGUA GALEGA
CUALIFICACIÓNS OBTIDAS 1ª AV. 3ª AV.* CUALIFICACIÓNS
OBTIDAS 1ª AV. 3ª AV.*
SOBRESALIENTE 0 0 SOBRESALIENTE 0 0
NOTABLE 0 0 NOTABLE 0 0
BEN 1 5 BEN 1 0
SUFICIENTE 3 3 SUFICIENTE 2 7
INSUFICIENTE 6 2 INSUFICIENTE 7 3
TOTAL 10 10 TOTAL 10 10
MATEMÁTICAS CUALIFICACIÓNS POSITIVAS
CUALIFICACIÓNS OBTIDAS 1ª AV. 3ª AV.* EN 1ª AV. 3ª AV.*
SOBRESALIENTE 0 0 TRES ÁREAS 1 5
NOTABLE 2 1 DÚAS ÁREAS 2 1
BEN 1 1 UNHA SÓA 4 4
SUFICIENTE 3 6 NINGUNHA 3 0
INSUFICIENTE 4 2 TOTAL 10 10
TOTAL 10 10
Neste grupo, no que había homoxeneidade no desfase curricular, comenzaron as actividades do programa un total de 11 alumnos. Ao longo do curso unha familia comunicou que por motivos laborais era imposible que o seu fillo seguira asistindo ás aulas do programa.
En Lingua Castelá, pasouse de catro a dous alumnos que non foron capaces de superar a materia; a media era de 4,5 na 1ª avaliación, pasando a 5,3 na final. En Lingua Galega, tamén houbo unha mellora notoria, de sete alumnos con cualificación de Insuficiente, catro conseguiron superala na última avaliación. A nota media pasou de 4,4 a 4,7. En Matemáticas, houbo dous alumnos menos que suspenderon na avaliación final con respecto da primeira. A nota media subiu de 4,7 a 5,1.
No tocante ao número de áreas instrumentais con cualificación positiva, aumenta o número de alumnos que superan as tres áreas (de 1 a 5). Tamén melloran os resultados se temos en conta que na 1ª avaliación tres alumnos suspendían as dúas linguas e Matemáticas e na avaliación final non houbo ningún alumno que suspendera as tres asignaturas. A media de materias superadas era de 1,1 na 1ª avaliación, pasándose a 2,1 na avaliación final.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO IX: MEMORIA DO PROGRAMA DE ÉXITO ESCOLAR
110
3. MELLORAS ACREDITADAS DO RENDEMENTO ESCOLAR.
Para acreditar a mellora do rendemento escolar, considerouse que o máis axeitado sería facer unha comparativa entre os resultados acadados por cada alumno (caso por caso) na 1ª e na 3ª avaliación (ou final). En dita comparativa pódese observar que no grupo con alumnado máis novo (4º de E.P.), a mellora é menor; mentres que no grupo de alumnos maiores (5º e 6º de E.P.), os resultados son mellores.
TOTAL ALUMNOS QUE
MELLORARON O SEU RENDEMENTO
%
2º CICLO 10 3 30 %
3º CICLO 10 8 80 %
TOTAL 20 11 55 %
4. CONCLUSIÓNS.
O equipo de profesores que participaron no programa queren deixar constancia das conclusións. Son as seguintes:
- A valoración do desenvolvemento do programa foi positiva como queda reflectido nos datos recollidos e na observación das capacidades do alumnado.
- O grao de consecución dos obxectivos é satisfactorio, superándose claramente o 25% marcado no proxecto, pois máis da metade do alumnado foi capaz de mellorar o seu rendemento.
- Déixase á consideración dos equipos docentes do centro a posibilidade de continuar co programa.
Cambre, 25 de xuño de 2014
O COORDINADOR
Asdo. Ricardo Ruibal Armesto
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO X: MEMORIA DA COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA
112
MEMORIA DA COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA
CONSTITUCIÓN E COMPOSICIÓN DA C.C.P.
A Comisión de Coordinación Pedagóxica para o curso 2013-14 constituiuse en sesión de 6 de
setembro de 2013 co seguinte profesorado:
Directora: Ana María Rial Rial.
Xefe de estudos: Ricardo Ruibal Armesto.
Orientadora: Mª Dolores Cernadas Ríos.
Coordinadora de E. I.: Mª Luz Castelo Espiñeira.
Coordinadora de 1º ciclo de E.P. e profesora de A.L.: Laura Casal Berdeal.
Coordinadora do 2º ciclo de E.P. e profesora de P.T.: Mª Dolores Álvarez Gómez.
Coordinadora do 3º ciclo e profesora de A.L.: Raquel García Vázquez.
Coordinador do Equipo de Biblioteca Escolar: Santiago Mosteiro Martínez.
Coordinadora de Dinamización Lingüística: Marta Barca Gómez, que actuou como
secretaria.
Coordinadora do E. A.C.E. e profesora de P.T.: Natalia López Presas.
Profesora de Pedagoxía Terapéutica: Helena Pérez Castro.
ACCIÓNS DA C.C.P.
Conforme ao establecido na normativa vixente, a C.C.P. tomou as seguintes determinacións
ao longo do curso, nas sesión mensuais establecidas:
- Agrupamentos do alumnado.
- Organización pedagóxica do centro.
- Proposta de datas das xuntas de avaliación.
- Distribución dos apoios ao alumnado con N.E.A.E.
- Distribución horaria da coidadora.
- Revisión do documento de normas de organización e funcionamento do centro.
- Protocolo de absentismo escolar.
- Propostas de mellora ante o informe da Avaliación Diagnóstica.
- Unificación de criterios para as programacións didácticas.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO X: MEMORIA DA COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA
113
- Valoracións dos resultados das avaliacións do alumnado.
- Revisión dos apoios.
- Revisión do PEC.
- Previsión de vacantes.
- Previsión de alumnado repetidor.
- Revisión dos proxectos: PEC, PLAN LECTOR E PROXECTO LINGÜISTICO.
- Posta en marcha da Avaliación Diagnóstica.
- Admisión e agrupamentos para o curso 2014-2015.
- Distribución de aulas para o curso 2014-15.
- Libros de texto para o curso 2014-15.
- Programa de Acollemento para o alumnado das escolas unitarias.
- Previsión de necesidades para o próximo curso: profesorado, unidades, coidadora, horas
de relixión, n.e.a.e., libros e boletíns.
- Proposta do Proxecto para a Mellora do Éxito Escolar 2014-2015.
En Cambre, a 27 de xuño de 2014
A DIRECTORA
Asdo.: Ana Mª Rial Rial
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO XI: MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA FENDETESTAS
114
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO XI: MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA FENDETESTAS
115
MEMORIA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
ANPA FENDESTESTAS CURSO 2013-14
INDICE:
1. INTRODUCCIÓN
2. CADRO DE ACTIVADES
3. OBXECTIVOS
4. ACTIVIDADES DEPORTIVAS
5. ACTIVIDADES CULTURAIS
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO XI: MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA FENDETESTAS
116
1. INTRODUCIÓN
As actividades extraescolares desenrólaronse dende o inicio do curso escolar, 12 de setembro ata un día antes do remate do curso o 19 de xuño.
2. CADRO DE ACTIVIDADES / HORARIOS / PRAZAS OFERTADAS
Neste apartado, recollemos de maneira esquemática, tódalas actividades, horarios e prazas que ofertamos, e a súa ocupación ao principio do curso e ao final
EDUCACIÓN INFANTIL DIA ACTIVIDADE Horario Cursos Prazas Xuño
LUNS Patinaxe I 16 a 17:15 3º E.I – 5º E.I 25 25 Creatividade 16 a 17:15 3º E.I – 5º E.I 25 8
MARTES Ingles I 16 a 17:15 3º E.I – 5º E.I 15 15 A bailar 16 a 17:15 3º E.I – 5º E.I 15 20
MERCORES Talleres Infantis 16 a 17:15 3º E.I – 5º E.I 30 15 Musica 16 a 17:15 3º E.I – 5º E.I 25 12
XOVES Patinaxe I 16 a 17:15 3º E.I – 5º E.I 25 25
Educacion Emocional 16 a 17:15 3º E.I - 5º E.I 15 5 Xogos Predeportivos 16 a 17:15 3º E.I – 5º E.I 30 13
VENRES Natación I 16 A 17 3 E.I. – 5º E.I 10 10
EDUCACIÓN PRIMARIA
DIA ACTIVIDADE Horario Cursos Prazas Xuño
LUNS
Informatica I 16 A 17:15 1º E.P – 3º E.P 14 14 Patinaxe II 16 a 17:15 1º EP –6º E.P 20 29 Patinaxe III 17:15 A 18:30 1º EP –6º E.P 20 22
Ximansia Ritmica I 16 A 17:15 1º E.P – 6º E.P 20 13 Ximansia Ritmica II 17:15 a 18:30 1º E.P – 6º E.P 20 13
Xadrez 16 a 17:15 1º EP – 6º E.P 15 16
MARTES
Judo I 16 A 17:15 1º E.P – 6º E.P 20 25 Teatro 16 A 17:15 1º E.P – 6º E.P 15 17
Informática IV 16 A 17:15 1º E.P – 6º E.P 14 11 Pintura I 16 A 17:15 1º E.P. – 3º E.P 15 15 Pintura III 17:15 a 18:30 1º E.P. – 3º E.P 15 13 Futbol I 16 a 17:15 1º E.P – 4º E.P 30 27 Futbol II 17:15 a 18:30 5º E.P – 6º E.P 30 8
MERCORES
Ingles II 16 a 17:15 1º E.P – 3 E.P 15 15 Informática III 16 a 17:15 4º E.P – 6º E.P 14 12
Creatividade *** 16 a 17:15 1º E.P – 6º E.P 15 8 Atletismo 16 a 17:15 1º E.P – 6º E.P 20 14
Baloncesto 16 a 17:15 1º E.P – 6º E.P 20 27 Ximansia Ritmica I 16 a 17:15 1º E.P – 6º E.P 20 13 Ximansia Ritmica II 17:15 a 18:30 1º E.P – 6º E.P 20 13
XOVES
Ingles III 16 a 17:15 4º E.P – 6º E.P 15 Non saiu Informatica II 16 A 17:15 1º E.P – 3º E.P 14 7
Pintura II 16 A 17:15 4º E.P. – 6º E.P 15 22 Pintura IV 17:15 a 18:30 4º E.P. – 6º E.P 15 Non saiu Patinaxe II 16 a 17:15 1º EP –6º E.P 20 29 Patinaxe III 17:15 a 18:30 1º EP –6º E.P 20 22 A Bailar I 16 A 17:15 1º E.I – 6º E.P 15 9
A Bailar I (2º grupo) 17:15 a 18:30 4º E.I – 6º E.P 5
VENRES Natación II 16 A 17 1 E.P. – 6º E.P 30 30
TOTAL PRAZAS OCUPADAS: 490
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO XI: MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA FENDETESTAS
117
3. OBXECTIVOS DAS ACTIVIDADES ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Obxetivos xerais, comúns a tódalas actividades deportivas:
Buscar unha familiarización con tódalas actividades deportivas
Adquirir unha técnica básica de cada unha das actividades deportivas
Coñecer as regras básicas de cada unha das actividades
Millorar as capacidades psicomotoras fundamentais
Participar nas actividades establecendo relacións equilibradas cos demáis
Buscar a mellora integral do individuo
Proporcionar unha formación educativa mediante as actividades deportivas
Buscar unha continuidade no xogo, que permita disfrutar da actividade
ACTIVIDADES CULTURAIS
Obxetivos xerais, comúns a tódalas actividades culturais:
Buscar unha familiarización con tódalas actividades
Adquirir unha técnica básica de cada unha das actividades
Adquirir novos coñecementos
Participar nas actividades establecendo relacións equilibradas cos demáis
Buscar a millora integral do individuo e
Proporcionar unha formación educativa
Os contidos que se impartiron en cada actividade estiveron adaptados ao nivel e
necesidades do grupo. Cada monitor/educador realizarou unha avaliación inicial adecuando os
contidos á diversidade do grupo. Xa que o intervalo de idades é amplio. Ó tratarse de actividades
extaescolares e de iniciación deportiva, levaronse a cabo dándolle moita importancia ó aspecto
lúdico-recreativo, a través dunha metodoloxía centrada no xogo.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO XI: MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA FENDETESTAS
118
4. ACTIVIDADES DEPORTIVAS
4.1. PATINAXE
Grupos:
- Iniciación 1: luns e xoves de 16 a 17.15 (dous monitores) (Inciación Ed. Infantil)
- Iniciación 2: luns e xoves de 16 a 17.15 (dous monitores) (Ed Primaria).
- Perfeccionamento: luns e xoves 17:15 a 18:30 (perfeccionamento Ed. Primaria)
Instalación: Pavillón Polideportivo de Cambre
Contidos:
- Desplazamentos básicos en patíns (hacia adiante, atrás, cruzado…)
- Elementos técnicos (cañón, garza, águila, ángel, inglés)
- Coreografía
Exhibicións:
o Exhibición de Cambre: tivo lugar o domingo 11 de maio as 10:30 no
Polideportivo de Os Campons. Participaron os 3 grupos, e cada un deles
realizou unha coreografía.
o Exhibición de Abegondo: tivo lugar o sabado 31 de maio as 17:00 no
Polideportivo de Abegondo. Participaron os 3 grupos, e cada un deles
realizou unha coreografía:
o Fin de curso: xoves 19 de xuño, o último día da actividade de patinaxe.
Participaron tódolos grupos.
4.2. NATACIÓN
Grupos:
- Natación 1: Venres 16:15 a 17:00 (Grupo de iniciación )
- Natación 2: Venres 16:15 a 17:00. (Grupo de perfeccionamento)
Instalación: Piscina municipal da Barcala
Contidos:
- Flotación
- Inmersións
- Deslizamentos
- Aprendizaxe de estilos: crowl,
costas, braza, mariposa
- Zambullidas
- Viraxe
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO XI: MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA FENDETESTAS
119
4.3. JUDO
Grupos:
- Judo : martes 16 a 17:15 horas (1º, 2º y 3º de Ed. Primaria)
Instalación: Ximnasio do colexio
Contidos:
- Caídas
- Volteretas
- Agarres
- Posturas
- Judo suelo
- Actividades de tracción,
empujar, girar, voltear
- Judo pie-técnicas
- Judo suelo-técnicas
Competicions:
Os participantes da actividade participaron nas seguintes competicións.
CONCENTRACION DATA INSTALACION HORARIO CATEGORIAS
XOGA JUDO I 01-03-14 P. ELVIÑA 9:30 a 14:00 ALEVIN
XOGOS AMIZADE 30-03-14 C. RIAS ALTAS 9:30 a 14:00 TODOS
MIGUELITO 01-06-14 COLISEUM 9:30 A 14:00 TODOS
TROFEO LICEO 17-05-14 C. LICEO 10 A 19:30 BENXAMIN e ALEVIN
PASE GRADO CAMBRE 07-06-14 P. CAMBRE 10 A14 TODOS
4.4. XADREZ
Grupo:
- Xadrez: luns 16 a 17:15 horas (2º a 6º de Ed. Primaria)
Instalación: Aula do ANPA
Contidos:
- O taboleiro e as pezas
- O movimento das pezas e
o valor das pezas
- O vocabulario de axedrez
- O xaque e o xaque mate,
os mates básicos
- O xaque e o xaque mate,
os mates básicos
- O enroque
- As tablas
- A anotación das xogadas
Competicións
o Deporte Escolar:. Cambre (Polideportivo dos campos). Competición
deportiva en idade escolar, programa Xogade. 23 y 30de marzo de 2014.
Formaronse un equipo benxamin, con un total de 6 rapaces da actividade,
ademáis 5 rapaces prebenxamines foron a xogar fora de competición
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO XI: MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA FENDETESTAS
120
4.5. FUTBOL SALA
Grupos:
- Futbol 1: martes 16 a 17 horas. (1º a 3º de Educación Primaria)
- Futbol 2: martes 17 a 18 horas. (4º a 6º de Educación Primaria)
Instalación: Pavillón Polideportivo.
Contidos:
- Control e recepción
- Pases
- Conducción
- Tiros
- Regates e fintas
- Defensa
- Situacións de: 1x1, 2x1, 2x2,
3x2, 3x3, 4x3, 4x4, 5x4, 5x5
Competicions:
Non poideron xogar por non haber competición de futbol sala en Cambre.
4.6. XIMNASIA RÍTMICA
Grupo:
- Grupo 1: luns e mercores de 16:00 a 17:15 (Iniciación) (Ed. Primaria)
- Grupo 2: luns e mercores 17:15 a 18:30 (Perfeccionamento) (Ed. Primaria)
Instalación: Ximnasio do colexio
Contidos
- Movimientos de brazos
- Movimientos de tronco.
- Movimientos de piernas
- Movimientos de cabeza.
- Movimientos de hombros.
- Movimientos de salto.
- Movimientos de equilibrios.
- Movimientos de giro.
- Elementos de flexibilidad.
- Enlaces básicos.
Exhibicións:
o Exhibición de Cambre: tivo lugar o sábado 17 de maio as 11:00 no
Polideportivo de Cambre. Participaron con 4 grupos colectivos e cada un
deles realizou unha coreografía:
Dous equipos prebenxamin.
Dous equipos alevins
o Exhibición de Axiga: tivo lugar o sábado 7 de xuño as 17:00 no Coliseum
da Coruña.. Participaron todolos grupos.
o Fin de curso: mercores 18 de xuño, o último día da actividade de
ximnasio. Participaron todolos grupos.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO XI: MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA FENDETESTAS
121
4.7. XOGOS PREDEPORTIVOS Grupo:
- Xogos predeportivos: xoves de 16:00 a 17:15. (Ed. Infantil)
Instalación: Ximnasio do colexio.
Contidos:
Estructuración do esquema corporal
-Orientación do esquema corporal
-Afirmación da lateralidade
-Representación e toma de conciencia do propio corpo
Coordinación motora
-Coordinación dinámica xeral
-Coordinación visomotora
Estructuración espacial e temporal
Os contidos desta actividade traballaranse a través do xogo e de maneira global
4.8. ATLETISMO Grupo:
- Atletismo: mercores de 16:00 a 17:15 (2º a 6º Ed. Primaria)
Instalación: Pavillón Polideportivo
Contidos
- Carreiras:
o De velocidade: lisos, vallas, relevos.
o De fondo
- Saltos: Altura e lonxitude.
- Lanzamentos:
o Peso o Disco o Martelo e Xabalina
Competicions:
Algun dos participantes participou en diversas competicións de campo atraves,
pista cuberta e pista descuberta, co clube Riazor Coruña, equipo no que entrena o
monitor da actividade
4.9. BALONCESTO Grupo:
- Baloncesto: mercores de 16:00 a 17:15 (2º a 6º Ed. Primaria)
Instalación: Pavillón Polideportivo
Contidos
- Desplazamentos básicos con e sin balón
- Traballo de pés: pivotes, paradas, arrancadas
- Bote/ bote en situación de xogo
- Pase/ pase en situación de xogo
- Tiro e entrada a canasta/ Tiro e entrada a canasta en situación de xogo
- Situacións de: 1x1, 2x1, 2x2, 3x2, 3x3, 4x3, 4x4, 5x4, 5x5
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO XI: MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA FENDETESTAS
122
5. ACTIVIDADES CULTURAIS
5.1. TEATRO Grupos:
- Teatro: martes de 16:00 a 17:15 (1º a 6º Ed. Primaria) Contidos:
- O corpo no espacio: - O corpo en movimento: - Expresión corporal: - Respiración, Declamación - Improvisación
- Traballo sobre un texto determinado e ensaios escénicos
- Preparación dun traballo e exposición
Observacións Os rapaces prepararon para o fin de curso, duas pequenas obras, para
representar ante o seus país.
5.2 PINTURA Grupos:
- Pintura I: martes de 16:00 a 17:15 (1º a 3º Ed. Primaria) - Pintura III: martes de 17:15 a 18:30 (1º a 3º Ed. Primaria) - Pintura II: xoves de 16:00 a 17:15 (4º a 6 Ed. Primaria)
Instalación: Aula do ANPA Contidos
- Carbón: debuxo, manexo dos carbóns, luces e sombras - Óleo: coñecemento do material, manexo do pincel, coñecemento da cor (escala
de cores) - Acuarela: coñecemento dos materiais, a aguada, as cores, os fondos, as formas
Observacions Os rapaces fixeron unha pequena exposición dos seus traballos a última semana
do colexio.
5.3 TALLER MÚSICA Grupos:
- Grupo 1: martes de 16:00 a 17:15 (Ed. Infantil) Instalación: Aula de Música Contidos
- Aprender a escuchar - Canto, expresión vocal e instrumental - Lenguaje musical
Observacións: O ultimo día de actividade, os rapaces fixeron unha actuación, a cal poderon
asistir os seus pais.
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO XI: MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA FENDETESTAS
123
5.4 TALLER DE INGLÉS Grupos:
- Grupo 1: martes de 16:00 a 17:15 (Ed. Infantil) - Grupo 2: mercores: 16:00 a 17:15 (1º a 3º Ed. Primaria)
Instalación: Aula de Audiovisuais Contidos
- Comprensión do inglés falado - Conversación en inglés - Aprendizaxe de vocabulario
5.5 INFORMATICA Grupos:
- Grupo 1: luns de 16 a 17:15 (1º a 3º Ed. Primaria) - Grupo 2: martes de 16:00 a 17:15 (1º a 3º Ed. Primaria) - Grupo 3: mercores: 16:00 a 17:15 (4º a 6º Ed. Primaria) - Grupo 4: xoves 16 a 17:15 (4º a 6º Ed. Primaria)
Instalación: Aula de Informática Contidos
- Teclado, rato e memorias extraíbles - Sistema operativo Windows Xp - Word, Excel, e Internet
5.6 TALLERES INFANTIS Grupos:
- Talleres: mercores: 16:00 a 17:15 (Educación Infantil) Instalación: Aula do ANPA Contidos
- Habilidades e detreza manuais (praxia fina) - Expresión artística
5.7 A BAILAR Grupos:
- A Bailar Infantil: martes 16 a 17:15 (Educación Infantil): Instalación: Pasillo de Educación infantil
- A bailar primaria: xoves de 16:00 a 17:15 (Educación Primaria). - A bailar pirimaria: xoves de 17:15 a 18:30 (4º a 6º Ed. Primaria).
Instalación: Aula de Teatro Contidos:
- Diferentes tipos de baile moderno - Expresión corporal a través da música e xogos musicais.
Observacións Os rapaces prepararon para o fin de curso, unha coreografía, que
representaron ante os seus pais, no polideportivo do Colexio
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. CAMBRE. MEMORIA ANUAL. CURSO 2013-14 ANEXO XI: MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA FENDETESTAS
124
5.8 CREATIVIDADE Grupos:
- Creatividade: luns de 16 a 17:15 (Educación Infantil)
- Creatividade: mércores de 16:00 a 17:15 (Educación Primaria)
Instalación: Aula de Teatro
Contidos:
- Manualidades con material de reciclaxe
- Traballo de comunicación e expresión
- Estimulación da capacidade de crear ideas, curiosidade e entusiasmo.
5.9 EDUCACIÓN EMOCIONAL Grupos:
- Educación emocional: xoves de 16 a 17:15 (Educación Infantil)
Instalación: as de educación primaria no vestíbulo do colexio e a de educación
infantil na aula de inglés
Contidos:
- Xestión de emocións, creatividade e autoestima
- Mellora da comunicación e relación escolares e familiares