Como cambiamos o icono do disco USBÉ relativamente fácil.
1º .- No directorio raíz do USB, creamos un arquivo novo chamado AUTORUN.INF.
Para elo primeiro crearemos un documento de texto, pulsando co botón dereito do rato e escollendo o casilleiro NOVO e dentro do mesmo DOCUMENTO DE TEXTO o que comunmente chamase crear un txt xa que a extensión deste tipo de documentos é .txt
Este é un arquivo que o ordenador, de forma automática o lerá nada máis introducir o noso dispositivo USB na ranura correspondente. Dentro do mesmo arquivo podemos dar as instrucións pertinentes. Dentro de esas instrucións existe unha que nos permite cambiar o icono do dispositivo.
Para isto teremos que abrir o arquivo autorun.inf e escribiremos na primeira liña:
[AUTORUN]ICON=icon.ico
Para que os cambios teñan efecto, so temos que sacar o USB utilizando a tecla pertinente de extración segura, e volvelo a enchufar. E xa teremos o noso USB personalizado.
Icon.ico é o nome do icono que poñeremos no directorio raíz xunto co autorun.inf
Este tutorial está feito co Windows Vista, co XP sería case o mesmo, o único problema que vos podería dar é a hora de crear o arquivo autorun.inf, xa que non está habilitada por defecto que se mostren as extensións dos arquivos, de tal forma que se queredes poñer autorun.inf, o ordenador entenderá isto autorun.inf.txt, para resolver este erro, so tendes que gardar o arquivo utilizando a pestana de gardar como; e ahí poñerlle de nome autorun.inf
Un saúdo dende A Xunqueira.