PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
1
DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
PROGRAMACIÓN PARA O CURSO 2015-2016
ANEXO I
No Anexo I da programación inclúense:
1. Mínimos esixibles para cada unha das materias impartidas polo departamento:
a. Bioloxía e Xeoloxía 1ºESO
b. Promoción de Estilos de Vida Saudables 1ºESO
c. Ciencias da Natureza 2ºESO
d. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO
e. Bioloxía e Xeoloxía 4ºESO
f. Bioloxía e Xeoloxía 1ºBacharelato
g. Cultura Científica 1ºBacharelato
h. Bioloxía 2ºBacharelato
i. Ciencias da Terra e Medioambientais 2º Bacharelato
j. Módulo III. ESA
2. Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias
pendentes de cursos anteriores
3. Criterios sobre avaliación, cualificación e promoción do alumnado.
4. Actividades extraescolares.
5. Profesores que constitúen o departamento.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
2
1. MÍNIMOS PARA CADA MATERIA
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1ºESO
UNIDADE 1: A VIDA NA TERRA
CONTIDOS
- As condicións da Terra que permiten a vida.
- Temperaturas suaves.
- Auga en estado líquido.
- Presenza de gases imprescindibles (O2 e CO2).
- Existencia dun soporte sólido.
- As características dos seres vivos.
- Os compoñentes químicos: as biomoléculas inorgánicas e orgánicas.
- As funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.
- As células e os seus tipos.
- A teoría celular.
- As características comúns a todas as células.
- A célula procariota.
- A célula eucariota animal e a célula eucariota vexetal.
- A clasificación dos seres vivos seguindo criterios naturais.
- O concepto de taxonomía e os principais taxons.
- O concepto de especie.
- O nome vulgar e o nome científico. A nomenclatura binomial.
- A organización dos seres vivos.
- Os organismos unicelulares e pluricelulares: tecidos, órganos e aparatos ou sistemas.
- Os niveis de organización.
- Os cinco reinos.
CONTIDOS COMÚNS PARA TODAS AS UNIDADES:
- Comprensión de informacións, adquisición de vocabulario, uso da lingua como instrumento de
comunicación e mantemento dunha actitude favorable cara á lectura.
- Coñecemento e uso responsable das TIC ao investigar sobre os seres vivos.
- Uso de estratexias para tratar a información, convertela en coñecemento propio e aplicala a
distintos contextos, e participación activa no propio proceso de aprendizaxe.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
3
- Iniciativa e perseveranza á hora de afrontar os problemas e de defender opinións, e
desenvolvemento de actitudes de respecto e colaboración ao traballar en grupo.
- Experimentación en Bioloxía e xeoloxía: obtención e selección de información a partir da
selección e recollida de datos dunha experimentación.
- Coñecemento e uso de materiais, técnicas e recursos expresivos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Describir as características da Terra que fan posible a vida.
2. Coñecer as características comúns a todos os seres vivos.
3. Coñecer a teoría celular e diferenciar os distintos tipos de células.
4. Explicar os criterios para clasificar os seres vivos.
5. Diferenciar os niveis de organización dos seres vivos e coñecer a clasificación en cinco
reinos.
CRITERIOS COMÚNS PARA TODAS AS UNIDADES
6. Comprender informacións, adquirir vocabulario específico do tema, expresar
coñecementos e opinións de forma oral e escrita, e mostrar interese pola lectura de
textos.
7. Coñecer e usar de forma responsable as TIC, usar estratexias para tratar a información,
convertela en coñecemento propio e aplicala a distintos contextos, e participar de forma
activa no propio proceso de aprendizaxe.
8. Mostrar iniciativa e perseveranza á hora de afrontar os problemas e de defender opinións,
e desenvolver actitudes de respecto e colaboración á hora de traballar en grupo.
9. Realizar un traballo experimental con axuda dun guión de prácticas, describindo a súa
execución e interpretando os seus resultados.
10. Utilizar diversos materiais, técnicas, códigos e recursos artísticos na realización de
creacións propias.
UNIDADE 2: MONERAS, PROTOCTISTAS E FUNGOS
CONTIDOS
- O reino moneras: as bacterias, funcións vitais e tipos.
- As bacterias, as persoas e o medio: bacterias prexudiciais e beneficiosas.
- O reino protoctistas: características e grupos que inclúe.
- Os protozoos: características xerais e relación coas persoas e co medio.
- As algas: características xerais e relación coas persoas e co medio.
- O reino dos fungos: características xerais.
- Os tipos de fungos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
4
- Os fungos, as persoas e o medio: beneficios e prexuízos que ocasionan os fungos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Coñecer as características dos seres máis representativos do reino monera, e os efectos
beneficiosos e prexudiciais que estes seres teñen sobre outros seres vivos e as persoas.
2. Coñecer as características xerais dos protozoos e das algas, describir as semellanzas e
diferenzas existentes entre eles e identificar os efectos beneficiosos e prexudiciais que lles
ocasionan a outros seres vivos e ao ser humano.
3. Describir as características xerais dos fungos, identificar os principais tipos e coñecer os
principais beneficios e prexuízos que ocasionan.
UNIDADE 3: AS PLANTAS
CONTIDOS
- O reino plantas. Características xerais.
- A nutrición nas plantas.
- A relación nas plantas.
- A reprodución asexual nas plantas.
- A reprodución alternante nas plantas sen semente.
- A reprodución sexual nas plantas con sementes.
- A clasificación das plantas. As espermatófitas.
- A clasificación das plantas. As plantas sen semente.
- As plantas, as persoas e o medio.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Diferenciar as características xerais das plantas, as súas funcións vitais e a súa clasificación.
2. Analizar como se leva a cabo a nutrición nas plantas.
3. Coñecer como se leva a cabo a función de relación nas plantas.
4. Comprender e recoñecer os tipos de reprodución asexual nas plantas.
5. Coñecer como se leva a cabo a reprodución alternante nas plantas sen sementes.
6. Detallar a reprodución sexual das plantas con sementes.
7. Coñecer como se clasifican as plantas espermatófitas.
8. Establecer a clasificación das plantas sen sementes.
9. Valorar a relación entre as plantas, as persoas e o medio.
UNIDADE 4: OS ANIMAIS
CONTIDOS
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
5
- Que caracteriza os animais?
- A nutrición nos animais: a obtención de nutrientes.
- A nutrición nos animais: a respiración.
- A nutrición nos animais: a circulación e a excreción.
- A relación nos animais: os receptores.
- A relación nos animais: a coordinación.
- A relación nos animais: os efectores.
- A reprodución nos animais.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Coñecer as características xerais dos animais.
2. Diferenciar entre alimentación e dixestión. Distinguir entre animais sen e con aparato
dixestivo e os tipos de aparatos dixestivos que presentan.
3. Recoñecer as diferenzas entre os animais que para a función da respiración toman o osíxeno
da auga e os que o toman do aire.
4. Coñecer que a circulación e a excreción son procesos da nutrición dos animais, así como os
tipos de aparatos circulatorios e os órganos da excreción.
5. Comprender que os animais posúen receptores para captar os estímulos e levar a cabo a
función de relación.
6. Coñecer e diferenciar os sistemas de coordinación dos animais.
7. Entender que a resposta aos estímulos a realizan os efectores.
8. Diferenciar os tipos de reprodución en animais, así como o mecanismo da fecundación e o
desenvolvemento embrionario.
UNIDADE 5: OS INVERTEBRADOS
CONTIDOS:
- Os poríferos e os cnidarios.
- Os vermes.
- Os moluscos.
- Os artrópodos.
- Os artrópodos grupo a grupo.
- Os equinodermos.
- Os invertebrados e as persoas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
6
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Diferenciar e coñecer as características de poríferos e cnidarios.
2. Establecer as diferenzas entre os distintos grupos de vermes.
3. Coñecer as características dos moluscos e, en concreto, dos exemplares máis comúns
para o ser humano.
4. Coñecer as características dos artrópodos e establecer as diferenzas entre os distintos
grupos.
5. Comprender a organización común dos equinodermos e as diferentes formas que
poden presentar.
6. Estudar a relación dos invertebrados co ser humano ou coa actividade humana.
UNIDADE 6: OS VERTEBRADOS
CONTIDOS
- Os peixes: características xerais, alimentación e reprodución.
- Os principais grupos de peixes.
- Os anfibios: características xerais e reprodución.
- Os principais tipos de anfibios.
- Os réptiles: principais características, a alimentación e a reprodución.
- Principais tipos de réptiles.
- As aves: características xerais, alimentación e reprodución.
- Principais tipos de aves.
- Os mamíferos: características xerais, alimentación e reprodución.
- Principais grupos de mamíferos.
- O ser humano: un mamífero especial.
- Os vertebrados e as persoas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
7
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Describir as características principais dos peixes.
2. Identificar as características que diferencian os dous grandes grupos de peixes.
3. Coñecer as principais características dos anfibios e describir como levan a cabo a
reprodución.
4. Coñecer os principais grupos de anfibios e as súas características máis destacadas.
5. Coñecer as principais características dos réptiles, como é a súa alimentación e a súa
reprodución.
6. Diferenciar os principais grupos de réptiles.
7. Describir as principais características das aves e identificar aquelas que están
relacionadas co voo.
8. Diferenciar os principais grupos de aves.
9. Identificar as características máis importantes dos mamíferos.
10. Diferenciar os distintos grupos de mamíferos.
11. Describir as características que diferencian o home doutros mamíferos.
12. Coñecer a importancia dos vertebrados para as persoas.
UNIDADE 7: OS ECOSISTEMAS E A BIODIVERSIDADE
CONTIDOS
- Os compoñentes do ecosistema.
- A biocenose, o biótopo e as súas interaccións no ecosistema.
- As relacións na biocenose.
- Tipos de ecosistemas.
- O equilibrio nos ecosistemas.
- As características dos ecosistemas en equilibrio.
- A biodiversidade e a súa importancia
- O concepto de biodiversidade.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
8
- A biodiversidade como recurso.
- A biodiversidade e o mantemento do equilibrio da biosfera.
- A perda e a conservación da biodiversidade
- As causas da perda de biodiversidade.
- Medidas para protexer a biodiversidade.
- A orixe da biodiversidade.
- A biodiversidade e a adaptación.
- Os tipos de adaptacións.
- A biodiversidade e a evolución.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. A biocenose, o biótopo e as súas interaccións no ecosistema.
2. Explicar as relacións existentes entre os organismos do ecosistema.
3. Coñecer as características dos ecosistemas terrestres e acuáticos.
4. Coñecer o estado de equilibrio dos ecosistemas e os seus mecanismos de autorregulación.
5. Definir biodiversidade e coñecer a súa importancia.
6. Coñecer as principais causas da perda de biodiversidade e propoñer algunhas solucións para a
súa conservación.
7. Recoñecer a evolución biolóxica como o mecanismo que orixina a biodiversidade.
UNIDADE 8: O UNIVERSO E A TERRA
CONTIDOS
- O Universo.
- O concepto de universo.
- Xeocentrismo e heliocentrismo.
- O universo en expansión e o Big-Bang.
- Os compoñentes do universo: galaxias, nebulosas e estrelas.
- Concepto de ano luz
- O sistema solar.
- A unidade astronómica.
- Os compoñentes do sistema solar: o Sol, os planetas, os satélites e outros corpos celestes.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
9
- A orixe do sistema solar
- A Terra como planeta.
- A forma da Terra.
- A situación da Terra no sistema solar.
- O movemento de rotación. A sucesión do día e da noite.
- O movemento de translación. As estacións do ano.
- A Lúa, o noso satélite.
- As características da Lúa.
- Os movementos de rotación e de translación.
- As fases da Lúa.
- As eclipses de Lúa e de Sol.
- As mareas.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Coñecer os principais modelos do universo propostos ao longo da historia e explicar o modelo
de universo en expansión.
2. Coñecer os compoñentes do sistema solar e explicar a súa orixe.
3. Estudar as características da Terra como planeta, describir os seus movementos e explicar as
consecuencias destes.
4. Coñecer as características da Lúa e os efectos que produce sobre a Terra.
UNIDADE 9: A ATMOSFERA
CONTIDOS
- A atmosfera: composición e estrutura.
- As funcións da atmosfera.
- A contaminación atmosférica: os contaminantes, os seus efectos e medidas para reducilos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Coñecer os principais compoñentes que hai na atmosfera e as capas que nela se diferencian.
2. Coñecer as principais funcións que desempeña a atmosfera: protectora, fonte de gases
necesarios para os seres vivos e reguladora da temperatura terrestre.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
10
3. Coñecer que é a contaminación atmosférica, os tipos de contaminantes que hai, os seus
efectos sobre os seres vivos e o medio, e as medidas para reducilos.
UNIDADE 10: A HIDROSFERA
CONTIDOS
- A auga da hidrosfera.
- A distribución da auga na Terra.
- O ciclo da auga.
- Como consumimos a auga?
- A xestión sostible da auga.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Coñecer os estados nos que se encontra a auga na Terra e as propiedades que a fan
indispensable para a vida.
2. Distinguir entre as augas dos océanos, as dos mares e as continentais.
3. Detallar como se leva a cabo o ciclo da auga na natureza.
4. Describir o uso da auga que fai o ser humano e valorar a importancia de non contaminar a
auga.
5. Describir en que consiste unha xestión sostible da auga e como xestionala de forma sostible.
UNIDADE 11: A XEOSFERA (I). OS MINERAIS
CONTIDOS
- Como é a Terra
- Capas que se diferencian na Terra.
- O relevo da xeosfera.
- As capas da xeosfera
- A litosfera e as placas litosféricas.
- Os compoñentes da codia terrestre:
- Os minerais.
- As propiedades dos minerais.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
11
- A clasificación dos minerais.
- Os minerais que utilizamos:
- Os cristais.
- Os minerais non metálicos de uso industrial.
- Os minerais metálicos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Coñecer as capas que se diferencian na Terra.
2. Identificar as distintas formas do relevo que aparecen na xeosfera tanto nas zonas emerxidas
como nas somerxidas.
3. Coñecer as capas que se diferencian na xeosfera e explicar as características da litosfera.
4. Comprender que é un mineral e saber a súa relación coas rochas.
5. Coñecer as principais propiedades dos minerais que permiten a súa identificación.
6. Recoñecer os principais grupos nos que se clasifican os minerais.
7. Coñecer os principais minerais da xeosfera que utilizamos e cales son as súas aplicacións.
UNIDADE 12: A XEOSFERA (II). AS ROCHAS
CONTIDOS
- Os compoñentes da codia terrestre: as rochas.
- Concepto de rocha.
- Propiedades das rochas.
- Tipos de rochas.
- As rochas magmáticas.
- Tipos de rochas magmáticas.
- As rochas metamórficas.
- Tipos de rochas metamórficas.
- As rochas sedimentarias.
- Tipos de rochas sedimentarias.
- O carbón e o petróleo.
- A utilización das rochas.
- As rochas que utilizamos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
12
- A extracción dos recursos da xeosfera.
- O uso dos combustibles fósiles.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Saber que é unha rocha, recoñecer as propiedades que serven para a súa identificación e
coñecer os principais grupos que existen.
2. Coñecer que son as rochas magmáticas e diferenciar os principais grupos.
3. Coñecer como se forman as rochas metamórficas e diferenciar os principais grupos.
4. Diferenciar os principais grupos de rochas sedimentarias e os principais tipos de combustibles
fósiles.
5. Coñecer as principais rochas que utilizamos, as súas aplicacións e a súa explotación.
TEMPORALIZACIÓN
A temporalización asignada a cada unidade inclúe o seu desenvolvemento e a realización das
tarefas individuais e colectivas asociadas a ela.
PRIMEIRA AVALIACIÓN: unidades 1, 2. 3 e 4
SEGUNDA AVALIACIÓN: undades 5, 6 e 7
TERCEIRA AVALIACIÓN: unidades restantes (7-12)
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
13
PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES. 1ºESO
BLOQUE 1. A ACTIVIDADE FÍSICA E A SAÚDE
CONTIDOS:
- A actividade física como hábito de vida saudable: cómo, cándo, ónde, canta e por qué.
- Avaliación e análise da postura, da composición corporal e da actividade física saudable
realizada.
- Plans e estratexias para o incremento da actividade física diaria e para a redución dos períodos
de inactividade.
- Organización e promoción da práctica de actividade física diaria.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Coñecer a relación entre a práctica regular da actividade física e a saúde.
2. Avaliar a postura, a composición corporal, a actividade física desenvolvida e a inactividade,
aplicando sistemas sinxelos e as novas tecnoloxías.
3. Aplicar un plan para o incremento da actividade física saudable ao longo do día, utilizando os
recursos dispoñibles no contorno.
4. Deseñar, organizar e difundir actividades para fomentar o incremento da práctica de actividade
física diaria.
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE:
1. 1. Coñece os beneficios para a saúde da práctica regular da actividade física, así como os efectos
adversos da inactividade.
1.2. Identifica os principais parámetros de saúde axeitados para a súa idade, e relaciona a
actividade física idónea para a súa mellora.
2.1. Coñece e avalía a súa postura, a composición corporal (talle, peso, IMC, etc.), a actividade e
inactividade física diaria, a tensión arterial, etc., aplicando sistemas sinxelos e as novas
tecnoloxías.
2.2. Elabora, analiza e avalía un diario da súa actividade física desenvolvida durante un período de
tempo acordado.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
14
3.1. Elabora un plan para o incremento da súa actividade física diaria, reducindo os tempos de
inactividade (televisión, teléfono móbil, etc.) e os desprazamentos con motor, e comprométese a
pólo en práctica durante un período de tempo acordado de xeito individual ou en grupo.
3.2. Localiza e utiliza os recursos dispoñibles no seu contorno para a realización de actividade física
saudable.
3.3. Adquire e utiliza estratexias socioemocionais para evitar os hábitos tóxicos relacionados coa
actividade física (sedentarismo, vigorexia, dopaxe, etc.).
4.1. Deseña, utiliza e difunde un plan de mobilidade peonil e/ou en bicicleta no seu contorno e/ou
na súa localidade.
4.2. Deseña, utiliza e difunde unha guía para o incremento da actividade física na vida cotiá.
4.3. Organiza, nun medio tanto natural como urbano, actividades para a difusión, o fomento e a
práctica de actividade física saudable en grupo (familia, grupo clase, centro, amizades, etc.).
BLOQUE 2: ALIMENTACIÓN PARA A SAÚDE
CONTIDOS:
- Alimentación como hábito de vida saudable. Beneficios e riscos para a saúde derivados da
dieta. Modelos de dieta atlántica e mediterránea como patróns alimentarios saudables.
- Inxesta alimentaria e hidratación segundo as recomendacións saudables máis adecuadas á súa
idade, ao seu sexo e á súa actividade física diaria.
- Deseño de propostas dietéticas sinxelas. Estratexias para a incorporación das recomendacións
de alimentación e hidratación como hábito de vida saudable.
- Estratexias para a selección de alimentos e bebidas, que permitan o cumprimento das
recomendacións. Etiquetaxe nutricional dos alimentos e das bebidas.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Valorar a alimentación como un hábito de vida saudable e as recomendacións dietéticas e de
hidratación adaptadas á idade, ao sexo e á actividade física diaria.
2. Analizar e avaliar de xeito sinxelo a inxestión habitual e a hidratación, e coñecer as
recomendacións de inxestión máis adecuadas á súa idade, ao seu sexo e á súa actividade física
diaria.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
15
3. Deseñar, utilizar e difundir estratexias para a adquisición de hábitos de alimentación e
hidratación saudables.
4. Deseñar dietas sinxelas, aplicando as recomendacións segundo idade, sexo e actividade física
diaria durante un período de tempo acordado.
5. Facer unha escolla de alimentos e de bebidas axeitada á súa idade, ao seu sexo e á súa
actividade física diaria, valorando criticamente as indicacións da etiquetaxe dos produtos.
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE:
1.1. Coñece as recomendacións dietéticas e de hidratación, a importancia para a saúde dunha
alimentación sa e equilibrada (variada, suficiente, etc.), e os riscos para a saúde da inxesta
desmesurada de produtos azucrados, salgados, etc
1.2. Identifica os alimentos e as recomendacións que propoñen os modelos de dieta atlántica e
mediterránea, e os seus beneficios.
2.1. Rexistra, analiza e avalía a súa propia inxesta durante un período de tempo acordado, tendo
en conta as recomendacións para a súa idade, o seu sexo e a súa actividade física diaria.
2.2. Coñece as recomendacións de inxesta alimentaria e hidratación adecuadas á súa idade, ao seu
sexo e ao seu nivel de actividade física diaria.
2.3. Adquire e utiliza estratexias socioemocionais para evitar hábitos tóxicos relacionados coa
alimentación (anorexia, drogas, alcohol, tabaco, etc.).
3.1. Deseña, utiliza e difunde unha guía para aplicar as recomendacións dietéticas e de hidratación
adaptadas á idade, ao sexo e á actividade física diaria, e comprométese a aplicala durante un
período de tempo acordado.
4.1. Deseña e elabora unha proposta de almorzos e merendas saudables, respectando as
recomendacións dietéticas para a súa idade, o seu sexo e o seu nivel de actividade física, e
comprométese a desenvolvela durante un período de tempo acordado.
5.1.Elabora unha lista da compra semanal, respectando as recomendacións dietéticas segundo a
idade, o sexo e a actividade física diaria.
5.2.Interpreta correctamente e de xeito básico a etiquetaxe nutricional dos produtos alimenticios,
identificando os valores recomendados para a súa saúde.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
16
CIENCIAS DA NATUREZA 2ºESO
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO SEGUNDO CURSO
1. Identificar a presenza da enerxía nas transformacións e cambios que teñen lugar no noso
contorno, valorando a importancia para a sociedade e as repercusións para o ambiente de
diferentes fontes de enerxía.
2. Identificar situacións prácticas de equilibrio e desequilibrio enerxético e os efectos da calor
sobre os corpos.
3. Explicar fenómenos cotiáns referidos á transmisión da luz e do son, e reproducir
experimentalmente algúns deles.
4. Identificar as accións dos axentes xeolóxicos na orixe do relevo terrestre, así como no proceso
de formación das rochas magmáticas e metamórficas.
5. Identificar os riscos asociados aos procesos xeolóxicos internos e valorar a capacidade de
prevención e predición.
6. Interpretar os aspectos relacionados coas funcións vitais dos seres vivos a partir de
observacións experimentais realizadas con organismos sinxelos, comprobando o efecto que teñen
determinadas variables nos procesos de nutrición, relación e reprodución.
7. Identificar o medio abiótico e as comunidades dun ecosistema próximo, representar
graficamente as relacións tróficas establecidas entre os seus seres vivos e valorar a súa
diversidade.
8. Participar de forma construtiva en situacións de comunicación relacionadas coa construción do
coñecemento científico, respectando as normas que fan posible o intercambio.
Na calificación final será tida moi en conta a súa adicación á asignatura, o seu cumprimento na
entrega dos traballos e a súa colaboración cos compañeiros.
CONTIDOS MÍNIMOS:
Bloque 1. Contidos comúns.
Familiarización coas características básicas do traballo científico, mediante a proposta de
problemas, discusión do seu interese, aproximación á formulación de hipóteses, experimentación,
comunicación dos resultados en diferentes formatos, etc., para comprender mellor os fenómenos
naturais e resolver os problemas que presenta o seu estudo.
Utilización da experimentación para coñecer mellor os fenómenos naturais e comprobar
suposicións sobre a súa evolución.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
17
Emprego de modelos sinxelos para interpretar os fenómenos e identificar as relacións entre
conceptos.
Utilización dos medios de comunicación e das tecnoloxías da comunicación e da información para
obter información sobre os fenómenos naturais, no tratamento de datos e interpretación gráfica,
na visualización de modelos explicativos, na busca de relación entre variables e na comunicación
de resultados e conclusións.
Interpretación de información de carácter científico e utilización desta información para formar
unha opinión propia e expresarse axeitadamente.
Recoñecemento da importancia do coñecemento científico e da súa evolución histórica, para
comprender mellor os argumentos que facilitan a toma de decisións sobre situacións sociais e
individuais.
Utilización correcta dos materiais e instrumentos experimentais e respecto polas normas de
seguridade.
Bloque 2. Materia e enerxía.
A enerxía nos sistemas materiais.
Recoñecemento da intervención da enerxía en diferentes situacións cotiás como movementos,
deformacións, variacións da temperatura, cambios de estado, etc.
Aproximación ao concepto de enerxía e á súa relación cos cambios.
Utilización de criterios para clasificar as diferentes fontes de enerxía. Valoración, desde o punto de
vista ambiental, do emprego de fontes de enerxía renovables e non renovables.
Valoración do uso da enerxía na sociedade. Problemas asociados á intervención humana sobre o
ambiente. Busca de información e valoración de medidas tanto individuais como colectivas de
eficiencia e aforro enerxético a curto, medio e longo prazo.
Transferencia de enerxía: o traballo, a calor e a radiación.
Recoñecemento de situacións e realización deexperiencias elementais en que se manifesten os
efectos da transferencia de enerxía entre os sistemas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
18
Identificación do traballo como mecanismo de transferencia de enerxía en situacións sinxelas.
Valoración das máquinas de uso cotián. Recoñecemento do seu papel no desenvolvemento
económico e social.
Realización de experiencias onde o mecanismo de transferencia de enerxía sexa a calor. Uso do
termómetro para medir temperaturas. Diferenciación entre calor e temperatura.
Observación e comprobación experimental das formas de propagación da calor.
Procura, selección e contraste de información sobre as aplicacións cotiás dos materiais illantes e
condutores.
Valoración do emprego das máquinas térmicas, da súa eficacia e do seu rendemento.
Análise dos procesos de xeración de enerxía a partir de diferentes fontes, do transporte e do
consumo de enerxía en Galicia. Valoración das repercusións ambientais.
Identificación da luz e do son como mecanismos de transferencia de enerxía.
Realización de experiencias de propagación da luz. Utilización de espellos e lentes para o estudo
cualitativo da reflexión e refracción da luz.
Relación entre a luz e a visión. Estudo cualitativo da descomposición da luz branca.
Realización de experiencias de propagación e reflexión do son. Relación entre o son e a audición.
Identificación das aplicacións prácticas relacionadas coa luz e o son para a sociedade.
Valoración do problema da contaminación acústica e luminosa. Procura e análise de solucións.
Bloque 3. Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía interna da Terra.
Recoñecemento das diferentes manifestacións da enerxía interna da terra: volcáns, terremotos,
pregamentos, fallas e formación de montañas. Xustificación cualitativa á luz do modelo dinámico.
Identificación do papel da enerxía interna na formación de materiais terrestres: magmatismo e
metamorfismo.
Clasificación das rochas magmáticas e metamórficas segundo a súa orixe e pola observación da
súa estrutura.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
19
Procura de noticias de xornais relacionadas coas manifestacións desa enerxía interna e análise das
súas repercusións segundo o grao de desenvolvemento do país.
Bloque 4. A vida en acción: as funcións vitais.
Identificación da célula como unidade básica dos seres vivos e observación ao microscopio
apreciando a súa diversidade.
Caracterización das función de nutrición como un intercambio de materia e enerxía co ambiente.
Diferenciación dos dous tipos de nutrición: autótrofa e heterótrofa.
Descrición e comparación cualitativa dos procesos de fotosíntese, respiración e fermentación.
Valoración da importancia da fotosíntese para a vida na Terra.
Caracterización e comparación da reprodución sexual e asexual e do seu significado desde o punto
de vista da súa variabilidade.
Recoñecemento das funcións de relación: percepción, coordinación e resposta (movemento).
Planificación e realización de experiencias sinxelas que poñan de manifesto a influencia dalgunha
variable (a luz, o osíxeno, a temperatura, a clorofila....) que incide nos procesos citados.
Bloque 5. Ambiente: o ambiente natural.
Identificación dos compoñentes dun ecosistema, medio abiótico e comunidade e recoñecemento
da influencia dos factores abióticos e bióticos nos ecosistemas.
Recoñecer o papel dos organismos produtores, e consumidores e descompoñedores no
ecosistema e a relación coa reciclaxe da materia e o fluxo de enerxía.
Aproximación aos conceptos de ecosistema e biosfera. Coñecemento da variedade de ecosistemas
(biodiversidade) e a súa organización en biomas.
Utilización de técnicas de campo para o estudo de dous ecosistemas galegos, acuático e terrestre:
ecosistema litoral, de xunqueira, de bosque, de río...
Coñecemento dalgún espazo protexido en Galicia.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
20
TEMPORALIZACIÓN:
Os 12 temas de contidos de 2º da ESO distribuiranse en 3 avaliacións, unha por trimestre con
reparto proporcional en nº de sesións ao longo do curso para cada tema.
1ª Avaliación:
Tema 1: A nutrición das plantas
Tema 2: A nutrición dos animais
Tema 3: A reproducción das plantas
Tema 4: A reproducción dos animais
Tema 5. Relación, coordinación e adaptación en animais e plantas
2ª Avaliación:
Tema 6: O medio natural. Os ecosistemas
Tema 7. A enerxía interna da Terra
Tema 8: A enerxía: obtención e consumo
3ª Avaliación:
Tema 9: Os movementos
Tema 10: As forzas
Tema 11. Calor e temperatura
Tema 12: Ondas, luz e son
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
21
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3ºESO
CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN 3ºESO
UNIDADE 1: A ORGANIZACIÓN DO CORPO HUMANO
CONTIDOS:
- Os niveis de organización:
- O nivel atómico e molecular (biomoléculas inorgánicas e orgánicas).
- O nivel celular.
- O nivel de organismo.
- A célula humana:
- Características das células humanas heterótrofas e eucariotas.
- A membrana, o citoplasma e o núcleo.
- As funcións dos orgánulos celulares.
- Os tecidos humanos:
- A diferenciación celular.
- Os tecidos humanos (epitelial, muscular, nervioso e conectivo).
- Órganos, aparatos e sistemas humanos:
- O concepto de órgano e aparato ou sistema.
- Os aparatos da nutrición.
- Os aparatos da relación.
- Os aparatos da reprodución.
CONTIDOS COMÚNS PARA TODAS AS UNIDADES:
- Comprensión de informacións, adquisición de vocabulario, uso da lingua como instrumento de
comunicación e mantemento dunha actitude favorable cara á lectura.
- Coñecemento e uso responsable das TIC ao investigar sobre os seres vivos.
- Uso de estratexias para tratar a información, convertela en coñecemento propio e aplicala a
distintos contextos, e participación activa no propio proceso de aprendizaxe.
- Iniciativa e perseveranza á hora de afrontar os problemas e de defender opinións, e
desenvolvemento de actitudes de respecto e colaboración ao traballar en grupo.
- Experimentación en Bioloxía e Xeoloxía: obtención e elección de información a partir da
selección e recollida de datos dun experimento.
- Coñecemento, aprecio e uso de diversas técnicas expresivas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
22
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Coñecer os niveis de organización da materia, definir o concepto de biomolécula e diferenciar
as biomoléculas orgánicas das inorgánicas.
2. Coñecer as características das células humanas e explicar a función dos orgánulos celulares.
3. Explicar o proceso de diferenciación celular e clasificar os distintos tipos de tecidos humanos.
4. Definir os conceptos de órgano e aparato.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN COMÚNS PARA TODAS AS UNIDADES:
5. Comprender informacións, adquirir vocabulario específico do tema, expresar coñecementos e
opinións de forma oral e escrita, e mostrar interese pola lectura de textos.
6. Coñecer e usar de forma responsable as TIC, desenvolver estratexias para tratar a
información, convertela en coñecemento propio e aplicala a distintos contextos, e participar de
forma activa no propio proceso de aprendizaxe.
7. Mostrar iniciativa e perseveranza á hora de afrontar os problemas e de defender opinións, e
desenvolver actitudes de respecto e colaboración ao traballar en grupo.
8. Realizar un traballo experimental con axuda dun guión de prácticas, describindo a súa
execución e interpretando os seus resultados.
9. Utilizar diversos materiais, técnicas e recursos artísticos e aprecio pola pulcritude e estética
destes.
UNIDADE 2: A NUTRICIÓN E O APARATO DIXESTIVO
CONTIDOS:
- A alimentación e a nutrición:
- Concepto de nutrición e de alimentación, e as súas diferenzas.
- Os nutrientes: concepto e tipos de nutrientes.
- Os alimentos:
- Alimentos enerxéticos: a enerxía dos alimentos e as nosas necesidades enerxéticas.
- Alimentos construtivos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
23
- Alimentos reguladores.
- A dieta e a roda dos alimentos.
- Criterios que hai que seguir para elaborar unha dieta saudable.
- Tipos de dietas.
- A malnutrición. As enfermidades carenciais.
- A nutrición: un intercambio de substancias.
- O aparato dixestivo.
- Anatomía do aparato dixestivo:
- O tubo dixestivo.
- As glándulas anexas.
- A dixestión:
- A dixestión mecánica.
- A dixestión química.
- A absorción dos nutrientes.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Diferenciar a nutrición da alimentación e coñecer os diferentes nutrientes que forman parte
dos alimentos.
2. Coñecer os tipos de alimentos que hai en función dos nutrientes que conteñen e describir a
función que realiza cada un deles.
3. Describir os grupos de alimentos que forman a roda dos alimentos e coñecer as súas
características nutricionais.
4. Saber que é a dieta, recoñecer a importancia da dieta equilibrada e coñecer os criterios que hai
que seguir para elaborar unha dieta saudable.
5. Comprender a importancia da dieta mediterránea para a saúde e recoñecer a existencia
doutros tipos de dietas.
6. Describir as principais enfermidades ocasionadas pola malnutrición.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
24
7. Entender como se produce o intercambio de substancias e que aparatos interveñen niso.
8. Coñecer a anatomía do aparato dixestivo.
9. Coñecer a fisioloxía do aparato dixestivo.
UNIDADE 3: A REGULACIÓN DO MEDIO INTERNO
CONTIDOS:
- O aparato respiratorio:
- As vías respiratorias.
- Os pulmóns.
- O funcionamento do aparato respiratorio:
- A inspiración.
- O intercambio gasoso.
- A expiración.
- O aparato circulatorio:
- O sangue. As funcións do sangue.
- Os vasos sanguíneos.
- O corazón e a circulación sanguínea.
- O sistema linfático:
- O plasma intersticial.
- O sistema linfático.
- O aparato excretor:
- Os riles.
- As vías urinarias.
- As funcións do aparato excretor:
- A formación dos ouriños.
- A saúde e a función de nutrición:
- Causas e enfermidades máis frecuentes do aparato dixestivo, do circulatorio, do respiratorio e
do excretor.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
25
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Describir a anatomía do aparato respiratorio.
2. Comprender os procesos relacionados co intercambio gasoso.
3. Describir o aparato circulatorio e a circulación sanguínea.
4. Coñecer o sistema linfático e as funcións que realiza.
5. Explicar a anatomía do aparato excretor e as súas funcións, e estudar outros órganos
relacionados coa excreción.
6. Coñecer as enfermidades máis frecuentes dos aparatos estudados e adoptar hábitos
saudables en relación con estes.
UNIDADE 4: PERCEPCIÓN E COORDINACIÓN
CONTIDOS:
- A función de relación:
- A percepción dos estímulos.
- O procesamento da información.
- As respostas.
- A coordinación nerviosa:
- A estrutura das neuronas.
- A transmisión do impulso nervioso.
- O sistema nervioso:
- O sistema nervioso central e o sistema periférico.
- Os actos reflexos e os actos voluntarios.
- A coordinación endócrina:
- As glándulas endócrinas.
- As principais hormonas.
- O funcionamento do sistema endócrino.
- A saúde e a función de relación:
- A saúde dos sistemas nervioso e endócrino.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
26
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Describir as etapas da función de relación.
2. Describir a anatomía e o funcionamento do sistema nervioso.
3. Explicar as principais glándulas e o funcionamento do sistema endócrino.
5. Coñecer as principais enfermidades e os coidados básicos dos aparatos relacionados coa
función de relación.
UNIDADE 5: PERCEPCIÓN E MOVEMENTO
CONTIDOS:
- Os órganos dos sentidos:
- O olfacto.
- O tacto.
- O gusto.
- O oído.
- A vista.
- O aparato locomotor:
- O sistema esquelético: ósos e articulacións.
- O sistema muscular: os músculos e a contracción muscular.
- A saúde e a función de relación:
- A saúde dos órganos dos sentidos.
- A saúde do aparato locomotor.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Describir as etapas da función de relación e coñecer os diferentes tipos de receptores do
corpo humano.
2. Coñecer a organización e a función do aparato locomotor.
3. Coñecer as principais enfermidades e os coidados básicos dos aparatos relacionados coa
función de relación.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
27
UNIDADE 6: REPRODUCIÓN HUMANA
CONTIDOS:
- Sexualidade e reprodución humana.
- A reprodución humana.
- A puberdade e a adolescencia.
- O aparato reprodutor masculino:
- O aparato reprodutor masculino.
- Os espermatozoides.
- A formación dos espermatozoides.
- O aparato reprodutor feminino:
- O aparato reprodutor feminino.
- Os óvulos.
- A formación dos óvulos.
- Os ciclos do ovario e do útero:
- O ciclo do ovario e a ovulación.
- O ciclo do útero e a menstruación.
- A regulación hormonal dos ciclos.
- A formación dun novo ser:
- O desenvolvemento embrionario.
- Os métodos anticonceptivos.
- Reprodución e saúde.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Entender a función de reprodución humana e diferenciar entre reprodución e sexualidade.
2. Coñecer a anatomía e a fisioloxía do aparato reprodutor masculino.
3. Coñecer a anatomía e a fisioloxía do aparato reprodutor feminino.
4. Describir a fecundación e o desenvolvemento embrionario.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
28
UNIDADE 7: SAÚDE E ENFERMIDADE
CONTIDOS:
- A saúde e a enfermidade:
- O concepto de saúde.
- Os determinantes da saúde.
- Concepto e tipos de enfermidades.
- A transmisión da enfermidade.
- O sistema inmunitario:
- A inmunidade innata.
- A inmunidade adquirida: resposta humoral primaria e resposta humoral secundaria.
- A medicina axúdanos:
- As vacinas.
- Os soros.
- Os medicamentos.
- Os transplantes:
- O autotransplante e o xenotransplante.
- O rexeitamento aos transplantes.
- A doazón.
- A importancia da doazón.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Comprender os conceptos de saúde, determinante da saúde e enfermidade, e coñecer os
tipos de enfermidades.
2. Coñecer os mecanismos de defensa do organismo fronte aos patóxenos.
3. Describir os mecanismos máis importantes que lle axudan ao organismo a defenderse fronte
aos patóxenos.
4. Recoñecer a importancia dos transplantes e da doazón.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
29
UNIDADE 8: A ENERXÍA INTERNA DA TERRA
CONTIDOS:
- Por que cambia a Terra?:
- A calor interna.
- A gravidade e a enerxía solar.
- A dinámica das placas litosféricas:
- Contactos entre os bordos das placas.
- A teoría da tectónica de placas.
- Efecto da dinámica de placas: formación das rochas.
- As rochas magmáticas e metamórficas.
- As rochas sedimentarias.
- Efecto da dinámica de placas: os terremotos e os seus riscos.
- Que é un terremoto?
- O risco sísmico.
- Efecto da dinámica de placas: os volcáns e os seus riscos.
- Que é un volcán?
- Produtos que expulsan os volcáns.
- Volcáns e tectónica de placas.
- Risco volcánico.
- O relevo como resultado da dinámica terrestre:
- Os procesos que renovan os relevos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Recoñecer os distintos tipos de enerxía responsables dos cambios que se producen na Terra.
2. Comprender por que cambian as placas, coñecer os tipos de contactos que hai entre elas e
enunciar de xeito sinxelo a teoría da tectónica de placas.
3. Identificar os distintos tipos de rochas da xeosfera, coñecer a súa formación e relacionala cos
procesos xeolóxicos que teñen lugar na Terra.
4. Comprender cal é a orixe dos terremotos e coñecer os factores dos que depende o risco
sísmico dunha zona e a súa prevención.
5. Identificar as partes dun volcán, diferenciar os produtos que expulsa e coñecer o risco
volcánico dunha zona e a súa prevención.
6. Coñecer os procesos resultantes da dinámica terrestre que renovan o relevo da Terra.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
30
UNIDADE 9: OS AXENTES XEOLÓXICOS EXTERNOS
CONTIDOS:
- A modelaxe do relevo e os procesos esóxenos.
- A meteorización.
- A acción xeolóxica das correntes de auga.
- A acción xeolóxica das augas subterráneas.
- A acción xeolóxica dos glaciares.
- A acción xeolóxica do vento.
- A acción xeolóxica do mar.
- A acción xeolóxica dos seres vivos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Coñecer qué é a modelaxe do relevo e qué é a erosión, o transporte e a sedimentación.
2. Explicar qué é a meteorización e diferenciar os tipos de meteorización e a formación de solos.
3. Comprender a acción xeolóxica producida polas augas de arroiada, polos torrentes e polos
ríos.
4. Coñecer a orixe das augas subterráneas e comprender a modelaxe cárstica.
5. Saber cal é a acción xeolóxica dos glaciares.
6. Coñecer como se produce a modelaxe do relevo pola acción do vento.
7. Relacionar os principais movementos das augas mariñas coa orixe das modelaxes litorais.
8. Coñecer as distintas accións que producen os seres vivos na natureza.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
31
UNIDADE 10: O MEDIO AMBIENTE NATURAL. OS ECOSISTEMAS.
CONTIDOS:
- O medio ambiente natural.
- Os principais ecosistemas do noso entorno.
- Os factores abióticos.
- Os factores bióticos.
- O equilibrio e a conservación ambiental.
- O solo como ecosistema.
- O solo, un recurso natural en retroceso.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Comprender qué é un ecosistema e cáles son os seus compoñentes.
2. Explicar qué son os factores abióticos, coñecer os máis importantes e cómo afectan aos seres
vivos
3. Comprender o significado dos factores bióticos e coñecer os tipos de relacións entre os seres
vivos dun ecosistema.
4. Analizar os compoñentes do solo e esquematizar as relacións entre eles.
5. Valorar e determinar a importancia do solo e os riscos que comporta a súa sobreexplotación,
degradación ou perda.
TEMPORALIZACIÓN
A temporalización asignada a cada unidade inclúe o seu desenvolvemento e a realización das
tarefas individuais e colectivas asociadas a ela.
PRIMEIRA AVALIACIÓN: unidades 1, 2.e 3
SEGUNDA AVALIACIÓN: undades 4, 5, 6 e 7
TERCEIRA AVALIACIÓN: unidades restantes (8-10)
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
32
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4ºESO
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO CUARTO CURSO
1. Identificar e describir feitos que mostren a Terra como un planeta cambiante e rexistrar algúns
dos cambios máis notables da súa longa historia utilizando modelos temporais a escala.
2. Utilizar o modelo dinámico da estrutura interna da Terra e a teoría da tectónica de placas para
estudar os fenómenos xeolóxicos asociados ao movemento da litosfera e relacionalos coa súa
situación en mapas terrestres.
3. Aplicar os postulados da teoría celular ao estudo de distintos tipos de seres vivos e identificar as
estruturas características da célula procariótica, eucariótica vexetal e animal, e relacionar cada un
dos elementos celulares coa súa función biolóxica.
4. Recoñecer as características do ciclo celular e describir os procesos de división celular, sinalando
as diferenzas principais entre meiose e mitose, así como o significado biolóxico de ambas as dúas.
5. Resolver problemas prácticos de xenética mendeliana, explicar algúns caracteres que presentan
este tipo de herdanza nos seres humanos e realizar investigacións sinxelas sobre estes caracteres.
6. Coñecer que os xenes están constituídos por ADN e situados nos cromosomas. Interpretar o
papel da diversidade xenética e as mutacións a partir do concepto de xene e valorar criticamente
as consecuencias dos avances actuais da enxeñaría xenética.
7. Expoñer razoadamente os problemas que conduciron a enunciar a teoría da evolución, os
principios básicos desta teoría e as controversias científicas, sociais e relixiosas que suscitou.
8. Relacionar a evolución e distribución dos seres vivos, destacando as súas adaptacións máis
importantes, cos mecanismos de selección natural que actúan sobre a variabilidade xenética de
cada especie.
9. Explicar como se realiza a transferencia de materia e enerxía nun ecosistema, ao longo dunha
cadea ou rede trófica. Explicar os mecanismos de restablecemento do equilibrio ecolóxico e as
consecuencias prácticas da xestión sustentable dalgúns recursos por parte do ser humano.
10. Analizar os problemas e desafíos, estreitamente relacionados, a que se enfronta a humanidade
globalmente, recoñecer a responsabilidade da ciencia e da tecnoloxía e a necesidade da súa
implicación para resolvelos e avanzar cara ao logro dun futuro sustentable.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
33
Na calificación final será tida moi en conta a súa adicación a asignatura, o seu cumprimento na
entrega dos traballos e a súa colaboración cos compañeiros.
CONTIDOS MÍNIMOS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4ºESO
Coñecer os conceitos implícitos nos distintos apartados, e diferencialos correctamente sendo
capaces tamén de asocialos e de ter unha visión de conxunto.
Bloque 1. Contidos comúns.
– Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de problemas e
sinxelas investigacións, discusión do seu interese, análise de variables que interveñen, formulación
de hipóteses, planificación de experiencias, organización dos datos, interpretación de resultados e
comunicación de conclusións.
– Busca, selección e análise crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías
da comunicación e da información e outras fontes.
– Interpretación de informacións de carácter científico e contraste destas informacións para
formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente.
– Elaboración de argumentacións e explicacións sobre feitos, observacións ou resultados
experimentais, empregando modelos científicos axeitados.
– Valoración das achegas das ciencias da natureza para lles dar resposta ás necesidades dos seres
humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da
diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora.
– Valoración da evolución do pensamento científico ao longo da historia, salientando a
importancia que supón para o desenvolvemento científico e tecnolóxico de cada época.
– Utilización comprensiva de protocolos experimentais e respecto polas normas de seguridade.
– Xustificación de decisións persoais verbo de problemas reais do seu contorno que aseguren un
desenvolvemento sustentable e da modificación de hábitos de conduta que promovan a saúde
persoal e comunitaria.
– Contribución do desenvolvemento científico e tecnolóxico á resolución dos problemas.
Importancia da aplicación do principio de precaución e da participación cidadá na toma de
decisións.
– Valoración da educación científica da cidadanía como requisito de sociedades democráticas
sustentables.
– Consideración da cultura científica como fonte de satisfacción persoal.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
34
Bloque 2. A Terra, un planeta en continuo cambio.
A historia da Terra.
– Recoñecemento da variable tempo xeolóxico: a súa magnitude, a datación relativa e absoluta.
– Identificación dos principios e procedementos que permiten reconstruír a historia da Terra e
utilización do actualismo como método de interpretación.
– Recoñecemento do proceso de fosilización. Identificación dos fósiles máis importantes en cada
etapa. Utilización dos fósiles como indicadores das características dos ambientes e climas do
pasado.
– Reconstrución de historias xeolóxicas sinxelas a partir dunha columna estratigráfica.
– Identificación das eras xeolóxicas e situación dos fenómenos xeolóxicos e biolóxicos máis
relevantes que aconteceron en cada unha.
A tectónica de placas e as súas manifestacións.
– Recoñecemento e análise das probas do desprazamento dos continentes.
– Localización e análise da distribución dos volcáns, terremotos, cordilleiras, dorsais e fosas
oceánicas. Coñecemento do fenómeno da expansión do fondo oceánico, a súa relación co volume
constante da Terra e co modelo dinámico da estrutura interna da Terra.
– Recoñecemento das placas litosféricas principais e os seus límites.
– Análise das interaccións entre os procesos xeolóxicos internos e externos, a formación das
montañas, os seus tipos e os procesos xeolóxicos asociados, magmatismo e metamorfismo, que
completan o ciclo das rochas.
– Análise e valoración dos riscos xeolóxicos en función da dinámica interna da Terra á luz da
tectónica de placas.
– Constatación da evolución das ideas no eido do pensamento científico partindo dalgunhas
teorías oroxénicas vixentes a finais do século XIX, as ideas revolucionarias de Wegener ata a actual
teoría da tectónica de placas. Valoración da construción continuada do pensamento científico.
Bloque 3. A vida no planeta.
A célula, unidade de vida.
– Recoñecemento da teoría celular e a súa importancia nas ciencias da vida.
– Recoñecemento da célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos.
– Caracterización dos diversos tipos de células: procariotas, eucariotas; vexetais e animais.
Recoñecemento dos principais orgánulos.
– Utilización do microscopio para a súa observación.
– Identificación do material hereditario no seu contexto celular: cromatina e cromosomas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
35
– Recoñecemento do ADN como constituínte de cromosomas e cromatina e valoración do papel
de James Watson, Francis Crick e Rosalyn Franklin no descubrimento da súa estrutura e as
importantes repercusións deste descubrimento.
– Caracterización dos procesos de división celular: mitose e meiose. Relación da mitose co ciclo
celular. Relación da meiose coa formación de gametos na reprodución sexual e valoración do
papel que desempeña na variabilidade inter e intraespecífica.
A herdanza e a transmisión dos caracteres. Xenética mendeliana.
– Recoñecemento e análise das achegas de Mendel e as súas leis da herdanza destacando a
extracción de conclusións a partir do tratamento estatístico dos datos.
– Resolución de problemas sinxelos relacionados coas leis da herdanza constatando o uso de
estratexias e procedementos da metodoloxía científica na súa resolución.
– Valoración das achegas de Mendel no contexto da evolución constante do pensamento científico
no eido da xenética.
Xenética molecular.
– Aproximación ao concepto de xene como unidade portadora da información xenética.
Recoñecemento do ADN como constituínte molecular do xene, coñecemento do código xenético e
das mutacións e a súa relación coa expresión proteica.
– Identificación do cromosoma como forma de organización dos xenes e coñecemento do xenoma,
o xenotipo e o fenotipo. Análise dun cariotipo.
Xenética humana.
– Aproximación á xenética humana, análise da herdanza de caracteres sinxelos.
– Procura e selección de información dalgunha enfermidade xenética, análise da información,
valoración crítica dos posibles tratamentos e comunicación de resultados.
– Coñecemento e valoración das aplicacións e repercusións da enxeñaría xenética: os alimentos
transxénicos, a clonación, o xenoma humano e a terapia xénica.
– Valoración das implicacións ecolóxicas, sociais e éticas dos avances biotecnolóxicos. Análise da
repercusión das noticias desta temática.
Orixe e evolución dos seres vivos.
– Análise dalgunhas teorías sobre a orixe da vida na Terra e a evolución dos seres vivos: teorías
fixistas e evolucionistas.
– Identificación e análise de datos que apoian a teoría da evolución das especies. Recoñecemento
da aparición e a extinción das especies.
– Comparación entre as teorías de Lamarck e de Darwin. Recoñecemento do gradualismo e o
equilibrio puntuado.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
36
– Procura e selección crítica de información acerca da evolución do home.
– Valoración da biodiversidade como resultado do proceso evolutivo. O papel da humanidade na
extinción das especies.
Bloque 4. As transformacións nos ecosistemas.
A dinámica dos ecosistemas.
– Construción e identificación de cadeas e redes tróficas no ecosistema como exemplo de
dinámica e interacción. Interpretación de pirámides ecolóxicas.
– Análise do ciclo da materia e o fluxo de enerxía nos ecosistemas naturais. Idea de ciclo
bioxeoquímico. Análise do ciclo do carbono.
– Recoñecemento e valoración da formación e destrución do solo, do impacto dos incendios
forestais, das especies invasoras e a súa relación coa evolución e a sucesión no ecosistema.
Constatación da modificacións dos ambientes polos seres vivos e valoración da intervención
humana.
– Investigación dalgún problema ambiental do contorno, e análise crítica a partir das achegas da
ciencia. Valoración e comunicación de conclusións.
TEMPORALIZACIÓN:
1ª Avaliación:
Tema 1: A Célula
Tema 2: A división celular
Tema 3: Bases xenéticas da herdanza biolóxica
2ª Avaliación:
Tema 4: ADN e biotecnoloxía
Tema 5: A evolución biolóxica
Tema 6: Dinámica dos ecosistemas
Tema 7: As transformacións nos ecosistemas
3ª Avaliación:
Tema 8. A Terra, un planeta en continuo cambio
Tema 9: A Tectónica de placas
Tema 10: Manifestacións da enerxía interna da Terra
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
37
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1ºBACHARELATO
MÍNIMOS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA DE 1º BAC
I. Xeoloxía
UNIDADE 1: A TERRA
CONTIDOS:
Métodos de estudo do interior da Terra.
O método sísmico.
Estrutura e composición do interior da Terra.
Os minerais e os cristais.
As rochas.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Describir os principais métodos de investigación do interior terrestre.
2. Explicar os modelos estruturais da Terra para comprender o comportamento físico do noso
planeta.
3. Definir mineral e cristal e coñecer os principais procesos de formación dos minerais, as súas
propiedades, clasificación e aplicacións.
UNIDADE 2: TECTÓNICA DE PLACAS
CONTIDOS:
As placas litosféricas.
Condución e convección da calor interna e as súas consecuencias na dinámica
interna.
Os bordos construtivos.
A apertura da conca oceánica.
Os bordos destrutivos.
As cordilleiras.
Límites neutros: fallas de transformación.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Revisar as principais hipóteses oroxénicas e analizar as hipóteses da deriva continental e da
expansión do fondo oceánico como precursoras da teoría da tectónica de placas.
2. Coñecer os puntos fundamentais da teoría da tectónica de placas e diferenciar os tipos de
movementos relativos entre as placas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
38
3. Explicar os diferentes modelos sobre o mecanismo impulsor que move as placas e unha das
consecuencias da súa dinámica.
UNIDADE 3: MAGMATISMO E METAMORFISMO
CONTIDOS:
Formación dos magmas. Evolución dos magmas: diferenciación e asimilación magmática.
As rochas magmáticas. Clasificación. Texturas das rochas magmáticas.
Afloramentos de rochas magmáticas.
Tipos de magmas en relación coa tectónica de placas.
Metamorfismo. Concepto e factores do metamorfismo.
Tipos de metamorfismo.
As rochas metamórficas.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Explicar o concepto de magma e comprender a súa formación, evolución e tipos.
2. Coñecer os tipos de rochas magmáticas e a actividade magmática, plutónica e volcánica.
3. Explicar o concepto de metamorfismo, os factores que o motivan, os seus efectos e tipos.
4. Distinguir as principais rochas metamórficas.
5. Coñecer os principais depósitos magmáticos e metamórficos.
UNIDADE 4: XEODINÁMICA EXTERNA
CONTIDOS:
Os procesos xeolóxicos externos.
Meteorización. Tipos.
Os procesos e ambientes sedimentarios.
A diaxénese.
As rochas sedimentarias. Clasificación.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Coñecer que é a meteorización e os seus diferentes tipos.
2. Explicar que é o solo e cal é a súa composición; comprender como ten lugar a formación do
solo e coñecer os factores que inflúen neste proceso.
3. Coñecer os procesos xeolóxicos de erosión, transporte e sedimentación, quen os realiza e
como se producen.
4. Comprender os procesos de formación das rochas sedimentarias e coñecer a súa clasificación.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
39
UNIDADE 5: HISTORIA DA TERRA
CONTIDOS:
O tempo xeolóxico. División do tempo xeolóxico
A datación xeolóxica.
Os fósiles.
A estratigrafía e o seu valor xeolóxico.
Reconstrución da historia xeolóxica dunha rexión.
Grandes cambios ocorridos na Terra.
Cambios na codia terrestre.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Entender como se forman os estratos, a importancia que teñen para o coñecemento da
historia xeolóxica dunha zona e coñecer os principios que utiliza a estratigrafía.
2. Comprender o proceso de fosilización, entender os principios dos métodos de datación e
coñecer as distintas unidades nas que se divide a historia xeolóxica da Terra.
II. Bioloxía
UNIDADE 6: A CÉLULA COMO UNIDADE DE VIDA
CONTIDOS
Niveis de organización dos seres vivos.
As biomoléculas inorgánicas. Funcións biolóxicas.
As biomoléculas orgánicas: glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos.
Características, clasificación e funcións biolóxicas.
A replicación do ADN e a expresión da información xenética.
A teoría celular.
Estrutura da célula procariota e eucariota. Funcións dos orgánulos celulares.
Metabolismo celular.
Funcións de relación e reprodución. Mitose e meiose.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Describir as características dos seres vivos e os distintos niveis de organización da materia
viva.
2. Definir os conceptos de bioelemento e biomolécula e coñecer os principais bioelementos e as
características das biomoléculas inorgánicas.
3. Describir a estrutura química dos glícidos e coñecer a súa clasificación e as súas funcións
biolóxicas.
4. Coñecer as características xerais dos lípidos e a súa clasificación.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
40
5. Describir a estrutura dos aminoácidos e das proteínas e explicar a súa variabilidade e as súas
funcións biolóxicas.
6. Explicar a estrutura dos ácidos nucleicos e a súa función como portadores da información
xenética.
7. Distinguir entre células procariotas e eucariotas.
8. Explicar que é o metabolismo, diferenciar os seus tipos e describir os principais procesos
metabólicos.
9. Explicar a necesidade da reprodución para a continuidade da vida.
10. Coñecer os distintos tipos de reprodución asexual e describir as fases da mitose e do ciclo
celular.
11. Coñecer as fases da reprodución sexual, explicar os ciclos biolóxicos e recoñecer as fases da
meiose e a súa importancia.
12. Comprender a evolución de moitos organismos cara á pluricelularidade como resposta
adaptativa.
13. Diferenciar as distintas formas de organización pluricelular.
14. Coñecer as formas non celulares.
UNIDADE 7: CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS. MONERAS, PROTOCTISTAS E FUNGOS
CONTIDOS:
A orixe da biodiversidade.
A biodiversidade e a selección natural.
A adaptación e a especiación.
A clasificación dos seres vivos. Categorías taxonómicas. Nomenclatura binomial.
Os cinco reinos.
Moneras. Tipos de bacterias.
Protoctistas: Algas e protozoos. Características e principais grupos.
Fungos. Carácterísticas e clasificación.
Asociacións de fungos con outros organismos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Coñecer os principais fitos no desenvolvemento das teorías evolucionistas e comprender o
concepto de biodiversidade e as teorías que explican a súa orixe.
2. Explicar como actúa a selección natural e as achegas da teoría sintética.
3. Definir adaptación e coñecer os principais tipos de adaptación ao medio e explicar
correctamente o concepto de especiación.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
41
4. Comprender a necesidade que hai de clasificar os seres vivos, nomealos cientificamente para
poder identificalos, e analizar como varía ao longo do tempo a clasificación xeral dos seres vivos.
5. Sinalar as características xerais do reino moneras e coñecer a súa clasificación.
6. Describir as principais características do reino protoctistas e coñecer os principais grupos que
se inclúen nel.
7. Enumerar as características máis destacadas do reino fungos e coñecer a súa clasificación.
8. Coñecer o funcionamento dunha clave dicotómica.
9. Ser consciente da importancia que tivo para a humanidade a clasificación dos seres vivos.
UNIDADE 8: O REINO VEXETAL
CONTIDOS:
Características dos vexetais.
Clasificación.
Os mofos.
Os pteridofitos.
As ximnospermas.
As anxiospermas.
Os tecidos vexetais: meristemas e tecidos definitivos (sistema epidérmico, sistema fundamental e
sistema vascular). Estructura, localización e funcións.
A biodiversidade e a súa distribución.
As zonas bioxeográficas.
Os ecosistemas españois.
A insularidade. Os endemismos.
A biodiversidade e a súa conservación.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Coñecer as características xerais do reino das plantas e a súa clasificación.
2. Coñecer os principais tecidos vexetais e as súas diferentes variedades, e describir as súas
características morfolóxicas e funcionais.
4. Definir biodiversidade e explicar a súa distribución ao longo do planeta coñecendo os factores
que inflúen niso.
5. Definir zona bioxeográfica e coñecer as principais que hai na Terra.
6. Establecer os principais ecosistemas españois e coñecer as súas destacables características.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
42
7. Entender a influencia da insularidade na biodiversidade, comprender o concepto de
endemismo e coñecer algúns exemplos relevantes.
8. Comprender a importancia que ten a biodiversidade, coñecer as principais causas que
provocan a súa perda e expoñer algúns mecanismos para a súa conservación.
UNIDADE 9: O REINO ANIMAL
CONTIDOS:
Etapas do desenvolvemento embrionario dos animais.
Estrutura corporal dos animais.
Clasificación dos animais.
Principais troncos de animais invertebrados. Características máis relevantes.
Os cordados. Características e clasificación.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Sinalar as características xerais do reino dos animais e coñecer a súa clasificación.
2. Coñecer o funcionamento dunha clave dicotómica.
3. Ser consciente da importancia que tivo para a humanidade a clasificación dos seres vivos.
UNIDADE 10: OS TECIDOS ANIMAIS
CONTIDOS:
Os tecidos animais. Clasificación.
O tecido epitelial. Características, tipos , localización e funcións.
Os tecidos conectivos. Características, tipos, localización e funcións.
O tecido muscular.Características, tipos, localización e funcións. A fibra muscular estriada. Os
sarcómeros. Contracción muscular.
O tecido nervioso. Neuronas e células gliais.
Órganos, aparellos e sistemas.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Coñecer os principais tipos de tecidos animais, as súas principais características morfolóxicas e
a función que desempeñan no organismo.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
43
UNIDADE 11: TRANSPORTE E NUTRICIÓN EN VEXETAIS
CONTIDOS:
Absorción e transporte de nutrientes.
A raíz: unha conexión subterránea. Estrutura primaria e secundaria.
Entrada de auga e sales minerais na planta e nos vasos leñosos.
O talo, un camiño para o zume. Estrutura primaria e secundaria.
As follas. Estrutura externa e interna.
O ascenso do zume bruto ata as follas.
A fotosíntese e a respiración.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Describir as diferenzas que existen entre a nutrición das briófitas e a das cormófitas, e as
distintas etapas do proceso da nutrición das cormófitas.
2. Explicar os procesos de absorción da auga e dos sales minerais polas plantas.
3. Relacionar determinados procesos fisico-químicos cos procesos fisiolóxicos que interveñen no
transporte de nutrientes nas plantas.
4. Entender o proceso da fotosíntese e a súa importancia biolóxica.
UNIDADE 12: NUTRICIÓN ANIMAL (I). DIXESTIÓN E CIRCULACIÓN
CONTIDOS:
Nutrición e alimentación.
Aparellos dixestivos dos invertebrados.
Aparellos dixestivos dos vertebrados.
O aparello dixestivo humano.
Procesos dixestivos na boca, no estómago e no intestino delgado. Glándulas dixestivas, zumes e
enzimas dixestivos. Acción dos mesmos.
Absorción intestinal. Vilosidades intestinais, microvilosidades e enterocitos.
O aparello circulatorio.
A circulación nos invertebrados e os vertebrados.
O aparello circulatorio humano. O corazón. Os vasos sanguíneos. Circulación
sanguínea.
O sistema linfático.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Coñecer os procesos implicados na nutrición animal: superficies de intercambio e proceso da
nutrición, así como a evolución das estruturas dixestivas nos invertebrados.
2. Coñecer as partes do aparato dixestivo dos vertebrados e as etapas que caracterizan o
proceso dixestivo.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
44
3. Coñecer os elementos anatómicos do sistema circulatorio, así como o funcionamento do
órgano impulsor nos mamíferos.
4. Distinguir os diferentes modelos de sistemas de circulación e as características dos sistemas
circulatorios en invertebrados e vertebrados.
UNIDADE 13: NUTRICIÓN ANIMAL (II). RESPIRACIÓN E EXCRECIÓN
CONTIDOS:
A respiración subministra a enerxía ás células. Etapas do proceso respiratorio.
Sistemas respiratorios en organismos acuáticos.
Respiración en organismos terrestres.
O aparello respiratorio humano.
As etapas da respiración. Intercambio de gases, Ventilación pulmonar. Transporte de gases no
sangue.
A excreción. Produtos. Clasificación dos animais segundo o produto de excreción.
A excreción nos invertebrados e nos vertebrados.
O aparello excretor humano.
Como se forma a urina?
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Distinguir a difusión simple, a respiración cutánea, traqueal e branquial así como a evolución
destes sistemas nos diferentes grupos de animais.
2. Explicar a respiración pulmonar e coñecer as etapas que caracterizan cada un dos seus
procesos.
3. Distinguir as principais substancias que excretan os animais e os diferentes órganos excretores
dos invertebrados.
4. Explicar os órganos excretores dos vertebrados e a formación dos ouriños.
UNIDADE 14: COORDINACIÓN EN ANIMAIS E VEXETAIS
CONTIDOS:
O sistema nervioso.
Os sistemas nerviosos dos vertebrados e dos invertebrados.
Os sistemas nerviosos central e periférico. Estrutura e funcións.
A transmisión do impulso nervioso. Potencial de repouso. Potencial de acción. Sinapse.
O sistema endócrino. As mensaxes químicas en animais.
O sistema endócrino humano: glándulas endócrinas, hormonas e funcións.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
45
Regulación hormonal.
As hormonas vexetais.
As respostas vexetais aos estímulos externos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Asimilar os conceptos de estímulo, receptor e efector, e distinguir os distintos tipos de
receptores sensoriais.
2. Comprender a transmisión da información no sistema nervioso.
3. Comparar os sistemas nerviosos dos principais grupos de invertebrados.
4. Coñecer o sistema nervioso dos vertebrados: organización e funcionamento.
5. Describir o sistema de coordinación endócrino nos animais, establecer as diferenzas entre o de
vertebrados e invertebrados e enumerar as aplicacións derivadas do coñecemento das hormonas.
6. Coñecer as funcións de relación nas plantas e o papel das hormonas vexetais na regulación e
na coordinación vexetal.
UNIDADE 15: REPRODUCIÓN ANIMAL
CONTIDOS:
A reprodución asexual nos animais.
Reprodución sexual. Fecundación, tipos de fecundación. Tipos de desenvolvemento.
A reprodución sexual nos invertebrados.
A reprodución sexual nos vertebrados.
A reprodución humana.Os aparellos reprodutores masculino e feminino
Gametoxénese: espermatoxénese e ovoxénese. Etapas celulares e procesos.
Diferenzas.
O ciclo sexual feminino.
A fecundación.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Comprender as diferentes modalidades de reprodución que xurdiron ao longo da evolución.
2. Identificar os principais elementos anatómicos do aparato reprodutor feminino e masculino,
describir as partes principais do óvulo e do espermatozoide e coñecer as etapas da gametoxénese
masculina e feminina.
3. Explicar o mecanismo da fecundación e os seus diferentes tipos.
4. Comprender e explicar as características do desenvolvemento embrionario e os diferentes
desenvolvementos do período postembrionario.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
46
UNIDADE 16: REPRODUCIÓN VEXETAL
CONTIDOS:
A reprodución asexual das plantas.
A reprodución sexual das plantas.
Reprodución das plantas sen sementes. Ciclo reprodutos dos briófitos e pteridófitos.
O ciclo vital das plantas ximnospermas.
O ciclo vital das plantas anxiospermas. Esporófito, gametófito. A flor. Saco embrionario. O gran de
pole. Dobre fecundación. Semente. Froito.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Comprender a importancia do proceso reprodutivo nas plantas e describir as súas formas
básicas de reprodución.
2. Explicar as características da reprodución nas briófitas e nas pteridófitas.
3. Coñecer a estrutura da flor en coniferófitas e en anxiospermatófitas, e explicar a polinización e
a fecundación.
4. Coñecer os procesos de formación do embrión, a semente, o froito e a xerminación.
TEMPORALIZACIÓN:
1ª Avaliación:
Tema 6: A célula como unidade de vida
Tema 7: Clasificación. Móneras, Protoctistas, Fungos
Tema 8: Reino vexetal
Tema 9: Reino animal
2ª Avaliación:
Tema 10: Tecidos
Tema 11: Nutrición vexetal
Tema 12 e 13: Nutrición animal
Tema 14: Relación
3ª Avaliación:
Tema 15: Reproducción vexetal
Tema 16: Reproducción animal
Tema 1-5: Xeoloxía
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
47
CULTURA CIENTÍFICA 1ºBACHARELATO
UNIDADE 1: A TERRA
CONTIDOS:
A investigación científica da Terra
o Métodos de investigación directos e indirectos
o Terremotos e ondas sísmicas
Estrutura da Terra
o As capas da Terra
o Descontinuidades
Divisións dinámicas da Terra
o A dinámica do manto e do núcleo
o Tipos de rochas
Últimas teorías sobre o interior terrestre
Teorías anteriores á «tectónica de placas»
Onte e hoxe da xeoloxía
A tectónica de placas
o Os bordos das placas
o Bordos converxentes
o Tipos de converxencia
o Bordos diverxentes
o Bordos con movemento lateral
As probas da tectónica de placas
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Xustificar a teoría da deriva continental en función das evidencias experimentais que a apoian.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
48
2. Explicar a tectónica de placas e os fenómenos a que dá lugar.
3. Determinar as consecuencias do estudo da propagación das ondas sísmicas P e S, respecto das
capas internas da Terra.
UNIDADE 2: A ORIXE DA VIDA E A EVOLUCIÓN
CONTIDOS:
A orixe da vida
o As características dos seres vivos
o A evolución química
o A evolución biolóxica
o Os experimentos de Miller e Urey
o A teoría da endosimbiose
o Santiago Ramón y Cajal e a teoría celular
o Primeiras teorías sobre a orixe da vida
o A xeración espontánea
A evolución (I): do fixismo ao evolucionismo
Evolución: significado, feito e teoría
Teorías preevolucionistas: fixismo e creacionismo
Cuvier e o catastrofismo
A evolución (II)
o A teoría de Lamarck
o A evolución segundo Darwin e Wallace
o A teoría sintética da evolución
o As achegas da xenética de poboacións
o As achegas da sistemática
o As achegas da paleontoloxía
o Críticas á teoría sintética
o Críticas antidarwinistas
neolamarckismo
o A teoría neutralista
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
49
o Os equilibrios interrompidos
As probas da evolución
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Obter, seleccionar e valorar informacións relacionadas con temas científicos da actualidade.
2. Establecer as probas que apoian a teoría da selección natural de Darwin e utilizar esta para
explicar a evolución dos seres vivos na Terra.
3. Coñecer os últimos avances científicos no estudo da vida na Terra.
UNIDADE 3: ORIXE E EVOLUCIÓN DA HUMANIDADE
CONTIDOS:
Teorías sobre a orixe da humanidade
o A opinión de Lamarck
o Darwin e «A orixe do home»
Os primates
o Do primate ao homínido
o A adquisición do bipedismo
Os primeiros homínidos
Os primeiros humanos: a humanización
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Recoñecer a evolución desde os primeiros homínidos ata o home actual e establecer
as adaptacións que nos fixeron evolucionar.
UNIDADE 4: A REVOLUCIÓN XENÉTICA
CONTIDOS:
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
50
A historia da xenética
o Herdanza biolóxica e información xenética
o Mendel e Morgan. A xenética formal
descubrimento do ADN
dogma central da bioloxía molecular. O código xenético
o Do xene ao xenoma. Xenómica e epixenética
Niveis de organización xenética
o Os nucleótidos
o Os ácidos nucleicos
o A estrutura do ADN
ADN asóciase con proteínas
xenoma. A xenómica
significado da información xenética
concepto de xene
Como se herdan os xenes?
Como se expresa a información xenética?
o código xenético
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Recoñecer os feitos históricos máis relevantes para o estudo da xenética.
2. Obter, seleccionar e valorar informacións sobre o ADN, o código xenético, a enxeñería xenética
e as súas aplicacións médicas.
3. Coñecer os proxectos que se desenvolven actualmente como consecuencia de descifrar o
xenoma humano.
UNIDADE 5: APLICACIÓNS DA XENÉTICA
CONTIDOS:
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
51
A enxeñería xenética e as súas aplicacións
o Tecnoloxía do ADN recombinante
o Amplificación do ADN. A PCR e as súas aplicacións
o A produción de fármacos
o Terapia xénica
o Organismos xeneticamente modificados
A reproduciónasistida
o Tipos de reprodución asistida
o Selección e conservación de embrións
o As normas sobre reprodución asistida
A clonación
o Tipos de clonación
o Aplicacións da clonación
As células nai
o Tipos de células nai
o Métodos de obtención de células nai
o Aplicacións das células nai
Repercusións sociais das aplicacións da xenética
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Avaliar as aplicacións da enxeñería xenética na obtención de fármacos, transxénicos e terapias
xénicas.
2. Valorar as repercusións sociais da reprodución asistida, así como da selección e a conservación
de embrións.
3. Analizar os posibles usos da clonación.
4. Establecer o método de obtención dos distintos tipos de células nai, así como a súa
potencialidade para xerar tecidos, órganos e mesmo organismos completos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
52
5. Identificar algúns problemas sociais e dilemas morais debidos á aplicación da xenética:
obtención de transxénicos, reprodución asistida e clonación.
UNIDADE 6: A MEDICINA E A SAÚDE
CONTIDOS:
Evolución histórica da medicina
Técnicas de diagnóstico
A saúde
o concepto de saúde
o Factores determinantes da saúde
o Os factores de risco
Saúde pública e medicina preventiva
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Analizar a evolución histórica na consideración e o tratamento das enfermidades.
2. Distinguir entre o que é medicina e o que non o é.
UNIDADE 7: A INVESTIGACIÓN MÉDICO-FARMACÉUTICA
CONTIDOS:
A investigación médico-farmacéutica
o ensaio clínico
As patentes
o A investigación farmacéutica e as patentes
o Os xenéricos
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
53
Uso racional dos medicamentos
o uso dos medicamentos e a OMS
o uso responsable dos antibióticos
Os transplantes
As alternativas á medicina científica
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Valorar as vantaxes que presenta a realización dun transplante e as súas consecuencias.
2. Tomar conciencia da importancia da investigación médico- farmacéutica.
3. Facer un uso responsable dos medicamentos.
4. Diferenciar a información procedente de fontes científicas, daquela que procede de
pseudociencias ou que persegue obxectivos meramente comerciais.
TEMPORALIZACIÓN
PRIMEIRA AVALIACIÓN:
Unidades 0, 1, 2
SEGUNDA AVALIACIÓN:
Unidades 3, 4, 5
TERCEIRA AVALIACIÓN:
Unidades 6, 7
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
54
BIOLOXÍA. SEGUNDO BACHARELATO
CONTIDOS MÍNIMOS
1. A célula e as bases fisico-químicas da vida
· A célula: unidade e función.
· Tipo de organización: procariotas e eucariotas. Células animales e vexetais. Diferencias máis
significativas.
· Compoñentes moleculares das células: tipos, estructuras, propiedades e papel que desempeñan.
2. Fisioloxía celular.
· Estudio das funcións celulares.
· Fases da división celular. Estudio da meiose.
· Papel das membranas nos intercambios celulares.
· Introducción o metabolismo: Catabolismo e Anabolismo. ATP e enzimas.
· A respiración celular: o seu significado biolóxico. Diferencias entre a vía anaerobia e aerobia.
Orgánulos celulares implicados no proceso.
· A fotosíntese como proceso de aproveitamento enerxético e de síntese de macromoléculas.
3. A base química da herdanza. Aspectos químicos e xenética molecular.
· Xenética mendeliana: leis naturais que explican a transmisión dos caracteres hereditarios. Teoría
cromosómica da herdanza.
· O ADN como portador da información xenética
· Alteracións da información xenética: consecuencias e implicacións na adaptación e na evolución
das especies. Selección natural.
· Características e importancia do código xenético.
4. Microbioloxía e biotectnoloxía.
· Os microorganismos. As súas formas de vida.
· Os microorganismos como axentes patóxenos. Repercusións económicas e sociais.
5. Inmunoloxía
· A inmunidade: a infección e os mecanismos de defensa do organismo fronte a mesma.
· O sistema inmunitario. Concepto de Antíxeno.
· Tipos de inmunidade: celular e humoral. Clases de células implicadas (macrófagos e linfocitos B e
T). Estructura e función dos anticorpor. Alteracións do sistema inmunitario.
· A importancia industrial da fabricación de soros e vacinas. Sistema inmune e doazón
de órganos.
6. Novos avances da bioloxía.
· Aplicacións da Bioloxía: biotecnoloxía e enxeñaría xenética.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
55
· Clonación.
· Anticorpos monoclonais.
· Proxecto xenoma humano.
· Riscos e implicacións éticas.
TEMPORALIZACIÓN:
1ª Avaliación:
Tema 1. Bioelementos, auga e sles minerais
Tema 2: Glícidos
Tema 3: Lípidos
Tema 4: Proteínas
Tema 5: Ácidos nucleicos
Tema 6: A célula, unidade estructural e funcional. O núcleo
2ª Avaliación:
Tema 7: O citosol e estructuras non membranosas da célula
Tema 8: A membrana plasmática. Orgánulos membranosos
Tema 9: Metabolismo celular. Catabolismo
Tema 10: Anabolismo
Tema 11: A reproducción celular
Tema 12: Xenética mendeliana
3ª Avaliación:
Tema 13: O ADN, portador do mensaxe xenético
Tema 14: Alteracións da información xenética
Tema 15: Microorganismos
Tema 16: Inmunoloxía. O proceso inmunitario
Tema 17: Anomalías do sistema inmunitario
Tema 18: Biotecnoloxía e enxeñería xenética
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
56
CIENCIAS DA TERRA E MEDIOAMBIENTAIS. 2º BACHARELATO
OBXECTIVOS XERAIS
O desenvolvemento desta materia ten que contribuír a que as alumnas e os alumnos adquiran as
capacidades seguintes:
1. Comprender o funcionamento dos sistemas terrestres, as interaccións que se dan entre eles e
as súas repercusións sobre o sistema humano.
2. Coñecer as medidas preventivas e correctoras que se deben adoptar para resistir as
repercusións negativas que sobre o sistema humano provocan as manifestacións enerxéticas do
planeta.
3. Coñecer as posibilidades de renovación dos recursos naturais e adaptar o seu uso e límite de
explotación ás ditas posibilidades.
4. Avaliar os beneficios económicos obtidos da utilización dos recursos naturais, tendo en conta as
súas características, así como os impactos provocados pola súa explotación.
5. Investigar os problemas ambientais desde unha perspectiva totalizadora, que integre todos os
puntos de vista, recollendo datos, elaborando conclusións e propondo alternativas.
6. Tomar conciencia de que a natureza ten os seus límites e que para asegurar a supervivencia non
hai que dominar a natureza senón aproveitala respectando as súas leis.
7. Saber utilizar certas técnicas de tipo químico, biolóxico, xeolóxico, estatístico, económico e das
novas tecnoloxías da información e da comunicación para abordar os problemas ambientais.
8. Mostrar actitudes para protexer o ambiente escolar, familiar e local, criticando razoadamente
medidas que sexan inadecuadas e apoiando propostas que
axuden a melloralo.
CONTIDOS MÍNIMOS
1. INTRODUCIÓN ÁS CIENCIAS AMBIENTAIS
1. O medio natural como sistema. Modelos sinxelos dos sistemas ambientais naturais.
2. Cambios no medio natural ao longo da historia da Terra.
3. Conceptos de recurso, risco e impactos ambientais.
4. Información ambiental. Teledetección. Sistemas de Información Xeográfica (SIX).
II. BIOSFERA
1. Ciclos bioxeoquímicos: ciclos do carbono, nitróxeno, xofre e fósforo.
- Organización (especies químicas, depósitos) e dinámica (procesos e fluxos naturais).
- Modificación humana da dinámica.
2. Fluxo de enerxía nos ecosistemas.
- Conceptos básicos: niveis e redes tróficas; parámetros tróficos (biomasa, produción, taxa e
tempo de renovación). Representacións gráficas.
- Eficiencias en produción primaria e secundaria. Fluxo de enerxía.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
57
3. Distribución espacial dos ecosistemas.
- Factores que limitan a produción en ecosistemas terrestres e acuáticos.
- As biomas.
4. Dinámica das poboacións.
- Concepto de potencial biótico “r” e capacidade de carga “K”. Estratexias.
- Factores limitadores e autorregulación. Tolerancia.
- Relacións interespecíficas. Nicho ecolóxico.
5. Dinámica dos ecosistemas.
- Sucesións: tipos, parámetros indicadores de madurez.
- Perturbación, papel da actividade humana.
6. O problema da perda de biodiversidade.
- Concepto de biodiversidade, a súa distribución espacial e temporal.
- Causas humanas de extinción.
- Razóns para a conservación da biodiversidade, os servizos ecosistémicos.
- Estratexias para conservación. Os espazos protexidos .
7. Recursos enerxéticos relacionados coa biosfera: enerxía da biomasa e biocombustibles.
III. XEOSFERA
1. Enerxía e procesos da xeosfera.
-Balance enerxético da Terra.
- Procesos xeolóxicos internos e externos: fenómenos asociados.
2. Os riscos naturais: concepto, factores e tipos de risco. Os riscos inducidos.
- O risco volcánico: factores de risco aplicados ao vulcanismo. Riscos asociados.
Facer referencia aos tipos de manifestacións volcánicas e ás áreas de risco volcánico.
A xestión do risco volcánico: predición e prevención.
- O risco sísmico. Factores de risco sísmico.
Conceptos básicos: tipos de ondas sísmicas.
Causa dos terremotos: a máis importante é a actividade tectónica (fallas).
Magnitude e Intensidade sísmica. Localización espacial dos terremotos.
Relación coa tectónica de placas: cinto de lume do Pacífico, o cinto alpino-himalaio e dorsais
mediooceánicas.
Predición e prevención do risco sísmico. Mapas de risco.
3. Riscos ligados ao sistema externo.
- Avenidas e inundacións: causas naturais e humanas (tormentas, gota fría, roturas de presas,
maremotos etc.).
Exemplos de inundacións en España.
Planificación do risco de inundación. Medidas preditivas. A prevención das inundacións:
solucións estruturais (medidas de laminación, diques etc.) e non estruturais (ordenación do
territorio, simulación mediante GIS etc.).
- Fenómenos de ladeiras: factores condicionantes e tipos. Planificación dos riscos
gravitacionais: medidas preditivas e preventivo-correctivas. Áreas de risco en España.
- Subsidencias e afundimentos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
58
- Riscos asociados á dinámica litoral.
IV. CAPAS FLUÍDAS.
ATMOSFERA
1. Estrutura e composición (GVT, GAS, inversión térmica).
2. Dinámica.
- Causas. Circulación xeral global. Situacións transitorias (estabilidade, inestabilidade, anticiclón,
borrasca, fronte fría, fronte cálida).
3. Actividade protectora e proxección biolóxica.
- O efecto invernadoiro (Definición. Causas naturais. Consecuencias).
- Ozono estratosférico (Función-localización. Procesos xerais de síntese e destrución).
4. Impactos á atmosfera: incremento antropoxénico do efecto invernadoiro. Procesos xerais de
destrución do ozono estratosférico: evolución no tempo e o paradigma antártico.
Ozono troposférico. Smog; choiva ácida (conviría salientar a existencia de equilibrios delicados na
química atmosférica, destacando as moléculas que son clave neses equilibrios). O efecto “illa
térmica”.
5. Interaccións océano-atmosfera.
- Materia (O ciclo da auga. Gases). Enerxía. Consecuencias para o clima.
HIDROSFERA
1. Augas continentais. Características fisicoquímicas
2. Clasificación das augas continentais segundo a súa localización
- Acuíferos: definición. Tipos.
- Cuncas hidrográficas e a súa xestión: encoros, transvasamento.
3. Interacción auga doce - auga mariña.
- Os esteiros.
4. Augas mariñas: os océanos. Características fisicoquímicas.
- Dinámica oceánica (Definición, causas, tipos, e efectos de ondas, mareas e correntes.
Afloramentos).
- Formacións costeiras principais.
- Oceanografía xeral da costa galega.
5. Impactos á auga.
- Contaminación e calidade da auga:
De orixe doméstica-urbana (materia orgánica, eutrofización, purgas de mar).
De orixe agrícola (pesticidas, fertilizantes, eutrofización).
Asociados ao consumo excesivo (urbano, agrícola, medidas para a súa redución).
Sobreexplotación de acuíferos e as súas consecuencias.
Avaliación da calidade: factores condicionantes, trazadores moleculares, DBO, (DQO),
bioindicadores).
- Tratamento e depuración das augas URBANAS.
Tratar fosas sépticas, crear lagoas (ou similar), EDAR.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
59
V. RECURSOS E USOS
RECURSOS DA BIOSFERA
1. Fundamentos de ciencia do solo.
- Concepto de solo, compoñentes e organización en horizontes.
- Fertilidade en relación ao concepto de complexo de cambio.
- Papel dos factores (clima, litoloxía, topografía) de edafoxénese nas características dos solos
galegos.
2. O solo como recurso e recursos biolóxicos asociados.
- Usos potenciais do solo e Ordenación do Territorio.
- Erosión e degradación de solos. Descrición dos factores que inflúen na desertificación e
relacionalos con medidas de mitigación.
3. Impacto das actividades agropecuarias e forestais. Erosión e degradación de solos,
deforestación e desertificación.
RECURSOS ENERXÉTICOS E MINERAIS
6. Recursos enerxéticos asociados ás capas fluídas: enerxía solar. Enerxía eólica.
Enerxía hidráulica.
Enerxía mareomotriz. Enerxía ondamotriz.
7. Recursos biolóxicos nas augas.
- Relación dinámica mariña e recursos biolóxicos.
- Pesca e acuicultura. A produción biolóxica nas rías, acuicultura.
4. Os recursos da xeosfera e as súas reservas.
- Recursos enerxéticos de carácter mineiro (combustibles fósiles e enerxía nuclear). Enerxía
xeotérmica.
- Visión global sobre os nosos recursos enerxéticos e minerais. Os recursos mineiros en Galicia
5. Impactos derivados da explotación dos recursos e a súa incidencia en Galicia.
Impactos sobre a atmosfera. Impacto sobre as augas superficiais e subterráneas.
Impacto sobre o solo, flora e fauna. Impacto sobre a paisaxe
Medidas correctoras: plans de restauración de ceos abertos e entullo. Exemplos en
Galicia: Meirama, As Pontes, O Porriño etc.
VII - XESTIÓN AMBIENTAL
Os residuos.
- Clasificación de residuos. .
- Xestión de residuos urbanos. Avantaxes e inconvenientes das diferentes opcións de xestión.
Problemática ambiental e sustentabilidade.
Avaliación do impacto ambiental.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
60
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Aplicar a teoría de sistemas ao estudo da Terra e do medio natural, recoñecendo a súa
complexidade, a súa relación coas leis da termodinámica e o carácter interdisciplinar das ciencias
ambientais, e reproducir modelos sinxelos que reflictan a estrutura dun sistema natural.
2. Identificar os principais instrumentos que achegan información sobre o medio natural na
actualidade e as súas respectivas aplicacións.
3. Explicar a actividade reguladora da atmosfera, saber cales son as condicións meteorolóxicas que
causan maior risco de concentración de contaminantes atmosféricos e algunhas consecuencias da
contaminación, como o aumento do efecto invernadoiro e a diminución da concentración do
ozono estratosférico. Trátase de avaliar se o alumnado comprende a capacidade reguladora
térmica, química etc. da atmosfera, así como a súa gran capacidade difusora de contaminantes.
Tamén se avaliará se entende que existen algunhas variables como a presión atmosférica e a
topografía, que poden modificala, aumentando a contaminación e os efectos sobre a poboación.
4. Relacionar o ciclo da auga con factores climáticos e citar os principais usos e necesidades como
recurso para as actividades humanas. Recoñecer as principais causas de contaminación da auga e
utilizar técnicas químicas e biolóxicas para detectala, valorando os seus efectos e consecuencias
para o desenvolvemento da vida e do consumo humano. Avaliarase se se relaciona o ciclo da auga
cos elementos e factores climáticos, se se coñecen as causas de que haxa máis dispoñibilidade de
auga doce nuns lugares ca noutros e se se sabe qué actividades humanas destacan polo seu
requirimento hídrico. Así mesmo, valorarase se se dominan algunhas técnicas para a
determinación da DBO, o oxíxeno disolto, a presenza de materia orgánica e de microorganismos,
se se identifican algunhas especies biolóxicas indicadoras de contaminación e se se sabe inferir a
partir delas o seu grao de adecuación para o desenvolvemento da vida e do consumo humano.
5. Identificar as fontes de enerxía da actividade xeodinámica da Terra e recoñecer os seus
principais procesos e produtos; explicar o papel da xeosfera como fonte de recursos para a
humanidade e distinguir os riscos naturais dos inducidos pola explotación da xeosfera. Trátase de
avaliar se o alumnado é quen de recoñecer no relevo o resultado da interacción entre procesos
xeolóxicos internos e externos e se é capaz de establecer a relación causal destes con estruturas
como cordilleiras, dorsais e fosas oceánicas, placas litosféricas, sistemas fluviais e glaciarios.
Tamén se valorará se recoñece a orixe xeolóxica de gran parte dos obxectos do seu contorno.
Débense saber identificar os riscos de orixenatural e aqueles causados, polo menos parcialmente,
pola actividade humana.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
61
6. Analizar o papel da natureza como fonte limitada de recursos para a humanidade, distinguir os
recursos renovables ou perennes dos non renovables e determinar os riscos e impactos
ambientais derivados das accións humanas. Valorarase a capacidade das alumnas e dos alumnos
para analizar os distintos recursos naturais que utiliza a humanidade nas súas actividades e se
saben clasificar segundo criterios de renovabilidade. Tamén se valorará o coñecemento da gran
capacidade de alteración do medio natural polo ser humano e algunhas das consecuencias máis
relevantes (contaminación, deforestación, desaparición de recursos biolóxicos etc.) utilizando os
conceptos de risco e impacto.
7. Recoñecer o ecosistema como sistema natural interactivo; coñecer os seus ciclos de materia e
fluxos de enerxía; interpretar os cambios en termos de sucesión, autorregulación e regresión;
recoñecer o papel ecolóxico da biodiversidade e o aproveitamento racional dos seus recursos.
Trátase de avaliar se o alumnado é capaz de identificar o ecosistema como un sistema e de
manexar modelos de cadeas tróficas, redes tróficas, fluxo de enerxía e ciclos de materia. Débese
avaliar, así mesmo, a valoración da biodiversidade, a importancia das perdas de enerxía en cada
nivel trófico e as súas repercusións prácticas no consumo de alimentos. Trátase tamén de avaliar
se o alumnado é capaz de identificar os estadios de sucesión dun ecosistema e a resposta do
medio natural a alteracións humanas como os incendios e a contaminación.
8. Caracterizar o solo e o sistema litoral como interfases, valorar a súa importancia ecolóxica e
coñecer as razóns polas que existen en España zonas sometidas a unha progresiva desertización,
propoñendo algunhas medidas para paliar os seus efectos. Trátase de avaliar a capacidade para
describir as características propias do solo e o litoral, recoñecer ao mesmo tempo aqueles
compoñentes que lles dan unha entidade propia, complexa e estable, e explicar mediante
argumentos fisicoquímicos e biolóxicosas razóns da súa importancia ecolóxica.
9. Diferenciar entre o crecemento económico e o desenvolvemento sustentable e propoñer
medidas encamiñadas a aproveitar mellor os recursos, a diminuír os impactos, a mitigar os riscos e
a conseguir un medio natural máis saudable. Avaliarase se o alumnado comprende que a visión
dos problemas ambientais tamén depende de criterios sociais, políticos e económicos e propón
posibles melloras que mitiguen a situación baseándose en modelos de desenvolvemento
sustentable.
TEMPORALIZACIÓN
PRIMEIRA AVALIACIÓN: Unidades 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7.
SEGUNDA AVALIACIÓN: Unidades 7, 8, 9, 10, 11 e 12.
TERCEIRA AVALIACIÓN: Unidades restantes, da 13 á 17.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
62
EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS
MÓDULO III.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN. BLOQUE I.
1. Aplicar a teoría celular ao estudo dos seres vivos, con identificación das estruturascaracterísticas
das células procariota, eucariota, vexetal e animal en relación coa súa función biolóxica. Trátase de
comprobar se o alumnado é capaz de recoñecer a existencia de células en distintos organismos, e
de identificar as estruturas celulares en debuxos e microfotografías, sinalando a función de cada
unha.
2. Describir os procesos de división celular, e sinalar as principais diferenzas entre mitose e
meiose, así como o significado das dúas. Con este criterio deséxase avaliar se o alumnado
recoñece a mitose como un tipo de división celular necesaria na reprodución dos seres vivos
unicelulares e no crecemento e a reparación do corpo nos organismos pluricelulares, e de explicar
a meiose na produción dos gametos na reprodución sexual.
3. Coñecer que os xenes están constituídos por ADN e situados nos cromosomas, e valorar o papel
da diversidade xenética e as consecuencias da utilización da enxeñaría xenética.
Procúrase comprobar se o alumnado é capaz de explicar que a almacenaxe da información
xenética reside nos cromosomas, así como a existencia de mutacións e as súas consecuencias na
evolución e na diversidade dos seres vivos. Valorarase se é capaz de usar os seus coñecementos
para elaborar un criterio propio sobre as repercusións sociais, éticas e sanitarias da biotecnoloxía
(terapia xénica, alimentos transxénicos, utilización de clons, etc.).
4. Utilizar procedementos e técnicas que permitan diferenciar mesturas, substancias simples e
compostos en materiais de uso cotián, identificar a súa composición e preparar disolucións
sinxelas.
Este criterio trata de comprobar se o alumnado diferencia unha substancia pura dunha mestura,
e se é capaz de propor a técnica máis adecuada para separar os compoñentes dunha mestura
dada e, no caso de preparar unha disolución, se sabe efectuar os cálculos previos e utilizar
adecuadamente os materiais de laboratorio.
5. Utilizar os números racionais para recoller e tratar información, e resolver cálculos dos ámbitos
científico e social, arredondando o número decimal coas cifras significativas adecuadas e
empregando a notación científico-exponencial, cando sexa aconsellable. Trátase de valorar a
capacidade do alumnado de empregar fraccións e números decimais nos cálculos, de forma
mental, escrita e con calculadora, así como de expresar o resultado do xeito máis adecuado á
situación (fracción, decimal arredondado ou notación exponencial).
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
63
Trátase tamén de verificar se o alumnado é capaz de comparar números racionais entre si, de os
ordenar e de os representar graficamente.
6. Empregar a teoría cinética da materia para interpretar algunhas propiedades dos gases, dos
líquidos e dos sólidos; usar a teoría atómica para identificar elementos, compostos, moléculas e
redes cristalinas; e interpretar as reaccións químicas, xustificando a conservación da masa nelas.
Preténdese verificar se o alumnado utiliza a teoría cinética da materia para interpretar os
conceptos de presión, volume e temperatura nos gases, nos líquidos e nos sólidos, así como os
seus cambios de estados de agregación, e se utiliza axeitadamente o modelo atómicomolecular
para diferenciar átomos, moléculas e redes cristalinas a partir de representacións gráficas, e para
interpretar as reaccións químicas como a ruptura e a formación de enlaces entre átomos en que
se xeran novas substancias e se conserva constante a masa total.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN. BLOQUE II.
1. Recoñecer que na saúde inflúen aspectos físicos, psíquicos, económicos e sociais, e valorar as
consecuencias dos tipos de vida e dos avances biomédicos na previsión de doenzas e na mellora
da calidade de vida, así como explicar os mecanismos de defensa do noso corpo que loitan contra
os axentes patóxenos.
Con este criterio trátase de valorar se o alumnado posúe unha visión global do concepto de saúde
e dos factores que inflúen nela, así como os efectos dos hábitos sociais positivos (práctica
deportiva, descanso adecuado, vida activa, etc.) fronte aos negativos (vida sedentaria,
alcoholismo, tabaquismo, etc.).
Tamén cumprirá distinguir os tipos de doenzas (infecciosas, hereditarias, intoxicacións, etc.) e a
acción das vacinas, dos antibióticos e doutros fármacos no tratamento das doenzas.
2. Distinguir as achegas dos tipos de alimentos a unha nutrición correcta e xustificar a
conveniencia de adquirir hábitos alimenticios saudables. Avalíase aquí se o alumnado diferencia
entre os distintos tipos de nutrientes (proteínas, glícidos, graxas, vitaminas e sales) que achega
cada alimento a partir da información contida na etiqueta ou doutras fontes, como internet.
Valorarase a importancia de manter o equilibrio entre a inxestión e o gasto calórico diario,
evitando condutas absurdamente consumistas causadas con frecuencia pola publicidade, así como
o recoñecemento da existencia de doenzas relacionadas coa alimentación, como a bulimia e a
anorexia.
3. Identificar os órganos dos sentidos e explicar a misión integradora dos sistemas nervioso e
endócrino, relacionando as alteracións máis frecuentes cos órganos e os procesos implicados.
Preténdese comprobar se o alumnado sabe como se coordinan os sistemas endócrino e nervioso,
para o que deberá caracterizar as principais doenzas relacionadas con eles e identificar os efectos
prexudiciais de determinados factores como o consumo de drogas, o estrés, a falta de relacións
persoais, a influencia dos medios de comunicación e da publicidade, etc.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
64
4. Coñecer os aspectos básicos da sexualidade e da reprodución humana, e describir os procesos
fundamentais da fecundación, o embarazo e o parto, así como valorar o uso de métodos de
control da natalidade e a prevención de doenzas de transmisión sexual.
Avalíase con este criterio se os alumnos e as alumnas distinguen a reprodución como un
mecanismo de perpetuación da especie, da sexualidade, entendida como unha actividade vital dos
seres humanos e de comunicación afectiva e persoal.
Valorarase tamén o coñecemento anatómico e funcional dos aparellos reprodutores feminino e
masculino para explicar o funcionamento dos métodos de control da natalidade e dalgunhas
solucións a problemas de infertilidade, así como a conveniencia da hixiene sexual individual e
colectiva para evitar as doenzas de transmisión sexual.
5. Recoñecer o carácter relativo do movemento, representar e analizar situacións relacionadas cos
movementos cotiáns empregando gráficas e cálculos alxébricos.
Preténdese avaliar se o alumnado acepta a inexistencia de marcos de referencia absolutos, se é
capaz de describir cualitativamente o movemento uniforme e o uniformemente acelerado, se sabe
confeccionar e interpretar gráficas espazo/tempo e velocidade/tempo de movementos sinxelos, e
se é capaz de efectuar cálculos que relacionen o espazo percorrido, a velocidade e a aceleración
dun móbil empregando as ecuacións dos movementos implicados.
6. Resolver problemas dos ámbitos científico e social mediante a formulación e a resolución de
ecuacións de primeiro e de segundo grao, e de sistemas de ecuacións lineais con dúas incógnitas.
Procúrase con este criterio comprobar a capacidade do alumnado de utilizar expresións literais
para resolver problemas, inicialmente relacionados con móbiles e logo aplicados a outros ámbitos,
que poidan ser traducidos a ecuacións ou a sistemas de ecuacións, valorando a coherencia das
solucións obtidas no contexto do problema que se resolve.
CONTIDOS MÍNIMOS
_ Introdución á teoría celular.
_ A célula como unidade básica estrutural común a todos os seres vivos e como unidade mínima
que pode realizar todas as funcións propias dun ser vivo.
_ Organismos unicelulares e pluricelulares.
_ Observación de organismos unicelulares en infusión ou auga estancada co microscopio.
_ Forma e tamaño das células típicas: bacterias, glóbulos vermellos, ameba, neuronas de xirafa,
óvulo de avestruz.
_ A estrutura celular eucariota. Orgánulos máis importantes (forma e función).
_ Observación co microscopio de células da mucosa bucal.
_ Células procariotas. Diferenzas coas células eucariotas.
_ Células vexetais: orgánulos característicos. Parede celular, cloroplastos, número de vacúolos.
Diferenzas coas células animais. _ Observación co microscopio de células de cebola.
_ Identificación do material hereditario na célula: cromatina, cromosomas e molécula de
ADN. Descrición das súas formas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
65
_ Cromosomas e cariotipo. Cariotipo humano.
_ Células diploides e células haploides. Gametos.
_ Cromosomas, xenes e caracteres hereditarios.
_ Tradución da información xenética contida no ADN.
_ Funcións da célula:
_ Nutrición. Autótrofa (quimiosintética e fotosintética) e heterótrofa.
_ Relación: resposta a estímulos e a cambios no seu medio.
_ Reprodución. Mitose e meiose.
_ A mitose. Fases da mitose: profase, metafase, anafase e telofase. Duplicacións dos cromosomas.
División da célula animal (estrangulamento) e da vexetal (tabicación).
_ A enxeñaría xenética. ADN recombinante. Organismos transxénicos.
Estados de agregacion da materia: solido, liquido e gas. Caracteristicas xerais de cada estado de
agregacion.
_ Sistemas homoxeneos e heteroxeneos. Exemplos observables a simple vista.
_ Clasificacion dos sistemas homoxeneos. Substancias puras e mesturas; propiedades de ambas:
composicion constante e variable, temperaturas de fusion e ebulicion fixas e variables.
. Tipos de disolucions. Componentes dunha disolucion binaria: soluto e disolvente.
_ Concentracion dunha disolucion como a proporcion relativa dos componentes. Entre cantidade
total de disolucion e concentracion.
_ Disolucions diluidas, concentradas, saturadas e sobresaturadas. Variacion da solubilidade coa
temperatura e coa presion externa.
_ Ampliacion ao conxunto de numeros racionais. Fraccions e decimais.
_ Fraccions equivalentes. Fraccion irredutible
_ Operacions con fraccions. Simplificacion.
_ Decimais, exactos, periodicos puros e mixtos.
_ Operacions con decimais. Uso da calculadora.
_ Representacion na recta real.
_ Redondeo dun numero decimal. Cifras significativas
_ Formas de expresar a concentracion dunha disolucion: porcentaxe en masa, masa de soluto por
litro de disolucion e porcentaxe en volume.
_ Presion e temperatura dun gas. A sua relacion co movemento das particulas que o componen.
_ Variacions de presion, volume e temperatura dun gas. A súa xustificacion utilizando a teoría
cinética da materia e os científicos implicados, para analizar a súa evolución en resposta a novos
achados experimentais ou a limitacións nestes.
_ Modelo atómico actual. Núcleo e codia electrónica. Partículas que os compoñen: protóns,
neutróns e electróns. Carga e masa de cada partícula.
_ Uso da notación científica para expresar números moi pequenos ou moi grandes.
Operacións aritméticas con estes números usando a calculadora.
_ Núcleo atómico. Número atómico (Z) e número masico (A). Isotopos. Símbolo completo dun
elemento A
_ Codia electrónica. Modelo de Bohr. Distribución dos electróns en capas. Número máximo de
electróns en cada capa: configuración electrónica.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
66
_ Utilización da teoría atómica para clasificar as substancias puras en elementos e compostos.
Identificación de elementos e compostos a partir de debuxos de moleculas e redes cristalinas, e de
modelos moleculares tridimensionais no laboratorio
_ Utilización da teoría atómica para clasificar as substancias puras en elementos e compostos.
Identificación de elementos e compostos a partir de debuxos de moléculas e redes cristalinas, e de
modelos moleculares tridimensionais no laboratorio.
_ Organización dos elementos químicos: sistema periódico dos elementos. Descrición sinxela.
Metais e non metais, grupos e periodos. Gases nobres, metais alcalinos e halóxenos.
_ _ Modelo de enlace iónico:
– Elementos do sistema periódico que o forman.
– Forzas eléctricas de atracción entre os ións de signos contrarios.
– Formación da rede cristalina iónica; estrutura tridimensional da rede.
_Visualización no laboratorio de diversas substancias iónicas e comprobación experimental
dalgunhas das súas propiedades. Observación e manipulación de modelos tridimensionais de
redes iónicas de esferas e varinas.
_ Modelo de enlace covalente:
– Elementos que se unen asi.
_ _ Elementos que forman enlaces metálicos.
– Estrutura tridimensional: rede metálica; compartición de electróns entre todos os átomos da
rede; nube electrónica.
– Semellanzas e diferenzas cos enlaces iónico e covalente.
_ Propiedades xerais dos metais (sólidos; altos puntos de fusión; ductiles e maleables; bos
condutores da corrente eléctrica, etc.).
_ Observación e manipulación de modelos tridimensionais de redes metálicas de esferas e varinas.
_ Cambios físicos: exemplos cotiáns.
_ Cambios químicos: exemplos no laboratorio e da vida ordinaria.
_ A ecuación química como representación escrita da reacción química.
Características das ecuacións químicas. Expresión do estado de agregación ou disolución nelas.
_ Necesidade do axuste das ecuacións químicas. Coeficientes estequiométricos.
Interpretación da ecuación química axustada: número de moléculas que interveñen nela. Técnicas
para axustar ecuacións químicas.
_ Masa molecular e masa molar. Número de Avogadro. O mol. Volume molar dos gases.
_ Cálculos estequiométricos sinxelos baseados nas ecuacións químicas.
_ Algúns tipos de reaccións químicas: de sintese (exemplo a fotosíntese), de descomposición, de
polimerización, ácido-base e oxidación-redución (corrosión, combustións, etc.).
Niveis de organización do corpo humano. Que son?
_ Do máis sinxelo ao máis complexo: células, tecidos, órganos, sistemas, aparellos e organismos.
Exemplos de cada un dos niveis anteriores.
_ Tecidos humanos: epitelial (de revestimento e glandular), conectivo (conxuntivo, adiposo,
cartilaxinoso e óseo), muscular (liso, estriado e cardíaco) e nervioso.
_ Órganos humanos: descrición sinxela dalgúns (pulmóns, fígado, riles, pel, corazón,
etc.)
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
67
_ Sistemas humanos: muscular, esquelético, nervioso e endócrino.
_ Aparellos humanos: locomotor, reprodutor, dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor.
_ Concepto de saúde segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS).
_ Factores determinantes da saúde: biolóxicos, físicos e psíquicos; do estilo de vida (hábitos
saudables); ambientais, comunitarios e climáticos; estrutura social e política, e atención sanitaria.
_ Factores de risco modificables e non modificables. Concepto e clasificación das doenzas.
– Doenzas non infecciosas: hereditarias ou xenéticas, deficitarias, mentais, autoinmunes, e
específicas de órganos e sistemas.
– Doenzas infecciosas: causadas por bacterias, por virus, e por fungos, protozoos parasitos e
prións. Transmisión das doenzas infecciosas.
_ Actuación do sistema inmunitario: inmunidade inespecífica ou conxénita, e inmunidade
específica.
– Mecanismos da inmunidade inespecífica. Fagocitose. Reacción inflamatoria.
– Inmunidade específica. Exposición a antíxenos. Anticorpos, linfocitos B e T.
_ Fármacos e vacinas. Antibióticos. Uso racional dos fármacos.
_ Doazóns de tecidos e órganos: transplantes.
_ Procura en internet de noticias sobre terapias con células troncais ou outro tipo de terapias
novas.
_ Diferenciación entre alimentos e nutrientes.
_ Funcións (enerxética, reparadora e reguladora) e tipoloxía dos nutrientes (glícidos, lípidos,
proteínas, vitaminas, auga e sales minerais).
_ Necesidades enerxéticas, estruturais e reguladoras do corpo humano. Metabolismo basal.
_ Clasificación dos alimentos.
_ Dieta equilibrada. Pirámide alimentaria. Dieta mediterránea.
_ Riscos da malnutrición: arteriosclerose, obesidade, anorexia e bulimia.
_ Aditivos alimentarios: conservantes e edulcorantes. Discusión sobre a súa conveniencia ou non.
Os transxénicos.
_ Identificación crítica da información contida nas etiquetas dos produtos alimentarios.
Análise da publicidade no consumo alimentario.
_ Funcións de relación do ser humano: recepción de estímulos, elaboración de respostas
coordinadas e execución das respostas.
_ Identificación dos receptores sensoriais: ópticos, mecánicos, térmicos e químicos.
_ Descrición sinxela dos órganos dos sentidos e o seu funcionamento.
_ Sentido do tacto. A pel e os receptores táctiles.
_ Sentido do gusto e do olfacto. Lingua e nariz.
_ Sentido do oído.
_ Sentido da vista. O ollo. Defectos da visión.
_ Transmisión da información recibida dos estímulos e envío aos órganos efectores: o sistema
nervioso.
_ Sistema nervioso central. Encéfalo e medula espiñal: funcións de cada un.
_ Sistema nervioso periférico. Nervios craniais e raquídeos: funcións. Sistema nervioso somático
(actos voluntarios) e sistema nervioso autónomo (actos reflexos).
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
68
_ Identificación dos compoñentes do sistema locomotor: ósos, articulacións e músculos.
_ Sistema endócrino: funcionamento. Principais glándulas e hormonas que producen: funcións.
Alteracións nos niveis hormonais normais e doenzas producidas.
_ Diferenzas entre sexualidade e reprodución humanas.
_ Caracterización dos aparellos reprodutores humanos. Descrición do aparello xenital masculino:
as súas partes.
_ Aparello xenital feminino: descrición.
_ Células reprodutoras (gametos). Espermatozoides e óvulos: formación e maduración.
_ Ciclos sexuais na muller. Preparación do útero para a fecundación.
_ Fecundación. Unión do óvulo e o espermatozoide: o cigoto. Nidificación.
_ Embarazo e o parto.
_ Valoración das técnicas de reprodución asistida. Repercusións éticas.
_ Coñecemento e valoración dos métodos anticonceptivos: dispositivos de barreira, anovulatorios
hormonais, DIU, pílula poscoital e métodos cirúrxicos.
_ Coñecemento dalgunhas doenzas de transmisión sexual (sífilis, SIDA, fungos, herpes,
tricomoniase, etc.).
_ Valoración dunha hixiene sexual adecuada.
Práctica doutros hábitos de vida saudables: a actividade física.
_ Quecemento: Pautas para exercicios xerais, de flexibilidade (estirada) e específicos do deporte
que se vaia facer.
_ Condición física: factores que a modifican.
_ Control do esforzo mediante a medida da frecuencia cardíaca. Zona de cambio aeróbica/
anaeróbica.
_ Sistemas de referencia usados habitualmente: obxectos físicos (chan, punto quilométrico,
estrada, etc.) e eixes de coordenadas. Posición dun móbil.
_ Traxectoria e desprazamento dun móbil.
_ Velocidade media e instantánea: unidades de medida. Cambio de km/h a m/s e viceversa.
_ Caracterización do movemento rectilíneo uniforme. Utilización da ecuación: s = so + vt
_ Representación gráfica posición/tempo no movemento uniforme, coñecida a velocidade do
corpo.
_ Estudo da función lineal e da función afín.
_ Pendente e representación gráfica.
_ Velocidade: pendente da gráfica posición/tempo.
_ Resolución de problemas de movemento uniforme: necesidade das ecuacións de primeiro grao.
_ Expresións alxébricas: valor numérico dunha expresión alxébrica.
_ Identidades e ecuacións: diferenzas.
_ Solucións dunha ecuación: interpretación do seu significado.
_ Resolución dunha ecuación de primeiro grao
_ Aplicación das ecuacións de primeiro grao á resolución de problemas de movemento uniforme e
doutros ámbitos prácticos.
_ Interpretación da aceleración como o cambio da velocidade no tempo.
_ Estudo do movemento uniformemente acelerado. Dedución da ecuación: v = vo + at
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
69
_ Utilización das ecuacións da velocidade e da posición para calcular velocidades e espazos
percorridos en movementos de caída libre e noutros movementos sinxelos.
Representacion grafica posicion/tempo do movemento uniformemente acelerado, conecidas so,
vo e a aceleracion: a funcion cuadratica.
_ Resolucion de ecuacions de segundo grao: tipos.
_ Problemas de encontros e alcance de mobiles: necesidade dos sistemas de ecuacions.
_ Sistemas de ecuacions lineais con duas ecuacions e duas incognitas. Solucion do sistema.
Significado.
_ Metodos de resolucion de sistemas.
_ Aplicacion dos sistemas de ecuacions na resolucion de problemas noutros contornos.
TEMPORALIZACIÓN:
Tema 1: A célula
18-20 períodos lectivos
Tema 2: Mesturas, disolucións e números racionais
16 períodos lectivos
Tema 3: Teoría cinética e atómica da materia
16 perìodos lectivos
Tema 4: As reaccións químicas
16 períodos lectivos
Tema 5: A organización do corpo humano
20 períodos lectivos
Tema 6: Funcións de relación: reproducción e sexualidade
18-20 períodos lectivos
Tema 7: Movementos e saúde
16 períodos lectivos
Tema 8: Ecuacións de segundo grao e sistemas de ecuacións
16 períodos lectivos
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
70
2. ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN
E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES
O alumnado de primeiro e terceiro cursos de educación secundaria obrigatoria que teña
promoción, con materias pendentes (Ciencias da Natureza de 1ºESO ou Bioloxía e Xeoloxía de
3ºESO), a segundo ou cuarto curso, respectivamente, poderá recuperalas no curso 2015/16
tomando como referencia o currículo establecido no Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se
regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
O alumnado matriculado no segundo curso de bacharelato que teña algunha materia pendente de
primeiro, ou con materias do primeiro curso por cambio de modalidade ou por cursar materias en
segundo con carácter progresivo que implican a matrícula na correspondente materia de primeiro,
será avaliado destas (Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias para o Mundo Contemporáneo) de acordo co
disposto no Decreto 126/2008, do 19 de xuño.
Usarase a programación de mínimos como referencia para a avaliación. Estes alumnos terán dous
exames parciais e un final no que poderán recuperar unha ou as dúas partes, se fose o caso, da
materia en cuestión.Serán impartidas clases de pendentes por un profesor do departamento.
As datas para a realización dos exames de forma provisoria serán:
2º Bac:
1ª Proba: 11-15 de xaneiro
2ª Proba: 11-15 de abril
Avaliación extraordinaria: 2-6 de maio
ESO.
1ª Proba: 11-15 de xaneiro
2ª Proba: 11-15 de abril
Avaliación extraordinaria: semana do 30 de maio ao 3 de xuño
As datas definitivas serán expostas no tablón de anuncios do Centro.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
71
Distribución da materia de pendentes nas probas de recuperación:
1º ESO 1ª parte: temas 1-6 2ª part : temas 7-12 2º ESO: 1ª parte: temas 1-5;11 y 12 2ª parte: temas 6-10
3º ESO:
1ª parte: Temas 1-5
2ª parte: Temas 6-11
1º BAC
Ciencias Para o mundo Contemporaneo:
1ª parte: Temas 2, 3 ,4.
2ª parte: Temas :5, 6.
Bioloxía e Xeoloxía:
1ª parte: Temas 6-13
2ª parte: Temas 1-5 e 14-16
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
72
3. CRITERIOS SOBRE A AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO
ALUMNADO: ESO E BAC.
CRITERIOS XERAIS PARA OS DIFERENTES NIVEIS:
1. O curso divídese en tres avaliacións e durante o tempo que dure cada unha haberá os controis
escritos que considere cada profesor na súa materia e un exame de avaliación.
2.- Os exames de avaliación serán sobre a materia estudada nesa avaliación.
3.- Os alumnos que falten a algún dos controis (debidamente xustificada) deberán realizar esa
proba en calquera momento que dispoña o profesor e sen previo aviso. No suposto de que a falta
non poida ser debidamente xustificada, a proba non feita será cualificada cun 0.
4.- Os alumnos que falten ao exame de avaliación levarán no boletín de notas unha cualificación
provisoria e deberán realizar a proba na recuperación. Este exame terá a consideración de exame
de avaliación e, polo tanto, servirá para dar a cualificación media da avaliación correspondente. Se
o alumno suspendese, tería dereito a unha nova proba, agora en concepto de recuperación, só no
caso que a falta fose xustificada. Despois disto a cualificación provisoria será modificada.
5.- Non se poderá aprobar a avaliación se a nota de algún dos controis e inferior a 3 puntos, aínda
que a media aritmética sexa 5 ou máis.
6.- En canto á corrección na expresión escrita, as faltas de ortografía penalizaranse descontando
0,25 puntos por cada erro, ata un máximo de 2 puntos.
7.- Exame de setembro: os alumnos que non acaden unha cualificación positiva en xuño, farán
unha proba extraordinaria en setembro. O contido desta proba será o mesmo que o do curso.
Nos diferentes niveis, ademais dos anteriores procedementos, os criterios de calificación serán
os seguintes:
1º e 2º ESO:
--Os alumnos con R.E. serán calificados sobre 5. Os contidos serán adaptados ás súas capacidades.
-- A recuperación global de xuño e a extraordinaria de setembro puntuarán xobre 5, pois as probas
se basan en contidos mínimos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
73
PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES 1ºESO:
A cualificación en cada avaliación constará dos seguintes apartados nas proporcións que se
indican:
- Glosario na wiki 10% - Enquisa 10% - Noticias 10% - Debate 10% - Xogo de simulación, maqueta, experimentos 30% - Mural, presentación e/ou video 30% A nota final será a media das tres avaliacións, unha vez aprobadas cada unha delas.
3º ESO:
-- O 50% da nota será do exame de avaliación, o cal constará de toda a materia impartida nesa
avaliacón.
-- O outro 50% será para os controis, traballo diario, actitude, notas de clase, cadernos,
actividades e prácticas.
Para superar a avaliación hai que obter unha calificación mínima de 5 puntos no exame de
avaliación e non menos de 3 nos controis
-- A nota final será a media das tres avaliacións, unha vez aprobadas cada unha delas.
-- En xuño os alumnos que teñan unha avaliación suspensa poderán recuperala.
-- A cualificación das recuperacións non poderá alcanzar máis de 5 puntos.
4º ESO:
-- O 50% da nota será do exame de avaliación, o cal constará de toda a materia impartida nesa
avaliacón.
-- O outro 50% será para os controis, traballo diario, actitude, notas de clase, actividades e
prácticas.
Para superar a avaliación hai que obter unha calificación mínima de 5 puntos no exame de
avaliación e non menos de 3 nos controis
-- Farase un control, como mínimo, por avaliación, así como recuperación de cada unha das
avaliacións suspensas.
-- A cualificación das recuperacións non poderá alcanzar máis de 5 puntos.
-- A nota final será a nota media das tres avaliacións, unha vez aprobadas cada unha delas.
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º BAC
--Os criterios de avaliación son os mesmos que os que figuran para 3º de ESO.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
74
CULTURA CIENTÍFICA 1º BAC:
Para a cualificación da avaliación se considerará un 80% para o exame de avaliación e o 20% para
os controis, chamadas orais, presentación de exercicios, traballos, prácticas de laboratorio e todo
tipo de actitude positiva de cara á asignatura.
As probas escritas serán unha por avaliación da materia traballada nesa avaliación.
Para superar a avaliación hai que obter unha calificación mínima de 5 puntos no exame de
avaliación (Proba escrita).
A nota final será a nota media das tres avaliacións ,unha vez aprobadas cada unha delas.
Non se fará exame final da asignatura a aqueles alumnos que non aproben por curso.
A cualificación das recuperacións non poderá alcanzar máis de 5 puntos.
BIOLOXÍA 2º de BAC:
Os procedementos de avaliación serán, ademais dos anteriores, os seguintes:
1.- Os exames de avaliación serán sobre toda a materia traballada desde o comenzo do curso.
2.- Farase un exame final que deberá ser de carácter global.
3.- Para a cualificación final do alumno teranse en conta as cualificacións obtidas ao longo de todo
o curso. Polo tanto, o aprobado ou suspenso no exame final non determina o aprobado ou
suspenso da asignatura; a cualificación obtida nel contribuirá a formar a nota final (nun 40%).
-- Para a cualificación das probas escritas se considerará un 80%para o exame deavaliación e o
20% para os controis, chamadas de clase, presentación de exercicios,actividades no laboratorio.
CIENCIAS DA TERRA E MEDIOAMBIENTAIS. 2ºBACHARELATO
Cualificación por avaliación:
--O 50% da nota será o exáme de avaliación no que se avaliarán todos os contidos estudados
desde o comenzo de curso.
--O outro 50% será para os controis, traballo diario, actitude, notas de clase, actividades e
prácticas.
Para superar a avaliación hai que obter unha calificación mínima de 5 puntos no exáme de
avaliación e non menos de 3 nos controis.
Cualificación final:
--A final de curso realizarase un exáme final que deberá ser de carácter global.
--Para a cualificación final do alumno teranse en conta as cualificacións obtidas ao longo de todo o
curso. Polo tanto, o aprobado ou suspenso no exáme final non determina o aprobado ou suspenso
da asignatura. A cualificación obtida nel contribuirá a formar a nota final nun 20%. O 80% da nota
final será a media das tres avaliacións aprobadas.
ESA:
Os criterios de cualificación serán os mesmos que para 4º da ESO, tendo en conta que o curso
consta so de dúas avaliacións.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
75
Exame de setembro: os alumnos que non acaden unha cualificación positiva en xuño, farán unha
proba extraordinaria en setembro. O contido desta proba será o mesmo que o do curso.
4. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2015-2016
Previsiblemente haberá para os alumnos de 1º de BAC na asignatura de Cultura Científica:
-- Charla-coloquio sobre a doazón de transplantes de órganos impartida por profesionais do
CHUAC, sempre dependendo da dispoñabilidade de dita organización.
3ºESO:
Fundación Barrié. Actividade: “Espectáculos de la ciencia”
Duración: media mañá. Segundo trimestre.
4ºESO:
DOMUS: Laboratorio Abierto.
Duración: media mañá. Segundo trimestre.
1ºBACH en Bio – Xeo:
Visita ao Aquarium Finisterrae.
Duración: media mañá. Segundo trimestre.
Saída a un espacio natural (lugar por determinar).
Duración: toda a xornada. Segundo-terceiro trimestre.
2ºBACH (Bioloxía) e 1ºBACH (Bio-Xeo):
Visita a Facultade de Ciencias da UDC. Conferencia impartida por un profesor da Facultade e visita
ás instalacións.
Duración: unha tarde. Primeiro trimestre.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
76
5. PROFESORES DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA. CURSO
2015-2016
Carmen Cruz Añón (Xefatura de Departamento)
Esther Fins Vieito
Rosa Mene Nistal
Pilar Pérez Dans
Andrés Vázquez del Prisco
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015-2016 DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ANEXO I
77