POLOSDEREITOS
FUNDAMENTAIS DA MULLER
POLA IGUALDADEENTRE
HOMES E MULLERES
Veño desde o onte,desde o pasado escuro e esquecido,
coas mans atadas polo tempo, coa boca selada desde épocas remotas.
Veño cargada de dores antigas, recollidas por séculos, arrastrando
cadeas longas e indestrutibles.
Veño desde a escuridade, do pozo do
esquecemento co silencio ao
lombo, co medo
ancestral que corroeu a
miña alma desde o principio
dos tempos.
Veño de ser escrava por milenios, escrava de maneiras diferentes:
sometida ao desexo do meu raptor en Persia, escravizada en Grecia baixo o poder romano,
convertida en vestal nas terras de Exipto,ofrecida aos deuses en ritos milenarios
vendida no deserto ou trocada como una mercadoría.
Veño de ser apedrada por adúltera nas rúas de Xerusalén
por una turba de hipócritas, pecadores de todas as especies
que clamaban ao ceo o meu castigo.
Fun mutilada en moitos pobos para privar o meu corpo de
pracerese convertida en
animal de carga, traballadora e paridora da
especie.
Violáronme sen límite
en todos os recantos do
planeta sen que conte a
miña idade madura ou tenra, ou importe a miña
cor ou a miña estatura.
´Tiven que servir onte aos
señores, prestarme aos seus desexos,
entregarme, doarme,
destruírme, esquecerme de ser unha entre
miles.
Fun barragana dun señor en Castela, esposa dun marqués
e concubina dun comerciante grego, prostituta en Bombai e en Filipinas
e sempre foi igual o meu tratamento.
Duns e doutros sempre escrava, duns e doutros dependente,
menor de idade en todos os asuntos, invisible na historia
máis afastadae esquecida na historia máis
recente.
Eu non tiven a luz do alfabeto.Durante longos séculos
abonei coas miñas bágoas a terra que debín cultivar
desde a miña infancia.
Recorrín o mundo en millares de vidas
que me foron entregadas unha a unha.
E coñecín a todos os homes do planeta.
Os grandes e pequenos,
os bravos e covardes, os viles, os honestos, os bos, os terribles.
Mais case todos levan a marca dos tempos.Uns manexan vidas
como amos e señores, asfixian, apreixan e aniquilan.
Outros deixan almas comercian con ideas, asustan o seducen,
manipulan e oprimen.
Eu coñézoos a todos, estiven a carón duns e doutros,
servindo cada día, recollendo migallas,
baixando a cerviz a cada paso, cumprindo coa miña karma.
Recorrín todos os camiños rabuñei paredes e ensaiei silencios
tratando de cumprir co mandato de ser como eles queren
mais non o conseguín.
Xamais se permitiu que eu escollese o rumbo da miña vida.
Camiñei sempre nunha disxuntiva: ser santa ou prostituta.
Coñecín o odio dos
inquisidores que en nome da santa Nai
Igrexa condenaron o meu corpo
ao seu servizo
e ás infames chamas da fogueira.
Chamáronme de múltiples
maneiras: bruxa, tola,
adiviña, pervertida,
aliada de Satán, escrava da
carne, sedutora,
ninfómana, culpable dos
males da terra.
Pero seguín vivindo, arando, colleitando, cosendo,
construíndo, cociñando, tecendo, curando, protexendo, parindo, criando, aleitando, coidando
e sobre todo amando.
Poboei a terra de amos e de
escravos, de ricos e
esmoleiros, de xenios e de
idiotas, pero todos
tiveron a calor das miñas entrañas,
o meu sangue e o seu
alimento, e levaron un
pouco da miña vida.
Logrei sobrevivir á conquistabrutal e despiadada de Castela
nas terras de América, pero perdín os meus deuses e a miña terra
e o meu ventre pariu xente mestiza despois que o amo
me tomou pola forza.
E neste continente mancillado proseguín a miña existencia cargada de dores cotiáns,
negra e escrava, no medio da facenda, vinme obrigada a recibir o amo
cantas veces quixer sen poder expresar ningunha queixa.
Despois fun costureira,
campesiña, serventa, labradora,
nai de moitos fillos miserables,
vendedora ambulante, curandeira,
coidadora de nenos ou de anciáns,
artesá de mans prodixiosas,
tecedora, bordadora,
obreira, mestra,
secretaria,enfermeira.
Sempre servindo a todos,convertida en abella ou sementeira,cumprindo as tarefas máis ingratas,
moldeada como cántaro polas mans alleas.
E un día doínme das miñas angustias, un día canseime dos meus traballos,
abandonei o deserto e o océano, baixei da montaña,
atravesei as selvas e confíns e convertín a miña voz doce e tranquila,
en bucina do vento,en grito universal e enlouquecido.
E convoquei á viúva, á casada, á muller da aldea, á solteira,
á nai angustiada, á fea, á recén parida, á violada,
á triste, á calada, á fermosa, á pobre, á aflixida, á ignorante, á fiel, á enganada, á prostituída.
Viñeron miles de mulleres xuntas escoitar as miñas arengas,
falouse das dores milenarias, das longas cadeas
que os séculos nos cargaron ao lombo.
E formamos con todas as
nosas queixas un caudaloso
río que empezou a
recorrer o universo,
afogando a inxustiza e o
esquecemento.
O mundo quedou paralizado,os homes e mulleres non camiñaron,
pararon as máquinas, os tornos, os grandes edificios e as fábricas,
ministerios e hoteis, talleres e oficinas, hospitais e tendas, fogares e cociñas.
As mulleres, por fin, descubrímolo.Somos tan poderosas coma eles
e somos moitas máis sobre a terra!Máis que o silencio e máis que o sufrimento!
Máis que a infamia e máis que a miseria!
Que este canto resoe nas arredadas terras de
Indochina nas areas cálidas de
África, en Alaska e
América Latina, chamando á igualdade
entre os xéneros, a construír un mundo
solidario –distinto, horizontal, sen
poderíos- a conxugar tenrura,
paz e vida, a beber da ciencia sen
distingos.
A derrotar o odio e os prexuízos, o poder duns poucos,
as mesquiñas fronteiras, a amasar coas mans de ambos sexos
o pan da existencia.
A Axencia de Noticias Coránicas de Irán destacaba nunha entrevista co teólogo islamista Musa Gunes, quen afirmaba que "Occidente trata de desviar ás mulleres do seu papel principal e real na sociedade, presionándoas con lemas
vans sobre liberdade e igualdade". Tamén engadiu que unha das tácticas que utilizan
é apartar as mulleresdas súas familias, atraéndoas ao mercado laboral.
QUE ESTE TIPO DE COMENTARIOSNUNCAS MÁIS SE VOLVAN ESCOITAR.
XahOlg