8 DE MARZO -DÍA INTERNACIONAL
DA MULLER
http://biblioconmeninho.blogspot.com.es/
O día 8 de marzo celébrase o Día interna-
cional da Mulller. Queredes saber por qué? Seguide lendo!
Escolleuse este día por dous eventos que
tiveron lugar nesta data hai moitos anos.
Un deles foi que o 8 de marzo de 1857, un grupo de obrei-ras textiles tomou a decisión de sair ás rúas de Nova Iork a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
Houbo distintos movementos a partir desa data. En 1908 un grupo de mulleres encerrouse na fábrica textil Cotton para protestar polos baixos salarios das mulleres e reclamar mello-res condicións de traballo. Houbo un grande incendio e 146 mulleres morreron nel.
O outro, foi a protesta pola falta de alimentos que iniciaron as mulleres rusas o 8 de marzo de 1917 e que se convertiu, meses máis tar-
de, nunha
revolución. O 8
de marzo é festa nacional en
Rusia hoxe en día.
En 1910, durante a Segunda Conferencia In-ternacional de Mulleres Traballadoras
celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de
marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.
Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.
Na biblioteca e no blog da biblioteca do colexio tedes varios libros que nos recordan que non hai motivo para a desigualdade entre homes e
mulleres.