2º CICLO
Obxectivos
- Dominar o espazo da bblioteca e as súas áreas e seccións
- Estudar as distintas fontes de información.
- Identificar as características e os distintos usos dos documentos
impresos, electrónicos e en liña.
- Localizar a información na biblioteca e utilizar correctamente os
servicios que presta.
- Comprender o sistema de ordenación dos documentos segundo a
CDU.
- Traballar con distintos tipos de documentos.
- Conservar e reelaborar a información.
- Coñecer as funcións do/ bibliotecario/ escolar.
Actividades
♦ Coñecer o libro e outros soportes como fontes de información e
clasificar os documentos obtidos (libros, vídeos, cassettes,
carteis, etc.). Ficha 1.
♦ Comprobar na biblioteca do Centro onde están os libros de
consulta, lectura, vídeos, mapas, cassettes, CD Rom, etc.
Elaborar un plano da biblioteca onde se vexan as diferentes
seccións existentes (se se considera oportuno se lles pode dar o
plano feito para que eles o completen situando as diferentes
seccións nel)
♦ Ler o conto O segredo da biblioteca e facer actividades. Ficha 2.
♦ Coñecer a organización da biblioteca escolar. Ficha 3
♦ Comprobar a distribución dos libros de lectura recreativa
segundo os niveles aos que van dirixidos: identificar as etiquetas
de cores por idades.
♦ Buscar determinados títulos en libros, vídeos, CDs, etc.
♦ Cubrir fichas completando os datos que faltan: autor/a,
ilustrador/a, editorial, etc., dun libro concreto.
♦ Coñecer a existencia do programa informático MEIGA e
manexalo con axuda do/a profesor/a. Realizar actividades de
préstamo e devolución de libros.
♦ Realizar unha entrevista á persoa encargada da biblioteca
escolar. Ficha 4.
♦ Coñecer o catálogo e practicar determinadas búsquedas nel
establecendo previamente que tipo de búsqueda require cada
caso. Ficha 5.
♦ Realización de diferentes xogos e concursos para acadar
autonomía na utilización dos recursos que a biblioteca nos
ofrece: Dentiños, A oca, Concurso por equipos,…
Ficha 1: ¿Cómo podo saber?
¿Onde buscarías ti se quiseras saber algo sobre estes temas?
Indica o número da pregunta nas casiñas correspondentes (unha ou máis).
1. ¿Cal foi o resultado do último partido de fútbol do teu equipo favorito?
2. ¿Como podo hacer un pastel de chocolate? 3. ¿Como xogar ao xedrez? 4. ¿A que hora e en que canal emiten o teu programa preferido? 5. ¿Que pasou onte no mundo? 6. ¿Que tiempo fará mañá? 7. ¿Onde se cultiva o cacao? 8. ¿Que comen os hamsters? 9. ¿Cantos habitantes ten Andalucía? 10. ¿Como son os desertos? 11. ¿Como se fabrica o pan? 12. ¿Onde está a biblioteca da túa localidade? 13. ¿Cales son as regras do baloncesto? 14. ¿Cando e onde naceu e morreu Rosalía de Castro?
periódicos revistas radio televisión Internet enciclopedia Contos e
novelas
Libros informativos
vídeo teletexto persoas
Ficha 2: O segredo da biblioteca
Obxectivo:
Familiarizar ao alumnado co sistema de ordenación dos materiais
nunha biblioteca a partir da súa clasificación seguindo as pautas da
CDU.
Nivel:
Segundo Ciclo de Primaria
Esta actividade plantéxase, como a de Ramoncín e os
golfiños), a partir dun texto protagonizado por un rato (como non) de
biblioteca que explica a Clasificación Decimal Universal
(CDU) como método utilizado polas bibliotecas para a organización
do coñecemento. O texto, na súa orixe, servía como introducción a
un libro de lecturas, organizadas segundo a agrupación de materias
da Clasificación Decimal. Para o noso obxectivo, o texto reduciuse e
adaptouse. A partir da narración, proponse un exercicio para a
mellor asimilación dos contidos.
O segredo da biblioteca
O grande segredo da biblioteca e dos bibliotecarios e
bibliotecarias, e dos ratos de biblioteca, está escondido nun furado
debaixo dunha sentencia: «Un sitio para cada libro e cada libro no
seu sitio».
Se vos metedes no furado que está debaixo desta sentencia e
ides lendo, quero dicir lendo os libros ordeados no seu sitio,
descubriredes que están ordeados como a historia da humanidade.
Pero non como a historia dos descubrimentos ou as guerras, dos
reis ou dos guerreiros, senon a historia do pensamento dos homes
e mulleres, e é unha historia que empeza coa vida humana hai
moitos miles de anos, e que aínda non terminou.
Os bibliotecarios e bibliotecarias dividen esta historia en dez grupos
de números, dez, tantos como os dedos das dúas mans. A cada
apartado danlle un número, un número de unha soa cifra, do 0 ao 9,
son dez, contádeos, cada apartado ten libros co seu número nos
seus andeis, e nos andeis colócanse os libros de cada un dos
grandes apartados da historia da humanidade. Mirade a lista.
No 0, poñemos as Obras Xerais, os diccionarios, as
enciclopedias e obras que tratan un pouco de todo, como cando os
homes e as mulleres empezaron a pensar un pouco en todas as
cousas. Pero non creades que no 0 e no resto dos números os
libros están revoltos; están ordeados como queren os bibliotecarios
e as bibliotecarias.
No 1 están os libros que as persoas escribiron sobre como
pensan, estudan, imaxinan; os chaman os libros de Filosofía.
No 2 atoparedes os libros do que os homes e as mulleres
cren: as relixións, as oracións; son os libros de Relixión.
No 3 están os libros que contan como vivimos xuntos,
traballamos, educámonos, organizámonos… Son os libros de
Ciencias Sociais.
O 4 deixarémolo baleiro polo momento.
No 5 colócanse os libros sobre como son e que leis teñen os
seres que nos rodean, pequenos e grandes, cercanos e lonxanos e
os fenómenos do mundo natural. Son os libros dos números, dos
astros, dos experimentos, dos animales ye as plantas... Estes son
os libros de Ciencias Puras.
No 6 están os libros que tratan de como as persoas
transformamos o que coñecemos e de como utilizamos o que
sabemos para mellorar o mundo. Estes libros explican para que
serven as matemáticas, ou a bioloxía, ou a física... Poden servir
para facer carreteras, para curar aos enfermos ou para crear
ordenadores... Os libros que falan de esto son os de Ciencias
Aplicadas.
Pero non vaiades crer que terminamos. Porque no 7
poñeremos os libros onde se fale de cousas bonitas e de cousas
que fai para entreterse nos ratos libres. Son os libros de Arte, Xogos
e Deportes.
E no 8 atoparemos as novelas, os libros de poesía e de teatro.
Son os libros de Literatura. Os libros de contos e narracións para
vós atoparédelos ordenados por idades e cores: etiqueta vermella
para os de Infantil e 1º ciclo, verde para os do 2º ciclo e amarela
para os do 3º ciclo.
E ao final, no 9, están os libros que explican cómo todo o que
descubrimos, pensamos e fixemos foise sucedendo nos séculos, e
cómo se atopa agora sobre a Terra. Tamén aquí se ordean os libros
que narran a vida dun personaxe. Son os libros de Historia,
Xeografía e Biografías.
(Adaptado de I. Benet, M. Mata, M. J. Udina. Pipirigaña. Lecturas
4º. Ed. Onda, 1985)
Ficha 3: A organización da biblioteca
Copiade a palabra ou as palabras que atopedes escritas nos
rótulos dos andeis que indican os números seguintes:
0 ........................... tratan de................................................................ 1 ........................... tratan de................................................................ 2 ........................... tratan de................................................................ 3 ........................... tratan de................................................................ 5............................ tratan de................................................................ 6............................ tratan de................................................................ 7............................ tratan de................................................................ 8........................... tratan de................................................................ 9........................... tratan de................................................................
Fórmanse varios grupos e a cada un se lle adxudica un número da CDU.
Observade os libros que se atopan no andel do número que
vos correspondeu e escribide de que tratan.
Cada grupo aporta os seus resultados. O/a bibliotecario/a pode exemplificar os resultados con libros correspondentes a cada número.
Anotade, ao lado de cada número da pregunta 1, de que tratan
os libros que atoparon os vosos compañeiros.
En que número da clasificación poderíades atopar libros que
trataran de:
xadrez acertixos paxaros
corpo humano pintura piratas
Ficha 3: A organización da biblioteca
Observade cada un dos pétalos da flor e indicade o número e
a cor que correspondería a un libro que trate de ….
TEMA NÚMERO COR
Os cans
O baloncesto
O corazón
O teatro
Os romanos
A arquitectura
Como se fai o pan
A música
Diccionarios e enciclopedias
Pensar e coñecerse
Rezar
A natureza Baleiro
Curar, fabricar
Crear, divertirse
Ler, falar
Os países e o pasado
Vivir xuntos
Ficha 4: Entrevista co/a bibliotecario/a
Seguro que máis dunha vez vos preguntaríades cales son
as tarefas das persoas que se ocupan das bibliotecas. Agora
poderedes sabelo.
1. Xunto con un grupo de compañeiros/as, pensade algunhas
preguntas para entrevistar á encargada da biblioteca do voso
cole.
2. Logo, entre todos os alumnos e alumnas da clase, preparade a
entrevista, de maneira que cada grupo realice unha pregunta.
Anotade as preguntas no recadro "preguntas".
3. A continuación, un/ha representante de cada grupo pregunta en
voz alta á bibliotecaria.
Escoitade atentamente as respostas que vos dá e
anotádeas no recadro "respostas".
Preguntas Respostas
1
2
3
4
5
6
Ficha 4: Entrevista co/a bibliotecario/a
4. Agora que xa sabes o máis importante, debuxa ao bibliotecario/a
realizando algunha das tarefas.
Ficha 5: Uso do catálogo
Os catálogos son unha especie de inventario de todos os
materiais da biblioteca. Para cada libro, CD-Rom, vídeo ou outra
fonte de información, os/as bibliotecarios/as enchen unha ficha
onde indican os datos máis importantes como o autor, o título, a
colección ou a materia de que trata o libro. Con estas fichas
elaboran os catálogos. Pode ser que a túa biblioteca teña os
catálogos no ordenador pero tamén os pode ter confeccionados a
base de fichas ordenadas en caixonciños. A consulta ao catálogo
permite saber, pois, que libros ten a biblioteca escritos por un autor
ou autora determinados, que libros tratan dunha determinada
materia, que libros dunha colección concreta ten a nosa biblioteca e
se temos o libro que buscamos e do que só coñecemos o título.
¿Que catálogo consultarías para saber se a biblioteca ten:
documento buscado palabra por la que buscas
catálogo de autores
catálogo de títulos
catálogo de materias
catálogo de coleccións
Un CD sobre os inventos
inventos X
O vídeo de “El pequeño vampiro”
Un conto de Andersen
Un libro de cabalos
Un CD de “La fuga”
Un libro da colección “El barco de vapor”
Unha novela de terror
O conto de “A bruxa regañadentes”
Xogo: Dentiños
Nome da actividade:
“Dentiños” na biblioteca
Destinatarios:
2º ciclo de Primaria (podería facerse tamén co 3º ciclo)
Obxectivos:
1.- Profundizar na relación do alumnado coa biblioteca como lugar
máxico que permite saciar a súa curiosidade.
2.- Espertar, crear e extender o gusto pola lectura.
3.- Desenvolver a imaxinación e a creatividade a través dos recursos
que ofrece a biblioteca.
4.- Profundizar nos hábitos de comportamento da biblioteca.
5.- Iniciar ao alumnado na metodoloxía bibliotecaria.
6.- Aprender a buscar, organizar e aplicar a información dispoñible.
Material:
“Dentiños” recortados en cartulinas de cor, os libros da biblioteca,
tarxetas de cartulina coas pistas necesarias para atopar os “Dentiños”
Este Dentiños quere darse
unha volta pola Galia
con Axterix e Obelix
Desenvolvemento:
O bibliotecario ou bibliotecaria esconderá a Dentiños na 1ª
páxina do libro que os/as nenos/as deben de atopar. Antes, terá
preparadas as tarxetas coas pistas necesarias: título do libro,
autor/a, materia da que se trata, tejuelo ou etiqueta (se, por
exemplo, elixe a materia, asegurarase de que na materia elexida non
haxa moitos exemplares para que o poidan atopar dun xeito sinxelo).
O número de “Dentiños” variará segundo o número de equipos e o
número de compoñentes por equipo, distribuíndoos de xeito que non
haxa aglomeracións nas estanterías. É imprescindible que durante
a búsqueda garden as normas da biblioteca en canto a silencio
e orde.
Duración e temporalización:
Depenerá do número de “Dentiños” que teñan que atopar, aínda que
non debe superar os 35/40 minutos. 1ª trimestre do curso.
Variacións:
En 6º se lles pode mandar buscar por etiqueta (tejuelo).
Equipo A
Estou merendando con Roald Dahl. Se queredes, invitámosvos a que collades o ascensor de cristal de Charlie e nos acompañedes.
¡Animádevos!
1
Buscádeme, agora, nun libro de poesía que escribiu Gloria Sánchez.
6
A ver se seguides atopándome. Agochadiño estou en:
8
Estouno pasando pipa cos Gnomos e, de paso, estou aprendendo un montón de cousas sobre eles.
7
Xa que este curso imos tratar o tema do medo eu xa estou falando coa bruxa que vive na casiña de chocolate. A súa dirección é: Editorial Kalandraka s/n. ¡Vémonos
alí! 3
Estou intentando buscar un disfraz para o Entroido. Ao mellor fago algunha máscara de papel dalgún monstro. A ver se adiviñas de que vou ir.
2
Chegaron uns cómics novos que teñen moi boa pinta. Son dun rapaz que se chama Cedric. Estou lendo un e despois xa vos contarei.
4
Cando celebrastes o Magosto, eu estiven asexándovos por un furadiño. Encantáronme os xogos e por eso eu estou buscando máis xogos populares para a próxima festorra.
5
087-N-C BAT niñ
Equipo B
Hoxe estou con Knister, que me vai presentar a Kika superbruxa para que me ensine o feitizo do Nadal
2
Como esta biblioteca se vai facer moi famosa teño que saber como comportarme con per- soas moi importantes. Alí estou, buscando “Buenas
maneras”. 7
Necesitaba buscar algunha información sobre os Rolling Stones, uns cantantes boísimos, e metinme no tomo 5 da Enciclopedia básica do
estudante. 6
Dentro de pouco vai ser o tan esperado Festival de Nadal. Eu estou no teatro con Pluft, el fantasmita a ver se atopo algo para representar.
8 ¡Que susto! De súpeto oín un ruído espantoso Brrumm – Brrumm e tívenme que esconder de verdade. O estruendo saía da colección Merliño que ten a editorial Xerais.
4
Sempre soñei con dar unha volta polo mar arrastrado por un delfín. Vou ver un DVD que me fale sobre eles e así poderei seguir soñando.
1
A ver se seguides atopándome.
Agochadiño estou en:
5
¡Que impresionante!, ademais de ver a famosa Muralla China me estou enterando de moitas cousas da súa historia: cal foi o seu 1º emperador, cal é a súa relixión, as pagodas, o cultivo do
arroz… ¡Vente a China, merece a pena! 3
087-T-G SER tea
Equipo C
Agora só vos podo dicir que estou en:
3
¿Para que vou facer só unha pregunta? Eso non é nada. Vou buscar nada menos que 250 preguntas e as súas respostas. Os temas serán do máis variado.
1 Tédesvos que dar présa pois “la gran fiesta del Universo” xa empezou. ¡Eu estouno pasando xenial!
2
Estou con Teo mirando as travesuras que fai. Víndevos á editorial Timun Mas: o lugar onde buscar.
5
Xa me escapei outra vez. Son un rato moi activo e estou aprendendo xardinería con Elena Apaolaza.
6
Ver á familia de vez en cando está ben, así que me fun ver ao meu curmán Pérez, o ratiño dos teus soños. Non estaba nese momento pero estou vendo a súa película mentras que
non volve. 4
¡Tengo piojos!, ¿que podo facer? Eso é o que estou intentando averiguar.
8
Tanta invasión de morcegos por toda a biblioteca, non sei, non sei... Fun ata a casa abandonada de Úrsula Heinze e a ver se descubría algo.
7
087-N-C PRE bic
Xogo: A oca
Nome da actividade:
A oca dos libros
Destinatarios:
Alumnado de 2º e 3º ciclos
Temporalización:
1º trimestre Material: - taboleiro dunha oca (en concreto usamos o empregado na
campaña de fomento da lectura. “ De letra en letra ¡ eu leo porque
me peta!”)
- fichas de cores
- dado
- fondos da biblioteca
Desenvolvemento: Fanse como máximo 4 grupos aos que se lles asigna unha ficha
dunha cor diferente (vermello, amarelo, verde e azul).
O/a xogador/a tira o dado e avanza tantas casillas como marca o
número que saca.
Nas 63 casillas das que consta o taboleiro, hai casillas especiais
nas que hai ocas, preguntas, probas, nas que perden quendas ou nas
que avanzan ou recúan. Nas que non hai nada disto, o grupo poderá
volver a tirar cando lle volva tocar.
En caso de caer nunha “casilla especial” non poderán volver a
tirar ata que superen a proba ou pregunta.
O xogo remata cando un dos grupos acada a casilla final.
Casillas especiais ♦ Nas casillas número 5, 9, 14, 18, 23, 27, 32, 36, 41, 45, 50, 54
e 59 hai ocas. Nelas, sáltase á oca inmediatamente seguinte e
volve a tirar ao tempo que dí “De oca a oca, eu leo porque me
toca”.
♦ Nas casas nº 6 ou 12 (as pontes) avanza ou recúa ata a ponte
seguinte ou anterior, ao tempo que dí “De ponte a ponte e tiro
porque lin onte”.
♦ Se caen na casa 19, deben agardar dúas quendas é dirán “Dúas
quendas na pousada das lendas”.
♦ Se caen na casilla 26 ou 53 (os dados) avanzan ou recúan ata a
seguinte ou anterior, ao tempo que dín: “De dado a dado cara ao
conto contado”, e volve a tirar.
♦ Na casa 31 (o pozo) deberán permanecer alí ata que caian
outros/as xogadores/as ao tempo que din: “¡Ai de min, no pozo
caín!
♦ Se caen na casa 42 (o labirinto) estarán dúas quendas sen tirar e
dirán: “ No labirinto, eu non me rindo”.
♦ Na casa 52 (o cárcere) estarán tres quendas sen tirar e dirán:
“Ao cárcere vou, tres quendas estou”.
♦ Se caen na casa 58 (a morte) deberán volver a casa nº 1,
dicindo: “topei coa morte, non tiven sorte”
Casillas con preguntas e probas ♦ Casilla nº3.- Buscade na estantería de teatro dous exemplares de
“Grande invento para sair do aburrimento”. Abride a páxina 20 e
facede unha lectura dramatizada.
♦ Casilla nº8.- Que lobo! Sabiades que hai unha escritora que se
apelida Lobe? Buscade e dicide o título dun libro escrito por ela.
♦ Casilla nº16.- No libro de poesía “Canciones y poemas para niños”
de García Lorca, buscade o poema “La Tarara” e cantala (se non
saben a música que a inventen).
♦ Casilla nº21.- ¡Menuda “calabaza”! Por certo sabedes cal é o seu
nome científico? Buscade no “Diccionario ilustrado de los nombres
vernáculos de las plantas en España” e o atoparedes.
♦ Casilla nº28.- Estes pés están escapando dun dinosaurio. Buscade
un libro deles e fecede un debuxo (dispoñedes de 5 minutos).
♦ Casilla nº34.- ¡Que listo é Polgariño! Aquí teño unha versión de
Perrault. Colocade este libro no lugar axeitado en menos de un
minuto.
♦ Casilla nº35.- Este home é un carteiro frustrado que lle gustaría
ser bombeiro. Buscade un libro sobre este oficio e dicide 5 obxetos
que haxa nun camión de bombeiros.
♦ Casilla nº43.- Fixádevos nesta bruxa e facede un discurso dun
minuto a favor da súa bondade.
♦ Casilla nº46.- Menuda era a madrasta de Brancaneves! Na
biblioteca hai unha versión deste conto da editorial SM. Traédeo en
menos dun minuto.
♦ Casilla nº48.- Estes pratos non teñen comida. Ímoslle poñer
queixo! Buscade un libro sobre este alimento e dicide o nome de 5
animais dos que se saque leite.
♦ Casilla nº60.- Este patiño está a piques de sofrir unha hipotermia.
Que é iso? Busca no diccionario “ Espasa escolar” e dicídemo antes
de 2 minutos.