Identidades
Identidades
Rott erdamLisbo
aL ondresManchesterXen
e
ebraGallenGütersloHambur
goBernaLausanneWinterthur
LeLocleZugHeerbruggOltenZürichAarauWinterth
urLeLocleZugHeerbruggOltenXenebraBasileaGütersloHam
burgoGüterslo NurenbergCuxhavenBonnKo
elnTroisdorfMunichDreieichMannheimSindelfingenAndorr
aBruselasAmberesCopenhagueParísMarsellaPoteAmsterdam
R otterdamLisboaLondresManchesterBienneMontreuxSai
ntBe maLausanneZürichSchaffauhausenWinterthurLe
Lo cleZugHeerbruggXenebraOltenZürichAarauB
uenosAiresAvellanedaTandilRíoGrandeTierradelF
uegoTrelewChubut SanJuanM ar
del PlataLaPlataBahíaBlancaCampanaRíoGallegosCo
modoroRivadaviaRosarioUshuaiaCórdobaBrasilSalva
dordeBahíaFortalezaBelénParáHumaitaPortoAlegreO
ndinaCurit ibaNovaltaNiteroiSaoPauloRíodeJ
aneir oMontrealQuébecTorontoOnt
arioSantiagodeChileBogotá
L aHa
Identidades
Inmigración estranxeirae territorio en Galicia
A construción dun pais sociale culturalmente diverso
Jesús M. González Pérez
Identidades
Identidades
Rott erdamLisbo
aL ondresManchesterXen
e
ebraGallenGütersloHambur
goBernaLausanneWinterthur
LeLocleZugHeerbruggOltenZürichAarauWinterth
urLeLocleZugHeerbruggOltenXenebraBasileaGütersloHam
burgoGüterslo NurenbergCuxhavenBonnKo
elnTroisdorfMunichDreieichMannheimSindelfingenAndorr
aBruselasAmberesCopenhagueParísMarsellaPoteAmsterdam
R otterdamLisboaLondresManchesterBienneMontreuxSai
ntBe maLausanneZürichSchaffauhausenWinterthurLe
Lo cleZugHeerbruggXenebraOltenZürichAarauB
uenosAiresAvellanedaTandilRíoGrandeTierradelF
uegoTrelewChubut SanJuanM ar
del PlataLaPlataBahíaBlancaCampanaRíoGallegosCo
modoroRivadaviaRosarioUshuaiaCórdobaBrasilSalva
dordeBahíaFortalezaBelénParáHumaitaPortoAlegreO
ndinaCurit ibaNovaltaNiteroiSaoPauloRíodeJ
aneir oMontrealQuébecTorontoOnt
arioSantiagodeChileBogotá
L aHa
Identidades
Inmigración estranxeirae territorio en Galicia
A construción dun pais sociale culturalmente diverso
Jesús M. González PérezUniversitat de les Illes Balears
Edita: Secretaría Xeral de Emigración
Basquiños, 2
15704 Santiago de Compostela
Autor: Jesús M. González Pérez Imprime: Gráficas Galicia Depósito legal:
A Marga, con todo o meu amor, e aos meus fillos
Mariña, Antón e Carlos,
as maiores alegrías da miña vida
Nas sociedades actuais a xestión e as políticas públicas fundaméntanse, ou teñen como un dos elementos básicos para a toma de decisións, os índices ou datos estatísticos que periódicamente vanse actualizando e enriquecendo a través de fontes oficiais.
Malia o anterior, non podemos ignorar que estes índices e datos, reflicten unha situación
nun momento determinado e respecto a un lugar en concreto, cobrando, se cabe, unha maior virtualidade no momento da súa interpretación e na explotación dos mesmos a través de series estatísticas continuadas ao longo do tempo.
Esta característica de carácter técnico dos índices e datos pode aplicarse a calquera ámbito
das decisións públicas e, en moitos casos, ás decisións no sector privado. Non obstante, adquire unha especial relevancia no eido dos movementos migratorios en Galicia, onde se pode considerar que nos últimos anos se produce, en termos xerais, un punto de inflexión e cambio de tendencia dos mesmos, pasando de fluxos migratorios cara ao exterior, a fluxos migratorios cara ao país cunhas características cuantitativas e cualitativas diferentes en relación a outras épocas.
Neste sentido, as interpretacións e conclusións que poidan extraerse dos datos e estatísticas
a nivel estatal non poden extrapolarse miméticamente á análise da Comunidade Autónoma galega sen incorrer en distorsións que deformen a visión da mesma, e leven a conclusións erróneas.
É por isto que a Secretaría Xeral de Emigración co presente estudio Inmigración
estranxeira e Territorio en Galicia. A construción dun país social e culturalmente diverso, pretende amosar unha diagnose actual da sociedade galega no eido da inmigración analizando e valorando os datos estatísticos e outras fontes de información oficial, que permiten chegar a conclusións respecto a nosa realidade, relacionando, ao mesmo tempo, esta nova realidade coa situación no resto do Estado e incluso respecto a outros países do noso ámbito occidental.
Asemade, este traballo posúe para a Secretaría Xeral de Emigración unha especial
relevancia xa que foi un dos elementos tidos en conta na elaboración do recentemente aprobado Plan galego de cidadanía, convivencia e integración 2008-2011, e, ademais, é un dos pioneiros no estudo da nova situación socioeconómica galega, sendo, neste sentido, significativo o subtítulo do mesmo A construción dun país social e culturalmente diverso.
A Secretaría Xeral de Emigración sendo consciente que con esta investigación se contribúe
ao coñecemento da sociedade galega actual da que todos somos partícipes, considera importante dar a coñecer o seu contido o que se fai a través desta publicación.
MANUEL LUIS RODRÍGUEZ GONZÁLEZ Secretario xeral de Emigración.
ÍNDICE
PRESENTACIÓN
OBXECTIVOS
ARTELLAMENTO E ESTRUTURA DOS CAPÍTULOS
FONTES UTILIZADAS E ASPECTOS CONCEPTUAIS: OS DISTINTOS
SIGNIFICADOS DE ESTRANXEIRO E INMIGRANTE
O TEMA DA INMIGRACIÓN ESTRANXEIRA EN GALICIA NA
BIBLIOGRAFÍA CIENTÍFICA RECENTE
A INMIGRACIÓN NA ERA DA GLOBALIZACIÓN
INMIGRACIÓN E ESTADO DO BENESTAR EN GALICIA.
UNHA PROPOSTA PARA O DEBATE
INTRODUCIÓN
TIPOLOXÍAS E FLUXOS MIGRATORIOS
Galicia na semiperiferia da mobilidade internacional en España
O modelo inmigratorio por parte de poboación estranxeira en Galicia
EVOLUCIÓN DO NÚMERO DE INMIGRANTES ESTRANXEIROS
A INMIGRACIÓN ESTRANXEIRA EN GALICIA SEGUNDO A
NACIONALIDADE DE PROCEDENCIA
A INMIGRACIÓN ESTRANXEIRA EN GALICIA POR DESTINO
OS IMPACTOS DEMOGRÁFICOS DOS ESTRANXEIROS
NA POBOACIÓN DE GALICIA
Movemento natural da poboación
Estrutura por sexos e idade
A ESTRUTURA SOCIOPROFESIONAL DA POBOACIÓN ESTRANXEIRA:
OCUPACIÓN POR GRUPOS E SECTORES DE ACTIVIDADE
Tipoloxía das ocupacións da poboación estranxeira segundo as
afiliacións á Seguridade Social e en alta laboral
Tipoloxía das ocupacións da poboación estranxeira segundo o tipo
de contratos rexistrados
1.
2.
3.
4.
5.
1.
2.
1.
2.
2.1.
2.2.
3.
4.
5.
6.
6.1.
6.2.
7.
7.1.
7.2.
BLOQUE I. BASES METODOLÓXICAS
BLOQUE II. BASES TEÓRICAS
BLOQUE III. ANÁLISE TERRITORIAL.
As consecuencias da inmigración sobre o territorio e a demografía de Galicia
15
17
21
22
23
26
31
33
42
53
55
56
56
63
75
85
93
103
104
112
124
126
133
ANEXO FICHAS
RESIDENTES ESTRANXEIROS EN GALICIA. NACIONALIDADE DE PROCEDENCIA
ANEXO FICHAS
RESIDENTES ESTRANXEIROS EN GALICIA. CONCELLO DE DESTINO
BLOQUE IV. ANÁLISE ECONÓMICA E SOCIAL.
Os impactos dos estranxeiros na economía e a política social do país
BLOQUE V. CONCLUSIÓNS
BIBLIOGRAFÍA
1.
1.1.
1.2.
1.3.
2.
2.1.
2.1.1.
2.1.2.
2.2.
2.2.1.
2.2.2.
2.3.
2.3.1.
2.3.2.
2.3.3.
2.4.
2.4.1.
2.4.2.
OCUPACIÓN E SEGURIDADE SOCIAL
O saldo fiscal da inmigración estranxeira en España
A inmigración estranxeira e o aumento da ocupación
O impacto da inmigración na evolución da poboación afiliada á
Seguridade Social
A UTILIZACIÓN E O ACCESO AOS SERVIZOS DO BENESTAR
POR PARTE DA POBOACIÓN ESTRANXEIRA
Acceso á educación e formación. A utilización de servizos educativos
Ensinanza non universitaria
Ensinanza universitaria
Acceso e utilización de servizos de saúde
Planificación sanitaria e estranxeiría
Utilización de servizos e tarxetas sanitarias expedidas
Inmigración e acceso ao sistema de vivenda pública e privada
Sistema de aluguer
Sistema de propiedade: análise a partir das informacións
sobre transaccións inmobiliarias
A vivenda protexida
Demandantes de emprego e prestacións por desemprego
Demandantes de emprego de nacionalidade estranxeira
Acceso e utilización das prestacións por desemprego por parte
da poboación inmigrante
141
175
199
201
202
206
213
219
224
226
230
237
238
240
248
249
250
256
259
260
266
275
283
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
15
BLOQUE I.
BASES METODOLÓXICAS
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
17
Se Alicia renacera nos nosos días,
non necesitaría atravesar ningún espello:
bastaríalle con asomarse á ventá”
(Eduardo Galeano, Patas arriba, la escuela del mundo al revés, 1998)
1. PRESENTACIÓN
Este traballo é o resultado dunha investigación científica sobre o fenómeno da inmigración
estranxeira en Galicia, pero tamén é unha reflexión sobre os cambios sociais e territoriais que está
a sufrir o noso país como consecuencia da entrada de novas culturas, linguas e costumes. Por vez
primeira na historia recente de Galicia, deixamos de estudar as consecuencias dos movementos
migratorios de saída, polo tanto en clave negativa ou de perda demográfica, para centrarnos nos
impactos que a distintas escalas producen os movementos de chegada. Un cambio, ou máis ben
unha evolución demográfica, de gran importancia que está motivado fundamentalmente por unha
taxa de migración neta que evoluciona dende uns valores globais negativos a outros positivos.
Na actualidade, o fenómeno da inmigración está de plena actualidade. Os medios de comunicación
fanse eco da preocupación que xera na sociedade, os conflitos políticos que produce dentro do
propio Estado e as crises diplomáticas que hai con outros veciños. Normalmente estes problemas
formúlanse nunha dobre escala: por un lado, estaría a chegada masiva de inmigrantes en
condicións irregulares (cayucos, pateiras…) e, por outro, os conflitos que producen no interior do
propio país, asociándoos fundamentalmente ao aumento da delincuencia e da inseguridade cidadá.
Só despois de resaltar estes aspectos negativos, numerosos artigos de opinión e inacabables debates
periodísticos fan referencia a outros valores máis positivos, case todos centrados nas favorables
achegas económicas dos estranxeiros para as sempre necesitadas arcas da Seguridade Social.
Evidentemente, nestas condicións, podemos chegar a comprender, aínda que non compartir, como
o fenómeno da inmigración está entre as principais preocupacións da sociedade española segundo
as últimas enquisas do Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS).
Pero este debate político non é novo. O tema da inmigración estranxeira ten unha presenza
mediática e política importante en España sobre todo dende finais da década dos 1990, o que
coincide cos cambios de goberno no estado e o inicio da evolución alcista máis importante na
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
18
entrada de inmigrantes laborais. Existen dúas datas e fitos clave que facilitan a construción dun
determinado estado de opinión sobre o fenómeno inmigratorio en España: a revolta social nas
periferias das cidades francesas en novembro e decembro do 2005 e a chegada de inmigrantes ás
costas Canarias dende a África subsahariana nos veráns do 2006 e 2007.
O intenso debate sobre a inmigración en España comezou coa preparación no 1998 dunha nova lei
de estranxeiría que viría a substituír a anterior do 1985, desfasada e sen as ferramentas axeitadas
para facer fronte á nova realidade inmigratoria. No 1998, os partidos políticos de Convergencia i
Unió (CIU), Izquierda Unida (IU) e o Grupo Mixto presentaron tres proposicións de lei orgánica.
Un ano máis tarde, as tres proposicións fundíronse nunha soa lei. O avance foi salientable.
Pasamos dunha lei meramente policial ou de control de fluxos a unha proposta centrada nos
dereitos e liberdades dos estranxeiros. A partir deste momento, o debate político ao redor da
inmigración estranxeira comeza a adquirir unha dimensión considerable. E dende o primeiro
momento, a ideoloxía dos principais partidos políticos con representación parlamentaria é visible
nas encontradas e, en ocasións, enfrontadas propostas. Durante o segundo mandato do Partido
Popular no goberno da nación (2000-2004), as teses do sector máis duro e conservador do partido,
lideradas polo ministro do interior do momento, Jaime Mayor Oreja, obviaron non só as políticas
de corte máis social e integrador defendidas polo resto dos partidos políticos, senón incluso as
ideas máis brandas e conciliadoras expostas polo ex ministro popular Manuel Pimentel. Asistimos
así a un período politicamente difícil. A oposición política e social ante a reforma da lei de
estranxeiría do 2001 acadou límites descoñecidos. O desafortunado accidente de tráfico ocorrido
en Lorca o 3 de xaneiro de 2001, no que morreron doce traballadores ecuatorianos residentes en
España en situación administrativa irregular, puxo de manifesto as irregularidades na contratación
de inmigrantes e a necesidade dunha política inmigratoria distinta á do momento, demasiado
centrada na aplicación de medidas de tipo policial.
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
19
O choque ideolóxico e social relacionado co modo de xestionar todo o tema da inmigración
produce fortes impactos mediático e social despois do cambio de partido político no goberno do
Estado na primavera do 2004. Primeiro porque unha das primeiras medidas tomadas polo goberno
do Estado (PSOE) foi promover un sistema masivo de regularización. Segundo, polas dificultades
de frear e controlar os crecentes fluxos de inmigrantes a través da costa canaria e, en menor
medida, andaluza. O tema da regularización do 2005 está no centro do debate. Para os grupos máis
progresistas, esta contribuíu a paliar as condicións de vida de moitos dos novos residentes e, sobre
todo, a aceptar unha realidade que moitos querían obviar. Para os máis conservadores, entre as que
incluímos destacados presidentes de gobernos da Unión Europea que abertamente opinan sobre o
proceso desenvolvido en España, a regularización é a causa principal da actual chegada de fluxos
de africanos a través dunha das principias fronteiras Norte-Sur do mundo.
A solución non é sinxela, nunca o foi. A situación é crítica, tanto dende o punto de vista do debate
ideolóxico como das viciadas visións do fenómeno que difunden determinados medios de
comunicación e algúns políticos, que intentan beneficiarse dos réditos electorais que habitualmente
produce unha xestión dura e inflexible de todo ao concernente á inmigración laboral. Dende hai
anos estamos a comprobar o éxito electoral destas políticas. Pero nada como a influencia na
política española que está a producir o novo heroe da loita contra a inmigración, o ex ministro do
interior francés, Nicolás Sarkozy. As súa política inmigratoria está capitalizada pola discutida
xestión das revoltas sociais producida nas banlieues das principais cidades francesas a finais do
2005 (figura 1). Sen embargo, precisamente as discutidas accións deste popular político
convertérono primeiro en candidato á presidencia da República e logo en Presidente electo.
Figura 1. Un problema sen resolver: a revolta social nas banlieues (suburbios)
das cidades francesas. Imaxes de novembro 2005 e outubro 2006
Fontes: www.elmundo.es; www.elperiodico.com
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
20
A condición semiperiférica de Galicia, tamén en canto aos principais fluxos migratorios, explica
que este fenómeno non estea no centro do debate político. Probablemente, os estados de opinión
sexan máis unha resposta aos diferentes sucesos que se poidan desenvolver en España que a
problemas ou debates propios, xerados no interior do propio país. Sexa como sexa, a tendencia do
fenómeno inmigratorio estranxeiro en Galicia inxírese nun proceso xeneralizado para España que,
con algunhas excepcións, non comeza a ter importancia ata a segunda metade dos anos 1990.
Neste momento, España deixa de estar entre aquelas nacións europeas con menor porcentaxe de
inmigrantes para converterse no estado con maiores taxas de crecemento interanual dentro da
Unión Europea. Sen embargo, este feito demográfico, que demostra a plena inserción de España
nas dinámicas da globalización, saca á luz moitas deficiencias. Nin as administracións públicas nin
a mesma sociedade parecen saber reaccionar perante a chegada destes novos habitantes. Como
acontece habitualmente nestes casos, as solucións son tamén apresuradas, faltas da necesaria
planificación previa e, en definitiva, por detrás dos acontecementos.
Neste contexto Galicia participa do proceso español pero, a diferenza deste, cunhas taxas máis
modestas e con algunhas particularidades propias relacionadas coa distancia que nos separa dos
principais eixes de desenvolvemento continentais. Para o noso caso, estes factores actúan como un
elemento positivo, no sentido de que a entrada de inmigrantes se produce de maneira máis pausada
respecto a outros territorios emerxentes. Unha situación que nos permite aprender do que está a
suceder noutros territorios e proxectar as políticas de integración con máis tranquilidade, dende
abaixo e apoiadas en plans e programas perfectamente definidos.
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
21
2. OBXECTIVOS
Ante a perspectiva dunha poboación en proceso de envellecemento e decrecemento, o aumento da
inmigración estranxeira é probable e, ao mesmo tempo, necesario tanto para garantir o nivel de
crecemento económico futuro como o mantemento do Estado de Benestar. Neste contexto, a
integración dos estranxeiros é fundamental para a cohesión social e o desenvolvemento
económico. Para que estes inmigrantes se consideren parte da nosa sociedade debemos tratalos
xustamente e asegurarnos de que contan coas ferramentas apropiadas para que a participación sexa
plena. A integración é un proceso continuo e bidireccional que se basea nos dereitos recíprocos e
as correspondentes obrigas tanto dos inmigrantes como da sociedade de acollida.
A Comunidade Autónoma de Galicia enfróntase nos próximos anos a un cambio seguro na escena
demográfica a causa, fundamentalmente, da tendencia ao aumento da poboación inmigrante
estranxeira. Os interrogantes e as dúbidas que se abren non son poucos xa que, ao tempo que
Galicia continúa a “expulsar” poboación nova cara a destinos españois con mellores ofertas e/ou
perspectivas laborais; tamén se constata un crecemento lento pero sostido de estranxeiros que
optan por instalar a súa residencia en Galicia. A experiencia galega nos movementos emigratorios
é importante pero, pola contra, como sociedade de acollida aínda estamos en pleno proceso de
aprendizaxe e adaptación. Como consecuencia, os retos que se abren para Galicia nos inicios do
novo século son apaixonantes. Conscientes destas realidades, afrontaremos un estudo aplicado
dende as ciencias socias e territoriais, contribuíndo ao coñecemento do fenómeno da inmigración
en Galicia.
Con estes condicionantes, o principal obxectivo do traballo é caracterizar o fenómeno da
inmigración estranxeira en Galicia na actualidade e os impactos producidos, por un lado, no
territorio e na demografía de Galicia e, por outro, na economía e na política social do país. Todo
isto coa intención de establecer as bases de análise e diagnóstico necesarias para a posterior posta
en marcha de políticas públicas que, emanadas dende a Xunta de Galicia, contribúan á cohesión
social e á integración da poboación inmigrante.
Chegados a este punto, e a modo de hipótese de partida, podemos aventurar unha serie de ideas
iniciais que máis adiante iremos corroborando cunha análise científica baseada en fontes
bibliográficas, traballo de campo e coñecemento exhaustivo do terreo e consulta de información
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
22
estatística. Estas ideas resumímolas en catro aspectos principais: a evolución dos fluxos
inmigratorios, a distribución territorial de determinados colectivos, a procedencia dos inmigrantes
e as políticas públicas desenvolvidas.
- Asistimos a un aumento do número absoluto de estranxeiros residentes en Galicia dende
finais dos anos 1990 pero, para os efectos relativos, a súa representación é aínda baixa
respecto á media española e á da Unión Europea.
- Intuímos unha concentración espacial e territorial importante, visible a varias escalas: o Eixo
Atlántico, os espazos urbanos e determinadas pequenas cidades do interior cunha oferta
importante de emprego terciario e industrial.
- A poboación de orixe portuguesa continúa sendo a máis numerosa, se ben cada vez máis
comparte territorio ou é substituída por novos colectivos latinoamericanos e, en menor
medida, africanos, asiáticos e da Europa do Leste.
- O fenómeno da inmigración en Galicia estivo durante anos ensombrecido polo estudo das
dinámicas emigratorias. Posiblemente isto poda ser demostrado a través da escasa atención
que lle dedica a bibliografía especializada ao fenómeno da inmigración e ás escasas
estatísticas sobre a materia elaboradas e difundidas dende Galicia (Instituto Galego de
Estatística, IGE). Incluso pensamos que a administración autonómica galega é herdeira de
estruturas ríxidas do pasado no tratamento da inmigración procedente do exterior, polo que
segue a centrar a maior parte dos esforzos no loable coñecemento dos problemas dos
emigrantes galegos aínda que, loxicamente, agora en clave de retornados.
3. ARTELLAMENTO E ESTRUTURA DOS CAPÍTULOS
O traballo está organizado en catro grandes apartados e rematámolo con outros dous de menor
extensión dedicados ás conclusións e á bibliografía. O primeiro apartado, a modo introdutorio,
representa o encadre metodolóxico da investigación. Comeza por unha necesaria presentación do
traballo en canto a obxectivos e metodoloxía, e continúa cunha análise sobre as referencias
bibliográficas recentes sobre esta temática en Galicia. Entendido como base teórica onde situar a
investigación, a segunda parte é unha reflexión sobre a inmigración estranxeira no marco da
globalización e do Estado do Benestar en Galicia. A terceira parte do traballo céntrase na análise
social e territorial dos inmigrantes estranxeiros en Galicia, que inclúe dende as novas dinámicas
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
23
poboacionais atribuíbles á inmigración ata o impacto producido por estes novos habitantes no
territorio de Galicia. Basicamente isto significa coñecer e explicar cómo e cántos son estes
inmigrantes dende unha perspectiva xeodemográfica: sexo, idade, nacionalidade, distribución
territorial por concellos, etc. Como consecuencia da chegada destes colectivos, o cuarto apartado
está centrado en estudar as consecuencias que producen na economía e na política social do país,
estudado fundamentalmente en clave de “achegas económicas” á construción do Welfare State e de
“gastos” producidos polo consumo de servizos de benestar.
4. FONTES UTILIZADAS E ASPECTOS CONCEPTUAIS: OS DISTINTOS SIGNIFICADOS DE ESTRANXEIRO E INMIGRANTE Existen dúas fontes principais para a contabilización dos inmigrantes estranxeiros en España: por
un lado, o Anuario Estadístico de Extranjería (elaborado polo Observatorio Permanente de Inmigración) e, por outro, o Padrón de Habitantes e a Estadística de Variaciones Residenciales (Instituto Nacional de Estadística, INE). O primeiro pertence á Delegación del Gobierno para la Extranjería. Os datos proceden da Comisaría General de Extranjería y Documentación (incluída, a súa vez, na Dirección General de la Policía) e do Ministerio del Interior. A fonte mencionada
proporciona información relativa aos residentes estranxeiros que nunha determinada data residen
legalmente en España, entendendo por residente legal aquel que ten unha autorización de residencia en vigor (Verdugo, Lois e Aldrey, 2003). Pola súa parte, a Estadística de Variaciones Residenciales é elaborada a partir da explotación do Padrón de Habitantes, que é o rexistro
administrativo onde constan os veciños de cada concello.
A maioría dos estudos sobre inmigración estranxeira en España utilizan o Padrón de habitantes
como fonte de explotación estatística principal. Coma estes, neste traballo estudamos a poboación
estranxeira empadroada en Galicia, que se corresponde cos colectivos de nacionalidade non española. As causas desta elección están vinculadas cos seguintes tres factores. En primeiro lugar,
o concepto de estranxeiro é máis amplo que o de inmigrante. En segundo lugar, o termo inmigrante
non conta, internacionalmente, cun grao de consenso amplo na súa definición estatística. Terceiro, utilízase estranxeiro en vez de inmigrante porque, como adiantamos, a principal fonte utilizada
neste traballo é o Padrón Municipal de Habitantes. A pesar dalgúns déficits asociados á natureza
desta fonte, os expertos coinciden en sinalar a súa utilidade para mostrar as tendencias seguidas pola poboación estranxeira. Esta é a única fonte oficial que recolle os datos referidos aos stocks de
poboación estranxeira segundo nacionalidade de maneira actualizada. A diferenza do Anuario, no
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
24
Padrón están incluídos un bo número de estranxeiros en situación administrativa irregular que
necesitan inscribirse no Padrón municipal sobre todo para ter acceso ao sistema público de saúde (é un condicionante obrigatorio para a concesión da tarxeta sanitaria) e á educación para os seus
fillos. Así mentres as estatísticas do Anuario contabilizan unicamente aos residentes en situación
regular, os do Padrón inclúen a moitos sen residencia legal, o que significa que os datos do Padrón achéganse máis á realidade. Aínda así, o Anuario de Extranjería foi utilizado para o estudo
dalgunhas variables das que soamente é posible ter datos cando a persoa está residindo en
condición regular como, por exemplo, todas aquelas vinculadas con cuestións de tipo laboral, dende contratos a prestacións por desemprego.
No momento de redacción desta obra, os últimos datos estatísticos do padrón dispoñibles eran os provisionais do 2007. Polo tanto sempre que nos refiramos a estatísticas do Padrón de habitantes
deste ano estamos referíndonos a datos provisionais. A pesar de que habitualmente se producen
cambios entre os provisionais e os definitivos, a nivel xeral estas diferenzas non deberían de ser importantes, o que explica que optemos por traballar coa información máis recente do momento en
toda a investigación. O Anuario de Extranjería do 2006 (datos a 31 de decembro de 2006)
contabiliza en Galicia un total de 61.302 estranxeiros con tarxeta ou autorización de residencia en vigor. Para esta mesma data, o Padrón de Habitantes de 2007 (datos a 1 de xaneiro de 2007) suma
81.023 persoas con nacionalidade diferente á española. As diferentes regularizacións, como foi por
exemplo a aprobada a finais do 2004, modifican substancialmente o número de estranxeiros residentes sempre e cando utilicemos a fonte do Anuario. Pola contra, un proceso de determinación
de situacións administrativas irregulares ten poucas consecuencias na evolución dos estranxeiros
anotados nos padróns.
As migracións son desprazamentos de individuos dun lugar a outro. A pesar de que en moitas
ocasións se utilicen indistintamente os conceptos inmigrante e estranxeiro non son sinónimos.
Poboación estranxeira é toda aquela non nacional que reside nun país determinado. Inmigrante fai referencia á chegada dunha persoa a un lugar de residencia distinto ao que mantivo no seu país de
orixe. Por isto, non todo inmigrante é estranxeiro1.
1 Existe abundante bibliografía sobre cuestións terminolóxicas, polo que o debate sobre o tema é realmente interesante. Dous exemplos ao respecto. En primeiro lugar, en Francia as palabras “inmigrante” e inmigrado” non significan o mesmo. Inmigrado é o que ten permiso de residencia. E inmigrante é aquel que reside de forma irregular no país ou que intenta conseguir ese permiso. En segundo termo, hai autores que defenden a inadecuación da categoría de estranxeiro (sobre todo da súa función social, xurídica e política) e a súa substitución pola de inmigrante extracomunitario (De Lucas, 1997). Un cambio que se debe situar no proceso de emerxencia de identidades aleatorias.
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
25
De todas maneiras, cabe lembrar a ambigüidade terminolóxica na clasificación entre estranxeiro e inmigrante. O Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza as súas enquisas de migracións co obxectivo de coñecer a intensidade e as características dos movementos migratorios que se producen tanto ao interior de España como aos que proveñen de fóra deste. Considéranse inmigrantes tanto aqueles españois que regresan ao país como aos estranxeiros que trasladan o seu lugar de residencia sobre o territorio español, sempre e cando a súa permanencia en España sexa superior a un ano. Polo tanto, a inmigración exterior é cando a procedencia dos migrantes son do estranxeiro, sen distinción da nacionalidade, é dicir sexan nacionais ou non. Por esta circunstancia, os emigrantes retornados e os seus fillos non están incluídos na nosa investigación. En España, todos os fillos de españois nados noutros países que veñen a España son considerados españois e son parte da poboación inmigrante e, polo tanto, non forman parte do colectivo de estranxeiros. Pola contra, os fillos de estranxeiros nados en España son considerados poboación estranxeira.
Para os efectos da enquisa de emigración do INE, o migrante é toda persoa –nacional ou
estranxeira- que nun período de referencia dado mudou de concello (ou país) de residencia. Ao
referirse ao termo estranxeiro estase considerando ás persoas de nacionalidade estranxeira e ás de
dobre nacionalidade (á súa nacionalidade engaden a española) cuxo movemento migratorio non só
se realizou no ano de referencia, senón que puido realizarse con anterioridade e, moi
probablemente, fose unha inmigración procedente do exterior das fronteiras españolas.
Como exemplo da necesidade de non confundir todos estes aspectos terminolóxicos, os 81.023
habitantes estranxeiros empadroados en Galicia no 2007 sitúan a nosa Comunidade Autónoma no
décimo segundo posto do ránquing de Comunidades Autónomas por número de estranxeiros
residentes. Ademais, os estranxeiros empadroados en Galicia representan o 1,80% dos
contabilizados en España. Sen embargo neste mesmo 2007 residen en Galicia 177.221 habitantes
que naceron no estranxeiro, o que representa o 6,39% da poboación galega. En España, os nados
no estranxeiro son o 11,55% dos efectivos totais. En números absolutos, Galicia é a oitava
Comunidade Autónoma por habitantes empadroados nacidos fóra de España, situada xusto despois
daquelas rexións con maior número de estranxeiros, como son as mediterráneas, Canarias e
Madrid. Neste sentido, as Comunidades Autónomas que preceden a Galicia son, por esta orde,
Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana, Andalucía, Illas Canarias, Murcia e Illas Baleares. É
dicir, se medimos a inmigración a través do stock de estranxeiros o seu peso en Galicia é baixo.
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
26
En cambio, se a medimos tendo en conta o lugar de nacemento da poboación residente, Galicia é
unha das Comunidades Autónomas de maior inmigración (Lamela, López de Lera e Oso, 2005). A
diferenza entre unha e outra medida remite ao recoñecemento legal da nacionalidade española.
Afondando sobre estas distincións, o profesor Antonio Izquierdo (2003) establece que a poboación
“inmigrante ou non nativa” é aquela que naceu fóra do espazo territorial de referencia. Mentres que
define á poboación “estranxeira ou non nacional” como aquela que non posúe a nacionalidade do
Estado soberano en referencia. En definitiva, o termo estranxeiro fai referencia á nacionalidade. En
España, a Lei de Estranxeiría do 2000 define ao estranxeiro como todo aquel que non é nacional e
esta é outorgada pola nacionalidade dos pais. É dicir, en España rexe o dereito consanguíneo á
nacionalidade, polo que todos aqueles fillos de estranxeiros que nazan en España manteñen a
nacionalidade dos seus pais e pasan a formar parte da poboación estranxeira, ata que os pais ou os
fillos opten por nacionalizarse. Polo tanto, os fillos de estranxeiros son considerados parte da
poboación estranxeira, aínda que non formen parte da poboación inmigrante (Izquierdo e López de
Lera, 2003). Pola contra, noutros países, a nacionalidade é dada polo dereito de solo polo que basta
nacer nun territorio determinado para ser considerado como nacional dentro dese país.
5. O TEMA DA INMIGRACIÓN ESTRANXEIRA EN GALICIA NA BIBLIOGRAFÍA
CIENTÍFICA RECENTE
Como fenómeno demográfico, o estudo da inmigración estranxeira en Galicia ten unha escasa
presenza na bibliografía especializada. A emigración galega ao exterior e o proceso do
avellentamento demográfico son, con gran diferenza, os temas máis traballados polos expertos no
estudo da poboación e a demografía en Galicia nos últimos anos. Só recentemente, ao tempo que
aumenta a taxa de estranxeiría, atopamos algunhas referencias que, de forma positiva, parecen cada
vez mellor integradas en proxectos ou grupos de investigación plenamente consolidados.
Un exemplo da insuficiente atención científica está nas poucas teses de doutoramento lidas nas tres
universidades galegas sobre algúns dos compoñentes da inmigración estranxeira en Galicia, o cal é
un claro síntoma de debilidade que todos deberiamos contribuír a superar. Vinculada estritamente
coa inmigración estranxeira só atopamos unha tese de doutoramento, que foi lida no 2004 no
Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Universidade
de Santiago de Compostela e que trata sobre a diversidade cultural na escola galega. Existen outras
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
27
teses sobre xeodemografía que inclúen o estudo deste fenómeno, pero sempre formando parte de
investigacións máis amplas, que van dende o estudo da poboación galega nun período determinado
a traballos sobre movementos migratorios en xeral.
A situación non é excesivamente optimista se analizamos a produción bibliográfica por tipoloxías
(libro, capítulo de libro, artigos en revistas científicas e de difusión, recursos electrónicos, etc.).
Durante os primeiros anos, as publicacións son o resultado de esforzos de carácter individual ou de
grupos illados. Na actualidade, moitos traballos son, afortunadamente, produto de grupos de
investigación perfectamente constituídos. Neste sentido compre sinalar a existencia de cinco
grupos de investigación que, dunha ou doutra maneira, teñen á inmigración entre os seus
obxectivos de estudo primordiais. Destes grupos parte non só unha boa porcentaxe da produción
bibliográfica galega sobre este tema, senón probablemente a que acada un maior impacto
científico. Destas, tres pertencen á Universidade de Santiago de Compostela (USC), un á da
Coruña e outro á de Vigo. Na primeira das universidades están os seguintes grupos: Economía
Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (Departamento de
Economía Aplicada) dirixida por M. Jordán Rodríguez e da que forma parte, por exemplo, a dra.
Rosa M. Verdugo, coñecida especialista en temas de estranxeiría; Escola Cultura (Departamento
de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social), dirixida polo profesor M.Á.
Santos Rego; e Análise Territorial (Departamento de Xeografía) liderado polos profesores R.C.
Lois González e X.M. Santos Solla, e do que eu mesmo formo parte xunto a outros investigadores
entre os que destacaría, polas súas achegas científicas en temas de xeografía da poboación, a J.A.
Aldrey Vázquez. Na Universidade da Coruña destaca a actividade científica desenvolvida na
Facultade de Socioloxía (Departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración) ao
redor de profesores como A. Izquierdo Escribano e D. López de Lera. Aínda que máis centrado en
aspectos relacionados coa demografía histórica, na Universidade de Vigo sobresae o equipo de
investigación coordinado polo profesor Abel Martín Losada Álvarez (Departamento de
Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas).
Fóra destes grupos de investigación, pero igualmente integrado na institución universitaria, destaca
por enriba de todos a Cátedra UNESCO sobre Migracións da Universidade de Santiago. O
coordinador da mesma é o dr. Antonio Eiras Roel, catedrático emérito de Historia Moderna da
Facultade de Xeografía e Historia da USC.
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
28
A decena de libros que tratan sobre inmigración en Galicia son recentes, xa que todos están
editados despois do 2000. Na maioría dos casos son interesantes polos datos que poidan achegar
pero, salvo catro excepcións, non os podemos considerar traballos científicos. É dicir, a maioría
son libros resultado de informes realizados por diversos organismos (Centro Económico e Social,
Consello Escolar de Galicia, Comisións Obreiras, etc.). As excepcións son un estudo sobre
interculturalidade e educación editado no 1999 pola Xunta de Galicia; un traballo sobre
inmigración e acción educativa (2003), outro do 2005 sobre temas de integración en tres
Comunidades Autónomas (entre as que está Galicia) e o máis recente (2006), de autoría colectiva,
no que se afronta de forma moi ampla e diversa o fenómeno migratorio en Galicia e Portugal. Sen
subestimar a calidade dos outros tres estudos, probablemente este último sexa o que proporcione
unha visión máis xeral do fenómeno da inmigración en Galicia na actualidade.
A pesar de que atopamos avances interesantes nos últimos anos, tampouco é destacado o tema da
inmigración estranxeira en artigos científicos. A día de hoxe aínda predominan os que se centran
nos movementos migratorios en xeral, na emigración, e incluso teñen unha presenza máis ou
menos destacada os relativos á emigración de retorno. Nos poucos que atopamos sobre
inmigración é habitual que os autores expliquen a situación de Galicia no contexto do Estado.
Ademais, aínda que existe un bo número de especialistas de diferente formación que traballan en
inmigración, observamos que hai unha baixa multidisplinaridade. Non traballamos xuntos e en
poucas ocasións colaboramos.
Para rematar, fago unha breve valoración persoal sobre as principias fortalezas e debilidades da
produción científica en temas de inmigración, sen outro obxectivo que contribuír a mellorar a
situación existente. Probablemente a fortaleza máis destacada é o aumento de interese que está a
acadar entre a comunidade científica galega. O incremento do número de publicacións sobre o
tema é constante e, o máis importante, tamén medran as perspectivas de análise. Cada vez son máis
as disciplinas que se preocupan por estudar este fenómeno aínda que en moi poucas ocasións
dende unha perspectiva multidisciplinar.
Entre as debilidades sinalamos tres. A escala autonómica ou rexional capitaliza as investigacións.
Desafortunadamente, non atopamos referencias importantes centradas no estudo de casos, tanto no
que respecta a territorios como a colectivos. Así, consideramos a necesidade de fomentar as
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
29
investigacións sobre inmigración e cidade e estudar os impactos que produce a presenza de
determinados colectivos (marroquís, subsaharianos, latinoamericanos, portugueses, etc.) nas
sociedades de acollida (dende pequenos núcleos rurais ata cidades ou barrios urbanos). En segundo
lugar, os artigos son presentados case na súa totalidade a revistas editadas en Galicia e España.
Aínda que as galegas son sobradamente coñecidas polos especialistas españois e moitas son de
fácil acceso fóra das nosas fronteiras por estar nas bibliotecas de distintas institucións e
universidades, considerámolo unha debilidade en canto estamos ante unha pobre difusión das
investigacións cara ó exterior. Sería interesante aumentar o número de artigos en revistas
científicas internacionais. En terceiro lugar, os temas de estudo destas achegas non logran cubrir o
amplo espectro de liñas de investigación que se poden incluír na investigación deste fenómeno e
incluso, en ocasións, os obxectivos e contidos son un tanto reiterativos. Por exemplo, bótase en
falta un maior número de investigacións aplicadas sobre os impactos deste tipo de inmigración na
política e nos servizos públicos (educación, saúde, etc.) ou os xa comentados estudo de casos a
escala local e a análise detallada de nacionalidades e procedencias.
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
31
BLOQUE II.
BASES TEÓRICAS
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
33
1. A INMIGRACIÓN NA ERA DA GLOBALIZACIÓN
A inmigración é o fenómeno demográfico que máis nos recorda que estamos nun sistema global.
Segundo estatísticas do Banco Mundial, estímase que 190 millóns de persoas residen fóra do seu
país de nacemento no 2005. O noso mundo é étnica e culturalmente diverso. Fronte á
homoxeneidade afirmada e imposta polo Estado ao longo da historia, a maioría das sociedades
civís constituíronse historicamente a partir dunha multiplicidade de etnias e culturas (Borja e
Castells, 1999). Nos últimos anos do século XX, a globalización da economía e o acelerado e
intenso proceso de urbanización incrementaron a pluralidade étnica e cultural de todos os
territorios (e especialmente das cidades) a través de procesos de migracións que interactúan a
diferentes escalas. Unha globalización que, en palabras de Milton Santos (2004), representa o paso
da internacionalización á mundialización e que, entre os seus aspectos positivos, destacan as
enormes posibilidades produto da mestura de pobos e culturas de todos os continentes. A
globalización empuxa a moverse a sectores de poboación cada vez máis importantes en todas as
partes do planeta. Aínda que a outra escala, o fenómeno non é novo. No desenvolvemento inicial
da economía capitalista, os movementos migratorios acadaron índices importantes, pero cun
predominio nos desprazamentos a escala rexional, entendidos como movementos campo-cidade.
Agora, os movementos prodúcense a escala mundial, porque é nesta escala onde se desenvolven
cada vez máis os procesos económicos (Pajares, 2000).
Non imos descubrir neste texto as características e os factores positivos e negativos do tan
estudado e debatido fenómeno da globalización. A internacionalización produtiva e a crecente
integración de mercados producen fluxos e redes de capital financeiro, de investimento estranxeiro,
deslocalizacións produtivas, transferencias de tecnoloxía, transaccións internacionais de bens e
servizos, expansión sen límites da sociedade da información, etc. Evidentemente, estes
comportamentos inflúen igualmente no desprazamento de persoas que, se ben xa existiron ao longo
da historia e en todos os continentes, o proceso acada dimensións extraordinarias no marco da
mundialización. Esta é resultado da continuación da relación asimétrica que vincula ao centro coas
periferias do sistema mundial (Pastor, 2001). É dicir, a subordinación periférica exercida polo
centro no contexto da globalización tamén afecta á mobilidade da poboación e o desenvolvemento
desigual no contexto da globalización é a causa principal dos masivos desprazamentos Sur-Norte.
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
34
A periferia socioeconómica, o Sur sociolóxico, participa da globalización e o desenvolvemento
desigual (figura 2). A diferenza das visións estereotipadas da opinión pública, os máis numerosos
desprazamentos de poboación na última década concéntranse en rexións economicamente
subdesenvolvidas e en territorios de economía emerxente. A principios da década dos 1990, case a
metade dos 80 millóns de internacionais de todo o mundo estaban concentrados na África
Subsahariana e no Oriente Próximo (Campbell, 1994).
Figura 2. Imaxe da globalización económica e sociocultural.
Poboación subsahariana inmigrante en Canarias
Fonte: www.elmundo.es (06-10-2006)
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
35
El profesor australiano Stephen Castles (2002) resume os fluxos procedentes da globalización en
dous tipos: os que el denomina “fluxos bos” e os “non desexados”. Os primeiros están compostos
polo capital, a propiedade intelectual, os traballadores cualificados e/ou necesarios para os nichos
laborais que se localizan no Norte e os valores culturais occidentais. Os segundos conteñen os
traballadores pouco cualificados, inmigrantes forzosos, refuxiados, modos de vida alternativos,
valores culturais non occidentais ou particularistas. Os fluxos aceptados circulan libremente,
mentres que os valorados como negativos enfróntanse ao peche de fronteiras e á criminalización
das redes transnacionais a través das que se organizan (De Lucas, 2003). Con outras palabras, coa
mundialización, as fronteiras son porosas para o capital especulativo, a tecnoloxía, a información e
a man de obra que conxunturalmente se necesita no Norte. Sen embargo, son infranqueables para
os millóns de desprazados que son expulsados do seu lugar de orixe como consecuencia desas
complexas relacións Norte-Sur. A pesar disto, a inmigración sen documentación ou en situación
administrativa irregular é como un regato de auga, ao enfrontarse a un muro vaise polos lados
(figura 3).
Figura 3. A traxedia da inmigración. O Marine I á deriva con 372 persoas. Localizado na costa
da África Occidental (a unhas 500 millas das illas Canarias) en xaneiro do 2007
Fonte: www.noborderscanarias.wordpress.com
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
36
Os inmigrantes son persoas que nos devolven as visitas que nos lles fixemos durante séculos: para
conquistalos, para explotar os seus recursos, para fuxir da miseria, etc.. Por mor das cambiantes
relacións Norte-Sur, agora son eles os que nos visitan. Non obstante, de acordo con Javier de
Lucas (2003), a política inmigratoria nos países da Unión Europea supón a mesma negación do
inmigrante, pois non se acepta que veña noutra calidade que non sexa a de traballador. Esta visión
tan instrumental do inmigrante produce un modelo de xestión da inmigración de corte
predominantemente policial e orientando case de forma exclusiva á loita contra a inmigración en
situación administrativa irregular.
Cara ao ano 1985 en case todos os países da Unión Europea desenvolvéronse lexislacións sobre
inmigración co obxectivo principal de evitar a entrada de novos inmigrantes. Unhas normas que
naceron coa intención de pór en serias dificultades á inmigración ilegal pero que igualmente ían
destinadas a recortar os dereitos das persoas inmigradas que xa vivían nestes países (Pajares,
2000). Na década dos 1990, aumentaron aínda máis as políticas restritivas. No actual decenio, esta
parece ser a tendencia predominante seguida pola maior parte das nacións europeas. Agora ben,
como fenómeno que é consecuencia dun proceso global, as políticas de inmigración e asilo terán
cada vez menos que ver con decisións nacionais para acadar unha responsabilidade de
harmonización supranacional ou continental (no noso caso da Unión Europea). De calquera xeito,
para o inmigrante estranxeiro, os países do chamado Primeiro Mundo son os países de chegada,
non de acollida (figura 4).
Figura 4. Inmigración e globalización.
Unha visión crítica dende o punto de vista dos humoristas gráficos
Fonte: El Roto, 2006 (www.elpais.es)
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
37
Esta tendencia a reducir o fenómeno migratorio a un problema de seguridade, tratándoa sempre a
partir dos riscos que comporta, diríxenos a un novo debate, o que relaciona globalización e
fronteira. De acordo coa franconorteamericana Susan George (2001), a globalización económica
desnacionaliza a economía nacional; en cambio, a inmigración renacionaliza a política. Exemplos
non faltan ao respecto.
Na actualidade asistimos, por un lado, á ruptura das fronteiras para o tránsito de persoas e sobre
todo de capitais en todo o mundo e, no caso que nos ocupa, na Unión Europa. Existe un consenso
crecente para levantar os controis fronteirizos que pesan sobre o fluxo de capitais, de información,
de servizos e, en definitiva, sobre todo aquilo que facilite a globalización. Por outro, co obxectivo
de axilizar todos estes fluxos, buscamos a máxima permeabilidade, en clave de cooperación
transfronteriza, entre diferentes rexións europeas. A cooperación transnacional, transfronteriza e
interrexional está amplamente promovida dende instancias do máximo órgano comunitario, sobre
todo a través da coñecida iniciativa Interreg (I, II e III). Un exemplo coñecido para todos nós son
os diferentes Interreg aprobados para a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Sen embargo,
mentres os produtos flúen con enorme facilidade dende os centros de produción do Sur menos
desenvolvido cara ao Norte máis opulento, as fronteiras fanse cada vez máis duras e infranqueables
para o tránsito de persoas, incluso entre países non veciños. Cando se trata de inmigrantes e
refuxiados, os países máis desenvolvidos reclaman todo o seu esplendor afirmando o seu dereito
soberano a controlar as súas fronteiras (George, 2001).
Como consecuencia, as fronteiras Norte-Sur asimílanse a unha área militarizada, permanentemente
reforzadas coa intención de repeler as entradas inmigratorias. En España, políticos e medios de
comunicación debaten e reflexionan sobre cómo frear a chegada de inmigrantes, e todas as
propostas están encamiñadas na dirección do fortalecemento das fronteiras: dende acordos
políticos con países africanos (que limiten as saídas migratorias en orixe) ata aumentar as
dotacións policiais e militares (que impidan a entrada de inmigrantes en destino). Nunca tanto
como agora, a Axencia Europea para a xestión da cooperación operativa nas fronteiras exteriores
(FRONTEX) fora tan coñecida e estivera de tanta actualidade en España (figura 5).
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
38
Figura 5. Inmigración e fronteiras: físicas, administrativas, ideolóxicas
Fontes: www.estrecho.indymedia.org; www.nuevorden.net/d_20.html;
www.nodo50.org/derechosparatodos
Neste sentido, un caso extremo é a fronteira Estados Unidos-México que, entendida como a máis
importante liña fronteiriza entre o centro desenvolvido e a periferia empobrecida, estará separada
por un novo muro da vergoña de 1.226 quilómetros. "Sabemos que os muros funcionan, é hora de
facelos realidade", dixo na sesión do venres 29 de setembro de 2006 o senador do estado de
Alabama Jeff Sessions (Partido Republicano). Esta muralla afecta a catro estados dos Estados
Unidos de América (California, Novo México, Arizona e Texas) e seis de México (Baixa
California, Sonora, Chihuahua, Coahuila, Novo León e Tamaulipas) (figura 6). O seu obxectivo é
frear o cruce de inmigrantes sen permiso de residencia. O custo de construción estímase en 8.000
millóns de dólares. Ademais da construción do muro, que se proxecta como unha dobre barda cun
corredor vehicular no medio, os senadores autorizaron poñer en funcionamento novas cámaras de
vídeo, sensores e avións non tripulados de vixilancia así como un incremento excepcional de 1.500
novos axentes da Patrulla Fronteiriza ata acadar a cifra de 14.800. No 2005 morreron na fronteira
sur de Estados Unidos un total de 472 persoas, case o dobre que seis anos atrás. En definitiva, un
muro que viría a separar non dous bloques e/ou potencias políticas como o coñecido de Berlín,
senón dous mundos económicos e dous mundos demasiado necesitados un do outro pero abocados
a situacións de odio e conflito permanente.
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
39
Figura 6. Realidades na fronteira México-Estados Unidos, proposta de muro e recreación
dos controis de vixilancia na nova fronteira murallada
Fonte: www.commons.wikimedia.org/wiki/Category:US-Mexico_barrier
Estas reflexións levan a situar o estudo da inmigración estranxeira en Galicia na clásica relación
Norte-Sur na era da globalización. Durante toda a súa historia contemporánea, Galicia participou
de case todas as correntes migratorias españolas importantes. Dende a década do 1880 ata
mediados do 1970, entre un e dous millóns de galegos abandonaron a súa terra para dirixirse a
América, Europa ou ás cidades máis industrializadas de España (Villares e Fernández, 1996).
Como resultado, o saldo migratorio foi negativo ata 1983. O cambio de tendencia comeza a
mediados da década dos 1990. Galicia deixou de ser un territorio fundamentalmente rural e con
problemas de atraso estrutural para integrarse definitivamente dentro das sociedades opulentas no
Norte, urbanas e articuladas no noso continente pola Unión Europea (Lois e Verdugo, 2006).
A partir deste momento Galicia, aínda que segue a manter algún fluxo importante cara ás Illas
Canarias e a Andorra, caracterízase polo aumento da inmigración estranxeira. O mapa de
traballadores foráneos, en canto á tendencia dos fluxos e á caracterización dos distintos colectivos,
é similar ao do conxunto do Estado Español. Sen embargo, as nosas xeografía e historia introducen
certas particularidades que contribúen a caracterizar o fenómeno da inmigración exterior en
Galicia:
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
40
1. A situación de Galicia na semiperiferia da Península Ibérica e de Europa sitúana fóra dos
principais fluxos de inmigración. Os procedentes de África entran polo sur peninsular e as
Illas Canarias e os europeos non comunitarios cruzan os Pirineos para despois dirixirse ás
áreas urbanas máis desenvolvidas e aos territorios emerxentes do Estado. Como resultado, o
índice de estranxeiría en Galicia é máis baixo que a media de España.
2. A inmigración que recibe Galicia, como en toda relación Norte-Sur, está integrada
fundamentalmente por traballadores pouco cualificados e cidadáns procedentes do mundo
menos desenvolvido (latinoamericanos, africanos, europeos centro-orientais e asiáticos). A
diferenza das rexións mediterráneas españolas (incluídas as Illas Canarias), Galicia, como
país atlántico, non é atractivo á residencia permanente ou temporal de xubilados e/ou
profesionais de medio e alto poder adquisitivo procedentes da Europa comunitaria (figura
7). Non obstante, a diferenza destas, Galicia ten unha importante relación de mobilidade
recíproca con Portugal. A cooperación transfronteriza e a permeabilidade cara ao
desprazamento de persoas na raia galego-portuguesa favorecen o fortalecemento da
eurorrexión e, polo tanto, a presenza crecente de traballadores portugueses no noso país. En
consecuencia, nas nosas análises é necesario diferenciar entre unha inmigración estranxeira
extracomunitaria e outra comunitaria dominada polos portugueses. Tanto nun como noutro
caso, son desprazamentos moi ligados a procesos de dependencia e cooperación produto da
globalización.
3. A longa historia emigratoria galega produce unha longa historia de emigrantes retornados.
Aínda que estes non os podemos considerar inmigrantes estranxeiros (ben teñen a
nacionalidade española ou a dobre nacionalidade, ou ben moitos naceron no estranxeiro pero
son fillos de galegos) si debemos valorar a súa influencia na entrada de nova poboación
estranxeira procedente deses países. Moitos poden ser familiares de galegos emigrados que
xa naceron no exterior, pero outros moitos poden ser nacionais sen ligazón familiar con
Galicia que, debido tanto ao contacto con galegos emigrados como á influencia cultural de
Galicia, se senten atraídos por Galicia, feito que favorece a súa elección como país de
emigración. Isto pode suceder con inmigrantes procedentes de países de América Latina con
importante presenza galega e que están pasando dificultades económicas (Arxentina,
Uruguai, Venezuela, etc.).
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
41
Figura 7. Principais fluxos inmigratorios en Europa
Fonte: Secretaría de Estado de Inmigración y Emigración,
Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales (www.extranjeros.mtas.es/)
En definitiva, os fluxos inmigratorios en Galicia son os propios dunha sociedade urbana e un país
perfectamente integrado na economía capitalista internacional. Aínda así, Galicia ten unhas
particularidades especiais produto do seu estado de desenvolvemento, a súa situación na
semiperiferia europea pero que comparte fronteira con Portugal e dunha historia marcada polas
saídas emigratorias a América e á Europa opulenta.
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
42
2. INMIGRACIÓN E ESTADO DO BENESTAR EN GALICIA.
UNHA PROPOSTA PARA O DEBATE
Unha primeira reflexión debe comezar por manifestar o pouco valor dado ao fenómeno
inmigratorio en Galicia fóra do que son as institucións que traballan con estes colectivos. Isto
constátase na falta de individualización de datos sobre inmigración e estranxeiros en case todos os
departamentos autonómicos que, en maior ou menor medida, se poderían ver afectados pola
entrada de novos fluxos migratorios. Evidentemente, esta falta de datos é un obstáculo, en ocasións
insalvable, para a realización de investigacións sobre a materia. En segundo lugar, queremos deixar
constancia da escaseza de traballos publicados en España en xeral e en Galicia en particular sobre
inmigración e Welfare State. Fronte á extensa bibliografía sobre o Estado do Benestar e ás veces
abafadora sobre a inmigración na actualidade, existen escasas referencias á relación entre estes
dous, na medida, por exemplo, de coñecer o papel desempeñado pola poboación inmigrante no
desenvolvemento do Welfare State ou en qué nivel poden influír os servizos do benestar na entrada
de inmigrantes nun territorio determinado. Estudos específicos destinados a afondar sobre estas
cuestións contribuirían a coñecer en maior medida o valor da inmigración estranxeira na
consolidación democrática do Estado social.
O estudo sobre a relación entre inmigración e Estado do Benestar pódese afrontar dende variadas
perspectivas: a inmigración como factor fundamental para sustentar o Welfare State; a integración
dos inmigrantes nos servizos do Estado do Benestar; a política de benestar e a súa contribución
para reducir a pobreza económica das rendas básicas; a inmigración e o aumento do desemprego
(crise do Estado do Benestar), etc. A nosa contribución a este debate parte de considerar á
poboación inmigrante, tanto pola súa idade media como polas súas características
socioprofesionais, como un factor fundamental na consolidación do Estado do Benestar debido ao
seu papel como ofertante de forza de traballo (cotizacións á Seguridade Social) e consumidor de
servizos sociais ofrecidos polas administracións públicas. Recentemente, o Instituto de
Migraciones y Servicios Sociales (IMSERSO) informaba que non hai un uso abusivo dos
inmigrantes das prestacións que ofrece o Estado do Benestar español. Sen dúbida, como hipótese
de partida, esta é unha afirmación de gran valor, sobre todo cando está demostrado o papel que
desempeñan os inmigrantes (mediante as cotizacións á Seguridade Social) no financiamento deste
Estado do Benestar. A Oficina Económica del Presidente (2006) informa na mesma dirección:
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
43
fronte á idea errónea de que os inmigrantes reciben máis do que achegan, os inmigrantes están
contribuíndo favorablemente ao superávit público, debido á progresividade do noso sistema fiscal.
En España estímase que un superávit duns 5.000 millóns de euros no 2005, o 0,5% do PIB, pode
deberse directamente á inmigración, o que supón a metade do total do superávit das
administracións públicas.
Debemos ter en conta que aínda non hai moitos inmigrantes pensionistas, pero os que traballan
xeran dereito a pensión. Hoxe en día, os inmigrantes cotizan á Seguridade Social por 8.000 millóns
de euros e reciben pensións por valor de 400 millóns de euros. Polo tanto, nos próximos anos este
impacto positivo sobre o superávit irá reducíndose e incluso cambiará de signo a longo prazo
(Oficina Económica del Presidente, 2006). Sexa como sexa, na actualidade estes estranxeiros
achegan ao Estado máis do que realmente consumen en forma de servizos e prestacións socias de
carácter público.
Raramente entenderiamos a universalización de servizos públicos como a sanidade, a educación, a
política de vivenda ou o desemprego, entre outros, sen comprender os fundamentos e o
desenvolvemento do Estado do Benestar. O Welfare State constitúe un tipo de Estado cunhas
orixes que se remontan á Alemaña de Bismarck ou incluso antes, pero que tivo a súa consolidación
tras a Segunda Guerra Mundial nas democracias capitalistas europeas ora coa aplicación de
propostas programáticas de acción política específica (Beveridge, Reino Unido), ora coa
constitucionalización explícita do Estado democrático e social (sozialer rechtsstaat, artigo 20.1 da
Lei Fundamental de Bonn; art. 1 da vixente Constitución Española)” (Puy, 1994). Así, o Estado
benfeitor quedou establecido a partir de 1945 dentro dun novo modelo de regulación do ciclo
económico social (Bilbo, 1990), ao redor da política económica definida polo inglés John Maynard
Keynes e á súa Teoría Xeral e á doutrina do Report Beveridge.
Os trazos característicos do Welfare State pódense resumir en tres principias: intervención estatal
na economía para manter o pleno emprego ou a máxima ocupación; a provisión de carácter público
dunha serie de servizos sociais universais (educación, sanidade, vivenda, axudas familiares e
pensións) e, en terceiro lugar, a responsabilidade estatal no mantemento dun nivel mínimo de vida,
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
44
entendido como un dereito social, non como caridade pública. Este é un avance de primeira
magnitude, pasando en tan só nunhas poucas décadas dende uns servizos da caridade ou
beneficencia a outros do benestar. Da mesma maneira, este feito constata un proceso evolutivo
paralelo á do paso dun estado benéfico a dun estado protector.
Precisamente ao final da Segunda Guerra Mundial, en plena construción do Estado do Benestar,
moitas destas nacións europeas necesitaron da man de obra exterior para reconstruír as súas
economías. Os países do sur de Europa foron os primeiros en achegar traballadores (Portugal,
España, Italia, Grecia e Turquía) aos do centro e norte. En pouco máis dunha década (1962-1974),
un total de 243.939 galegos emigraron a algún país europeo. Durante todo o período de emigración
a Europa, Galicia está entre as rexións españolas que máis traballadores achega. En poucos anos
seguíronlle outras nacións norteafricanas (Marrocos e Alxeria) e mesmo doutros lugares máis
afastados (ex colonias británicas). Nesta peculiar relación entre orixe e destino, os factores de
expulsión desempeñaron un papel fundamental no desenvolvemento destes procesos migratorios.
Sen embargo, a maioría de expertos están de acordo que nestes movementos migratorios europeos
predominaron os factores de atracción.
A política migratoria posbélica na Europa central potenciou a sinatura de convenios con países que
enviaban poboación en idade activa, determinadas concesións ás nacións de destino co obxectivo
de potenciar fluxos migratorios, etc. Aínda así, no caso galego, os factores de expulsión sempre
desempeñaron un papel fundamental. Incluso cando a crise económica de 1973 reduce de maneira
considerable o número de saídas e toma plena consideración o retorno, Galicia continúa a expulsar
poboación ata o punto de chegar a representar máis do 50% dos emigrantes españois a Europa
durante a segunda metade da década dos 1970. Así, ao tempo que diminúe a saída de galegos
dende 1973 aumenta a representatividade dos galegos na emigración española cara a Europa
(figura 8). O resultado deste alongamento no tempo da emigración galega a Europa é que, durante
anos, os que non retornaron van convivir na Europa central cos novos fluxos migratorios que
chegan maioritariamente de África. E os novos galegos emigrados tiveron que competir nun
mercado laboral en crise cos colectivos procedentes do mundo subdesenvolvido.
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
45
Figura 8. Emigración continental asistida. Número de saídas de galegos e porcentaxe
da emigración continental galega con respecto ao número de saídas de españois cara a Europa
Ano Total Galicia % España Ano Total Galicia % España Ano Total Galicia % España
1962 9.763 14,94 1963 16.295 19,46 1964 23656 23,15
1965 16.333 21,91 1966 13.640 24,01 1967 7.033 27,14
1968 12.500 18,74 1969 19.997 19,83 1970 21.850 22,37
1971 29.057 25,55 1972 27.201 26,12 1973 28.039 29,18
1974 18.575 36,64 1975 8.001 38,80 1976 5.289 43,62
1977 5.540 48,87 1978 6.405 53,40 1979 7.802 59,92
1980 8.041 57,17
Fonte: elaboración propia a partir de INE
Neste contexto dominado pola necesidade de man de obra estranxeira para as respectivas
reconstrucións nacionais, prodúcese un proceso de afirmación dos dereitos humanos que foi
asumido sobre todo nos países que estaban a desenvolver o modelo de Estado social e de
fortalecemento democrático do Estado do Benestar. Promovéronse acordos e convenios
internacionais, estableceuse o dereito de asilo como piar básico das democracias europeas,
posicionáronse categoricamente contra o racismo e a xenofobia, etc. (Pajares, 2000). Pero ante
todo, como correspondía nun sistema de benestar, púxose en práctica a universalización dos
dereitos e desenvolveuse o principio da igualdade ante a lei.
0
5.000
10.000
15.000
20.000
25.000
30.000
35.000
1962
1963
1964
1965
1966
1967
1968
1969
1970
1971
1972
1973
1974
1975
1976
1977
1978
1979
1980
Nº s
aída
s
0
10
20
30
40
50
60
70
% to
tal s
aída
s Esp
aña
Total Galicia % España
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
46
Así, en todo o relacionado coa escolarización dos fillos, o acceso aos servizos de saúde ou ás
prestacións por accidentes de traballo, os inmigrantes recibían as mesmas prestacións que os
cidadáns nativos. Os subsidios de paro, nunha situación xeneralizada de pleno emprego, non
suscitaron discusións. Sobre as pensións de xubilación non se pensou demasiado, como en Galicia
e España a día de hoxe, fundamentalmente porque a maioría dos inmigrados estaban nos inicios da
súa idade laboral. Aínda así, en moitos países asináronse convenios que garantían a recepción dos
subsidios nos seus países de orixe unha vez os traballadores cumpriran os seus anos de cotizacións.
É dicir, protexíase a presenza do inmigrante durante a súa idade laboral, precisamente cando máis
produce pero tamén cando máis consume. Sen dúbida isto entra na lóxica socialdemócrata do
Estado do Benestar: o traballador deixa de ser valorado unicamente como man de obra para darlle
unha función primordial como consumidor. No momento que este acade a súa idade de xubilación,
respectaranlle os anos cotizados en forma de concesión dunha pensión estea ou non no país de
acollida. Agora ben, se o inmigrante retorna ao seu país, o inmigrante non supón unha carga
especialmente dura para a economía do país receptor. É verdade que cobra unha pensión, que
anteriormente el mesmo contribuíu a sufragar, pero non consume servizos sociais e sanitarios
propios dunha idade avanzada. En definitiva, a integración estaba asegurada a través do traballo
(valorábanse fundamentalmente como estranxeiros que viñan aos países a cumprir uns contratos de
traballo sen máis) pero tamén eran considerados cidadáns de pleno dereito.
A partir da depresión económica de mediados dos anos 1970, este modelo de Estado comeza a
entrar en crise. As fórmulas keynesianas de posguerra parece que xa non son adecuadas para facer
fronte á crise fiscal e económica. Así, formulacións como a crise fiscal, a inflación, o freo ao
desenvolvemento económico, a fin do pleno emprego e a súa substitución polo desemprego
masivo, etc. foron e continúan sendo as principais causas polas que optan moitos autores á hora de
analizar as causas do desmantelamento do Estado do Benestar. Non obstante, baixo este clima
económico negativo, que na década dos 1980 coincide cun aumento das teses ideolóxicas máis
conservadoras (exemplificados na Gran Bretaña de M. Tatcher e os EE.UU. de R. Reagan)
escóndense uns fundamentos ideolóxicos polo cal se pode falar, como diría Mishra (1989), dunha
crise ideolóxica de confianza no Estado de Benestar da posguerra.
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
47
Coa crise do 1973 a situación mudou de facto tamén para os inmigrantes: o desemprego afectou
tamén a estes colectivos que, precisamente, son os primeiros prexudicados polas políticas de
regulación de emprego. Os países de destino intentaron pechar as súas fronteiras e favorecer o
regreso dos migrados coa intención de alixeirar o saturado mercado laboral. Iníciase así unha nova
etapa restritiva á entrada de traballadores estranxeiros comezando coa ruptura daqueles acordos
destinados ao recrutamento de man de obra do exterior. Como resultado, entre 1973 e 1989, os
fluxos de inmigración entran nunha fase de crecemento máis moderada e inauguramos unha nova
etapa de emigración de retorno (aumento das taxas de desemprego e entrada da primeira xeración
de emigrantes na idade de xubilación). A pesar destes esforzos, moitos estranxeiros optaron por
quedar nos países de acollida e, aínda que numericamente menos numerosas, chegáronse a xerar
novas ondas á Europa occidental máis desenvolvida. É dicir, moitos inmigrantes (empregados ou
non empregados) optaron por quedarse en Europa. Neste sentido non debemos esquecer que aínda
con incremento das taxas de desemprego, hai sectores de produción que demandan man de obra
barata que é cuberta por inmigrantes.
En conclusión, ao tempo que o mercado laboral dos países centroeuropeos deixa de ser atractivo
aos inmigrantes, estes afúndense nunha crise xeneralizada (económica, ideolóxica, do Estado
social…) e os gobernos asumen que non necesitan máis inmigrantes. Nesta situación de crise do
Welfare State, prodúcese un intenso debate sobre inmigración e servizos do benestar. Dende
mediados da década dos 1970, na opinión pública atopamos tres posicións contrapostas (Aparicio e
Tornos, 2002):
1. A postura anti-inmigración. Os servizos do benestar contribúen a aumentar a entrada de
migrantes (efecto chamada) coa consecuencia última de deteriorar a calidade dos fluxos.
Para os defensores desta postura radical, a solución sería o peche absoluto de fronteiras.
2. A defensa incondicional do inmigrante. Defenden o seu pleno acceso aos servizos de
benestar, independentemente dos efectos que produza nos fluxos migratorios e no
mantemento dos servizos.
3. Entendida como unha postura intermedia, unha terceira idea propón a extensión das
políticas de benestar aos inmigrantes pero con limitacións. Estas políticas deben ser
axustadas ao novo contexto, de modo que sexan realmente efectivas para a integración
dos inmigrantes e non produzan efectos non desexados.
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
48
Na década dos 1980, a integración a través do traballo non estaba asegurada. Ante o fracaso
relativo da política de “peche de fronteiras”, prodúcese un cambio de estratexia que inclúe a
promoción de políticas de integración por parte dos países de destino coa intención de facilitar a
convivencia entre a poboación autóctona e os inmigrantes estranxeiros, mesurar a paz social e
loitar contra a inseguridade cidadá. É dicir, os países máis desenvolvidos de Europa tomaron
conciencia de que os inmigrantes formaban parte das súas sociedades e que era necesario
desenvolver políticas especificamente destinadas a estes colectivos. Pero, non nos enganemos,
tratábase dunhas políticas de integración que naceron como un tema de seguridade, como unha
resposta e un medio de loita contra a conflitividade social.
Desta maneira, a integración do inmigrante entrou no debate político das nacións europeas na
década dos 1980. Por un lado, asistimos ao aumento dos fluxos inmigratorios en Europa a finais
dos anos 1980. Uns fluxos que progresivamente incorporan novas nacionalidades de orixe (ex-
soviéticos, ex-iugoslavos, etc.), novos países de destino (o sur de Europa, fundamentalmente países
tradicionalmente emigratorios como España e Italia), novas categorías de migrantes (refuxiados e
solicitantes de asilo, familiares reagrupados, "temporeros", etc.) e novas relacións internacionais ao
carón da globalización. Por outro, os gobernos están obrigados a reflexionar sobre o papel dun
Estado do Benestar que estaba en pleno proceso de desmantelamento pero que, para a maioría dos
expertos, debería desempeñar un papel primordial nas novas e complexas políticas multisectoriais
dirixidas a facilitar a integración do colectivo inmigrante. O reto é, sen dúbida, complexo pero
tamén apaixonante.
Evidentemente, a situación en España non coincide co proceso xeral en Europa. A ditadura militar de corte fascista que gobernou España durante case catro décadas fixo que a aceptación dos principios do Estado do Benestar fose tardía, precisamente no momento que outras nacións europeas desconfiaban da súa eficiencia e optaban pola progresiva destrución. Polo tanto, a pesar dos esforzos realizados (sobre todo na segunda metade da década dos 1980), o Estado do Benestar en España é débil e está pouco desenvolvido. España asumiu a crise do modelo de Estado social en pleno proceso de construción do mesmo. Coincidindo con esta curta pero intensa etapa de creación e crise do Estado do Benestar en España (1985-1991), o noso Estado mellora considerablemente o seu nivel de desenvolvemento económico e social e intégrase como país de pleno dereito na Unión Europea (1986). Entre outras consecuencias, España incorpórase ao grupo de países que recibe
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
49
inmigrantes. Agora ben, isto acontece cando moitos dos debates sobre o tema estaban máis ou menos superados en Europa. E é por isto que en España se falou de integración dende o mesmo momento no que se comezou a falar de inmigración. A diferenza de países como Francia ou Alemaña, en España non houbo uns anos de recepción importante de inmigrantes sen estar oficialmente formulada a cuestión da súa integración (Aparicio e Tornos, 2002). Así, o recente do fenómeno e a falta de experiencia explica que as políticas de integración en España estivesen dende o seu inicio directamente influídas polas estratexias desenvolvidas noutros países do noso contorno, sen definir un auténtico modelo en función da nosa propia problemática. A partir deste momento, o debate sobre Estado do Benestar e inmigración é abordable dende diferentes ópticas e perspectivas (figura 5). Como achega ao debate, podemos resumilas en catro reflexións, cando menos polémicas, esgrimidas por Aparicio e Tornos (2002):
a) hai voces que atribúen ás prestacións do benestar a chegada de continxentes que non van a atopar traballo; b) as prestacións por desemprego e a universalidade no acceso e uso de servizos públicos fundamentais produce unha suposta falta de interese por atopar traballo na poboación inmigrante; c) algunhas persoas chegan a preguntarse sobre se as prestacións do benestar non son ás veces utilizadas polos inmigrantes para manter unha vida marxinal dependente e precaria respecto ás sociedades de acollida, pero en realidade pouco integradas e creadoras a longo prazo de bolsas de marxinación; d) en sentido contrario e dende puntos de vista máis integradores e amables, atopamos voces que se preguntan se as institucións do benestar cumpren suficientemente cos inmigrantes no obxectivo de evitar situacións miserables e desesperadas que, a medio ou longo prazo, poden chegar a xerar conflitividade.
Independentemente da opinión de cada persoa e da ideoloxía sobre a que se fundamente, a realidade é que España está agora entre os países europeos con taxa de estranxeiría elevada. Estamos así no momento adecuado para preguntarse sobre as posibilidades de desenvolver políticas públicas estruturadas a partir dun tipo de discriminación positiva. Na actualidade, a integración do inmigrante prodúcese a partir dos mesmos servizos do benestar que existen para os cidadáns nativos. É dicir, a integración dos inmigrantes en España defínese como aquela situación na que estes comparten os mesmos dereitos e obrigas que os españois (Aparicio e Tornos, 2002).
I n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e t e r r i t o r i o e n G a l i c i a
50
En definitiva, é necesario evitar discursos e interpretacións fáciles dun fenómeno moi complexo
que demanda a intervención a partir de políticas multisectoriais que, en clave de discriminación
positiva ou non, loiten contra a exclusión social (entendido como o reverso da integración) do
inmigrante. Os servizos públicos propios do Estado do Benestar desempeñan neste campo un papel
primordial, dada a súa ampla capacidade para intervir tanto sobre as consecuencias desta exclusión
como sobre os factores que producen esa mesma exclusión.