JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
O 9 de mazo recibimos a
visita do escritor, ilustrador, pintor,creador de cómics e profesor de
debuxo JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
Comentou cos rapaces/as de 3º ciclo de primaria o seu libro “Mil cousas poden pasar”.
Este foi un libro que os alumnos/as leron durante o 2º
trimestre.
Con este mural e unha lista de preguntas preparamos a súa visita.
Todos moi atentos o escoitamos e así descubrimos moitas cousas do libro, como que o nome dunha dos fillos do rei do mar, NEDA, estaba inspirado no nome do noso pobo. A inspiración veu despois de que Jacobo visitase a biblioteca municipal parecéndolle o nome de NEDA un nome moi bonito para unha rapaza.
Él tamén escoitou e respondeu a todas as preguntas que lle fixeron os nenos/as.
O final ilustrou e firmou cada un dos libros dos rapaces/as.
Este foi o debuxo que nos
deixou como recordo do seu paso polo noso colexio.
Moitas gracias Jacobo