www.festivalmardemares.orgA CORUÑA 24/09 - 29/11 2015
DE
MARESF
oto
gra
fía: D
avid
Do
ub
ilet.
Ban
co
de b
arr
acu
das
en
Pap
ua N
ew
Gu
inea. E
xp
osi
ció
n e
en
co
ntr
o c
on
Do
ub
ilet
no
Fest
ival M
ar
de M
are
s.
#MardeMares2015
A celebración dos océanos: exposicións, encontros, obradoiros, mercado do mar e moito máis...
2 3
DE
MARES
P. 4-5
P. 6-12
P. 13-18
P. 19-22
P. 23
P. 24
P. 25-27
P. 28-31
P. 32-33
P. 35
O Festival
Expos&arte na rúa
Océanos: retrospectiva David Doubilet
Luís Seoane e o mar. Liberdade, cadea, refuxio ou campa
Somos Mar
Cidade azul: arte na rúa
Mural urbano en defensa do mar
Perseguindo a Mr. Goodfish
Obradoiros e programa educativo
Obradoiro de fotografía submarina
Mergúllate en océanos
Safari fotográfico: A Coruña e o mar
Visita a Sogama + Acción con COGE3
Coida a praia todo o ano. Acción educativa permanente
Un día con xentes do mar
Debuxa a lonxa
O mar a fondo
Encontros
Storytelling: Reinos de coral e imperios de xeo
Encontros cos artistas da exposición Somos Mar
Café científico: azul, a cor do mar
Café con Mr. Goodfish. Revelacións mareantes na mesa dun bar
Activismo & educación ambiental
Mercado do mar
Mercado
Gastronomía
O cru e o cocido
Actúa
Limpeza dos coídos de punta Herminia
Decálogo; ti podes mellorar a saúde dos mares
Celebra o Mar
Arte azul no barrio da Peixería
Festa na praia
Celebra Somos Mar
Calendario
Créditos
www.festivalmardemares.org
© D
avid
Dou
bile
t/ L
eone
s mar
inos
aus
tral
iano
s
4 5
O festival
Onde se celebra?
Mar de Mares é un encontro
artístico, educativo e lúdico de
celebración e preservación do mar
que, nesta segunda edición do
2015, muda o seu nome de Festival
Marea Alta polo de Mar de Mares.
Celébrase na Coruña entre o 24 de
setembro e o 29 de novembro.
O Festival constitúe un evento
internacional que xira arredor do
mundo mariño e a través do cal se
salienta a importancia dos océanos
e do seu ecosistema como fonte
de riqueza natural imprescindible
para todos os habitantes do noso
planeta, residan ou non en zonas
costeiras. O 80% do osíxeno que
respiramos vén do mar, polo que
algúns científicos o denominan “o
bosque invisible”.
É por isto que Mar de Mares
busca concienciar as institucións,
as empresas e a cidadanía da
necesidade de protexer o hábitat
mariño para garantir a súa
sustentabilidade.
Tras unha primeira edición, na que
nos centramos nas ameazas, na
edición do ano 2015 queremos
focalizar a nosa atención no valor
do mar no século XXI. O mar como
ecosistema de impresionante
beleza, patrimonio mundial e, polo
tanto, responsabilidade de todos.
Mar de Mares contará coa presenza
de investigadores, artistas e
expertos en temas mariños que
nos amosarán os seus avances en
campos tan apaixonantes como
a pesca sustentable, a fotografía
submarina, a gastronomía
ou a reciclaxe mariña, entre
moitos outros. O Festival Mar de
Mares constitúeno exposicións,
obradoiros, encontros con artistas,
científicos e representantes do
sector industrial, debates, charlas,
storytelling, gastronomía, accións
directas de preservación como
as recollidas de lixo nas praias e,
ao igual ca na edición anterior,
contaremos cun Mercado do
Mar. Máis de trinta actividades
deseñadas para gozar, pero tamén
para coñecer, tomar conciencia e
actuar e no que este ano destacan
o submarinismo como deporte aliado
das ciencias mariñas, a arte
contemporánea galega, coa
participación de numerosos artistas
e colectivos, e a recuperación da
memoria da cidade con relación
á súa vinculación histórica co
Atlántico. Benvidos á segunda
edición do Festival Mar de Mares!
A Coruña volve ser a capital da
defensa e conservación do mundo
mariño e entre os obxectivos do
Festival atópase o de ampliar a
programación aos barrios da cidade
con máis tradición mariñeira, como
a Peixería ou o Paseo Marítimo.
Contamos coas sedes da edición
anterior, a Sala de Exposicións
Palexco, o Kiosco Alfonso, o
Aquarium Finisterrae, a Domus,
a Lonxa e os Xardíns de Méndez
Núñez, ás que se engaden tamén
a Fundación Luis Seoane e a Casa
da Auga. E, no empeño de medrar,
chegamos a Vigo, onde teremos
unha exposición no Museo do Mar
de Galicia.
6 7
expos & arte na rúaOCEÁNOS. RETROSPECTIVA DE DAVID DOUBILET DAVID DOUBILET
David Doubilet (NovaYork, 1946) é
probablemente o mellor fotógrafo
submarino do mundo. Calquera
apaixonado do mar e do seu ámbito
seguramente se atopou nalgún
momento da súa vida con algunha
das súas fascinantes instantáneas.
Cun percorrido profesional que dura
case 50 anos —no 1970 publicou a
súa primeira reportaxe na prestixiosa
publicación National Geographic—,
Doubilet explorou as augas de todo o
planeta desde o suroeste do Pacífico,
pasando por países coma Nova
Celandia, o Xapón ou Canadá, ata
o noroeste do Atlántico, sen lles ter
medo ás raias velenosas ou ás quenllas
dormentes no mar Caribe.
Agora temos a sorte de recibilo por
primeira vez en Galicia para presentar
unha retrospectiva única e abraiante.
A exposición recolle as cen mellores
imaxes do especialista neoiorquino
que, ao longo da súa carreira, non só
quixo resaltar a beleza dos fondos
mariños, senón que tamén quixo
insistir na necesidade de soster e de
preservar os mares.
A mostra de David Doubilet,
procedente do Stadtmuseum
Schleswig / Städtische Galerie
Iserlohn, compleméntase coas
visitas comentadas por mergulladores
(pax. 14), co storytelling (pax. 19)
e co obradoiro de fotografía
submarina (pax. 13).
“Temo que moitas das miñas imaxes submarinas se convertan en documentos dun
universo perdido. É un pensamento que me aterra”. D.Doubilet
- KIOSCO ALFONSO
- DO 24/09 AO 29/11, DE LUNS A DOMINGO DE 12 A 14 H E DE 18 A 21 H
- ENTRADA DE BALDE
+ INFORMACIÓN: www.daviddoubilet.com
© D
avid
Dou
bile
t. Pe
scad
ores
en
Kim
be B
ay
8
LUIS SEOANE E O MAR. LIBERDADE, CADEA, REFUXIO OU CAMPA LUIS SEOANE
A Galicia fáltalle a descrición da
epopea dos seus pescadores.
Segundo Seoane, Galicia está
permanente no mar, e o mar pode
darlle a vida ou a morte. O mar é
territorio, foi fronteira natural contra
invasores e é, asemade, camiño;
camiño de antigas conquistas,
camiño de mitos e historias do
pasado que acaban por ocupar o seu
imaxinario, como fixeron Breogán,
Santiago Apóstolo, ou os homes
dotados de escamas que habitan as
ondas das súas lendas. Pero o mar
é tamén camiño de salvación para
todos os que sufriron o desterro, e é
a vía pola que canalizar a esperanza
de todos os emigrantes que
o atravesan buscando o pan.
Este mar é un medio físico que
intervén na vida dos seus habitantes
e que determina e conforma o seu
carácter. “O mar violento cor de
aceiro”, dota Galicia de “paisaxes
estrañas”. A percepción de todas
as formas xurdidas do ámbito
contribúe a forxar un temperamento.
A “grandeza tráxica” do mar é,
segundo Seoane, a vida de Galicia.
A mostra inclúe óleos, debuxos e
proxectos editoriais de Luis Seoane,
co mar como protagonista.
- FUNDACIÓN LUIS SEOANE
- DO 24/09 AO 29/11, DE MARTES A DOMINGO DE 11 H A 15 H E DE 17 H A 21 H
LUNS PECHADO
- ENTRADA DE BALDE
+ INFORMACIÓN: www.fundacionluisseoane.gal
9
Mar bravo 1964 Luis Seoane
Luis Seoane 1946
expos & arte na rúa
10 11
CIDADE AZUL: ARTE NA RÚA BASURAMA E HÁBITAT SOCIAL
Mar de Mares quere darlle visibilidade
ao estreito vínculo histórico, urbano e
social da Coruña co mar. Para isto, e a
través do programa europeo Sea For
Society, que defende unha sociedade
máis implicada coa defensa dos mares,
a chamada Sociedade Azul, convidou
os colectivos Basurama e Habitat
Social a que creasen expresamente
para a ocasión cadansúa instalación
urbana que nos amosase a relación
tan especial e determinante que a
cidade mantén co Atlántico. Para
a execución contarán ademais
coa participación do alumnado
da Facultade de Arquitectura da
Universidade da Coruña e con
alumnado da Escola Superior de Arte
e Deseño Pablo Picasso.
Podes coñecer unha parte da creación
de Hábitat Social, Coruña (sub)
Mariña, aquí: www.habitatsocial.coop/
corunasubmarina/
- NUMEROSOS PUNTOS DO PERÍMETRO COSTEIRO DA CORUÑA
- DESDE O 24 DE SETEMBRO
+ INFORMACIÓN: wwww.seaforsociety.eu, www.basurama.org e www.habitatsocial.coop
SOMOS MAR SUSANA SANROMÁN, ALEJANDRA SAMPEDRO, NANDO LESTÓN, SEKONE, SARA COLEMAN, SANDRA M.G., MARÍA JOSÉ ARCEO E FÉLIX FERNÁNDEZ
Ao longo da historia, o mar foi
fonte de inspiración de numerosos
artistas galegos e, na actualidade,
segue a ser un espello ao que
mirar para moitos dos creadores
contemporáneos. Somos Mar é unha
exposición que reúne oito artistas
nacidos en Galicia que traballan en
distintas áreas, como son as artes
plásticas, o vídeo, a instalación, a
fotografía ou a escultura. Algúns
deles traballarán as pezas in situ, a
modo de work in progress, e de cuxo
proceso de creación poderemos
ser testemuñas durante sete días,
e mesmo participar activamente.
O público poderá ver a evolución
de cada obra e falar cos autores,
ademais de participar en moitas
outras actividades —concertos,
proxeccións, charlas—, para as que
contaremos con convidados doutras
disciplinas, como a narración oral
ou a música. Os artistas da mostra
son: Susana Sanromán, Sekone, Sara
Coleman, María José Arceo, Sandra
M. G., Alejandra Sampedro, Nando
Lestón e Félix Fernández.
A exposición compleméntase
con encontros cos artistas durante
o proceso de creación das obras
(pax. 20) e co programa de actividades
paralelas Celebra Somos Mar (pax. 30).
- SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO
- DO 30/09 AO 29/11, DE LUNS A DOMINGO DE 12 A 14 H E DE 18 A 21 H
- ENTRADA DE BALDE
+ INFORMACIÓN: www.festivalmardemares.org
expos & arte na rúa
expos & arte na rúa
12 13
obradoiros e programa educativo PERSEGUINDO A MR. GOODFISH VARIOS AUTORES
MURAL URBANO EN DEFENSA DO MAR MUTANTE CREATIVO, EN COLABORACIÓN CUN COLECTIVO DE ADOLESCENTES
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA SUBMARINA CON DAVID DOUBILET E JENNIFER HAYES
No 2014, o programa europeo Mr.
Goodfish, impulsado polo Aquarium
Finisterrae, convidou trece fotógrafos
galegos a documentaren o camiño que
percorre o peixe desde que chega ao
porto da Coruña ata que remata no
prato. O resultado: imaxes sorprendentes
que amosan os barcos pesqueiros,
a lonxa, os mercados e os restaurantes
e domicilios privados onde se cociñaron
as pezas. Unha viaxe gastrocultural que
documenta cunha nova mirada
a riqueza mariña do noso ámbito.
A exposición compleméntase co
Café con Mr. Goodfish. Conversacións
mareantes á mesa dun bar (pax. 21).
Unha cidade orgullosa da súa relación
co mar debe ser tamén consciente
da importancia da súa preservación,
asumindo esta responsabilidade como
parte inseparable da condición de
cidadán de todos os seus habitantes.
Todos os días. Pero especialmente
aqueles nos que os festexos
multitudinarios nos levan a baixar a garda.
A popular celebración das fogueiras
de San Xoán deixa unha resaca de
lixo e de refugallos que castiga sen
miramentos os areais coruñeses. Para
concienciarnos disto, realizaremos un
mural no que, coa colaboración de
artistas urbanos do colectivo Mutante
Creativo, mostraremos o noso graffiteiro
agradecemento ao mar e ás súas praias.
Está destinado a aqueles fotógrafos
que queiran afondar na disciplina
da fotografía submarina e que
desexen mellorar a súa técnica. Este
obradoiro, sen precedentes en España,
pretende poñer en contacto dous
expertos mundiais na oceanografía
—o fotógrafo submarino David
Doubilet, un dos autores lendarios
de National Geographic, e a bióloga
e fotoxornalista Jennifer Hayes— con
outros tantos profesionais do sector.
Un encontro onde ambos explicarán
os segredos dunha profesión esencial
para a investigación e o activismo
a prol da preservación dos mares,
dividido nunha parte teórica e nunha
práctica, na que se fará unha revisión
de portafolios dos asistentes e unha
visita guiada co autor á exposición
retrospectiva de David Doubilet.
- MUSEO DO MAR DE GALICIA (VIGO)
- DO 1/10 AO 29/11, DE 11 H A 14 H E DE 17 H A 20 H LUNS PECHADO
- ENTRADA: 2 € (1 € ENTRADA REDUCIDA)
- PRAIA DE SAN AMARO
- DESDE O 24/09
- DOMUS
- SÁBADO 14/11, DE 10 H A 14 H E DE 16 H A 19 H
- ENTRADA: DE BALDE, É NECESARIA UNHA CARTA DE MOTIVACIÓN E A INSCRICIÓN PREVIA
EN www.festivalmardemares.org. O OBRADOIRO IMPARTIRASE EN INGLÉS, SEN TRADUCIÓN
+ INFORMACIÓN: www.museodomar.com e www.mrgoodfish.com
+ INFORMACIÓN: www.mutantecreativo.com
+ INFORMACIÓN: www.nationalgeographic.com.es
© Je
nnife
r Hay
es
© Je
nnife
r Hay
es
expos & arte na rúa
14 15
SAFARI FOTOGRÁFICO: A CORUÑA E O MAR AMADOR LORENZO
MERGÚLLATE EN OCÉANOS VISITAS COMENTADAS POR MERGULLADORES Á EXPOSICIÓN OCÉANOS. PILAR BARROS (MERGULLADORA)
O safari fotográfico é un apaixonante
percorrido por toda a cidade onde
o fotógrafo Amador Lorenzo, gran
coñecedor da Coruña, dará as pautas
para nos achegar á linguaxe fotográfica e
á narración visual. Tras unha introdución
teórica, percorrerá as rúas da cidade
seguindo as pegadas do mar entre as
rúas e as esquinas secretas da urbe,
as zonas costeiras, os recantos máis
mariñeiros, e entre os comercios que máis
vinculación teñen co mar. Un paseo pouco
convencional para descubrir o vínculo
da cidade co Atlántico. Os participantes
aprenderán deste xeito a elaborar unha
reportaxe fotográfica e proxectarase unha
selección dos mellores traballos. O finalista
será galardoado cun premio.
A exposición de David Doubilet recolle
as cen mellores imaxes realizadas por
este grande experto submarino ao
longo de cincuenta anos de profesión.
No seu traballo percíbese a paixón por
mergullarse nese universo que nos é
descoñecido a case todos os humanos.
Que é o que empurra a alguén coma
Doubilet a pasar máis tempo dentro
da auga ca fóra? Que se sente estando
a metros de profundidade submarina
entre un banco de barracudas? Destas
emocións falarannos Pilar Barros e
outros compañeiros de aventuras,
mentres comentan as imaxes de
Doubilet.
- NAS RÚAS DA CORUÑA
- SÁBADO 26/09, DE 8 H A 13 H E DE 18 A 21 H (MOSTRA DE TRABALLOS,
DOMINGO 4 DE OUTUBRO DE 19 A 20 H NO KIOSCO ALFONSO)
- ENTRADA: DE BALDE, CON INSCRICIÓN PREVIA EN www.festivalmardemares.org
- KIOSCO ALFONSO
- HORARIOS DAS VISITAS CON MERGULLADORES: SETEMBRO: DÍA 26, ÁS 12 E 19 H
OUTUBRO: DÍAS 10, 17 E 24, ÁS 19 H - NOVEMBRO: DÍAS 7, 14 E 28, ÁS 19 H
- ENTRADA: DE BALDE
VISITA A SOGAMA + ACCIÓN CON COGE3 EDUCADORES DE SOGAMA E ÓSCAR GARCÍA
Todos sabemos da importancia da reciclaxe
para preservar o medio ambiente, pero
seguro que esta actividade combinada
(limpeza de praia + visita á planta de
xestión e tratamento de residuos) fará
que o teñas sempre ben presente. Grazas
á axuda da iniciativa medioambiental
Coge3, limparemos a praia dos residuos
que vaiamos atopando e, ao tempo, irannos
explicando o poder devastador que ten
sobre as paraxes naturais. A continuación,
visitaremos a planta de Sogama, en Cerceda,
a onde diariamente chegan en camión
toneladas de residuos para a súa xestión.
- PRAIA E PLANTA DE SOGAMA
- DO 30/09 AO 29/11
- PÚBLICO: ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA, UNIVERSITARIO E COLECTIVOS INTERESADOS
- ENTRADA: DE BALDE, CON INSCRICIÓN PREVIA EN www.festivalmardemares.org
+ INFORMACIÓN: www.sogama.es y www.cogetres.com
COIDA A PRAIA TODO O ANO ACCIÓN EDUCATIVA PERMANENTE
A praia; auga fresquiña, sol, toallas, area
e…, de súpeto, lixo! Un papel, unha cabicha,
unha lata, unha botella de plástico que
quedan na praia, acaban no mar, e teñen un
gran poder contaminante. Propoñémosche
un obradoiro de dúas sesións para
concienciarnos e debater o tema. No teu
instituto. Primeiro, o problema: medios
audiovisuais para ver do que estamos
falando. Despois, a solución: escoitaremos
as vosas ideas sobre como concienciar
deste problema a xente, e intentaremos
axudarvos coas mellores para que se
poidan levar a cabo. E, para que conste en
acta, crearemos un blog no que de forma
permanente quedarán reflectidas as vosas
propostas. Intentaremos converter esta
experiencia nunha ferramenta á que poder
acudir en calquera momento para tratar de
manter limpas as nosas praias.
- CENTROS EDUCATIVOS DA CORUÑA
- CURSO 2015/16. PREFERIBLEMENTE DURANTE O 1º TRIMESTRE
- PÚBLICO: ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHERELATO
- ENTRADA: DE BALDE CON INSCRICIÓN PREVIA EN www.festivalmardemares.org+ INFORMACIÓN: www.festivalmardemares.org
obradoiros e programa educativo
obradoiros e programa educativo
16 17
DEBUXA A LONXA URBAN SKETCHERS
Propoñémoslles aos rapaces a mellor das
clases sobre o moito que lle debemos
ao mar, impartidas polos profesores
mellor acreditados: un percebeiro, unha
mergulladora, un oceanógrafo/biólogo
e unha peixeira. Eles contaranlle —e
contaxiarán— ao alumnado a paixón que
senten polo seu traballo, en que consiste
exactamente, e a importancia que ten o
océano no seu quefacer diario. Primeiro
explicarán de forma amena, nos colexios
e institutos participantes, o día a día na
súa profesión. Despois, os estudantes
poderán comprobalo en persoa visitando
o lugar onde traballan. Alí axudaranlles a
coñecer un pouco máis estas profesións
vocacionais e comprenderán a necesidade
de coidar o mar, que é un auténtico motor
de vida. Unha oportunidade única de
afondar en todo aquilo que lles poida
chamar a atención aos rapaces e de
compartir unha xornada inesquecible
con auténticos expertos, dos que todos
teriamos moito que aprender.
A quen madruga, Deus lle axuda! Sobre
todo se che gusta debuxar e queres vivir
unha experiencia única. Neste caso, trátase
de percorrer o principal mercado de peixe
de Galicia, acompañados dun ilustrador
do colectivo Urban Sketchers que fará de
guía. Trátase de non perderes detalle do
que ocorre na lonxa desde que abre as súas
portas. E, lapis en man, has de pasar ao papel
aquilo que máis che chame a atención na
venda temperá: quen vende, quen compra,
os distintos tipos de peixe, o rebumbio da
poxa, as cores das caixas…, o que queiras!
Non haberá límites, poderás chegar alá
onte te queira levar a túa imaxinación.
Os participantes gozarán dun almorzo
distendido co persoal da Lonxa. Desde as 6
da mañá, ata que estea todo o peixe vendido!
- PERCEBEIRO, MERGULLADORA, PEIXEIRA E TÉCNICO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA
- DO 24/09 AO 29/11
- PÚBLICO: ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA
- ENTRADA: DE BALDE, CON INSCRICIÓN PREVIA EN www.festivalmardemares.org
- LONXA DA CORUÑA
- SÁBADO 26/09 DE 6 H A 10 H
- ENTRADA: DE BALDE, É NECESARIA UNHA CARTA DE MOTIVACIÓN E A INSCRICIÓN
PREVIA EN www.festivalmardemares.org
UN DÍA CON XENTES DO MAR PERCEBEIRO, MERGULLADORA, PEIXEIRA E TÉCNICO DO E TÉCNICO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANÓGRAFÍA
obradoiros e programa educativo
obradoiros e programa educativo
18 19
obradoiros e programa educativo O MAR A FONDO CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS/INSTITUTO DE CIENCIAS MARIÑAS. JOSEP-MARIA GILI, BEGOÑA VENDRELL, LAURA PERAL, STEFANO AMBROSO E REBECA ZAPATA
Máis do 80 % dos océanos descoñécense
case completamente. Promover a paixón
por explorar as zonas máis descoñecidas
do planeta é un dos obxectivos paralelos
deste proxecto. Os mares, mesmo os
máis próximos, son a natureza máis
descoñecida polo ser humano e poden
converterse nun grande aliciente de
exploración. Co programa Mar a Fondo,
patrocinado por La Caixa e desenvolvido
polo CSIC e o ICM, foméntase chegar ao
coñecemento a partir dun proceso de
ensino-aprendizaxe práctico e teórico que
ten que permitir, ademais, xerar interese
pola conservación do medio mariño.
O programa Mar a Fondo distribúese en
catro módulos de diversos formatos.
Que se esconde dentro e debaixo do xeo
mariño antártico? Un obradoiro co que
aprenderemos a valorar a importancia
deste ecosistema no noso planeta.
O submarino, no que descenderemos
ás profundidades do océano para vivir
situacións reais, tras as que poderemos
descubrir a nosa capacidade de
observación.
O Domo. Grazas ás espectaculares imaxes
que nos ofrecen as novas tecnoloxías,
descubriremos todo o que teñen en
común os océanos cos ecosistemas
terrestres. Coñeceremos un dos maiores
misterios que agocha o mar.
Oceans. O xogo dos mares.
Presentámosvos Oceans, o xogo de
preguntas e respostas co que poderedes
dar a volta ao mundo en distintos barcos
oceanográficos e contestar preguntas sobre
os distintos mares que vaiades sucando.
- CASA DA AGUA
- DO 28/09 AO 4/10
- HORARIO: LUNS 28, DE 12 A 13.30 H E DE 17 A 20 H; DE MARTES A VENRES, DE 10 A 13.30 H
E DE 17 A 20 H; SÁBADO 3, DE 12 A 14 E DE 17 A 20; DOMINGO 4, DE 12 A 14 H
- PÚBLICO: ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA, PÚBLICO XERAL
E INVESTIGADORES
- ENTRADA: DE BALDE, CON INSCRICIÓN PREVIA PARA GRUPOS ESCOLARES EN
www.festivalmardemares.org SEN RESERVA PARA O PÚBLICO XERAL
+ INFORMACIÓN E MATERIAL EDUCATIVO: www.obrasocial.lacaixa.es, www.elmarafondo.com, www.icm.csic.es, www.csic.es
STORYTELLING: REINOS DE CORAL E IMPERIOS DE XEO DAVID DOUBILET E JENNIFER HAYES
Fotógrafo submarino desde hai case
cinco décadas, David Doubilet, ofrece
en exclusiva, e por primeira vez en
España, un encontro co público. En
formato storytelling e secundado
pola súa compañeira Jennifer Hayes,
bióloga mariña e fotoxornalista, ambos
descubrirannos tres das zonas do
planeta que rastrexaron baixo o encargo
exclusivo de National Geographic: as
prósperas augas de Kimbe Bay, en
Papua Nova Guinea; as profundidades
baixo o xeo da Antártida e, finalmente,
o golfo de San Lorenzo, en Canadá.
Aberto a toda a cidadanía, coa intención
de que se converta nunha experiencia
de aprendizaxe única, e baixo a premisa
de que só o que se coñece se pode
protexer, Doubilet e Hayes centraranse
no impacto do home sobre o mar e na
necesidade de preservar os océanos. O
encontro ofreceranos a oportunidade
de establecer un diálogo posterior cos
mergulladores.
- DOMUS
- VENRES 13/11, DE 19.30 A 21 H
- ENTRADA: DE BALDE (ATA COMPLETAR O ESPAZO)
+ INFORMACIÓN: www.nationalgeographic.com.es, www.daviddoubilet. com
encontros
©O
scar
Gó
rriz
©K
elly
Str
em
mel
20 21
ENCONTROS COS ARTISTAS DA EXPOSICIÓN SOMOS MAR SUSANA SANROMÁN, SEKONE, SARA COLEMAN, MARÍA JOSÉ ARCEO, SANDRA M.G., ALEJANDRA SAMPEDRO, NANDO LESTÓN E FÉLIX FERNÁNDEZ
Imaxinas como debe ser todo o proceso
creativo dunha obra? Pois durante sete
días, en Somos Mar poderás estar presente
neste proceso creativo e ser testemuña
de excepción da vida propia que vaia
tomando cada obra. Ademais, poderás
coñecer persoalmente os autores, charlar
con eles e mesmo vivir a experiencia única
de colaborares na construción dalgunha
das pezas.
María José Arceo, instalación a partir
de plástico recollido nas praias.
www.mariajosearceo.com
23 SET / De 17 H a 19 H Público xeral
Capacidade: pases de 10 persoas
Alejandra Sampedro, intervención con
crebas. www.alejandrasampedro.com
24 SET / 19 H Público adulto.
Capacidade: 20 persoas
Félix Fernández, instalación sonora e
fotográfica. www.felixfernandez.org
25 SET / 19 H Público adulto.
Capacidade: 20 persoas
Sandra M.G., fotografía
www.sandra-mg.com
26 SET / 12 H Público adulto.
Capacidade: 20 persoas
Sara Coleman, instalación téxtil.
www.saracoleman.es
26 SET / De 17 H a 19 H Público xeral.
Capacidade: pases de 10 persoas
Nando Lestón, instalación a partir
de aparellos de pesca reciclados.
27 SET / 12 H Público xeral.
Capacidade: 20 persoas
Sekone, mural.
www.ssssekone.tumblr.com
27 SET / 19 H Público adulto.
Capacidade: 20 persoas
Susana Sanromán, video-instalación.
www.susanasanroman.com
29 SET / 19 H Público xeral.
Capacidade: 20 persoas
- SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO
- DO 23/09 AO 29/09
- ENTRADA: DE BALDE, ATA COMPLETAR O ESPAZO
encontrosCAFÉ CIENTÍFICO: AZUL, A COR DO MAR PERIPECIENCIA, COLISIONADORA DE CIENCIA E ARTES ESCÉNICAS; VICENTE MOHEDANO, ACTOR; DOLORES GARABANA, BIÓLOGA MARIÑA (IEO) E PAZ SAMPEDRO, BIÓLOGA PESQUEIRA (IEO)
Ondas que veñen e van, é tanto o que
nos ofrece o mar! Ese profundo azul que
nos inspira, nos transporta e nos divirte.
Ese horizonte inmenso que nos nutre,
que nos cura e embelece, que nos brinda
un océano de posibilidades. E por iso
necesitamos coidalo, navegalo, coñecer
as súas debilidades, informarnos das
súas reservas e denunciar as agresións.
Temos que mimar o mar. E será na
cantina do Aquarium Finisterrae,
convertida nun espazo a medio camiño
entre unha aula magna e un escenario
teatral, onde aprendamos a querer os
océanos, mediante unha experiencia de
divulgación científica fóra de calquera
norma ou código establecido. Agárrate
ben á cadeira!
encuentros
CAFÉ CON MR. GOODFISH REVELACIÓNS MAREANTES NA MESA DUN BAR PERIPECIENCIA, COLISIONADORA DE CIENCIA E ARTES ESCÉNICAS; VICENTE MOHEDANO, ACTOR; DOLORES GARABANA, BIÓLOGA MARIÑA (IEO) E PAZ SAMPEDRO, BIÓLOGA PESQUEIRA (IEO)
Os cafés-teatro son experiencias
desenfadadas de divulgación científica
arredor da mesa dun bar; neste caso,
no Museo do Mar de Galicia, en Vigo,
onde tamén se pode ver a exposición
Perseguindo a Mr. Goodfish. Disciplinas
como a oceanografía e a bioloxía mariña,
en voces de interlocutores acreditados, coa
axuda dun actor, debullarannos os segredos
mellor gardados da preservación do mar
e animarannos a rescatar o científico que
levamos dentro. Os cafés-teatro científicos
foron recoñecidos en 2011 como práctica
inspiradora en cultura científica pola
Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía
(FECET).
- MUSEO DO MAR DE GALICIA (VIGO)
- VENRES 23/10, DE 19 H A 20 H
- ENTRADA: DE BALDE, CON INSCRICIÓN PREVIA
- AQUARIUM FINISTERRAE
- SÁBADO 26/09, DE 19.30 H A 20.30 H
- ENTRADA: DE BALDE, ATA COMPLETAR O ESPAZO
22 23
Esta iniciativa pretende ser un punto de
encontro entre todas aquelas persoas
que teñen unha especial inquietude polo
coidado do mar e por todo o que o rodea.
Queremos conseguir un impacto no resto
da sociedade. Por iso a xornada comeza
cunha limpeza nas praias de Orzán-Riazor
para todos os que queiran contribuír
dalgún xeito, familias incluídas! O punto
de encontro será no dique entre ambas
as praias e as persoas interesadas han
de ir equipadas cun calzado axeitado
e con luvas. E para os interesados en
seguiren afondando no tema, pola
tarde, acomodados no Kiosco Alfonso,
centraremos a nosa atención na limpeza e
conservación das praias e na importancia
que ten a educación ambiental entre os
adolescentes. Escoitaremos propostas
e experiencias dos participantes, co fin
de establecer un debate produtivo e de
acadar unha visión real do problema que
nos permita establecer os pasos necesarios
para conseguir termos unhas praias limpas.
ACTIVISMO & EDUCACIÓN AMBIENTAL: LIMPEZA DE PRAIAS E ENCONTRO DE EXPERIENCIAS
- PRAIAS ORZÁN-RIAZOR E KIOSCO ALFONSO
- SÁBADO 28/11, DE 11.30 H A 13.30 H E DE 16.30 H A 20 H
- ENTRADA: EN KIOSCO ALFONSO DE BALDE E ATA COMPLETAR A CAPACIDADE
encontros mercado do mar
O mar é moito máis ca unha bonita paisaxe,
ca un lugar de recreo ou ca unha fonte
de inspiración. En Galicia, o mar é tamén
un dos principais motores financeiros e,
desde Mar de Mares, queremos amosar
todo o potencial económico que teñen os
produtos mariños sustentables.
O Mercado do Mar é unha exposición de
produtos e servizos do tecido produtivo
galego arredor do mar. Empresas,
cooperativas e asociacións amosarán,
difundirán e venderán os seus artigos nos
postos habilitados nos Xardíns de Méndez
Núñez. Gastronomía, artesanía e outros
sectores estarán representados
no mercado para lles ofrecer aos
visitantes o mellor produto.
O mercado dinamizarase cunha
carpa de actividades paralelas para
todos os públicos na que terán lugar
presentacións de produtos e de
iniciativas emprendedoras arredor do
mar, obradoiros, xogos, demostracións
gastronómicas, charlas, e moito máis.
Consulta a listaxe de expositores
e o programa de actividades en:
www.festivalmardemares.org
MERCADO DO MAR
- XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ - DO 25/09 AO 27/09, VENRES DE 17 A 21 H, SÁBADO DE 12 A 15 H E DE 17 A 21 H E DOMINGO DE 12 A 15 H E DE 17 A 20 H - ENTRADA: DE BALDE
24 25
Nunca madrugar resultou tan ben para
aprender tanto. Cando aínda o sol non saíu,
e a maioría das persoas aínda dormen, a
lonxa coruñesa, unha das de maior volume
de peixe fresco de Europa, atópase en
plena efervescencia. Asistiremos como
espectadores privilexiados ao proceso
da poxa do xénero, co olor aínda recente
a sal e a fondo mariño. Posteriormente,
compartiremos almorzo na cantina da
Lonxa para satisfacermos todas as nosas
dúbidas, con representantes da Lonxa
e do seu tecido empresarial. E, por se
fose pouco, teremos a ocasión de recibir
unha masterclass con dous dos mellores
cociñeiros da cidade. Eduardo Pardo,
do Restaurante Domus, impartirá un
showcooking na sala acristalada da Lonxa,
aproveitando a mellor materia prima do
día. Pablo Gallego realizará un obradoiro
exclusivo onde coñeceremos de preto o
seu restaurante e os segredos culinarios
do peixe fresco. Virtuosos da cociña,
prepárense!
Punta Herminia é o privilexiado contorno
de todo un monumento patrimonio da
humanidade, a Torre de Hércules, o único
faro romano e o máis antigo do planeta
aínda en actividade. Propoñémosche un
paseo por esta antiga polvoreira militar,
hoxe reconvertida en parque urbano,
co Grupo Naturalista Hábitat como guía
excepcional, para coñecer de primeira
man a importancia ambiental desta
localización que debemos coidar entre
todos. Mentres, observaremos unha
acción directa de limpeza nos seus coídos,
unha zona especialmente castigada
pola contaminación e cuxo difícil acceso
complica as posibilidades de mantela tan
limpa coma o resto do conxunto. E para
que isto non poida pararnos, contaremos
coa colaboración da Agrupación de
Montañismo Ártabros, cuxos expertos
escaladores serán capaces de chegar ata
o recanto máis recóndito para rematar
coa sucidade e deixar todo en perfectas
condicións.
- O VENRES 2/10, NA LONXA DE 6 A 11 H O SÁBADO 3/10, NA LONXA E NO RESTAURANTE
PABLO GALLEGO, DE 6 A 11 H
- CAPACIDADE: 20 PERSOAS POR SESIÓN
- ENTRADA: 10 E CON INSCRICIÓN PREVIA EN www.festivalmardemares.org
- SÁBADO 3/10, DE 11.30 H A 13.30 H
- SAÍDA DESDE O CENTRO DE VISITANTES DA TORRE DE HÉRCULES
- ENTRADA: DE BALDE
+ INFORMACIÓN: www.artabros.org, www.gnhabitat.org
+ INFORMACIÓN: www.casapardo-domus.com, www.pablogallego.com
gastronomía actúaO CRU E O COCIDO EDUARDO PARDO (RESTAURANTE DOMUS) E PABLO GALLEGO (RESTAURANTE PABLO GALLEGO)
LIMPEZA DOS COÍDOS DE PUNTA HERMINIA SOCIEDADE MONTAÑA ÁRTABROS E GRUPO NATURALISTA HÁBITAT
2726
Décalogo; ti podes mellorar a saúde do mar1. FAI COMPRAS DE PEIXE SEGURAS
E SUSTENTABLES
Respecta os talles mínimos e non
consumas peixe de especies que se
están esgotando.
2. REDUCE O USO DE PRODUTOS
DE PLÁSTICO
Poderían acabar afogando un animal
ou destruíndo un hábitat mariño. Di
non aos produtos envoltos en plástico
innecesariamente e leva sempre as
túas propias bolsas á compra. Se tes
unha empresa e queres apostar por
envases menos contaminantes, ponte
en contacto con Ecoembes.
www.ecoembes.com
3. AXUDA A COIDAR AS PRAIAS
Un bo día de mergullo, de surf ou
de praia en familia é moito mellor
nunha contorna limpa. Non deixes
lixo cando marches e recolle o que
atopes. Se che interesa organizar ou
participar nalgunha acción de limpeza
de praias na nosa comunidade, podes
informarte en www.cogetres.com,
www.surf-and-clean.com, ou en
www.mardefabula.org
4. NON MERQUES PRODUTOS QUE
SE APROVEITAN DA VIDA MARIÑA
A xoiería de coral, os accesorios de
pelo feitos con cunchas de tartaruga
mariña carei e os produtos derivados
da quenlla contribúen á desaparición
destas especies.
5. FAITE AMIGO DO MAR
Intenta ser cauto cos alimentos
procedentes do mar que lles dás
ás túas mascotas. Le as etiquetas
dos produtos e ten en conta a
sustentabilidade destes á hora
de mercalos. Evita comprar para
meter nun acuario os peixes de
auga salgada capturados no su
hábitat natural e non tires ao mar
ningunha especie mariña criada nun
acuario, xa que esta práctica pode
introducir especies non autóctonas
prexudiciais para o ecosistema
existente.
6. APOIA AS ORGANIZACIÓNS QUE
TRABALLAN PARA PROTEXER O MAR
Moitas entidades e organizacións
están loitando para protexer os
hábitats mariños. Busca unha
organización coa que simpatices
e colabora con ela con apoio
financeiro ou de voluntariado.
7. TI PODES CAMBIAR COUSAS Enrólate na sociedade azul, a que
anima os seus cidadáns e as súas
cidadás a organizárense e a seren
parte da solución aos problemas do
medio ambiente. Se queres saber
como facelo, consulta o programa
europeo Sea for Society.
www.seaforsociety.eu
8. REDUCE AS EMISIONS DE CO2
E O CONSUMO DE ENERXÍA
Cambiar o coche polas camiñadas,
usar lámpadas compactas de
luz fluorescente ou subir polas
escaleiras en vez de polo ascensor
é bo para ti. E para todos.
9. SUCA OS MARES
RESPONSABLEMENTE
Tanto se navegas por oficio
coma por lecer, faino de forma
responsable e pensando sempre
nas especies que habitan as augas
que te rodean. Se planeas facer un
cruceiro nas próximas vacacións,
escolle a opción que sexa máis
respectuosa co medio ambiente.
10. OBTÉN INFORMACIÓN SOBRE
OS OCÉANOS E A VIDA MARIÑA
Toda a vida na terra está conectada
co océano e cos seus habitantes.
Canto máis saibamos dos problemas
aos que se enfronta este sistema
vital, máis desexaremos axudar a
garantir a súa protección e inspirar a
outras persoas a que fagan o mesmo.
O barrio da Peixería, tan vinculado
historicamente ao océano, súmase
ao Festival Mar de Mares! Entre o 24
de setembro e o 4 de outubro, os
establecementos que figuran no mapa
celebrarán a súa particular homenaxe
mariña cunha tapa, un escaparate especial
ou un evento deseñado para a ocasión, o
que transformará a Peixería nun Barrio Azul
e contribuirá a que nos concienciemos da
importancia do comercio local. As catro
accións máis orixinais serán premiadas
cun dos seguintes microespectáculos
mariñeiros, que terán lugar nos
establecementos gañadores:
- Contos do mar, con Cándido Pazó
- Marusía, con Títeres Babaluva
- Música, con Cé Orquestra Pantasma
- Microteatro mariñeiro, con La Tuerka Impro
Infórmate, a través das redes do Festival,
de cales son os establecementos
Que sería dun festival que xira arredor
do mar sen unha verdadeira festa na
praia? Que non se diga que a loita por
preservar o medio ambiente é aburrida.
Na praia atoparás unha chea de actividade
para poñer en relevo, de forma lúdica, a
necesidade de manter as nosas praias
limpas, xa sexa tras festexos como a noite
de San Xoán ou para obter as bandeiras
azuis como símbolo de calidade, pero sobre
todo para evitar que ese lixo remate no
mar. Gozaremos dun obradoiro artístico de
reciclaxe, dun obradoiro musical mentres
conversamos co colectivo Surf&Clean sobre
o problema do lixo nos mares, de bautismos
de mergullo co Club do Mar de San Amaro,
de historias do mar, dun espazo de xogo
a partir de pneumáticos reciclados e dun
divertido concerto de reggae con Surf
&Clean. Se te aburres é porque queres!
- BARRIO DA PEIXERÍA
- DO 24/9 AO 29/11
- ENTRADA: DE BALDE, ATA COMPLETAR CAPACIDADE
- PRAIA DE SAN AMARO (EN CASO DE QUE CHOVA, TERÁ LUGAR NO INTERIOR DO CLUB DO MAR)
- XOVES 24/9, DE 17 A 20.30 H
- ENTRADA: DE BALDE (EXCEPTO O BAUTISMO DE MERGULLO, QUE CUSTARÁ 15 € E PARA O QUE
HABERÁ QUE INSCRIBIRSE PREVIAMENTE EN www.festivalmardemares.org)
+ INFORMACIÓN: www.clubdelmardesanamaro.com, www.surf-and-clean.com
celebra o mar celebra o marARTE AZUL NO BARRIO DA PEIXERÍA ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES DO BARRIO DA PEIXERÍA + CÁNDIDO PAZÓ, TÍTERES BABALUVA, CÉ ORQUESTRA PANTASMA E LA TUERKA IMPRO
FESTA NA PRAIA SURF&CLEAN, SECCIÓN DE ACTIVIDADES SUBACUÁTICAS DO CLUB DO MAR DE SAN AMARO, E OUTROS
28
1
3 45
6
7 89 10
11
2
1 LA PERA Rúa Perillana, 3
2 NOV SALA DE ARTE Rúa Orzán, 200
3 KETOLA Rúa Orzán, 180
4 LA URBANA BAR Rúa Pastoriza, 10
5 JERRY THE CANDY MAN Rúa Olmos, 9
6 LIBRARÍA MOITO CONTO Rúa San Andrés, 35
7 BARBERÍA Rúa Orzán, 15
8 LIBRARÍA CASCANUECES Rúa Cordonería, 10
9 INTERMÓN OXFAM Rúa Estreita San Andrés, 12
10 VINTAGE&COFFEE Rúa San Agustín, 32 (Plaza San Nicolás)
11 LIBRARÍA SISARGAS Rúa San Roque, 7
2929
30 31
Por se coñeceres de preto como elabora
un artista a súa obra che sabe a pouco,
tras o work in progress de Somos Mar
convidámoste a que volvas ao espazo
expositivo para que goces de música,
diálogos, poesía e historias nacidas do mar
coas creacións contemporáneas como pano
de fondo, e para que lle saques o máximo
rendemento ao espazo e ao océano,
inspirador de todos eles. Apúntate, para
non perder nada de todo isto!
30 de setembro. HÁBITAT SOCIAL /
Presentación de Coruña (sub)Mariña
O colectivo Hábitat Social realizou unha
cartografía mariñeira da cidade, con lugares
destacables pola súa relación co mar, que
nos presentará con motivo da inauguración
da exposición. Non perdas esta orixinal
presentación, onde estarán acompañados
por algúns dos protagonistas deste mapa.
1 de outubro. CELSO F. SANMARTÍN /
CASA DO MAR - Narración oral
Casa do Mar é unha obra, un contar en imaxes
de crebas que devolve o mar. Son moitos
plásticos, pero tamén anacos de azulexo e louza,
restos que nos fan lembrar as nosas casas e a
nosa fraxilidade. Celso F. Sanmartín, contador
que é da montaña e vén ao mar, elabora historias
que combinan harmonicamente produtos de
ambos os mundos.
2 de outubro. ALDAOLADO / SEMPRE EN
IBIZA – Poesía, música e humor
Poesía, música e humor. María Lado e
Lucía Aldao forman Aldaolado, e xuntas
ofrecerannos unha versión moi mariñeira
do seu espectáculo “Sempre en Ibiza”, un
recital cheo de momentos humorísticos.
3 de outubro. XURXO SOUTO + LOLA
LOLA BERMÚDEZ (Mariscadora) e ROSA
RODRÍGUEZ (Redeira) - Charla
Escoitamos falar moito delas, pero
quizais nunca coñeceramos ningunha.
As traballadoras do mar. Xurxo Souto
conversará sobre o esforzo e a paixón de
tratar cara a cara, e cada día, co mar, con
Lola Bermúdez, patroa maior e mariscadora
en Camariñas, e Rosa Rodríguez, redeira da
Illa da Estrela en Corme.
4 de outubro. CONCERTO 2US - Música
Os dous integrantes da banda Os
Crebinsky, Pablo Carrera (guitarras) e
Fernando Abre (clarinetes), porán a
nota musical cun concerto especial onde
presentarán o seu proxecto en común,
“Dous”. Prepárate para te sorprender
cunha actuación moi mariñeira, onde a
experimentación e a improvisación serán
os principais ingredientes.
- SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO
- DO 30/9 AO 4/9, 20 H
- ENTRADA: DE BALDE, ATA COMPLETAR CAPACIDADE
celebra o marCELEBRA SOMOS MAR HÁBITAT SOCIAL, CELSO F. SANMARTÍN, ALDAOLADO, XURXO SOUTO CON LOLA BERMÚDEZ E ROSA RODRÍGUEZ, 2US
31
CALENDARIO
PROGRAMA SUXEITO A CAMBIOS. INFORMACION ACTUALIZADA EN www.festivalmardemares.org
MARTES MARTESLUNS LUNSMÉRCORES MÉRCORESXOVES XOVESVENRES VENRES
VENRES
VENRES
SÁBADO SÁBADO
SÁBADO
SÁBADO
SÁBADO
SÁBADOSÁBADO SÁBADO
DOMINGO DOMINGO
ENCONTROS CON ARTISTAS SOMOS MAR María Arceo 17 - 19 H
CELEBRA O MAR Festa na praia 17 - 20.30 H
CELEBRA SOMOS MAR Hábitat Social/ Presentación Coruña (sub)Mariña 20 - 21 H
CELEBRA SOMOS MAR Celso F. Sanmartín / Casa Del Mar 20 - 21 H
CELEBRA SOMOS MAR ALDAOLADO / SEMPRE EN IBIZA 20 - 21 H
CELEBRA SOMOS MAR Concerto de 2US 20 - 21 HCELEBRA
SOMOS MAR Xurxo Souto / Lola 20 - 21 H
MERCADO DO MAR 17 - 21 H
DEBUXA A LONXA 06 - 10 H
SAFARI FOTOGRÁFICO A Coruña e o Mar 08 - 13 H E 18
MAR A FONDO grupos escolares 12 - 13.30 H
MAR A FONDO grupos escolares 10 - 13.30 H
MAR A FONDO grupos escolares 10 - 13.30 H
MAR A FONDO grupos escolares 10 - 13.30 H
MAR A FONDO grupos escolares 10 - 13.30 H
MAR A FONDO público xeral 12 - 14 H
O CRU E O COCIDO Obraodiro con Pablo Gallego 06 - 10 H
O CRU E O COCIDO Showcooking con Eduardo Pardo 06 - 10 H
ACTÚA Limpeza Cala Punta Herminia 11.30 - 13.30 H
MAR A FONDO público general 17 - 20 H
MAR A FONDO público xeral 17 - 20 H
MAR A FONDO público xeral 17 - 20 H
MAR A FONDO público xeral 17 - 20 H
MAR A FONDO público xeral 17 - 20 H
SAFARI FOTOGRÁFICO Proxección das fotografías 19 - 20 H
MAR A FONDO público xeral 12 - 14 E 17 - 20 H
MERGÚLLATE EM OCÉANOS Visita a exposición acompañado dun mergullador 12 - 13 H
MERGÚLLATE EN OCÉANOS Visita a exposición acompañado dun mergullador 19 - 20 H
MERGÚLLATE EN OCÉANOS Visita a exposición acompañado dun mergullador 19 - 20 H
TALLER Fotografía submarina con David Doubilet 10 - 14 E 16 - 19 H
MERGÚLLATE EN OCÉANOS Visita a exposición acompañado dun mergullador 19 - 20 H
MERGÚLLATE EN OCÉANOS Visita a exposición acompañado dun mergullador 19 - 20 H
MERGÚLLATE EN OCÉANOS Visita a exposición acompañado dun mergullador 19 - 20 H
MERGÚLLATE EN OCÉANOS Visita a exposición acompañado dun mergullador 19 - 20 H
MERGÚLLATE EN OCÉANOS Visita a exposición acompañado dun mergullador 19 - 20 H
MERCADO DO MAR 12 - 15 H E 17 - 21 H
MERCADO DO MAR 12 - 15 H E 17 - 20 H
ENCONTROS CON ARTISTAS SOMOS MAR Alejandra Sampedro 19 - 20 H
ENCONTROS CON ARTISTAS SOMOS MAR Félix Férnandez 19 - 20 H
ENCONTROS CON ARTISTAS SOMOS MAR Nando Lestón 12 - 13 H Sekone 19 - 20 H
CAFÉ CIENTÍFICO CON MR. GOODFISH 19 - 20 H
STORY TELLING Reinos de coral e imperios de xeo. David Doubilet 19.30 - 21 H
ACTIVISMO & EDUCACIÓN AMBIENTAL Limpeza de Praia 11.30 - 13.30 H 16.30 - 20 H
CAFÉ CIENTÍFICO: AZUL, A COR DO MAR 19.30 - 20.30 H
ENCONTROS CON ARTISTAS SOMOS MAR Sandra MG 12 - 13 H Sara Coleman 17 - 19 H
ENCONTROS CON ARTISTAS SOMOS MAR Susana San Román 19 H
23 3024 0125 02
23
13
26 03
10
17
24
147 28
27 0422 2921 28
32 33
CELEBRA O MAR ENCONTROS ACTÚA
GASTRONOMÍA OBRADOIROS E PROGRAMA EDUCATIVO
MERCADO DO MAR
SETEMBRO 2015
NOVEMBRO 2015
OUTUBRO 2015
DE
MARES
O organismo Forest Stewardship Council (consello de administración ambiental),
coñecido como FSC, é unha entidade de certificación internacional sen ánimo
de lucro. É o único recoñecido por organizacións ecoloxistas como WWF/Adena.
A misión do Consello é “promover o manexo ambientalmente apropiado,
socialmente benéfico e economicamente viable dos bosques do mundo”.
Ao imprimir o noso programa en papel FSC, contribuímos á xestión responsable
das explotacións forestais das que provén este papel.
ORGANIZADORES
CREARTE SERVIZOS CULTURAIS
www.creartesc.es
CARAVAN PROYECTOS DE CULTURA
www.caravancultura.com
FESTIVAL MAR DE MARES
www.festivalmardemares.org
T. 881 91 30 55 (festival)
T. 881 92 90 91 (prensa)
Twitter: @FestMardeMares
Facebook: /FestivalMardeMares
Instagram: @FestivalMardeMares
EQUIPO
Dirección
Silvia Oviaño
Merce Carballo
Coordinación
Luis Cousillas
Olga Romasanta
Elisa Echegaray
James McSherry
Comunicación e deseño gráfico
The Office- Espacio de Comunicación Integral:
Luisa Castiñeira
Cristina Álvarez
Alberto Lorenzo
Tino Abad
Patricia Portela
Deseño web
Quino Melguizo
Audiovisual
Óscar Górriz
ORGANIZAN:
www.festivalmardemares.orgA CORUÑA 24/09 - 29/11 2015
DE
MARESF
oto
gra
fía: D
avid
Do
ub
ilet.
Ban
co
de b
arr
acu
das
en
Pap
ua N
ew
Gu
inea. E
xp
osi
ció
n e
en
co
ntr
o c
on
Do
ub
ilet
no
Fest
ival M
ar
de M
are
s.
#MardeMares2015