MARÍA CASTAÑA
HEROÍNA
CONTRA O PODER
DA IGREXA
PARA QUE SE USA LA FRASE
DE MARIA CASTAÑA
A frase de María castaña o mari castaña úsase o utilízase para expresar cousas do pasado como por exemplo: “En tempos de María castaña non había coches. E esa frase significaría :
En tempos atrás non había coches
Esta é María Castaña
MARIA CASTAÑA UNHA HEROÍNA DO SÉCULO XIV
Maria castaña foi unha heroína que liderou unha revolta na cidade de lugo contra o poder eclesiástico.
O rei Fernando II de León ratificou o testamento do Bispo Odoario, polo que o señorío da cidade de lugo pasaba a mans da devandita cidade
IMAXES DE LUGO E MURALLA
VISTA PARCIAL DA CATEDRAL
A REVOLTA DE 1386
Unha das revoltas ,foi contra os impostos
que o bispo de lugo cobraba, foi no ano
1386 baixo o reinado de Juan I de Castela
e encabezada por María castaña contra o
bispo
A MORTE DO MORDOMO
O pai Risco na sua obra (España Sagrada)
afirma que, o 18 de xuño de 1386, María
Castaña e os seus dous fillos confesaron
haberlle dado morte ao mordomo do bispo.
Probablemente a declaración foi despois de
pasar por terribles torturas
A CONDEA
"Para satisfacción da Igrexa doaron á catedral
tódalas herdades que tiñan no couto de Creisa e
obrigáronlle a pagar mil maravedís, xurando que
non farían dano endexamais, senón que antes
axudarían de alí en diante ós recadadores da
igrexa e do bispo''.
O QUE DICEN DE MARÍA
CASTAÑA
De María Castaña dicen que é unha filla das
tres do demo de Auburn Mary protagonista
do relato británico “a batalla dos paxaros “
• Nos Tempos de María Castaña
• n día, estando na Abilleira a familia toda, a avó e maila netiña foron dar un paseo. Era
xa a tardiña, pero aínda ía calor, polo que de alí a un pedazo, sentaron os dous á
sombra dun gran castiñeiro.
• Era este un castiñeiro moi fermoso, verde, de follas grandes que só deixaba pasar
unhas pequenas raiolas de sol.
O avó dixo que aquel castiñeiro levaba alí desde que a familia fora vivir para aquelas
terras, por aló polos tempos de Maricastaña.
- Avó,… ¿por qué dis que foi nos tempos de Maricastaña? ¿Qué queres dicir? ¿Cando
foi iso?
- Hai moito, moito tempo, Sabeliña.
Cando eu falo dos tempos de Maricastaña quero dicir que xa hai moito tempo que os
pais dos meus pais viñeron vivir para estas terras; que xa pasou moito, moito tempo
desde entón.
- Pero ¿quen era esa señora? ¿quen esa Maricastaña?¿por qué falas dela?.
- Mira, Sabeliña, Maricastaña foi unha muller que existiu de verdade, e que viviu hai
mais de seiscentos anos nun sitio da Provincia de Lugo, alá por Terras de Lemos.
Foi unha señora moi coñecido porque, unha vez, protestou polos impostos que lle
mandaban paga-los recadadores do Bispado de Lugo. A ela parecéronlle moitos
cartos e sendo como era unha muller moi decidida, xuntouse con outras persoas que
estaban na mesma situación e todos xuntos decidiron protestar, primeiro de palabra e
despois pola forza.
As palabras non foron escoitadas e entón Maricastaña encheu o mandil de pedras na
Praza Maior de Lugo e berrou: ¡A eles que son poucos!. As pedras caían coma un
trebón nas cabezas dos recadadores de impostos. Os compañeiros de Maricastaña
non o pensaron dúas veces e tamén agarraron pedras e coios contra os cobradores
que non tiveron máis remedio que escapar ás carreiras cara á Catedral. Pero alí
mesmo foron apedreados. Un deles quedou ferido de morte.
O suceso correuse entre as xentes como a pólvora. Todos falaban da revolta de
Maricastaña e os seus compañeiros. Pero a cousa non quedou así, porque diante dun
delicto coma aquel, no que tomaron a xustiza pola man, tivo que se presenta-la
Xustiza e detivéronos. Maricastaña chegou a ser condenada a morte, da que librou
gracias ó favor do Rei e a pagar unha forte multa. Así puido seguir con vida e volver ás
Terras de Lemos. O que ninguén puido evitar foi que, desde aquelas, a xente
empregara esa expresión que eu che dixen: … foi nos tempos de Maricastaña… para
indicar que aquilo foi xa hai moito tempo.
TRABALLO :
MIGUEL FIGUEROA