PRIM
AR
IA
O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo.
Na súa elaboración participou o seguinte equipo:
TEXTO E EDICIÓN Mar García González
ILUSTRACIÓN Jorge Arranz Digitalartis Eduardo Leal Quino Marín José Luis Navarro Marcelo Pérez Dina Sánchez Bartolomé Seguí
DIRECCIÓN DO PROXECTO Lourdes Etxebarria Orella
DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero
As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemase outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os traslade ao seu caderno.
Ciencias Sociais3
Presentación do proxecto
Saber Facer fai catro anos. É un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu Saber Facer Contigo.
Saber Facer Contigo incorpora importantes innovacións metodolóxicas e pedagóxicas que os docentes nos reclamaron para a súa práctica educativa, de aí o seu nome. O obxectivo primordial é desenvolver no alumnado as capacidades imprescindibles para os futuros cidadáns e cidadás do século XXI:
As habilidades de comunicación
A comunicación é un dos eixes esenciais do proxecto. A través de diferentes programas, presentes en todas as áreas, trabállanse as destrezas comunicativas:
– Tempo para falar. Comunicación oral.
– Tempo para ler. Competencia lectora.
– Tempo para escribir. Comunicación escrita.
As destrezas de pensamento
Aprender a pensar e desenvolver o razoamento lóxico son outros dos eixes de Saber Facer Contigo. Para isto trabállanse as estratexias e rutinas que cómpren para lograr unha aprendizaxe autónoma e eficaz, co obxectivo de que os alumnos e as alumnas adquiran habilidades de pensamento de orde superior:
– Fortalecer a comprensión e sintetizar as ideas máis importantes.
– Reter e lembrar a información.
– Relacionar coñecementos entre si.
A interiorización destas estratexias e rutinas facilitará o control do pensamento e unha maior eficacia á hora de aplicar os novos coñecementos. Ao longo das unidades inclúese unha sección destinada ao adestramento do pensamento, que se destaca cun sombreiro de cor azul.
A intelixencia emocional
A educación das emocións é esencial para a educación integral do alumnado. Os obxectivos fundamentais que se establecen en Saber Facer Contigo versan sobre estes aspectos:
– A identificación das emocións propias e alleas.
– A autoxestión e a regulación emocional.
– A expresión das emocións.
– As habilidades sociais e a empatía.
Un sombreiro de cor vermella enmarca as actividades e propostas encamiñadas de forma específica ao desenvolvemento da intelixencia emocional.
3
A creatividade
A creatividade implica ter unha imaxinación viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros trabállanse basicamente estas capacidades:
– A busca de estratexias persoais e innovadoras.
– A utilización de formas creativas de expresión.
As actividades que implican poñer en xogo a creatividade de xeito especial identifícanse cun sombreiro de cor verde.
O traballo cooperativo
Co obxectivo de que os alumnos e as alumnas desenvolvan a súa capacidade de cooperar e sexan capaces de traballar xuntos para alcanzar un obxectivo común, neste proxecto propóñense actividades que requiren diferentes niveis de agrupación:
– Traballo por parellas.
– Traballo en equipo.
– Traballo en grupo-clase.
Estas actividades identifícanse con distintas iconas.
Ademais, ao acabar cada trimestre inclúese un pequeno proxecto denominado Cooperamos, en que se poñen en xogo diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.
A autorregulación da aprendizaxe
En Saber Facer Contigo o alumnado ten un papel activo no proceso de ensinanza e promóvese a reflexión persoal sobre a súa propia aprendizaxe, para mellorar o coñecemento de si mesmos e poder detectar fortalezas e debilidades.
Ao longo das unidades inclúense pequenas rúbricas para que os alumnos e as alumnas tomen conciencia do que aprenderon e valoren como o fixeron.
Por último, atendendo aos últimos avances da neurociencia, Saber Facer Contigo incorpora unha proposta de GAMIFICACIÓN para activar a emoción e a curiosidade do alumnado, grandes pancas da aprendizaxe. No proxecto ofrécense dinámicas propias do xogo que axudarán a transformar a aula, creando un ambiente estimulante e motivador.
4
Comezamos .............................................................. 9
Unidade 1. Necesitamos a auga e o aire ............... 13
Unidade 2. As paisaxes que nos arrodean ............. 31
Cooperamos ............................................................ 50
MiniLab .................................................................. 52
Unidade 3. O lugar onde vivimos .......................... 53
Unidade 4. En que traballan as persoas? ............... 69
Cooperamos ............................................................ 88
MiniLab .................................................................. 90
Unidade 5. A Terra, un planeta único .................... 91
Unidade 6. Somos detectives do pasado ............. 105
Cooperamos .......................................................... 122
MiniLab ................................................................ 124
Índice
5
Cadro de contidos
Unidades Información e actividades
Comezamos Como se representa a Terra?
Saber orientarnos
1. Necesitamos a auga e o aire
Como é a auga? O ciclo da auga Estamos rodeados de aire
2. As paisaxes que nos arrodean
Descubrimos as paisaxes
Así son os relevos de costa
Así son os relevos de interior
Cooperamos. 1.º trimestre Técnica 1-2-4: Propoñemos solucións para coidar as paisaxes
MiniLab Constrúo unha andavía
3. O lugar onde vivimos Así son as aldeas e as vilas
Así son as cidades
O goberno do municipio
4. En que traballan as persoas?
Traballamos na natureza
Traballamos en fábricas e en obradoiros
Como é a industria?
Cooperamos. 2.º trimestre Cabezas juntas numeradas: Acordamos unha posición común sobre a vida nas aldeas e nas vilas e cidades
MiniLab Preparo un sementeiro
5. A Terra, un planeta único A Terra, un planeta do sistema solar
A Terra móvese
Como é a Terra?
6. Somos detectives do pasado
Como investigamos o pasado?
A medida do tempo
Como organizamos o pasado?
Cooperamos. 3.º trimestre Lectura compartida: Comentamos un descubrimento histórico
MiniLab Constrúo un telescopio
6
Información e actividades Tempo para ler Saber facer
Os fenómenos atmosféricos
Tempo e clima non son o mesmo
Coidemos a atmosfera!
Como chega a auga aos fogares?
Realizo un experimento coa auga
Como se representa o relevo nun mapa?
A auga nas paisaxes
Así son os ríos O lugar máis bonito do mundo
Describo o curso dun río
Os servizos municipais
Circulamos con seguridade
Dereitos para a infancia
Interpreto o plano dunha localidade
Traballamos nos servizos
Compramos e vendemos
O transporte e o turismo
Unha chamada que salva vidas
Un plan de evacuación
Elaboro o esquema dun proceso industrial
Descubrimos as caras da Lúa
A exploración espacial
Elaboro un modelo do sistema solar
Da Prehistoria ao tempo dos castelos
Da época dos castelos á actualidade
Altamira, Patrimonio da Humanidad
Obteño información de fotografías
Unidades Información e actividades
Comezamos Como se representa a Terra?
Saber orientarnos
1. Necesitamos a auga e o aire
Como é a auga? O ciclo da auga Estamos rodeados de aire
2. As paisaxes que nos arrodean
Descubrimos as paisaxes
Así son os relevos de costa
Así son os relevos de interior
Cooperamos. 1.º trimestre Técnica 1-2-4: Propoñemos solucións para coidar as paisaxes
MiniLab Constrúo unha andavía
3. O lugar onde vivimos Así son as aldeas e as vilas
Así son as cidades
O goberno do municipio
4. En que traballan as persoas?
Traballamos na natureza
Traballamos en fábricas e en obradoiros
Como é a industria?
Cooperamos. 2.º trimestre Cabezas juntas numeradas: Acordamos unha posición común sobre a vida nas aldeas e nas vilas e cidades
MiniLab Preparo un sementeiro
5. A Terra, un planeta único A Terra, un planeta do sistema solar
A Terra móvese
Como é a Terra?
6. Somos detectives do pasado
Como investigamos o pasado?
A medida do tempo
Como organizamos o pasado?
Cooperamos. 3.º trimestre Lectura compartida: Comentamos un descubrimento histórico
MiniLab Constrúo un telescopio
7
Símbolos utilizados neste libro
Sombreiros de cores
Sinala as actividades en que traballarás xunto co teu compañeiro ou compañeira.
Para realizar estas actividades, terás que traballar en equipo.
É o sombreiro do pensamento. Halo poñer para reflexionar e sacar conclusións.
É o sombreiro da creatividade. Con el poñerás en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.
É o sombreiro das emocións. Halo usar para expresar o que sentes e para te poñer no lugar dos demais.
PENSAMENTO
CREATIVIDADE
EMOCIÓNS
8
Que fan estes nenos e nenas? Onde están? En que estación do ano cres que se encontran?
Que actividades realizaches este verán? Fuches de excursión a un lugar parecido ao da imaxe?
Como te sentes cando estás na natureza?
Para que levarías un mapa a unha excursión?
Comezamos
9
Como se representa a Terra?
O globo terráqueo
Representa a Terra sobre unha esfera, que é a forma que ten.
OCÉANOPACÍFICO
OCÉANOATLÁNTICO
OCÉANO GLACIAL ÁRTICO
OCÉANOPACÍFICO
OCÉANOÍNDICO
OC ÉA NO G LA C IAL A NTÁ RTIC O
ecuador
898545_00_p10_planisferio �sico
A Terra é o planeta en que vivimos. Para estudala mellor temos que representala. Os globos terráqueos e os mapas son representacións do noso planeta en pequeno.
1 Escribe no caderno se as seguintes afirmacións se refiren ao globo terráqueo, ao mapa ou a ambos os tipos de representación.
• Mostra como se dispoñen os continentes e océanos na Terra.
• Parécese á forma real da Terra.
• Permite ver todos os continentes á vez.
• É máis fácil de transportar cando imos de viaxe.
2 TEMPO PARA FALAR. Explicade as vantaxes e os inconvenientes de cada un dos tipos de representación. Por exemplo:
Vantaxes: o mapa é máis práctico para levar de viaxe.
ACTIVIDADES
1. Mapamundi.
O ecuador é unha liña imaxinaria que divide a Terra en dúas metades: o hemisferio norte e o hemisferio sur.
O mapa
Representa a superficie terrestre sobre un plano.
Un mapa é coma se desenrolásemos a esfera da Terra e a estirásemos despois.
Polo norte
Polo sur
10
Comezamos
Non todos os mapas son iguaisOs mapas poden representar toda a superficie da Terra ou parte dela. Se mostran toda a superficie terrestre chámanse planisferios ou mapamundis. (1)
Villa de Mazo
Tijarafe
Tazacorte
Santa Cruzde La Palma
San Andrésy Sauces
PuntallanaPuntagorda
ElPaso
Garafía
Fuencalientede La Palma
Breña Baja
Barlovento
Breña Alta
Los Llanosde Aridane
O C É A N OAT L Á N T I C O
644537_U03_p007_h2_político La Palma
LA PALMA
Roque de losMuchachos
2.428 m
Santa Cruzde La Palma
Caldera deTaburiente
Punta de Fuencaliente
Punta de Rabisca
Cumbre Vieja1.945 m
Volcán de Teneguía439 m
OCÉANOATLÁNTICO
644537_U03_p07_h1_relieve La Palma
LA PALMA
Barra
ncode
las Angus
tias
Barran co de
los No gales
Os mapas físicos mostran elementos da natureza: montañas, chairas, ríos, cabos…
Utilizan cores para representar as distintas alturas do relevo.
Os mapas políticos representan entidades políticas: países, comunidades autónomas, cidades…
Informan da súa localización, forma, tamaño e fronteiras.
Os mapas temáticos mostran, mediante cores ou símbolos, un aspecto nun territorio.
Por exemplo, o tempo, a cantidade de poboación, a súa vexetación…
3 Observa o mapa e responde no caderno.
• É un planisferio? Por que o sabes?
• Que tipo de mapa é: físico, político ou temático? Por que?
ACTIVIDADES
F R ANC I A
PO
RTU
GA
L
ANDORRA
MAR ROCOS
898545_00_p11_h04_espana_politico
Mar Mediterráneo
OC
ÉAN
O A
TLÁ
NTI
CO
CeutaMelilla
GALICIA
PRINCIPADODE ASTURIAS
CASTELAE LEÓN
CASTELA--A MANCHA
ANDALUCÍA
CATALUÑA
ESTREMADURA
ARAGÓN
C. F. DENAVARRA
CANTABRIA
PAÍSVASCO
A RIOXA
ILLAS BALEARES
REXIÓNDE MURCIA
COMUNIDADEVALENCIANA
CANARIAS
COMUNIDADEDE MADRID
Mar CantábricoN
S
LO
11
Saber orientarnos
Observar onde se encontra o Sol
O Sol sae polo leste e ponse polo oeste. Por iso, se necesitas orientarte, fai o seguinte:
Nos mapas, a rosa dos ventos indica os puntos cardinais: o norte, o sur, o leste e o oeste. Nisto consiste a orientación, en saber onde se encontran os puntos cardinais.
Pero se non temos un mapa e necesitamos orientarnos, hai outros xeitos de facelo.
1 TEMPO PARA FALAR. Comenta cos teus compañeiros e compañeiras se coñecías estes instrumentos e para que os utilizaches.
ACTIVIDADES
Se ao amencer estendes a man dereita en dirección ao Sol, estarás apuntando o leste.
O sur quedará ás túas costas.
O norte teralo á fronte.
O oeste é o punto que queda á esquerda.
Consultar un compás ou un GPS
O compás é un instrumento parecido a un reloxo, pero en vez de números ten os puntos cardinais. A súa agulla xira e sinala sempre o norte.
O GPS é un sistema que nos indica en que lugar exacto nos encontramos.
FALTA FOTO
N
O S
L
N
S
LO
12
Tempo para falar
Que está facendo o neno da fotografía?
Xogaches algunha vez con burbullas de xabón? Gústache? Por que?
Que se necesita para facer burbullas de xabón? Que sucede cando tocas unha burbullas de xabón?
Necesitamos a auga e o aire
1
SABER FACER
Realizar un experimento coa auga
13
Os estados da augaA auga pode existir de tres maneiras diferentes, que se cha-man estados.
Como é a auga?
• É o vapor de auga, que é un gas que se encontra no aire e que non vemos.
• Non ten forma propia.
• Son o xeo, a neve e a sarabia.
• Ten unha forma determinada, como, por exemplo, unha pedra de xeo.
• É a auga que usamos para beber, lavarnos, nadar, regar…
• Non ten forma propia. Adopta a do recipiente que a contén.
Auga en estado líquido
Auga en estado sólido
Auga en estado gasoso
Realizade un mural co título A auga é un tesouro. Mostrade os distintos usos que facemos da auga as persoas, as plantas e os animais.
CREATIVIDADE
Coidamos a auga!
A auga doce e potable é escasa. Por iso, debemos usala de forma responsable:
• Aforramos auga cando pechamos a billa mentres cepillamos os dentes ou nos duchamos en vez de nos bañar.
• Mantemos a auga limpa se non botamos nela lixo ou residuos e se depuramos as augas xa utilizadas para que non contaminen os ríos e mares en que verten.
SABER MÁIS
14
1
A auga cambia de estadoA auga pasa dun estado a outro cando cambia de temperatura.
Existen catro cambios de estado: a fusión, a evaporación, a condensación e a solidifi-cación.
COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 1 e 7
1 Completa a táboa con exemplos.
2 VALORES. Algunhas persoas cren que, como o mar é grande e a súa auga é salgada, non importa botar lixo nel. Estades de acordo?
Auga en estado líquido …
Auga en estado sólido …
Auga en estado gasoso …
ACTIVIDADES
A auga existe en tres estados: líquido, sólido e gasoso. A auga pasa dun estado a outro se cambia de temperatura.
OBSERVA E DESCUBRE
• Que cambio de estado se produce se arrefrías a auga líquida?
• E se quentas a auga sólida?
Fusión: Paso do estado sólido ao líquido.
Solidificación: Paso do estado líquido ao sólido.
Condensación: Paso do estado gasoso ao líquido.
Evaporación: Paso do estado líquido ao gasoso.
Xeo Auga líquida Vapor de auga
15
Na natureza, a auga realiza unha longa viaxe circular en que cambia de estado moitas veces. Esta viaxe é o ciclo da auga e ten catro fases: (1)
O ciclo da auga
O ciclo da auga é o percorrido da auga dun lugar a outro e polo que vai cambiando de estado.
1 A evaporación
• O Sol quenta a auga do mar, dos ríos e dos lagos.
• Parte da auga líquida evapórase, é dicir, convértese en vapor e pasa ao aire.
2 A condensación
• O vapor de auga ascende, arrefría, condénsase e forma gotiñas de auga que crean as nubes.
• O vento despraza as nubes dun lugar a outro.
3 A precipitación
• Se as gotiñas das nubes se xuntan moito e forman gotas máis grandes, estas pesan máis e prodúcese a precipitación.
• Caen á terra en forma de chuvia, sarabia ou neve.
4 O retorno
• Unha parte da auga que cae chega aos ríos, que a devolven ao mar.
• Outra parte pasa a través das fendas das rochas e forma as augas subterráneas.
16
1
OBSERVA E DESCUBRE
• Fíxate no debuxo. En que lugares da natureza se pode evaporar a auga?
• Onde se acumula a auga que cae en forma de neve?
• Como retorna ao mar a auga das precipitacións?
• Para que serve o pozo que aparece no debuxo?
1. O ciclo da auga na natureza.
1 Evaporación
4 Retorno
2 Condensación
3 Precipitación
1 Experimentade co ciclo da auga.
• Un día solleiro, poñede un vaso con auga nunha ventá.
• Ao cabo dunhas horas, observade o que ocorreu. Escribide un texto para explicalo.
2 Poden as catro fases do ciclo da auga sucederse noutra orde distinta? Por que?
ACTIVIDADES
Augas subterráneas
Mar
Río
Nubes
COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividade 10 17
Ademais de para respirarmos, os seres vi-vos necesitamos o aire para outros usos:
• Permite o voo dalgúns animais e apare-llos, como os paracaídas.
• Os sons viaxan a través do aire ata os nosos oídos.
• O osíxeno é imprescindible para que un material arda.
Como é o aire?O aire non ten cor nin sabor, pero ten outras propiedades:
O aire é necesarioO aire é unha mestura de gases esenciais para vivir. Os máis importantes son:
Estamos rodeados de aire
Pesa
Un balón pesa máis cando está inflado.
Ocupa un lugar
A auga só entra na botella se sae o aire.
Non ten forma
O aire adopta a forma do globo.
OBSERVA E DESCUBRE
• Ten o balón a mesma forma inflado e desinflado? Por que?
• Que formas adoptou o globo?
Osíxeno. Os seres vivos necesitámolo para respirar.
Nitróxeno. É o gas máis abundante no aire.
Outros gases:
• Dióxido de carbono. Prodúceno os seres vivos ao respirar. Tamén está no fume dos coches, nas fábricas, nos incendios…
• Vapor de auga. É a auga en estado gasoso.
18
1
COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividade 8
1 TEMPO PARA ESCRIBIR. Enumera os gases máis importantes do aire. Escribe unha característica de cada un.
2 Que lle ocorre a unha candea acesa se a tapamos cun vaso? Por que?
3 Explica o que é a atmosfera, as partes que ten e por que é importante.
O aire é unha combinación de gases. A atmosfera é a capa de gases que envolve a Terra.
A atmosfera arrodea a TerraA atmosfera é unha capa de gases que arrodea a Terra. Protexe o planeta, porque impide que arrefríe moito durante a noite e que queza en exceso durante o día.
Na atmosfera distínguense varias partes: a troposfera e a estratosfera.
Na parte máis próxima á superficie terrestre, prodúcense os fenómenos atmosféricos.
Nas partes máis altas, apenas hai osíxeno. Aquí encóntrase a capa de ozono, que nos protexe dos raios solares.
Troposfera
Estratosfera
ACTIVIDADES
19
A brisa é un vento moi suave.
O vendaval é un vento forte.
O furacán é un vento moi forte.
Os fenómenos atmosféricos son sucesos naturais que ocorren na at-mosfera. Hai distintos tipos de fenómenos atmosféricos:
Os fenómenos atmosféricos
O vento
É o aire en movemento. Segundo a súa intensidade, hai varios tipos:
As precipitacións
É a auga que cae das nubes. Pode caer en formas diferentes:
A chuvia é auga en forma de gotas líquidas.
A neve é auga en forma de folerpas.
A sarabia é auga en forma de boliñas de xeo.
As tormentas
Teñen descargas e léc t r icas , os raios; unha parte luminosa, o lós-trego, e outra sonora, o trono.
O arco da vella
Fórmase cando a luz do sol atra-vesa as gotas de chuvia.
20
1
Como se forman as nubes?As nubes son tamén un fenómeno atmosférico. Fórmanse así:
• Cando o Sol quenta, unha parte da auga dos mares, ríos e lagos evapórase.
• Así, o vapor de auga pasa ao aire.
• Cando baixa a temperatura, o vapor condén-sase en pequenas gotiñas de auga que, ao unirse, forman as nubes.
Hai nubes con tamaños e formas diferentes:
COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 4, 5, 6 e 11
1 Copia no caderno o esquema e complétao.
2 TEMPO PARA FALAR. Explica como se forman as nubes.
ACTIVIDADES
As nubes grises e irregulares poden traer chuvias.
As nubes altas como pinceladas brancas non adoitan provocar chuvias.
As nubes brancas e esponxosas vense en días de tempo cálido.
Os fenómenos atmosféricos son sucesos naturais que ocorren na atmosfera. Son, por exemplo, o vento, as precipitacións, as tormentas, o arco da vella…
… … …
Fenómenos atmosféricos
… …… …… …
… …
OBSERVA E DESCUBRE
• Fíxate nas imaxes do vento da páxina 20. Sopra en todos os casos na mesma dirección?
• Describe como é o arco da vella.
• Observa como está hoxe o ceo. Hai nubes? Parécense ás destas fotografías?
21
O tempo atmosféricoCando miramos o ceo para saber que rou-pa poñer, estamos observando a tempera-tura, a humidade e o vento que hai na at-mosfera. É dicir, observamos o tempo que vai.
O tempo atmosférico é o estado da at-mosfera nun lugar e nun momento determi-nados. Cambia coas estacións, e incluso cada día: uns días chove, outros está sollei-ro, algúns sopra o vento…
Como medimos o tempo?Algúns instrumentos axúdannos a medir os datos do estado da atmosfera.
Tempo e clima non son o mesmo
OBSERVA E DESCUBRE
• Describe o tempo atmosférico neste lugar.
O termómetro
Mide a temperatura do aire.
O anemómetro e o catavento
O anemómetro mide a velocidade con que sopra o vento.
O catavento indica a dirección do vento.
O pluviómetro
Mide a cantidade de auga das precipitacións que caen nun lugar.
O barómetro
Mide a presión atmosférica, é dicir, o peso do aire sobre a superficie terrestre.
22
1
COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 2 e 3
1 En que se diferencian o tempo e o clima? Compara.
O tempo atmosférico é…, mentres que o clima é…
2 TEMPO PARA FALAR. Explica como é o tempo neste lugar: o pluviómetro non recolleu auga, o termómetro marca unha temperatura alta e o anemómetro non se moveu.
ACTIVIDADES
O climaO clima é o tempo atmosférico que predomina nun lugar ao longo dos anos. Depende fundamentalmente das tempera-turas e das precipitacións.
O tempo atmosférico é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinados. O clima é o tempo que adoita ir nun lugar ao longo de varios anos.
O clima das zonas de montaña
As temperaturas son baixas e as precipita-cións son frecuentes e en forma de neve no in-verno.
O clima das zonas de costa
Caracterízase porque ten unhas temperatu-ras suaves ao longo de todas as estacións do ano.
O clima das zonas de interior
Ten temperaturas al-tas durante o verán e baixas no inverno. As precipitacións son es-casas.
23
Os climas da Terra
Os climas cálidos
Danse nas zonas cálidas, con temperaturas altas todo o ano e chuvias frecuentes. Por iso hai selvas con moita vexetación. Ao afastarse do ecuador hai sabanas, con menos vexetación.
Os climas temperados
Danse nas zonas temperadas. Teñen temperaturas intermedias. Nalgúns sitios chove moito e noutros, pouco. Nestas zonas medran bosques e pradarías.
Os climas fríos
Danse nas zonas polares e nas altas montañas. Vai frío todo o ano. Chove moi pouco e adoita ser en forma de neve. Hai moi pouca vexetación, só medra a tundra.
Factores que inflúen no climaO clima non é igual en todos os lugares da Terra. Hai climas moi diferentes segundo onde se encontre cada lugar. Esas diferenzas dependen duns factores:
• A proximidade ao ecuador. Canto máis preto do ecuador, maior temperatura. Por iso se distinguen varias zonas cli-máticas: unha zona cálida, arredor do ecuador, dúas zonas temperadas, ao norte e ao sur da zona cálida; e dúas zo-
nas frías, nas zonas dos polos. (1)
• A altura. Nas montañas vai máis frío ca nas zonas baixas.
• A distancia ao mar. Na costa as temperaturas son máis suaves ca nas zonas de interior.
Os climas da Terra Por todo isto na Terra hai diferentes climas que se poden agrupar en tres grupos: climas cálidos, climas fríos e climas temperados. Cada clima ten unha vexetación característica.
ECUADOR
zona fría
zona temperada
zona temperada
zona fría
zona cálida
1. As zonas climáticas da Terra.
24
1
COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividade 9
1 Cita e explica os factores que inflúen no clima.
2 Que tres grandes climas se dan na Terra? Que zonas do planeta lle corresponden a cada un deles?
3 Como son as temperaturas e as precipitacións de cada zona climática? Que tipos de paisaxes se dan en cada zona segundo a súa vexetación?
ACTIVIDADES
Para coñecer o tempo atmosférico o mellor é consultar un mapa do tempo. Esta ferramenta é útil para as persoas que van viaxar, para os labregos e as labregas e para calquera que queira saber que tempo vai ir.
Os mapas do tempo utilizan debuxos sinxelos que representan os fenómenos atmosféricos previstos. Pero… en que elementos temos que fixarnos para coñecer o tempo atmosférico? Nas temperaturas, que veñen en graos Celsius, nas precipitacións e os ventos, que se expresan con diferentes debuxos. Por exemplo, a neve é ; e o vento frouxo, .
SABER MÁIS
PRINCIPADODE ASTURIAS
CASTELA E LEÓN
PORTUGAL
667545_03_p37_mapa_tiempo_Galicia
0 30
quilómetros
Escala
N
S
LO sol
nubes
chuvia
tormenta
nubes e claros
vento frouxo
vento forte
neve
mín. máx
14 2
mín. máx
12 2
Santiago• mín. máx
11 2
Lugo•
Ourense•
mín. máx
13 3
mín. máx
16 1
Vigo •
Pontevedra•
mín. máx
13 3
A Coruña•
25
Coidemos a atmosfera!
Por que se ensucia o aire?O aire contamínase por diferentes razóns: (1)
• Causas artificiais. As persoas ensuciamos o aire cos fu-mes das fábricas ou dos vehículos, por exemplo.
• Causas naturais. Algúns sucesos da natureza, como os gases que expulsa un volcán, tamén contaminan o aire.
A contaminación é prexudicialA contaminación do aire ocasiona problemas:
• Provócalles enfermidades ás persoas e aos animais.
• Dana as plantas e pode destruír extensos bosques.
• Inflúe no aumento da temperatura do planeta. Os científi-cos cren que isto está provocando un cambio no clima da Terra.
• Deteriora os monumentos.
OBSERVA E DESCUBRE
• Clasifica as imaxes desta páxina en contaminación por causas naturais ou artificiais.
1. A contaminación do aire prodúcese por causas artificiais e naturais.
A
C
B
D
Cando o aire se enche de fume, cinsas ou gases prexudiciais para a saúde, dicimos que está contaminado.
26
1
Que facemos para coidar a atmosfera?
O aire contamínase por causas artificiais e por causas naturais. Entre todos, debemos axudar a manter a atmosfera limpa.
1 TEMPO PARA FALAR. Que danos causa a contaminación atmosférica? Cal vos parece máis grave?
2 Describe un percorrido que fagas frecuentemente e que poidas realizar sen utilizar o coche.
3 VALORES. Ti reciclas? Explica como o fas.
ACTIVIDADES
COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividade 10
Reciclar
Reciclar o plástico, o papel ou o vidro evita a contaminación que produce fabricalos.
Aforrar electricidade
As centrais eléctricas emiten fume para producir electricidade. Apagar as luces se non as necesitamos ou usar lámpadas de baixo consumo contribúen a aforrar enerxía.
Utilizar menos o automóbil
A bicicleta e o transporte público contaminan menos.
Coidar a natureza
Conservar os bosques axuda a que as plantas produzan o osíxeno que necesitamos.
VEXO-PENSO-PREGÚNTOME
Que ves?
Que pensas?
Que preguntas te fas?
PENSAMENTO
27
1
1 Explica o que son a auga doce e a auga potable. Escribe tres usos para os que é imprescindible a auga potable.
2 TEMPO PARA FALAR. Ordena estes pasos e explica como chega a auga ata as nosas casas.
• Acumular a auga.
• Distribuír a auga polos fogares.
• Potabilizar a auga.
3 Pensade e escribide varias formas para aforrar auga no colexio.
4 VALORES. Que lle dirías á persoa que botou lixo neste río?
TEMPO PARA LER
Como chega a auga aos fogares?
Para conseguir que a auga chegue ás nosas casas é necesario construír algunhas instalacións.
A auga que utilizamos procede principalmente dos ríos. Recóllese nos encoros (A) e condúcese por unha rede de tubos ata unhas instalacións (B) onde se prepara para que sexa potable, é dicir, para que a poidamos beber.
Nas plantas potabilizadoras, a auga fíltrase, elimínanse as impurezas e engádeselle cloro en pequena cantidade. Desde alí, distribúese a través de tubaxes ata as casas. (C) Así, cando abrimos a billa, sae limpa.
Unha vez utilizada, a auga chega aos sumidoiros e pasa a unha planta depuradora. (D) Alí fíltrase, límpase e devólvese aos ríos. (E)
B
A
E
D
C
28
SABER FACER
1 Enche dous vasos de auga: un da billa da auga fría e outro da billa da auga quente. (A)
2 Introduce dúas pedras de xeo en cada vaso e pon en marcha o cronómetro. (B)
3 Copia a táboa no caderno e anota o tempo que tardan en derreterse totalmente as pedras de cada vaso.
fAuga
quenteAuga fría
Tempo que tarda o xeo en derreterse
… …
4 Obtén conclusións.
• Por que se derreten en ambos os casos as pedras de xeo?
• Como afecta a temperatura ao tempo que tarda o xeo en derreterse?
• Que cambio de estado experimenta a auga?
5 TEMPO PARA FALAR. Pensade nun experimento, parecido ao anterior, para comprobar se a cantidade de xeo que se pon no vaso inflúe no tempo que este tarda en derreterse. Explicádelle ao resto da clase a vosa idea.
Realizo un experimento coa augaUn experimento serve para saber como funciona a natureza.
Necesitarás:
• Dous vasos grandes.
• Auga fría.
• Auga quente.
• Pedras de xeo.
• Un cronómetro.
A
B
Obxectivo do experimento:
Descubrir como inflúe a temperatura no tempo que tarda o xeo en derreterse.
1
29
COMPROBO O MEU PROGRESO
3 PALABRAS CLAVE. Define estes conceptos no caderno.
4 Observa o ceo e fíxate no tempo que vai hoxe na túa localidade. Describe como son:
1 ESQUEMA. Copia e completa o esquema no caderno.
2 ESQUEMA. Copia e completa o esquema do tempo atmosférico no caderno.
atmosfera
nube
anemómetro capa de ozono
arco da vella clima pluviómetro
…
…
…
…
…
…
…
…
…
…
coñecese mediante
que mideque mideque mide que mide que mide
O tempo atmosférico
as temperaturas as precipitaciónso vento
xeo ……
fusión
… …
…
30
15 Escribe no caderno o fenómeno atmosférico que representa cada
imaxe e explica en que consiste.
6 De que fenómeno atmosférico se trata en cada caso?
• Ten descargas eléctricas, luz e son.
• Produce precipitacións.
• Move o aire.
7 Fíxate nos debuxos.
• Es quen de ordenar correctamente os pasos?
• Despois, escribe unha oración para cada un que explique o que sucede.
• Por último, explica o cambio de estado que ocorre en cada caso e por que se produce.
A
C
B
D
C
A B
31
9 Copia e completa no teu caderno o planeta coas zonas climáticas e completa as oracións.
• Os climas … danse arredor do ecuador. Neles medran selvas e sabanas.
• Os climas … danse ao norte e sur da zona cálida. Neles medran bosques e pradarías.
• Os climas … danse nos polos e nas altas montañas. Neles medra a tundra.
10 VALORES. Escribide unha carta dirixida ao alcalde ou á alcaldesa da vosa localidade. Propoñede medidas para evitar a contaminación atmosférica. Por exemplo, plantar máis árbores, un día sen coches…
11 TEMPO PARA FALAR. Describe o ciclo da auga.
8 Escribe para que serve o aire en cada caso.
COMO O FIXEN? Responde no caderno.
Que palabras novas aprendiches?
Saberías explicar por que son importantes o aire e a auga para a vida?
Que poderías mellorar no teu traballo?
Ponlle nota ao teu traballo nesta unidade.
CA B
COMPROBO O MEU PROGRESO
…
…
…
…
32