Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de tatuaxe,micropigmentación e piercing (TMP)
2016-2020
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de tatuaxe, micropigmentación e piercing (TMP) 2016-2020
Este documento foi elaborado pola DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA da CONSELLERÍA DE SANIDADE da
XUNTA DE GALICIA e estará vixente durante o período indicado, e en todo caso, estenderase a validez
deste ata a publicación do seguinte programa. O receptor deste documento comprométese a non realizar
ningunha reprodución total ou parcial e a non distribuílo a terceiros.
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 2 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
ÍNDICE
1. Introdución..........................................................................................................................2. Obxectivo............................................................................................................................3. Estratexias..........................................................................................................................4. Marco lexislativo..................................................................................................................5. Actividades .........................................................................................................................6. Instrucións / Criterios ..........................................................................................................7. Sistema de información ....................................................................................................8. Indicadores........................................................................................................................
9. Documentos do programa.................................................................................................
4
5
6
6
6
10
17
17
19
ANEXO I: SISTEMA DE INFORMACIÓN ESTABLECEMENTOS DE TMP ..................... 20
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 3 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
1. Introdución
Dende o ano 2005 esta comunidade autónoma leva a cabo un programa sanitario de vixilancia
dos centros de tatuaxe, micropigmentación e piercing (TMP). Dende o ano 2008 as actuacións
do programa baséanse na avaliación de riscos, co fin de priorizar as actuacións e dispoñer de
forma mais axeitada dos medios humanos e materiais dispoñibles. O presente programa estará
en vigor os anos 2016 a 2020, con avaliacións anuais da evolución do mesmo e coa
posibilidade de introducir modificacións ou novos proxectos en caso de que sexa necesario.
O número de centros de TMP por provincias e riscos, son os seguintes:
PROVINCIA RESULTADOS
DATOS
RISCO
ALTO
%
RISCO
ALTO
DATOS
RISCO
MEDIO
%
RISCO
MEDIO
DATOS
RISCO
BAIXO
% RISCO
BAIXO
DATOS
RISCO
MÍNIMO
% RISCO
MÍNIMO
A CORUÑA 1/53 1,9% 0/53 0% 0/53 0% 50/53 94,3%
LUGO 1/14 7,1% 0/14 0% 1/14 7,1% 11/14 78,6%
OURENSE 3/15 20% 0/15 0% 1/15 6,6% 10/15 66,6%
PONTEVEDRA 8/72 11% 10/72 14% 13/72 18% 40/72 55,5%
Fonte: HERME a 31/12/2015
Así mesmo, podemos avaliar a importancia e a evolución deste programa polos datos da
memoria de xestión colgada na nosa páxina web :
Táboa 24. Programas sanitarios do Servizo de Sanida de Ambiental . Tatuaxe, micropigmentación e
piercing
2010 2011 2012 2013 2014
Instalacións existentes 104 104 122 178 229
Incluídas no programa 104 104 122 127 135
Avaliacións 92 111 122 125 133
% Cumprimento 88% 88% 100% 98% 98%
Táboa 24. Programas sanitarios do Servizo de Sanidade Ambiental 2012 2013 2014
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 4 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
Comprobando que o nivel de cumprimento é alto, e foi aumentando nos últimos anos acadando
un 98% .
Os aspectos fundamentais da vixilancia sanitaria por parte da Dirección Xeral de Saúde Pública
(DXSP) céntranse no uso responsable en persoas sensibles (menores) e na realización das
prácticas en condicións hixiénicas axeitadas. Noutros riscos asociados a este tipo de
actividade, como son o uso de produtos sen as adecuadas garantías sanitarias, a competencia
no control do rexistro das tintas para tatuaxe/ micropigmentación son competencia doutras
unidades ou departamentos distintos da DXSP, polo que se nas inspeccións se atopan deben
ser comunicados aos organismos responsables.
Por outra banda, danse unha serie de circunstancias especiais propias desta actividade, como
son, os horarios de tarde/noite, existencia de profesionais autónomos itinerantes en diversos
centros, as actividades móbiles en feiras e congresos, as actuacións esporádicas con
desprazamentos incluídos, as actuacións en vivendas particulares, a realización dalgunhas
destas prácticas en centros estéticos (non só a micropigmentación), ou incluso sanitarios, que
fan precisa dunha gran axilidade por parte da inspección para poder abordar a vixilancia e
control destas actividades.
Un dos obxectivos do programa é incidir na transformación e consolidación do sector, para
acadar unha maior profesionalidade e mellora das condicións hixiénico sanitarias dos locais
tradicionais. É neste senso, onde as actuacións como a realización do manual de boas
prácticas para os profesionais de TMP son pasos importantes.
Este programa está incluído no Plan de vixilancia de factores ambientais en Galicia, que contén
as liñas xerais de actuación, que será de aplicación no non expresamente recollido neste
programa.
2. Obxectivo
Minimizar os riscos de transmisión de enfermidades que poidan estar asociadas ás actividades
que se desenvolven nos establecementos que realizan prácticas de TMP.
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 5 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
3. Estratexias
3.1.Dispoñer dun censo dos establecementos existentes nesta comunidade autónoma.
3.2.Vixiar se as condicións das instalacións, e do persoal que realiza as prácticas de TMP
se axusten ao establecido na normativa.
3.3.Verificar que os menores de idade que acudan a estes establecementos o fagan con
constancia dos seus titores.
3.4.Verificar que a formación hixiénico sanitaria do persoal que realiza as prácticas de TMP
é axeitada á lexislación.
3.5. Autorizar, se procede, e vixilancia sanitaria das entidades de formación.
4. Marco lexislativo
� Decreto 13/2004, de 15 de xaneiro, polo que se establecen os requisitos técnicos e
condicións sanitarias mínimas aplicables ás prácticas de tatuaxe, micropigmentación e
piercing. (DOG nº16, do 26 de xaneiro de 2004)
� Orde do 22 de xullo de 2004 de regulación da formación do persoal que realiza
prácticas de tatuaxe, micropigmentación e piercing e o procedemento para a
autorización das entidades de formación. (DOG nº 152, do 6 de agosto de 2004)
5. Actividades a desenvolver polas Xefaturas Territoriais
de Sanidade segundo as estratexias
5.1. Dispoñer dun censo dos establecementos existentes nesta comunidade
autónoma
Identificar aos establecementos que se dediquen á realización destas prácticas, xa
sexa a través de:
� Notificación de actividade do propio establecemento
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 6 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
� Actuacións encamiñadas a realizar un censo activo
� Busca en internet, páxinas amarelas, etc.
� Informacións de inspeccións doutros programas
� Atopar estas actividades de forma casual
Cada xefatura territorial da Consellería de Sanidade (XTS) deberá manter actualizado
en HERME o censo dos establecementos, tanto dos que se atopen notificados como
daqueles outros que se detecten mediante busca activa.
A estes efectos, a XTS actuará de oficio nos casos nos que se identifique un
establecemento que non estea notificado, requiríndolle a notificación da actividade
mediante o “Documento de altas / baixas de actividade de tatuaxe, micropigmentación
e piercing .F-13T-02-08-05” , que se atopa colgado na nosa páxina web .
5.2. Vixiar se as condicións das instalacións e do persoal que realiza as
prácticas de TMP se axustan ao establecido na normativa vixente
O obxectivo xeral é obter información das características do centro e comprobar a
adecuación do mesmo en relación coa lexislación vixente.
Aqueles centros que non tiñan inspección no período anterior, eran considerados de
risco alto ata que existise información para avalialos.
Nos anos 2016-2020, e tendo en conta a última avaliación de riscos da que se
dispoña, inspeccionaranse coa seguinte periodicidade, como MÍNIMO, segundo o
risco:
Risco alto e medio............................ unha vez ao ano
Risco baixo e mínimo....................... cada 2 anos
Para realizar as inspeccións, e co fin de servir de apoio á mesma, poderán utilizarase
os seguintes documentos “Protocolo de inspección de establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing. F-13T-02-08-01”, así como a “Guía para a
cumprimentación dos aspectos sanitarios do protocolo de inspección de
establecementos de tatuaxe, micropigmentación e piercing. GC-13T-02-08-01”.
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 7 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
Farase unha avaliación de riscos usando a “Táboa de avaliación de riscos de TMP.
F-13T-02-08-02”, para clasificar os centros en función da estimación do seu risco.
Aqueles que non teñan inspección no período anterior, serán considerados de risco
alto, ata que exista información para avalialos.
Instrución especial: Non deben existir centros censados sen avaliar.
5.3. Verificar que os menores de idade que acudan a estes establecementos ofagan con constancia dos seus titores
Esta comprobación deberá terse en conta dun xeito especial nas inspeccións ós
establecementos.
No caso de denuncias, resulta fundamental que o denunciante poida aportar probas
de que o menor fixo o TMP no establecemento, polo que esta circunstancia deberá
terse en conta á hora de iniciar un expediente sancionador.
5.4. Verificar que a formación hixiénico sanitaria do persoal que realiza asprácticas de TMP é axeitada á lexislación. Control de entidades deformación de persoal que realiza TMP
Realización, polo menos, dunha inspección anual dun dos cursos programados nesa
provincia por cada entidade de formación, este obxectivo poderá ampliarse a tódolos
centros dependendo dos recursos de cada XTS.
Realización dunha inspección ou control das entidades de formación, no caso de que
se teña coñecemento ou sospeita de calquera incumprimento dos requisitos en que se
baseou o outorgamento da autorización de ditas entidades.
Seguimento de todos os cursos das entidades que estean apercibidas. No caso de
que se produzan, a XTS o notificará a DXSP para o seu seguimento nas demais
provincias.
Nas inspeccións avaliaranse as seguintes características:
� Comprobar que o programa do curso que teñen os alumnos sexa o mesmo que o
remitido á XTS.
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 8 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
� Que no momento da inspección, o poñente sexa o que consta no programa do
curso, e que está dando o tema reflectido no programa.
� Que as horas dadas no curso hasta o momento sexan as que aparezan no
programa.
� Comprobar o tipo de avaliación do alumnado.
� Comprobar que verifican a asistencia do alumnado, os alumnos que queiran obter
o certificado final deberán asistir á totalidade das 25 horas estipuladas.
Co fin de facilitar a inspección, usarase o ”Protocolo de inspección de entidades de
formación TMP/CB/LEGIO. F-13T-02-01”
5.5. Autorizar as entidades de formación do persoal dos establecementos deTMP existentes nesta Comunidade Autónoma
5.5.1. Avaliación dos expedientes
As XTS deberán facer un control das entidades de formación que realicen
cursos na súa provincia, para isto avaliaran os expedientes das entidades de
formación con razón social nesa provincia e as que se lle envíen dende a
DXSP, para a realización da proposta de autorización.
5.5.2. Avaliación de entidades autorizadas noutra XTS
No caso de realizarse un curso nunha XTS distinta da que autorizou o curso, a
XTS da provincia onde se leve a cabo o curso, será a que solicite a información
tanto á empresa, como á XTS que autorizou á entidade. Os datos necesarios
son:
� Entidade de formación� Lugar de realización do curso� Horarios do curso� Profesorado de cada tema do curso� Temario do curso
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 9 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
6. Instrucións/Criterios
6.1. Actuacións dos profesionais autónomos
Poden realizar o seu traballo en distintos centros, sempre que tanto o seu instrumental
como os establecementos cumpran a lexislación vixente, así:
� Inspeccionar locais e instrumental
� Se é todo desbotable, ou se o material trasládase estéril non será necesario o uso
de esterilizador.
� O residuos deben ser xestionados segundo a lexislación:
o se os leva o tatuador autónomo darse de alta como xestor de residuos
o se existe un xestor contratado polo autónomo que recolla os residuos
en cada centro
o Que os centros se fagan cargo dos residuos.
6.2. Características das aplicacións nos centros múltiples
Non é necesario ter unha sala exclusiva para micropigmentación.
6.3. Eliminación de residuos
Os centros de TMP, atópanse dentro do ámbito de aplicación do Decreto 38/2015 de
residuos sanitarios,polo que se deberá esixir a normativa en vigor :
“ Artigo 2. Ámbito de aplicación
1. O ámbito de aplicación deste decreto comprende todas as actividades de
produción e de xestión dos residuos sanitarios, de ámbito público ou privado, que se
produzan ou xestionen dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Para os efectos deste decreto, enténdense por residuos sanitarios os seguintes:
a) Os xerados como consecuencia das actividades levadas a cabo nun centro,
servizo ou establecemento sanitario dos recollidos no Decreto 12/2009, do 8 de
xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos
sanitarios, ou normativa que o modifique ou substitúa.
b) Os residuos aos cales se atribúa a natureza de residuos sanitarios por disposición
legal ou regulamentaria.
c) Os xerados polos centros, servizos e establecementos veterinarios asistenciais e
centros de investigación animal.
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 10 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
d) Os residuos recollidos na clases IIa e III do anexo VII, que se xeren en establece-
mentos que presten servizos de coidados estéticos, como centros de estética,
tatuaxe, micropigmentación e piercing, e en tanatorios “
En canto á eliminación das tintas, e segundo resposta de Consellería competente en
medio ambiente, deben ser consideradas de grupo 0803, é dicir residuos de tintas de
impresión, co que deben contar cos xestores axeitados, existe mais información sobre
este tema na páxina do SIRGA (http://sirga.medioambiente.xunta.es).
6.4 Actuacións nos centros sanitarios
O noso decreto di que un centro sanitario non entra no seu ámbito de aplicación. Polo
tanto, calquera actividade de carácter asistencial non será obxecto do noso control,
incluíndo calquera práctica de TMP, sempre que forme parte desa actividade sanitaria
(por exemplo no marco dunha reconstrución mamaria despois dun cáncer de mama).
Se, a pesar de ser un centro sanitario, fanse prácticas de TMP e non forman parte de
prácticas sanitarias, nestes casos débense trasladar dita información concreta á
DXSP que estudará o caso e dará unha contestación de actuación.
Se nun mesmo edificio, galería etc, existen distintos establecementos ou servizos,
existindo centros sanitarios e outros que están diferenciados, deben estar separados
e distinguirse uns de outros , con responsables diferentes.
6.5. Tintas
6.5.1. Tintas atopadas nas inspeccións con non conformidades
Segundo criterio acordado coa Subdirección Xeral de Farmacia, e posto que as
tintas como produtos de coidado persoal cunha finalidade estética, deben ser
autorizadas pola AEMPS( Agencia Española de Medicamentos y Productos
Sanitarios) no caso de atopar unha non conformidade co artigo 5.15 do Decreto
13/2004, as actuacións serán as seguintes:
� Comunicar ao interesado as actuacións a realizar segundo as directrices do
“Procedemento xeral de actuación do persoal de inspección. PX-13-03”.
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 11 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
� Dende a XTS remitirase escrito segundo modelo da “Carta modelo envío a
Subdirección Xeral de Farmacia. F-13T-02-08-03” á Subdirección Xeral de
Farmacia para que realice ou comunique as actuacións que considere
oportunas, remitindo copia a DXSP para a circulación da información as
outras XTS.
6.5.2 Tintas de tatuaxe non son cosméticos, son produtos de coidado persoal
cunha finalidade estética
As tintas de tatuaxe non son considerados cosméticos porque se inxectan na
pel. Considéranse produtos de coidado persoal cunha finalidade estética. Están
recollidos na Disposición adicional segunda do RD 1599/1997, que regula os
produtos cosméticos.
Dita DA 2ª indica:
“1. Se entenderá por productos de higiene personal (ahora se llaman de Cuidado
personal) todas las sustancias o preparados que, sin tener la consideración legal de
cosméticos, biocidas, productos sanitarios o medicamentos, están destinados a ser
aplicados sobre la piel, dientes o mucosas del cuerpo humano con la finalidad de
higiene o de estética, o para neutralizar o eliminar ectoparásitos, tales como dentífricos,
productos de estética, pediculicidas, hidratantes vaginales, limpiadores anales en caso
de hemorroides, productos para el masaje deportivo, limpiadores nasales o limpiadores
oculares, o cualquier otro producto que pueda ser calificado como tal.
2. Se entenderá por:
b) Productos de estética: los productos de aplicación en la piel, que no tengan la
consideración legal de cosméticos, medicamentos o productos sanitarios por su
composición, indicaciones, mecanismo de acción, de aplicación o duración, tales como,
en su caso, tintas para tatuajes, micropigmentos o preparados destinados al maquillaje
permanente y semipermanente, mascarillas de abrasión de la piel por vía química o
parches transdérmicos, o cualquier otro producto que pueda ser calificado como tal.
3. Los productos mencionados en esta disposición adicional serán objeto de
autorización sanitaria de comercialización otorgada por la Agencia Española de
Medicamentos y Productos Sanitarios, la cual se inscribirá en el registro que ésta tiene
establecido.”
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 12 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
6.5.3. Tintas comunicadas a través de alertas
A Subdirección Xeral de Farmacia, centralizará todas as alertas de tintas que
cheguen á Consellería de Sanidade e remitirá instrucións das actuacións a
realizar.
Cando o Servizo de Sanidade Ambiental reciba unha alerta proveniente da
Subdirección Xeral de Farmacia, a comunicará ás XTS e as instrucións a
realizar que, en xeral e salvo instrucións específicas, consistirán en:
� Envío, preferentemente por correo electrónico, da “Carta modelo para
enviar aos establecementos en caso de alerta. F-13T-02-08-04”, na que
lle comunicarán aos centros censados a existencia dunha alerta sobre os
produtos e a recomendación de actuacións sobre o mesmo, así como que
poden consultar un histórico das distintas alertas na páxina web do
SERGAS na dirección:
http://www.sergas.es/Saude-publica/Alertas-tintas-e-produtos-piercing
� Nas inspeccións do programa, comprobarase que as tintas motivo de
alertas, non se atopan nos establecementos.
� No caso de atopar algunha tinta, comunicarase á Subdirección Xeral de
Farmacia coa indicación de que dita tinta, está afectada por unha alerta,
segundo modelo da “Carta modelo envío a Subdirección Xeral de
Farmacia. F-13T-02-08-03”
6.6. Entidades de formación e cursos
6.6.1 Criterio para a subsanación de non conformidades nos cursos
Ante non conformidades atopadas no transcurso das inspeccións, que puideran
comprometer a calidade da formación (poñentes non autorizados, programa
incompleto, etc.) ademais de subsanar a non conformidade, e sen menoscabo
do expediente sancionador que puidera dar lugar, será necesario repetir
unicamente esas horas formativas que foron causa da non conformidade.
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 13 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
6.6.2 Entidades autorizadas noutras CCAA
A Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, consagra
o principio de eficacia en todo o territorio nacional, segundo o que calquera
operador legalmente establecido poderá exercer a súa actividade económica
sen que caiba exixirlle novas autorizacións ou trámites adicionais de outras
autoridades competentes diferentes. En concreto, o artigo 20.1 desta lei dispón
que terán plena eficacia en todo o territorio nacional, sen necesidade de que o
operador económico realice ningún trámite adicional ou cumpra novos
requisitos, as autorizacións, obtidas dunha autoridade competente para o
acceso ou o exercicio dunha actividade. Este principio de eficacia non é, sen
embargo, aplicable ás autorizacións, declaracións responsables e
comunicacións vinculadas a unha concreta instalación ou infraestrutura física.
Así o establece o artigo 20.4 da mesma lei pero elo determina que cando o
operador estea legalmente establecido noutro lugar do territorio, as
autorizacións ou declaracións responsables non poderán contemplar requisitos
que non estean ligados especificamente á instalación ou infraestrutura.
Polo anterior no caso de entidades de formación sen razón social en Galicia,
que veñan só a dar os cursos, poderán facelo sen requisitos adicionais, se ben
terán que comunicar cunha semana de antelación cando e donde darán esa
formación.
6.6.3 Programa curso 10 horas
O programa do curso de renovación( farase cada 10 anos) mentres non cambie
a normativa será o publicitado na nosa web, que corresponderá á última
actualización .
As entidades autorizadas para dar os cursos de formación do persoal que
realiza prácticas de TMP, poderán dar os cursos de renovación cumprindo as
mesmas condicións que os cursos iniciais.
HORAS DO CURSO:
O curso de renovación será de 10 horas.
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 14 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
PROGRAMA (Actualmente e ata 2024) :
• Recordatorio das enfermidades de transmisión por microorganismos.
Prácticas a realizar ante posibles complicacións. Primeiros auxilios. (1h)
• Actualización da normativa en prácticas de TMP,en materia de
prevención de riscos laborais, residuos, produtos químicos,biocidas.(2 h)
• Boas prácticas de limpeza, desinfección e esterilización. Condicións
hixiénico sanitarias. Preparación zona de actuación.(2h)
• Riscos específicos da realización de estas prácticas. Novos sistemas de
protección persoal. (2 h)
• Información ao usuario, protección do menor. Rexistros. (1 h)
• Tintas: Actuacións . Lexislación. Alertas. Etiquetado. (1,5 h)
• Proba escrita. (0,5 h)
6.6.4 Criterio para a realización do curso de teleformación semipresencial
Co obxecto de facilitar o acceso a formación, así como evitar situacións de
desigualdade que se podan producir polo recoñecemento desta formación a
entidades de fora da nosa comunidade autónoma, as entidades autorizadas en
Galicia para realizar formación do persoal que realiza operacións de
mantemento hixiénico-sanitario dos establecementos de TMP, poderán realizar
tanto os cursos iniciais de 25 horas como os de 10 horas, de forma
semipresencial, sempre que cumpran as condicións reflectidas no documento
“Requisitos mínimos a exixir nos cursos na modalidade de teleformación
semipresencial” que se atopa na nosa páxina web.
As solicitudes para a realización de cursos de teleformación semipresencial
serán avaliadas polas XTS que concederon as autorizacións. Os informes
favorables para a realización de cursos de teleformación semipresencial das
XTS remitiranse a DXSP.
6.6.5 Criterio para realización do curso de renovación en caso de caducidade do
curso de 25 horas inicial.
No caso de que un alumno teña o certificado do curso inicial caducado, deberá
facer o curso de renovación de 10 horas, independentemente do tempo
transcorrido dende a súa caducidade.
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 15 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
6.6.6. Control e validación das titulacións existentes
Recoñecerase a validez dos certificados de formación expedidos por entidades
declaradas en calquera comunidades autónoma ou territorio da UE, que cumpran
cos requisitos de contido establecidos no ámbito territorial da súa expedición.
Por iso, cando se solicite validación dunha titulación ás XTS, procederase do
seguinte xeito:
� Se é claro que non cumpre ou existen precedentes, pódense rexeitar dende
as XTS .
� Se se teñen dúbidas, remisión á DXSP.
� A validación solo a pode realizar a DXSP.
6.7 Técnicas de escarificación dentro dos establecementos de TMP.
As escaras son cicatrices producidas por cortes superficiais ou profundos na dermis.
Estaría dentro do ámbito de aplicación do Decreto 13/2004 :
“Artículo 2º.-Ámbito de aplicación.
1. El presente decreto será de aplicación a aquellos establecimientos no sanitarios de
la Comunidad Autónoma de Galicia, en los que, de forma permanente, temporal o
esporádica se practiquen técnicas de tatuaje, micropigmentación y piercing, así como
cualquier otra práctica de decoración corporal que implique l a perforación de la
piel , mucosas o tejidos.
Tamén incluiríase todo o tema das linguas bífidas, os implantes de bolas e outros.
6.8 Feiras e congresos
Segundo o artigo 5 do Decreto 13/2004, punto 17. “Cando, con motivo de feiras,
congresos ou outros acontecementos semellantes se realicen estas actividades en
instalacións non estables, estas deberán cumpri-las condicións sanitarias
equivalentes ás establecidas neste decreto”. Polo que cando se realice algún destes
acontecementos nunha provincia, a XTS correspondente deberá solicitar ao
responsable do evento que remita unha memoria na que especifique as condicións do
evento e como vai a cumprir as exixencias legais da normativa, que será a seguinte:
- Lugar de realización do evento. Horarios.
- Disposición dos postos de TMP.
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 16 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
- Nomes e titulacións dos profesionais do evento. Copia dos seus certificados do
curso hixiénico-sanitario.
- Uso de material desbotable ou estéril, e no caso de ter que esterilizar de novo,
acceso a un esterilizador.
- Existencia de auga corrente en cada posto.
- Xestión dos resíduos axeitadamente.
- Declaración responsable de que as condicións do evento cumpren a normativa e que
terá a disposición de calquera inspección a documentación que non se poida aportar
no momento de entregar a memoria.
7. Sistema de información
Cada xefatura territorial, remitirá os datos ata o 31 de decembro de cada ano, antes do fin do
mes de xaneiro seguinte. A información incluirá os datos do ANEXO I que non se podan obter a
través do HERME.
8. Indicadores
O programa avaliase segundo os indicadores propostos, realizándose un control a 31 de
decembro de cada ano.
8.1. De produción
O obxectivo é medir o grao de cumprimento do programa, segundo as actividades e a
frecuencia establecida.
8.1.1. Índice de Produción de Inspección de Centros (IPIC)
Considerando o número de inspeccións realizadas no período de vixencia do
programa, con respecto o número de centros que se tiñan que inspeccionar (os
censados, quitando os comprobados dados de baixa).Tendo en conta que os de
risco Baixo e Mínimo contrólanse cada 2 anos, o obxectivo será de > 95% anual
para os de Alto e Medio e de > 95 % bianual para os de Baixo e Mínimo:
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 17 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
ALTO/MEDIO : control anual
BAIXO/MÍNIMO: control bianual (cada 2 anos)
Nº de inspeccionesIPIC= —————————————————————————————
Nº de centros que se tiñan que inspeccionar
8.1.2. Índice de Produción de Censo Activo (IPCA):
Considerando o número de centros que se introduciron no censo como
resultado da busca activa no ano, en relación cos censados ese ano (os que se
censan voluntariamente e os do censo activo)
Nº de centros buscadosIPCA= —————————————————————————————
Nº de centros censados ese ano
É un indicador moi relacionado coa implicación no programa, porque da unha
idea do traballo de busca activa das XTS.
8.1.4. Índice de Avaliación de Riscos (IAR)
Considerando o número de centros con avaliación de riscos no período anual
de vixencia do programa, con respecto ao número de centros que se tiñan que
avaliar(os do programa).Debe ser aproximadamente do 100%, posto que
tódolos centros deben ter unha avaliación,actualizada en base á última
inspección, co fin de coñecer o seu risco:
Nº de avaliaciónsIAR= ——————————————————
Nº de centros do programa
8.2. De resultados
A finalidade é ter unha información obxectiva sobre o grado en que se alcanza, tanto o
obxectivo xeral do programa como os obxectivos específicos.
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 18 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
8.2.1. Porcentaxe de Centros de Risco
Será a porcentaxe de centros que presentan risco alto, medio, baixo e mínimo
e os sen avaliar, por provincia e a finais do período avaliado.
O obxectivo será ter menos do 10% de risco alto e medio.
Nº de centros de cada risco%RISCO= ———————————————————————
Nº de centros censados
8.2.2. Índice de Formación Sanitaria dos Aplicadores (IFSA)
Considerando o número de centros que contan con aplicadores coa debida
formación hixiénico sanitaria, actualizada pola renovación, que ten por
obxectivo conseguir o 100%:
Nº de centros con aplicadores formadosIFSA= —————————————————————————————
Nº total de centros censados
9. Documentos
F-13T-02-08-01 Protocolo de inspección de establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
F-13T-02-08-02 Táboa de avaliación de riscos de TMP
F-13T-02-08-03 Carta modelo envío a Subdirección Xeral de Farmacia
F-13T-02-08-04 Carta modelo para enviar aos establecementos en caso de alerta
F-13T-02-08-05 Documento de altas / baixas de actividade de tatuaxe, micropigmentación
e piercing
GC-13T-02-08-01 Guía para a cumprimentación dos aspectos sanitarios do protocolo de
inspección de establecementos de tatuaxe, micropigmentación e piercing
F-13T-02-01 Protocolo de inspección de entidades de formación TMP/CB/LEGIO
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 19 de 20
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa sanitario de
vixilancia dos
establecementos de tatuaxe,
micropigmentación e piercing
(TMP) 2016-2020
ANEXO I. SISTEMA DE INFORMACIÓN ESTABLECEMENTOS DE TMP
DENTRO DO PERIODO DO PROGRAMA: ACUMULATIVOS
Nº de centros con aplicadores formados/presentes a 31 de decembro
ACUMULATIVO
A CORUÑA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
ESTABLECEMENTOS DE TMP A 31 DE DECEMBRO DE CADA ANO: VALORES
ANUAIS
Das altas nº de centros atopados por busca activa nese ano (anual)
A CORUÑA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 20 de 20