0
IES RAFAEL PUGA
RAMÓN
Curso 2018-2019
Programación Departamento Matemáticas
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
1
ÍNDICE: (marcar e pulsar Ctrl e intro)
1. Compoñentes do departamento , grupos que imparten e organización das reunións........4
2. Introdución e contextualización……………………....................................................................5
3. Competencias clave............................................................................................................7
3.1 Contribución da materia ao desenvolvemento das competencias clave na ESO..8
3.2 Contribución ao desenvolvemento das competencias clave no Bacharelato…… 11
4. Obxectivos ………………………………………………………………………………………………………………………12
4.1 Obxectivos xerais da ESO ……………………….............................................................12
4.2 Obxectivos xerais do Bacharelato ………………………................................................13
4.3 Obxectivos xerais da materia..................................................................................15
5. Metodoloxía didáctica...........................................................................................................16
5.1 Metodoloxía na ESO.....................................................................................................16
5.2 Metodoloxía no Bacharelato........................................................................................18
6. Materiais e recursos didácticos ............................................................................................19
7. Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente……………………..20
8. Criterios sobre avaliación, cualificación e promoción…………………………………………………….….24
9. Avaliación inicial....................................................................................................................27
10. Programa de recuperación das materias pendentes doutros cursos..................................28
11. Procedementos para acreditar os coñecementos necesarios.............................................29
12. Medidas d e atención á diversidade....................................................................................30
13. Sección bilingüe...................................................................................................................32
14. Concreción dos elementos transversais que se traballarán................................................33
15. Tratamento do fomento da lectura. Contribución ao proxecto lector................................35
16. Tratamento do fomento das TIC..........................................................................................37
17. Tratamento do fomento da convivencia no centro.............................................................39
18. Actividades complementarias e extraescolares...................................................................39
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
2
19. Mecanismos de revisión, avaliación e modificación da programación.............................40
20. Constancia de información ao alumnado e as familias.......................................................44
21. Programación de Educación Secundaria Obrigatoria..........................................................44
21.1 Introdución e contextualización …………………………………………………………………………….44
21.2 Obxectivos da materia na ESO ……………………………………………………………………………….46
21.3 Matemáticas 1º ESO ……………………………………………………………………………………………..47
OBXECTIVOS
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN-ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE-COMPETENCIAS CLAVE, temporalización e sinalazación dos mínimos avaliables e procedementos de avaliación
21.4 Matemáticas2º ESO ………………………………………………………………………………………………64
OBXECTIVOS
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN-ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE-COMPETENCIAS CLAVE, temporalización e sinalazación dos mínimos avaliables e procedementos de avaliación
21.5 Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Académicas 3º ESO…………………………………81
OBXECTIVOS
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN-ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE-COMPETENCIAS CLAVE, temporalización e sinalazación dos mínimos avaliables e procedementos de avaliación
21.6 Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Aplicadas 3º ESO………………………….…………96
OBXECTIVOS
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN-ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE-COMPETENCIAS CLAVE, temporalización e sinalazación dos mínimos avaliables e procedementos de avaliación
21.7 Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Académicas 4º ESO…………………………………117
OBXECTIVOS
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN-ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE-COMPETENCIAS CLAVE, temporalización e sinalazación dos mínimos avaliables e procedementos de avaliación
21.8 Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Aplicadas 4º ESO………………………….…………134
OBXECTIVOS
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
3
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN-ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE-COMPETENCIAS CLAVE, temporalización e sinalazación dos mínimos avaliables e procedementos de avaliación
22. Programación de Bacharelato………………………….............................................................148
22.1 Introdución e contextualización ………………………………………………………………………148
22.2 Obxectivos da materia no Bacharelato ………………………………………………………………149
22.3 Matemáticas I 1º Bacharelato………………………………………………………………………..150
OBXECTIVOS
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN-ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE-COMPETENCIAS CLAVE, temporalización e sinalazación dos mínimos avaliables e procedementos de avaliación
22.4 Matemáticas Aplicadas as Ciencias Sociais I 1º Bacharelato……………………….168
OBXECTIVOS
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN-ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE-COMPETENCIAS CLAVE, temporalización e sinalazación dos mínimos avaliables e procedementos de avaliación
22.5 Matemáticas II 2º Bacharelato………………………………………………………………….. 183
OBXECTIVOS
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN-ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE-COMPETENCIAS CLAVE, temporalización e sinalazación dos mínimos avaliables e procedementos de avaliación
22.6 Matemáticas Aplicadas as Ciencias Sociais II 2º Bacharelato……………………..198
OBXECTIVOS
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN-ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE-COMPETENCIAS CLAVE, temporalización e sinalazación dos mínimos avaliables e procedementos de avaliación
22.7 Métodos Estatísticos e numéricos 2º Bacharelato………………………………………………211
I Introducción e contextualización
OBXECTIVOS
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN-ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE-COMPETENCIAS CLAVE, temporalización e sinalazación dos mínimos avaliables e procedementos de avaliación
23. Aprobación da presente programación. Sinaturas dos membros do Departamento….…217
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
4
1. COMPOÑENTES DO DEPARTAMENTO, GRUPOS QUE IMPARTEN E ORGANIZACIÓN DAS REUNIÓNS.
Nos seguinte cadro reflíctense os membros do departamento de matemáticas do IES Rafael Puga Ramón no curso 2018-2019 e os grupos impartidos por cada un deles.
Número de grupos impartidos de cada materia
PROFESOR/A ESO
1º Mat
1º NEE
2º Mat
2º NEE
3º Acad
3º Aplic
4º Acad
4º Aplic
Carmen Canay Barreiro 3gr 1 gr Roberto Maneiro Catoira 3gr (1 bil) 1 gr 1 gr Alberto Montero Martínez 3 gr 1gr 1 gr Carmen Raña García 3 gr Jesusa Serrano Regueira 1 gr 1 gr 1 gr Fernanda Sández Martínez 2 gr Departamento de Ciencias 3 gr Profesor Pedagogía Terapéutica 1 gr
PROFESOR/A Reforzo fóra do horario lectivo 1º
ESO 2º
ESO 3º
ESO Yolanda Gómez Vázquez 1 gr Carmen Raña García 1 gr 1 gr
A xefatura de Departamento estará a cargo de Fernanda Sández Martínez
Reunión de Departamento
Por acordo dos membros as reunións celebraranse os xoves ás 17 horas. O Departamento reunirase sempre que o solicite un dos seus membros e cando as necesidades didácticas así o aconsellen. Realizarase cando menos unha xuntanza ao mes para facer o seguimento da programación didáctica e proceder á súa modificación no caso de ser preciso. Voltar ao indice
PROFESOR/A Bacharelato
1º Mat I
1º CCSS I
2º Mat II
2º CCSSII
2º MEN
2º Reforzo/
Ampliación Yolanda Gómez Vázquez 2 gr. 2gr 1 gr Carmen Raña García 1 gr Jesusa Serrano Regueira 2 gr Fernanda Sández Martínez 2 gr 1 gr
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
5
2. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN As Matemáticas son un instrumento indispensable par a interpretar o mundo que nos rodea e
expresar os fenómenos sociais, científicos e técnicos dunha sociedade cada vez máis complexa.
A materia de Matemáticas contribúe e especialmente ao desenvolvemento da “competencia
clave matemática e en ciencia e tecnoloxía” (CMCCT), recoñecida como clave pola Unión
Europea. Esta consiste en formular, transformar e resolver problemas a partir de situacións da
vida cotiá, doutras ciencias e das propias matemáticas. Para lograr isto cómpre analizar a
situación, identificar o que é verdadeiramente relevante, establecer relacións, facer modelos
que a representen e ser quen de comunicala utilizando diferentes linguaxes e rexistros.
Esta materia é unha das instrumentais básicas e polo tanto a súa importancia é considerable
xa que nela se estudan moitos contidos base para o progreso na adquisición de contidos
doutras disciplinas e sobre todo procedementos que se utilizan noutras materias de ciencias.
A resolución de problemas e os proxectos de investigación constitúen os eixes fundamentais
no proceso de ensino e aprendizaxe das Matemáticas. Unha das capacidades esenciais que se
desenvolven coa actividade matemática é a habilidade de formular, propor, interpretar e
resolver problemas, xa que lles permite ás persoas o emprego dos procesos cognitivos para
abordaren e resolveren situacións interdisciplinares en contextos reais.
No desenvolvemento do currículo débese ter en conta o carácter propedéutico da materia,
segundo figura no artigo 12 do Real Decreto 1105/2014, no que se establece o currículo da
ensinanza secundaria. É importante que no desenvolvemento do currículo desta materia os
coñecementos, as competencias e os valores estean integrados, polo que os estándares de
aprendizaxe formuláronse tendo en conta a imprescindible relación entre os devanditos
elementos e organizáronse en bloques.
Os coñecementos novos que se deben adquirir teñen que apoiarse nos xa conseguidos: os
contextos deben ser elixidos para que o alumnado se aproxime ao coñecemento de forma
intuitiva mediante situacións próximas a este, e vaia adquirindo cada vez maior complexidade,
ampliando progresivamente a aplicación a problemas relacionados con fenómenos naturais e
sociais e a outros contextos menos próximos á súa realidade inmediata. Durante os primeiros
cursos é necesario que o alumnado alcance soltura suficiente no cálculo, sempre apoiado na
adquisición do sentido numérico, que abrangue cálculo mental, estimación e dominio reflexivo
das propiedades e operacións. Posteriormente, ao longo das distintas etapas educativas, o
alumnado debe progresar na adquisición das habilidades de pensamento matemático; debe
pasar de conseguir dominar os cálculos e as súas ferramentas a centrarse, xa no bacharelato,
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
6
en desenvolver os procedementos e a capacidade de analizar e investigar, interpretar e
comunicar de xeito matemático diversos fenómenos e problemas en distintos contextos, así
como de proporcionar solucións prácticas a estes. Os procedementos, os razoamentos, a
argumentación e a expresión matemática das situacións e dos problemas han contribuír de
maneira especial a lograr a adquisición das competencias clave
O bloque de “Procesos, métodos e actitudes” é común para todos os cursos e debe
desenvolverse de xeito transversal e simultaneamente ao resto de bloques, constituíndo o fío
condutor da materia, por este motivo non está temporizado xa que se incidirá nel ao longo de
todo o curso. Os estándares de aprendizaxe correspondentes a este bloque considéranse, na
súa totalidade, mínimos avaliables.
Intentando conseguir que o proceso do ensino e aprendizaxe se desenvolva do mellor xeito
posible e que se acaden os mellores resultados, fíxose unha distribución do horario do
departamento que facilite a tarefa de atención á diversidade, tanto para atender ás
necesidades educativas específicas coma para facilitar a optatividade do alumnado. Como
medidas de atención á diversidade temos desdobres en todos os grupos de 1º e 2º da ESO, os
grupos divídense á metade estando a cargo de dous profesores do departamento. Ao mesmo
tempo, hai una hora semanal de apoio para cada un dos grupos destes dous cursos da ESO,
que está dirixido ao alumnado con dificultades curriculares importantes.
En 3º e 4º da ESO hai 3 grupos de matemáticas orientadas ás matemáticas académicas e 1 de
matemáticas orientadas ás ensinanzas profesionais, aínda que non foron moitos os alumnos
que escolleron esta opción optouse por facer grupo dada a importancia que ten a formación
profesional na sociedade actual.
Impartiranse 3 clases de reforzo semanal, os martes ou xoves en horario de 16.30 a 18.10, é
dicir fóra do horario de clase dos grupos de referencia . Destinaranse ao alumnado da ESO que
ten a materia pendente do curso anterior e de quedaren prazas baleiras ofertaranse ao
alumnado de 3º e 4º da ESO que presenten dificultades na materia. Ademais farase o reforzo
na aula que se estime necesario e as ACIs que sexan precisas.
Canto ao bacharelato, impártense dous grupos de Matemáticas I, dous de Matemáticas
Aplicadas ás Ciencias Sociais I, dous de Matemáticas II, 1 de Matemáticas aplicadas ás Ciencias
Sociais II e dous de Métodos Estatísticos e Numéricos (optativa de 2º de bacharelato). Ao
mesmo tempo, como materia de libre configuración do centro ofertouse un reforzo para cada
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
7
unha das matemáticas de 2º de bacharelato, constituíndose un grupo de reforzo ou
ampliación de matemáticas II
Referencias legais:
LEI ORGÁNICA 8/2013, do 9-12, para a mellora da calidade educativa (BOE do 10-12-2013).
DECRETO 86/2015, do 25-6, polo que se establece o currículo da educación secundaria
obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29-6-2015).
ORDE do 15-7-2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración
autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria
obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG do 21-7-2015).
RESOLUCIÓN do 15-07-2016 pola que se ditan instrucións no curso académico 2016-2017 para
a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros
docentes da Comunidade Autónoma de Galicia
Voltar ao indice
3. COMPETENCIAS CLAVE
Tal e como se describe na LOMCE, todas as áreas ou materias do currículo deben participar no
desenvolvemento das distintas competencias do alumnado. Estas, de acordo coas
especificacións da lei, son: Comunicación lingüística (CCL); Competencia matemática e
competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT) ; Competencia dixital (CD) ;
Competencias sociais e cívicas (CSC) ; Conciencia e expresións culturais (CCEC) ; Aprender a
aprender (CAA); Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
Na materia de Matemáticas, tal e como suxire a lei, potenciarase o desenvolvemento das
competencias de comunicación lingüística, competencia matemática e competencias básicas
en ciencia e tecnoloxía; ademais, para alcanzar unha adquisición eficaz das competencias e a
súa integración efectiva no currículo, incluiranse actividades de aprendizaxe integradas que
permitirán ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha
competencia ao mesmo tempo. Para valoralos, utilizaranse os estándares de aprendizaxe
avaliables, como elementos de maior concreción, observables e medibles, se porán en relación
coas competencias clave, permitindo graduar o rendemento ou o desempeño alcanzado en
cada unha delas.
Voltar ao indice
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
8
3.1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS
CLAVE NA ESO
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
Esta área posibilita en todos e cada un dos seus aspectos a competencia matemática, a partir
do coñecemento dos contidos e a súa variedade de procedementos de cálculo, análise, medida
e estimación da realidade que envolve aos alumnos como instrumento imprescindible no
desenvolvemento do pensamento dos alumnos e compoñente esencial de comprensión.
Os descritores que traballaremos fundamentalmente serán:
Comprometerse co uso responsable dos recursos naturais para promover un
desenvolvemento sustentable.
Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.
Manexar os coñecementos sobre ciencia e tecnoloxía para solucionar problemas,
comprender o que ocorre ao noso ao redor e responder a preguntas.
Coñecer e utilizar os elementos matemáticos básicos: operacións, magnitudes,
porcentaxes, proporcións, formas xeométricas, criterios de medición e codificación
numérica, etc.
Aplicar estratexias de resolución de problemas a situacións da vida cotiá.
Organizar a información utilizando procedementos matemáticos.
Comunicación lingüística
Para fomentar o seu desenvolvemento desde a área de Matemáticas débese insistir na
incorporación do esencial da linguaxe matemática á expresión habitual e a adecuada precisión
no seu uso e por outra banda en que os contidos asociados á descrición verbal dos
razoamentos e dos procesos.
Para iso, en cada unidade didáctica, adestraremos polo menos un descritor de cada un destes
indicadores.
Os descritores que priorizaremos serán:
Comprender o sentido dos textos escritos e orais.
Expresarse oralmente con corrección, adecuación e coherencia.
Respectar as normas de comunicación en calquera contexto: quenda de palabra,
escoita atenta ao interlocutor
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
9
Competencia dixital
A lectura e creación de gráficas, a organización da información en forma analítica e
comparativa, a modelización da realidade, a introdución á linguaxe gráfica e estatística, o uso
de calculadoras e ferramentas tecnolóxicas e outros procesos matemáticos contribúen ao
desenvolvemento desta competencia.
Para iso, nesta área, traballaremos os seguintes descritores da competencia:
Elaborar e publicitar información propia derivada da obtida a través de medios
tecnolóxicos.
Comprender as mensaxes que veñen dos medios de comunicación.
Utilizar as distintas canles de comunicación audiovisual para transmitir informacións
diversas.
Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento.
Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.
Actualizar o uso das novas tecnoloxías para mellorar o traballo e facilitar a vida diaria.
Conciencia e expresións culturais
A achega matemática faise presente en multitude de producións artísticas, así como as súas
estratexias e procesos mentais fomentan a conciencia e expresión cultural das sociedades.
Igualmente o alumno, mediante o traballo matemático poderá comprender diversas
manifestacións artísticas sendo capaz de utilizar os seus coñecementos matemáticos na
creación das súas propias obras.
Polo que nesta área, traballaremos os seguintes descritores:
Mostrar respecto cara ao patrimonio cultural mundial nas súas distintas vertentes
(artístico-literaria, etnográfica, científico-técnica), e cara ás persoas que contribuíron
ao seu desenvolvemento.
Apreciar a beleza das expresións artísticas e as manifestacións de creatividade e gusto
pola estética no ámbito cotián.
Valorar a interculturalidad como unha fonte de riqueza persoal e cultural.
Expresar sentimentos e emocións desde códigos artísticos.
Elaborar traballos e presentacións con sentido estético.
Competencias sociais e cívicas
A utilización de estratexias persoais de cálculo e de resolución de problemas facilita aceptar
outros puntos de vista, o que é indispensable á hora de realizar un traballo cooperativo e en
equipo. Recoñecer e valorar as achegas alleas, enriquece ao alumno.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
10
Para iso adestraremos os seguintes descritores:
Desenvolver capacidade de diálogo cos demais en situacións de convivencia e traballo,
e para a resolución de conflitos.
Recoñecer riqueza na diversidade de opinións e ideas.
Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela.
Aprender a comportarse desde o coñecemento dos distintos valores.
Involucrarse ou promover accións cun fin social.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor
As estratexias matemáticas como a resolución de problemas, que inclúen a planificación, a
xestión do tempo e dos recursos, a valoración dos resultados e a argumentación para
defender o proceso e os resultados, axudan ao desenvolvemento desta competencia. Esta
axuda será maior na medida en que se fomente actitudes de confianza e de autonomía na
resolución de situacións abertas e problemas relacionados coa realidade concreta que vive o
alumno.
Os descritores que adestraremos son:
Optimizar recursos persoais apoiándose nas fortalezas propias.
Asumir as responsabilidades encomendadas e dar conta delas.
Xestionar o traballo do grupo, coordinando tarefas e tempos.
Dirimir a necesidade de axuda en función da dificultade da tarefa.
Atopar posibilidades na contorna que outros non aprecian.
Asumir riscos no desenvolvemento das tarefas ou os proxectos.
Actuar con responsabilidade social e sentido ético no traballo.
Aprender a aprender
A autonomía na resolución de problemas en Matemáticas, xunto coa verbalización do proceso
de resolución axuda á reflexión sobre o aprendido, favorecendo esta competencia.
Para o desenvolvemento da competencia de aprender a aprender é tamén necesario incidir
desde a área nos contidos relacionados coa autonomía, a perseveranza, a sistematización, a
mirada crítica e a habilidade para comunicar con eficacia os resultados do propio traballo.
Os descritores que adestraremos cos alumnos serán os seguintes:
Identificar potencialidades persoais como aprendiz: estilos de aprendizaxe,
intelixencias múltiples, funcións executivas?
Xerar estratexias para aprender en distintos contextos de aprendizaxe.
Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
11
Aplicar estratexias para a mellora do pensamento creativo, crítico, emocional,
interdependente.
Planificar os recursos necesarios e os pasos que se han de realizar no proceso de
aprendizaxe.
Seguir os pasos establecidos e tomar decisións sobre os seguintes en función dos
resultados intermedios.
Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.
Voltar ao indice
3.2. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS
CLAVE NO BACHARELATO
Comunicación lingüística.
A materia de Matemáticas en bacharelato utiliza unha terminoloxía formal que permitirá ao alumnado incorporar esta linguaxe ao seu vocabulario, e utilizala nos momentos adecuados coa suficiente propiedade. Así mesmo, a comunicación dos resultados das actividades e/ou problemas e outros traballos que realicen favorece o desenvolvemento desta competencia
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
Son as competencias fundamentais da materia. Para desenvolver esta competencia, o alumnado aplicará estratexias para definir problemas, resolvelos, deseñar pequenas investigacións, elaborar solucións, analizar resultados, etc. Estas competencias son, polo tanto, as máis traballadas na materia.
Competencia dixital fomenta a capacidade de buscar, seleccionar e utilizar información en medios dixitais, ademais de permitir que o alumnado se familiarice cos diferentes códigos, formatos e linguaxes nos que se presenta a información científica (datos estatísticos, representacións gráficas, modelos xeométricos...). A utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na aprendizaxe das ciencias para comunicarse, solicitar información, retroalimentala, simular e visualizar situacións, para a obtención e o tratamento de datos, etc., é un recurso útil no campo das matemáticas que contribúe a mostrar unha visión actualizada da actividade científica.
Competencia de aprender a aprender fundaméntase nesta materia no carácter instrumental de moitos dos coñecementos científicos. Ao mesmo tempo, operar con modelos teóricos fomenta a imaxinación, a análise, os dotes de observación, a iniciativa, a creatividade e o espírito crítico, o que favorece a aprendizaxe autónoma. Ademais, ao ser unha materia progresiva, o alumnado adquire a capacidade de relacionar os contidos aprendidos durante anteriores etapas co que vai ver no presente curso e no próximo.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
12
Competencias sociais e cívicas
Esta materia favorece o traballo en grupo, onde se fomenta o desenvolvemento de actitudes como a cooperación, a solidariedade e o respecto cara ás opinións dos demais. Así mesmo, o coñecemento científico é unha parte fundamental da cultura cidadá que sensibiliza dos posibles riscos da ciencia e a tecnoloxía e permite formarse unha opinión fundamentada en feitos e datos reais sobre o avance científico e tecnolóxico.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor
É básico á hora de levar a cabo o método científico de forma rigorosa e eficaz, seguindo a consecución de pasos desde a formulación dunha hipótese ata a obtención de conclusións. É necesaria a elección de recursos, a planificación da metodoloxía, a resolución de problemas e a revisión permanente de resultados. Isto fomenta a iniciativa persoal e a motivación por un traballo organizado e con iniciativas propias.
Conciencia e expresión cultural
A achega matemática faise presente en multitude de producións artísticas, así como as súas estratexias e procesos mentais. Igualmente o alumno, mediante o traballo matemático poderá comprender diversas manifestacións artísticas sendo capaz de utilizar os seus coñecementos matemáticos na creación das súas propias obras.
Voltar ao indice
4. OBXECTIVOS
4.1 OBXECTIVOS XERAIS DA ESO
A Educación Secundaria Obrigatoria contribuirá a desenvolver nos alumnos e nas alumnas as
capacidades que lles permitan:
a) Asumir responsablemente os seus deberes; coñecer e exercer os seus dereitos no respecto
aos demais; practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e
grupos; exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de
oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e
prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.
b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo
como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como
medio de desenvolvemento persoal.
c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre
eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra
condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan
discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia
contra a muller.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
13
d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas
relacións cos demais e resolver pacificamente os conflitos, así como rexeitar a violencia, os
prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas.
e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con sentido
crítico, incorporar novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das
tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.
f ) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en distintas
disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos
diversos campos do coñecemento e da experiencia.
g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza nun mesmo, a participación, o sentido
crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar
decisións e asumir responsabilidades.
h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua castelá e, se a
houbese, na lingua cooficial da comunidade autónoma, textos e mensaxes complexas, e
iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da literatura.
i ) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado.
j ) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propias e dos
demais, así como o patrimonio artístico e cultural.
k) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas,
afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica
do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a
dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os
hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o ambiente,
e contribuír así á súa conservación e mellora.
l ) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas,
utilizando diversos medios de expresión e representación.
Voltar ao indice
4.2 OBXECTIVOS XERAIS DO BACHARELATO
O Bacharelato ten como finalidade proporcionar ao alumnado formación, madurez intelectual
e humana, coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e
incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o
alumnado para acceder á educación superior.
O Bacharelato contribuirá a desenvolver nos alumnos e as alumnas as capacidades que lles
permitan:
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
14
a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia
cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española así como polos
dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade
xusta e equitativa.
b) Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de forma responsable e
autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Prever e resolver pacificamente os conflitos
persoais, familiares e sociais.
c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres,
analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes, e en
particular a violencia contra a muller e impulsar a igualdade real e a non discriminación das
persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especial ás
persoas con discapacidade.
d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz
aproveitamento da aprendizaxe, e como medio de desenvolvemento persoal.
e) Dominar, tanto na súa expresión oral como escrita, a lingua castelá e, se é o caso, a lingua
cooficial da súa Comunidade Autónoma.
f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.
g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e a comunicación.
h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus
antecedentes históricos e os principais factores de súa evolución. Participar de forma
solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social.
i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as
habilidades básicas propias da modalidade elixida.
j) Comprender os elementos e procedementos fundamentais da investigación e dos métodos
científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e a tecnoloxía no
cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio
ambiente.
k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa,
traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.
l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de
formación e enriquecemento cultural.
m) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
n) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.
Voltar ao indice
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
15
4.3 OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
1. Mellorar a capacidade de pensamento reflexivo e incorporar á linguaxe e
argumentación o rigor da linguaxe matemática nos distintos ámbitos da actividade
humana.
2. Recoñecer situacións susceptibles de ser formuladas en termos matemáticos, elaborar
estratexias para abordalas e analizar os resultados utilizando os recursos máis
adecuados.
3. Cuantificar aspectos da realidade que permitan interpretala mellor: utilizar técnicas de
recollida da información, analizar os datos e seleccionar os cálculos máis adecuados a
cada situación.
4. Identificar os elementos matemáticos presentes nos medios de comunicación, na
internet, publicidade e analizar críticamente as funcións que desempeñan valorando a
súa achega para unha mellor comprensión das mensaxes.
5. Identificar as formas e relacións espaciais que se presentan na vida cotiá, analizar as
relacións xeométricas que aparezan, valorando a beleza que xeran para estimular a
creatividade e imaxinación.
6. Utilizar de forma adecuada os distintos medios tecnolóxicos tanto para realizar
cálculos como para buscar, tratar e representar informacións e como axuda na
aprendizaxe.
7. Actuar ante os problemas da vida cotiá de acordo cos modos propios da actividade
matemática: explorando alternativas, precisión na linguaxe, flexibilidade para
modificar o punto de vista, perseveranza na procura de solucións.
8. Elaborar estratexias persoais para analizar situacións concretas. Identificar e resolver
problemas valorando as estratexias utilizadas na análise dos resultados segundo o seu
carácter exacto ou aproximado.
9. Manifestar unha actitude positiva ante a resolución de problemas mostrando
confianza nas propias capacidades para resolvelos adquirindo un nivel de autoestima
adecuado que lle permita gozar dos aspectos creativos, manipulativos, estéticos e
utilitarios das matemáticas.
10. Integrar os coñecementos matemáticos no conxunto de saberes que se van adquirindo
desde as distintas áreas, de modo que poidan empregarse de forma creativa, analítica
e crítica.
11. Valorar as matemáticas como parte integrante da nosa cultura, tanto desde un punto
de vista histórico como parte integrante do saber da sociedade actual ao dar resposta
á análise de fenómenos sociais como a diversidade cultural, o respecto ao medio
ambiente, a igualdade de xénero ou a convivencia pacífica. Voltar ao indice
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
16
5. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
5.1 METODOLOXÍA NA ESO
A metodoloxía didáctica será sempre participativa e adaptarase ás características do alumnado
e do grupo no que está, favorecerá a súa capacidade para aprender por si mesmo e para
traballar en equipo e o iniciara no coñecemento da realidade de acordo cos principios básicos
do método científico.
A finalidade do ensino das matemáticas é o desenvolvemento da facultade de razoamento e
de abstracción, sendo a competencia matemática unha capacidade na que interveñen
múltiples factores: coñecementos específicos da materia, formas de pensamento, hábitos,
destrezas, actitudes, etc. Todos eles están intimamente enlazados de xeito que, lonxe de seren
independentes, a consecución de cada un è concomitante coa dos demais. Por iso propugnase
un coñecemento constructivista: quen aprende faino construíndo sobre o que xa domina, cada
novo elemento de aprendizaxe debe engranar co nivel de coñecementos do que aprende.
Axuntaranse niveis de partida alcanzables para a práctica totalidade dos alumnos, cunha
secuencia de dificultade que permita encamiñar ao alumnado en actividades que lle supoñan
retos de aprendizaxe.
A metodoloxía empregada terá en conta:
Fomentar a capacidade de autonomía do alumnado
Desenvolver a capacidade de aprender a aprender.
Incentivar a creatividade e a motivación.
Facilitar a comprensión.
Posibilitar que o alumnado realice aprendizaxes significativas por si mesmo.
Garantir a funcionalidade das aprendizaxes.
Promover a participación do alumnado.
Favorecer a motivación do alumnado propoñendo, sempre que se poida, actividades
de carácter manipulativo, experimental e lúdico, que, ao mesmo tempo que cumpren
os obxectivos didácticos, sexan atraentes e motivadoras.
Comprender que a maioría das veces existe máis dunha maneira de resolver os
problemas, fomentando a posta en común de procedementos e recursos empregados
para chegar ao resultado correcto.
O rol do profesor como mediador e guía deste proceso
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
17
En cada tema comezarase cun pequeno debate no que se intentará detectar as ideas previas,
preconcepcions ou esquemas alternativos do alumno como produto da súa experiencia diaria
e persoal. Este debate pode basearse en torno a algunha circunstancia ou aplicación que
serva de introdución ao tema, a contidos histórico-matemáticos, ao visionado dalgunha
película ou documental, etc.. Posteriormente realizarase unha exposición teórica e graduada
dos contidos na que se intentará acadar a participación do alumnado mediante a formulación
das dúbidas que xurdan ou a realización de achegas persoais. Ao mesmo tempo realizaranse
os exercicios ou actividades que se crean necesarios para facilitar a comprensión dos contidos
tratados. Rematarase con actividades de reforzo ou ampliación segundo conveña a cada
alumno/a. Os mecanismos de reforzo que deberán poñerse en práctica tan pronto como se
detecten dificultades de aprendizaxe poderán ser tanto organizativos coma curriculares.
A lectura constitúe un factor fundamental para o desenvolvemento das competencias claves.
Polo tanto, é de especial relevancia o desenvolvemento de estratexias de comprensión,
utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información, de todo tipo de textos e
imaxes, en todo tipo de soportes e formatos. Coa finalidade de promover a comprensión
lectora e de uso da información, tentarase que o alumnado lea algúns libros de entre os que
se atopan na biblioteca do centro ou ben artigos científicos, artigos de xornais, etc., e que, a
partir desas lecturas se produza un debate na aula.
Promoverase a integración e uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación na aula,
como recurso metodolóxico eficaz para desenvolver as tarefas de ensino e aprendizaxe.
Para unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva no currículo,
deseñaranse actividades de aprendizaxe integradas que lle permitan ao alumnado avanzar
cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha competencia ao mesmo tempo. Para isto,
aproveitaranse os recursos e actividades da biblioteca escolar e potenciarase o traballo
colaborativo en pequenos grupos e o aprendizaxe mediante pequenos proxectos nos que o
alumnado debe estudar, planificar, resolver e presentar a solución.
Como norma xeral, fomentarase o cálculo mental. Serán propostas actividades para exercitalo
e ademais traballarase en todo momento sempre que o cálculo a realizar o permita. En canto
ao uso da calculadora, irase introducindo paulatinamente, tratando de que os alumnos vaian
familiarizándose co seu funcionamento, sabendo distinguir entre os cálculos que convén facer
con ela e nos que é mellor non usala
Voltar ao indice
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
18
5.2 METODOLOXÍA NO BACHARELATO
A extensión do programa nestes cursos obriga a prestar unha atención moi coidadosa ao
equilibrio entre as súas distintas partes (teórica / práctica).
As metodoloxías terán en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado e as súas
características individuais e estilos de aprendizaxe, co fin de conseguir que todo o alumnado
acade o máximo desenvolvemento das súas capacidades. Así mesmo ditas metodoloxías
deberán favorecer a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo, para traballar en
equipo, para aplicar métodos de investigación apropiados e para que o alumnado consiga
expresar con rigor a linguaxe e os métodos matemáticos. As tecnoloxías da información e da
comunicación serán unha ferramenta necesaria para a aprendizaxe, tanto polo seu carácter
imprescindible na educación superior, como pola súa utilidade e relevancia para a vida cotiá e
a inserción laboral.
A programación didáctica basease nos seguintes principios metodolóxicos:
Os contidos están divididos en bloques, pero nas clases trataranse de amosar as
múltiples conexións que existen entre eles tendo sempre presentes os obxectivos
xerais do bacharelato
Aceptar a diversidade dos alumnos e das alumnas que forman a clase, posibilitando a
resolución das distintas necesidades que aparecerán.
Partir do que os alumnos e alumnas xa saben, pois o coñecemento debe construise
sobre bases xa existentes.
Tomar en consideración o carácter de materia instrumental das matemáticas,
permitindo un tratamento interdisciplinario dalgúns contidos.
Conseguir a funcionalidade das aprendizaxes, posibilitando a súa utilización en
distintos contextos e situacións, a partir de actividades diversificadas e da interrelación
dos distintos tipos de contidos.
Propoñer situacións próximas á realidade dos alumnos e das alumnas, procurando, na
medida do posible, que as actividades estean conectadas a contextos do mundo real
ou que sexan significativos para eles.
Realizar breves introducións aos temas que centren e dean respaldo intuitivo ao que
se explicará.
Facer desenvolvementos teóricos sinxelos e explicacións claras dos procedementos
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
19
Facilitar unha grande cantidade de actividades ou exercicios ben elixidos, secuenciados
e clasificados.
Realizar actividades iniciais co fin de detectar dificultades e facilitar a comprensión de
conceptos
Voltar ao indice
6. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Na ESO utilízase como libro de texto de Matemáticas o Proxecto Saber Facer, serie resolve,
da editorial Santillana. Utilízase fundamentalmente como libro de consulta e proporciona
un grande número das actividades que se realizan, tamén pode utilizarse a aula virtual
desta editorial e as actividades propostas na súa páxina web. Ademais cada profesor/a
propón ao seu grupo a realización das tarefas que estima oportunas, normalmente se lles
proporciona un boletín de problemas ou actividades de cada tema e outro de reforzo ou
ampliación para dar por rematado o tema. Para a elaboración destes materias o
profesorado dispón dunha pequena biblioteca no departamento e pode tamén utilizar a
colección de libros e cadernos que se atopan na biblioteca do centro.
Nos cursos de Bacharelato non hai libro de texto obrigatorio. O alumnado dispón na
biblioteca do centro de exemplares da editorial Santillana para consulta da teoría e
exercicios resoltos. Na clase empréganse boletíns de traballo con recompilación de
exercicios tipo.
Na aula do departamento temos unha colección salientable de material didáctico: corpos
xeométricos, dominós alxébricos, cubos de Rubik, teodolitos, … que é empregado con
frecuencia nas clases, sempre que o profesorado o estima oportuno e o desenvolvemento
do proceso ensino – aprendizaxe o precisa e permite.
Contamos ademais cunha pequena colección de películas relacionadas coa nosa materia e en
moitas ocasións utilízase algunha delas para introducir un tema. Así mesmo na biblioteca do
instituto hai un gran número de libros de lectura relacionados coas matemáticas que están a
disposición do alumnado e que tamén son utilizados nas aulas, ben para introducir/traballar
un tema, ben para traballar no proxecto lector.
Tamén se utilizan recursos informáticos como poden ser aplicacións para a representación
de funcións ou follas de cálculo, XeoXebra, etc. Foméntase a aprendizaxe do manexo da
calculadora como potente ferramenta matemática.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
20
Faise uso da páxina web do departamento de matemáticas tanto para colgar apuntes e
boletíns de exercicios como para facerlles chegar aplicacións útiles.
Por outra banda, poden utilizarse algunha das tres aulas do centro nos que existen
ordenadores para realizar actividades nas que o alumnado teña que empregar Internet como
ferramenta de axuda na investigación dalgún aspecto; ou ben para manexar algunha
aplicación informática (programa Descartes, XeoXebra, wxMaxima, Cabri Geometre, Sci
Word, folla de cálculo, procesador de textos, presentacións multimedia) que se pretende
proporcionen axuda na práctica de certas actividades, e aporten imaxes de conceptos
matemáticos que contribúan á aprendizaxe.
Outros recursos metodolóxicos son: o manexo da prensa, mencións á historia das
Matemáticas, lectura de libros, revistas e artigos relacionados coas matemáticas, páxinas
webs de matemáticas, xogos interactivos a través de internet, conferencias sobre temas
matemáticos, etc.
Voltar ao indice
7. INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA
DOCENTE
A avaliación do alumnado será tanto mellor canto mellor sexa a precisión con que se describa
o logro de obxectivos e contidos por parte do alumno. É por isto polo que na avaliación da
aprendizaxe dos alumnos e alumnas faremos o seguinte desenvolvemento:
a) Avaliación inicial:
Ten por obxecto o diagnóstico do tipo e grao de coñecemento sobre cuestións
consideradas fundamentais para o comezo das distintas unidades didácticas.
Esta avaliación inicial permitirá perfilar estratexias metodolóxicas para acadar os
obxectivos propostos.
Non ten porqué basearse nunha proba escrita senón na recompilación de evidencias que
nos permitan coñecer se o alumnado ten ou non base para asimilar os contidos da
unidade que imos comezar e para tomar medidas de reforzo individuais ou colectivas se
fose necesario.
b) Avaliación formativa:
Ao longo do proceso de aprendizaxe avaliaranse unha diversidade de aspectos como:
participación na clase, constancia na realización das tarefas propostas na clase, actitude
positiva, estratexias matemáticas postas en xogo, construción de conceptos, ...
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
21
Esta avaliación formativa cumpre a función de adecuar o tipo de axuda do profesor ás
necesidades do alumnado. Para levar isto a cabo compre ir recollendo periodicamente a
información relativa a tales cuestións, ademais de contar con outra fonte importante de
información como é o caderno do alumno e da alumna.
c) Avaliación final:
Tal avaliación debe mostrar o grao de consecución, por parte do alumno, dos obxectivos
propostos.
Procedementos de avaliación:
Recollida de datos por análise sistemático do traballo do alumno (caderno,
tarefas, proxectos).
Realización de probas escritas ao largo das unidades didácticas.
Valoración dos traballos e actividades programadas, participación en clase,
explicación cualitativa do progreso do alumno (logros, problemas de
aprendizaxe por medio de follas de rexistro individual).
Instrumentos de avaliación:
A avaliación do ensino desenvolverase de acordo a estratexias que permitan obter información
significativa e continua para formular xuízos e tomar decisións que favorezan a calidade do
ensino.
Co obxectivo de garantir a imparcialidade da avaliación seleccionaranse instrumentos de
acordo aos seguintes requisitos:
Variedade, de xeito que permitan contrastar datos de avaliación obtidos a
través de diferentes instrumentos
Concreción sobre o que se pretende, sen introducir variables que distorsionen
os datos que se obteñen coa súa aplicación.
Flexibilidade e versatilidade, serán aplicables en distintos contextos e
situacións
Participación, deberán permitir a avaliación de todos os suxeitos implicados no
proceso
Propoñemos entre outros os seguintes instrumentos que garanten todos os requisitos
anteriormente expostos.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
22
1. O portafolio
A partir do traballo cos desempeños competenciais, obteranse diversas evidencias de
aprendizaxe, vinculadas aos estándares que inclúe o currículo da materia. Para rexistralas,
podemos utilizar portafolios de aprendizaxe na aula, o que fai necesario que, ao longo das
distintas unidades didácticas, se planifiquen a realización e a recollida de probas que mostren
o nivel de consecución do estándar, así como a súa evolución ao longo do curso.
O portafolio é unha ferramenta de avaliación do proceso de aprendizaxe que consiste
fundamentalmente na recollida de evidencias da evolución de cada alumno e alumna; esta
recollida pode pautarse, ou deixar que sexa o propio alumnado o que seleccione qué
evidencias quere mostrar. Cada evidencia debe incorporar unha reflexión engadida sobre o
traballo realizado, as dificultades atopadas e os obxectivos de mellora persoal. O documento
do portafolio pode realizarse en papel ou en formato dixital.
As evidencias que podemos recoller na área poden obterse a partir de:
Actividades do libro do alumnado dos boletíns que traballen explicitamente os
estándares definidos na unidade.
Mapas mentais ou conceptuais elaborados polos alumnos e as alumnas.
Produtos de aprendizaxe deseñados para poder aplicalos en tarefas realizadas
nun contexto real; por exemplo: unidades de medida deseñadas por eles, o
deseño dun obxecto con figuras xeométricas, murais, traballos de aplicación das
tarefas, traballos cos tecnoloxías da información, presentacións diante dos seus
compañeiros, xogos deseñados para conseguir un determinado estándar, etc.
Probas escritas que evidencien o traballo cos estándares de aprendizaxe.
Problemas de aplicación de contidos nos que é necesario o desenvolvemento do
razoamento lóxico.
Ferramentas de autoavaliación e coavaliación do traballo na aula
No anexo 1 desta programación preséntase un posible guión para o alumno para a recollida de
evidencias dos estándares de ensinanza aprendizaxe cara á súa inclusión no portafolios.
2. As rúbricas
Unha rúbrica é unha táboa de dobre entrada na que se describen criterios e niveis de calidade
das tarefas, competencias ou estándares de aprendizaxe. Nas filas sinálanse os estándares
que empregaremos e nas columnas o nivel de calidade. Ofrecen unha imaxe moi detallada da
avaliación ao constatar non so os estándares superados polo alumnado senón ademais con
que nivel de logro o conseguiron.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
23
No anexo I da programación podemos atopar diferentes rúbricas sobre aspectos xerais da
avaliación: actitude, traballo individual e colectivo, como presentan os traballos, etc. E tamén
sobre a avaliación do noso labor coma docentes, pensamos que son especialmente adecuadas
para a ESO. No anexo 8 poden atoparse rúbricas sobre aspectos xerais máis adecuadas ao
bacharelato, aínda que ambos tipos poderían ser usados na outra etapa en determinadas
ocasións.
Nos anexos do 2 ao 7 rúbricas da nosa área que inclúen practicamente todos os estándares da
nosa materia na ESO, baseámonos no proxecto saber facer da editorial Santillana que é o libro
de texto que manexará o alumnado durante esta etapa. Nos anexos 9 a12 atopamos as de
bacharelato.
Inclúense ademais no anexo I diferentes rexistros para avaliar o caderno de clase na ESO, o
tratamento da diversidade, a resolución de problemas, etc
3. Dianas de autoavaliación
Outra ferramenta que se pode utilizar é a diana de avaliación, especialmente indicadas para
que os propios alumnos valoren as súas actitudes na clase, os aspectos relacionados coa
participación e traballo en grupo e a organización do seu traballo dentro e fóra da aula. Son
un bo complemento das rúbricas de avaliación ao ser sinxelas, visualmente impactantes e moi
clarificadoras.
Trátase de unha diana que contén tantos círculos como escala ou valoración queiramos,
normalmente entre 3 e 5. A seguir, dividimos a diana en tantos sectores como aspectos
desexemos avaliar, o alumnado colorea a área coa puntuación que entende corresponde a
cada un dos aspectos, desta forma é consciente de forma visual dos aspectos que ten que
mellorar e do seu progreso ao longo do curso.
No anexo I inclúense algunhas dianas para avaliar diferentes aspectos do ensino. Entendemos
que deberían utilizarse fundamentalmente nos primeiros cursos da ESO.
4. Outros
Outras ferramentas que podería ser útiles son:
Entrevistas: permítennos información sobre a opinión, actitudes, problemas, motivacións etc. dos alumnos e das súas familias. O seu emprego adecuado esixe sistematización: definición dos obxectivos, a delimitación da información que se pensa obter e o rexistro dos datos esenciais obtidos
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
24
Cuestionarios: complementan a información obtida a través da observación sistemática e entrevistas periódicas. Resulta de utilidade a avaliación que realizan os alumnos sobre algúns elementos da programación: cales iniciativas metodolóxicas foron do seu agrado, con que formula de avaliación se senten máis cómodos, etc. Voltar ao indice 8. CRITERIOS SOBRE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN
A cualificación acadada polo alumnado non procederá unicamente das probas escritas que se
realicen senón que deberá reflectir tamén as súas actitudes e o grao de participación nas
actividades que desenvolvamos. Así mesmo terase en conta o seu esforzo e avance persoal
baseándose no punto de partida de cada estudante. Espérase de todos os estudantes unha
actitude positiva e unha participación activa, sendo imprescindible este modo de proceder
para acadar unha cualificación de sobresaliente.
As notas do alumnado procederán, como norma xeral, da valoración dos dous apartados que
se indican a seguir:
a) Observación do profesorado
Neste apartado englóbanse unha cantidade moi ampla de actuacións destinadas a valorar o
traballo persoal e traballo en grupo, o esforzo e as actitudes cara á materia.
Como parámetros a valorar neste apartado podemos nomear os seguintes: A participación
activa e o traballo nas clases, o respecto ás intervencións dos outros, traer o material
necesario, a realización dos exercicios que se propoñan tanto para abordar na aula coma os
que se indiquen para facer na casa, realización das actividades directamente relacionadas
coas TIC’s, a participación nas actividades de carácter voluntario, ter un comportamento
que favoreza o desenvolvemento das clases, respectar os compañeiros e compañeiras,
entregar os traballos requiridos dentro de prazo, a asistencia a clase, os proxectos que se
podan desenvolver, etc.
Na ESO valorarase tamén o caderno de clase. O profesor deixará claro diante dos seus
alumnos, desde o primeiro día de clase, cales son as pautas que deben seguir para
organizar o seu caderno , así mesmo quedarán claro o que se vai valorar de un proxecto
antes de comezalo.
Cara a contribuír co proxecto lector do centro, valoraranse tamén neste apartado as
lecturas obrigatorias ou voluntarias dos libros ou outro material propostos polo
profesorado para cada curso. Pode resultar necesario, tendo en conta as características do
grupo, establecer como condición para acadar o aprobado a lectura dos libros, ou outros
materiais, que sexan obrigatorios xunto coas tarefas que vaian asociadas a esta lectura.
Neste caso deberase deixar claro diante do alumnado o establecemento desta condición.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
25
b) Exames e probas escritas.
En relación cos exames e probas quedan fixadas as seguintes pautas, con carácter xeral:
Faranse 3 avaliacións Realizarase un mínimo de dúas probas escritas por avaliación, o que implica facer un
mínimo de seis probas ao longo do curso que terán como finalidade a valoración do grao de consecución dos estándares de aprendizaxe. Excepcionalmente, en 4º da ESO e 2º de bacharelato poderíase facer na última avaliación unha única proba polas limitacións do calendario escolar que poderían derivarse da anticipación do fin de curso a causa das reválidas.
En todas as probas escritas figurará a nota máxima que se pode acadar cos distintos apartados de cada exercicio. Despois da proba explicarase ao alumnado de forma oral ou escrita os criterios de cualificación.
Esíxirase unha nota mínima de un 3 en cada exame para acceder a unha cualificación positiva na avaliación.
Se a porcentaxe da materia que entra en cada proba da mesma avaliación non é similar, o profesor poderá ponderar a media, é dicir, terá máis peso aquel exame con maior cantidade de materia. Este peso será decidido por cada profesor e indicado previamente ao seu grupo.
En 1º e 2º da ESO, ofrecerase ao longo do curso a posibilidade de superar os contidos non acadados anteriormente ben con recuperacións ou valorando nos seguintes exames o desenvolvemento das destrezas correspondentes a unidades anteriores.
Desde terceiro da ESO ata 2º de Bacharelato, farase un exame global ao finalizar cada bloque temático; estas servirán tamén de recuperación de anteriores exames, a súa superación significa que se acadaron os contidos mínimos de ese bloque temático. Non se poderá obter unha cualificación positiva na materia, na convocatoria ordinaria, se o alumno deixa en branco, ou contesta incorrectamente, todas as preguntas dun mesmo bloque
Os alumnos que non acadaron os mínimos ao longo do curso terán unha oportunidade de recuperación nunha proba final que se realizará na última avaliación. O exame final de 1º e 2º da ESO deseñaranse de acordo ao reparto feito nas tres avaliacións, o exame desde 3º da ESO ata 1º de Bacharelato deseñarase por bloques. O alumnado só terá que facer o exame da avaliación (1º/2º da ESO) ou bloque do que non acadara os mínimos de aprendizaxe.
En 2º de bacharelato o exame final é obrigatorio para todo o alumnado, independentemente de que tivera aprobados ou non os exames anteriores.
Na convocatoria extraordinaria de setembro todos os alumnos deberán examinarse da materia completa. Son requisitos indispensable para poder aprobar nesta convocatoria:
A) Na ESO entregar as tarefas que se lle encomendaron para as vacacións B) De 3º da ESO en adiante, non deixar en branco ni contestar incorrectamente todas as preguntas dun mesmo bloque
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
26
Cualificación final
Para obter a cualificación do alumnado procederemos da seguinte forma:
A nota referida a observación do profesorado, terá unha influencia do 30% na cualificación de cada avaliación e a dos exames e probas escritas un 70%.
O reparto da porcentaxe das observacións do profesorado por apartados figura na seguinte táboa:
Apartado ESO Bacharelato Participación en clase 5 % 5 % Tarefas para facer na casa 10 % 15 % Traballo en grupo, proxectos o traballos voluntarios 10 % 10 % Caderno de clase 5 %
A media da porcentaxe relativa ás probas realizarase do seguinte xeito:
1º e 2º da ESO: Nota media dos exames tendo en conta as notas da recuperación
Resto dos cursos: Nota dos bloques, de acordo á porcentaxe da táboa seguinte, tendo en conta as notas de recuperación:
3º ESO Números Álxebra Xeometría Estatística 25% 35% 20% 20%
4º ESO Números e álxebra Trigonometría e
Xeometría analítica Análise Estatística
10% 30% 40% 20% Matemáticas I 1º BACH
Números e álxebra Trigonometría e Xeometría analítica
Análise Estatística
10% 30% 40% 20% Matemáticas I CCSS 1º bach
Números e álxebra Análise Estatística 20% 50% 30%
Matemáticas II 2º Bach Álxebra Xeometría Análise Estatística
25% 25% 35% 15% Matemáticas II CCSS 1º bach
Álxebra Análise Estatística Media aritmética dos 3 bloques
A nota referida a exames, terá unha influencia dun 70% na cualificación de cada avaliación.
Voltar ao indice
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
27
9. AVALIACIÓN INICIAL
Nos primeiros días do curso escolar realizarase unha proba específica sinxela para avaliar o
grao de dominio dos contidos mínimos que se consideran imprescindibles para construír sobre
eles as novas aprendizaxes propias da materia.
En 1º de ESO a proba será escrita e elaborada polo departamento para analizar o grao de
consecución dos contidos mínimos de primaria. Cada profesor corrixirá as do seu grupo e se
comentarán os resultados no departamento e nas reunións de preavaliación de cada grupo.
A partir destas probas detectarase ao alumnado con necesidades educativas especiais e se
decidirá o tipo de medida de atención á diversidade que precisa. Tamén servirá esta proba
para que cada profesor adapte a programación ao seu grupo de alumnos, reforzando aqueles
aspectos que crea necesario. É fundamental que neste curso de 1º da ESO as probas se
realicen canto antes xa que descoñecemos por completo ao alumnado, xa que ven de outro
centro, e é preciso tomar decisión importantes como os alumnos que estarán exentos de
francés 2º idioma.
No resto dos cursos da ESO as probas de avaliación inicial realizaranse tamén por escrito nos
primeiros días do curso. Serán elaboradas polo profesor de cada grupo e utilizaranse para
coñecer o nivel do alumnado. A información obtida será posta en común en reunión do
departamento de matemáticas e nas reunións de preavaliación que se realizan no mes de
outubro. Servirán para detectar alumnos con necesidades educativas especiais e decidir que
medida de atención á diversidade precisa e tamén para avaliar o proceso de ensino
aprendizaxe da materia de Matemáticas no curso pasado e propor os cambios que se estimen
necesarios na programación. O resultados destas probas non se utilizarán na cualificación do
alumnado.
Na ESO, antes da sesión de avaliación inicial, mediante observación directa na clase, tamén se
recollerá información das peculiaridades da forma de aprender de cada alumno/a (habilidades,
estratexias e destrezas desenvolvidas, é dicir, manexo de procedementos) , así como
información sobre o grao de integración social do alumno/a (consigo mesmo, cos compañeiros
e compañeiras e co profesor).
En Bacharelato a avaliación inicial estará deseñada a partir dos coñecementos traballados nos
cursos anteriores e servirá para que o profesorado coñeza o punto de partida de cada alumno
e o nivel do grupo en xeral e adapte a programación e os reforzos educativos de acordo con
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
28
este nivel . A proba desta etapa non ten que ser necesariamente escrita, podería consistir en
cuestións a resolver de xeito individual ou colectiva, debates sobre os temas etc. En todo caso
é moi importante realizar unha avaliación inicial pormenorizada en 1º de Bacharelato xa que é
moito o alumnado que se matricula no noso centro en ese curso e que estudou a ESO noutros
centros.
A avaliación inicial, xunto coas observacións do profesorado os primeiros días de clase, serve
para facilitarnos información non so do nivel particular do alumnado senón do nivel e
funcionamento do grupo como colectivo. É polo tanto unha ferramenta imprescindible para
adaptar a programación e as medidas de reforzo educativo ao grupo real que temos diante de
nós.
Espérase que o deseño da avaliación inicial nos permita:
Identificar os alumnos ou as alumnas que necesitan un maior seguimento ou
personalización de estratexias no seu proceso de aprendizaxe. (Débese ter en conta a
aquel alumnado con necesidades educativas, con altas capacidades e con necesidades
non diagnosticadas, pero que requiran atención específica por estar en risco, pola súa
historia familiar, etc.).
Decidir as medidas organizativas a adoptar. (Planificación de reforzos, situación de
espazos, xestión de tempos grupales para favorecer a intervención individual).
Establecer conclusións sobre as medidas curriculares necesarias, así como sobre os
recursos que se van empregar.
Modificar a programación didáctica de xeito que se adecúe ás necesidades e intereses
do alumnado do grupo.
Coñecer as fortalezas que se identifican no grupo en canto ao desenvolvemento de
contidos curriculares e respecto aos aspectos competenciais
Descubrir os aspectos que se deben ter en conta ao agrupar ao alumnado para os
traballos cooperativos.
Pescudar os tipos de recursos que se necesitan adaptar, a nivel xeral, para obter un
logro óptimo do grupo.
Voltar ao indice
10. PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES DOUTROS CURSOS
O alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO que promociona coa materia de matemáticas pendente
asistirá obrigatoriamente á sesión semanal de reforzo educativo que se impartirá os martes e
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
29
mércores pola tarde en horario de 16:30 a 17:20 ou de 17:20 a 18:10. Estas clases impártense
por un profesor do departamento, fóra do horario normal de clases do grupo de referencia, e
pretenden guiar ao alumnado coa fin de acadar os obxectivos mínimos do curso e superar así
a materia pendente.
Estes alumnos/as serán avaliados e cualificados trimestralmente como en calquera outra
materia das que cursa. A cualificación obterase valorando nun 30% a asistencia e o traballo
semanal e nun 70% a nota dos exames.
A reiterada falta de asistencia a este reforzo poderá dar lugar á perda do dereito á
avaliación continua como sucede en todas as materias que está cursando tal e como se recolle
no RRI do noso centro.
Os alumnos de 2º de Bacharelato coa materia pendente de 1º, Matemáticas I ou
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I, recibirán periodicamente unha relación de
exercicios para preparar os exames destas materias.
A Xefa de Departamento encargarase de resolver ás dúbidas que lles susciten estes exercicios,
ou calquera outra que o alumnado poda ter.
Os exames realizaranse pola tarde, nas datas pactadas entre o alumnado e a profesora.
Haberá un mínimo de un por avaliación. Realizarase ademais un por bloque que servirá de
recuperación de toda a materia incluído no mesmo. Tamén un exame extraordinario no mes
de abril no que se poderá recuperar un bloque ou a totalidade do curso.
Á hora da cualificación terase en conta os exames que terán un peso do 80%. e as actividades
realizadas polo alumnado que contarán un 20%, non sumándose a nota obtida nesta segunda
parte se non se acada ao menos un 4 na media dos exames.
Voltar ao indice
11. PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS NECESARIOS
De acordo co Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo do
bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia:
A superación das materias de segundo curso, Matemáticas II e Matemáticas Aplicadas ás
Ciencias Sociais II, estará condicionada á superación das correspondentes materias de primeiro
curso, Matemáticas I e Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I, por implicar continuidade.
No caso de cambio á modalidade do bacharelato de Humanidades e ciencias sociais en 2º
curso, os alumnos que teñan aprobada a materia de Matemáticas I, conservarán a nota obtida
como nota final da materia pendente Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. No caso de
cambio de itinerario de Humanidades a Ciencias Sociais, o alumnado debe cursar a materia de
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
30
Matemáticas Aplicadas as Ciencias Sociais I, como materia pendente, agás no caso de que a
cursara en 1º de Bacharelato como optativa.
Voltar ao indice
12. MEDIDAS D E ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Na aula, para tratar de axudar aos estudantes que non consigan acadar os estándares de
aprendizaxe considerados mínimos, o profesor proporcionará unha atención individualizada
facilitando actividades de reforzo sen interromper o normal desenvolvemento da clase, tendo
en conta os seus interese, capacidades e motivacións. A base para decidir este reforzo
educativo é, en primeiro lugar, a avaliación inicial e posteriormente as observacións anotadas
polo profesorado acerca dos logros conseguidos por cada alumno, así como as notas das
probas que imos obtendo.
Tamén deberían propoñerse actividades complementarias de maior contido formal para o
alumnado que ten moita facilidade na adquisición dos conceptos matemáticos e, dende logo,
para o alumnado de altas capacidades intelectuais. O aprendizaxe por proxectos pode ser unha
boa forma de atender ás motivación e interese deste tipo de alumnado que doutra forma
pódese aburrir e mesmo perder o interese pola materia ou polos estudos.
No caso de ter na aula alumnado con dificultades matemáticas de grande consideración que
non lle permitan acadar os obxectivos con ningún dos métodos mencionados con
anterioridade nin cos reforzos que se especifican a continuación, teríamos que recorrer a
adaptar o currículo dunha forma significativa, ACI, adaptando os obxectivos a acadar ao nivel
real no que se atopa o alumno aínda que estes correspondesen a un ou varios cursos máis
atrás, sempre co informe previo do Departamento de Orientación.
O Departamento de Matemáticas, á vista dos informes dos especialistas, definirá para estes
alumnos e alumnas as seguintes adaptacións curriculares:
Cambios metodolóxicos.
Prioridade nalgúns obxectivos e contidos.
Modificacións do tempo de consecución dos obxectivos.
Adecuación dos criterios de avaliación en función das dificultades específicas.
No deseño das ACIs colaborará o departamento de Orientación. O profesorado de pedagoxía
terapéutica debería traballar con este alumnado en base a estas ACIs, que servirán ademais de
referencia para avaliar ao alumno aínda que poida ocorrer que non sexa quen de acadar o
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
31
título. As ACIs serán sempre enviadas á inspección e coñecidas por todo o profesorado do
grupo, pola xefatura de estudos e pola familia do alumnado ao que se lle realizan.
A atención á diversidade n noso centro conta ademais cos seguintes recursos:
Todos os grupos de 1º e 2º da ESO contan cun desdobramento na materia de matemáticas
para así seren mellor atendidas as necesidades particulares do alumnado.
Pola experiencia de anos anteriores isto permite un maior rendemento do alumnado e unha
maior atención por parte do profesor no seguimento da consecución dos obxectivos mínimos
do curso.
O alumnado de 1º e 2º da ESO con graves desfases curriculares estarán exentos de cursar
francés 2º idioma e contarán cunha hora semanal de apoio de matemáticas nun grupo moi
reducido, nestas clases insistirase no reforzo de coñecementos básicos.
Os alumnos de 1º e 2º da ESO repetidores deberán seguir un programa específico con
carácter personalizado que atenda ás necesidades individuais. Para isto, elaborarase un
programa de actividades que dean resposta ás mesmas.
Dado que o alumnado con materias pendentes da ESO asisten a clase de reforzo unha hora á
semana fóra do horario lectivo, intentarase que na medido do posible, e sempre tendo en
conta o xuízo do profesor, o alumnado con desfases curriculares importantes e que non teñan
a materia pendente poidan asistir, non de forma obrigatoria, a estas clases de reforzo. Xa que
os pendentes teñen prioridade e os grupos de reforzo non consideramos que poidan ter un
grande número de alumnos, esta dispoñibilidade estará limitada polo número de prazas
sobrantes.
En 2º da ESO funciona unha sección biligüe de matemáticas en inglés que, naturalmente, ten
que ser tamén entendida como unha medida de atención á diversidade
Atención en caso de enfermidade de longa duración, hospitalización ou embarazo:
Os alumnos que por enfermidade de longa duración ou hospitalización non poidan asistir ao
centro, recibirán boletíns de exercicios e, se fose preciso, anotacións sobre a teoría que teñen
que estudar antes de resolvelos. A confección do devandito material é responsabilidade do
profesor que imparte a materia. O alumno devolverá os boletíns resoltos e o profesor
procederá a corrixilos poñendo as anotacións necesarias para que o alumno sexa quen de
comprender os seus fallos. Este proceso repetirase tantas veces como sexa necesario tendo
en conta o tempo que dure a enfermidade e sempre seguindo as directrices marcadas pola
Dirección a tal efecto.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
32
Ademais dos boletíns o alumnado deberá examinarse da materia por avaliacións coma o resto
dos seus compañeiros. A Dirección deberá determinar as normas para que os devanditos
exames podan realizarse.
Na cualificación os traballos suporán un 40% da nota e os exames un 60%.
Procederase do mesmo xeito coas alumnas embarazadas que debido ao seu avanzado estado
de xestacións ou a outros problemas non poidan asistir ás clases durante un período
prolongado.
Voltar ao indice
13. SECCIÓN BILINGÜE
Neste curso 2016-2017 comeza no noso instituto unha sección bilingüe en inglés en 2º da ESO.
O bilingüismo refírese ao uso da lingua propia da materia, segundo a normativa vixente, e a
incorporación progresiva da lingua inglesa.
Nunha primeira fase traballarase a terminoloxía e expresións habituais nun contexto educativo,
na segunda fase empezarase a utilizar o inglés nos enunciados das actividades e nunha
terceira fase explicaranse razoamentos e procedementos básicos nesta lingua.
En 2º de ESO a materia ten 5 horas lectivas semanais, e ao haber desdobres o grupo bilingüe
ten un máximo de 15 alumnos.
Obxectivos
Ademais dos obxectivos propios da materia a través deste proxecto pretendese:
Aumentar o dominio do idioma inglés a través da súa utilización noutra materia.
Crear conciencia da diversidade cultural a través do coñecemento de aspectos
básicos das matemáticas en países de fala inglesa.
Desenvolver a competencia comunicativa dos alumnos en lingua inglesa,
utilizándoa como vehículo de comunicación habitual na aula, entre o alumnado,
co profesor e coa coordinadora.
Que o alumnado coñeza vocabulario específico de matemáticas en inglés.
Traballar a comprensión de textos sinxelos, enunciados de problemas e
instrucións para a realización de actividades de matemáticas.
Fomentar a utilización das novas tecnoloxías como ferramenta para o
aprendizaxe do inglés e das matemáticas.
Contidos
Os mesmos que o resto de grupos de 2º da ESO segundo a programación do departamento.
Ademais
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
33
Expresión dos números e operacións en inglés.
Expresión de fraccións e porcentaxes en inglés.
Resolución de problemas de ecuacións con sinxelos enunciados expresados en
inglés.
Vocabulario usado en xeometría en inglés.
Interpretación de textos e noticias en inglés, para obter información a través
dunha función.
Vocabulario de estatística e enquisas en inglés.
Criterios de avaliación
Os criterios de avaliación son os mesmos que para o resto dos grupos de 2º de ESO e ademais:
Na cualificación dos traballos, probas e exames non se terán en conta o erros
cometidos na utilización da lingua inglesa.
coñecemento e dominio do inglés teranse en conta para mellorar e redondear a
nota.
Voltar ao indice
14. CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS QUE SE TRABALLARÁN
O desenvolvemento da comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación
audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento, a educación
cívica e constitucional e a educación en valores débense tratar dunha maneira transversal na
ESO e en Bacharelato en todas as materias.
A concreción deste tratamento no noso departamento seguirá as seguintes liñas de traballo:
Comprensión lectora: poñerase a disposición do alumnado unha selección de textos sobre os
que se traballará a comprensión, cuxo desenvolvemento é crucial á hora de entender textos de
tipo histórico, biografías, anécdotas, paradoxos, enigmas, noticias, artigos de prensa, etc., así
como enunciados de problemas de toda índole, facilitando así a mellora das estratexias de
resolución de problemas. Así mesmo proporanse un listado de libros de entre os que temos na
biblioteca que tendo contidos matemáticos poden contribuír a mellorar a comprensión lectora
e mesmo a mellorar o hábito de lectura e a paixón polos libros.
Expresión oral e escrita: os debates na aula e o traballo colaborativo son, entre outros,
momentos a través dos cales os alumnos deberán ir consolidando as súas destrezas
comunicativas. Estes terán que comprender e interpretar os datos que se proporcionan e
expresar correctamente as conclusións ás que se chega tras o estudo das cuestións expostas.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
34
Comunicación audiovisual e TIC: o uso das tecnoloxías da información e a comunicación estará
presente en todo momento, xa que a nosa metodoloxía didáctica incorpora un emprego
exhaustivo de tales recursos, dunha maneira activa por parte do alumno. Así mesmo,
utilizaranse en moitos momentos películas ou documentais para abordar ou afondar nos
contidos matemáticos
Emprendemento: a sociedade actual demanda persoas que saiban traballar en equipo.
Impulsaremos o uso de metodoloxías que promovan o traballo en grupo e técnicas
cooperativas que fomenten o traballo consensuado, a toma de decisións en común, a
creatividade e a valoración e o respecto das opinións dos demais.
Educación cívica e constitucional: actividades como o estudo da lei electoral en vigor en
España, comparándoa con outros procedementos de repartición (proporcional ao número de
votantes, por exemplo) ou o estudo do comportamento cívico dun grupo de cidadáns ante
certa situación, clasificándoos por grupos de idades, por sexo, etc. Son exemplos típicos que se
abordan no bloque de estatística e que poden contribuír a traballar este valor transversal. Do
mesmo xeito poderían traballarse este valor noutros bloques mediante actividades como as
seguintes: utilización dos números e as súas operacións para obter resultados, sacar
conclusións e analizar de forma crítica fenómenos sociais, distribución da riqueza, etc., estudo
sobre o aumento de inmigrantes en certa zona e comportamento do resto dos cidadáns ante
este feito, etc
Educación en valores: o traballo colaborativo permite fomentar o respecto aos demais,
practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade, así como a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes. Neste sentido, alentaremos o rexeitamento da
discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia
persoal ou social. Rexeitarase calquera tipo de violencia, en especial a violencia de xénero, a
violencia contra as persoas con discapacidade, a violencia terrorista e calquera forma de violencia, racismo ou xenofobia. Evitaremos os comportamentos e os contidos sexistas e os
estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de
xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual e intersexual.
Poderían facerse tamén actividades matemáticas que toquen directamente a igualdade de oportunidades como por exemplo: Realización de estudos sociais referentes a home/muller
(traballo en certa actividade, remuneración), e interpretación de posibles discriminacións
entre sexos, representación gráfica dos estudos realizados.
Voltar ao indice
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
35
15. TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO
LECTOR
“Un matemático que non é tamén algo poeta nunca será un matemático completo.”
Karl Weierstrass
"¿DónDe termina el juego y DonDe comienza la matemática seria? Una pregunta capciosa que admite múltiples
respuestas. para muchos que la ven desde fuera, la matemática, mortalmente aburrida, nada tiene que ver con
el juego. en cambio, para la mayoría de los matemáticos, la matemática nunca deja de ser totalmente un juego
aunque, además, pueda ser otras muchas cosas.'' (Miguel de Guzmán, 1998 )
En moitas ocasións, esquécese que o feito da lectura ten a mesma importancia para “as
Ciencias” que para “as Letras”. Para aprender convenientemente as Matemáticas, débese ter
adquirido o hábito lector. Xa que logo, os profesores de Matemáticas deben preocuparse por
que os seus alumnos lean e que os textos científicos dirixidos a eles sexan o máis atractivos
posible.
Na actualidade as matemáticas son unha ferramenta fundamental para dar sentido aos
problemas que presenta o noso contexto, problemas que van desde a aplicación do cálculo
mental na resolución de situacións reais tales como o ir de compras a un supermercado, ata a
interpretación de información procesada en artigos de divulgación que aparecen na prensa.
Ler un texto de matemáticas require de moita máis calma e atención que ler outros tipos de
texto. Case todas as frases nun texto de matemáticas teñen un sentido moi específico que é
necesario entender cabalmente para poder realizar os exercicios propostos posteriormente no
texto. Non é razoable esperar que cunha lectura rápida un estudante comprenda as ideas
expresadas nun texto de matemáticas. Unha parte importante das dificultades dos alumnos
diante da resolución de problemas débese a non poder dar “o primeiro paso”: a lectura
comprensiva do problema, algo básico e fundamental. Esta é a base sobre a cal deberá
construírse a posterior resolución, que tamén pode presentar problemas, pero doutro tipo.
A pesar de que os índices de lectura non sexan moi altos, hai miles de persoas que perden
horas lendo historias imaxinadas por outros, por puro pracer. En comparación, o número de
persoas que decide perder a tarde dun sábado gozando coas matemáticas é máis ben baixo.
Cambiar o aspecto árido das matemáticas por outro máis humano e cultural non é unha tarefa
que se faga dun día para outro, pero está en certa maneira nas nosas mans.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
36
Por todo isto, temos razóns abondo para considerar imprescindible traballar a lectura
comprensiva en matemáticas.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Amosar ao alumnado que as matemáticas forman parte da nosa vida e o noso contorno. Ir dotando a nosa biblioteca ano tras ano de libros atractivos e amenos, axeitados ás distintas idades do alumnado que dalgún xeito teñen relación coas matemáticas (novelas, xogos de lóxica, divulgación). Fomentar a lectura comprensiva dentro das matemáticas e traballar a expresión oral en linguaxe matemática. Deste xeito conseguirase que os alumnos/as se familiaricen con esta linguaxe, comprendan mellor os conceptos e se comuniquen de forma máis precisa. Convencer ao alumnado de que as matemáticas ademais de ser útiles son divertidas (a través do xogos e adiviñas), que forman parte dos logros e avances da humanidade (historia e anécdotas de matemáticos), que nos rodean e nos condicionan a través das formas e espazos (na natureza e na creación do home) Achegarlles aos alumnos/as o universo matemático a través de libros de ficción. Suscitar o afán de saber e a curiosidade en temas matemáticos.
ACTIVIDADES 1. Traballar a cotío na aula a comprensión lectora cada vez que o alumno/a se enfronte ao
enunciado dun problema.
2. Posibilitar que o alumnado se familiarice coa linguaxe matemática tanto na lectura coma no
desenvolvemento do seu propio xeito de expresar os contidos e os procesos que segue para
resolver as distintas actividades.
3. Dedicar certo tempo na aula á lectura e comentario de textos (fragmentos de novelas,
textos divulgativos ou científicos...).
Actualmente os libros de texto inclúen ao final de cada unidade lecturas complementarias:
relatos da historia das matemáticas, da vida e anécdotas de matemáticos relevantes, ou
doutras curiosidades relacionadas dalgún xeito coa unidade en cuestión. Estes mesmos textos
ou outros proporcionados polo profesorado serven para afondar nos obxectivos aos que
fixemos referencia ao principio deste proxecto.
4. Dar a escoller en cada nivel varios libros de lectura, preferentemente de entre os que teñen
na biblioteca escolar, relacionados dalgún xeito coa nosa materia para que os lean. A medida
que vaian lendo, en clase traballaremos sobre eles, ben pasándolles un cuestionario sobre o
libro, ou ben debatendo na clase entre os que leron un libro determinado. Este debate onde
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
37
escoitan as impresións dos seus propios compañeiros/as, pode ser ás veces a mellor forma de
fomentar a lectura na aula.
5. Seguindo a liña dos últimos cursos, tentaremos seguir dispoñendo polo menos dunha
exposición anual relacionada con aspectos matemáticos. O xeito de traballar didacticamente
estas exposicións co alumnado inclúe na maioría dos casos un serio traballo de lectura
comprensiva.
6. Realizar traballos de investigación en relación cos contidos da materia. Isto contribuirá a
mellorar a comprensión escrita e a comunicación oral.
Voltar ao indice
16. TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC
As TIC representan actualmente uns recursos do máis completos con que conta o docente para
facilitar tanto o ensino como a aprendizaxe, xa que a súa utilización no ensino das
matemáticas pode mellorar a calidade da docencia e axudar a acadar con maior eficiencia os
obxectivos propostos nesta materia. Os beneficios e achegues da tecnoloxía na educación
matemática son claros. Permiten unha participación máis activa do alumno na construción da
súa propia aprendizaxe, interacción entre o alumno e a máquina, explorar e conxeturar, que o
alumno poida aprender dos seus erros mediante a retroalimentación inmediata e efectiva,
abrir espazos nos que o estudante poida vivir experiencias matemáticas difíciles de reproducir
cos medios tradicionais como o lapis e o papel, que o estudante poida realizar actividades de
exploración nas que é posible manipular directamente os obxectos matemáticos e as súas
relacións e nas que poida construír unha visión máis ampla e máis potente do contido
matemático.
OBXECTIVOS
Motivar aos alumnos respecto do mundo das matemáticas co uso das novas
tecnoloxías.
Incorporar as tecnoloxías da información e a comunicación ao proceso de ensino-
aprendizaxe das Matemáticas.
Integrar o uso das TIC nas nosas programacións curriculares.
Completar a formación do profesorado no uso dos distintos recursos tecnolóxicos
na aula.
Coñecer e utilizar o software dispoñible que serve como apoio á aprendizaxe das
competencias matemáticas.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
38
Proporcionar aos alumnos recursos para a obtención de información na rede
desenvolvendo ao mesmo tempo un uso crítico de ditos medios.
Utilizar a páxina web do instituto como medio para proporcionar aos alumnos
recursos de apoio á preparación da materia.
Realizar actividades que promovan a participación activa dos estudantes en “facer
matemáticas” en situacións reais.
Usar a calculadora coma un contido ademais de coma instrumento para tratar
outros contidos.
METODOLOXÍA
Utilización da calculadora en clase coa finalidade de aproveitar as súas posibilidades
adecuándose aos coñecementos matemáticos de cada nivel.
Cargar material complementario de traballo e de apoio na páxina web do centro.
Uso do encerado dixital coma complemento das explicacións do profesor e da
corrección de exercicios na aula.
Uso da aula multimedia para que os alumnos utilicen individualmente ou en grupo
recursos interactivos relacionados coas distintas partes da materia (enlaces,
programas).
Uso de material multimedia nos reprodutores das aulas.
ACTIVIDADES
DESDE PÁXINAS WEB COMO:
http://descartes.cnice.mec.es/
http://clic.xtec.net/es/index.htm
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/impe/web/buscadorRecursosEducativos?pagin
a=2&x=0&idSeccion=28041&busqueda=matematicas&y=0
http://www.matematicas.profes.net/comun/VerEspecial.asp?id_contenido=32196
http://recursos.pnte.cfnavarra.es/~msadaall/geogebra/
CON PROGRAMAS COMO:
GEOGEBRA
CABRI
DERIVE
JCLIC
Voltar ao indice
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
39
17. TRATAMENTO DO FOMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO
A través do traballo en clase debe contribuírse a mellorar os seguintes aspectos do plano de convivencia do centro
Detectar o antes posible conflitos que poidan xurdir nas aulas para resolvelos de
maneira pacífica
Motivar ao alumnado para que comece a interiorización da cultura do diálogo e a
mediación.
Promover a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os
ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a
liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo, a paz, a democracia, o respecto aos
dereitos humanos, o respecto aos homes e mulleres por igual, ás persoas con
discapacidade e o rexeitamento de calquera tipo de violencia
Fomentar o respecto entre todos os membros da comunidade e a integración de todos
os alumnos/as no centro.
Establecer normas de funcionamento e organización das clases da materia ou de
calquera espazo que se utilice para impartir a materia.
Contribuír ao labor de concienciación sobre a importancia dunha axeitada convivencia
escolar que permita unha mellor relación ensinanza-aprendizaxe.
Fomentar a realización de actividades que potencien o respecto á diversidade.
Evitar os comportamentos e contidos sexistas e estereotipos que supoñan
discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.
Voltar ao indice
18. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Coma en anos anteriores ofrecerase ao alumnado a posibilidade de participar en concursos
como o da Asociación Canguro Matemático, a Olimpíada Matemática Galega ou concursos de
Fotografía Matemática (para este último, aproveitaremos as saídas das actividades
complementarias para dar aos alumnos a oportunidade de facer fotos para presentar).
Tamén se potenciará, para o alumnado que cumpra os requisitos, a participación no programa
Estalmat Galicia que organiza a Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela e ten
por obxectivo detectar, orientar e estimular de maneira continuada o talento matemático.
Tentaremos traer ao centro algún personaxe que imparta unha conferencia interesante e
amena para o alumnado.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
40
Co gallo do Día Escolar das Matemáticas, 12 de maio, proporemos algunhas actividades
relacionadas coas matemáticas, organizando a forma de que todos os cursos participen delas
cada un ao seu nivel.
Farase algún concurso relacionado coas Matemáticas e fomentarase a participación nel da
meirande parte do alumnado
O alumnado de 2º da ESO participará en obradoiros de xeoxebra e origami, tentando que ao
longo do curso os alumnos desenvolvan un proxecto que se presentará na feria das
matemáticas organizada no mes de abril pola sociedade matemática AGAPEMA
O alumnado de 4º de ESO participará nunha saída titulada “Medindo coa Trigonometría”. Na
que no dique de abrigo/ Torre de Control Marítima/ Castelo de San Antón ou outro lugar de A
Coruña que se poda determinar, aplicarán os seus coñecementos en Trigonometría á
realización de medidas e cálculo de distancias, despois de construír os seus propios teodolitos.
Esta actividade é de asistencia obrigatoria e suporá a resposta dun cuestionario avaliable.
Estase estudando a posibilidade de visitar a co alumnado de primeiro de bacharelato unha
visita a Santiago para visitar o Centro de Supercomputación de Galicia. No caso de ser posible a
actividade completaríase cun paseo matemático pola cidade de Santiago.
Voltar ao indice
19. MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN
A avaliación concíbese dunha forma holística, é dicir, debe analizar todos os aspectos do
proceso educativo e debe permitir a retroalimentación, isto é, debe fornecer información que
permita reestruturar a actividade no seu conxunto. Por isto, os membros do Departamento
levarán a cabo de xeito periódico durante a hora de reunión do Departamento, a lo menos
unha vez ao mes, unha posta en común do desenvolvemento do programa nos diferentes
cursos e do funcionamento das actividades tanto da aula como das actividades programadas
fóra da aula, coa finalidade de ir emendando as deficiencias ás que poida dar lugar o
desenvolvemento da programación. Nesta análise do propio proceso avaliaranse: os contidos
traballados, o grao de afondamento e de consecución, os obxectivos que non se cumpriron, e a
razón deste incumprimento, etc.
Tamén se avaliarán os métodos, a didáctica e os recursos materiais, o proceso de avaliación e
formularanse as propostas de mellora que se estimen pertinentes.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
41
Trátase, en definitiva, de que o proceso de ensinanza e aprendizaxe mellore. Precisamente a
partir da devandita análise feita en cursos anteriores, o departamento decidiu modificar a
distribución de contidos na ESO con respecto á programación que seguíamos anteriormente.
Ao final do curso reflexionaremos sobre a conveniencia ou non de manter esta distribución.
Na avaliación dos procesos de ensinanza e da nosa práctica docente teranse en conta tanto
aspectos relacionados co propio documento de programación como os relacionados coa súa
aplicación ( actividades desenvolvidas, interese e motivación do alumnado, calidade dos
recursos didácticos, etc).
A seguir propoñemos varios rexistros para valorar cada unidade didáctica co fin de facer
mellor o seguimento da programación
1. FUNCIONAMENTO DE CADA UNIDADE DIDÁCTICA
Unidade:
ASPECTOS A AVALIAR A DESTACAR A MELLORAR PROPOSTA
PERSOAL
Temporalización
Obxectivos
Contidos
Descriptores e desempeños
competenciais
Actividades
Estratexias metodolóxicas
seleccionadas
Recursos
Claridade dos criterios de avaliación
Ferramentas da avaliación
Portafolio de evidencias
Atención á diversidade
Interdisciplinariedad
2. Utilizaremos tamén os rexistros do 15-17 de entre os que se recollen no anexo I desta
programación e que están pensados para a autoavaliación do profesorado en canto á
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
42
planificación, motivación do alumnado, desenvolvemento do ensino e avaliación da práctica
docente.
Memoria didáctica
Ao finalizar o curso o departamento realiza a memoria na que se recollen os aspectos máis
salientables do desenvolvemento da programación e se propoñen melloras e modificacións
cara ao vindeiro curso. Co fin de que os membros do departamento reflexionen sobre
diferentes aspectos antes da realización da devandita memoria, propoñemos cubrir as
seguintes rúbrica e enquisas:
Rúbrica:
ITEMS 1 2 3 4
Identifícanse na programación os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe adaptados ás características do grupo de alumnos aos que vai dirixida
Descríbense as medidas para atender ao alumnado con ritmo máis lento de aprendizaxe e aos que presentan un ritmo máis rápido
Empréganse materiais variados en canto a soporte (impreso, audiovisual, informático, materias manipulativos)
Empréganse materiais da vida cotiá para favorecer o desenvolvemento das competencias clave e a transferencia dos aprendizaxes ao entorno sociofamiliar
Estimulase tanto o pensamento lóxico como a comprensión oral e o pensamento creativo
Foméntase a educación en valores e o desenvolvemento dos contidos transversais
Favorécese a participación activa do alumnado e a súa implicación activa na construción dos seus aprendizaxes
Enfróntase ao alumnado coa resolución de problemas complexos da vida cotiá que esixan aplicar os coñecementos adquiridos
Establécense canles de cooperación coas familias para o desenvolvemento da educación en valores e no establecemento de pautas de lectura, estudio e reforzo na casa
Proponse actividades que estimulen as distintas fases de proceso de construción do coñecemento (identificación dos coñecementos previos, presentación, desenrolo, afondamento, sínteses)
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
43
Dáse resposta aos distintos tipos de intereses, necesidades e capacidades do alumnado
Oriéntanse as actividades ao desenvolvemento das competencias clave e non so aos contidos da materia
Realízanse actividades variadas para coñecer o nivel de coñecemento que ten o alumnado sobre cada tema (xogos, debates, resolución de problemas, etc.
Elabóranse rexistros que axuden a identificar os avances e progresos do alumnado.
Elabóranse rexistros que axuden a identificar información sobre outros aspectos como a actitude en clase, o interese e motivación, a participación, o esforzo persoal e o cumprimento das tarefas
1: Non logrado; 2 Básico; 3 Satisfactorio; 4 Excelente
Enquisas
1. AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA DATOS ESTATÍSTICOS
AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA Avaliación da programación: Obxectivos
Curso académico
Curso e grupo Traballáronse todos os obxectivos? En caso negativo indica cales
Profesor/a:
Afondouse nalgúns especialmente? Indicaos
Nº Total de alumnos Indica os obxectivos non acadados por a meirande parte dos alumnos 1…..
Suspensos Suficientes Ben Razóns de que non se acadasen
1. …. Notables Sobresaintes
OBSERVACIÓNS Grao de consecución dos obxectivos
Propostas de mellora
En definitiva, a avaliación do proceso do ensino terá un carácter formativo, orientado a facilitar a toma de decisións para introducir as modificacións oportunas que permitan a mellora do proceso de xeito continuado e eficaz. Todos eses logros serán recollidos nas propostas de mellora da programación cara a que cada curso escolar a práctica docente aumente o seu nivel de calidade.
Voltar ao indice
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
44
20. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO E AS FAMILIAS
Esta programación estará á disposición da comunidade educativa na páxina web do noso centro: http://www.iespugaramon.com/
Para atopala débese entrar no departamento de matemáticas e picar no apartado materias.
22. PROGRAMACIÓN DE BACHARELATO
22.1 Introdución e contextualización
Pasada xa a etapa de educación obrigatoria, o Bacharelato debe ser o "espazo" no que os
nosos estudantes enfróntense á aprendizaxe das Matemáticas dunha maneira máis formal.
Pero a adquisición dos coñecementos matemáticos non pode reducirse á posesión dos seus
resultados finais, tamén debe estar sempre presente o saber facer Matemáticas que vai
permitir a súa aplicabilidade nas distintas situacións ás que os estudantes de Bacharelato
teranse que enfrontar no seu futuro profesional.
É ese saber facer Matemáticas o que vai potenciar a súa aplicabilidade en moitas das
situacións da actividade cotiá, social e profesional. As Matemáticas só terán sentido para os
estudantes se estes chegan a asimilar os seus conceptos e a entender os seus significados,
aplicacións e interpretacións.
A incorporación xeneralizada de novas tecnoloxías na realidade social e produtiva introduce
novos instrumentos e recursos no proceso de ensino e aprendizaxe das Matemáticas e, ao
mesmo tempo, crea a necesidade de desenvolver no alumnado unha actitude aberta cara á
súa utilización como ferramentas imprescindibles nas súas futuras actividades profesionais.
Este feito fai totalmente necesario a utilización destes medios ao longo do Bacharelato,
creando en cada estudante unha actitude crítica cara aos mesmos e potenciando a súa
capacidade para utilizalos, de maneira correcta, cando a situación estudada o fága necesario.
Nas dúas modalidades do bacharelato están presentes as matemáticas aínda que con
finalidades e contidos diferentes. Na modalidades de Ciencias a materia ten que preparar ao
alumnado para os graos universitarios e ciclos superiores asociados a esta modalidade, os
contidos deben ser por tanto máis formais para que o alumnado chegue ao ensino superior
coas mellores ferramentas posibles; sen embargo, non por iso podemos abandonar a os
procesos intuitivos, a investigación matemática sinxela que os leve a aprender por eles
mesmos e os achegamento aos problemas reais da vida cotiá.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
45
As matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais teñen un marcado carácter instrumental e deben
servir de para á resolución e toma de decisións de problemas do ámbito das Ciencias Sociais,
tentando que os estudantes desenvolvan capacidades relacionadas coa súa aplicabilidade ao
estudo, análise e discusión de fenómenos de tipo social e económico. Neste sentido a
Estatística e a Resolución de problemas, de todo tipo, son partes fundamentais nos seus
contidos. O maior desenvolvemento conceptual e procedimental das outras materias que
configuran a modalidade --Economía, Xeografía, Historia do mundo contemporáneo, etc.--, fai
que estas necesiten a capacidade de análise e modelización das Matemáticas para o estudo e
interpretación de datos e informacións de todo tipo que se presentan no desenvolvemento
das devanditas materias. As "Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais" deben, por tanto,
proporcionar os coñecementos e destrezas cognitivas necesarias para desenvolverse con
eficacia nunha sociedade en continuo desenvolvemento, que demanda e utiliza, de forma
crecente, linguaxes, conceptos e procedementos matemáticos
Nas dúas modalidade as Matemáticas deben contribuír ao desenvolvemento das estruturas
mentais dos estudantes e á adquisición de conceptos máis formais e ferramentas máis
potentes. Así mesmo, é preciso dotar ás Matemáticas dun respaldo teórico que de solidez á
adquisición dos conceptos e as técnicas que se empreguen.
Finalmente, resolución de problemas debe ser un dos aspectos nos que se ten que profundar
en maior medida, sen limitarse a un simple adestramento, pois iso pode proporcionar técnicas
e estratexias útiles para enfrontarse a situacións novas.
Voltar ao indice
22.1 OBXECTIVOS DA MATERIA NO BACHARELATO
O ensino das Matemáticas no Bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das
seguintes capacidades:
Comprender e aplicar os conceptos e procedementos matemáticos a situacións
diversas que permitan avanzar no estudo das propias matemáticas e doutras ciencias,
así como na resolución razoada de problemas procedentes de actividades cotiás e
diferentes ámbitos do saber.
Considerar as argumentacións razoadas e a existencia de demostracións rigorosas
sobre as que se basea o avance da ciencia e a tecnoloxía, mostrando unha actitude
flexible, aberta e crítica ante outros xuízos e razoamentos.
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
46
Analizar e valorar a información proveniente de diferentes fontes, utilizando
ferramentas matemáticas para formarse unha opinión que lles permita expresarse
criticamente sobre problemas actuais.
Utilizar as estratexias características da investigación científica e as destrezas propias
das matemáticas (formulación de problemas, planificación e ensaio, experimentación,
aplicación da indución e dedución, formulación e aceptación ou rexeitamento das
conxecturas, comprobación dos resultados obtidos) para realizar investigacións e en
xeral explorar situacións e fenómenos novos.
Apreciar o desenvolvemento das matemáticas como un proceso cambiante e
dinámico, con abundantes conexións internas e intimamente relacionado co doutras
áreas do saber.
Empregar os recursos achegados polas tecnoloxías actuais para obter e procesar
información, facilitar a comprensión de fenómenos dinámicos, aforrar tempo nos
cálculos e servir como ferramenta na resolución de problemas.
Utilizar o discurso racional para expor acertadamente os problemas, xustificar
procedementos, encadear coherentemente os argumentos, comunicarse con eficacia e
precisión, detectar incorreccións lóxicas e cuestionar aseveracións carentes de rigor
científico.
Mostrar actitudes asociadas ao traballo científico e á investigación matemática, tales
como a visión crítica, a necesidade de verificación, a valoración da precisión, o interese
polo traballo cooperativo e os distintos tipos de razoamento, o cuestionamiento das
apreciacións intuitivas e a apertura a novas ideas.
Expresarse verbalmente e por escrito en situacións susceptibles de ser tratadas
matematicamente, comprendendo e manexando termos, notacións e representacións
matemáticas.
Desenvolver métodos que contribúan a adquirir hábitos de traballo, curiosidade,
creatividade, interese e confianza en si mesmos para investigar e resolver situacións
problemáticas novas e descoñecidas
Voltar ao indice
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
47
22.4 MATEMÁTICAS APLICADAS AS CIENCIAS SOCIAIS I 1º BACHARELATO
OBXECTIVOS
Alcanzar estratexias e recursos máis xerais para resolver problemas, poñer en práctica a estratexia elixida na fase de procura de estratexias, analizar os resultados obtidos e validar ou non as estratexias utilizadas. En determinados casos debe xeneralizar as situacións que solucionase.
Elaborar, de forma precisa e clara, o protocolo de resolución de problemas, ser capaz de modificar o seu punto de vista e perseverar na procura das solucións
Utilizar, correctamente, os números enteiros, fraccionarios, decimais e irracionais, en diferentes contextos e situacións das ciencias sociais e humanas e nas actividades cotiás.
Incorporar as linguaxes simbólico e gráfico e en particular a linguaxe alxebraico á resolución de ecuacións, inecuacións, sistemas e, en definitiva, á resolución de problemas.
Utilizar técnicas de recollida de datos, representar a información relativa ao estudo da relación entre dúas variables de forma numérica e gráfica, calcular os parámetros estatísticos máis usuais e interpretar os resultados.
Consolidar a linguaxe probabilístico. Utilizar este como ferramenta para comunicar e cuantificar situacións relacionadas co azar.
Organizar e relacionar informacións diversas relativas á vida cotiá, obtendo as expresións analíticas nos fenómenos nos que aparecen funcións polinómicas de primeiro e segundo grao así como funcións exponenciais ou logarítmicas.
Coñecer e valorar as propias habilidades matemáticas para afrontar as situacións que requiran o seu emprego ou que permitan gozar cos aspectos creativos, manipulativos ou utilitarios das Matemáticas.
Voltar ao indice
48
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN-ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE-COMPETENCIAS CLAVE, temporalización e sinalazación dos mínimos avaliables e procedementos de avaliación
Os contidos agrúpanse en cinco bloques. En cada un deles aparecen recollidos os obxectivos que se perseguen, os contidos tratados, os criterios de avaliación, os estándares de aprendizaxe que debe acadar o alumnado, sinalando cáles son considerados mínimos para superar a materia e cál será a súa temporalización. Tamén se sinalas as competencias clave que se traballarán. No anexo XX desta programación, recollese a programación de aula desta materia por unidades. En ela están recollidos in indicadores de logro para cada un dos estándares de aprendizaxe en relación cos contidos de cada unidade didáctica.
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
Bloque 1. Procesos, métodos e actitudes en matemáticas TEMPORALIZACIÓN: impártese ao longo do curso e son mínimos avaliables todos os estándares deste bloque
e i
B1.1. Planificación e expresión verbal do proceso de resolución de problemas.
B1.1. Expresar verbalmente, de forma razoada, o proceso seguido na resolución dun problema.
MACS1B1.1.1. Expresa verbalmente, de forma razoada, o proceso seguido na resolución dun problema, coa precisión e o rigor adecuados.
X CCL CMCCT
i l
B1.3. Análise dos resultados obtidos: revisión das operacións utilizadas, coherencia das solucións coa situación, revisión sistemática do proceso, procura doutras formas de resolución e identificación de problemas parecidos.
B1.2. Estratexias e procedementos postos en práctica: relación con outros problemas coñecidos, modificación de variables e suposición do problema resolto.
B1.2. Utilizar procesos de razoamento e estratexias de resolución de problemas, realizando os cálculos necesarios e comprobando as solucións obtidas.
MACS1B1.2.1. Analiza e comprende o enunciado que cumpra resolver (datos, relacións entre os datos, condicións, coñecementos matemáticos necesarios, etc.).
X CMCCT
MACS1B1.2.2. Realiza estimacións e elabora conxecturas sobre os resultados dos problemas que cumpra resolver, contrastando a súa validez e valorando a súa utilidade e eficacia.
X CMCCT
MACS1B1.2.3. Utiliza estratexias heurísticas e procesos de razoamento na resolución de problemas, reflexionando sobre o proceso seguido.
X CMCCT CAA
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
49
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
g i
B1.4. Elaboración e presentación oral e/ou escrita de informes científicos sobre o proceso seguido na resolución dun problema, utilizando as ferramentas tecnolóxicas axeitadas.
B1.5. Utilización de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe para:
Recollida ordenada e a organización de datos.
Elaboración e creación de representacións gráficas de datos numéricos, funcionais ou estatísticos.
Facilitación da comprensión de conceptos e propiedades xeométricas ou funcionais e a realización de cálculos de tipo numérico, alxébrico ou estatístico.
Deseño de simulacións e elaboración de predicións sobre situacións matemáticas diversas.
Elaboración de informes e documentos sobre os procesos levados a cabo, e as conclusións e os resultados obtidos.
Consulta, comunicación e compartición, en ámbitos apropiados, da información e das ideas matemáticas.
B1.3. Elaborar un informe científico escrito que sirva para comunicar as ideas matemáticas xurdidas na resolución dun problema, coa precisión e o rigor adecuados.
MACS1B1.3.1. Usa a linguaxe, a notación e os símbolos matemáticos adecuados ao contexto e á situación.
X CMCCT
MACS1B1.3.2. Utiliza argumentos, xustificacións, explicacións e razoamentos explícitos e coherentes.
X CMCCT
MACS1B1.3.3. Emprega as ferramentas tecnolóxicas adecuadas ao tipo de problema, á situación que cumpra resolver ou á propiedade ou o teorema que se vaia demostrar.
X CMCCT CD
i l m
B1.6. Planificación e realización de proxectos e investigacións matemáticas a partir de contextos da realidade ou contextos do mundo das matemáticas, de xeito individual e en equipo.
B1.4. Planificar adecuadamente o proceso de investigación, tendo en conta o contexto en que se desenvolve e o problema de investigación formulado.
MACS1B1.4.1. Coñece e describe a estrutura do proceso de elaboración dunha investigación matemática: problema de investigación, estado da cuestión, obxectivos, hipótese, metodoloxía, resultados, conclusións, etc.
X CMCCT
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
50
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
MACS1B1.4.2. Planifica adecuadamente o proceso de investigación, tendo en conta o contexto en que se desenvolve e o problema de investigación formulado.
x CMCCT CSIEE
h i l n
B1.6. Planificación e realización de proxectos e investigacións matemáticas a partir de contextos da realidade ou contextos do mundo das matemáticas, de xeito individual e en equipo.
B1.5. Practicar estratexias para a xeración de investigacións matemáticas, a partir da resolución dun problema e o afondamento posterior; da xeneralización de propiedades e leis matemáticas; e do afondamento nalgún momento da historia das matemáticas, concretando todo iso en contextos numéricos, alxébricos, xeométricos, funcionais, estatísticos ou probabilísticos.
MACS1B1.5.1. Afonda na resolución dalgúns problemas formulando novas preguntas, xeneralizando a situación ou os resultados, etc.
X CMCCT
MACS1B1.5.2. Procura conexións entre contextos da realidade e do mundo das matemáticas (a historia da humanidade e a historia das matemáticas; arte e matemáticas; ciencias sociais e matemáticas, etc.).
X CMCCT CSC CCEC
e g i
B1.6. Planificación e realización de proxectos e investigacións matemáticas a partir de contextos da realidade ou contextos do mundo das matemáticas, de xeito individual e en equipo.
B1.7. Práctica de procesos de matematización e modelización, en contextos da realidade.
B1.8. Elaboración e presentación dun informe científico sobre o procedemento, os resultados e as conclusións do proceso de investigación desenvolvido.
B1.6. Elaborar un informe científico escrito que recolla o proceso de investigación realizado, coa precisión e o rigor adecuados.
MACS1B1.6.1. Consulta as fontes de información adecuadas ao problema de investigación.
X CMCCT
MACS1B1.6.2. Usa a linguaxe, a notación e os símbolos matemáticos adecuados ao contexto do problema de investigación.
X CMCCT
MACS1B1.6.3. Utiliza argumentos, xustificacións, explicacións e razoamentos explícitos e coherentes.
X CCL CMCCT
MACS1B1.6.4. Emprega as ferramentas tecnolóxicas adecuadas ao tipo de problema de investigación, tanto na procura de solucións coma para mellorar a eficacia na comunicación das ideas matemáticas.
X CMCCT CD
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
51
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
MACS1B1.6.5. Transmite certeza e seguridade na comunicación das ideas, así como dominio do tema de investigación.
x CCL
MACS1B1.6.6. Reflexiona sobre o proceso de investigación e elabora conclusións sobre o nivel de resolución do problema de investigación e de consecución de obxectivos, formula posibles continuacións da investigación, analiza os puntos fortes e débiles do proceso, e fai explícitas as súas impresións persoais sobre a experiencia.
X CMCCT
i l
B1.7. Práctica de procesos de matematización e modelización, en contextos da realidade.
B1.7. Desenvolver procesos de matematización en contextos da realidade cotiá (numéricos, xeométricos, funcionais, estatísticos ou probabilísticos) a partir da identificación de problemas en situacións problemáticas da realidade.
MACS1B1.7.1. Identifica situacións problemáticas da realidade susceptibles de conter problemas de interese.
X CMCCT CSC
MACS1B1.7.2. Establece conexións entre o problema do mundo real e o mundo matemático, identificando o problema ou os problemas matemáticos que subxacen nel, así como os coñecementos matemáticos necesarios.
X CMCCT
MACS1B1.7.3. Usa, elabora ou constrúe modelos matemáticos axeitados que permitan a resolución do problema ou dos problemas dentro do campo das matemáticas.
X CMCCT
MACS1B1.7.4. Interpreta a solución matemática do problema no contexto da realidade.
X CMCCT
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
52
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
MACS1B1.7.5. Realiza simulacións e predicións, en contexto real, para valorar a adecuación e as limitacións dos modelos, e propón melloras que aumenten a súa eficacia.
X CMCCT
i
B1.7. Práctica de procesos de matematización e modelización, en contextos da realidade.
B1.8. Valorar a modelización matemática como un recurso para resolver problemas da realidade cotiá, avaliando a eficacia e as limitacións dos modelos utilizados ou construídos.
MACS1B1.8.1. Reflexiona sobre o proceso e obtén conclusións sobre os logros conseguidos, resultados mellorables, impresións persoais do proceso, etc., valorando outras opinións.
X CMCCT
a b c d e f g h i l n ñ o p
B1.6. Planificación e realización de proxectos e investigacións matemáticas a partir de contextos da realidade ou do mundo das matemáticas, de xeito individual e en equipo.
B1.7. Práctica de procesos de matematización e modelización, en contextos da realidade.
B1.9. Desenvolver e cultivar as actitudes persoais inherentes ao quefacer matemático.
MACS1B1.9.1. Desenvolve actitudes axeitadas para o traballo en matemáticas (esforzo, perseveranza, flexibilidade e aceptación da crítica razoada, convivencia coa incerteza, tolerancia da frustración, autoanálise continuo, etc.).
X CMCCT CSC CSIEE
MACS1B1.9.2. Formúlase a resolución de retos e problemas coa precisión, esmero e interese adecuados ao nivel educativo e á dificultade da situación.
X CMCCT
MACS1B1.9.3. Desenvolve actitudes de curiosidade e indagación, xunto con hábitos de formular ou formularse preguntas e procurar respostas axeitadas, revisar de forma crítica os resultados achados, etc.
X CMCCT CAA
MACS1B1.9.4. Desenvolve habilidades sociais de cooperación e traballo en equipo.
X CSC CSIEE
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
53
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
b i l m
B1.9. Confianza nas propias capacidades para desenvolver actitudes axeitadas e afrontar as dificultades propias do traballo científico.
B1.10. Superar bloqueos e inseguridades ante a resolución de situacións descoñecidas.
MACS1B1.10.1. Toma decisións nos procesos (de resolución de problemas, de investigación, de matematización ou de modelización), valorando as consecuencias destas e a conveniencia pola súa sinxeleza e utilidade.
X CMCCT CSIEE
b i l
B1.9. Confianza nas propias capacidades para desenvolver actitudes axeitadas e afrontar as dificultades propias do traballo científico.
B1.11. Reflexionar sobre as decisións tomadas, valorando a súa eficacia, e aprender diso para situacións similares futuras.
MACS1B1.11.1. Reflexiona sobre os procesos desenvolvidos, tomando conciencia das súas estruturas, valorando a potencia, a sinxeleza e a beleza das ideas e dos métodos utilizados, e aprende diso para situacións futuras.
X CMCCT CAA
g i
B1.5. Utilización de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe para:
Recollida ordenada e a organización de datos.
Elaboración e creación de representacións gráficas de datos numéricos, funcionais ou estatísticos.
Facilitación da comprensión de conceptos e propiedades xeométricas ou funcionais, e a realización de cálculos de tipo numérico, alxébrico ou estatístico.
Deseño de simulacións e elaboración de predicións sobre situacións matemáticas diversas.
Elaboración de informes e documentos sobre os procesos levados a cabo e as conclusións e os resultados obtidos.
Consulta, comunicación e compartición, en ámbitos apropiados, da información e as
B1.12. Empregar as ferramentas tecnolóxicas adecuadas, de xeito autónomo, realizando cálculos numéricos, alxébricos ou estatísticos, facendo representacións gráficas, recreando situacións matemáticas mediante simulacións ou analizando con sentido crítico situacións diversas que axuden á comprensión de conceptos matemáticos ou á resolución de problemas.
MACS1B1.12.1. Selecciona ferramentas tecnolóxicas axeitadas e utilízaas para a realización de cálculos numéricos, alxébricos ou estatísticos, cando a dificultade destes impida ou non aconselle facelos manualmente.
X CD CMCCT
MACS1B1.12.2. Utiliza medios tecnolóxicos para facer representacións gráficas de funcións con expresións alxébricas complexas e extraer información cualitativa e cuantitativa sobre elas.
X CMCCT
MACS1B1.12.3. Deseña representacións gráficas para explicar o proceso seguido na solución de problemas, mediante a utilización de medios tecnolóxicos.
X CMCCT
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
54
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
ideas matemáticas. MACS1B1.12.4. Recrea ámbitos e obxectos xeométricos con ferramentas tecnolóxicas interactivas para amosar, analizar e comprender propiedades xeométricas.
X CMCCT
MACSB1.12.5. Utiliza medios tecnolóxicos para o tratamento de datos e gráficas estatísticas, extraer información e elaborar conclusións.
X CMCCT
e g i
B1.5. Utilización de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe para:
Recollida ordenada e a organización de datos.
Elaboración e creación de representacións gráficas de datos numéricos, funcionais ou estatísticos.
Facilitación da comprensión de conceptos e propiedades xeométricas ou funcionais, e a realización de cálculos de tipo numérico, alxébrico ou estatístico.
Deseño de simulacións e elaboración de predicións sobre situacións matemáticas diversas.
Elaboración de informes e documentos sobre os procesos levados a cabo e as conclusións e os resultados obtidos.
Consulta, comunicación e compartición, en ámbitos apropiados, da información e as ideas matemáticas.
B1.13. Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación de xeito habitual no proceso de aprendizaxe, procurando, analizando e seleccionando información salientable en internet ou noutras fontes, elaborando documentos propios, facendo exposicións e argumentacións destes, e compartíndoos en ámbitos apropiados, para facilitar a interacción.
MACS1B1.13.1. Elabora documentos dixitais propios (de texto, presentación, imaxe, vídeo, son, etc.) como resultado do proceso de procura, análise e selección de información salientable, coa ferramenta tecnolóxica axeitada, e compárteos para a súa discusión ou difusión.
x CD
MACS1B1.13.2. Utiliza os recursos creados para apoiar a exposición oral dos contidos traballados na aula.
X CCL
MACS1B1.13.3. Usa axeitadamente os medios tecnolóxicos para estruturar e mellorar o seu proceso de aprendizaxe, recollendo a información das actividades, analizando puntos fortes e débiles do seu proceso educativo, e establecendo pautas de mellora.
X CD CAA
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
55
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
Bloque 2. Números e álxebra TEMPORALIZACIÓN 15 de setembro-9 outubro
i B2.1. Números racionais e irracionais. Número real. Representación na recta real. Intervalos.
B2.2. Aproximación decimal dun número real. Estimación, redondeo e erros.
B2.3. Operacións con números reais. Potencias e radicais. Notación científica.
B2.1. Utilizar os números reais e as súas operacións para presentar e intercambiar información, controlando e axustando a marxe de erro esixible en cada situación, en contextos da vida real.
MACS1B2.1.1. Recoñece os tipos números reais (racionais e irracionais) e utilízaos para representar e interpretar axeitadamente información cuantitativa.
x
CMCCT
MACS1B2.1.2. Representa correctamente información cuantitativa mediante intervalos de números reais.
x CMCCT
MACS1B2.1.3. Compara, ordena, clasifica e representa graficamente calquera número real.
CMCCT
MACS1B2.1.4. Realiza operacións numéricas con eficacia, empregando cálculo mental, algoritmos de lapis e papel, calculadora ou programas informáticos, utilizando a notación máis axeitada e controlando o erro cando aproxima.
x
CMCCT
i B2.4. Operacións con capitais financeiros. Aumentos e diminucións porcentuais. Taxas e xuros bancarios. Capitalización e amortización simple e composta.
B2.5. Utilización de recursos tecnolóxicos para a realización de cálculos financeiros e mercantís.
B2.2. Resolver problemas de capitalización e amortización simple e composta utilizando parámetros de aritmética mercantil, empregando métodos de cálculo ou os recursos tecnolóxicos máis axeitados.
MACS1B2.2.1. Interpreta e contextualiza correctamente parámetros de aritmética mercantil para resolver problemas do ámbito da matemática financeira (capitalización e amortización simple e composta) mediante os métodos de cálculo ou recursos tecnolóxicos apropiados.
CMCCT
i B2.6. Polinomios. Operacións. Descomposición en factores.
B2.3. Transcribir a linguaxe alxébrica ou gráfica situacións relativas ás ciencias sociais, e utilizar técnicas matemáticas e ferramentas tecnolóxicas
MACS1B2.3.1. Utiliza con eficacia a linguaxe alxébrica para representar situacións formuladas en contextos reais.
X CMCCT
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
56
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
B2.7. Ecuacións lineais, cuadráticas e reducibles a elas, exponenciais e logarítmicas. Aplicacións.
B2.8. Sistemas de ecuacións de primeiro e segundo grao con dúas incógnitas. Clasificación. Aplicacións. Interpretación xeométrica.
B2.9. Sistemas de ecuacións lineais con tres incógnitas: método de Gauss.
B2.10. Formulación e resolución de problemas das ciencias sociais mediante sistemas de ecuacións lineais.
apropiadas para resolver problemas reais, dando unha interpretación das solucións obtidas en contextos particulares.
MACS1B2.3.2. Resolve problemas relativos ás ciencias sociais mediante a utilización de ecuacións ou sistemas de ecuacións.
X CMCCT
MACS1B2.3.3. Realiza unha interpretación contextualizada dos resultados obtidos e exponos con claridade.
X CMCCT
Bloque 3. Análise TEMPORALIZACIÓN: 10 outubro-15 marzo
i B3.1. Resolución de problemas e interpretación de fenómenos sociais e económicos mediante funcións.
B3.2. Funcións reais de variable real. Expresión dunha función en forma alxébrica, por medio de táboas ou de gráficas. Características dunha función.
B3.3. Identificación da expresión analítica e gráfica das funcións reais de variable real (polinómicas, exponencial e logarítmica, valor absoluto, parte enteira, e racionais e irracionais sinxelas) a partir das súas características. Funcións definidas a anacos.
B3.1. Interpretar e representar gráficas de funcións reais tendo en conta as súas características e a súa relación con fenómenos sociais.
MACS1B3.1.1. Analiza funcións expresadas en forma alxébrica, por medio de táboas ou graficamente, e relaciónaas con fenómenos cotiáns, económicos, sociais e científicos, extraendo e replicando modelos.
X CMCCT
MACS1B3.1.2. Selecciona adecuadamente e razoadamente eixes, unidades e escalas, recoñecendo e identificando os erros de interpretación derivados dunha mala elección, para realizar representacións gráficas de funcións.
CMCCT
MACS1B3.1.3. Estuda e interpreta graficamente as características dunha función, comprobando os resultados coa axuda de medios tecnolóxicos en actividades abstractas e problemas contextualizados.
X CMCCT
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
57
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
i B3.4. Interpolación e extrapolación lineal e cuadrática. Aplicación a problemas reais.
B3.2. Interpolar e extrapolar valores de funcións a partir de táboas, e coñecer a utilidade en casos reais.
MACS1B3.2.1. Obtén valores descoñecidos mediante interpolación ou extrapolación a partir de táboas ou datos, e interprétaos nun contexto.
CMCCT
i B3.3. Identificación da expresión analítica e gráfica das funcións reais de variable real (polinómicas, exponencial e logarítmica, valor absoluto, parte enteira, e racionais e irracionais sinxelas) a partir das súas características. As funcións definidas a anacos.
B3.5. Idea intuitiva de límite dunha función nun punto. Cálculo de límites sinxelos. O límite como ferramenta para o estudo da continuidade dunha función. Aplicación ao estudo das asíntotas.
B3.3. Calcular límites finitos e infinitos dunha función nun punto ou no infinito, para estimar as tendencias.
MACS1B3.3.1. Calcula límites finitos e infinitos dunha función nun punto ou no infinito para estimar as tendencias dunha función.
X CMCCT
MACS1B3.3.2. Calcula, representa e interpreta as asíntotas dunha función en problemas das ciencias sociais.
X CMCCT
i B3.5. Idea intuitiva de límite dunha función nun punto. Cálculo de límites sinxelos. O límite como ferramenta para o estudo da continuidade dunha función. Aplicación ao estudo das asíntotas.
B3.4. Coñecer o concepto de continuidade e estudar a continuidade nun punto en funcións polinómicas, racionais, logarítmicas e exponenciais.
MACS1B3.4.1. Examina, analiza e determina a continuidade da función nun punto para extraer conclusións en situacións reais.
X CMCCT
i B3.6. Taxa de variación media e taxa de variación instantánea. Aplicación ao estudo de fenómenos económicos e sociais. Derivada dunha función nun punto. Interpretación xeométrica. Recta tanxente a unha función nun punto.
B3.7. Función derivada. Regras de derivación de funcións elementais sinxelas que sexan suma, produto, cociente e composición de funcións polinómicas, exponenciais e logarítmicas.
B3.5. Coñecer e interpretar xeometricamente a taxa de variación media nun intervalo e nun punto como aproximación ao concepto de derivada, e utilizar as regra de derivación para obter a función derivada de funcións sinxelas e das súas operacións.
MACS1B3.5.1. Calcula a taxa de variación media nun intervalo e a taxa de variación instantánea, interprétaas xeometricamente e emprégaas para resolver problemas e situacións extraídas da vida real.
X CMCCT
MACS1B3.5.2. Aplica as regras de derivación para calcular a función derivada dunha función e obter a recta tanxente a unha función nun punto dado.
X CMCCT
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
58
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
Bloque 4. Estatística e Probabilidade 18 marzo-21 de xuño
i l
B4.1. Estatística descritiva bidimensional: táboas de continxencia.
B4.2. Distribución conxunta e distribucións marxinais.
B4.3. Distribucións condicionadas. B4.4. Medias e desviacións típicas marxinais
e condicionadas. B4.5. Independencia de variables
estatísticas.
B4.1. Describir e comparar conxuntos de datos de distribucións bidimensionais, con variables discretas ou continuas, procedentes de contextos relacionados coa economía e outros fenómenos sociais, e obter os parámetros estatísticos máis usuais mediante os medios máis axeitados (lapis e papel, calculadora, folla de cálculo) e valorando a dependencia entre as variables.
MACS1B4.1.1. Elabora e interpreta táboas bidimensionais de frecuencias a partir dos datos dun estudo estatístico, con variables numéricas (discretas e continuas) e categóricas.
X CMCCT
MACS1B4.1.2. Calcula e interpreta os parámetros estatísticos máis usuais en variables bidimensionais para aplicalos en situacións da vida real.
x CMCCT
MACS1B4.1.3. Acha as distribucións marxinais e diferentes distribucións condicionadas a partir dunha táboa de continxencia, así como os seus parámetros, para aplicalos en situacións da vida real.
X CMCCT
MACS1B4.1.4. Decide se dúas variables estatísticas son ou non estatisticamente dependentes a partir das súas distribucións condicionadas e marxinais, para poder formular conxecturas.
X CMCCT
MACS1B4.1.5. Avalía as representacións gráficas apropiadas para unha distribución de datos sen agrupar e agrupados, e usa axeitadamente medios tecnolóxicos para organizar e analizar datos desde o punto de vista estatístico, calcular parámetros e xerar gráficos estatísticos.
X CMCCT
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
59
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
i l
B4.6. Dependencia de dúas variables estatísticas. Representación gráfica: nube de puntos.
B4.7. Dependencia lineal de dúas variables estatísticas. Covarianza e correlación: cálculo e interpretación do coeficiente de correlación lineal.
B4.8. Regresión lineal. Predicións estatísticas e fiabilidade destas. Coeficiente de determinación
B4.2. Interpretar a posible relación entre dúas variables e cuantificar a relación lineal entre elas mediante o coeficiente de correlación, valorando a pertinencia de axustar unha recta de regresión e de realizar predicións a partir dela, avaliando a fiabilidade destas nun contexto de resolución de problemas relacionados con fenómenos económicos e sociais.
MACS1B4.2.1. Distingue a dependencia funcional da dependencia estatística e estima se dúas variables son ou non estatisticamente dependentes mediante a representación da nube de puntos en contextos cotiáns.
X CMCCT
MACS1B4.2.2. Cuantifica o grao e o sentido da dependencia lineal entre dúas variables mediante o cálculo e a interpretación do coeficiente de correlación lineal para poder obter conclusións.
X CMCCT
MACS1B4.2.3. Calcula e representa as rectas de regresión de dúas variables e obtén predicións a partir delas.
X CMCCT
MACS1B4.2.4. Avalía a fiabilidade das predicións obtidas a partir da recta de regresión mediante o coeficiente de determinación lineal en contextos relacionados con fenómenos económicos e sociais.
X CMCCT
i l
B4.9. Sucesos. Asignación de probabilidades a sucesos mediante a regra de Laplace e a partir da súa frecuencia relativa. Axiomática de Kolmogorov.
B4.10. Aplicación da combinatoria ao cálculo de probabilidades.
B4.11. Experimentos simples e compostos. Probabilidade condicionada. Dependencia e independencia de sucesos.
B4.12. Variables aleatorias discretas. Distribución de probabilidade. Media,
B4.3. Asignar probabilidades a sucesos aleatorios en experimentos simples e compostos, utilizando a regra de Laplace en combinación con diferentes técnicas de reconto e a axiomática da probabilidade, empregando os resultados numéricos obtidos na toma de decisións en contextos relacionados coas ciencias sociais.
MACS1B4.3.1. Calcula a probabilidade de sucesos en experimentos simples e compostos, condicionada ou non, mediante a regra de Laplace, as fórmulas derivadas da axiomática de Kolmogorov e diferentes técnicas de reconto.
X CMCCT
MACS1B4.3.2. Constrúe a función de probabilidade dunha variable discreta asociada a un fenómeno sinxelo e calcula os seus parámetros e algunhas probabilidades asociadas.
X CMCCT
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
60
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
varianza e desviación típica. B4.13. Distribución binomial. Caracterización
e identificación do modelo. Cálculo de probabilidades.
B4.14. Variables aleatorias continuas. Función de densidade e de distribución. Interpretación da media, varianza e desviación típica.
B4.15. Distribución normal. Tipificación da distribución normal. Asignación de probabilidades nunha distribución normal.
MACS1B4.3.3. Constrúe a función de densidade dunha variable continua asociada a un fenómeno sinxelo, e calcula os seus parámetros e algunhas probabilidades asociadas.
X CMCCT
i l
B4.12. Variables aleatorias discretas. Distribución de probabilidade. Media, varianza e desviación típica.
B4.13. Distribución binomial. Caracterización e identificación do modelo. Cálculo de probabilidades.
B4.14. Variables aleatorias continuas. Función de densidade e de distribución. Interpretación da media, varianza e desviación típica.
B4.15. Distribución normal. Tipificación da distribución normal. Asignación de probabilidades nunha distribución normal.
B4.16. Cálculo de probabilidades mediante aproximación da distribución binomial pola normal.
B4.4. Identificar os fenómenos que poden modelizarse mediante as distribucións de probabilidade binomial e normal, calculando os seus parámetros e determinando a probabilidade de sucesos asociados.
MACS1B4.4.1. Identifica fenómenos que poden modelizarse mediante a distribución binomial, obtén os seus parámetros e calcula a súa media e a desviación típica.
x
CMCCT
MACS1B4.4.2. Calcula probabilidades asociadas a unha distribución binomial a partir da súa función de probabilidade ou da táboa da distribución, ou mediante calculadora, folla de cálculo ou outra ferramenta tecnolóxica, e aplícaas en diversas situacións.
X CMCCT
MACS1B4.4.3. Distingue fenómenos que poden modelizarse mediante unha distribución normal, e valora a súa importancia nas ciencias sociais.
X CMCCT
MACS1B4.4.4. Calcula probabilidades de sucesos asociados a fenómenos que poden modelizarse mediante a distribución normal a partir da táboa da distribución ou mediante calculadora, folla de cálculo ou outra ferramenta tecnolóxica, e aplícaas en diversas situacións.
X CMCCT
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
61
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. 1º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Mínimos x
Competencias clave
MACS1B4.4.5. Calcula probabilidades de sucesos asociados a fenómenos que poden modelizarse mediante a distribución binomial a partir da súa aproximación pola normal, valorando se se dan as condicións necesarias para que sexa válida.
X CMCCT
e i
B4.17. Identificación das fases e as tarefas dun estudo estatístico. Análise e descrición de traballos relacionados coa estatística, interpretando a información, e detectando erros e manipulacións.
B4.5. Utilizar o vocabulario axeitado para a descrición de situacións relacionadas co azar e a estatística, analizando un conxunto de datos ou interpretando de xeito crítico informacións estatísticas presentes nos medios de comunicación, a publicidade e outros ámbitos, e detectar posibles erros e manipulacións tanto na presentación dos datos coma das conclusións.
MACS1B4.5.1. Utiliza un vocabulario adecuado para describir situacións relacionadas co azar e a estatística.
X CCL
MACS1B4.5.2. Razoa e argumenta a interpretación de informacións estatísticas ou relacionadas co azar presentes na vida cotiá.
x CMCCT
Voltar ao indice
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
62
63