C.E.I.P.QUINTELA (MOAÑA)
RAMÓN PIÑEIRO
LETRAS GALEGAS 2009
C.E.I.P.QUINTELA (MOAÑA)
RAMÓN PIÑEIRO
Naceu na aldea de Armea,en Láncara (Lugo)no ano 1915
A súa casa familiar
C.E.I.P.QUINTELA (MOAÑA)
A SÚA VIDA
Foi á escola aos 6 anos,daquela xa sabía ler e escribir,pero atopou algo que o marcou para toda a vida:o mestre non lle falaba no seu idioma,senón en castelán.
C.E.I.P.QUINTELA (MOAÑA)
A SÚA VIDA
Estudou o bacharelato en Lugo,e alí coñeceu entre outros aos escritores Anxel Fole e Luis Pimentel. Entrou en contacto coa política galega do momento .O mundo da cultura e da política converteuse no seu eixo da vida.
C.E.I.P.QUINTELA (MOAÑA)
A FILOSOFÍA
Marchou a Santiago e despois a Madrid a estudar Filosofía e Letras.
Traduciu obras de pensadores alemáns ao galego,e foi quen de definir a “filosofía da saudade”.A saudade,o sentimento de soidade que todos os individuos temos foi o obxecto dos seus estudos.
Definiu “saudade” para a Enciclopedia Gallega.
C.E.I.P.QUINTELA (MOAÑA)
A POLÍTICA
Participou na súa mocidade no Partido Galeguista,ata que este
proxecto se deixou esmorecer Foi deputado no parlamento de
Galicia coas primeiras eleccións democráticas,traballou a prol da Lei de Normalización Lingüística aprobada por unanimidade no ano 83.
C.E.I.P.QUINTELA (MOAÑA)
A LINGUA
Ingresou no 67 na REAL ACADEMIA GALEGA,cun discurso sobre a lingua.
Estudou fondamente a obra de Rosalía,e a literatura galega.
C.E.I.P.QUINTELA (MOAÑA)
A CULTURA
Foi un dos fundadores da EDITORIAL GALAXIA,que permitiu publicar estudos e obras en galego,cando estaba desprestixiada polos gobernantes.
C.E.I.P.QUINTELA (MOAÑA)
A CULTURA
Ocupou a presidencia do Consello da Cultura Galega ata o seu pasamento no 1990
C.E.I.P.QUINTELA (MOAÑA)
A SÚA OBRA
Olladas no futuro. Galaxia (1974).Lembrando a Castelao (1975).Filosofía da saudade (1984).Fermín Penzol (2001).Da miña acordanza ( 2002).Galicia ( 2002).A linguaxe e as linguas (2008).