Nacido en Santiago de Compostela en 1950, ós 24 anos funda, xunto á actriz Laura Ponte Santamarinas, o Grupo Antroido, co que comeza a desenvolver o seu labor como actor,
autor e escenógrafo. En 1977, despedido do seu
emprego nunha entidade bancaria, convirte a súa
paixón polo teatro en profesión, que non deixará ata a súa morte, en 2002
Nos anos 80 comprométese co
desenvolvemento do teatro galego, entre outros labores, co
seu traballo á fronte do Centro Dramático
Galego. Neste contexto, destaca a montaxe de Agasallo
de sombras, unha obra de autoría
propia
Entra tamén no mundo audiovisual con
produccións para a TVG e TVE, adaptando
relatos de autores como Ánxel Fole e
Eduardo Blanco-Amor.
Participa tamén como actor en varias
películas de cine (Sempre Xonxa, A
lingua das bolboretas) e series de TV (Mareas
vivas, Un mundo de historias)
En 1991 fundou a compañía Teatro do Aquí, que dirixíu ata o seu pasamento en 2002, tras dous anos de sufrir un cancro
de pulmón.
Segundo os críticos, a obra de Vidal Bolaño recolle influencias
varias: pode ser realista, simbolista,
expresionista e mesmo surrealista.
Pola súa banda, el mesmo recoñecía que
as figuras de Otero Pedrayo e Valle-Inclán foran moi importantes para a creación do seu
universo teatral
Algunhas das súas obras:
Laudamuco, señor de ningures (1976)
Agasallo de sombras (1992)
Días sen gloria (1992)
Saxo tenor (1993)
Touporroutou da lúa e do sol (1996)
Mar revolto (2001)
Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable,
persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen
embargo por iso máis grandiosas.
AUTOR: Alfonso Blanco, con información recollida da Galipedia