Non tires este folleto, pásao a outras mulleres e axúdanos a difundir a
Folga Feminista
As nosas reivindicacións van máis aló do emprego, porque queremos reformular o propio concepto de traballo, e por iso apostamos por unha folga xeral: laboral, de coidados, de consumo e estudantil que cuestione o actual modelo neoliberal depredador, racista e colonial.
Sen nós, non se move o mundo
Imaxinas un día sen o traballo das mulleres? Cantas empresas de telefonía funcionarían? Imaxinas un hospital sen doutoras, enfermeiras nin celadoras? Ou que non poidas ir traballar porque a coidadora da túa nai está enferma e non pode vir?
Imaxinas a clase sen as túas compañeiras ou sen as túas profesoras?
Imaxinas abrir a neveira e atopala baleira? A comida sen facer ou a roupa sen lavar, pasar a ferro e sen gardar? Imaxinas que non van as avoas buscar os e as netas ao cole? Ou o mercado e calquera outra tenda sen mulleres mercando ou atendendo?
Pois imaxínao: as mulleres somos a metade da poboación e se nós paramos, o mundo para. Non queremos seguir nun mundo que non conta connosco!
Como podo apoiar a folga?
Uníndote aos paroslaborais e estudantís
Colgando delantais dos balcóns, tendais e varandas para visibilizar os traballos de coidados.Tamén podes pendurar panos lilas.
Asistindo ás mobilizacións Que convoque o movemento feminista na túa vila ou cidade.
Pondo un brazalete morado alá onde esteas. Faino ti mesma!
Deixando de coidar sen delegar noutras mulleres, poden facelo outrOs
Difundindo a folga e organizándote. Podes organizar un bloque de reivindicacións do teu ámbito nas mobilizacións principais.
Deixando de consumir no mercado, sobre todo nas grandes empresas que son símbolo da explotación de traballadoras e que nos tratan como obxectos.
A quen vai dirixida a folga?
As mulleres, lesbianas, inmigrantes, trans en toda a nosa diversidade PLANTÁMONOS!
Convocamos unha folga feminista para dicir que NON A ESTA BARBARIE.
Todas temos o noso lugar neste día. A túa achega é necesaria!
Estamos fartas de tanto falabarato e tan pouca acción. NÓS IMOS Á FOLGA!
Isto nin comeza nin remata o 8 de marzo. O proceso empeza moito antes do día da folga, facendo reunións, construíndo propostas, tecendo redes, pondo en andamento procesos de contaxio en todos os espazos, en todas as vilas e cidades.
O 8 de marzo pode ser un gran día nesta revolución que está en andamento, a revolución feminista
Anímaste? Agardámoste!
As nosas reivindicacións van máis aló do emprego, porque queremos reformular o propio concepto de traballo, e por iso apostamos por unha folga de coidados e de consumo que cuestione o actual modelo neoliberal depredador, racista e colonial. O confito laboral e social que vivimos nunca se vai resolver se non miramos tamén á esfera reprodutiva.
Esta non é unha folga unicamente defensiva: saímos con propostas políticas para mudalo todo!
Por iso, este 8 de marzo, chamamos á folga de emprego, de estudantes, de coidados e de consumo: a Folga feminista.
Que é a Folga Feminista?