Información e imaxes: Dicionario dos seres míticos Galegos
Editorial Xerais Xoán R. Cuba/Antonio Reigosa/Xosé Miranda
É unha rapaza fermosísima, esbelta,
pálida, loura, que ten uns longos cabelos
enguedellados en algas, sensual, que aparece
entre a escuma do mar nos días de mareira
ou tempestade, ou entre as furnas, ou
asomando só a cabeza, ou andando ao lonxe
sobre o mar. Ten figura totalmente humana.
Comunica desgrazas. Cando se ve, vai
ocorrer un naufraxio. É, pois, un agoiro de
morte. Pero tamén pode agoirar mala pesca
ou mar revolto. Parece como se fose un ser
benéfico que avisa. É muda, non fala senón
que emite voces similares ós chíos das
gaivotas.
Persoa que coa ollada, consciente ou
inconcientemente, querendo o usen querer,
causa dano e mal de ollo. Normalmente
faino por envexa, pero non sempre. O
aollador deixa saír fóra os seus malos
desexos e ambicións; non sabe controlarse e
verque no mundo o abismo da súa alma.
Calquera veciño, que non sospeitamos,
pode ser o aollador, pero moitas veces
sábese quen é: unha bruxa, unha vella…
Dise que teñen moita forza na vista,
tanta que poden chegar a matar. Para evitar
facer dano non poden mirar de fronte nin ás
persoas nin aos animais.
Pedro Chosco ten figura de home de
barba branca, de maneiras doces e de voz
grave. É o encargado de facer durmir aos
nenos con suaves aloumiños. Tamén pode
enredar ás mozas e criadas de servir,
impedíndolles traballar.
Os nenos ven a Pedro Chosco cando xa
teñen un ollo pechado e o outro non o poden
abrir.
É un trasno. Caracterízase polas
falcatruadas ou trasnadas que fai.
Pode ter figura de home pequeno
vestido con sotana moura e un par de
cornos, de anano saltarín que sempre está
rindo, con barbas longas e pucho
encarnado,… ou moitas máis.
Tamén se nota a súa presenza de varias
maneiras: asústanse os animais sen motivo,
chegas á casa sen traer o que ías buscar,
séntense ruídos estranos nos faiados das
casas pola noite, ábrense as ventás de xeito
inexplicable,…
Actúa sobre todo na casa.
Son demos familiares, moi pequenos,
invisibles, maliciosos, aliados das bruxas,
causantes de meigallos e enfermidades. Son
os culpables dos ruídos inexplicables, dos
fenómenos estranos,…
Teñen a mesma orixe que os demos: son
anxos expulsados do Paraíso. Dicir que alguén ten os demachiños é o
mesmo que dicir que está enmeigado.
As bruxas devecen por teren a caixa dos
demachiños, aínda que só a teñen as bruxas
poderosas.
As bruxas aliméntanos con leite, carne de pita e sangue.
Meiga nocturna que entra nas casas para
zugar o sangue dos nenos e dos maiores. Os
nenos van mirrando e enfraquecen ata
morrer esmirriados, esbrancuxados, sen
cara onde se persignar.
Non se debe crer que a meiga chuchona
sexa distinta doutras meigas ou bruxas. De
feito, é o mesmo ser, que unhas veces fai
esta maldade, como fai outra.
É un home ou muller que se transforma
en lobo. Pode ser por maldición dos pais ou
doutra xente (Lobo da Xente), debido a ter
nacido nas noites de Nadal ou Venres Santo,
ou mesmo por un meigallo ou como froito
dunha envexa.
Cando anda de lobo non hai arma que o
poida ferir ou matar, adicándose a atacar,
matar e devorar nenos e maiores.
O Lobo da Xente ten unha pelica de
lobo, que cando a quita é persoa e cando a
pon é lobo.
Algúns teñen que estar sete anos de
lobos. Existe forma desfacer a maldición.
Ou Procesión das Ánimas en pena que
anda de noite polos camiños de Galicia. Os
defuntos de cada parroquia levántanse e
póñense a andar polos camiños.
Van en dúas ringleiras, descalzos e con
sudario branco. Levan luces, candeas e ósos
ardendo, ademais da cruz, auga bendita,
campaíña, peto das ánimas,…
O portador da cruz é un vivo, condenado
a portar con ela ata que consiga pasarlla a
outro vivo que atopen no camiño.
Entre a Compaña ten que haber un Coxo da Compaña.
É un home que agarda nas noites de
inverno aos nenos que saen do colexio e
volven á casa e se entreteñen polo camiño.
Cae a noite e o chupasangues espéraos
nunha esquina, nun lugar pouco iluminado.
Mátaos e chúpalle o sangue. Se cadra é o
home do saco.
O chupasangues é un coco para asustar a
nenos e nenas.
É ben clara a súa relación coa Meiga Chuchona.
Aquí aparecen algún dos moitos seres míticos galegos, coas explicacións que
deles nos dan no libro do que está sacada a información, da Ed. Xerais. Outros
serían:
O sacaúntos: pode ser un boticario ou un vello cun saco ó lombo para meter nel
os nenos malos coa intención de matalos e logo vender o unto, para facer
medicinas. É un coco para asustar ós nenos e que non se arreden.
O papón: é xigante, ten enorme boca, ollos de lume que revolve furioso,
bandullo de forno ardente.
Agoreiras: cando o crego que bautiza a unha nena se equivoca e en vez de poñer
o óleo dos vivos lle pon o óleo dos defuntos, déixaa marcada. En chegando a
vella poderá predecir e ver a morte roldando unha persoa, aínda que se atope
lonxe.
Meniñeiros: trasnos familiares que fan sorrir ós nenos moi pequenos e que os
demais non podemos ver. Por iso, non sabemos como son.
Poderíamos falar tamén do mal da paletilla, mal de ollo, do aire, da sombra,…
EQUIPO DINAMIZADOR DA LINGUA GALEGA – EQUIPO DA BIBLIOTECA CEP Pilar Maestú Sierra – A POBRA DO CARAMIÑAL