FRANCISCO DE GOYA Y LUCIENTES
2ª metade s. S.XVIII triunfo do Neoclasicismo en España como reación o Barroco e Rococó.
A Academia de belas artes de S Fernando en Madrid, será a encargada de difundir a estética oficial.
Comezos S. XIX o estilo predominante será o Romanticismo en oposición o Neoclasicismo oficial.
Romanticismo foi unha arte revolucionaria en cantacto coa sociedade, que serve de denuncia sobre a marxinación e miseria da sociedade.
Nace en 1746 en Fuendetodos, Zaragoza e morre en 1828 en Burdeos.
A súa vida abarca desde o Reinado de CARLOS III ata o de FERNANDO VII.
Sitúase entre dúas épocas históricas: o Antigo Réxime e o Réxime liberal.
Desde o despotismo ilustrado de Carlos III ata o Absolutismo de Fernando VII
Época de grandes cambios políticos, sociais, económicos.
A súa vida sitúase nunha época de inestabilidade social e política.
A Ilustración, A revolución Francesa, A guerra de Independencia contra os franceses e a restauración no trono de Fernando VII, marcan as etapas da súa intensa vida e Goya será testemuña destes camios que marcarán profundamente a súa vida persoal e artística.
Destacan tres períodos: 1771 – 1807:
PERIODO DE XUVENTUDE E MADUREZ. Goya foi nomeado pintor de cámara por Carlos III e Carlos IV. Etapa moi fructífera, na que a súa produción pictórica se centrou nos CARTÓNS PARA A REAL FÁBRICA DE TAPICES DE MADRID e nos RETRATOS encargados pola familia real e pola nobreza.
Pintura alegre, cunha paleta ampla e rica en contrastes. Temática condicionada polos seus clientes: a nobreza e
burguesía. Pinta tamén estampas bucólicas de xogos e escenas de
campo Destacan os CARTÓNS, MAJAS e RETRATOS
1808 – 1824: MADUREZ E CAMBIO DE GOYA Esta etapa iníciase coa chegada de Xosé I Bonaparte. Goya tiña ideais liberais e pensaba nun posible espertar de
España. A Realidade desenganouno e marcaou a súa obra a partir de
1808 Nesta etapa realiza: OS FUSILAMENTOS DA MONCLOA e
A CARDA DOS MAMELUCOS. Obras de contido histórico. A súa paleta comeza a oscurecerse, aínda que os tóns claros
centran a atención do espectador. O final desta etapa realiza as PINTURAS NEGRAS, froto da
perda de ilusión por ver unha España renovada.
1824 – 1828: PERIODO DE BURDEOS Goya abandona España cara o exilio voluntario en Burdeos. Volve ser o pintor de cores claras e vias dos seus primeiros
anos e recupera tamén os tretatros e unha temática banal e alegre.
Goya domina a cor, sabe empregar a pincelada de maneira maxistral
Predominio da cor sobre o debuxo. Goya é un colorista que utiliza unha rica paleta, que proporciona gran variedade de matices visuais.
O longo da súa vida evoluciona dende as cores terrosas do seu inicio, ás cores limpas e chas de luz da súa plenitude, para desembocar no negro nas súas últimas obras.
PINCELADA SOLTA E DESENFADADA. Evoluciona dende a técnica precisa dos primeiros anos ata unha pincelada ampla e esvaecida, preimpresionista.
Enfoque naturalista da realidade. Goya case nunca é neutral senón que opina sobre o retratado e mostra a súa antipatía ou simpatía polo personaxe.
Atento observador da natureza humana na que critica a ambición, crueldade, estupidez e paixóns.
Deforma en ocasións a realidade, compracéndose no monstruoso e no fantástico.
Precede o Romanticismo pola forma de expresar os sentimentos e por converter a masa popular en protagonista dalgunhas obras.
Precede o Impresionismo pola pincelada solta e polo tratamento da luz en obras como a Leiteira de Burdeos
Intúe o Surrealismo cano reflicte o mundo do inconsciente, dos soños.
Precede o Expresionismo ao sacrificar a forma e o detalle en beneficio dos trazos expresivos do sencial como nas Pinturas negras.
Goya conviviu con diversidade de estilos e correntes imperantes: ROCOCÓ, NEOCLASICISMO, ROMANTICISMO.
A súa principal característica foi a súa personalidade e inclasificable achega á historia da arte.
A súa linguaxe non se limitou só a unha tendencia ou estilo.
A súa tendencia reflicte unha clara influencia velazqueña sobre todo no tratamento da luz e a cor
Foi capaz de prescindir das pautas artísticas e estéticas da súa época
Goya creou un mundo visual persoal sen seguir nunca unha traxectoria liñal
Conseguiu adiantarse a todos os desenvolvementos posteriores da pintura.
A obra de Goya, á vez que sintese e culminación da obra pictórica dos grandes mestres barrocos.
Foi un adiantado os diversos movementos artísticos da pintura dos s. XIX e XX: ROMANTICISMO, REALISMO, IMPRESIONISMO, EXPRESIONISMO e SURREALISMO
O OLEIRO VALENCIANO A FAMILIA DE CARLOS IV AS MAJAS O 2 DE MAIO DE 1808 OS FUSILAMENTOS DA MONCLOA AQUELARRE
OBRA: o oleiro valencianoCRONOLOXÍA: 1779
TÉCNICA: óleo sobre lenzoESTILO:
tardobarroco/Rococó
Mostra un mercadillo rueiro onde un vendedor vende louza, e tres damas compradoras de diferentes idades.
Para algúns as damas sería unha escena de prostitución, cunha celestina típica das feiras e que Goya mostra nas MAJAS NO BALCÓN.
Detrás aparece un elegante coche de cabalos en cuxo interior o artista pintou a silueta difuminada dunha muller que é contemplada por un elegante cabaleiro sentado
Palafreneiros dirixen a carroza O fondo aparecen edificacións dunha cidade
Representa un momento puntual que detén na nosa retina. Mostra a vida cotiá.
Realiza un rectificado na roda traseira da carroza. Aparecen na mesma escena persoaxes de diversas
clases sociais como xente de elevada condición e xente humilde
Ademais coloca os humildes nun primeiro plano do cadro.
Corpo difuminado da dama no interior da carroza.
Edificos dunha cidade
Nobres admirando a muller da carroza
Mulleres comprando
Oleiro vendendo louza
LUZ: luz do atardecer serve para reforzar o realismo da imaxe. Colorido escepcional. As tres mulleres están iluminadas mentres que o vendedor aparece en penumbra.
DEBUXO E COR Predominan as cores puras, sen mestura, como
vermellos e azuis. O tratamento da cor é notable na harmonía dos
dourados. Destaca o traballo de bodegón que constitúe os
obxectos do vendedor A calidade da vaixela constras coa pincelada solta do
pintor PROFUNDIDADE
Escena transcurre nun lugar aberto no que a arquitectura do fondo e as liñas de fuga suxiren a terceira dimensión
Composición aberta
Contribue a dar
profundidade
Sensación de movemento grazas o palafreneiro e lacaios
ARREPENTIMENTO NA RODA TRASEIRA
Nas obras costumistas da súa primeira etapa Goya móstranos unha perfecta asimilación do estilo tardobarroco e o academicismo de inspiración clasicista.
Responde a estética ROCOCÓ, polos seus persoaxes amables e graciosos.
Composición coidada e armoniosa. Colorido alegre e vivo de gama cálida. A pincelada acabada e precisa en principio vai
gañando lixeireza co tempo
TÍTULO: a familia de Carlos IV
CRONOLOXÍA: 1800 – 1801
TÉCNICA: óleo sobre lenzo
ESTILO: neoclasicismo
É un retrato de grupo, a familia real en traxe de Corte con distintivos honoríficos, bandas e medallas.
Composición na que Goya mostra a súa gran sabedoría do espazo, a mestría e amenidade con que agripa, enlaza e solapa as distintas figuras segundo o seu rango.
As figuras forman a ambos os dous lados deixando no centro un espazo máis amplo onde aparecen os reis cos seus fillos menores.
Espazo recortado (evita unha perspectiva profunda), parece como se o grupo estivese preto do fondo
O eixo central é a Raiña María Luisa e dúas diagonais completan a composición.
Nos extremos aparecen os membros da familia real. O rango está marcado polas bandas, xoias e insignias
engadidas aos luxosos traxes. Carlos IV aparece adiantado xunto con Fernando VII.
Tras Fernando aparece o infante Carlos María Isidro (guerras Carlistas)
A moza co rostro volto representaría á futura esposa, aínda descoñecida, de Fernando e tras ela María Josefa, irmán do rei
No centro aparece o Infante Francisco de Paula. Tras o rei o seu irmán Antonio e a súa filla maior, e á dereita os Príncipes de Parma.
Na penumbra, Goya, observando o grupo á vez que pinta o lenzo. Autorretrato como Velázquez nas meninas.
Os grandes protagonistas son sen dúbida a riqueza dos efectos da luz e a cor.
Goya Raiña María Luisa
Carlos IV
Duques de Parma
Infante Francisco de PaulaFernando VII
Infante Carlos María Isidro
Infanta Mª Josefa
COR O conxunto de uniformes brillantes e de traxes claros
con variedade do colorido emerxe dun fondo en penumbra, no que destacan os brancos, dourados, vermellos e azuis
Pincelada lixeira, de manchas de cor. LUZ
Procede da esquerda, fai brillar as vestiduras e xoias que cobran protagoismo pictórico
CAPTACIÓN PSICOLÓXICA A captación do pintor mostra a verdadeira fisionomia
de todos os persoaxes Raiña María Luísa: dura, con xesto altivo Rei Carlos IV: apocado e bonachón María Josefa: esperpéntica Nenos con caras de inocentes
FUNCIÓN E SIGNIFICADO É un retrato real, un eco deliberado de As Meninas:
todo o clan familiar acudiu a visitar ao artista. Este cadro é dun realismo acorde coa tradición
retratísta española caracterizado polo rigor inflexible da fisonomía do retratado.
A comezos do S. XIX, Goya, que alcanzou a plenitude dos seus medios de expresión artística, realiza os cadros das MAJAS.
Inspirouse na Venus do Espello de Velazquez para realizar dous retratos feminimos de corpo enteiro
Obra destinada a aristocracia
TITULO: A maja espidaCRONOLOXÍA: 1800 –
1806TÉCNICA: óleo sobre
lenzoESTILO: neoclasicismo
Retrato dun espido feminino en posición xacente. Todo é refinamento e sensualidade, a maja destaca
sobre un canapé de veludo verde , cunha saba e almofada con encaixes brancos.
Espido realizado por que sí e ademais sensual e provocativo.
O espido é claro, sen disimulos e Goua lévao máis aló ao mostrarnos un xesto malicioso no rostro, como de exhibición.
O centro do cadro coincide coa súa pube con vello.
COMPOSICIÓN: A postura da maja é unha transformación do cadro de Tiziano chamado “A bacanal”
COR: Corpo nacarado de tons frios, cores sueves e nada esaxeradas que resalta e contrasta do leito verde e o fondo ocre
LUZ: compón o ton da pel e o volume corporal TRATAMENTO: o pintor define con precisión os
contornos da maja e a baña en luz. Destaca a palidez e pel nacarada
PINCELADA: é solta, lixeira, sen apenas debuxo, aplicada a manchas uniformes, de factura difícil e de superficie lisa e brillante
Ademaís do divan e a maja non existe nada no cadro. O fondo é neutro, en tons pardos
FIGURA FEMININA, en actitude provocativa que mira fixamente cara ao espectador.
Desde o seu leito, con avultados almohadóns. O diván está moi simplificado, non apreciamos o
veludo nin os encaixes co mesmo detalle que na maja espida.
COMPOSICIÓN: a figura destaca sobre un fondo neutro, presentando á modelo como en relevo.
Visión frontal de arriba a abaixo Ocupa a diagonal do cadro
COLORIDO: branco, amarelo, vermello, rosado. Hai unha gran variedade cromática que contribúe a dar personalidade á figura, a destacar as súas inusuais formas e que fai desta obra unha das máis perfectas tecnicamente.
LUZ: dá volume á modelo e atmosfera ao cadro. A pintura de Goya non se asenta sobre un sólido debuxo anterior
Os efectos da luz están coidados de forma delicada na banda vermella de cintura, nas enaguas brancas, na finísima pincelada solta, lixeira, minuciosa.
TITULO: A carga dos mamelucos
CRONOLOXÍA: 1814TÉNCICA: Óleo sobre
lenzoESTILO: precursor do
ROMANTICISMO
Cadro de HISTORIA: representa o levantamento o 2 de maio de 1808 dos madrileños contra os franceses na Porta do Sol.
Loita dos madrileños contra os mamelucos ( mercenarios exipcios que combaten a beira do exército frances)
COMPOSICIÓN: complexa. No fondo do cadro aparece arquitectura, pero tratada de tal xeito que non distrae a atención do acontecemento principal
Sensación de multitude para acentuar o dramatismo
PROFUNDIDADE: conséguese o resaltar as figuras sobre un fondo esvaecido.
MOVEMENTO: os cabalos e personaxes dotan o cadro dun gran dinamismo
TECNICA: liberdade de trazo con pinceladas soltas, amplas e esvaecidas. Aparecen as texturas a base de manchas de cor
COR: intensidade cromática e rico cromatismo. Cores cálidas e brillantes que acentúan o dramatismo
LUZ: vén da esquerda e do espectador. Luz melancólica que anuncia a morte
ESTILO: intensidade expresiva fai dela unha precursora do Romanticismo
TÍTULO: os fusilamentos da
MoncloaCRONOLOXÍA: 1814TÉCNICA: óleo sobre
lenzoESTILO: precursor do
ROMANTICISMO
CADRO DE HISTORIA: fusilamento de patriotas na montaña do Príncipe Pío na noite do 2 o 3 de maio de 1808
COMPOSICIÓN: composición equilibrada na que dous grupos contrapostos, o dos fusilamentos desordenado, expresivo, e o dos soldados en perfecta formación
Idea de violencia, a forza dramática que posúe o cadro PROFUNDIDADE: composición posúe unha
profundidade lograda con dúas liñas deagonais, a da montaña e a do pelotón de fusilamento
Escena cun intenso DRAMATISMO
ORGANIZACIÓN DO CONXUNTO: destacan dous grupos: O POBO DE MADRID: as vítimas forman tres grupos:
os mortos, os que van ser fusilados e os que están a espera. Plasma a reación individual ante a morte. Os mortos bañados en sangue, o frade axeonllado ,aperta as mans, outros miran arriba, outro tápase a cara. Un home no centro da composición coa camisa branca eleva os brazos recordando ó crucificado,que parece increpar aos seus executores. A columna de condenados prolóngase ata a cidade. Detrás aparece unha muller sentada un neno no brazo que parece simbolizar a María que contempla a morte do seu fillo
SOLDADOS: bloque compacto e ordenado no lado dereito, sumido na sombra , perfectamente alineados, pertrechados co uniforme, empuñando as súas armas coa baioneta calada. Os soldados son verdugos anónimos, son máquinas de matar que executan ordes.
Muller cun neno no brazo
LUZ: o cadro está iluminado por un farol colocado no chan e que incide direnctamente no grupo de patriotas e tamén unha luz lúgubre do amencer.
A figura dos brazos abertos centra a composición polo emprego de cores que expanden luz, o amarelo e o branco. A gama cromática restante é de tons grises, ocres e pardos, iluminados polo farol.
O fondo é negro para non distraer a atención do drama
Xogo de luces e sombras para acentuar o DRAMATISMO
PINCELADA: solta, lixeira, de factura de manchas de cor que presenta unha superficie non uniforme.
Execución é totalmente violenta, con grosas pinceladas, así como grandes manchas. Emprega unha factura máis solta e máis empaste no grupo das vítimas, para dar sensación de PATETISMO.
COR: o colorido é mais ben apagado, as cores dominantes son ocres, grises, negros e algún toque verde, son só contrastados polo vermello do sangue e o branco e amarelo da figura que levanta os brazos
ESTILO: cadro que rompe co neoclasismo. Móstranos a historia como unha carnicería. Horror. Non hai lugar para a beleza nin o academicismo.
Coloca os executados e aos seus verdugos. O protagonista é o pobo anónimo e colectivo. Concepto claramente ROMÁNTICO
TÍTULO: o AquelarreCRONOLOXÍA: 1819 – 1823
TÉCNICA: óleo sobre parede, posteriormente pasado a lenzo.
ESTILO: antecedente do ROMANTICISMO e EXPRESIONISMO
É unha das obras que conforman as chamadas PINTURAS NEGRAS con que Francisco Goya decorou os muros da súa casa, chamada A QUINTA DO XORDO.
Estas pinturas foron trasladadas da parede o lenzo en 1873 por Salvador Martínez Cubells
O Aquelarre estaba situado na planta baixa da casa, no comedor. Era o motivo central da sala, encheno oa parede entre dúas fiestras.
Co traslado o lenzo perdeu parte da obra polo lado dereito
TEMA: aquelarre ou reunión de bruxas que renden culto ao demo.
Unha multitude deforme e sombría adora ao mal, que, en forma de macho cabrio e con hábito de frade