A ÉPOCA DO ROMÁNICO
1. A CRISTIANDADE
Na Idade Media, o cristianismo era a relixión maioritaria en Europa. Por iso, era definida como Cristiandade.
A Igrexa interviña en case todos os aspectos da vida das persoas a través de distintos ritos: bautismo, matrimonio, xaxún, peregrinacións, etc.
A Igrexa tiña gran poder social e económico: Era propietaria de partes das terras a través dos mosteiros e bispados.
Cobraba rendas dos campesiños/as.
Percibía o décimo eclesiástico (décima parte da colleita dos campesiños).
Velaba que ninguén se desviara da norma establecida (por exemplo: herexía de cátaros e albixenses, exterminados pola Igrexa.)
Auto de Fe: castigo a un herexe
Zonas de implantación do catarismo
Castelo de Montsegur (Francia) último reducto cátaro en caer
Escea de represión do catarismo
Ás veces organizaba grandes exércitos dispostos a combater por motivos relixiosos, as cruzadas = intervencións militares cristianas (8 en total) organizadas dende finais do S.XI polo Papa e os reis para reconquistar Terra Santa (Palestina) aos musulmáns.
Texto: Urbano II no Concilio de Clermont
Os vosos irmáns que viven no Oriente requiren urxentemente a vosa axuda […].Xa que, como teredes oído, os turcos e os árabes atacáronvos e conquistaron vastos territorios da terra de Romania [o imperio bizantino] […]. Mataron e capturaron a moitos, e destruíron as igrexas e devastaron o imperio. […] O Señor desígnavos como heraldos de Cristo […] para asistir prontamentea aqueles cristiáns. […] Todos aqueles que morran polo camiño, xa sexa por mar ou por terra,ou en batalla contra os pagáns, serán absoltos de todos os seus pecados.
Urbano II no Concilio de Clermont (1095)
Urbano II chama a primeira cruzada no Concilio de Clermond (Francia)
Cabaleiros templarios e hospitalarios
Matanza de xudeus por soldados cristiáns na
primeira cruzada
Desembarco de tropas cristiáns en Terra Santa
Catedral de SantiagoConxunto románico de Pisa
(Italia)
Claustro de Santo Domingo de Silos (Burgos)
Portada do Xuízo Final, Sta Fe de Conques (Francia
Función: arte relixiosa, edificábanse sobre todo igrexas, catedrais (igrexas sés dun bispado) e mosteiros.
Igrexa catedral da Madeleine de Vezelay (Francia)
Mosteiro de Leyre (Navarra).
Sant Climent de Tahull (Lleida)
3. ARQUITECTURA ROMÁNICA
Características:
Material: pedra.
Elementos arquitectónicos: arcos de medio punto bóveda de canón, cúpulas, muros grosos e contrafortes.
Edificios de pequeno tamaño, con excepcións: igrexas de pregrinación (exemplo: Catedral de Santiago).
Pouca luz, polos muros grosos e as ventás (vans) mínimos.
Planta de cruz latina = tipo de planta en forma de cruz, con dous brazos que se cruzan, un máis longo (lonxitudinal) e outro transversal (transepto)
Arco de medio puntoBóveda de canón
Contraforte Cúpula
Na fachadaprincipalerguíanseunha ou dúastorres queservían decampanario
Contraforte
Bóveda de canón
O lugar en que se cruzan os brazoschámase cruceiro. Sobre o cruceiroatópase unha cúpula chamada ciborio.
O brazo longoda cruz estáformado porunha ou variasnaves querematan nunhaábsida.
Adoitaban ter de 3 a 5naves. A central eramáis alta ca as laterais
Nalgúns casos, tiñan máis dunpiso.
Ás veces, as naveslaterais prolongábansee formaban a xirola.Esta permitía rodearo altar maior eobservar as reliquiasque se conservabannel.
Interior e exterior da igrexa de San Martín de Frómista (Palencia)
Interior e exterior da igrexa de San Sernin de Toulouse (Francia)
Planta de cruz latina e os seus elementos principais
Catedral de Santiago
Función:
Función relixiosa: as obras plasmaban a imaxe espiritual, non a beleza (o importante é a mensaxe non a apariencia)
Función educativa: as escenas mostraban os principais episodios e temas da relixión cristiá, de forma fácil de comprender para unha poboación analfabeta. Así, as igrexas románicas eran biblias en imaxes.
4. ESCULTURA ROMÁNICA
Duda de Santo Tomás.
Claustro do convento de Santo Domingo de Silos (Burgos)
Estilo: As esculturas adáptanse á arquitectura: as figuras estíranse, retórcense para adaptalas ao espazo. Carecen de naturalismo: son esquemáticas. Policromía, pintábanse de cores fortes: hoxe perdidos.
Adáptase á arquitectura
As figuras humanas carecen de naturalismo
Os vestidos son ríxidos e tapana maior partedo corpo
As esculturas están pintadas con cores fortes
Tipos:
Pola súa situación:
a) Portadas das igrexas: escultura en columnas, arquivoltas, parteluz e tímpanos (parte máis importante) coas escenas principais como Xuízo Final ou Pantocrátor (cristo en maxestade dentro da mandorla).
b) Capiteis das columnas: temas variados (escenas da Biblia, escenas cotidianas, animais reais ou fantásticos
Polo seu material: de pedra ou de madeira. De madeira destacan 2 temas principais: Virxe co Neno (coma “Trono de Deus) e Cristo crucificado.
Portada de San Pedro de Moisaac (Francia)
Exemplo de portada románicaPórtico da Gloria (Catedral de Santiago
CAPITEIS ROMÁNICOS
ESCULTURA EN MADEIRA: Virxe co Neno e Cristo Crucificado
5. PINTURA ROMÁNICA
Función:
Arte relixiosa: as obras plasmaban a vida espiritual, non a beleza. Función educativa: as escenas mostraban os principais episodios e temas da relixión cristiá.
Estilo:
♠ Carencia de naturalismo; esquematismo e rixidez.♠ Xerarquización dos personaxes polo seu tamaño.♠ Temas relixiosos.♠ Cores intensas. As figuras perfílanse cunha liña negra grosa.♠ Non aparecen paisaxes de fondo. O importante era a mensaxe.
Non hai paisaxesde fondo
Grosa liña negra perfilando
Forma esquemática e posturas ríxidas
Cores intensas
Certos personaxesa tamaño moito maior ca o resto
Tipos:
A) Pintura mural:
- nos muros e teitos (bóvedas e cúpulas) das igrexas.
- as principais na ábsida central, onde está o altar.
- técnica do fresco (def. páx 46).
B) Pintura sobre táboa:
- frontais dos altares e retablos (estrutura de madeira para decorar un altar).
- técnica do temple (def. páx 46).
C) Miniaturas:
- ilustración de libros (biblias, códices...), con esceas que acompañaban ao texto e letras capitais (letras que inician unha páxina)
Améndoa místicaou mandorla
Libro en que se pode lerEgo sum lux mundi(Eu son a luz do mundo)
Pantocrátor ou representaciónde Cristo en MaxestadeMan en actitude de bendicir
As imaxes dos catro evanxelistasrodean a Cristo
Ábsida central de Sant Climent de Tahull (Lleida)
Anxo que anunciao nacemento de Cristo. Vexetación.
Gando.
Montañas.Pastores.
Anunciación aos pastores. San Isidoro de León