X A N E L A
1
editorial
X a estamos
aquí de novo, con
ganas de sacar
adiante esta peque-
na e nova XANE-
LA — a quinta,
por certo — para
que poidades ato-
par un recuncho
enteiramente en
galego, chea de
ideas e novas para
entreter e engaio-
lar. Se pasades as
follas atoparedes
multitude de temas interesantes de actualidade:
culturais, literarios, creativos, festivos... que en-
chen o noso día a día.
Nesta revista manifestamos o noso com-
promiso coa lingua, porque é importante, é o noso
sinal de identidade o que nos diferencia dos de-
mais. É un legado que os nosos antergos nos dei-
xaron, o máis importante, e temos que enriquecelo
e darlle forma; non deixar que caia no esquece-
mento. Nós dende aquí aportamos o noso gran de
area coa edición desta revista, elaborada por alum-
nos/as e profesores/as do noso instituto. Queremos
con este traballo, queridos lectores, espertar en
vós o interese pola cultura e a inquietude por utili-
zar sen medo nin vergoña a nosa lingua e proxec-
tala máis aló das nosas fronteiras.
Abre esta nova XANELA e axexa os
segredos das distintas seccións con que te obse-
quia. A carón das xa coñecidas páxinas, como:
Letras Galegas, este ano adicadas ao poeta Xosé
María Álvarez Blázquez; a Entrevista, concedida
polo presidente da Fundación Castelao, Avelino
Pousa Antelo; Cadro de honra, que recolle os
premiados nos distintos concursos convocados no
IES; As nosas letras, onde compañeiros/as nosos
nos obsequian con interesantes creacións litera-
rias; O espello das verbas, onde recoñecidos escri-
tores nos achegan uns orixinais traballos; Recun-
cho científico, onde o Departamento de Ciencias
da Natureza fai unha brillante aportación sobre os
“Impactos ambientais”; en Xentes do Barbanza,
contamos coa arte e coa amabilidade de Soledad
Peralta.... Aparecen novos apartados como: O
Entroido, O concello de Boiro, Boirenses na lem-
branza...
. NAO
Vel ahí ven pola ribeira
a barca dos namorados.
Ai, amor!,
como camiña lixeira.
Nin trae remos nin trae velas,
a barca dos namorados,
ai, amor!,
que a gobernan as estrelas.
Abule, que vel ahí ven
a barca dos namorados,
ai, amor!
para nos levar tamén.
X.Mª Álvarez Blázquez
X A N E L A
2
Consello de Redacción Beatriz Quintela, Manuel Román, Carme Rodríguez, Cristina Taboada, Nuria Tubío, Antía Pimentel, Anabel Fi-
gueira, Samuel Cristobo, Lorena Resúa, Manuel Franco, Fátima Núñez, Gonzalo Piñeiro, Ana C. Vidal, Alberto
Torrado, Rebeca Esperante e Ariadna Resúa.
Maquetación Manuel Román Ramos
Colaboradores Carlos Penela, Helena de Carlos, Agustín Agra, Alberto Piñeiro, X.Ricardo Losada, Fátima Núñez, Esther Perrino,
Noelia Lojo, Ramón Laíño, Sara Piñeiro G., Sabela López, Nuria Tubío, Sara Suárez, Daniel Torrado, Alejandro
Nieto, Laura Davila, Isabel Blanco, Melanie García, Robert Cárdenas, Antía Pimentel, Carlos García, Sara Piñeiro
S., Iago Blanco, Ariadna Resúa, David Fajardo, Eloy Muñiz, Daniel Ríos, Alba Carreño, Departamento de Galego,
Departamento de Ciencias Naturais, Departamento de Plástica e Visual e Departamento de Ciencias Sociais.
EDITA: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES A Cachada. - Boiro
● Editorial ...................................................... 1
● Xosé Mª Álvarez Blázquez ........................ 3
● Entrevista a Avelino Pousa Antelo ............ 6
● Cadro de honra .......................................... 11
● As nosas letras ........................................... 16
● Excursión de 4º ESO .................................. 32
● O entroido ................................................... 33
● Monicreques ............................................... 36
● Xentes do Barbanza ................................... 37
● A biblioteca ................................................. 38
● O espello das verbas.................................. 41
● Sabías que ................................................ 46
● Recuncho científico .................................... 47
● Opinión ....................................................... 52
● Ramón Fernández Mato ............................ 54
● Estudo sociolingüístico ............................... 56
● O nacemento dun concello: Boiro .............. 58
● Novas ......................................................... 60
● Foto Flash ................................................. 63
● Galería de libros e cine .............................. 64
● As nosas fotos ………………………………66
● Enredos ...................................................... 68
X A N E L A
3
Xosé María Álvarez Blázquez
VIDA
Naceu en Tui o 5 de febreiro de 1915 fillo
do médico Darío Álvarez Limeses e María
Blázquez Ballester.
A súa nenez transcorre entre Tui, Ponteve-
dra (onde viven os avós paternos e o padriño) e
Baión no concello de Vilanova de Arousa, onde os
pais mercaran un terreo e construíran unha casa
para pasar as vacacións.
Cursa o bacharelato en Pontevedra, onde
tamén fai a carreira de Maxisterio. Durante os anos
que pasa na capital do Lérez reside na casa do seu
tío e padriño Xerardo Álvarez Limeses, sogro de
Alexandre Bóveda.
No 1933 ingresa nas Mocedades do Partido
Galeguista.
A sublevación militar de 1936 e posterior
Guerra Civil foi nefasta para a súa familia: seu pai
é fusilado igual có home de súa curmá, Alexandre
Bóveda. Pola súa parte Xosé María é sancionado
coa suspensión de emprego e soldo, expulsado da
súa escola de Coia (Vigo) e desterrado a Coreses
(Zamora).
Despois da Guerra trasládase a vivir a Vigo,
alí casa con María Luísa Cáccamo Freiben e en
1948 funda a librería anticuaria Monterrey e é no-
meado Comisario de Escavacións Arqueolóxicas
de Vigo. Dous anos despois funda a editorial Mon-
terrey.
En 1962 é elixido membro numerario da
Real Academia Galega na que ingresará en 1964
cun discurso sobre Cantares e romances vellos
prosificados. Neste ano funda tamén con seus
irmáns Edicións Castrelos.
A principios de 1966 trasládase a Oviedo
como axente de vendas de Pescanova, pero ao des-
cubrirse a mortal doenza da súa filla Colorín regre-
sa a Vigo. É daquela cando crea as coleccións O
Moucho e Pombal.
En 1968 empeza a traballar como profesor
da Escola Naútica-Pesqueira
En 1976 é nomeado Cronista Oficial da Cidade de
Vigo.
Diversos honores esmaltan os que xa eran
os derradeiros anos da súa vida, entre eles o Pedrón
de Ouro no ano 1981.
O 2 de marzo de 1985 morre en Vigo a cau-
sa dunha afección cardíaca que padecía desde hab-
ía anos.
É o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola histo-
ria, a arqueoloxía e a literatura, tamén hai que subliñar o seu importante
labor como editor.
X A N E L A
4
OBRA
X osé María
Álvarez Blázquez publi-
cou en vida tres libros de
versos: Poemas de ti e de
min (1949), a medias co
seu irmán Emilio pero
con autorías ben diferen-
ciadas; Roseira do teu
mencer (1950), e Canle
segredo (impreso en
1976, pero escrito entre
1951 e 1953). Deixou
tamén un bo número de poemas soltos, coma o
fermoso Romance do pescador peleriño (1954). É
célebre o engano – rapidamente desfeito por el
mesmo – que causou a publicación, no día dos
Santos Inocentes de 1953, o Cancioneiro de Mon-
fero, con cantigas tan semellantes ás medievais,
que mesmo especialistas na materia as creron
auténticas.
En Poemas de ti e de min paga un belo tri-
buto ao popularismo, ao imaxinismo e ao neotroba-
dorismo, moito na liña de Amado Carballo, Bouza
Brey e incluso Cunqueiro. Roseira do teu mencer,
dedicado a súa filla Colorín, constitúese como un
libro profundamente conmovedor, pois ninguén
tiña cantado tan altamente na nosa lingua a emo-
ción gozosa da paternidade. Canle segredo é un
libro grave, sabio e fondo do que Ferrín dixo que
se se publicara
no tempo en
que foi escrito
tería sido o
sinal dun cam-
bio de rumbo
da poesía gale-
ga.
A obra
narrativa en
galego do autor
é de menor
impor tanc ia ,
non por calida-
de, senón pola
súa brevidade.
Os cinco rela-
tos d’Os ruíns,
xunto cos cinco
d’A pega rabi-
longa , son
practicamentae
a súa totalida-
de.
Pero a
importancia da
súa obra non se
reduce ao que
escribiu senón
tamén ao que
divulgou e ao
que descubriu. Como divulgador hai que destacar a
publicación, en 1952, do I tomo da Escolma de
Poesía Galega, unha selección esteticamente acer-
tadísima, cunhas notas biográficas e uns comenta-
rios críticos dunha perspicacia abraiante. A faceta
de descubridor de textos simbolízase moi ben no
tomo II da mesma Escolma de Poesía Galega,
publicado en 1959, que recolle a poesía do XIV ao
XIX, en gran parte – especialmente a dos chama-
dos Séculos Escuros – descuberta polo propio Xosé
María no seu continúo labor de esculca de bibliote-
cas e arquivos.
Temos que descatar tamén o seu labor como
editor. En 1950 fundou, con Luís Viñas Cortegoso,
a Editorial Monterrey, que conta co mérito históri-
co de amparar o nacemento da chamada Nova Na-
rrativa Galega. Pero aínda máis importante foi a
segunda xeira iniciada en 1967, con Edicións Cas-
trelos. As coleccións O Moucho e Pombal tiveron
a virtude de conquistar a rúa, de popularizar a lite-
ratura galega. Nestas
coleccións ademais de
publicar literatura popu-
lar, tamén se populari-
zan obras como a de
Rosalía, Curros, Pondal
sen esquecer aos con-
temporáneos: Celso
Emilio Ferreiro, Xosé
Neira Vilas, Méndez
Ferrín, Xohana Torres
entre outros.
X A N E L A
5
- Ai, madre, o por quen eu choro
leixoume namorada, e foise en Toro
dizen acá na terra
que por entrar en guerra.
- Ai, madre, o que me tiña namorada
leixoume triste, e foi na calbalgada,
dizen acá na terra
que por entrar en guerra.
- Pois, filla, non te pes que te leixara
ca, se te muyto amar, cedo tornara.
dizen acá na terra
que por entrar en guerra.
- Pois, filla, non te pes que te leixase
ca, se te muyto amar, cedo tornase.
dizen acá na terra
que por entrar en guerra.
¡Ai, madre, non sabey viver un día
sen meu amigo, que mui ben quería!
Cancioneiro de Monfero
O MERLO POETA
Da gorxa algareira
de merlo lanzal
fuxían as horas
collidas das mans.
Coas súas muiñeiras
i os seus alalás
a tódalas merlas
iña namorar.
Na ponla máis outa
do meu salgueiral
morreu o poeta:
no papo, nin gran!
Poemas de ti e de min
ERA UN AIRIÑO SOAVE
Era un airiño soave
que se ergueu pola mañán
e viña de non se sabe.
Era un recendo de rosas
da roseira de ningures,
que se meteu pola porta.
Era unha cantiga leda
que nacía non sei onde
e petaba na fiestra.
Era unha gracia sotil
que baixaba das estrelas…
¡Eras ti!
Roseira do teu mencer
A COMETA Botar unha cometa era guindar os soños todos pola fiestra.
Era poñer a ialma por enriba das ponlas máis ergueitas da fraga.
Era andar cos miñatos nun outo vóo suspenso sobor da paz dos campos.
Era ter-¡cousa meiga!- o corazón atado cun longo fío á terra.
Canle segredo
X A N E L A
6
N oventa e catro anos contemplan
a traxectoria vital de D. Avelino
Pousa Antelo. Un 14 de maio de 1914 viu a
luz primeira na parroquia de San Xoán de
Barcala no concello da Baña.
Galeguista, mestre e agrarista.
Sendo un rapaz de dezasete anos, tras
asistir a un mitin de Castelao abrazou os
ideais galeguistas que xa non abandonará en
toda a súa vida. Nesa época ingresa nas Mo-
cidades Galeguistas, colabora co Seminario de Estudos Galegos, frecuenta a imprenta Nós de Ánxel
Casal e participa activamente na campaña do Estatuto de Autonomía de 1936. Despois da ditadura fran-
quista participou na política galega a través do Partido Galego Social Demócrata e do novo Partido Ga-
leguista que el mesmo promoveu, do que foi secretario xeral a partir da súa constitución (1978) e presi-
dente entre 1979 e 1983.
Hoxe ademais de ser presidente da Fundación Castelao e vicepresidente da Fundación Fernández
Flórez e vogal das Fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda.
Como mestre destaca o seu labor docente, durante dez anos, na Escola-Granxa de Barreiros de
Ortoá (Sarria). Esta escola pretendía ensaiar un novo estilo de ensino baseado na realidade do contorno,
rompendo cos vellos moldes da escola tradicional. Ademais de contar no seu programa con contidos
teóricos e prácticos dos cultivos e gandería da comarca tiñan un grupo de baile e de música galega amais
de escribir obras de teatro no idioma do país.
Como agrarista obtivo unha sólida formación na Misión Biolóxica de Galicia, logo traballou co-
mo Técnico Agrícola do Laboratorio de Cabido Insular en Tenerife e dirixiu a empresa AIVESA en
Zaragoza. En 1963 obtén o Premio Xornalístico Manuel Mourente de temas agrarios. Ademais de publi-
car en xornais e revistas centos de artigos sobre a problemática agraria, sacou á luz libros entre os que
destacan Temas de Agricultura (1951), Cooperativa de explotación comunitaria para unha parroquia
rural (1968),¿Valen ou non as cooperativas para o campo galego? (1971), Galicia, tarefa urxente
(1992) …
XANELA tivo a honra de que este home, cunha vida de absoluta fidelidade ao pobo galego e de
exemplar entrega a Galicia, lle concedese esta entrevista. E con ela, despois de pasar polas nosas páxi-
nas Francisco Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo, pechar este ciclo de conversas con galeguistas
históricos ou como lle gusta chamar a don Avelino, galeguistas da fidelidade.
E N T R E V I S T A
Investido Doctor Honoris Causa pola Universidade da Coruña
X A N E L A
7
PREGUNTA : Cóntenos un pouco da súa in-
fancia, daqueles feitos que quedaron mellor
gravados na súa memoria. RESPOSTA : Eu nacín un 14 de maio de 1914
en San Xoán de Barcala, unha parroquia do conce-
llo da Baña. Meu pai era un paneiro de Piñor
(Ourense) que nas primaveras viña cunhas mulas
vender, desde cerca da Coruña, baixando pola
costa, ata as Rías Baixas. Na Barcala coñeceu a
miña nai e casaron. A casa de meus avós maternos
estaba a trescentos metros de onde eu nacín, polo
que andaba entre a miña casa e a de meus avós.
Fun bastante traste. Teño recordos moi gratos da
miña infancia.
Como tiña un irmán no Seminario de Santiago, alí
ingresei eu aos once ou doce anos. Os estudos
fóronme ben, pero cando me fun facendo homiño
deime conta de que non tiña vocación. Aprovei-
tando a chegada da República convencín a meu
pai de que no Seminario igual corría perigo e el
sacoume de alí, que era o que eu quería.
Logo ingresei no Maxisterio porque coido que tiña
vocación polo traballo cos nenos e polo ensino en
xeral. Botei os tres cursos por libre, desde Barcala.
Só asistín en Negreira a unha clase de francés que
me daba un telegrafista. Despois tiven que superar
un cuarto ano por oficial, curso 1934-35, e vin
para Santiago.
P : ¿Cando afloraron en vostede as ideas gale-
guistas? R : Trala morte do bispo Lago González, repre-
sentouse unha obra de teatro no Seminario á cal
asistiu o novo bispo. Un compañeiro meu, Xosé
Mª Cabada González, dedicoulle un poema en
galego ao novo bispo. Este feito xa me impresio-
nou. Pouco despois, o 10 de maio de 1931, asistín
a un mitin no Teatro Principal de Santiago. Alí
falaron Álvaro de las Casas, Antón Villar Ponte,
Carballo Calero, Paz Andrade e pechou o acto
Castelao. Impresionoume tanto Castelao ao expo-
ñer o ideario galeguista que saín de alí tan entu-
siasmado que me dixen: “atopei o camiño da miña
vida.” A partir de entón eu fun galeguista para
sempre. Púxenme en contacto cos rapaces das
Mocidades Galeguistas e a elas me afiliei. Daque-
la faciamos case de recadeiros ao servizo de Parti-
do Galeguista. En marzo de 1934 resultei elixido
Secretario Xeral das Mocidades do Val de Barca-
la.
P : ¿Que impresións nos pode contar dos tem-
pos da II República? R : A República foi unha época moi ilusionante,
sobre todo para a xuventude, que vía un mundo
novo que rompía cun pasado lamentable.
P : ¿Que institucións e que personaxes desa
época espertaron en vostede maior curiosida-
de?
R : Unha das primeiras persoas que coñecín den-
tro do mundo do galeguismo foi a Ánxel Casal,
alcalde mártir de Compostela. Coñecino porque eu
levaba á Imprenta Nós material para a publicación
de La Voz de Barcala que se impremía alí.
A outros homes que eu admiraba do SEG e de
Nós coñecinos a través das tertulias que os gale-
guistas tiñan no Bar Derby. Os máis rapaces, se
había sitio poñiámonos con eles, senón, nunhas
mesiñas a carón. Escoitabamos a aqueles homes
case coma se foran seres sagrados, intuiamos que
tiñamos diante de nós á xeración máis importante
que tivera Galicia, seguramente, ao longo de toda
a súa historia.
Nas Mocidades Galeguistas coñecín ademais a
Isla Couto e aos irmáns Fernández del Riego,
Francisco e Domingo. Paco del Riego non precisa
máis presentación; é ben coñecido o seu labor
fundamental en moitas iniciativas galeguistas.
Domingo foi un dos creadores nos anos setenta do
Partido Galego Social Demócrata, ao que eu me
afiliei.
“ Sempre admirei en Avelino o seu empeño en defender o nome de Castelao, xunto coas
razóns éticas e a traxectoria do PG durante a II República. Sempre admirei nel unha entrega
sentida á causa do Galeguismo, sen desalento. Sempre admirei nel o agarimo dun mestre pola
xente nova e a teima de non se apartar dunha ética nacionalista, que seica desde mozo o
marcou de por vida”
Amancio Liñares Giraut
X A N E L A
8
O SEG como entidade foi algo realmente frutífero
para a cultura galega. Nel achábanse integrados en
distintas seccións os intelectuais, profesores e
estudantes máis sobresalientes da Universidade
galega.
Alexandre Bóveda fixo un labor político impresio-
nante.
Pero de todos o que máis me impresionou foi Cas-
telao. Fole, ao que eu tratei moito en Lugo, dicía
del que tiña unha voz dóce e tépeda, e eu engadir-
íalle unha voz humanísima, que chegaba á xente
dunha forma especial. A min gañoume de por
vida. Din que Castelao foi o corazón e Bóveda o
motor do Partido Galeguista.
P : ¿Desde cando a súa paixón polos temas
agrarios?
R : A casa de meus avós era de labregos, e eu sen
ter vocación de labrego teño vocación agraria. Xa
de mozo me vin convivindo cos homes da Federa-
ción Agraria de Negreira. Ademais entendía o
meu compromiso co país pasando pola atención a
unha das súas realidades: o medio rural e a agri-
cultura. No Partido Galeguista, o ideario agrarista
era cuestión fundamental.
O meu labor de maior dedicación ao agro como
técnico viría na postguerra, cando mesmo estiven
en situación de excedencia no maxisterio para
dedicarme profesionalmente a diversas empresas
agrícolas.
P : Do paisano galego sempre se dixo que era
individualista e que por iso non funcionaban
aquí as cooperativas. ¿Qué opina vostede?
R : Espírito cooperativo sempre houbo, porque
naqueles traballos que era necesaria a cooperación
participaba toda a aldea: segas, mallas, sachas do
millo… Cando un veciño tiña que facer unha casa
todos ofrecían o seu carro, se o tiñan, para trans-
portar a cantería ou calquera outro tipo de mate-
rial. Pero o noso paisano tivo que defenderse co-
ma un gato panza arriba. As propiedades eran
minúsculas, mal repartidas, por non haber unha
lexislación adaptada á nosa realidade. O noso pai-
sano foi o que lle impuxo a vida.
Cando houbo que cambiar dunha economía de
autoconsumo a unha de mercado, en moi pouco
tempo cambiouse; todo se modernizou, pese a que
as axudas foron poucas e chegaron tarde. Por que
¿cando chegaron as concentración parcelarias que
xa as tiña o Partido Galeguista no seu programa
antes da guerra?
Había que facer coma Dinamarca que a principios
do século XX era un dos países máis pobres de
Europa, e hoxe en día é o país que ten a renda
agraria máis alta do continente. Empezaron con
cooperativas pequenas, despois de segundo grao,
logo fábricas de queixo, manteigas, cárnicas. Fixé-
ronse co mercado inglés que o tiveron nas súas
mans durante décadas. Eu estiven alí dúas ou tres
veces, e neste sentido, véxoo como un país modé-
lico.
P : ¿Que foi a Escola Agrícola da Granxa de
Barreiros? R : Cando poñía escola en Santa Comba, preto
“ Teño unha teima e un deber para comigo e para coa miña Terra e coido que non debo calar,
aínda que só sexa para quedar ben coa miña conciencia. E quizais tamén para dar un exemplo
á nosa mocidade e tentar vencellala á tarefa que como galegos, a todos nos afecta: a de loitar
sen acougo pola mellora material e moral da nosa Terra e da nosa xente”.
Avelino Pousa Antelo
Pousa Antelo nun momento desta entrevista
X A N E L A
9
de Nadela coñecín don Antonio Fernández López,
enxeñeiro de camiños e presidente de Celtia. Da-
quela el quería facer unha escola axeitada ao me-
dio rural na súa aldea natal de Barreiros, parroquia
de Santa María de Ortoá, no concello de Sarria. O
proxecto fixérallo Gómez Román. Ofreceume a
dirección da escola e eu díxenlle que para dirixir
a escola que eu soñaba non tiña a preparación
adecuada. Entón don Antonio envioume á Misión
Biolóxica de Galicia e alí a carón de figuras como
Cruz Gallástegui, Miguel Odriozola e Xosé Luís
Blanco González coñecín adiantos que coa inves-
tigación xenética se estaban a producir no cultivo
do millo e da pataca.
Inaugurouse a Escola en febreiro de 1948. O pro-
grama tiña como base o contorno, os cultivos e a
gandería da comarca. Aula, campo de xogos,
xardín e horta en sesións de mañá, tarde e noite e
durante as mañás dos sábados organizábanse char-
las para todos os públicos no recinto escolar. Foi
para min unha experiencia inolvidable, na que
desfrutei cerca de dez anos da miña vida. Coido
que significou o único ensaio serio feito na nosa
Terra a prol dun ensino distinto e alternativo ao
oficial, nos anos corenta. Nesa
posibilidade puxen todo o meu
entusiasmo, queimei moitos es-
forzos e serviume, mesmo mo-
ralmente, para recuperar as cla-
ves ideolóxicas galeguistas.
Aquela etapa foi a máis feliz, a
máis fecunda e tamén a de máis
traballo da miña vida.
P : Desde hai uns cantos anos
vostede é o presidente da Fun-
dación Castelao. ¿Que é a Fun-
dación Castelao?
R : Naceu a Fundación Castelao
ás portas do ano 1986 e creouse
para evitar que certos partidos
políticos pseudogaleguistas se
fixeran donos da iniciativa. Nace
pola vontade dun grupo de xente dirixidos polo
boirense don Ramón Martínez López que foi quen
xuntou oitenta e unha persoas para inciar o
proxecto. Eu redactei os estatutos, fixen as
xestións para que se aprobasen e para que fose
declarada de interese galego. Don Ramón pensou
que iamos ter importantes subvencións, pero non
foi así. Con todo, no ano do centenario, 1986,
logramos que o responsable da Consellería de
Cultura nos dese unha subvención de ata dez
millóns de pesetas. Grazas á axuda da Universida-
de de Santiago e da Consellería de Cultura fíxose
o Congreso CASTELAO, que se desenvolveu
entre os días 24 e 29 de novembro de 1986 na
Falcultade de Xeografía e Historia de Santiago. A
acollida, sobre todo por parte da comunidade uni-
versitaria e da mocidade en conxunto, foi sorpren-
dentemente exitosa. Chegamos a superar as cinco-
centas inscricións de asistencia. Nos actos organi-
zados houbo relatores que viñeron de México,
Norteámerica, Arxentina, Uruguai, … Eu mesmo
presentei unha moción sobre “Erros sobre Caste-
lao” para que a xente non seguira copiando datos
errados da vida e da figura de Castelao.
“Temos un pobo alleado, manexado, domesticado por vellas estruturas caciquís. Un pobo que,
tendo unha acusada personalidade histórica e cultural , ten nembargantes unha feble e
insuficiente conciencia da súa identidade”.
Avelino Pousa Antelo
O reitor, Darío Villanueva, imponlle a insignia de ouro da Universidade de San-tiago a Pousa Antelo.
X A N E L A
10
Eu fun o secretario xeral da Fundación mentres
que viviu Ramón Martínez López, cando este en-
fermou, crearon unha vicepresidencia da que me
fixen cargo, e a morte de don Ramón elixíronme a
min presidente. Agora xa estou desexando que
alguén máis novo me substitúa.
O principal obxectivo da Fundación Castelao é dar
a coñecer a súa figura e a súa obra. Porque Caste-
lao pasou de ser enormemente popular durante a II
República a ser un perfecto descoñecido durante
toda a etapa franquista e incluso ata 1986. A partir
desta data o redescubrimento de Castelao polas
novas xeracións é para min un motivo dunha enor-
me satisfación, culminando así unha obra que so-
ñabamos facer.
P : ¿Que opina sobre a pólemica que houbo
sobre a Normativa Oficial do galego?
R : Precisamos dunhas regras para guiarnos na
escrita, dunha Normativa, e se hai uns organismos
científicos, con especialistas que presentan unha
certa garantía como a Real Academia Galega e o
Instituto da Lingua Galega, debemos seguir as
súas pautas. Eu seguinas, e como membro do
Pedrón de Ouro teño desbotado algúns traballos
por non respectar a normativa. Ultimamente esta
normativa empezou a ceder poderes fronte a deter-
minados grupiños e a xente vendo a lixeireza con
que se toma a cousa remata tomando a broma algo
que había que tomar moi en serio.
A Normativa Oficial debe respectar o falar do
pobo, aínda contrastando vocabularios, escollendo
solucións maioriatarias e desbotando variantes
pouco empregadas, eliminando castelanismos
superfluos…
P : Para rematar ¿Cre vostede que Galicia, un
pobo con personalidade histórica e cultural
propia ten conciencia da súa identidade?
R : Houbo unha minoría que sempre tivo esa con-
ciencia, pero a inmensa maioría non tiñan forma-
ción nin información. ¿Quen lle falaba á xente da
historia de Galicia ou doutros temas relacionados
co país? Ninguén, de sempre, pero co franquismo
xa foi terrible.
Avelino Pousa Antelo
Recanto matricial, familia, Terra,
Nora Díaz Losada, compañeira,
nenos, Barreiros… ¡canta verdadeira
esencia da túa esencia aquí se encerra!
Soños de Castelao, que non desterra
nada e ninguén da túa alma enteira,
que sabe ser alegre, agasalleira,
e declarar a todo mal a guerra.
Fuches, es e serás un outo guía
pra os que coitamos na pedagoxía
en roita, cantas veces, desnortada.
Unha escola da vida e para a vida
ensinou a túa alma esclarecida,
de Galicia por sempre namorada.
Xoán Xosé Fernández Abella
X A N E L A
11
CCADROADRO DEDE HONRAHONRA
O xurado do concurso de Relato Curto Letras Galegas 2008,
convocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:
1º Ciclo 1º Premio : “Rualdes”
de Ester Perrino Martínez.
2º Premio : “O señor sacamoas e o monstro dos dez mil
dentes”
de Saray Places Pérez.
3º Premio : “O ouro do mouro”
de Alejandro Nieto González.
2º Ciclo 1º Premio : “Dous tipos de vida”
de Noelia Lojo Yáñez.
2º Premio : “Unha guerra incerta ”
de Ramón Laíño Franco.
Ex-aequo “Son eu?”
de Tania Mato Romero.
3º Premio : “Xoán e o pozo Bastón”
de Gonzalo Piñeiro Pérez.
X A N E L A
12
O xurado do concurso de Cartel e lema Letras Galegas 2008,
convocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:
1º Ciclo 1º Premio : Deserto
2º Premio : ”Defende o galego”
de Sara Piñeiro González.
3º Premio : ”Mantén o galego fresco”
de Sabela López García.
2º Ciclo 1º Premio : “O galego está invadindo Galicia”
de Nuria Tubío Santamaría.
2º Premio : ”A lingua é a mellor herdanza”
de Sara Suárez Dieste.
3º Premio : ”Nós somos a forza do galego”
de Daniel Torrado Mayán.
X A N E L A
13
O xurado do concurso de Poesía Letras Galegas 2008, convo-
cado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:
1º Ciclo 1º Premio : “As vidas que puiden ser”
de Alejandro Nieto González.
2º Premio : “Conservemos a natureza”
de Laura Davila Pena.
3º Premio : Deserto
2º Ciclo 1º Premio : Deserto
2º Premio : “A negra cor”
de Isabel Blanco González.
3º Premio : “A vida é unha merda”
de Melanie García Richter.
X A N E L A
14
O xurado do concurso de Artigos de Opinión Letras Galegas
2008, convocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte
xeito :
1º Ciclo 1º Premio : Deserto
2º Premio : Un soldado sen rostro”
de Robert A. Cárdenas Schwenke.
3º Premio : Deserto
2º Ciclo 1º Premio : “Só un comentario”
de Ramón Laíño Franco.
2º Premio : “As tallas”
de Fátima Núñez Pérez.
3º Premio : “Peatonalización das rúas de Boiro”
de Antía Pimentel Iglesias.
.
X A N E L A
15
O xurado do concurso de Fotografía Letras Galegas 2008,
convocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:
1º Ciclo 1º Premio : “O baile das gamelas”
de Carlos García González .
2º Premio : Deserto
3º Premio : “Mirando os choqueiros”
de Sara Piñeiro Silva.
2º Ciclo 1º Premio : Deserto
2º Premio : Deserto
3º Premio : “Unha rata de biblioteca”
de Iago Blanco Vilasó.
X A N E L A
16
DOUS TIPOS DE VIDA
Noelia Lojo Yáñez
A MODO DE PRÓLOGO
Con este relato quero deixar constancia de
que hai moitas ideoloxías inseridas nas mentes das
persoas esperando ser escoitadas, e o mellor é que
todas son diferentes e baséanse en culturas, opi-
nións, pensamentos e formas de vida distintas.
Aquí está a mestizaxe cultural.
Eu creo que todos deberiamos respectar o
que somos e o que pensamos, e non intentar impo-
ñerlles aos demais as nosas opinións. Cada un ten
a súa propia e iso é o que nos fai diferentes e úni-
cos.
Escribir este relato resultoume bastante
divertido e espero que a xente goce tanto ou máis
ca min, pero léndoo.
CAPÍTULO 1 : CINTIA
Chámome Cintia e teño dezasete anos.Vivo
con meus pais e meu irmán Mauro nun piso en
Vigo, unha cidade de Pontevedra. Comezo a escri-
bir este diario coas inquedanzas de calquera moza
da miña idade e con moitas cousas que dicir e que
berrar moi forte para que este mundo me escoite.
Son fraca, loura e mido un metro sesenta e dous.
Pódese dicir que falo cando non debo e digo cou-
sas que sería mellor gardarme no estómago ata
que estoupasen, prefiro iso a facer estoupar o
mundo con calquera dos meus pensamentos, xa
que, case sempre sen querer fago de calquera
cousa unha manifestación. Ademais diso creo que
non teño ningún outro defecto, ben si, pero para
comezar xa sabes bastante. De grande quero ser
periodista, para que en todos os recunchos do
mundo saiban as inxustizas que se cometen neste
planeta e alguén faga algo para arranxar todo isto.
Sen ir máis lonxe, hoxe o profesor de sociais díxo-
me que era unha desvergonzada, deixa que el, ben
pode falar oh!, como é un anxiño, ¡¡desde logo!!
Déixote, que aínda teño que facer un mapa de Iraq
para mañá, non vaia ser que desta vez me poña de
pé para verme o traseiro. Facer o mapa recórdame
o mal que viven alí as mulleres, menos mal que
non vivo nese país, porque coa miña forma de
pensar non duraría nin dous telexornais.
PD. Hoxe Paio volveume chiscar un ollo. Paio
gústame dende que tiña doce anos. A ver se vai
ser verdade e os soños se fan realidade. Mantereite
informado, ou informada, que aínda non teño moi
claro o que es...
X A N E L A
17
CAPÍTULO 2 : JULUD
Chámo-
me Julud e
teño dezaseis
anos.Vivo en
Maj Nûn, un
pobo pobre de
Bagdad con
miña irmá
Dunia e a miña
nai. Meu pai morreu na guerra e nin sequera pui-
demos despedir o seu corpo polo rito musulmán.
Dende que nos saquearon e morreu papá pasamos
de ser unha familia adiñeirada a ser unhas pobres
infelices. Agora temos que traballar de sol a sol
para ter algo que levarnos á boca nun campo de
dátiles que se exportan a Galicia. ¡Cacho sorte che
teñen aló!, comen todos os días, van á escola para
poder aprender e andan de festa seguido. Pero non
estou de todo de acordo, as rapazas andan con
esas minisaias provocadoras, eses suxeitadores de
encaixe, eses escotes de infarto e como queira que
se chamen as tangas esas.... Mesmo parecen fillas
do demo. E os rapaces con esas revistas noxentas
e o pelo de punta...Parecen parvos.
Antes de morrer, meu pai deixou como
última vontade que tiña un trato cos pais de Sa-
dam para que casásemos. El dicía que así non me
faltaría de nada, claro que non reparou en que me
faltaría o máis importante: o AMOR.
No campo, hai un rapaz que me gusta a
rabiar, e abofé, eu creo que lle gusto a el tamén.
Pero o Corán di que non debo incumprir o destino
que meu pai buscaba para min. Pero, ¿debo renun-
ciar ao meu amor por un tocho de papeis escritos
con mala letra? Un día destes hei marchar lonxe
de aquí, para que Iraq e os seus costumes se es-
quezan de min e así poder comezar unha nova
vida co meu amor verdadeiro. Estou confusa...
CAPÍTULO 3 : A CLASE DE FRANCÉS DE
CINTIA
Hoxe a profesora de francés deunos as ba-
ses do concurso da viaxe a Francia e ¿a que non
sabes? Tocoume. Tamén lle tocou a Lidia, pero
esa é parva e sempre anda criticando aos demais,
eu téñoo ben seguro, cada unha polo seu lado.
Ademais, ti vas vir comigo,¿ou pensabas que te ía
deixar soíña? Xa o teño decidido, serás ti soa a
miña confidente de aquí en diante. ¡Iamos apaña-
dos! Terás que facerme compaña e ademais teño
que acordarme de todo e así ter un recordo da mi-
ña experiencia cada vez que te lea. Anda, agora
que o penso, é unha pena que non lle tocara a via-
xe a Paio. Estiven falando con papá e mamá e
están de acordo con que me vaia sempre que non
lles aparezan as autoridades francesas petándolles
á porta comigo detrás, dicíndolles que producín
unha catástrofe. Ou sexa, que me vou. Espera que
soa o teléfono...
¡¡Meu Deus!! ¡¡Non o vas crer!! Resulta
que a tatoia de Lidia dixo que non quería a súa
viaxe e Paio vai no seu lugar, o que quere dicir,
que virá comigo. Son feliz...
CAPÍTULO 4 : A DECISIÓN DE JULUD
Onte Sadam veu á miña casa a pedir a miña
man pero eu rexeiteino. Dixo que me amaba e que
se tiña que tomarme pola forza o faría, ¡que saberá
ese energúmeno de amar! Necesito fuxir, non sei
como, pero necesítoo. Debaixo da cama teño al-
gúns aforros, que fun gardando por se o día de
mañá me fixesen falta. Se lle deixo a metade a
Dunia e a mamá poderán subsistir ata que Dunia
cumpra os doce e comece a traballar. A min fara-
me falta o resto dos cartos para viaxar e vivir
mentres non me acostume á miña vida fóra do
meu fogar.
Á mañá, cando o vixilante marchara, con-
teille a mamá todo o que me pasaba: dende o meu
amor por Reza, así se chama el, ata os meus plans
de fuxida. Díxome que como musulmá non conci-
bía iso pero que antes do seu amor ao Corán esta-
ba o seu amor ás súas fillas. Mamá, cando quere é
xenial.
X A N E L A
18
CAPÍTULO 5: OS PREPARATIVOS DA VIA-
XE DE CINTIA
M o i t a
xente di que estou
que non hai quen
me aguante. ¿É
que non se dan
conta de que é o
normal? Voume
de vacacións e de
festa mentres
todos quedan
estudando.... e
aínda por riba con
Paio. Cada vez
pórtase mellor comigo, onte incluso me preguntou
a hora. Falando de hora, cando estea aló, en Fran-
cia, heille de preguntar a todos os que me encontre
pola rúa que se seu pai caga nun capacho, a ver o
que me din. Sendo como son eu aínda llo hei pre-
guntar a un galego e hei meter a pata ata o fondo.
Mañá cediño, ás oito da mañá, recóllenos o
autobús na praza do Concello para irnos. Estou
supernerviosa, e o peor de todo é que non sei que
roupa me vou vestir. Teño que ir moi guapa para
impresionar a Paio. Vou levar dous vaqueiros, os
máis novos; o chándal; a minisaia; dous xerseis,
por se vai moito frío e camisetas. Miña nai apia-
douse de min e díxome que me deixaba os seus
zapatos, que están novos e non todos rascados
pola punta coma os meus.
Mentres estabamos ceando, meu pai deume
douscentos euros para gastar aló e díxome que lle
comprara algo a Mauro e a mamá. Dende logo,
cando quere é un santiño. Miña nai díxome que
tivese coidado, que hai moito tolo por aí, e moito
enfermo, e non sei qué das drogas, e do alcol e dos
vasos nas discotecas...dende o da viaxe está para-
noica, pero moito.
Aínda non che dixen que nos imos aloxar
nunha residencia e que hai corenta rapaces máis
de toda Galicia. Espero coñecer a moita xente e
perfeccionar os meus cutres coñecementos de
francés. Din que pola mañá daremos clase e des-
pois á tarde iremos de visita cultural por París.
Que guai, vou ir á cidade do amor con Pa-
io. Déixote que teño que durmir para mañá estar
esperta e comezar a viaxe con bo pé.
CAPÍTULO 6 : O PASO ADIANTE NA VIDA
DE JULUD
Non sei porqué pero hoxe espertei coa va-
lentía e a coraxe que onte me faltaban, non sei
porqué teño enerxía, e a nube que vía pola ventá
ao erguerme, agora é un sol que deixa entrar as
súas raiolas quentes e protectoras polos ocos da
ventá.
É posible que foran as palabras conciliado-
ras de mamá, ou as miradas furtivas que Reza me
dirixe cada vez que estamos no campo… Non o
sei, pero o que teño claro é que marcho para sem-
pre e nada nin ninguén poderá frearme. Si me que-
do aquí mataranme, o pai de Sadam é moi podero-
so e se lle apetece pode eliminarme do mapa ou
mandar os seus gardacostas e aínda sería máis
patético. Ademais mamá non sería capaz de saír
adiante, é mellor terme lonxe que non terme e
despois do de papá sería unha puñalada moi tra-
peira.
Xa estiven matinando en cómo marchar e
non me vai resultar moi fácil, o vixilante non me
vai deixar. Isto é coma os campos de concentra-
cións nazis, non somos nin a sombra do que fo-
mos, de ser a clase social máis alta a simples es-
cravas. Ás mañás imos ao campo moi cediño e a
media mañá o vixilante a pasar lista. Eu marcharei
antes de que comecemos a traballar para que nin-
guén me vexa, teño medo por mamá, non vaia ser
que a miña fuxida lle prexudique a ela e a Dunia.
Hoxe no campo díxenlle que se viñese comigo
pero non quixo, díxome que aquí estaban as súas
raíces e as súas lembranzas e que lle doería moito
marchar. Despedinme xa delas intentando que
non me caesen as bágoas aínda que tiñas ganas de
X A N E L A
19
chorar e botar moito tempo facéndoo. Collín a
maleta que me regalou papá e enchina cos meus
recordos e algo de roupa. Levantei o colchón e alí
tiña 300 dinares, deixeille a mamá a metade e non
fun capaz de durmir en toda a noite. Espero que
mañá todo sexa mellor...
CAPÍTULO 7 : A VIAXE DE CINTIA
Son as seis da mañá e xa estou esperta.
Fixen a cama en silencio , procurando non esper-
tar a ninguén e fun ver a tele. Estou extasiada,
entre contenta e nerviosa á vez. Pero teño medo, e
se Paio non me fai nin caso, e na viaxe nin me
mira, ¿que fago? Heime de aburrir moitísimo.
Pero é mellor pensar en positivo , seguro que o
imos pasar xenial e imos chegar da man ao institu-
to.
Parece que xa todos comezan a erguerse.
Imos almorzar e voume vestir.
Xa estamos chegando á praza. Paio non
está aquí. Non coñezo a ninguén dos que están no
autobús. Subo arriba moi insegura e non hai asen-
tos baleiros. Séntome ao lado dunha rapaza que
me pon cara de poucos amigos. Parecía da nosa
idade pero vestía bastante pasada de moda e mi-
roume cunha face parecida á que pon miña avoa
cando algo non lle gusta. Xa non sei onde meter-
me, agora debería abrirse un burato no chan e as-
pirarme coma unha aspiradora e non deixar nin-
gún rastro meu.
Miro a ventá e vexo a meus pais e a Mauro
dicíndome adeus, iso sóbeme a moral, pero non
moito. O autobús arrinca e a rapaza cámbiase de
sitio e séntase xunta un rapaz que tiña a súa mes-
ma cara, deben ser irmáns. Nisto o autobús para, é
imposible, é Paio que chega tarde. Menos mal...
Entra no autobús coa lingua fóra e canso. Fíxome
acenos de sentarse, eu asentín.
Saïamos de Pontevedra e aínda non me
dirixira a palabra, comecei a crer que as cousas
non ían saír como eu pensaba.
Quedei durmida durante bastante tempo. Cando
espertei vin un cartel que dicía: Tolousse a 25 km
e o brazo de Paio rodeándome coa miña cabeza
apoiada no seu peito. El seguía durmindo e pare-
cía un anxo. E, ¿que facía eu apoiada no seu cor-
po?
Espertou.
CAPÍTULO 8. A FUXIDA DE JULUD
Conseguín fuxir pero hai unha cousa que
non sabes, Reza veu comigo. E dirás ti, ¿como
pasou iso? Pois era de noite cando fuxín, entrei no
alboio e collín algo de provisións do vixilante
aproveitando que durmía como unha pedra. Cando
quixen saír de alí, vin que había alguén detrás da
porta, tremía do medo, alí remataba a miña aven-
tura. Estaría unha semana na sala de castigos.
¡Meu Deus! De pronto, uns rizos negros asomá-
ronse pola porta: era Reza.
Díxome que me quería e que quería fuxir
comigo. Tamén me dixo que me vira falar coa
miña nai e que non puido resistirse a escoitar e
que decidiu fuxir comigo.
El era orfo dos dous pais, matáronos e tor-
turáranos na guerra, e quedáranlle algúns cartos,
díxome que eran para a viaxe e que estariamos
xuntos todo o resto da nosas vidas. Tamén me
dixo que na súa opinión o noso non era pecado e
que Sadam lle parecía un noxento e un energúme-
no. Ata tiñamos a mesma opinión, o noso era un
amor puro e adolescente, sen odio, comenencias
nin rancor.
Xa levabamos andando 22 km e chegara-
mos á estación. Agora chegaba a decisión, ¿a onde
iamos ir? Dous pobres adolescentes presos dun
amor tan grande e cegos por non mirar atrás. Non
foi difícil, entramos no autobús sen ningunha
complicación. Estivemos falando e Reza díxome
que o máis seguro era viaxar a Francia porque alí
son moi liberais e non teriamos problemas. Ade-
mais hai moitos traballos xa que teñen unha eco-
nomía moi progresiva.
X A N E L A
20
Reza ten un amigo que fai pasaportes fal-
sos e conseguiunos un para cada un. Agora chá-
mome Sophie e Reza chámase Giuseppe, somos
fillos de emigrantes e nacemos en Francia, o que
quere dicir que xa somos franceses. O autobús
deixounos no aeroporto de Bagdad e desde alí
collemos un billete con destino a Francia.
Unhas horas despois xa estabamos en Francia e
celebrámolo cun bico nos beizos, xa eramos li-
bres. Por fin eramos libres, o noso soño cumpríra-
se.
CAPÍTULO 9. O AMOR DE CINTIA
Paio non se moveu e estivemos así o resto de ca-
miño, ata que chegamos a París. Ao chegar alí
visitamos moitos museos: o Louvre, a Biblioteca
Nacional de Francia e o Centro Nacional de Arte e
Cultura Georges-Pompidou, entre outros… Ta-
mén coñecemos a moita xente nova e aprendemos
moitas cousas novas. A nosa profesora chamábase
Marie e era moi guapa. Contounos que tiña vinte e
catro anos e que estaba a piques de casar.
Temos fotos dela e de todos os demais que esta-
ban na nosa clase e temos o messenger e o número
de móbil de todos para así non perder o contacto e
a amizade.
O mellor de todo é que a noite antes de marchar
de volta á casa, Paio declaróuseme cando estaba-
mos no alto da torre Eiffel. Díxome que había
moitos anos que quería dicirmo e que non se atre-
vía, e por iso pediulle a Lidia que lle cedese a súa
viaxe porque sabía que non nos levabamos ben e
ao parecer ela deulla encantada. Pois alí arriba
démonos o primeiro bico, xa pasou unha semana
diso e aínda teño bolboretas no estómago.
Na viaxe de volta non me deu tempo a quedarme
durmida, non paramos de falar e el preguntoume
se xa eramos mozos, seguro que adiviñas a miña
resposta. Lidia xa non me cae mal, aínda que non
o saiba, a ela débolle a miña relación con Paio.
O luns seguinte entramos no instituto da man bai-
xo as miradas espectantes e anónimas dos demais.
As miñas amigas non eran capaces de parar de
rirse e coreáronme como a mellor e os amigos de
Paio déronme a benvida á “familia”.
Esta historia remátoa sentada nunha mesa en fron-
te á dirección do instituto. Si, estás no certo, ¡foi o
de sociais que me botou fóra da clase!
CAPÍTULO 10. A LIBERDADE DE JULUD
Hai dous días que recibín unha carta de Dunia, as
cousas cambiaron, devolvéronlle todas as nosas
pertenzas e agora todo vai mellor para a maioría.
Díxome que mamá está morta, ela di que morreu
cun catarro, eu persoalmente creo que morreu de
pena e de tristura. Non acudir ó enterro da miña
nai foi o prezo que tiven que pagar pola miña li-
berdade e polo meu amor. Quizais fose demasia-
do, dentro do meu corazón sinto como unha débe-
da co espírito da miña nai.
Dunia veu vivir a Francia e trouxo nun xarrón as
cinsas de mamá. Agora estamos todos xuntos.
Reza comezou a traballar nunha obra de albanel e
eu traballo nun supermercado. Dunia matriculouse
na escola e di que quere ser periodista, a ver se é
verdade.
X A N E L A
21
UNHA GUERRA INCERTA
Ramón Laíño Franco
PRÓLOGO
D ez anos despois de comezar o meu camiño
cara á honra deime de conta do meu erro. Os meus
soños carecían de sentido. As historias sobre o
honor contadas polo meu avó na miña mocidade
non eran máis que iso, simples historias. O meu
destino non era brillar, senón morrer na máis crúa
mediocridade. Só pretendía ser lembrado pola
miña patria como alguén duro, cheo de orgullo e
honra, e non como un simple soldado caído. Só
quería unha medalla ao mérito militar, ou un mero
recoñecemento. En lugar diso só recibira dor.
Entre tanta cavilación foi cando achei for-
zas para seguir adiante. Atopábame eu en medio
daquel deserto tan inmundo cando percibín unhas
lixeiras vibracións na area sobre a que se atopaba
o meu corpo moribundo. O ruído que procedía de
detrás do gran montículo diante do cal me atopaba
confirmou as miñas sospeitas, o exército ao que
pertencía chegara a rescatarme, pero nada máis
lonxe da realidade. Acababa de chegar a Trípoli, a
cidade máis castigada por aquela absurda guerra
na que me vira envolto. Os EEUU iniciaran a súa
enésima “Just War” contra un país aparentemente
inferior a eles. Só aparentemente. Libia posuía
máis armas das que eses ineptos americanos tiñan
constancia. Pese ao pequenos recursos que Libia
posuía, estaban gañando a guerra máis errónea da
historia.
Esta guerra era case idéntica á guerra de
Iraq. Só había unha diferenza, en Iraq a guerra foi
gañada polos americanos; non obstante, esta vez
atrevíame a presaxiar que non sería así. A aparen-
te debilidade mostrada polo exército libio non era
máis que unha sagaz estrataxema para atraernos
ata a boca do lobo.
CAPÍTULO 1
A chegada a Bu Sittah.
No dez de novembro do 2020 eu e as tro-
pas do escuadrón omega do exército español di-
rixiámonos a Bu Sittah, unha pequena cidade de
Libia que non aparentaba maior perigo que un
mero paseo ás beiras do Guadiana, pero o que
parecía unha simple misión de recoñecemento
converteuse no peor día da miña vida.
Cando entramos en Bu Sittah démonos de
conta de que algo non marchaba ben. Naquela
cidade tomada polos yankees había unha semana
que non atopabamos un só soldado americano. O
único que atopamos foron casas baleiras e rúas
desertas, nin un só indicio de vida humana, aquela
cidade parecía estar abandonada xa había vinte
anos. Percorremos a cidade enteira na busca do
anterior escuadrón americano. Foi entón cando
puidemos apreciar unha conversa duns soldados
libios que se atopaban tras as ruínas dunha antiga
mesquita. Falaban alemán malia ser uns soldados
libios. Anonadados oímos a tradución que nos
fixo Iñaki, o único que sabía falar alemán de nós,
díxonos que falaban dunhas torturas inmundas que
estaban sendo realizadas a uns soldados. Acto
seguido pensamos que aqueles soldados dos que
falaban podían ser os americanos. Collemos as
nosas armas e dispuxémonos a facer o que fose
necesario para salvar as vidas daqueles soldados.
Cando chegamos á nave que estaba situada
tras o outeiro, vinte e seis dos nosos homes caeron
abatidos a tiros por uns francotiradores, os demais
X A N E L A
22
pronto desexarían ter corrido a mesma sorte. En-
fronte á nave fomos apresados por unhas tropas
moi superiores ás nosas.
Unha semana despois de ser apresados, o
número de caídos xa se elevara a oitenta e dous.
Dos cen que eramos ao principio xa só quedaba-
mos dezaoito. Usábannos para realizar todo tipo
de experimentos. Aquilo lembrábame aos campos
de concentración nazis. Era un anaco de inferno
recreado na terra. Entre berros e choros de dor
puiden enxergar un oco detrás dunha máquina no
que podería agocharme. Avancei sixilosamente
ata ela e anaseime detrás. Pola mañá seguinte es-
perteime e contemplei horrorizado os corpos dos
meus compañeiros sen vida. Eles entregaran a
vida pola súa patria e fixérano nunha guerra estú-
pida e sen sentido.
CAPÍTULO 2
Famento
Levaba xa unha semana camiñando polo
deserto, cando a fame e a sede provocaron o meu
esvaecemento. Espertei nunha improvisada enfer-
mería nas inmediacións do acampamento base.
Estaba rodeado de soldados americanos e algún
español ferido. As tropas aliadas chegaran, e seica
non era eu o único supervivente. O acampamento
xacía nunha aparente calma. O profundo silencio
provocoume certa inquietude. Algo fóra do nor-
mal pasara. Descubrín entón, mediante unha radio,
o que nos países implicados ocorrera.
Máis dun milleiro de bombas de fusión nuclear
dun xigatón tomaran terra nas principais cidades
de EEUU e España, provocando a aniquilación de
ambos os países. A bóla de lume creada por unha
bomba de dez megatóns é de case cinco quilóme-
tros de diámetro. Polo tanto, se a bomba é cen
veces maior, o resultado é realmente devastador.
A masacre creada polo goberno libio sobrecolleu a
toda a civilización. Isto provocou a mobilización
de todos os gobernos do planeta. Todos os países
puxeron o seu gran de area. O estado de Libia
esgotara as súas bombas e, polo tanto, non lles
quedou outra opción máis que a rendición. A gue-
rra tocaba á súa fin.
CAPÍTULO 3
Afundido
Tres anos pasaron a partir da traxedia da-
quel mes de novembro. As noites son horribles.
Nin os psicólogos nin as pílulas evitan todos estes
pesadelos. A imaxe dos meus compañeiros asasi-
nados de forma brutal, as torturas, os berros, os
choros atormentan as escasas horas de sono das
que gozo. Tan só dous soldados máis pertencentes
ao escuadrón omega sobreviviron á guerra, Iñaki e
Pablo. O primeiro non soportou a idea de vivir sen
todas as persoas ás que quixera. Das súas fillas e
da súa muller non quedaban máis que cinzas.
Unha semana despois do noso regreso colgouse da
póla dunha árbore á beira do Rhin. Pablo sentiu a
necesidade de axudar á xente menos afortunada no
terceiro mundo. Morreu de tuberculose en Le-
sotho. Eu, a día de hoxe non sei se estou morto ou
vivo, só sei que non tiven coraxe para acabar coa
miña vida, así que exerzo un posto de funcionario
no pobo de Zaanstad, ás beiras do río Zaan, ao
oeste de Ámsterdam. Os superviventes ao holo-
causto acabamos espallados por medio mundo,
vivindo de forma medianamente decente grazas á
solidariedade dalgúns países como Holanda. Eu
non vivo só. Vivo con Steve Mcain, un ex-delta
force que sobreviviu en Trípoli, onde a batalla foi
máis sanguenta. El non tiña a ninguén, orfo de pai
e nai criouse nun orfanato. Non tiña amigos, por
X A N E L A
23
iso se alistou no exército, porque non tiña nada
que perder. Era algo refunfuñón, pero a guerra
rebrandeceulle o corazón. Agora está separado e
ten unha pequena filla chamada Anguie, de dous
anos. Steve e eu coñecémonos nun campo de re-
fuxiados en Siwah, ao leste de Exipto, preto da
fronteira con Libia. Desde entón non nos separa-
mos. Xunto con todos os superviventes fomos
trasladados ao norte de Francia, e de alí fomos
dispersados polos países que quixeron facerse
cargo de nós. Holanda, Dinamarca, Suecia, tive-
mos moitos destinos diferentes. A verdade é que
case ningún goberno nos quería no seu país. Nin-
guén quere a uns ex-soldados medio tolos e depri-
midos. Si, a guerra cambiáranos á maioría. Todos
estabamos algo traumatizados, ver como mutila-
ban aos teus compañeiros, como lles botaban áci-
do sulfúrico nos ollos ou como simplemente os
mataban a golpes diante dos nosos ollos era unha
experiencia que non cómpre lembrar, e se por riba
aniquilaban ás nosas familias, que se esperaban,
que volvésemos felices e contentos? Non, ninguén
volveu igual. A guerra ensinounos que as ansias
de poder e violencia sacan o peor que levamos
dentro. A mágoa é que non creo que isto vaia
cambiar, non, non o creo. Ningún país se desfixo
dos seus mísiles, e o que é peor, algúns aumentan
o seu armamento. Isto insinoume que a guerra é
un instinto do ser humano, e mentres haxa un só
home sobre a terra este planeta non acadará a paz.
Todas as vidas da pinga de auga na que habitamos
xiran en torno á violencia. Isto non foi máis que
outra absurda guerra incerta.
A NEGRA COR
Negra é a cor das vosas vestiduras,
non por nós senón por vós,
polos vosos medos e dúbidas.
Macabra sempre a nosa presenza,
non por maldade dos nosos corazóns
senón por marcar diferenza.
Escuros os lugares que frecuentamos,
non por necesidade de agocharnos
senón polo medo ás tebras superado.
Vós sinaládesnos co dedo
e xulgádesnos ridículos.
De que rides, necios?
Temos o valor de sermos distintos,
o voso medo á escuridade representamos.
Isabel Blanco González
Nuria Tubío Santamaría.
X A N E L A
24
A VIDA É UNHA MERDA
A vida é unha merda,
pero é a miña merda.
Despídome de todos os que lean esta nota.
Por que son as cousas así?
Xa sei que a vida está para vivila
e non para comprendela.
Dentro dunha pregunta sempre hai unha reposta.
A vida é un soño,
pero para ela é a puta realidade.
Nunca haberá un futuro
se nunca houbo un pasado.
Ela non cre nos anxos da garda
e tivo máis dun.
Nada sucede no mundo sen sentido,
todo sucede por algo,
Carpe diem! Pero, como?
Pobrezas, racismo, violacións…
Todos de sangue, ósos e sentimentos.
TODOS IGUAIS
Aprendes máis da vida propia do que estudas:
abuso de drogas, enfermidades, maltratos…
Todo iso e máis… por qué;
Nada é imposible!
Nada é imposible!
Para que a pena de morte ou a cadeira eléctrica?,
para matar a culpables?
Non chega xa con morrer os inocentes.
Así é a vida… unha merda
Melanie García Richter
Daniel Torrado Mayán
Sonia Paz López
Nuria Tubío Santamaría
X A N E L A
25
AS VIDA QUE PUIDEN
SER
Noutra vida fun campesiño,
noutra vida pescador,
noutra fun moi poderoso,
noutra un simple timador.
Noutra fun un grande rei,
noutra o seu bufón,
noutra eu era o xefe,
noutra era un traballador.
Noutra fun un peixe,
noutra un gorrión,
noutra fun unha lebre,
noutra un tourón.
Noutra fun as estrelas,
noutra ceo de cor,
noutra fun a lúa chea,
noutra fun o sol.
Noutra fun golfiño,
noutra un moscón,
noutra era tristeza,
noutra fun o amor.
Noutra fun un gato
que sete vidas me levou,
noutra fun un santo
e noutra o que dixo Deus
E agora serei por sempre
morte metida nun panteón
e agora serei por sempre
un recordo no teu corazón.
Alejandro Nieto González
Sara Suárez Dieste
Daniel Torrado Mayán
Sabela López García
X A N E L A
26
RUALDES
Ester Perrino Martínez
CAPÍTULO 1
- Isto é totalmente descabelado!- exclamou
Ricardo. Non ten nin pés nin cabeza!É imposible,
eu renuncio.
- Que...? Non. Hai que buscar outra alter-
nativa, pero non se pode deixar isto así.- dixo Car-
los.
- Acaso, que propós?-replicoulle Ricardo.
- Non o sei. Quizais a psicóloga que leva
todo este asunto nos podería axudar.- opinou Car-
los.
- Como?
- Pois que Rosa, a psicóloga, pescude algo
pola súa conta, e dicir que nas entrevistas que ten
cos afectados pola morte de Uxío intente descubrir
quén é o asasino. Ela é quen máis acceso ten á
mente das persoas...
- Ben, si, pero como sabes que o asasino
xusto vai ser un dos que vaia xunto a Rosa?
- Porque Rosa encárgase de todos os afec-
tados pola morte de Uxío, e do que estou seguro é
de que o asasino tivo que ser un dos achegados a
el. Non deixou ningunha pista e coñecía perfecta-
mente a casa. Nin sequera o can lle ladrou, ou
polo menos os veciños non o oíron. Así que o can,
tíñao que coñecer perfectamente para non ladrar-
lle, non cres?
- O que dis ten sentido, pero tampouco é
seguro que o asasino estea entre os pacientes...
- Pero é posible. Así que creo que o mellor
será pedirlle axuda a Rosa.
- De todas as maneiras aínda nos falta o
resultado da autopsia, que espero que ao menos
nos dea unha pista importante, porque, tal como
está a cousa, vai ser imposible resolvelo...
- Está ben, ti saberás cómo fas, Carlos, eu
marcho para á casa que a miña dona seguro que
está preocupada...Ti non te vas?
-Non... quedo un pouco, pero xa me irei
axiña. Non te preocupes. Deica logo amigo!
-Adeus!
Tanto os policías coma a xente da vila que-
daran conmocionados. Fora algo inexplicable. O
alcalde, querido por todos os veciños dunha pe-
quena vila, fora asasinado de forma inexplica-
ble.Nunca ninguén lle ameazara por nada, e vivía
unha vida do máis tranquila e normal. Todos esta-
ban impresionados e mesmo doídos pola morte
do seu queridísimo Uxío.
Uxío non era un home vello, tiña uns 34
anos e era bastante intelixente. En canto á súa
familia, a súa muller María, quedara totalmente
desfeita e o único que quería era morrer. O seu
único fillo, Migueliño, aínda era demasiado pe-
queno para darse de conta de algo, tiña algo máis
de ano e medio, pero había algúns días que botara
en falta ao seu pai e rompera a chorar coma un
descosido.
Mentres a nai de Uxío, encerrábase na casa
todo o día e non saía nin para ver a luz do día. Ela
prefería envolverse na súa propia tristura, na súa
propia escuridade.
Os seus mellores amigos eran: Uxía, Raúl,
Antía e Xurxo. Estes buscaban probas que desve-
laran o misterio, axudaban en todo o que podían e
pasaban pola comisaría todos os días en busca de
novas.
Carlos e Ricardo, os dous policías que
seguían o caso, tamén coñecían a Uxío dende pe-
quenos e queríano, igual que toda a xente da vila.
Por isto mesmo todos pensaban que non había
ningunha explicación lóxica nin para o asasinato
nin para o suicidio.
X A N E L A
27
i Uxío aparecera morto no chan da cociña
cun fío de sangue saíndolle da boca e cunha cunca
de café rota ao seu lado. Encontrárao a súa muller
que volvía de pasar unha fin de semana coa súa
familia no campo. Uxío non puidera ir por mor
dunhas reunións que tiña. As cousas no matrimo-
nio non foran moi ben había uns dous anos, máis
ou menos, pero coa chegada de Migueliño parecía
que todo se solucionara e semellaban máis felices
ca nunca.
CAPÍTULO 2
Aquel día María, a viúva de Uxío, empeza-
ba a terapia coa psicóloga Rosa. O problema é que
Rosa tamén estaba algo afectada pola morte do
seu amigo, aínda que nestes últimos anos se fora
afastando del por diversas razóns, pero seguíanse
vendo, e aínda que estaba afectada aseguraba estar
preparada para levar a terapia a cabo.
Rosa recibiuna moi agarimosamente na
súa acolledora consulta. Indicoulle unha cadeira
de brazos de pel escura na que se sentou e ofre-
ceulle un vaso de auga. A continuación Rosa em-
pezou a conversa co seu doce ton:
- Que tal está Migueliño?
- El é demasiado pequeno coma para deca-
tarse de todo isto.- respondeu María.
- Xa, oxalá nós tamén tiveramos o seu sen-
tido e non foramos conscientes de nada.-desexou
Rosa.
- El non coñecerá o seu pai¡- gritou María.
- Ben, non o mires así...
- Como queres que o mire?
- Sei que isto é moi difícil entendelo na túa
situación, pero tamén as cousas teñen un lado po-
sitivo.
- Non, esta non a ten.
- Ben, todos temos que morrer á fin ao ca-
bo.
- Pero que clase de psicóloga es?
- Veña, por favor tranquilízate María.
- E agora pídesme que me tranquilice? Su-
ponse que ti me tes que dicir cómo se fai iso, por-
que eu dende logo non sei! Voume, aquí estou a
perder o tempo.
- Por favor María...- pero María xa non a
escoitou porque xa saía pola porta dando un forte
golpe.
Ao saír da consulta de Rosa, María decidiu
ir xunto aos amigos de Uxío e dela á vez, Antía,
Xurxo, Uxía e Raúl.
- Ola María, queres algo?-ofreceulle Antía
de moi boa gana.
-Eu no quero nada, o único que quero é...
-Vamos María!Non empeces outra vez coa
teima da morte.¡Non te andes a queixar por todas
as esquinas, porque tampouco é plan, si¡-díxolle
case berrando Uxía.
- Isto é incrible, e que...Cómo queres que
me poña a rír?
- Non digo que te poñas a rir, pero tampou-
co andes así, como unha toliña. Tamén os demais
estamos afectados.
- Como? Que? Estaste comparando comi-
go bonita?A ti acábache de morrer o home? Por-
que se para ti Uxío era coma un marido dismo
agora!
- Deixade de pelexar Uxía!, se queres me-
ter leña no lume vaste. Entendido?- interrompeu
Raúl.
Despois de pasaren uns cantos minutos de
triste silencio, Raúl rompeuno preguntando:
-E ti que tal estás María?
Loxicamente non houbo ningunha res-
posta, era evidente.
X A N E L A
28
CAPÍTULO 3
Aquel día chegaban á comisaría as probas
da autopsia, quizais desvelarían algunha pista ou
segredo oculto.
Carlos e Ricardo, expectantes, miráronse
entre eles, e logo miraron o sobre coa autopsia.
Con moito temor, Carlos, con tremor, decidiu co-
ller o sobre e abrilo. Nin suicidio, nin asasinato.
Uxío padecera unha parada cardíaca. Pero algo
non encaixaba, Uxío sempre levara unha vida sau-
dable, ía ao médico con frecuencia e nunca tivera
un problema cardíaco nin nada polo estilo.
- Non, non o podo crer. Mandaremos as
probas a outro laboratorio, isto non é posible -
declarou Carlos.
- Vamos Carlos! Non tes porque buscar
explicación para todo. Déixao dunha vez. Non
busques onde non hai. Sexamos sinceros isto é o
que ten máis sentido.
- Non, o que non ten sentido é isto precisa-
mente. ¿Como explicas acaso o sangue que lle
saía a Uxío pola boca?
- Vale!, eu que sei, tería unha hemorraxia,
ou calquera outra cousa, pero é que tampouco se
encontrou ningunha substancia tóxica ou nociva.
Onde non hai non hai. ¡Ben, eu marcho! Ata logo
amigo, e no desesperes que aínda vas virar tolo.
- Eu quedo un pouco, vou chamar a viúva
de Uxío. Rosa vai vir por aquí. Adeus!
Carlos decidiu chamar a María:
- Ola María, chámote para comentarche os
resultados da autopsia do teu...
- Dime. ¿Sabes quen o matou?
-Non, non hai ningún dato que o relacione
cun asasinato. Foi unha parada cardíaca.
-¿Que? Eu non me trago que non haxa
culpable. Busca o que faga falla, ou se non toma-
rei a xustiza pola miña conta.
- Boas noites, María...- pero Carlos xa non
acabou a súa frase porque María xa lle colgara.
Carlos quedou quedo e só, pensando en
que había outra solución. Pronto veu Rosa para
darlle os informes que lle pedira da consulta.
- ¡Ola Carlos!, e Ricardo, ¿xa se foi?- pre-
guntou Rosa.
- Si, acaba de marchar agora.- respondeu
decaído Carlos.
- Tráioche os informes...Véxote mal. ¿Que
che pasa?
- Precisamente trátase diso. Xa dan igual
os informes que me traias, ou iso di Ricardo.
- Explícame iso, non o entendo.
- Pois hoxe chegaron as probas da autop-
sia.
- Ai si! ¿E que resultados?
- Nada, non hai explicación, morreu por
unha parada cardíaca, pero non atoparon nin subs-
tancias tóxicas, ningún tipo de golpe... Xúroche
que non o entendo.
- ¡Xa! e, ¿que pensas facer?
- Pois non sei, pero creo que levarei as
probas a outro laboratorio , non me trago ese con-
to. Pode ser que Uxío tomara unha substancia non
identificada, ou...
- ¿Ou que?
- Non sei, non sei… xa non sei que pensar,
encima comuniqueille a noticia a María e reaccio-
nou moi mal. Miña pobre...
- Si, dende logo, non me gustaría verme no
seu caso. Á mañá tamén estaba moi agresiva. Oes,
véxote moi estresado, ¿prepároche un té ou un
café?
- Está ben, agradézocho.
CAPÍTULO 4
Ricardo e Rosa decidiron ir rápido a comi-
saría para poñerse a traballar o antes posible.
Pero nesta encontráronse cunha escena vista hai
pouco tempo e por desgraza bastante casual: a
morte.
X A N E L A
29
Non o podían crer Carlos estaba morto, ou
iso parecía. Rosa estoupou a chorar e Ricardo
correu a chamar os servizos de emerxencia. En
menos de tres minutos chegou a ambulancia e
intentou reanimar a Carlos pero xa era demasiado
tarde, morrera xa había unhas cantas horas.
- Non mo explico, xúroche que non mo ex-
plico... -dicía continuamente Rosa.
- Tranquila Rosa, tranquila...- dicíalle Ricar-
do para calmala.
-Veña, Rosa, non é a túa culpa. Será mellor
que vaias para casa, estar aquí non nos axuda moi-
to...
-Non por favor, non me deixes soa....
Acompáñame.
- Está ben.
Toda a vila estaba desfeita e ata a prensa se
achegou a Rualdes. Todo era moi estraño. Quizais
o máis curioso de todo é que tanto Carlos coma
Uxío morreran da mesma maneira, a autopsia dera
os mesmos resultados, unha parada cardíaca, e
tanto Carlos coma Uxío tiñan un regueiro de san-
gue que saía das súas bocas.
CAPÍTULO 5
Cando chegaron á casa de Rosa, esta invi-
tou a Ricardo a pasar e dentro sentáronse ao lado
da cheminea. Despois de estar unha chea de tem-
po en silencio, Ricardo dixo:
- Quizais Carlos non estivera tan lonxe da
realidade.
- ¿Que queres dicir?
- Tanto Uxío coma Carlos non morreron
por enfermidade nin por casualidade. Matáronos.
Estou seguro.
- Pero a autopsia...
- A autopsia tamén está equivocada.
- Dúas veces consecutivas? - Non sei, pero
pode ser que como el dicía, fora unha substancia
que non se detectara, algo non identificable, ou
que houbera un fallo...
- Emmm....pero daría...
- Rosa non lle deas explicacións simples,
isto é moi complicado.
- Si, tes razón, perdóame.
- Non pasa nada...
- Pero só unha pregunta máis: de ser certa
a túa teoría, quen cres que será o culpable, é dicir,
o asasino?
- Sinceramente, iso non o sei. Iso é asunto
do xuíz, non?
- Home si, pero para realizar un xuízo hai
que ter probas, un culpable, etc.
- Certo. E ti tes algunha idea de quen puido
ser?
- Pois non, a verdade é que non teño nin
idea. Cambiando de tema, queres tomar un té ou
un café? Debes estar esgotado.
- Non, sinto deixarte soa, pero sinceramen-
te apetéceme estar só.
- Está ben. Compréndoo, pero seguro que
non queres tomar nada?
- Non, en serio.
- Adeus.
- Ata logo.
Ricardo foise para a casa só. No camiño a
cabeza dáballe mil voltas. Deulle gana de chorar,
rebentar e gritar, pero por outra parte sentía que
esa non era a solución, necesitaba facer algo, ne-
cesitaba descubrir quen era o culpable.
CAPÍTULO 6
Ricardo estaba xa case durmido cando
soou o primeiro sinal do teléfono. Medio durmido,
colleuno e respondeu:
- Si, quen é?
- Ricardo, son eu.- contestou Rosa.
- Ah! ¡Ola, que susto me deches, son as tres
da mañá! Que che pasou?
- Non, a min nada, é que creo saber quen
foi a asasina de Carlos e Uxío.
- En serio?
- Ben, a verdade non estou segura...
- É igual, pero de quen sospeitas?
- De María.
- María? María? A muller de Uxío?...
- Si, sei que parece ridículo, pero se te fixas
ten moito sentido. Sempre tivo unha actitude moi
agresiva, moi nerviosa. Ademais, acórdaste que
hai un tempo tiveran un problema?
- Si, recordo que estiveran a punto de sepa-
rarse, pero pareceume ver que cando nacera Mi-
gueliño todo se solucionara.
X A N E L A
30
- Aparentemente. María seguía vindo á
miña consulta e máis dunha vez quixo quitarse a
vida, pero sempre acababa por acordarse de Mi-
gueliño e nunca chegaba a facer nada. Quizais esta
vez cambiou de opinión e pensou que o problema
non era ela senón Uxío.
- Si, todo iso ten sentido, pero non estaba
esa fin de semana coa familia?
- Pode ser que iso fora unha tapadeira, que
viñera un pouco antes cometer o asasinato e des-
pois facerse a vítima.
- E o de Carlos, como o explicas?
- Para iso non teño unha explicación exacta
pero, quizais o fixo por medo a que Carlos investi-
gara algo máis da conta.
- Tes razón! Todo encaixa. Rosa, es un xe-
nio. Ben, non nos precipitemos. Tes algunha idea
de cal puido ser o móbil do crime? Ti non estuda-
ras un curso de forense ou algo así?
- Si, pero..., iso non o podo saber, se non
teño o cadáver para examinalo...como verás esa
tarefa xa lle toca a outro.
- De todas as maneiras grazas por chamar.
Agradézocho. Carlos era un bo amigo meu, e era
unha moi boa persoa.
- Si , xa. Ata logo.
- Adeus.
Ricardo decidiuno antes de quedarse durmi-
do, ao día seguinte chamaría o xuíz e culparía a
María. Era difícil de crer, pero quen senón? Todo
encaixaba demasiado ben. Necesitaba xulgar a
alguén e facer xustiza.
CAPÍTULO 7
Aquel día tiña lugar o xuízo na pequena
localidade de Rualdes. Toda a vila estaba expec-
tante. Algúns mostrábanse partidarios de María e
lanzábanlle gritos de ánimo mentres que os que
estaban en contra gritábanlle insultos a queima-
rroupa.
A vila estaba enfrontada, dividida, pero
ninguén se atreveu a meterse co outro bando. Sa-
bían que se o facían acenderían a chispa que for-
maría o incendio.
O xuíz alongouse máis do previsto e no
aire palpábanse os nervios e a tensión.
Pasaron dúas horas de xuízo ata que se
produciu a comparecencia de Ricardo.
O xuíz deu comezo a súa intervención di-
cindo:
- Adiante Sr. Ricardo da Cruz Loxo.
A continuación fixeron o xuramento ante a
Constitución e logo comezou dicindo:
- Tan só teño dúas cousas que dicir e o por-
qué delas: a primeira é que María Pereiro Gonzá-
lez é totalmente inocente, e a segunda é que a asa-
sina dos dous crimes foi Rosa Branco Galego.
Ao dicir isto toda a sala empezou a baru-
llar e a rosmar polo baixo.
- Silencio! Silencio! Ou terei que desaloxar
a... -ordenou o xuíz.
Inmediatamente a sala calou e Rosa protes-
tou:
-Protesto! Ricardo, volvícheste tolo ou
que? Recordas que estás baixo xuramento? As
mentiras páganse! Oíches?
- Cale Srta. Blanco! Continúe Sr. Da Cruz.
- Todo isto, por suposto, ten un argumento
e as probas correspondentes. En primeiro lugar,
quero dicir os motivos polos que Rosa asasinou a
Uxío. Hai uns anos a Srta. Blanco tivo un roman-
ce con este señor, pero María, nunca se decatou,
ata este momento. Loxicamente neste matrimonio
houbo unha crise, pero cando Migueliño naceu,
intentaron ao menos aparentar que eran felices, e
para isto Uxío fixo un esforzo e deixou a súa que-
rida. Rosa tivo tal ataque de celos que decidiu
vingarse deles dous, pero a María non a podía
X A N E L A
31
matar porque a súa “conciencia” non llo permitía.
Sabía que María era a súa irmá.
Houbo un gran rebumbio na sala e outra
vez o xuíz impuxo a orde, e mandou continuar a
Ricardo, pero Rosa volveu interromper:
- Estás tolo, iso non é verdade!
- Srta. Branco ou cala ou tereina que botar
da sala! Continúe Ricardo.
- Agora non che vale mentir, Rosa,
estou seguro de que sempre o soubeches, pero non
sei por qué sempre o ocultaches. Teño probas de
ADN que confirman o que digo. Continúo: Rosa,
non podía facer calquera tipo de trapallada, e antes
de asasinar a Uxío pensouno máis de dúas veces.
O que fixo foi introducir unha especie de bacterias
no té ou no café que lles ofrecía ás súas vítimas.
Estas son moi difíciles de atopar e en case todos
os casos sempre desaparecen ao corroer as veas do
corazón provocando así unha parada cardíaca. O
sangue que vai por esas veas non pode chegar ao
corazón porque non ten por onde ir, xa que as veas
capilares e vinculares están desfeitas, así que sae
pola boca. Ademais de que estas bacterias son moi
difíciles de detectar, a policía nunca rexistrou tal
organismo. Tívoas que conseguir no mercado ne-
gro ou ben as formulou ela cos coñecementos que
ten en anatomía e medicina. Ou quizais tamén
puido amañar as probas da autopsia, non sei, esta
é unha cuestión que non resolvín. En canto o mo-
tivo da morte de Carlos é máis que evidente.
Aquela noite Rosa fora facerlle unha visita a Car-
los e este inxenuamente contáralle que non traga-
ba o resultado da autopsia e comentoulle que que-
ría investigar máis sobre o asunto. Seguramente
ela pensou que o mellor sería quitalo directamen-
te do medio e así ninguén se preocuparía pola
verdade.
A continuación Ricardo díxolle a Rosa:
- Pero aí cometiches un grave erro, se non
asasinaras a Carlos seguro que ninguén te descu-
briría nunca , pero metícheste nunha cadea da que
despois non podías saír. E estou seguro de que
aquela noite cando che comentei que pensaba bus-
car a verdade sobre os asasinatos quixéchesme
matar, verdade? Contéstame covarde!
- Non, eu son inocente! E vas pagalas, oí-
chesme!? Volvícheste tolo!
Ricardo e Rosa enleáronse nunha disputa e
o xuíz impuxo orde. Finalmente o xuíz rematou
preguntando:
- As acusacións que fas son moi graves, tes
probas delas?
- Por suposto, déixollas a súa disposición e
solicito un rexistro na casa da Srta. Rosa Branco.
- Está ben. A sentenza pronunciarase mañá
ás once da mañá. Péchase a sesión.
CAPÍTULO 8
A policía rexistrou a casa de Rosa e nesta
atoparon a substancia citada por Ricardo. Final-
mente o xuíz declarou culpable a Rosa e liberdade
sen cargos para María.
Ao día seguinte da sentenza Ricardo foi
visitar o cemiterio e neste encontrou a María.
- Ola María.- saudou Ricardo- non te espe-
raba ver aquí.
- E logo, por que?
- Porque despois de que te decataras do
que pasara... a verdade é que tampouco quería
dicilo diante de todo o mundo...pero...
- Se te refires ao do engano con Rosa eu
sabíao, e non lle gardo ningún rancor porque ao
final el e máis eu eramos como amigos, eu tamén
o enganei... E o pai de Migueliño non é Uxío. El
sempre o soubo. Eu teño un bo recordo del, por-
que cando rompeu con Rosa foi por Migueliño, e
el non sendo o pai podía ter pasado.
- Xa, pero Uxío era un bo home. Tiña os
seus defectos coma todos, pero era moi responsa-
ble e...
- Antes de nada quéroche dar as grazas por
todo o que fixeches por min, e quero que saibas
que cho deberei toda á vida.
- Sabes ti mesma que non me debes nada.
Ricardo e María fixéronse grandes amigos,
tanto que Ricardo foi coma un pai para Migueliño,
así que... ben, ao fin e ó cabo, tamén lle sacaron o
lado positivo a esta historia.
X A N E L A
32
A nosa viaxe deu comezo o día oito de
marzo cando, coas caras radiantes e visiblemente
afectadas polos nervios, nos reunimos en torno ao
IES para proceder a abandonar Boiro en busca de
novas aventuras en Andorra.
As seguintes quince horas foron verdadei-
ramente estresantes, todos engaiolados nun autobús
escoitando música, vendo películas ou durmindo.
Cando chegamos a Andorra – preto das
doce da mañá – comemos nun centro comercial e
aproveitamos para inspeccionar o recinto e facer
compras compulsivas.
Logo asentámonos no hotel, deixamos as
maletas e repartimos os cuartos. Despois fomos
coller o material de esquí e gardámolo no autobús.
Esa tarde chovía, así que non puidemos dar o pla-
neado paseo e o que fixemos foi abastecernos de
comida e andar por todas as habitacións incordian-
do e sendo incordiados.
O luns comezamos as clases de esquí.
Pola tarde despois de saír das pistas tivemos tempo
libre, que algúns aproveitamos para pasear e coñe-
cer a cidade.
O martes levantámonos a unha hora im-
pronunciable para así poder almorzar ás oito e es-
quiar cedo. Este día empregamos a telecabina para
subir ás pistas, había unhas vistas absolutamente
preciosas e impresionantes. Coma sempre, pola
tarde houbo tempo libre e á chegada da noite des-
prazámonos a un gran balneario denominado
“Caldea”. Alí gozamos de praceres coma o jakuzzi,
a sauna, o baño turco… Voltamos ao hotel moi
relaxados.
Ao día seguinte os porrazos foron maiores
debido ao aumento da dificultade das pistas —
había quen non saía do chan —. Pola tarde fomos
patinar sobre xeo. A experiencia resoltou descon-
certante, había quen non se levantaba. Á noite fo-
mos a un amago de discoteca que era coma unha
lata de sardiñas.
O xoves estabamos todos cansadísimos,
mais isto non impediu que gozásemos do último
día de esquí ao máximo; aínda que algúns preferi-
ron durmir unha boa sesta onde atoparon sitio. Ao
mediodía déronnos a cada un seu diploma co nivel
que acadamos esquiando.
Chegamos ao noso querido Boiro o venres
pola mañá. Todos tiñamos cara de cansados ou
queimada polo sol (algúns estaban moi graciosos
coa marca das gafas), parecía mesmo que nos me-
teran unha mallei-
ra.
Isto foi todo o que
aconteceu na nosa
viaxe, quizais todo
non, porque hai
cousas que mellor
non contar… A
cuestión é que to-
dos o pasamos ver-
dadeiramente ben
na viaxe e as nosas
aventuras non
serán esquecidas ao
longo do tempo.
APRENDENDO A ESQUIAR EN ANDORRA
X A N E L A
33
E este ano máis cedo que de costume chegou o Entroido. O venres, día 1 de febreiro, no ins-
tituto organizouse un concurso, no que a gran maioría do alumnado luciu os seus disfraces máis diverti-
dos e orixinais. O xurado tivo un duro traballo, dado o gran número de participantes, a variedade de ide-
as e a posta en escena.
O xurado estivo formado polos seguintes profesor@s e alumn@s:
Paula Campos Sánchez
Rubén Barbeito Rial
Eva Fernández Quintáns
Aurora Fernández Marqués
Manolo Castro Fernández
Ismael Arnoso Fernández
Paula Fernández Agrasar
Julia Doncel Fernández
Resultou unha mañá moi divertida. É moi interesante que unha das festas máis tradicionais gale-
gas siga perdurando no tempo. Dende aquí, animar a toda a comunidade educativa a continuar con este
tipo de iniciativas.
X A N E L A
34
1º CICLO ESO
DISFRACE MÁIS ORIXINAL : Verme intergaláctico (2º C )
DISFRACE MÁIS “CURRADO” : As ninfas e os gnomos (2º D)
DISFRACE MÁIS DIVERTIDO : Os Beatles (1º C)
PREMIO ESPECIAL : Os demos (1º B)
Os demos Os Beatles
Os ananos
Verme intergaláctico As ninfas e os gnomos
X A N E L A
35
2º CICLO ESO
DISFRACE MÁIS ORIXINAL : Os ananos (3º C )
DISFRACE MÁIS “CURRADO” : Instrumentos de cociña (2º D)
DISFRACE MÁIS DIVERTIDO : Grease (4º C)
MENCIÓN ESPECIAL : O manicomio (4º C)
PREMIO ESPECIAL : As nenas (4º B)
Instrumentos de cociña O manicomio
Os ananos Grease
As nenas
X A N E L A
36
Durante os meses de xaneiro e febreiro o
alumnado de 4º de ESO estivo fabricando uns estu-
pendos traballos de Educación Plástica e Visual, rea-
lizados coa técnica de papel maché e diversos mate-
riais coma tea, madeira ou cordel.
A actividade estivo coordinada pola profesora
de plástica, María Constantino, e os traballos foron
avaliados como parte da programación da materia.
Ademais foron expostos no recinto de entrada do
Centro, formando un diverso e multicolor conxunto
de personaxes.
X A N E L A
37
Xentes do BarbanzaXentes do Barbanza
Soledad Peralta Lorenzo veu ao mundo en Noia na década dos corenta.
Foi dende moi nova unha persoa de clara vocación escultórica, quizais
por xenética ao ser descendente dos Santeiros de Chave. O seu interese
pola escultura lévaa á Escola de Artes Aplicadas da Coruña. Pouco a pou-
co foi estudando, completando formación, investigando sobre os mate-
riais e as súas formas ata trasladarse nos anos setenta a Barcelona onde
amplía estudos. Os resultados de toda esta formación aprécianse nas primeiras exposicións das
que cabe lembrar Tendencias, na Casa da Parra de Santiago, ou a peza que se converterá nunha
das máis populares e coñecida da artista: o busto de Camilo José Cela para a Fundación Cela de
Padrón.
Máis adiante, a finais dos oitenta, trasládase aos Estados Unidos. Da experiencia americana
xorden novas aprendizaxes e ensinanzas que incidirán na evolución da súa escultura. Desta am-
pla aprendizaxe deriva o seu traballo das últimas décadas, anos nos que se decanta por un tipo
de escultura onde dominan os grandes tamaños e as pezas tridimensionais nas que queda patente
a vinculación coas vangardas do XX, onde a xeometrización e a abstracción son fundamentais.
Soledad Peralta
Comentario da escultura
“Tecnicamente partín dunhas fotografías que se conservaban
da autora. Primeiro fixen un esbozo en barro. A partir del
realizouse un molde en escaiola que, despois de darlle unha
pátina, para moldear mellor as súas formas, se rematou
nunha fundición de bronce.
Trátase dunha escultura de tipo realista. Coido que María
Mariño aparece co seu rostro real, pois quixen que así a vira
o pobo de Noia, é dicir, que a recordaran tal como fora ela.
Eu levo moitos anos traballando en esculturas abstractas.
Por este motivo custoume moito rematar este busto, porque a
miña técnica consiste sobre todo en borrar formas. Tiven que
retroceder aos meus primeiros pasos artísticos para ofrecer
esta achega. Un traballo que, no marco da alameda de Noia,
intenta ser un agasallo a unha muller e a unha vila”
Soledad Peralta
Escultura : María Mariño
Lugar: Alameda , Noia
Autora: Soledad Peralta
X A N E L A
38
O Equipo da Biblioteca do Instituto, formado polos profesor@s Joaquín Morales, Mariano
Muñiz, Paula Fernández, Mónica González, José M. Hermida, Olga López e Xoán F. Castelao,
está realizando ao longo do presente curso unha serie de actividades encamiñadas a aumentar a
presenza da Biblioteca na vida escolar.
BOLETÍN DA BIBLIOTECA IES A CACHADA
O Equipo da Biblioteca ten proxectado publicar cunha
periodicidade bimensual un Boletín da Biblioteca que
terá como función dar a coñecer as actividades que se
densenvolvan na biblioteca e calquera novidade que
haxa en canto a funcionamento, fondos, concursos etc.
Será tamén un medio onde os alumn@s poidan expre-
sar as súas opinións en todos os temas relacionados co
mundo da lectura.
A redacción correrá a cargo do Equipo da Biblioteca e
dos alumn@s.
As súas seccións serán as seguintes:
Monografías: Tratarase un tema concreto. Esta previsto
facer unha sobre o escritor Jordi Sierra i Fabra. Expo-
ñeranse libros do autor, farase unha descrición bio-
gráfica do mesmo, apareceran paneis de libros co títu-
lo, argumento, algún fragmento etc.
Suxestións: Recomendacións de libros que pola súa
temática, beleza literaria ou calquera outra razón, sexan
interesantes para os alumnos e alumnas.
Novas: Publicaranse todas as noticias que teñan que
ver coa biblioteca e co seu ambiente.
Glosario : Significado de palabras e expresións relacio-
nados co mundo das bibliotecas.
Novidades Editorias: Daranse a coñecer todas as novi-
dades editoriais que saian ao mercado.
X A N E L A
39
CONCURSOS
No mes de outubro aproveitando a celebración do Día Interna-
cional das Bibliotecas Escolares levouse a cabo un concurso
de banda deseñada, que tiña como obxectivo reflexionar sobre
o concepto de biblioteca, potenciar a imaxinación a través da
creación de personaxes e historias e achegarse ao mundo da
banda deseñada como un medio para contar historias.
Reunido o xurado, formado polos profesores do grupo respon-
sable do plan de dinamización da Biblioteca, decidiuse que o
premio era para o cómic As regras da biblioteca da que foron
autoras Paula Mariña Pérez García e Naomy Pazos Maderna,
alumnas de 1º C. A entrega de premios tivo lugar na Biblioteca
o luns, día 10 de outubro.
As regras da biblioteca
Paula Mariña Pérez e Naomy Pazos Paula Mariña Pérez e Naomy Pazos
X A N E L A
40
É unha actividade promovida pola Xunta de Galicia e levada á práctica
polo Equipo da Biblioteca do noso IES.
A mochila viaxeira está pensada para que, desde a biblioteca escolar, se
poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así propor-
cionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, toman-
do como motivo o mundo dos libros e a lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo tem-
poral, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a
formación dos lectores máis novos.
A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia: ese conto que
tanto nos gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas, as imaxes dun álbum que
tanto me abraiaron, esa música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro que fala do
tema que andamos a estudar…
En cada mochila inclúese un caderno de aspecto coidado que chamamos o diario da mochi-
la, co que se trata de favorecer a expresión dos usuarios da mochila, das familias, en rela-
ción á experiencia que esta lles proporciona, o que observan con respecto aos hábitos de
lectura dos seus fillos ou fillas, a súa opinión sobre a actividade e as súas porpostas de me-
llora.
NOVAS SUBSCRICIÓNS
Fotogramas
Les Clés de l’actualite JUNIOR
Muy Interesante
La aventura de la Historia
Que leer
Nacional Geographic
Geo Ado
X A N E L A
41
OO
ESPELLOESPELLO
DASDAS
VERBASVERBAS
X A N E L A
42
Mogollón dignos
Estou canso de oír falar mal da mocida-
de actual. Non me parece ben que a excepción
(algúns descerebrados xuvenís que pululan
polas nosas vilas) se converta en norma. É
inxusto. Os mesmos argumentos que se utili-
zan hoxe para denigrar os mozos utilizáronse
en todas as épocas. Sempre a mesma cantinela.
Inmaturos. Caprichosos. Violentos. Vagos.
Viciosos.
Recordo unha historia que me contou un
amigo vasco, profesor de filosofía. Unha seño-
ra de Bilbao chamou á policía porque había
mozos bañándose espidos nunha fonte, diante
da súa casa. A policía acudiu e conse-
guiu que os rapaces marcharan. Pou-
co despois a señora volveu chamalos,
queixándose do mesmo. Pero señora -
díxolle o policía-, se agora están a
máis dun quilómetro... É certo –
confirmou a señora-. Pero cos pris-
máticos sígoos vendo.
Así son a maioría dos adultos ros-
móns. Nin comen nin deixan comer.
Deixade que poña un exemplo, un
simple exemplo, que demostra que
tanto pesimismo é incerto. Un caso
real que sucedeu nun instituto de Boi-
ro. Un dos casos máis emotivos e humanos
que coñezo. Un caso que devolve a confianza
no xénero humano. Cunha mocidade con esa
enteireza moral só pode agardarnos un futuro
esplendoroso. E non pensedes que os protago-
nistas son rapaces con boas notas, boas manei-
ras e mellor disposición. Ao contrario. Eran,
hai dous anos, cando sucederon os feitos, a
peor clase dun instituto de secundaria. Vinte
alumnos de 3ºB. A mediados de febreiro, non
había un que non tivera un mínimo de dous
partes. Máis da metade foran expulsados á
casa. Ningún deles aprobara un exame en todo
o curso. Nin de Educación Física.
O titor estaba algo máis que preocupado.
Cría que non era culpa deles, e sentíase res-
ponsable. A maioría procedían de familias
desestruturadas. Tiñan bo corazón pero asumi-
ran o rol de cafres e vivían cómodos con el.
Pasáballes como a moitos mozos de orixe al-
xerino que naceron e viven en Francia. Entran
en grupos terroristas islámicos buscando unha
identidade. Os franceses considéranos alxeri-
nos e cando van de vacacións a Alxeria consi-
déranos franceses. A aqueles rapaces pasába-
lles algo parecido. Na casa, os pais tratábanos
como malos alumnos; no instituto, os profeso-
res tratábanos como malos fillos. Tamén nece-
sitaban unha identidade. Vándalos de aula,
mellor que nada.
O titor decidiu darlles a oportunidade que
nunca tiveran.
Díxolles que o exame de Historia que terían
ao día seguinte ía ser o mesmo que
esa mañá lle poría aos alumnos de
3º A. Estaba clara a intención. Con-
seguirían as preguntas do exame e
aprobaríano. Mellor iso ( precoupar-
se de conseguir as preguntas e estu-
dalas, aínda que fose por riba) que
outro suspenso masivo. Terían o
primeiro reforzo positivo da súa
vida académica. Para máis, 3ºA era
un curso excelente, do que falaban
ben todos os profesores, e daríanlle
as respostas correctas, ben feitas.
Pero cando corrixiu os exames (é un dicir),
o titor quedou parvo. Todos en branco. Nin un
só dos titorandos se molestara en saber que
preguntas puxera na outra clase.
Indignado, foi á aula e reprochoulles seme-
llante desinterese.
Non merecedes nada –díxolles-. Nada. E
pediulles, sen ningunha esperanza, unha expli-
cación razoable.
O caso é que a había.
Os de 3ºA cáennos mal –díxolle o delegado-
Como lles imos pedir nada.
X. Ricardo Losada
X A N E L A
43
C l a r a m u l l e r
Repentinamente, o
latexo duns pasos na es-
curidade asustouna. De-
contado, mais sen poder
acertar de quen procedía,
oíu un murmurio de la-
mentos trala porta da
cociña. Por un intre lem-
brou a migraña coa que
se deitara súa nai, pero
tamén coñecía os mila-
gres do paracetamol que
tomara; e aínda que sabía
do costume da avoa en
levantarse a beber auga algunhas noites, desta vol-
ta o andar pareceulle distinto; ademais, o frío de
xaneiro non animaba a camiñar descalza por un
chan de gres que semellaba ter filtrado por algures
toda a xeada do exterior. Clara aterecía na escoita
daquel camiñar sosegado, cecais o das pantuflas de
seu pai, pensou nun momento, pero axiña tamén
descartou esa posibilidade, pois tratábase dun son
de calzado máis bruto que silenciaban pasos fráxi-
les e lentos. Era irritante, fastidioso, velador. A luz
da lúa enchente que entraba no cuarto a través dos
ocos miúdos da persiana permitiulle ver a agulla
curta do reloxo a piques de alcanzar as 4:00: de-
masiado cedo para erguerse ninguén da casa. -Meu
irmán non pode ser –dicía para si-, faría máis ruí-
do. Quixo incorporarse a comprobar de quen se
trataba, pero unha repentina aceleración no ritmo
das alancadas atemorizouna aínda máis. O medo
prendeu nela e impedíalle sequera abrir os ollos.
Decúbito prono, encollida, totalmente baixo as
sabas, sentiu algo, se cadra un coitelo, atravesán-
d o l l e o b a i x o v e n t r e . E s p e r t o u .
Pola mañá, o autobús agardouna un intre. Saíu da
habitación cos libros errados e botou unha derra-
deira ollada á cama. -Mamá vai enfadarse –
Murmurou. Súa nai deixáralle un paquete nun
caixón da cómoda, por máis que tamén a ela lle
parecía cedo. Revisou as manchas do sangue entre
as sabas para ver se había que mudar a colcha e
deulle a volta ao colchón.
Alberto Piñeiro
… … as follas evadidas
do almanaque dos nosos soños (*)
van pousando no escamallo entre bátegas do lume
que devala silandeiro e cinseiro se sumerxe
no urro do solpor
sobre o teito de escarcha o brezo das ausencias
deixa beixos pra que prendan na noite tremelante
da carriza branca
e as palabras buscan o fanal dos teus ollos
por se a infancia aínda non mudou
toda en rescaldo
pouco a pouco as horas esmorecen
e o chirlo dos cantores fundirá a xeada
pero nada do que quede agromará de novo
sabendo como foi
se cadra só da ciobra se fará acordanza
e dos berros inaudibles de Cristo encadeado
aos coios rebentados polo mar
(*) Versos de Manuel Antonio.
Alberto Piñeiro
Wenn der Wind, rasch umsetzend, im
Gebälk der Hütte murrt und das Wet-
ter verdriesslich werden will…
X A N E L A
44
Poema Acostumarse a un idioma descoberto desde o frío. A días onde o amor só coñeza
esa delación esgazada do abandono. Aquilo que precedeu a estas palabras. Porque foi esmorecendo o discurso teu. Azur estremecido, espello, sirga que se rompe, auga estiñada, espello
en cada noite, ollares frientos, detidos no espanto. No vestixio do voso, detidos. Instalouse a aspereza entre as túas sombras. A experiencia do inverno como un devir de rosas acres. De olvido.
Como unha palabra reservada unicamente para a dor.
Carlos Penela
POEMA
Cando a sombra é de de muller
hai algo máis que enche de dor a distancia.
Falan dela en feminino
apelativo agarimoso, branca sombra. É como
se a muller que morre levase consigo
a mornura de todas as peles que houbo.
Pero ela, a sombra branca,
afástase xa máis soa ca nada,
máis indefensa ca nada ante as arestas do xeo
máis indefensa ca nada
fronte os espazos de formol nos que repousa unha noite
mentres nas oficinas estampan selos
timbrados de chumbo.
Helena de Carlos
X A N E L A
45
X. Ricardo Losada (Rianxo, 1961) é profesor de filosofía no IES Es-
piñeira de Boiro, onde traballa moi a gusto. Publicou o libro de relatos
O xene da chuvia e participou en varios libros de relatos de autoría
colectiva. Colabora en varias revistas da comarca, como Casa da
Gramática e Alameda, e no suplemento A voz de Barbantia en La Voz
de Galicia. É secretario da Asociación Cultural Barbantia
Fillo de galegos emigrados na Alemaña, Alberto Piñeiro naceu na que
fora Colonia Agrippina, á que na actualidade chaman Köln, no ano
CCV despois de Hegel. Arestora vive en Bealo. Licenciado en Filolox-
ía Clásica , é o coordinador da Asociación Cultural Barbantia. Organi-
za en Boiro, dende o nacemento da mesma, a Semana da Cultura Gale-
ga Actual. Durante tres anos, conduciu en Barbanza Radio o programa
de música clásica A casa da música. Xunto á pintora Paola García Paz,
levou adiante a exposición Himno a Afrodita, na que traduce do grego
os versos homéricos. Participou no I e no III Encontro de Creadores do
Barbanza, así como nos libros colectivos Voces na materia e A cor dos
soños, entre outros. Publicou o libro Os músicos de Boiro. Autor tamén
de poesía, é o último gañador do Certame "Faustino Rey Romero", co
poemario titulado Elexía a María Mariño.
Helena de Carlos Villamarín naceu en Barbantes (Cenlle, Ourense,
1964). É doutora en Filoloxía Clásica e profesora titular do Departa-
mento de Latín e Grego da Universidade de Santiago.
Especializada en estudos sobre a latinidade medieval, publicou unha
tradución, acompañada de estudo introdutorio e notas, da Consolación
da Filosofía de Boecio. Como poeta publicou os volumes Alta Casa
(1996), 1999 (2001), Aracne 3 (2006) e Vigo (2007), ademais de cola-
borar en revistas como Alquimia, Dorna, Festa de Palabra Silenciada,
Madrygal, Nordés e Ólisbos. Figura tamén en varias escolmas poéti-
cas, entre elas na antoloxía trilingüe A tribo das baleas (2001).
Carlos Penela (Vigo, 1975)
Licenciado en Filoloxía Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, dedicouse á
tradución en portugués e alemán, e á docencia na Universidade de Vigo. Actualmente reside en
Viena.
Obtivo o Premio Espiral Maior de Poesía en 1997, co poemario As linhagens do frio, o Premio
Eusebio Lorenzo Baleirón en 2000 con Acaso o inverno e o seu libro O que ardeu nos espellos
foi accésit do Premio Esquío de poesía en 2004. En 2007 gaña o Premio de Poesía Caixanova
coa obra Sombras, rosas, sombras.
X A N E L A
46
A Xeración Nós está constituída por un grupo de intelec-
tuais galegos que entre 1920 e 1936 se fan cargo do labor
de elaborar unha literatura galega de prestixio seguindo os
modelos da literatura mundial. Entre as grandes figuras da
Xeración Nós destacan: Vicente Risco, Otero Pedrayo, Cas-
telao, Florentino López Cuevillas... Para divulgaren as súas
ideas botan man da revista Nós que crearon en 1920 e que
incluía artigos literarios, etnográficos, folclóricos, arqueoló-
xicos... Os protagonistas desta xeración chegan ao galeguis-
mo logo dun proceso de conversión: nun primeiro momento
eran individualistas e interésanse pola literatura europea e
por todo o que queda afastado para logo descubrir que, des-
de Galicia e en galego se podía ser orixinal e universal. A
partir dese momento van loitar pola cultura galega.
Alfred Hitchcock (1899-1980) foi un director de cine britá-
nico. É considerado o gran mestre do cine de suspense, no
que demostra un gran dominio da cámara. Estre as súas
películas destacan Rebeca, A ventá indiscreta, Vertixe, Coa
morte nos talóns, Psicose e Os paxaros..
O día de Todos os Santos de 1755 a cidade de Lisboa
sufriu un violento terremoto seguido dun maremoto que
produciu unha onda xigantesca. Tratouse do sismo máis
violento sufrido nunca pola península Ibérica. A violencia
dos tremores e o incendio que se desatou a continuación
detruíron case completamente Lisboa.
O lago máis grande do mundo é o mar Caspio, que ocupa unha
superficie de 371.000 km2 . O lago máis profundo é o Baikal, en
Rusia, que acada unha profundidade máxima de 1.620 m. O
lago máis grande de América do Sur é o Titicaca, cunha superfi-
cie de 8.288 km2.
X A N E L A
47
ENERXÍAS RENOVABLES E NON RENOVABLES
As enerxías renovables son aquelas que se obteñen de
fontes naturais, virtualmente inesgotables, xa que se con-
somen a menor ritmo do que se producen. As máis im-
portantes son a enerxía solar, eólica, hidráulica e da bio-
masa.
As enerxías non renovables son aquelas fontes de enerx-
ía que se atopan na natureza nunha cantidade limitada,
xa que se consomen a maior ritmo do que se producen.
Hai dúas fontes de enerxía non renovables: os combusti-
bles fósiles (carbón, petróleo e gas natural) e os combus-
tibles nucleares (uranio e plutonio).
As vantaxes da utilización das fontes de enerxía renovables superan de forma importante ás das
fontes de enerxía non renovables, e son respectuosas co medioambiente.
Eloy Muñiz Romero (4ºA)
A CHUVIA ÁCIDA
A chuvia acida é un fenómeno artificial orixinado pola acción dos
ácidos corrosivos que se forman ao combinarse o óxido de nitróxe-
no e dióxido de xofre coa auga. Prodúcese sobre todo pola industria
metalúrxica.
A chuvia ácida é a causa de graves efectos medioambientais, como
a destrución do solo e da cuberta vexetal, dificultando a superviven-
cia de numerosas especies dependentes do medio.
Actualmente, contamos con algunhas posibles solucións: peche de
refinerías, utilizar gas natural nas industrias, ampliar o transporte
eléctrico, contar con equipos de control nos establecementos, ou
non empregar substancias químicas tóxicas nos cultivos.
David Fajardo Barral (4ºB)
X A N E L A
48
AS MAREAS VERMELLAS
As mareas vermellas (coñecidas como “purgas de mar” polos mariñeiros gale-
gos) son manchas máis ou menos amplas de cor parda ou vermella na superfi-
cie do mar, provocadas polo crecemento explosivo de certas algas microscópi-
cas chamadas dinoflaxelados (que se pode ver na figura), constituíntes do
fitoplancto mariño, onde serven de alimento aos peixes e moluscos.
A aparición de mareas vermellas está asociada a determinadas condicións
ambientais nas augas superficiais, nas que as citadas algas se reprodúcen de
xeito descontrolado e intenso. Ás veces, estas mareas estan constituídas por
determinadas especies que son capaces de producir toxina. Ao ser inxerida
polos moluscos bivalvos (animais filtradores), poden causar problemas de intoxi-
cación alimentaria nos consumidores.
Curiosidades: nin son mareas, nin son sempre vermellas
En realidade, a denominación de “marea vermella” é incorrecta, xa que nin están relacionadas co
devalo das mareas nin son sempre de cor vermella, pero o termo está xa absolutamente imposto na
sociedade, nos mariñeiros e na comunidade científica.
Daniel Torrado Mayán (4ºB)
Dinoflaxelado
MAREAS NEGRAS
Unha marea negra é a masa oleosa que se crea cando se produce un derra-
me de hidrocarburos no medio mariño. É unha das formas de contamina-
ción máis graves, pois invade o hábitat das especies mariñas, e acada as
costas e praias, destruíndo a vida ao seu paso. A maiores, xéranse grandes
custos e investimentos na limpeza, depuración e rexeneración das zonas
afectadas.
E Galiza non esquece. O 13 de novembro de 2007, cumpriuse o 5º aniversario da catástrofe ecolóxica
que asolagou as costas galegas: o afundimento do Prestige. Hoxe, aínda non podemos falar dunha recu-
peración absoluta do litoral galego.
Daniel Ríos Tubío (4ºA)
X A N E L A
49
A opinión de José Ramón Laíño Franco (4ºB):
Acostumados a isto?
As teorías sobre o cambio climático son varia-
das e incluso contraditorias. Uns científicos pronosti-
can un quentamento progresivo, baseándose no aumen-
to das temperaturas, e o efecto invernadoiro provocado
polo aumento do CO2, que podería levar á Terra a unha
situación atmosférica parecida á de Venus. Outros, non
obstante, centran as súas observacións nos cambios nas
correntes submariñas, diminución das manchas solares
e aumentos nas precipitacións sobre o hemisferio norte.
Os científicos hai tempo que nos alertan e os
gobernos parece que empezan a interesarse, na medida
que ven como se altera a economía e como as catástro-
fes causan cada vez máis vítimas humanas. Cada día
estamos máis acostumados a ver como os medios de
comunicación se centran en fenómenos meteorolóxicos. É, sen dúbida, un tema de gran interese e gran
actualidade.
Sexa como sexa, o cambio climático é unha realidade que se está manifestando con máis rapidez
e contundencia do que se previra ata agora e as súas consecuencias comezámolas xa a sufrir todos en
forma de sequías, inundacións, etc. Especialmente nos países subdesenvolvidos. Avecíñase unha catás-
trofe, moito antes do que cremos.
O CAMBIO CLIMÁTICO,
O cambio climático é a variación global do clima que
está experimentando a Terra na actualidade.
A contaminación humana mediante a queima de com-
bustibles fósiles (carbón e petróleo) supón a liberación excesi-
va de CO2 á atmosfera, que potencia o efecto invernadoiro na-
tural necesario para manter unha adecuada temperatura na Te-
rra. Deste xeito, elévase a temperatura media do planeta por
riba dos 15ºC: estímase que a temperatura subiu 0,5ºC dende
hai 150 anos, e que en 2050 subirá ata 2ºC.
Entre as diversas consecuencias do cambio climático
destacan as seguintes: desxeo dos polos, interrupción das co-
rrentes mariñas, subida do nivel do mar, migración e desaparición de especies, aparición en zonas
temperadas de enfermidades propias doutras latitudes, aceleración da desertización, etc
A solución para frear o cambio climático débese concentrar en reducir a emisión de gases con
efecto invernadoiro. Neste sentido, é importante o cumprimento do chamado protocolo de Kyoto,
por parte daqueles países comprometidos.
Rubén Santamaría Alonso (4ºA)
X A N E L A
50
O protocolo de Kyoto non é suficiente para atallar o gran problema que temos entre mans. A
xente alarmouse cando se descubriu o meteorito Apofis, xa que a súa colisión contra a Terra podería
destruíla, pero non vexo que se alarmen cando falamos deste tema. Esta semana deuse a coñecer o plan
para reducir as emisións de CO2 en toda Europa, e en paralelo a este plan a prensa comunicou un estudo
no que se reflectían os niveis de emisións de CO2, e para a miña total sorpresa descubriron ao público o
nome do país europeo que maiores emisións de gases invernadoiro está lanzando á atmosfera, ESPAÑA.
Estamos á cola en estudos, tecnoloxía, economía, pero podemos estar “orgullosos” de ser nós quen máis
contaminamos este continente. Indígname ser español. Pero o problema é que este plan contra a conta-
minación do aire rematará onde remataron os anteriores. É humillante que chegaramos a esta situación.
Non vou falar da contaminación lanzada por EEUU, nin da lanzada por outros países, senón que falarei
do conxunto global de países. Non se está a facer nada, é preciso mobilizarse e intentar solucionar o
problema antes de que sexa demasiado tarde, está na man de todos cambiar o curso do planeta e como
habitantes del debemos facelo, é a nosa obriga coidar o noso contorno, polo noso ben e polo da propia
nai Terra.
Non son científico, ni tan sequera podo cualificarme de aficionado á meteoroloxía ou á climato-
loxía, pero son temas de interese que debemos seguir de cerca. Por iso espero que tódolos alumnos do
IES A Cachada, de Boiro e de todos os centros educativos do mundo se decaten do grave problema que
axexa ao noso planeta, e de que se non tomamos medidas, nosos fillos e netos pagarán as consecuencias.
É un problema de todos, e como tal debemos tratar de atallalo de raíz, polo ben do planeta e polo de
todo canto habita nel.
CONSERVEMOS A NATUREZA
Vouvos dicir unha cousa
e prestádelle atención
que se non a Terra nosa
xa non terá salvación.
Os montes son para as árbores
e os ríos para os peixes
pero se os primeiros arden
nos segundo hai lixo a feixes.
Ríos de augas contaminadas
montes sen árbores e desertos de cinzas
estas cousas hai que evitalas
para que non se vexa así Galiza.
Se vemos normal así o mundo
temos un problema grave
pero se loitamos xuntos
poida que con isto se acabe.
Laura Davila Pena
Alba Carreño López
X A N E L A
51
P
I
N
I
Ó
N
O P I N I Ó N
O P I N I Ó N
SÓ UN COMENTARIO…
Soa o atronador son do espertador. Son xa
as sete e media. Espreguízome e, despois de er-
guerme, diríxome ao baño para asearme. Vístome
e saio á rúa. Xa no instituto escoito as conversas
dos demais. No medio daquel furacán de voces
escoito un comentario que me daría voltas na ca-
beza toda a semana: negro. Unha simple palabra
nunca tivera tanto significado. Non era unha pala-
bra en ton despectivo.
Seis días despois, o ambiente na rúa facía-
se sentir. O día do Barça-Madrid por fin chegou e
a xente prepárase para un partido de infarto. No
bar case non quedan cadeiras libres e eu escollo a
máis cercana ao televisor. Pido unha Coca-Cola e
unha pequena bolsa de millos salgados para co-
mer durante o encontro. No partido o dianteiro
camerunés Samuel Eto´o dispara un balón perigo-
so que atalla o cancerbeiro madridista. Un dos
afeccionados dedica o comentario despectivo de:
“negro de merda”. Ese comentario provoca que o
partido perdera toda a importancia que tiña aos
meus ollos. O mesmo xogador empalma un zur-
dazo que rebota contra o largueiro. O afeccionado
do fondo dedica outra perla: “negro, fillo de…”.
Eu intento non escoitar o comentario ou polo me-
nos ignoralo. Cinco minutos despois o dianteiro
barcelonista marca un tanto de cabeza. O insolen-
te afeccionado dedica un comentario que non
cómpre mencionar. Eu levántome do meu asento
e diríxome ata a mesa do fondo na que el está
sentado. Acércome a el e pídolle que rectifique e
non dirixa máis comentario xenófobos cara ao
xogador. El pretende quedar ben sen rectificar
reiterando un comentario despectivo cara a min,
alegando que son un afeccionado do Barcelona.
Eu dígolle que son siareiro do Madrid pero explí-
colle que esta situación non é debida ao fútbol,
senón ao racismo. El, nunha clara demostración
da súa embriaguez levántase e empúrrame. O
camareiro apaga o televisor. O bar queda en silen-
cio. O dono do bar sae desde detrás da barra e
pídelle ao afeccionado que abandone o local. O
siareiro, dándose de conta do seu erro camiña
cinco longos e agoniosos pasos ata a porta e mar-
cha do local. Os afeccionados presentes, das dúas
afeccións, aplauden a miña acción.
Xa pasaron dous anos desde aquel en-
contro. Día a día escoito comentarios similares
aos do afeccionado mencionado. Nada cambiou
desde aquel devandito día, salvo a miña percep-
ción da realidade. A miña mente tornou bastante
máis precisa do que era daquela. Os temas refe-
rentes á marxinación, vividos en carne propia,
rebrandeceron máis o meu corazón. Hoxe podo
dicir que tiven un amigo que seguía o movemento
do nacionalsocialismo, o movemento promovido
por Adolf Hitler. Este home, de trinta e dous
anos, expresidiario e drogadito foi o meu amigo.
Unha amizade que tería unha curta duración. Era
capaz de marxinar as persoas sendo expresidiario
ao que lle doía que a xente o marxinase por ese
feito. Comigo era un bo amigo, pero o compromi-
so moral que me supuxo compartir o tempo con
ese home, e sobre todo, o medo a chegar a con-
verterme nun ser parecido a el, propiciou que
abandonase esa amizade. Descubrín entón que a
xenofobia é un mal que vive nalgunhas persoas,
pero non a flor de pel, senón no máis profundo do
seu corazón. Un odio contra o que debemos loitar.
Non podemos permitir comentarios coma os men-
cionados, porque neles reside un odio ancestral
X A N E L A
52
que acabou con milleiros de mortos por unha sim-
ple razón, o medo, o descoñecemento e a ignoran-
cia, causas de tanta dor.
Espero que isto cambie axiña e a sociedade
ignore a cor, un mundo no que non se discrimine
a ninguén polo ton da súa pel.
RAMÓN LAÍÑO FRANCO
(1º premio do concurso Artigos de Opinión. 2º
Ciclo ESO)
AS TALLAS
¡Acabáronse os problemas das tallas! Que
ben, agora xa non pasa nada se non colles dentro
dunha trinta e seis ou dunha trinta e oito xa que
resulta que soamente existen tres tipos de corpo:
“cilindro”, “diávolo” e campá”.
Pregúntome quén sería a persoa que lle
puxo semellantes nomes, sobre todo ao de
“diávolo” que non teño nin remota idea de a que
vén.
Pois ben, agora o que non é tan doado é
catalogar o teu corpo nun destes modelos, porque
eu sigo pensando que cada corpo é diferente e que
non ten porqué encaixar dentro destes tres este-
reotipos. De tódolos xeitos se alguén pensa que
encaixa nalgún deles ¡noraboa!, seguramente
terás un tipo igualito ao de Beyoncé se o teu cor-
po é de “campá”, ao de Cameron Díaz se é o de
“cilindro” e ao de Paula Vázquez se é o de
“diávolo”. ¡Que sorte!
Pero, ¿imaxinádesvos por exemplo a Aída
(Carmen Machi) tendo o mesmo tipo de corpo
que Beyoncé, Cameron Díaz ou Paula Vázquez?
Pois un dos tres é tamén o seu.
FÁTIMA NÚÑEZ PÉREZ
(2º premio do concurso Artigos de Opinión. 2º
Ciclo ESO)
PEATONILIZACIÓN DAS RÚAS DE BOIRO
Neste artigo quero mostrar a miña discon-
formidade co actual estado da rúa peonil Pablo
Iglesias.
Admito que ten diversos aspectos positi-
vos: é un lugar apropiado para o goce e ocio dos
rapaces e anciáns, fai que haxa menos contami-
nación atmosférica e acústica, máis comercio e
unha gran tranquilidade por parte dos veciños da
zona…
Pero a rúa peonil tamén conta con gran
cantidade de aspectos negativos, algúns deles
preocupantes. O material empregado no só e in-
adecuado producíndose en pouco tempo a rotura
de gran cantidade de lousas; os condutores e con-
dutoras non respectan as normas de prohibición;
os bancos están colocados ao bordo da estrada e a
mesma altura dela, o cal, en caso dun pequeno
despiste dos condutores ou de que o ocupante do
banco estire as pernas máis da conta, pódese pro-
ducir un atropelo; os canalóns de desaugue que
bordean a estrada verten auga para fóra con moi
pouco que chova; os maceteiros atípicos espalla-
dos pola rúa parécenme inadecuados, xa que
nunha rúa ampla como esta quedarían mellor uns
maceteiros alongados e non uns verticais.
A todos estes aspectos debemos sumar a
falta de civismo dalgunhas persoas que collen
parte das plantas dos maceteiros, deixando o chan
cheo de terra e, os sábados pola noite, raro é que
non fagan algún estrago.
En conclusión, rúa peonil si, pero en me-
llores condicións.
ANTÍA PIMENTEL IGLESIAS
(3º premio do concurso Artigos de Opinión. 2º
Ciclo ESO)
X A N E L A
53
A GUERRA
Vin moitas guerras que non fan ben a nin-
guén, e aos que teoricamente debería axudar,
destrúeos. Guerra sen sentido. Algunhas por re-
lixión, outras por territorios e outras por ter dife-
rentes opinións. Pero todas teñen un mesmo
obxectivo: conseguir o poder para dominar a ou-
tros. Todas as guerras son polo poder. Case todas.
As guerras pola liberdade quizais sexan precisas,
pero a guerra máis nobre e xusta pódese converter
nunha barbarie se se toman rumbos máis escuros:
masacre, violencia sen sentido…
A guerra é o vástago de odio humano e da
cobiza. A súa inevitable presenza nace co ser
humano e morre coa humanidade, se non acaba
con ela. A guerra vai da man coa historia do
xénero humano, busca a paz pero só atopa a vio-
lencia. Dende os primeiros homes hai guerras:
cavérnicolas, exipcios, gregos, romanos, celtas,
xermanos, hispanos, galos, musulmáns, rusos,
xaponeses, estadounidenses… a lista é longa, xa
que toda nación tingue a súa historia coa vermella
mancha que é a guerra. Esta lista chega ata o pre-
sente e seguro que perdudará no tempo infinito.
O mundo viuse angustiado por pestes, enfermida-
des, fame e desastres naturais, pero nada se com-
para coa fatídica guerra. Destrúe fogares, fami-
lias, cidades, países… Familias que sofren polos
perdidos na guerra ou por culpa dela. Os soldados
teñen familia; son eles os que matan, son eles os
que morren. Algúns matan obrigados, outros por
pracer. Representan o ying-yang da guerra.
Vin moitos guerreiros que loitaban por un
ideal que eles crían nobre, tamén moitos mercena-
rios que o facían para o mellor ofertante. Solda-
dos que loitaban en primeira fila, mentres os
“grandes heroes”: xenerais, emperadores, presi-
dentes e líderes estaban tranquilos esperando noti-
cias do fronte de batalla, onde morren miles de
homes; e eles sen inmutarse, considerándoos sim-
ples pérdidas estratéxicas. Un verdadeiro heroe de
guerra é aquel que loita por un nobre propósito en
primeira fila, sexa xeneral ou soldado, e é respec-
tuoso coas vidas dos demais.
ROBERT A. CÁRDENAS SCHWENKE
(2º premio do concurso Artigos de Opinión. 1º
Ciclo ESO)
UNHA SOCIEDADE CONSUMISTA
“Mamá, mamá, quero a Nintendo, a Play
Station 3 e un ordenador novo polo día de Reis!”
ou “Papá, o ano pasado foron catorces agasallos
polo meu aniversario, este ano quero máis!”. Son
exemplos claros dunha sociedade consumista.
Estamos sempre a pedir, a mercar, seguimos pe-
dindo, seguimos mercando… Esta é a sociedade
na que están medrando e na que se están educan-
do as novas xeracións. As propagandas que saen
nas revistas e na televisión non axudan moito,
senón todo o contrario: axudan a que este fenó-
meno cada vez máis estendido e nada beneficioso
se estenda aínda con máis rapidez.
Todos os días estamos a ver exemplos
clarísimos do consumismo abusivo, poñamos por
caso as festas do Nadal. Veña a mercar agasallos
e a encher o carro da compra ata rebentar! Merca-
mos cousas para os fillos, os netos, os curmáns,
tíos, avós, amigos, veciños… e ata a aquela tía
lonxana á que soamente vimos unha vez…. Do
que se trata é de compensar as carencias afectivas
e a falta de dedicación aos nosos seres queridos
que sufriron durante todo o ano con agasallos. E
cantos máis se regalen, mellor. Polo tanto, creo
que é mellor pensalo dúas veces antes de volverse
tolo matinando que é o que lle gusta a este ou o
que lle gusta a esta e regallarlle máis cariño e
afecto á xente que nos rodea.
ANABEL FIGUEIRA CASTRO
X A N E L A
54
Boirenses
na
lembranza
R amón Fernández Mato nace en Cespón o 13 de maio
de 1889. Seu pai, que tamén se chamaba Ramón,
procedía das terras luguesas do Valadouro e chegou a
Cespón para dirixir a construción da estrada Padrón-
Ribeira. Alí coñeceu a Emilia Mato coa que casou.
Cursou estudos de medicina en Santiago, xunto con Caste-
lao, e foron grandes amigos.
Fernández Mato será unha figura de moita importancia no xornalismo e na política no período
que vai de 1912 a 1936. A dirección do xornal vigués El Pueblo Gallego e as colaboracións no periódi-
co bonaerense La Nación dan fe da súa talla xornalística. Os postos ocupados, durante a II República,
como Gobernador Civil de Ciudad Real, Málaga, Jaén e Cáceres, a Dirección Xeral de Seguridade, así
como o cargo de Deputado, amosan o importante labor deste boirense.
Ao comezar a Guerra Civil exíliase, primeiro a Cuba e logo a Venezuela, Arxentina, República
Dominicana, México e Estados Unidos. En Cuba colabora en distintas publicacións da emigración. Na
Arxentina, en 1945, forma parte xunto con Castelao do Consello de Galicia, participando nas reunións
das Cortes republicanas en México na súa condición de deputado, acta conseguida en febreiro de 1936
pola provincia de Lugo dentro das filas dos centristas de Portela Valladares. Estando na República Do-
minicana publica en México Trujillo o la transfiguración domininicana, libro sobre o ditador dominica-
no e onde racha cos restos de lealdade que lle quedaban coa República.
Volta do exilio en 1964 e despois dunha tempada en Bilbao fixou a residencia en Foz e a definiti-
va en Vilagarcía “para non perder a súa innata condición de arousán e así poder ver no ocaso como
esmorece a luz na testa do Barbanza, mentres a última raiola ilumina de poesía o seu reino de
Cespón”. E en Vilagarcía morre o 22 de novembro de 1980 sendo soterrado no cemiterio de Ferreira do
Valadouro de onde era nativa a súa muller, dona Pepita.
FILLO PREDILECTO DE BOIRO
A raíz dos actos que tiveron lugar en Cimadevila en abril de 1932 para celebrar o primeiro aniversario
da República, Ramón Fernández Mato, xa toda unha personalidade no mundo da política e das letras,
chegou ao seu Boiro natal para pronunciar un discurso conmemorativo da efeméride. Rematada a diser-
tación, o brillante orador boirense foi aclamado por unha entusiasmada multitude alí reunida , que El
Pueblo Gallego cifrou en 6000 almas. Poucos días despois a Corporación Municipal de Boiro, presidada
polo seu alcalde Benito Calo nomeara Fillo Predilecto de Boiro a Ramón Fernández Mato.
X A N E L A
55
.
.
PRESIDENTE DO CELTA DE VIGO
Co motivo dun dos maiores naufraxios que se recordan nas costas galegas
(sesenta mariñeiros de Bouzas morreran afogados) formouse unha comisión
en Vigo para socorrer as viúvas e os orfos das vítimas e designouse presi-
dente dela a Fernández Mato. Este organizou un partido entre as seleccións
de Galicia e Madrid e o éxito económico foi tal que ao pouco tempo nomeá-
rono presidente do Celta aínda que nunca fora afeccionado ao fútbol.
BRINDIS
Eu ergo a miña copa do Porto ou de Madeira
pol-o grande Portugal cacheador do mar;
pol-a morna saudade que hembra ó suspirar
nas harpas consagradas do máxico Teixeira.
O Miño, azul e maino, de ribeira a ribeira,
vai cosendo co fío do novelo de luar,
como se Dios quixera blandamente axuntar
os rachados anacos d’unha vella bandeira.
Por Portugal, a terra dos ávidos pilotos,
por Portugal, o berce das longas descobertas,
espallo un longo feixo de loureiros miñotos.
Por Portugal, o niño de amor e hidalguía,
por Portugal que quixo nas súas mans abertas
arrolar o recordo da nosa Rosalía.
Fernández Mato
* Este poema é o único que se lle coñece en
galego e foi lido na sesión do Instituto Histórico
do Minho o 29 de agosto de 1923 e publicado
no xornal portugués A Aurora do Lima
Fernández Mato por Paola García Paz
Casa de Fernández Mato en Cespón
X A N E L A
56
No curso 2005 - 2006 o Equipo de Normalización Lingüística fixo un estudo sociolingüístico no
noso Instituto. Traballo que en forma de enquisa foi publicado no número tres da revista XANELA.
No actual curso o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propúxose actualizar
aquel estudo para iso fíxose unha enquisa entre o alumnado de 1º e 2º de ESO, alumn@s que daquela
aínda non estaban no Centro. O resultado deste traballo foi o seguinte:
73,1 74,3
26,9 25,6
0
10
20
30
40
50
60
70
80
1
Galego antes
Galego agora
Castelán antes
Castelán agora
Nota.– antes refírese á enquisa do curso 2005-2006 agora refírese á enquisa do presente curso
No resultado global de 1º ciclo
de ESO (1º e 2º) hai un lixeiro
aumento de galego-falantes con
respecto a hai dous anos. Pása-
se do 73,1 % ao 74,3 %.
Non obstante en 1º de ESO hai unha per-
da de falantes que teñen o galego como
lingua de instalación. Pásase do 71,7 %
en 2005-06 ao 66,2 % actual, cunha per-
da de máis de cinco puntos.
Lingua de instalación dos alumnos/as
X A N E L A
57
60,7
25,3
13,8
Galego
Castelán
Sen determinar
Lingua vehicular na que se imparten as materias
No referente ás materias imparti-
das en galego no 1º ciclo da ESO,
no curso 2005 - 2006 utilizábase o
galego como lingua vehicular no
68 % das materias, fronte ao
60% que se utiliza na actualida-
de.
Como conclusión final pode-
mos apuntar que no noso Cen-
tro o galego segue a ser o idio-
ma maioritario do alumnado.
Incluso no ámbito urbano au-
mentouse un 1,3 % o seu uso.
X A N E L A
58
DIVISIÓN PROVINCIAL
C oa chegada dos tempos modernos, que podemos datalo ao
redor de 1480, o Reino de Galicia aparece dividido en sete
“provincias”. O termo “provincia” non tiña o sentido que ten hoxe, xa que
realmente só acadara un valor representativo e non organizativo e admi-
nistrativo como teñen as provincias actuais.
A institución máis importante do Reino de Galicia, en tempos dos
Reis Católicos, era a Real Audiencia, con sede na Coruña. Á sombra desta
institución naceu a Xunta do Reino de Galicia na que estaban representa-
das as cinco cidades que había entón en Galicia (Mondoñedo, Lugo, Ou-
rense, Betanzos e Santiago). Anos despois uníronse, A Coruña e Tui. A
cada cidade fóronlle engandindo os territorios próximos, nacendo así as
chamadas sete provincias do Reino de Galicia, “provincias” que, como xa
dixemos, só tiñan carácter representativo.
No século XVIII, o ministro Floridablanca trata de organizar España en trinta e un intendencias,
unha das cales sería Galicia.
No século XIX comézase a presentar seriamente a necesidade de estruturar o Estado.
Durante el dominio napoleónico, Xosé I, proxecta dividir a Galicia en catro prefecturas, que
seguindo os gustos da época, daríaselles nomes fluviais: Tambre (A Coruña), Miño Alto (Lugo), Miño
Baixo (Vigo) e Sil (Ourense). O 17 de abril de 1809 apróbase un Decreto coas divisións anteriores pero
cambiando a denominación fluvial. Quedan 4 prefecturas e 12 subprefecturas.
Prefectura da Coruña : subprefecturas na Coruña, Santiago e Corcubión.
Prefectura de Lugo : subprefecturas en Lugo, Viveiro e Mondoñedo.
Prefectura de Ourense : subprefecturas en Ourense, Monterrei e Monforte.
Prefectura de Vigo : subprefecturas en Vigo, Pontevedra e Tui.
Despois da Guerra da Independencia, as Cortes de Cádiz seguen vendo a necesidade de articular
o país en provincias, ordenando levantar unha Carta Xeográfica de España.
Cando chega, como rei, Fernando VII, todo isto queda paralizado, ata que no trienio liberal (1820
-1823) se retoma o tema e volve a insistirse na creación das catro provincias, case semellantes as da
época napoleónica .
Coa volta ao absolutismo monárquico, volve a paralizarse todo. Pero en 1833 con Isabel II , diví-
dese o Reino de Galicia nas catro provincias tal e como están hoxe, e case igual aos proxectos anterio-
res, coa única salvidade do traslado da capitalidade de Vigo a Pontevedra, coa conseguinte denomina-
ción de provincia de Pontevedra (Real Decreto do 30 de novembro de 1833).
X A N E L A
59
OS CONCELLOS
A súa creación segue unha evolución paralela á das
provincias. Co trienio liberal de 1820 a 1823, despois
de que o xeneral Riego lle faga xurar a Constitución a Fernando
VII, aparecen xa algúns concellos, chamados constitucionais.
No que hoxe é territorio municipal do Concello de Boiro
aparecen tres : Boiro, Cespón e Cures. Dentro dos vinte e un que
entón formaban o partido xudicial de Noia, pertencentes á provin-
cia da Coruña. Pero estes concellos só duraron ata o 1º de outubro
de 1823 en que Fernando VII volveu a instaurar o antigo réxime.
Tras a morte de Fernando VII, e xa no reinado da súa filla
Isabel II, o Real Decreto do 23 de xullo de 1835 dispón que se
faga un novo arranxo dos concellos. Como consecuencia disto o 5
abril de 1836 exponse un proxecto no que desaparecen os antigos
concellos de Cespón, Cures e Boiro, e créase un só: o de Boiro, composto polas parroquias de Aban-
queiro, Boiro, Bealo, Cespón, Cures, Fruime, Lampón e Macenda.
Ao ser publicado este proxecto foron abondosas as alegacións que se presentaron, todas resoltas
pola deputación da Coruña na sesión do 7 de xuño de 1836 e efectando ao concello de Boiro coa segre-
gación dunha das parroquias inicias: a de Fruime, que foi engadida ao concello de Lousame.
Pouco tempo despois os veciños de Cespón demandaron de novo concello propio. A deputación
da Coruña, en sesión do 6 de novembro de 1837, acorda que dita petición pase a informe, a cal non pros-
perou.
A nova distribución, xa definitiva, de concellos da provincia, no que corresponde ao partido
xudicial de Noia, foi publicada no Boletín Oficial Provincial da Coruña o 22 de xuño de 1836, e nela
figura o concello de Boiro, da seguinte forma literal
Na relación anterior falta a actual parroquia de Santa María do Castro, porque daquela estaba
integrada na de Santa Eulalia de Boiro. Non foi ata 1929 cando a dita parroquia se segregou da de Boiro.
NURIA TUBÍO SANTAMARÍA e ARIADNA RESÚA REY 4º A
DEPARTAMENTO DE SOCIAIS
CONCELLO DE BOIRO
Parroquias que o forman Nº de veciños Nº de almas
Boiro, Santa Eulalia 579 2.316
Lampón, Santiago 178 760
Cures, San Andrés 127 664
Macenda, San Juan 40 160
Bealo, San Pedro 82 405
Cespón, San Vicente 245 1.100
Abanqueiro, San Cristóbal 168 764
1.419 6.169
X A N E L A
60
NOVAS
AMICOS O venres, 30 de novembro,
AMICOS, a Asociación de
Familias de Persoas con Disca-
pacidades Psíquicas, presentou
unha exposición no noso insti-
tuto, nela mostrábanse obxec-
tos feitos por persoas con di-
versas enfermidades psíquicas
demostrando así que unha per-
soa cunha enfermidade neuro-
dexerativa tamén é capaz de
facer cousas. Na exposición
tamén nos mostraban diferen-
tes obxectos para as persoas
con calquera tipo de minusval-
ía (libros escritos en braille,
reloxos falantes, euromoedei-
ros, rotuladores especiais…)
Ademais de ver a exposición
os alumn@s de 4º visionaron
un vídeo.
Foi unha exposición moi ame-
na e interesante na que puide-
mos comprobar que as persoas
con minusvalías tamén son
capaces de facer cousas.
QUERO SER GRANDE
O venres 16 de novembro os
alumn@s de 3º de ESO, acudi-
mos á Casa da Cultura Ramón
Martínez López para presen-
ciar unha obra de teatro. Tiña
por título Quero ser grande, e
representaba o paso da infancia
á adolescencia na vida de tres
rapazas. A obra compoñíase de
varias secuencias humorísticas
nas que se reflectían escenas
da vida cotiá.
Foi unha obra entretida, coa
que moitos de nós nos senti-
mos identificados.
DESFILE EN TONOS
O venres 2 de novembro, os
alumn@s de 4º de ESO do
noso instituto, como vén sendo
tradición dende hai moitos
anos, organizaron un desfile co
fin de recadar cartos para a
excursión de fin de curso, este
ano, á neve.
Contou o desfile coa participa-
ción de moitos alumn@s. Cada
vez máis tendas están dispostas
a deixarlles a roupa para os
pases: Rules, Imán Moda,
Brincos… O desfile foi un
grande acontecemento para a
maioría da xente do noso insti-
tuto, mesmo para os profesores
que, unha vez máis non dubi-
daron en asistir a tal acontece-
mento. Na pasarela os alumnos
e alumnas de 4º desfilaron con
roupa interior, pixamas, roupa
deportiva e ata traxes de noiva.
Sen dúbida, cada ano o desfile
de 4º é un dos eventos máis
entretidos do curso.
GAMBERRADA
O xoves sete de febreiro, logo
de voltar das vacacións de en-
troido, atopámonos coa sorpre-
sa de que atrancaran as portas
do colexio e non podiamos
entrar. Ao pouco tempo che-
gou a Policía Local, a Garda
Civil e os bombeiros que rom-
peron un cristal a abriron as
portas dende dentro.
Pero os amigos da silicona
volveron a incordiar o luns día
tres de marzo. Esperamos que
esta sexa a última gamberrada.
X A N E L A
61
SEMINARIO DE EMPRE-
SAS
Alumnos do noso Instituto
asistiron, o pasado mes de no-
vembro, a un seminario sobre a
difusión e creación de empre-
sas, organizado pola sociedade
BigGalicia. O obxectivo foi
mostrarlles aos alumnos como
se poden xerar ideas de carác-
ter empresarial.
A actividade estivo orientada
aos rapaces/as que cursan a
materia optativa Taller de Ini-
ciativas Emprendedoras. A
partir de casos reais abordáron-
se aspectos como as aptitudes,
habilidades e coñecementos
precisos para superar as barrei-
ras que acostuman aparecer
cando se comeza unha aventu-
ra industrial.
Á sesión da Cachada acudiron
membros das compañías boi-
renses Fungo e Xarelo, que
contaron aos rapaces/as as súas
experiencias no mundo empre-
sarial.
MEMORIAL PEPE BUCE-
TA O día 23 de decembro do ano
pasado tivo lugar a III Carreira
Popular “Mar de Boiro” orga-
nizada polo Departamento de
Deportes do Concello de Boiro
na que se lle rendeu homenaxe
ao amigo Pepe Buceta, faleci-
do o pasado mes de maio.
Cómpre resaltar a destacada
actuación que compañeiros do
noso Instituto tiveron en dita
proba dentro da categoría de
cadetes:
Antón Seijas , 1º clasificado.
Neptalí Canle, 3º clasificado.
Laura Davila, 3º clasificada.
Daniel Sieira, 4º, clasificado.
Esteban Miguens, 5º clasifi-
cado.
PRESENTACIÓN
O venres, día 22 de febreiro,
tivo lugar na Estación Leña-
verde de Boiro a presentación
do poemario Vestíbulo da que
foi profesora do noso instituto,
Rosa Enríquez. A propia auto-
ra recitou versos ao son da
música da violoncelista Carme
Tubío. Para rematar o acto, o
artista plástico Damián Eiras
plasmou todo nun cadro pinta-
do in situ. Ao final dous bai-
laríns danzaron sobre un mapa
da comarca dentro dunha mira
telescópica.
CALENDARIO O Equipo de Normalización e
Dinamización Lingüística do
IES A Cachada en colabora-
ción co Concello de Boiro,
editou un precioso calendario
para o ano 2008. Esta activida-
de é outra iniciativa máis
dentro dos proxectos de revita-
lización da lingua galega. O
calendario 2008 pretende dous
obxectivos: normalizar o uso
do galego e ofrecer un perco-
rrido polo concello a través de
rutas de sendeirismo no que
todas as parroquias están re-
presentadas.
Repartíronse máis de tres mil
exemplares entre os alumnos/
as de todos os centros de ensi-
no de Boiro e entre o comercio
local.
RECITAL POÉTICO
O pasado martes, día 1 de abril
o noso alumnado de 1º da ESO
achegouse a escoitar un recital
poético na Casa da Cultura da
Cachada a cargo do autor gale-
go Antonio García Teijeiro que
se celebrou para conmemorar o
Día Internacional da Poesía.
Este poeta, nacido en Vigo no
ano 1952, é mestre e exerce a
crítica como especialista de
literatura infantil nos xornais e
revistas máis importantes de
Galicia. Ten publicada unha
extensa obra poética para ne-
nos e mozos, entre os que po-
demos citar obras como: Poe-
mas do sol e da lúa e Na fo-
gueira dos versos entre outras .
X A N E L A
62
CERTAME
Con motivo
de fomentar
a lectura e a
c r e a c i ó n
literaria entre
os máis mo-
zos, a Biblio-
teca Munici-
pal de Boiro
convocou un
certame lite-
rario nas modalidades de conto,
relato e poesía dirixido aos alum-
nos dos centros de ensino do mu-
nicipio. O concurso denomínase
Rámón Martínez López e inclúe
a concesión de premios por un
importe total de 1500 €.
Ademais de animar os rapaces a
penetrar no mundo da literatura,
o obxectivo deste certame é o de
destacar a figura de Ramón
Martínez López.
Como requisitos imprescindibles
figuran que as obras teñen que
estar escritas en lingua galega e
ser inéditas.
EXCURSIÓN DE 3º DE ESO
Os días 7, 8 e 9 de maio algúns
alumn@s realizaremos unha ex-
cursión a Madrid co departamen-
to de Música e de Física e Quími-
ca. Acompañarannos as profeso-
ras Aurora, Pilar e Ana Belén.
O día sete espéranos unha longa
viaxe, pobres profes que se xa se
cansan de nós nunha mañá de
instituto, imaxinade o balbordo
de corenta rapaces nun autobús
durante sete horas seguidas!
Pola tarde iremos para os bunga-
lows, na serra, onde nos aloxare-
mos os tres días. Teremos esa
tarde libre. Supoñemos que nos
presentarán aos monitores e fare-
mos o reparto de habitacións. Na
noitiña dirixirémonos cara ao
centro de Madrid onde disfrutare-
mos do musical “Hoy no me pue-
do levantar”.
Erguernos vainos custar, xa que á
mañá seguinte teremos que ma-
drugar, porque nos espera un
longo día: unha visita guiada
polo Madrid dos Austrias, o cine
IMAX (o maior cine tridimensio-
nal de Europa), visita ao Museo
do Prado ou Reina Sofía e final-
mente ao Museo de Cera. Esa
noite, a última da nosa estancia
en Madrid á discoteca!
Pero unha das mellores cousas
queda para o final, todo o día
seguinte pasarémolo no Parque
Warner! Onde por suposto mon-
taremos en todas as atraccións.!
Agardamos con impaciencia o
mes de maio para disfrutar duns
días de relax cos nosos compa-
ñeiros, moi lonxe do noso temido
instituto.
ENCONTRO CON JOAN MA-
NUEL GISBERT
O día 4 de marzo no salón de
actos da Casa da Cultura Ramón
Martínez Ló-
pez, o departa-
mento de Lin-
gua Castelá
organizou un
encontro co
escritor Joan
Manuel Gis-
bert, dirixido aos alumnos de 2º
de ESO, que previamente leran o
libro do autor Los caminos del
miedo.
O escritor foi presentado polas
alumnas Julia Otero e Lorena
Resúa, as cales lle agradeceron a
súa presenza.
Despois de facer un breve co-
mentario sobre os relatos do libro
entrouse nun debate con algunhas
preguntas moi interesantes, como
por exemplo cando se lle pregun-
tou, ao escritor, canto tempo lle
levaba escribir un libro, ao que
costestou entre dous ou sete me-
ses; onde atopaba inspiración
para escribir, ao que respondeu
que en sitios silenciosos ou final-
mente qué era o que a el lle daba
medo ao que Joan Manuel Gis-
bert contestou que ao descoñece-
mento.
O acto rematou asinando libros e
regalando marcapáxinas.
BLOG
O Equipo de Normalización e
Dinamización Lingüística do
noso Instituto abriu en Internet
un blog para dar a coñecer todo o
relativo ás actividades, proxectos
e inquietudes referentes á norma-
lización da nosa lingua.
Nel aparecen todas as revistas
XANELAS que foron saíndo
dende o ano 2004, os calendarios
2007 e 2008, a convocatoria de
concursos, o entroido 2008 con
86 fotos na súa galería, o veredic-
to do xurados dos concursos, etc.
Visitade esta páxina no seguinte
enderezo:
ht tp : / /www.blo goteca .co m/
xanelacachada/
X A N E L A
63
FOTO-FLASH
FOTO-FLASH
FOTO-FLASH
NOME:
Álvaro Resúa Rey
IDADE:
21 anos
ESTUDOS:
ESO e Bacherelato (facendo 4º de
Enxeñería Industrial Superior)
UN ACTOR:
Manquiña.
UNHA ACTRIZ:
Paz Vega.
UN LIBRO:
O lapis do carpinteiro de Ma-
nuel Rivas.
UN CANTANTE:
Freddy Mercury.
UN DÍA:
O día do Samaín.
UNHA MATERIA:
Mecánica de fluídos.
UN IDIOMA:
O portugués.
UN CD :
Calquera de Pink Floyd, Led
Zeppellin ou Deep Purple
UNHA CIDADE:
Dublín.
UNHA VIAXE:
A Estambul.
UNHA COR:
O negro
UN LUGAR PARA VIVIR
SEMPRE:
Como non, Galiza.
UN LUGAR CON SIGNIFI-
CADO ESPECIAL:
Lousame.
UNHA PELÍCULA:
Mar adentro.
UNHA FRASE:
“Mexan por nós e temos que
dicir que chove”.
ESCRITOR/A:
Xosé Luís Méndez Ferrín.
UNHA PALABRA GALEGA:
Enxoval, zoscadoiro e esquío.
TRAZO QUE DESTACAS
DO TEU CARÁCTER:
Son moi hiperactivo.
QUE MÁIS APREZAS DUN/
HA AMIGO/A :
A compaña, botamos xuntos
moitas horas mortas na faculta-
de.
QUE CHE GUSTARÍA
SER :
Un peixe para poder surcar os
mares e para que nunca chovera
por min.
UNHA COMIDA :
Polbo á feira.
UNHA AFECCIÓN :
Pesca submariña.
UN DEPORTE
Ciclismo, aínda que tamén o full
-contac.
X A N E L A
64
● TÍTULO : CARTAS DE AMOR.
● AUTOR : Fran Alonso.
● EDITORIAL: Xerais.
● COMENTARIO: Son un conxunto de relatos en forma de cartas escri-tas por mulleres que viven circunstancias vitais moi difíciles, ás que se enfrontan con valentía. Os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitu-ción, a presión social, a integración...
● TÍTULO : MADE IN GALIZA.
● AUTOR : Séchu Sende.
● EDITORIAL : Galaxia.
● COMENTARIO: Este “best seller” galego (xa vai pola terceira edición) está formado por un conxunto de relatos irónicos nos que xoga co dobre sentido das palabras e cos conflitos lingüísticos galegos que nos fan reflexionar ao mesmo tempo que nos provoca o riso.
● TÍTULO: O NENO DO PIXAMA A RAIAS.
● AUTOR: John Boyne.
● EDITORIAL : Faktoría K.
● COMENTARIO: Novela histórica que relata o holocausto xudeu da Se-gunda Guerra Mundial a través dos ollos dun neno alemán de nove anos. Bruno ve desde a xanela da súa habitación o aramado do campo de concentración de Ouvichs e aos xudeus vestidos con cadanseu pixa-ma a raias. É unha oda á amizade máis alá de razas e esa amizade leva a esta novela a ter un final sorpresivo.
X A N E L A
65
TÍTULO:RATATOUILLE
DIRECTOR: Brad Bird.
NACIONALIDADE : USA XÉNERO : Animación, Comedia.
SINOPSE: Remy, a pesar da oposición da súa
familia , soña con ser un bo xefe de cociña. O destino leva ao rato Remy aos sumidoiros de Pa–
rís, está situación é inmemorable, xa que se atopa
xusto debaixo do restaurante de Auguste Gusteau, unha estrela da “cuisine”. A pesar do perigo que
representa ser un visitante pouco común (e pou
co desexable) nos fogóns do exquisito e selecto restaurante francés, a paixón de Remy pola
cociña revoluciona o mundo culinario
parisino.
TÍTULO : O ORFANATO
DIRECTOR: Juan Antonio Bayona.
NACIONALIDADE : España. XÉNERO : Thriller sobrenatural.
SINOPSE : Laura regresa coa súa familia ao
orfanato onde se criara, coa intención de abrir unha residencia para nenos discapacitados. Aquí, o pe–
queno Simón, fillo de Laura, comeza a deixarse
levar por uns estraños xogos que provocan na súa nai un grande desacougo, xa que deixarán de ser
unha simple diversión para converterse nunha
ameaza.Unha serie de inesperados acontece- mentos obrigarán a Laura a mergullarse
no dramático pasado da casa que
fora o seu fogar cando era nena.
TÍTULO : JUNO.
DIRECTOR : Jason Reitman.
NACIONALIDADE: USA. XÉNERO : Comedia dramática.
SIPNOSE : Juno Macguff ten 16 anos e é unha
moza culta, enxeñosa, observardora e sobre todo
sarcástica. A relación que mantén cun compañeiro
da clase, Bleeker, remata por deixar o seu froito:
esta embarazada. Juno está soa co seu problema pero cunha decisión xa tomada: terá o neno e logo
darao en adopción. O seu pai e a súa madrasta
están de acordo. Agora só queda atopar un pais adoptivos xeitosos. Son Mark e mais Va-
nesa, e son ideais. Só que Mark com-
parte demasiadas cousas con Juno.
X A N E L A
66
4º A
4º C
Só estes alumn@s de 4º B quixeron saír na foto
Quen é esta nena tan guapa?
Pista: 2º ESO
A que non a coñecedes? Pista: 4º ESO e el non é quen
pensades
Que nenas e nenos tan espelidos.! Xa van en 2º de
X A N E L A
67
Mirando os choqueiros Sara Piñeiro Silva
O baile das gamelas Carlos García González
Alameda Carlos García González
Unha rata de biblioteca Iago Blanco Vilasó
X A N E L A
68
Escribe no círculo a sílaba común ás 3 palabras
AS NOSAS PREGUNTAS: Por que os galegos responden a unha pregunta con outra
pregunta?
AS VOSAS REPOSTAS:
Sábelo ti?
Por que de tanto gritar de casa en casa quedamos xordos
Pódesmo repitir que non o entendo?
Eu? Non creo. Ti que cres? Fago eu iso?
Por que mo preguntas?
E ti que opinas da cor que lle da o polbo ás patacas?
Porque sempre que non sabemos algo queremos quedar
ben.
Porque somos moi preguntóns.
Porque somos como o raio, dicimos a resposta pero co-
mo os outros son parados non a oen. Cando se dan conta
nós xa lles estamos preguntando a eles.
Por que preguntas ti?, importache a miña vida acaso?,
Pois xa está non preguntes.
CRUZADA VISUAL Sitúa na cuadrícula os nomes
que corresponden a estes
obxectos de cociña. Para axu-
darche xa están colocadas
algunhas letras.
X A N E L A
69
HORIZONTAIS
1. Substancia química de símbolo S. Cortar o
pelo ou a la a un animal. 2. Nome de consoan-
te. Cólera. Demostrativo. 3. Pronome persoal.
Espreita, espía. Símbolo da prata. 4. Preposi-
ción. Prefixo que significa “anterioridade”.
Pono a galiña. Vogal. 5. Fogar. Organización
das Naciones Unidas. 6. Vogal. En plural, lazo
que se desfai con dificultade. En plural, anfi-
bio. Consoante. 7. Nota musical. En plural,
valo feito con varas, estacas, ramas… Percibe.
8.Adverbio de lugar. Documentación dun bar-
co. Espiñazo do porco. 9. Elóxiana, gábana.
En plural, gran ou partícula de rocha.
VERTICAIS
1. Parte amarela do ovo. Relativo á boca. 2.
Cheira. Romanos, cincuenta. Cada un dos aros
que forman unha cadea. 3. Virtude teologal.
Alimento básico. Dirixíase. 4. Consoante. En
plural, franxa de terreo sen cultivar no extre-
mo dunha terra de labor. Consoante. 5. Eixo.
Existirá. 6. Nota musical. Que é como debe
ser ou como convén. 7. Tira de carne ao longo
do lombo do porco. Pica, esmiúza. 8. Artigo.
Nais dos pais ou das nais. Consoante. 9. Ex-
tremo da perna. Certa illa. Reflexivo. 10. Parte
dun obxecto pola cal se colle. Vogal. Depráza-
se polo ar.. 11. Suco. En plural, tecido feito
con fíos de liño, algodón...
ENCRUCILLADO
Que fai María? Está cortando o
XEROGLÍFICO
X A N E L A
70
Vai un home co seu coche pola auto-
estrada e cólleo un radar a 200 km/h.
Ao pouco tempo párao unha patrulla da
policía e dinlle:
- Sabe vostede a canto ía?
- Si, a 200.
- E logo, está vostede tolo? A ver,
ensíneme o seu carné de conducir.
- Non o teño.
- Ai meu deus… Ensíneme os
papeis do vehículo.
- O coche é roubado.
- É a quen llo roubou?
- Á vella que matei coa pistola
que teño na guanteira.
O policía todo asustado pide reforzos.
Ao pouco tempo hai cinco patrullas alí.
Sae un sarxento. Vai a xunta o home do
coche e dille:
- Ensíneme o seu carné.
E o home ensínallo.
- Ensíneme os papeis do coche.
E o home dallos.
- Abra vostede a guanteira.
O home ábrea e resulta que non hai na-
da. Logo di:
- E aínda lle dirían que ía rápido.
CHISTES AS NOSAS PREGUNTAS: Por que os ovos se contan por ducias?
AS VOSAS REPOSTAS:
Porque miña avoa non sabe contar de vinte
en vinte.
Porque normalmente van de dous en dous.
Para non perder o tempo contando de un en
un.
Porque en Galicia só botaron os capítulos
doce e vinte e catro de Barrio Sésamo.
Porque as galiñas poñen moitos ovos.
Porque as galiñas son moi valentes.
Tamén se contan por medias ducias.
Porque é unha forma fácil de vendelos, por
quilo sería máis complicado.
Porque 3x4 son doce.
Porque doce ovos uns encima dos outros fan
un ovón.
Para facer unha tortilla moi grande.
Porque as galiñas preguiceiras só poñen un
ovo por mes, e hai doce meses no ano.
Porque as galiñas cacarexan doce veces.
Porque os ovos e as galiñas teñen tanta lóxi-
ca coma esta pregunta.
Porque os cartóns xa veñen así.
Que foi antes o ovo ou a galiña?
Porque se tes que contar os ovos de un en un
non acabas hoxe.
X A N E L A
71
SOLUCIÓNS
Completa este refrán
P _ r _ _ m _ g _ s_ , t _ d _ s;
P _ a _ _n _ m _ g _ s , _ b _ nd _
_ n s _
X A N E L A
72
dedicatorias