NORDÉS 2014 CEIP “ VIRXE DO CARME ” - BURELA
SUBVENCIONADO POLA DIRECCIÓN
XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA
2
SUMARIO
Páx
Editorial …………………………………………………………..3
Celebracións:
Magosto …………………………………………………. ….4
Samaín……………………………………………………….5
Nadal………………………………………………………….6
Dia da Paz…………………………………………………...9
Día de Rosalía……………………………………………..12
Entroido……………………………………………………..14
Día do libro………………………………………………….17
Letras Galegas……………………………………………..21
Actividades de animación á lectura…………………………..22
Semana da Arte………………………………………………….24
Actividades Medioambientais Gaia…………………………..25
O Cómic…………………………………………………………...26
Actividades de E. Infantil……………………………………….32
A Primavera. 1º Ciclo…………………………………………...40
Proxecto da Biblioteca: “ Lendas da Mariña Lucense ” …42
Creacións literarias ……………………………………………..49
Mochilas viaxeiras ……………………………………………...63
Viaxes ……………………………………………………………..64
Abalar: presentacións…………………………………………..73
Profesores que se xubilan. Entrevistas. ……………………74
3
EDITORIAL
U n ano máis, aquí está o xornal do noso colexio. Chega o “ NORDÉS ”
cargadiño de materiais que se foron elaborando ao longo deste curso
2013/2014 que xa está a piques de rematar.
Atoparedes no noso xornal poemas, contos, noticias, entrevistas, textos de activi-
dades feitas ao longo do curso no colexio: Entroido, Nadal...e de viaxes: a Santia-
go, á Coruña, á granxa escola de Castropol....
En E. Infantil fixeron un experimento chamado “ caraveis de cores ” , traballaron
os froitos de outono, plantaron xirasoles.....
En Primaria, participamos na semana das artes plásticas da Mariña coa elabora-
ción de figuras en barro e pintura que están expostas na sala de artes da casa da
Cultura.
Tamén atoparedes referencia ao proxecto que este curso se traballou proposto
dende a biblioteca: as “ L ENDAS NA MARIÑA DE LUGO ” . Así que ides coñecer
lendas moi próximas a nos como :
A lenda do Bispo santo.
A lenda do Perdouro.
A lenda da fonte da Zapata
A lenda da Maruxaina...
Este curso estivo cheo de cambios, vanse xubilando moitos mestres que leva-
ban no “ Virxe do Carme ” moitísimos anos. En decembro foise o que estivo de
director máis de 30 anos, Manolo, e a finais de xaneiro xubilouse Toñita que
era,ademais de titora, a encargada da biblioteca. No xornal aparece unha entre-
vista a cada un deles.
Agardamos que desfrutedes coa lectura do xornal onde veredes plasmado parte
do moitísimo traballo que realizades ao longo do curso.
4
CELEBRACIÓNS
MAGOSTO
En Novembro, celebramos o Magosto comendo castañas e partici-
pando en xogos colectivos.
5
SAMAÍN
6
NADAL
7
8
9
DÍA DA PAZ
En 2º e 3º ciclos adornamos aulas e pasillos con mandalas e murais sobre a PAZ
10
Dende o noso colexio, ano tras ano, celebra-
mos o 30 de xaneiro :”O Día da Paz”.
Neste ano, dende o 1º ciclo, acordamos con-
feccionar un libro que leva por título
“Abecedario da Paz”: tódalas letras do noso
abecedario foron repartidas por grupos, os
cales buscaron, escribiron e ilustraron pala-
bras alusivas á paz que empezaran con dita
letra.
DÍA DA PAZ
Abecedario da paz
1º CICLO
11
12
DÍA DE ROSALÍA
Co gallo da celebración do nacemento de Ro-salía de Castro, fixemos unhas composicións do seu retrato, que colocamos nas páxinas seguintes. ( 1º CICLO)
13
DÍA DE ROSALÍA
14
ENTROIDO
Este curso, aproveitando que o tema a traballar no proxecto de bi-blioteca eran as lendas, todo o colexio nos disfrazamos de moti-vos relacionados con este tema. Así houbo magos, lobishomes, Santa Compaña, trasnos, demos...
15
ENTROIDO
1º CICLO
2º CICLO
Traballando nos disfraces:
16
ENTROIDO
2º CICLO
3º CICLO
17
DÍA DO LIBRO
“El Quijote”
En 1º Ciclo traballaron o tema de
“ E l Quijote ” e aprenderon moi-
to, ao tempo que se divertíron de-
corando aulas e pasillos.
18
“El Quijote”
1º CICLO
19
1º CICLO
20
O 4º nivel e 5º A fomos ao Concello a un recitado de poemas convocado polo Colectivo Cultural Buril.
DÍA DO LIBRO
Recitamos poemas de Manuel María, Rosalía de Cas-tro, Cabanillas, Ana Mª Fernández, J. Mª Díaz Castro...
21
LETRAS GALEGAS
Este ano, o escritor homenaxeado foi J. Mª Díaz Castro. No noso cole celebramos este día das Letras Galegas o 16 de maio, do seguinte xeito: Dende as 9:30 ata as 11:30, en dous pases, tivemos as seguin-tes actuacións:
Breve semblanza do escritor homenaxeado este ano. Lectura de poemas por parte do alumnado de 4º B e 5º A Representación da obra de teatro “Ai mamasiña que me-do” por parte dos alumnos/as de 4º A.
22
ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA
O PASADO MES DE ABRIL OS NENOS E NENAS DE EDU-CACIÓN INFANTIL DISFRUTARON DUN ESPECTÁCULO DE MAXIA QUE OS DEIXOU COA BOCA ABERTA. HOUBO RISAS E SORPRESAS DURANTE TODA A ACTUACIÓN. ESPERAMOS PODER REPETIR ESTA ACTIVIDADE O VIN-DEIRO CURSO.
PODEDES VER A REPORTAXE FOTOGRÁFICA COMPLETA NO BLOGUE DA BIBLIOTECA
23
A escritora Alicia Borrás veu falar aos de 3º ciclo do seu
libro “Nata y chocolate” que trata sobre o acoso escolar.
Libro que xa leran e lles gustou moito.
3º CICLO
24
SEMANA DA ARTE
Na “SEMANA DA ARTE” participamos toda a Primaria. O alumnado de 1º e 2º ciclo desfrutou traballando o barro e en 3º ciclo realizaron verdadeiras obras de arte en pintura. Logo, estas obras expuxéronse na sala de arte da Casa da Cultura.
As obras expostas na Casa da Cultura
Obras de 1º, 2º e 3º ciclos
25
ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS GAIA
Ao longo deste curso, participamos en actividades propostas pola aula medioambiental do concello de Burela ,GAIA
Visitamos os castiñeiros centenarios de Burela.
Fomos ver as fontes de Burela
O grupo de 6º A gañou o premio do “xogo de pistas, que árbore é?” E como premio recibiron un diplo-ma e plantaron unha árbore.
26
O CÓMIC
Este curso, por 1ª vez, convocouse un concurso de cómics para o 3º ci-clo. Participaron bastantes rapaces e rapazas e os dous primeiros gaña-dores tiñeron como premio un libro e material escolar. Aquí poñemos os dous que quedaron nos dous primeiros postos NO-RABOA!!
27
28
29
30
31
32
ACTIVIDADES E. INFANTIL
CARAVEIS
DE CORES
OS ALUMN@S DA CLASE BULE-BULE, DE
5ºA DE EDUCACIÓN INFANTIL, NA UNIDA-
DE DAS FLORES FIXEMOS UN EXPERI-
MENTO ,TINXIMOS CARAVEIS DE CORES.
DURANTE VARIOS DÍAS OBSERVAMOS
COMO A SÚA COR CAMBIABA POUCO A
POUCO. COMO POR ARTE DE MAXIA
VOLVÉRONSE DE COR: VERDE, AZUL,
AMARELO, VERMELLO,…
E:I. 5ºA
33
DESTA MANEIRA TAN SABOROSA, OS/AS
ALUMNOS/AS DE 3 ANOS PRESENTÁMONOS A
TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. AGARDA-
MOS QUE VOS GUSTE TANTO COMA A NÓS
“ O S FROITOS DO OUTONO” .
E.I.4º
34
OS/AS NENOS/AS DE E.I.
5ºB SABEMOS QUE A
FLOR MARELIÑA QUE XI-
RA BUSCANDO O SOL
É .......... “ O XIRASOL ” .
“ X IRA, XIRA, FLOR MA-
RELIÑA, DÁ VOLTAS
SEN PARAR, QUE O SOL
CONTIGOQUERE XO-
GAR ”
POR ISO NESTA CLASE
PLANTAMOS XIRASOLES
PARA OBSERVAR COMO
NACEN E MEDRAN.
REGÁMOLOS
E COIDÁMO-
LOS MOITO.
35
PLANTAMOS TAMÉN BULBOS DE FREESIAS.
SAIRÁN UNHAS FLORES MOI FERMOSAS.
DISFRUTAMOS
MOITO REALI-
ZANDO ESTAS
ACTIVIDADES.
A XARDINERÍA É
UNHA ACTIVIDA-
DE MOI DIVERTI-
EI 5ºB
36
VISITAMOS A GRANXA-ESCOLA DE CASTROPOL
O PASADO 5 DE MAIO, OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN
INFANTIL VIAXAMOS A CASTROPOL,ONDE NOS CONVERTEMOS EN
GRANXEIROS POR UN DÍA.APRENDEMOS UNHA MOREA DE COU-
SAS COMO : FACER PAN,COIDAR OS ANIMAIS E O HORTO E FACER
MANUALIDADES.
NO AUTOBÚS FUMOS
SENTADOS
NADA MÁIS CHEGA-MOS, O PAN AMA-SAMOS E UN BOLI-ÑO FORMAMOS.
PARA MONTAR A CABALO SEN RISCO, POÑEMOS O CASCO E LISTO!
37
MOITOS ANIMAIS HABÍA...ALGÚNS COA SÚA CRÍA
O XANTAR COMEMOS, E DESPOIS RECOLLEMOS!
38
XA POLA TARDE, A TRABALLAR CON ARTE!
TEMPO LIBRE PARA
XOGAR , NON PODÍA
FALTAR!
TAN CANSOS QUEDA-
MOS,QUE TODO O CAMI-
ÑO....SOÑAMOS!
E.I. 6º
39
En Infantil fixemos A Maruxaina, e escribimos a
súa lenda para que todos a coñezan. Gústavos?
40
TRABALLOS 1º CICLO
As rosas florean,
os tulipáns cantan,
as papoulas falan,
as margaridas bailan.
Con todo o que se falou,
a PRIMAVERA chegou.
41
Un raio de sol asoma pola ventá,
os paxariños non deixan de cantar,
os verdes campos invitan a xogar.
Distintos raios multicolor
recollo para a miña mamá.
Ali vai un dente de león,
voando polo ceo,
facendo un percorrido
de Burela ata Viveiro.
42
AS LENDAS
43
1º CICLO
44
4ºA
45
46
47
48
49
CREACIÓNS LITERARIAS
Refráns
Os alumnos e alumnas de segundo estivemos buscan-
do refráns populares sobre a primavera.
Repartimos un refrán distinto para cada un de nós no
que tiñamos que facer unha ilustración.
Despois, tódolos cursos 2ºA,2ºB e 2ºC xuntamos os
nosos refráns nun libro, onde curioseamos que de-
buxos fixeron os nosos compañeiros.
Foi un traballo moi divertido, pasámolo xenial !!
2º A, 2º B, 2º C
50
2º nivel
51
52
53
LA PLAYA
54
55
56
UXÍA 4º A
57
58
SE EU FOSE PRESIDENTA...
59
Había una vez un neno de 10 anos que
xogaba moi mal ó baloncesto, e tamén a ou-
tros deportes, pero a el gustáballe o balon-
cesto, aínda que xogara mal.
Un día encontrouse cunha xogadora de ba-
loncesto. Levaba unha mochila mal pecha-
da, da que caeu unha camiseta.
O neno colleuna e díxolle á xogadora:
-Toma, é túa, caeuche da mochila.
-Grazas, pero pódeste quedar con ela. É máxica, e fai xogar ben ó baloncesto,
pero non a necesito. E outra cousa moi importante: A camiseta non corrixirá
os teus fallos, senón que xogará por ti. E outra cousas: Se non estás xogando
ó baloncesto non funciona; se a levas posta moito tempo ao sacala xogarás
mellor que antes e cando a levas posta non se nota.
A xogadora foise e o neno volveu á súa casa, sen dicir nada. Ao seguinte día
era sábado e tiña un partido.
O día do partido saíu no 1º tempo, e cando lle pasaron o balón saíu correndo
cara a canastra, tirou e meteu. Cando o equipo contrario atacaba, rouboulles
o balón e saíu botando cara a canastra, tirou e meteu, e así o resto do partido.
Cando o partido acabou, o resultado era 60-15.
O malo deso era que moitos dos seus amigos non querían xogar con el ao ba-
loncesto, porque sempre ganaba, e preferíano como antes.
O neno, ao ver que ninguén xogaba con el, decidiu devolverlle a camiseta á
xogadora. Cando a encontrou, díxolle:
-Toma a camiseta, xa non a quero.
-Pero non che axudou moito ?
-Si, pero xa non me gusta.
-Vale, gardareina. Pero recorda: Agora xogarás mellor.
E así, os seus amigos xa volveron a xogar con el, porque aínda que xogaba
ben xa non era tan bo coma antes.
Daniel Piqueras Valle 5ºA
60
O FARO: UN SÍMBOLO DE BURELA
61
62
63
MOCHILAS VIAXEIRAS
64
VIAXES
A viaxe a Santiago de Compostela:
Comezamos a viaxe ás 9:00 da mañá, paramos en Guitiriz para reco-
ller a Suso. Chegamos ás 11:20 da mañá á rúa San Lázaro onde se
atopa o Mupega ( museo Pedagóxico de Galicia ) , alí vimos materiais
escolores usados no século XX:
Despois de visitar o Mupega, fomos dar un paseo polas rúas antigas
de Santiago, chegamos á praza do Obradoiro, onde vimos a catedral
de Santiago de Compostela ( punto de encontro de moitos peregri-
nos ) , tamén alí estaban a casa do Concello e o pazo de Raxoi.
Despois comemos na Universidade Monte da Condesa. As 16:00 fo-
mos á Rúa do Hórreo, onde se encontra o Parlamento de Galicia:
5º
65
Entramos no hemiciclo do Parlamento de Galicia, a diferenza
do que se ve na televisión, é moi pequeno. Sentámonos nos asen-
tos dos deputados e deputadas. Explicáronnos que se fai no parla-
mento, que elabora leis, orzamentos e elixe ao presidente ou presi-
denta da nosa comunidade; que hoxe en día e Alberto Nuñéz Fei-
joó.
Saímos de Santiago de Compostela as 18:15. Paramos a me-
rendar en Guitiriz e chegamos a Burela as 20:30 da tarde.
66
VIAXE A CORUÑA
O día 31 de xaneiro os alumnos de 6º fomos de excursión a Coru-
ña. A viaxe non foi moi longa pero divertinme no autobús. Cando
chegamos,todos estabamos sorprendidos polos edificios tan altos
que había.
A primeira visita que fixemos foi ao acuario. Alí recibiunos unha ra-
paza que nos empezou a guiar por ese lugar. Levounos por un co-
rredor onde había grandes tanques de auga nos que había peixes
e moluscos de todos os tipos. Logo pasamos por uns túneles e
chegamos a unha sala onde estabamos rodeados de auga. Alí viv-
ía Gastón,un tiburón toro de aproximadamente 3 metros de longo.
A nosa visita ao acuario rematou coas focas; eran graciosas e na-
67
Logo visitamos a Casa das Ciencias ,onde vimos unha sesión nun
planetario .Despois deixáronos percorrer o edificio no que había
moitos experimentos interesantes para facer. Na saída había unha
incubadora con ovos e tres pitiños pequenos que nos chamaron
moito a atención.
A nosa última visita foi a domus,alí comemos e comezamos a nosa
visita vendo un vídeo en 3D de como fabricaban un avión. Cando
saímos do video estivemos mirando o que había ao noso aire. Pa-
samos por un túnel que era como un corazón xigante, probamos
unha bicicleta onde se vía como fai o noso corpo cando andamos
etc.
Cando saímos de alí todos estabamos cansos ; sentamos nunhas
escaleiras para merendar e marchamos para a casa. Foi unha
viaxe xenial.
6ºB
68
Viaxe a Sotavento
O día 12 de novembro do 2013 fo-
mos de excursión ao Parque Eólico Experimental de Sotavento.
Alí explicáronnos moitas cousas sobre a enerxía, a electricidade, as
placas solares e leváronnos ao auditorio para facer o xogo de Pasapa-
labra.
Máis tarde fomos a ver unha vivenda bioclimática, É dicir, que aprovei-
taba as condicións medio ambientais,e funciona a través dun dispositi-
vo móbil. Tamén comprobamos como funcionaban as placas solares
para producir electricidade e calor, e visitamos o edificio de control.
Xantamos todos xuntos no auditorio e pola tarde visitamos un aeroxera-
dor por dentro. Ata tivemos tempo de facer unha cometa con paus de
madeira e plástico mentres as profes ían dar unha volta nun coche
eléctrico.
Foi unha unha visita moi interesante, divertímonos e aprendemos moi-
tas cousas, sobre todo que temos que aproveitar os recursos que nos
da a natureza e COIDAR O MEDIOAMBIENTE.
Chegamos de volta a casa moi cansos pero contentos.
69
RAISA E CRISTINA 6º B
70
Fixemos un percorrido polo espazo e polo tempo.
Dende o século XX1 ata o III d. de C., pasando pola
Idade Media.
Un percorrido apaixoante que nos deu a posibilida-
de de coñecer de cerca como eran e como vivían os
galegos e as galegas fai moito tempo.
Nenos e nenas de 5º A
As nosas
viaxes
5º PRIMARIA
O 15 DE MAIO FIXEMOS UNHA VIAXE
ESPECIAL
Coñecemos dous dos
tesouros do nos longo
pasado histórico
Saimos de
Burela ás
9:00h
Viaxamos ao concello
de Friol e ao de
Outeiro de Rei.
71
CASTRO DE
VILADONGA
CONCELLO DE OUTEIRO DE
REI.
O castro de Viladonga atópase no concello de Ou-
teiro de Rei, na Terra Chá.
Comezouse a escavar nel dende 1972 baixo a di-
rección de M. Chamoso Lamas e con posteriorida-
de de F. Arias Vilas.
Aínda continúan os traballos periódicos polo que
nos poden estar gardando sorpresas que merecen
ser descubertas.
Antes de ver o castro vimos algunas pezas e maquetas no
museo e vimos un
documental sobre a vida dos seus habitantes.
Cousas que
aprendemos
en
Viladonga:
No recinto central
atópanse a
maioría das
construcción s
atopadas até o de
agora; vivendas,
currais, almacéns,
algún edificio de
uso social.
5º A
72
Ao longo da visita, uns guías, amosáronnos co-
mo eran os castelos por dentro.
Había moitas armas colgadas nas paredes, e
subimos ao alto da torre de homenaxe onde go-
zamos dunhas estupendas vistas.
Cando saímos déronnos flocos de millo e obser-
vamos u nha capela que estaba ao laso.
Logo fomos comer a facultade de Maxisterio
(en Lugo)
TORRE FORTALEZA
SAN PAIO DE
NARLA
A fortaleza convertida
en museo esta
formada por tres
corpos:
A Torre de Xiá ten
os seus orixes no
século XIV
Torre de homenaxe,
corpo central e unha
capela exterior.
5º de PRIMARIA
CONCELLO DE FRIOL
73
AULAS ABALAR
Os alumnos de 6ºB traballamos nos nosos ordenadores elaborando
presentacións sobre distintos países. Logo expuxémolas na clase ex-
plicándolles cada diapositiva aos nosos compañeiros
6º B
74
PROFESORES QUE NOS DEIXAN
Este curso houbo varias xubilacións entre o profesorado do noso colexio.
En novembro xubilouse Manolo, o director, en xaneiro Toñita, , e a fin de
curso será Pedro quen nos deixe. Todos eles levaban moitos anos con
nós e botarémolos de menos. Esperamos que nos visiten o curso próximo
e conten como lles vai coa súa nova vida de xubilados.
A ENTREVISTA: MANOLO, EXDIRECTOR DO VIRXE DO CARME
P. ONDE NACICHE?
R. Nunha aldea, Órrea, que pertence ao concello de Riotorto aínda que está no límite
coa Pontenova. De feito a miña vida fixena sempre na Pontenova.
P.CANDO ERAS PEQUENO, QUE QUERÍAS SER DE MAIOR?
R. Eu quería ser conductor. Meu pai tiña un camión e unha carroceta e a min gustába-
me iso.
P. DE NOVO, TRABALLACHES EN OUTROS OFICIOS?
R. Só tiven un verán en Suiza, recollendo a froita, e tamén rexentei un bar. Pero foi
pouco tempo. Enseguida aprobei a oposición e xa comecei a traballar no que ia ser a
miña profesión.
P. POR QUÉ ELEXICHE A EDUCACIÓN COMO A TÚA PROFESIÓN?
R. A min gustábame o de ser conductor de camión pero era moi duro. Cando eu era
novo en Lugo só se podía estudar Maxisterio ou un oficio. Ademais meus pais tampou-
co podía mandarme estudar a outro lado. Naqueles tempos non había becas coma
agora.
P. LEMBRAS A PRIMEIRA CLASE QUE DECHE?
Foi en Sevilla ( Andalucía ) arredor dun quince de setembro de 1977. Era un pobo
chamado La Luisiana, no C.P. Antonio Machado. Eu era o titor e ese día só nos presen-
tamos e copiamos o horario que iamos a ter.
P.. NALGÚN MOMENTO PENSACHE EN DEIXAR O MAXISTERIO E ADICARTE A
OUTRA COUSA?
R. Non, nunca. Sempre traballei moi a gusto e souben que esta era a miña profesión.
75
P. CANDO CHEGACHE AO VIRXE DO CARME?
R. Oficialmente cheguei o 1 de setembro de 1982, aínda que eu xa vin en xuño a ver
o colexio e coñecer aos compañeiros.
P. CANTOS ANOS BOTACHE DE DIRECTOR?
R. Dende o 1 de setembro de 1985 ata o 30 de novembro de 2013.Mais de 30 anos.
P. QUE SIGNIFICA SER DIRECTOR/A DUN COLEXIO?.
R. É a persoa que representa ao resto do colexio ( nais e pais, profesorado, alumna-
do, traballadores non docentes ) . É ademais o responsable último do colexio.
P. SEMPRE QUIXECHE SER DIRECTOR, OU FOI ALGO CO QUE NON CONTA-
BAS?
R. Cando cheguei ao Virxe
do Carme, os directores
eran persoas maiores que
logo se xubilaron. Para no-
mear nova dirección fíxose
unha votación e eu saín
elexido con mais votos.
Xunto a outros dous com-
pañeiros fixemos o primeiro
equipo directivo, nomeado
por un ano.
Durante ese ano comprobei que me gustaba e xa continuei, sendo elexido de novo de
cada tres ou catro anos.
P. DURANTE TODOS ESTE ANOS NO CEIP VIRXE DO CARME QUE FOI O QUE
CHE GUSTOU MÁIS E MENOS?
R. O que mais me gustou foi o clima de bo ambiente e boa relación co profesorado. O
que menos foi a falta de apoio da Administración con determinadas peticións do co-
lexio, que consideramos necesarias.
P. TIVECHE SEMPRE BOA RELACIÓN CON TODOS OS TEUS COMPAÑEIROS,
SENDO TI O XEFE?
R. Si, sin dúbida ningunha. Eu tiña claro que se había mala relación co profesorado
ou parte deste eu non ía continuar na dirección.
P. CAL FOI O TEU MELLOR COMPAÑEIRO/A?.
R. Sempre tiven boa relación con todo o mundo pero especialmente cos compañeiros
que formaron parte do equipo directivo: Xabier Carballeira, Labrada, Maribel crecen-
te,Faustino, Jesús. Pepa a responsable de calidade.
76
P. FORON MOITOS ANOS AO FRENTE DO VIRXE DO CARME. NALGÚN MOMENTO
PENSACHE EN DEIXAR O TEU CARGO?
R. Como xa dixen antes, eu iriame se houbera mala relión ou falta ede entendemento co
resto do profesorado. Non houbo ocasión.
P. TIVECHE SEMPRE BOA RELACIÓN COS NENOS E NENAS AOS QUE LLE DECHE
CLASE?
R. Sempre tiven unha relación cordial coas clases que pasaron polas miñas mans. Tamén
é verdade que viña a traballar, a impartir clase e esixir traballo. E penso que non me foi
mal.
P. LEMBRAS A ALGUÉN EN ESPECIAL?
R.Non, para min foron bos alumnos e alumnas.
P. HOUBO ALGUNHA CLASE DIFICIL DE LEVAR?
R. Nunca tiven queixa de ningunha, é verdade tamén que polo cargo de director tiven
sempre poucas horas de docencia. Ademais o feito de que fora o director tamén supoñía
un pouco máis de respecto por parte do alumnado
P. QUE FAS AGORA QUE NON TRABALLAS?
R. Reparto o meu tempo entre o negocio de antigüidades da miña muller e o Xulgado de
Paz.
P. COMO É ISO DE ESTAR XUBILADO?
R. Pois é distinto. Non tes a obriga de ir traballar. Pero non quere dicir qu non faga cousas.
Penso que é interesante facer cousas, seguir activo.
P. E AGORA QUE TES TEMPO, TES PLANEADO FACER ALGUNHA VIAXE?
R. Tiñamos pensado a miña muller e eu facer unha viaxe un pouco longa, xa en xaneiro,
pero como en inverno non fai moi bo tempo fómolo pospoñendo. Quizais en setembro
P. AINDA QUE ESTES XUBILADO, SEGUES TRABALLANDO NO XULGADO.
R. Si, xa o dixen antes. Vou todos os días, aproximadamente durante media hora.
P. BOTAS DE MENOS O COLEXIO?
R. Despois de botar tanto tempo no mesmo traballo, si.. Pero como teño outras activida-
des a verdade é que non é moito.
P. PRACTICAS ALGÚN DEPORTE?
R. Non. Pero vou ter que pasear algo que estou engordando....
P. CAL É O TEU EQUIPO DE FÚTBOL FAVORITO?
R. Non son forofo de ningún equipo pero son simpatizante do Real Madrid.
P. QUEN VAI GANAR A CHAMPIONS?
R. Está difícil pero penso que ao final ganará o Real Madrid.
77
Manolo foi director do Virxe do Carme durante máis de 28 anos e titor dos nenos e
nenas de 5ºA durante apenas dous meses.
Xa retirado, e adicado plenamente a axudarlle á súa muller no seu negocio de anti-
güidades, fíxonos unha visita para que puideramos facerlle unha pequena entrevis-
ta que preparamos entre todo o alumnado da clase.
Durante máis de media hora contestou amablemente ás nosas preguntas e nos
falou da súa traxectoria como mestre e director. E tamén fixo de adiviño. Serao?
ALUMNOS DE 5º A
78
ENTREVISTA A TOÑITA
P-Onde naciches?
R-Eu nacín en San Cibrao.
P-Destacas algún momento
da túa vida?
R-Pois varios, cando me
casei, cando naceron as
miñas fillas..
P-Tes mascota?
R-Non.
P-Que fas no teu tempo li-
bre?
R-Pasear,viaxar, ler,coser...
P-Como coñeciches ao teu
marido?
R-Presentoumo unha prima e anos máis tarde comenzanos a saír.
P-Tiveches outro traballos?
R-Non.
P-Donde fixeches a túa carreira?
R-Fíxena en Lugo, tamén fixen ali o bacharelato.
P-Por qué decidiches traballar de mestra?
R-Gústame a mediciña e a ensinanza tamén, pero obtei por ser mestra porque era máis
curta a carreira.
P-Cando comezaches a traballar no Centro Virxe do Carme?
R-No ano 1987.
p-Cantos anos traballaches no Virxe do Carme?
R-Uns 28 anos seguidos, pero antes estiven tres anos .
P-Que che pareceron os últimos alumnos que tiveches?
R-Moi ben, bos como persoas, e uns mellor que outros académicamente, un pouco char-
latáns pero bos.
P-Traballaches noutros centros?
R-En públicos non, pero en escolas unitarias si, nos Ancares, nunha aldea de Becerreá.
P-Cal foi a túa excursión favorita?
R-Hai unha que recordo moito, fumos aos Ancares e alí perdímonos.Pero
gústame mais as de fin de curso. 6ºA
79
TAMÉN MARCHA PEDRO
P. Cantos anos levas traballando?
R. 37 anos.
P. E cantos neste colexio?
R. 27 anos.
P. Cal foi o colexio que
máis che gustou dos que
estiveches?
R. Este.
P. Por que viñeches tra-
ballar a Burela?
R. Vin traballar a Burela po-
la familia e porque Burela é
céntrica.
P. Onde estudaches?
R. En Lugo.
P. Que é o que máis che
gusta?
R. As matemáticas.
P. Gústanche os nenos?
R. Sí.
P. Sempre quixeches ser profesor?
R. Gústame ser profesor, pero o que máis me gusta é a inxeniería.
P. Que vas facer cando te xubiles?
R. Voume dedicar a viaxar, a estar coa familia e ás miñas aficións.
P. Que cousas che gusta facer?
R. Gústame andar en bici, pasear e navegar en Internet.
P. Cando te xubiles acordaraste deste colexio?
R. Si. Virei visitarvos aos alumnos e aos profes.
5ºB
80
FONTE DA ZAPATA en San Martiño
de Mondoñedo.
Fonte da Zapata,
que brotou,
segundo a
tradición por
milagre de
Gonzalo,
O Bispo Santo.
3º B