Date post: | 07-Jul-2015 |
Category: |
Documents |
Upload: | lopezmourenza |
View: | 66 times |
Download: | 13 times |
AS PLANTAS
as árbores
Unha árbore é un ser
vivo, vexetal,
terrestre, formado
por raíz, talo e follas,
no que destaca o toro
elevado, leñoso e
ramificado.
As árbores son os máis grandes e os
máis lonxevos dos seres vivos.
AS IDADES DAS ÁRBORES
Maceira: 30 anos
Cerdeira: 60 anos
Bidueiro: 100 anos
Chopo: 200 anos
Noceira e faia: 300 anos
Falso plátano: 400 anos
Abetos e piñeiros: máis de 1000 anos
Carballo: ata 2.000 anos
Teixo e castiñeiro: ata 3.000 anos
Secuoia: máis de 3.000 anos
Pinus aristata: máis de 4.900 anos
O conxunto de árbores máis
vellas que se coñecen son
piñeiros de Tasmania, ou
piñeiro de Huon
(Lagarostrobus franklinni), con
10.500 anos.
A árbore individual
máis vella que se
coñece é unha pícea
(Dalarna, en Suecia)
de 9.550 años.
Árbore máis pequena: salgueiro
ártico.
AS ALTURAS DAS ÁRBORES
Árbore máis alta: secuoia vermella
Stratosphere Giant, con 112,34 m. California.
Árbore máis grosa:
alcipreste de Oaxaca
(México)
FOLLA
Estrutura laminar de formas e
tamaños moi variados,
encargada da respiración e da
fotosíntese (nutrición) da planta.
TALO (TORO)
É a parte aérea, endurecida,
xeralmente cónica, que
serve de soporte a todas as
demais. Realiza diferentes
funcións: sostén,
transporte, depósito e
secreción de substancias.
RAÍZ:
Asegura a súa fixación ao
solo e, polos pelos
absorbentes, o
abastecemento de auga e
sales minerais.
FLOR:
Órgano produtor e portador
das células reprodutoras
FROITO:
Elemento que protexe o embrión
mentres non está formado.
SEMENTE:
Acolle o embrión para formar
unha nova planta,
RAÍCES
O sistema radicular das árbores pode
ocupar un amplo espazo ou acadar unha
gran profundidade dependendo das
características do terreo ou da especie.
RAÍZ TÍPICAUnha raíz principal da
que saen outras máis
pequenas. É a que teñen
a maioría das árbores
Raíces secundarias:
aumentan a superficie de
apoio e a capacidade de
captación de auga e sales
minerais.
Raíz principal
RAÍZ FASCICULADA
Varias raíces iguais.
palmeira
Pelos absorbentes
Aumentan a superficie das membranas
celulares para facilitar e activar a ósmose
(movemento de líquidos a través de
membranas situadas entre disolucións
con distinto grao de concentración).
Floema
Xilema
Punto de crecemento
Parte final da raíz onde as células
se reproducen moi activamente.
Zona de alargamento
Nesta zona as células en contacto
coa auga alónganse e fan que a
raíz medre cara abaixo.
Cofia
Parte engrosada da punta das raíces
formada por unhas células endurecidas
que protexen a zona de crecemento.
Os neumatóforos son formacións que teñen
algunhas árbores de lugares asulagados para
facilitarlles a respiraración das raíces.
As raíces fúlcreas amplían a base
de sustentación e a suxección da
árbore. Son propias de especies
que viven en substratos anegados
e móbiles.
mangle
alcipreste dos pantanos
As raíces aéreas ou
adventicias serven para
capturar a humidade do aire.
As árbores que acadan grandes
dimensións amplian a súa base de
sustentación emitindo reforzos tabulares
entre as raíces e o toro.
metrosideiro
ficus
As raíces das leguminosas conteñen
bacterias que lles axudan a fixar nitróxeno.
Unha forma de relación
simbiótica típica entre os
fungos e as árbores é a
formación de micorrizas.
O micelio dos fungos
únese ás raíces das
plantas, que aumentan
deste xeito a súa superficie
de absorción. O fungo
recibe a cambio materia
orgánica.
O TALO
TALO LEÑOSO - TORO
Endurecido, con aneis de
crecemento. castiñeiro
PARTES DO TALO
Zona de medra ou
alargamento: comprende as
partes máis novas situadas
entre os últimos nós.
Toro: eixo, parte principal do talo.
Leñoso, macizo e duro, con aneis
de crecemento e ramificado.
Ponlas: talos laterais
que xorden do principal,
serven para aumentar a
superficie de soporte e
para distribuír e
dispoñer de maneira
axeitada as follas.
Punto de crecemento: con
reprodución celular moi
activa.
Nó: punto no que agroman
as follas e as xemas.
Entrenó:
distancia entre
dous nós
próximos.
Médula
Xemas: estruturas que
protexen os puntos de
crecemento en lonxitude.
Están dispostas ao longo
das ponlas. Desenvolvense
principalmente as das
partes máis novas.
Xilema
Cambium
Tona
TALO
Tona ou casca: estrutura de
protección e illamento.
Durame: parte central do toro formada
por madeira vella. As células están
mortas e só realiza función de sostén.
Médula: parte central dalgunhas
árbores que almacena susbtancias
de reserva. Xeralmente desaparece
nas árbores vellas.
Aneis anuais: están marcados polo
diferente ritmo de desenvolvemento
do cambium ao longo do ano
Cambium: tecido que
produce as células do
floema e o xilema
(sistemas de
transporte). É o que
provoca o aumento de
grosor.
Xilema: conxunto de vasos que
transportan a auga e as sales
minerais da raíz ás follas.
Albura: parte viva
do talo, entre a tona
e o durame na que
aínda funcionan os
vasos de transporte.
Almacena
substancias de
reserva.
Floema: conxunto de
vasos que transportan
os elementos nutritivos
procedentes das follas.
piñeiro
O estudo dos aneis de crecemento permite coñecer a idade da
árbore (número de aneis) e as condicións ambientais nas que
se desenvolveu (distancia que hai entre eles). En condicións
favorables a árbore medra máis e os aneis están máis
separados, en condicións desfavorables están máis xuntos.
sobreira
Instrumento para medir o crecemento en grosor das árbores.
As árbores poden vivir co
toro oco xa que as capas
externas (xusto debaixo
da tona ou casca) son as
que conteñen os vasos
condutores da saiva e as
células vivas.
No interior deste
castiñeiro de
Baamonde (Lugo)
hai unha capela
O Baobad de África pode almacenar no
seu toro 136.000 litros de auga.
As tonas ou cascas das árbores protexen
e illan o toro e axudan na respiración.
Son moi variables en cor, grosor e textura
e características de cada especie.
Piñeiro rubio
carballo
eucalipto
Chopo brancobidueiro
araucariasobreira
C
O
Lenticelos: poros ou furados
polos que o aire penetra ao
interior do talo para facilitar
a respiración das células.
Copa esférica
O conxunto do toro e as ponlas dalle ás
árbores o seu porte característico.
metrosideiro
cilíndrica choposalcipreste
cónicaabeto de Douglas
irregular
sobreira
carballo
POSICIÓN DAS PONLAS
HORIZONTAIS
Formando ángulo recto.COLGANTES ou CAÍDAS
Formando ángulo obtuso.
ERGUIDAS
Formando ángulo agudo.
Ponlas horizontais araucaria
Ponlas colgantes salgueiro chorón
Ponlas erguidaschopos
DISTRIBUCIÓN DAS PONLAS
IRREGULARALTERNA
A distinta altura
VERTICILADA
Arredor dun punto.
Ponlas irregulares carballo
Ponlas alternas
Ponlas verticiladas
araucaria
piñeiro
TALO FEBROSO ESTIPE,
Sen aneis de crecemento
(non medra en grosor) e sen
ramificar agás excepcións.
É o talo típico das palmeiras,
que desde o punto de vista
estrutural non deben ser
consideradas como
verdadeiras árbores. palma
palmeiras
É unha estrutura, xeralmente laminar e de cor verde, de
formas e tamaños moi variados. É a encargada da respiración,
da fotosíntese (nutrición) e da transpiración.
A FOLLA
LIMBO
PECIOLO
xema
cara
envés
nervos
Capa superior: de células
con moitos cloroplastos.
É parte máis activa da folla.
Estomas: orificios da
epiderme (no envés) por
onde a planta realiza o
intercambio de gases e
elimina o exceso de auga..
Zona de abscisión: capa de células que provocan a caída da folla.
Tecido esponxoso:
parte media con
espazos ocos entre as
células para permitir a
circulación dos gases.
Condutos que
transportan
substancias.
Epiderme: capa
exterior de células
mortas que a illan
e protexen.
CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A ESTRUTURA
SIMPLESLimbo nunha soa peza
COMPOSTAS limbo formado por varias pezas
(foliolos)
DISTRIBUCIÓN NO TALO
Alternas Opostas Verticiladas
CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A SÚA DURACIÓN
PERSISTENTES CAEDIZAS (CADUCAS)
Moitas árbores despréndense das follas
ao chegar o inverno como adaptación á
diminución da luz e á baixada das
temperaturas.
Estas especies tamén mudan as follas,
pero fanno sempre despois do
desenvolvemento das follas novas.
ginkgoacivro
A folla máis grande:
Raphia farinifera
(Madagascar): 20 m.
FLORES
Pétalos
(corola)
pistilo
estames
ANXIOSPERMAS
Teñen flores cos óvulos
encerrados en ovarios.
Sépalos
(cálice)
Flor hermafrodita de marmeleiro
ovario
cerdeira
Flores completas (hermafroditas)
tulipeiro
laranxeira
Flores masculinas de salgueiro
Flores espidas
Flores femininas
de salgueiro
Flores hermafroditas de eucaliptos
AS FLORES
acios
umbela
mimosa
arce
robinia
sabugueiro
XIMNOSPERMAS
Teñen flores sen ovarios e
non teñen froitos.
As máis coñecidas son as
coníferas nas que os óvulos
aparecen en estruturas
leñosas chamadas conos ou
piñas.
FLORES FEMININAS
FLORES MASCULINAS
teixo
AS FLORES
cedro
alcipreste
FROITOS
capudre
FROITOS CARNOSOS
Drupas: unha
única semente
leñosa Baia ou baga: con
moitas sementes.
Hesperidio: epicarpo
glanduloso, endocarpo
membranoso, dividido
en “chavos”.
Aquenio: unha soa
semente sen apegar á
envoltura exterior
FROITOS SECOS INDEHISCENTES
Sámara; aquenio con
prolongacións
membranosas a xeito
de ás
Lomento
con tabiques
separando as
sementes
Glande
cuberto cunha
cúpula; semente
cos cotiledóns
carnosos
Cápsula ou caixa: con
varias sementes,
ábrese lateralmente
ou por arriba
Folículo: con moitas
sementes, en xeral
ábrese lateralmente
Legume: con varias
sementes, ábrese
lateralmente
FROITOS SECOS DEHISCENTES
Cúpula; varios
froitos protexidos
por envolturas
AGRUPACIÓNS (INFRUTESCENCIAS)fórmanse a partir de flores agrupadas en inflorescencias
Poliacantocarpo: grupos de
aquenios acompañados de
brácteas
Sicono: aquenios
dentro dun soporte
carnoso pechado.
Acio: froitos con
rabo sobre un eixo
Umbela: rabos
unidos nun punto.
Pomo
receptáculo coas
sementes rodeado
dunha formación
carnosa
FROITOS FALSOSA parte carnosa non se desenvolve a partir do ovario
O froito máis grande é o da árbore Artocarpus heterophyllus que
pode pesar ata 50 quilos.
É a estrutura a partir da
que se propagan as
plantas fanerógamas ou
espermafitas.
Prodúcese a partir da
fecundación e maduración dun
óvulo.
Contén ao embrión xunto con
substancias de reserva,
protexidos por unha cuberta.
SEMENTE
Sementes xerminando
piñeiro claudieira
TIPOS DE SEMENTES
MONOCOTILEDÓNEASun único cotiledón
DICOTILEDÓNEASdous ou máis cotiledóns
ESTRUTURAS REPRODUTIVAS DAS XIMNOSPERMASSementes que se desenvolven sen ovario
CONÍFERAS CICADAIS GINGKOAIS
Piñeiro silvestre
P. radiata
Piñeiro bravo Piñeiro manso
CONÍFERAS
cedro
alerce
abeto
alcipreste
CONÍFERAS
Estróbilos femininos
CICADAIS
Flores masculinas
Cica
GINKGOAIS
Flores masculinas
Flores femininas
sementes
ginkgo
Semente máis grande: cocoteiro de mar: ata 27 kg
OS ARBUSTOS medran polas xemas
inferiores, teñen unha estructura redondeada
con abundante ramificación desde a base,
onde non é doado distinguir o talo principal.
AS ÁRBORES medran en lonxitude,
sobre todo polas xemas terminais,
por eso presentan formas alongadas
cun toro ergueito e unha copa na
parte alta.
CLASES DE ÁRBORES
XIMNOSPERMAS
Teñen flores sen ovarios
e non teñen froitos.
ANXIOSPERMAS
Teñen flores cos óvulos
encerrados en ovarios dos
que se forman os froitos
CONÍFERASFollas aciculares,
estreitas,
en xeral de folla
perenne,
plántulas con dous
ou máis cotiledóns.
GINKGOÁCEASFollas caedizas,
planas, cos nervos
paralelos
TAXÁCEASSemellantes ás
coníferas, coa
semente rodeada
dun arilo carnoso.
PALMÁCEASToro febroso
sen ramificar,
raíces fasciculadas.
PLANIFOLIOSDicotiledóneas,
follas co limbo
plano e cos nervos
formando redes.
CICADOFITASFollas pinnadas
dispostas en espiral,
flores en conos,
sen froitos.
CLASES DE ÁRBORES TENDO EN CONTA A SÚA ORIXE
AUTÓCTONASOrixinarias do lugar
no que se atopan.
EXÓTICASProcedentes de
ecosistemas alleos.
ALÓCTONAS Especies alleas
naturalizadas nun lugar.
carballo castiñeiroliquidambar
Os BOSQUES NATURAIS son ecosistemas
constituídos por unha estrutura de árbores,
arbustos e outros vexetais na que domina o
estrato arbóreo, cunhas condicións pouco
ou nada influídos pola acción humana.
AGRUPACIÓNS DE ÁRBORES
A formación dun bosque é un proceso lento que
dura máis de cen anos. Empeza coa disgregación
das rochas e o asentamento das primeiras
especies vexetais. Séguelle o asentamento dos
arbustos e entre eles as primeiras árbores que,
cando acadan unha certa altura crean un
microclima axeitado para o desenvolvemento das
especies de sombra; con elas o bosque acada a
súa plenitude (bosque climax).
Fragas
Fragmentos dos bosques antigos
orixinais que chegaron aos nosos
días cun grao de naturalidade máis
ou menos importante.Fraga do Eume
Abesedos: bosques
situados en zonas sombrizas.
Abesedo de Donís-Os Ancares
Devesas: bosques mixtos
(carballo, acivro, teixo,
faia, capudre...) Devesa de ROGUEIRA-O Courel
Carballeiras: bosques
con dominio de carballos.
Carballeira do Xesta-A Lama
Reboleiras; bosques
con dominio de rebolos
(Quercus pyrenaica)Parque Natural O Invernadeiro
Biduídos, bidueirais. Bosques
de bidueiras. Formacións
asociadas ás zonas húmidas de
altitude media. Bidueiral de Montederramo
Faiais: bosques de faias.
fFonteformosa-O Cebreiro
Acibeirais: bosques de acivroCabana Vella-os Ancares
Sobreirais: bosques de
sobreiras
Arnego-Agolada
Aciñeirais: bosques
de aciñeiras Eciña da Lastra
Salgueiral: bosque de
salgueiros.
Bosques de ribeira. Formacións vexetais que
xorden e se manteñen ás beiras das correntes de
auga. Dominan os salgueiros, amieiras, freixos...
Bosques de plantación:
Agrupacións arbóreas nas que
predomina o estrato arbóreo de
orixe artificial. As condicións están
influídas polo ser humano.
Carballeiras. Bosques de carballos cun
aproveitamento silvo-pastoral.
Presentan un grao de
naturalidade inferior ás fragas
Soutos. Bosques ou
plantacións de castiñeiros.
PLANTACIÓNS FORESTAIS
Monocultivos de especies que se plantan
para aproveitar a madeira ou os froitos.
Piñeirais.Bosques ou plantacións de piñeiros.
Eucaliptais. Bosques ou plantacións de eucaliptos.
As SEBES e os BEIRAIS son espazos ocupados
por ringleiras de árbores e arbustos plantados,
naturalizados ou silvestres, nas que perviven
especies que foron desaloxadas do seu medio
natural polos cultivos.
PARQUES E XARDÍNS.
Situados xeralmente no interior das cidades.
Están formados por variedade de especies
arbóreas plantadas con fins ornamentais.
IMPORTANCIA DAS ÁRBORESAs árbores son as que fan posible a vida
na Terra, contribuíron a crear a atmosfera
que nos rodea e son fonte permanente de
vida e saúde. Forman parte da paisaxe, da
nosa vida e da nosa historia.
Os bosques galegos eliminan ao ano medio
millón de toneladas de dióxido de carbono
PRINCIPAIS BENEFICIOS DAS ÁRBORES-Purifican o aire (achegan osíxeno e humidade e
consumen dióxido de carbono).
-Reguladores hídricos (reteñen a auga da chuvia e
controlan as canles dos ríos e as avenidas).
-Crean e enriquecen o solo.
-Protexen o solo da erosión grazas ao entramado
das súas raíces.
-Crean biodiversidade, son hábitat e refuxio para
multitude de seres vivos.
-Actúan de cortaventos para os cultivos.
-Fan de pantalla para ruídos e radiacións.
-Depuran solos contaminados.
-Dan sombra e refrescan o ambiente.
-Deles obtéñense miles de produtos utites e
principios activos, moitos imprescindibles para a
vida do ser humano.
-Proporcionan información do pasado.
-Adornan e fan os espazos máis agradables.
AS ÁRBORES DE GALICIA
A situación e o relevo de
Galicia cren diferentes
microclimas que favorecen
unha gran diversidade vexetal
con mestura de especies
atlánticas e mediterráneas.
Calcúlase que en Galicia hai máis
de 688 millóns de árbores.
Formacións máis abundantes:
Coníferas: 506.026 ha (36%)
Frondosas autóctonas: 375.922 ha (40%)
Mesturas: 349.293 (24%)
Eucalipto: 174.210 ha.
As árbores son o soporte
para o asentamento de
moitos seres vivos vexetais
e animais. Proporciónanlles
acobillo e sustento.
Nos bosques establécense
complexas redes
alimentarias onde todo se
aproveita.
A VIDA NAS ÁRBORES
A VIDA NAS ÁRBORES
fungo
Liques, brións, fento e hedra
Herba salgueira
A VIDA NAS ÁRBORES
esquíoeiruga
agabeador bacaloura e vésporas
FROITOS e
SEMENTES
alimento para persoas e animais,
zumes, licores, marmeladas,
aceites, graxas, extractos,
medicinas, alcohois...
FOLLAS alimento, aceites, extractos,
tecidos, cestos, adornos...
MADEIRA En rolo: táboas, chapas, listóns,
madeiros, manufacturas,
esculturas...
Madeira miuda: combustible,
taninos, carbón vexetal, polpa de
celulosa, cestería, colorantes,
destilados...
RAÍCES infusións, aceites, medicamentos...
TONA cortiza, taninos, medicamentos,
aceites, tintes, condimentos...
SAVIA e
RESINAS
azucres, xabóns, bálsamos, gomas,
trementina...
RESÍDUOS
(BIOMASA)
produción de enerxía por
combustión ou transformándoos en
biogás, por fementación.
USOS DAS ÁRBORES
A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES EN GALICIAAs árbores ocupan un lugar importante na
fisonomía e na economía de Galicia.
O sector forestal, sen incluír a industria de segunda
transformación, constitúe un 6,48 % do PIB
(Produto interior bruto) de Galicia e xera máis de
40.000 empregos.
Madeira: 6.500.000 m3/ano,
máis de 240 millóns de euros
de madeira en pé.
Castañas. 8.027 tonelasa/ano,
1,29 millóns de euros.
Cogomelos: 45 kg/ha/ano,
uns 12 millóns de euros.
PRINCIPAIS PRODUCIÓNS DO BOSQUE EN GALICIA
PRODUCIÓN COLLEITA PRIMEIRA
TRANSFORMACION
SEGUNDA
TRANSFORMACIÓN
OUTROS
Produción de
semente e plantas:
viveiros
Silvicutura:
plantación, cultivo
(podas, limpezas,
tratamentos...)
Proteción contra
incendios
•Froitas
•Cogomelos
•Envasado
•Conservas,
marmeladas,
confituras, licores,
fariñas
•Industria alimentaria e
repostería...
•Administración,
ensino e
investigación,
enxeñería,
asesoramento
técnico...
•Industrias auxiliares:
equipos, maquinaria,
ferramenta...
•Transportes
•Madeira: cortas
•Outros: mato,
follas...
•Serradeiros
•Chapa e taboleiros
contrachapados
•Taboleiros de
partículas e febras
•Pasta de papel
•Estruturas de madeira
•Embalaxe e envases
•Elementos de
construción (solos,
vigas...)
•Carpintería
•Mobiliario
•Papel e cartón
A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES E DO BOSQUE
PRINCIPAIS PROBLEMAS QUE AFECTAN ÁS ÁRBORES
CAUSAS EFECTOS
ELIMINACIÓN DO
BOSQUE
-Cortas indiscriminadas
-Obtención de terreos agrícolas
-Urbanizacións
-Construción de infraestructuras
-Minería
-Deforestación
-Desaparición de especies
-Aumento de contaminación
-Perdas económicas
-Desertificación
INCENDIOS -Vandalismo
-Accidentes
-Deforestación
-Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna)
-Arrastre de terras e erosión
-Deterioro da paisaxe
-Aumento da sequedade do solo e desertificación
-Aumento das emisións de CO2
-Perdas de flora, fauna e vidas humanas
-Perdas económicas
REPOBOACIÓNS
POUCO
AXEITADAS
-Deseños en función de intereses
unicamente económicos
-Perda de biodiversidade
-Diminución da vexetación autóctona
-Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna)
-Aumento da erosión
CONTAMINACIÓN -Emisións industriais, de vehículos,
calefaccións...
-Alteración das propiedades do solo
-Chuvia ácida
-Envelenamento directo
ENFERMIDADES E
PRAGAS
-Distintos tipos de parásitos: fungos,
insectos...
-Destrucción de bosques e plantacións
-Diminución do rendemento
-Perdas económicas
PATRIMONIO PERDIDO
Castiñeiro talado en Viana do Bolo hai
case 50 anos. Medía 14 m de perímetro.
Castiñeiro de Folgueira en Sobrado
de Picato (lugo). Imaxe de 1949.
Cada ano elimínanse 15 millóns de hectáreas
de bosque, a un ritmo de 38 Ha por minuto. De
seguir así os grandes bosques tropicais terán
desaparecido dentro de 50 anos.
“Cunha árbore pódense facer
un millón de mistos.
Cun misto pódense matar un
millón de árbores”
Cada día de verán quéimanse
en Galicia perto de 30 Ha de
monte que tarda un mínimo de
25 anos en recuperarse.
Non quero que o lume
destrúa e aniquile
a miña carne
na que, ás veces,
cantou namorada
a cotovía.
Somente son terra.
Só desexo ser terra,
mesturarme coa terra,
perderme, confundirme,
no silencio da terra.
e pídolle,
con todo o meu ser,
á terra miña nai,
que sexa xentil comigo
Manuel María
QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR AS ÁRBORES E OS BOSQUES
-Respectar á arbore como ser vivo e aos elementos dos que depende
(solo, aire, auga...).
-Evitar conductas que poidan ocasionarlles danos (facer lume...).
-Non deixar pegadas do noso paso polos bosques.
-Non usar madeiras de bosques nin de especies amenazadas.
-Usar moderadamente as leñas, madeiras e carbón vexetal.
-Usar papel reciclado e aproveitalo ao máximo. Reducir o consumo en
embalaxes e envoltorios.
-Aprender a coñecer as nosas árbores e bosques. Valorar as especies
autóctonas.
-Facerlle un espazo ás árbores nas vilas e cidades.
-Colaborar coas persoas e institucións de defensa da natureza.
-Plantar árbores.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
Fraga de Caaveiro, Devesa de
Rogueira, Aciñeiral de Cruzul,
Sobreiral do Arnego...
ÁRBORES PROTEXIDAS:
Monumentos naturais:
eucaliptos de Chavín (Viveiro),
castiñeiros de Catasós, carballo
da Rocha (A Saínza), castiñeiros
de Rozabales (Manzaneda).
No catálogo de árbores
senlleiras de Galicia están
inscritos 128 exemplares
A PROTECCIÓN DAS ÁRBORES
E OS BOSQUES EN GALICIA
Carballa da Rocha (Rairiz da Veiga)
O 21 de Marzo celébrase (desde 1971)
o DÍA DA ÁRBORE .
O albre é o símbolo do señorío espiritual de Galiza.
O albre é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque
nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o
vento.
O albre danos a froita, que é un manxar composto polo mesmo creador, para regalía do
noso paladar: o derradeiro ben que nos quedou do Paradiso perdido.
O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.
O albre danos a sombra fresca no verán e quentura garimosa no inverno.
O albre danos as trabes, o sobrado e as portas da casa. Danos a cama, o almario das
sabáns e a artesa do pan. Danos o berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar á terra.
O albre danos o papel barato que nos trae a decotío as novas do que pasa no mundo.
Val máis unha terra con albres nos montes que un estado con ouro nos bancos.
A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o estado unitario.
O albres son as minas galegas que nós saberemos explotar cando a nosa terra sexa nosa.
A repoboación forestal será o patrimonio da nación galega e o mellor aforro da
colectividade.
Na nosa terra danse os mellores albres.
O día que seipamos o que val un albre, aquel día non teremos necesidade de emigrar.
(Castelao, “Sempre en Galicia”, 1937)
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro
Mon Daporta
Internet
DEBUXOS: Mon Daporta