AS PLANTASas árbores
Unha árbore é un ser vivo, vexetal, terrestre, formado por raíz, talo e follas, no que destaca o toro elevado, leñoso e ramificado.
As árbores son os máis grandes e os máis lonxevos dos seres vivos.
AS IDADES DAS ÁRBORESMaceira: 30 anosCerdeira: 60 anosBidueiro: 100 anosChopo: 200 anosNoceira e faia: 300 anosFalso plátano: 400 anosAbetos e piñeiros: máis de 1000 anosCarballo: ata 2.000 anosTeixo e castiñeiro: ata 3.000 anosSecuoia: máis de 3.000 anos Pinus aristata: máis de 4.900 anos
O conxunto de árbores máis vellas que se coñecen son piñeiros de Tasmania, ou piñeiro de Huon (Lagarostrobus franklinni), con 10.500 anos.
A árbore individual máis vella que se coñece é unha pícea (Dalarna, en Suecia) de 9.550 años.
Árbore máis pequena: salgueiro ártico.
AS ALTURAS DAS ÁRBORES
Árbore máis alta: secuoia vermella Stratosphere Giant, con 112,34 m. California.
Árbore máis grosa: alcipreste mexicano (Taxodium mucronatum) de Tule-Oaxaca (México)
FOLLAEstrutura laminar de formas e tamaños moi variados, encargada da respiración e da fotosíntese (nutrición) da planta.
TALO (TORO)É a parte aérea, endurecida, xeralmente cónica, que serve de soporte a todas as demais. Realiza diferentes funcións: sostén, transporte, depósito e secreción de substancias.
RAÍZ: Asegura a súa fixación ao solo e, polos pelos absorbentes, o abastecemento de auga e sales minerais.
FLOR:Órgano produtor e portador das células reprodutoras
FROITO:Elemento que protexe o embrión mentres non está formado.
SEMENTE:Acolle o embrión para formar unha nova planta,
A RAÍZ
O sistema radicular das árbores pode ocupar un amplo espazo ou acadar unha gran profundidade dependendo das características do terreo ou da especie.
RAÍZ TÍPICAUnha raíz principal da que saen outras máis pequenas. É a que teñen a maioría das árbores
Raíces secundarias: aumentan a superficie de apoio e a capacidade de captación de auga e sales minerais.
Raíz principal
RAÍZ FASCICULADAVarias raíces iguais.
palmeira
Pelos absorbentes Aumentan a superficie das membranas celulares para facilitar e activar a ósmose (movemento de líquidos a través de membranas situadas entre disolucións con distinto grao de concentración).
Floema
Xilema
Punto de crecemento Parte final da raíz onde as células se reproducen moi activamente.
Zona de alargamentoNesta zona as células en contacto coa auga alónganse e fan que a raíz medre cara abaixo.
Cofia Parte engrosada da punta das raíces formada por unhas células endurecidas que protexen a zona de crecemento.
Os neumatóforos son formacións que teñen algunhas árbores de lugares asulagados para facilitarlles a respiraración das raíces.
As raíces fúlcreas amplían a base de sustentación e a suxección da árbore. Son propias de especies que viven en substratos anegados e móbiles.
mangle
alcipreste dos pantanos
As raíces aéreas ou adventicias serven para capturar a humidade do aire.
As árbores que acadan grandes dimensións amplian a súa base de sustentación emitindo reforzos tabulares entre as raíces e o toro.
metrosideiro
ficus
As raíces das leguminosas conteñen bacterias que lles axudan a fixar nitróxeno.
Unha forma de relación simbiótica típica entre os fungos e as árbores é a formación de micorrizas. O micelio dos fungos únese ás raíces das plantas, que aumentan deste xeito a súa superficie de absorción. O fungo recibe a cambio materia orgánica.
O TALO
TALO LEÑOSO - TOROEndurecido, con aneis de crecemento. castiñeiro
PARTES DO TALO
Zona de medra ou alargamento: comprende as partes máis novas situadas entre os últimos nós.
Toro: eixo, parte principal do talo. Leñoso, macizo e duro, con aneis de crecemento e ramificado.
Ponlas: talos laterais que xorden do principal, serven para aumentar a superficie de soporte e para distribuír e dispoñer de maneira axeitada as follas.
Punto de crecemento: con reprodución celular moi activa.
Nó: punto no que agroman as follas e as xemas.
Entrenó: distancia entre dous nós próximos.
Médula
Xemas: estruturas que protexen os puntos de crecemento en lonxitude. Están dispostas ao longo das ponlas. Desenvolvense principalmente as das partes máis novas.
Xilema
Cambium
Tona
TALO
Tona ou casca: estrutura de protección e illamento.
Durame: parte central do toro formada por madeira vella. As células están mortas e só realiza función de sostén.
Médula: parte central dalgunhas árbores que almacena susbtancias de reserva. Xeralmente desaparece nas árbores vellas.
Aneis anuais: están marcados polo diferente ritmo de desenvolvemento do cambium ao longo do ano
Cambium: tecido que produce as células do floema e o xilema (sistemas de transporte). É o que provoca o aumento de grosor.
Xilema: conxunto de vasos que transportan a auga e as sales minerais da raíz ás follas.
Albura: parte viva do talo, entre a tona e o durame na que aínda funcionan os vasos de transporte. Almacena substancias de reserva.
Floema: conxunto de vasos que transportan os elementos nutritivos procedentes das follas.
piñeiro
O estudo dos aneis de crecemento permite coñecer a idade da árbore (número de aneis) e as condicións ambientais nas que se desenvolveu (distancia que hai entre eles). En condicións favorables a árbore medra máis e os aneis están máis separados, en condicións desfavorables están máis xuntos.
sobreira
Instrumento para medir o crecemento en grosor das árbores.
As árbores poden vivir co toro oco xa que as capas externas (xusto debaixo da tona ou casca) son as que conteñen os vasos condutores da saiva e as células vivas.
no interior deste castiñeiro hai unha capela
O Baobad de África pode almacenar no seu toro 136.000 litros de auga.
As tonas ou cascas das árbores protexen e illan o toro e axudan na respiración. Son moi variables en cor, grosor e textura e características de cada especie.
Piñeiro rubio
carballo
eucalipto
chopo brancobidueiro
araucariasobreira
Lenticelos: poros ou furados polos que o aire penetra ao interior do talo para facilitar a respiración das células.
Copa esférica
O conxunto do toro e as ponlas dalle ás árbores o seu porte característico.
metrosidero
cilíndrica choposAlcipreste mediterráneo
cónicaabeto de Douglas
irregular
sobreira
carballo
POSICIÓN DAS PONLAS
HORIZONTAISFormando ángulo recto.
COLGANTES ou CAÍDASFormando ángulo obtuso.
ERGUIDASFormando ángulo agudo.
Ponlas horizontais araucaria
Ponlas colgantes salgueiro chorón
Ponlas erguidas chopos
DISTRIBUCIÓN DAS PONLAS
IRREGULARALTERNA
A distinta alturaVERTICILADA
Arredor dun punto.
Ponlas irregulares carballo
Ponlas alternas
Ponlas verticiladas
araucaria
piñeiro
TALO FEBROSO (ESTIPE)Sen aneis de crecemento (non medra en grosor) e sen ramificar agás excepcións. É o talo típico das palmeiras, que desde o punto de vista estructural non deben ser consideradas como verdadeiras árbores.
palmeiras
É unha estrutura, xeralmente laminar e de cor verde, de formas e tamaños moi variados. É a encargada da respiración, da fotosíntese (nutrición) e da transpiración.
A FOLLA
LIMBO
PECIOLO
xema
cara
envés
nervos
Capa superior: de células con moitos cloroplastos. É parte máis activa da folla.
Estomas: orificios da epiderme (no envés) por onde a planta realiza o intercambio de gases e elimina o exceso de auga..
Zona de abscisión: capa de células que provocan a caída da folla.
Tecido esponxoso: parte media con espazos ocos entre as células para permitir a circulación dos gases.
Condutos que transportan substancias.
Epiderme: capa exterior de células mortas que a illan e protexen.
Peciolo e xemas
CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A ESTRUTURA
SIMPLESLimbo nunha soa peza
COMPOSTAS limbo formado por varias pezas
(foliolos)
DISTRIBUCIÓN NO TALO
Alternas Opostas Verticiladas
CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A SÚA DURACIÓN
PERSISTENTES CAEDIZAS (CADUCAS)
Moitas árbores despréndense das follas ao chegar o inverno como adaptación á diminución da luz e á baixada das temperaturas.
Estas especies tamén mudan as follas, pero fanno sempre despois do desenvolvemento das follas novas.
ginkgoacivro
A folla máis grande: Raphia farinifera (Madagascar): 20 m.
FLORES
Pétalos(corola)
pistilo
estames
ANXIOSPERMAS
Teñen flores cos óvulos pechados en ovarios.
Sépalos(cálice)
Flor hermafrodita de marmeleiro
ovario
cerdeira
Flores completas (hermafroditas)
tulipeiro
laranxeira
Flores masculinas de salgueiro
Flores espidas
Flores femininas de salgueiro
Flores hermafroditas de eucaliptos
AS FLORES
acios
umbela
mimosa
arce
robinia
sabugueiro
XIMNOSPERMAS
Teñen flores sen ovarios e non teñen froitos.
As máis coñecidas son as coníferas nas que os óvulos aparecen en estruturas leñosas chamadas conos ou piñas.
FLORES FEMININAS
FLORES MASCULINAS
teixo
AS FLORES
cedro
alcipreste
FROITOS
capudre
FROITOS CARNOSOS
Drupas: unha única semente leñosa Baia ou baga: con
moitas sementes.
Hesperidio: epicarpo glanduloso, endocarpo membranoso, dividido en “chavos”.
Aquenio: unha soa semente sen apegar á envoltura exterior
FROITOS SECOS INDEHISCENTES
Sámara; aquenio con prolongacións membranosas a xeito de ás
Lomentocon tabiques separando as sementes
Glandecuberto cunha cúpula; semente cos cotiledóns carnosos
arce
avelá
acacia
carballo
Cápsula ou caixa: con varias sementes, ábrese lateralmente ou por arriba
Folículo: con moitas sementes, en xeral ábrese lateralmente
Legume: con varias sementes, ábrese lateralmente
FROITOS SECOS DEHISCENTES
árbore botella
eucalipto
acacia castiñeiro das Indias
camelia
Cúpula; varios froitos protexidos por envolturas
AGRUPACIÓNS (INFRUTESCENCIAS)fórmanse a partir de flores agrupadas en inflorescencias
Poliacantocarpo: grupos de aquenios acompañados de brácteas
Sicono: aquenios dentro dun soporte carnoso pechado.
Acio: froitos con rabo sobre un eixo
Umbela: rabos unidos nun punto.
plátano
pradairo
figueira
castiñeiro sabugueiro
Pomoreceptáculo coas sementes rodeado dunha formación carnosa
FROITOS FALSOSA parte carnosa non se desenvolve a partir do ovario
cotonaster
maceira
pereira
O froito máis grande é o da árbore Artocarpus heterophyllus que pode pesar ata 50 quilos.
É a estrutura a partir da que se propagan as plantas fanerógamas ou espermafitas.Prodúcese a partir da fecundación e maduración dun óvulo. Contén ao embrión xunto con substancias de reserva, protexidos por unha cuberta.
SEMENTE
Sementes xerminando
piñeiro claudieira
carballopalmeira
ESTRUTURAS REPRODUTIVAS DAS XIMNOSPERMASSementes que se desenvolven sen ovario
CONÍFERAS CICADAIS GINGKOAIS
Piñeiro silvestre
P. de Monterrei
Piñeiro bravo Piñeiro manso
CONÍFERAS
cedro
alerce
abeto
alcipreste
CONÍFERAS
Estróbilos femininos
CICADAIS
Flores masculinas
Cica
GINKGOAIS
Flores masculinas
Flores femininas
sementes
ginkgo
Semente máis grande: coqueiro do mar: ata 27 kg. Atópase nas illas Seychelles.
OS ARBUSTOS medran polas xemas inferiores, teñen unha estructura redondeada con abundante ramificación desde a base, onde non é doado distinguir o talo principal.
AS ÁRBORES medran en lonxitude, sobre todo polas xemas terminais, por eso presentan formas alongadas cun toro ergueito e unha copa na parte alta.
ÁRBORES E ARBUSTOS
CLASES DE ÁRBORES
XIMNOSPERMAS Teñen flores sen ovarios
e non teñen froitos.
ANXIOSPERMAS Teñen flores cos óvulos
encerrados en ovarios dos que se forman os froitos
CONÍFERASFollas aciculares,
estreitas, en xeral de folla
perenne, plántulas con dous ou máis cotiledóns.
GINKGOÁCEASFollas caedizas,
planas, cos nervos paralelos
TAXÁCEAS Semellantes ás coníferas, coa
semente rodeada dun arilo carnoso.
PALMÁCEAS Toro febroso sen ramificar,
Raíces fasciculadas.
PLANIFOLIOSDicotiledóneas, follas co limbo
plano e cos nervos formando redes.
CICADOFITASFollas pinnadas
dispostas en espiral,
flores en conos, sen froitos.
CLASES DE ÁRBORES TENDO EN CONTA A SÚA ORIXE
AUTÓCTONASOrixinarias do lugar
no que se atopan.
EXÓTICASProcedentes de
ecosistemas alleos.
ALÓCTONAS Especies alleas
naturalizadas nun lugar.
carballo castiñeiroliquidambar
Os BOSQUES NATURAIS son ecosistemas constituídos por unha estrutura de árbores, arbustos e outros vexetais na que domina o estrato arbóreo, cunhas condicións pouco ou nada influídos pola acción humana.
AGRUPACIÓNS DE ÁRBORES
A formación dun bosque é un proceso lento que dura máis de cen anos. Empeza coa disgregación das rochas e o asentamento das primeiras especies vexetais. Séguelle o asentamento dos arbustos e entre eles as primeiras árbores que, cando acadan unha certa altura crean un microclima axeitado para o desenvolvemento das especies de sombra; con elas o bosque acada a súa plenitude (bosque climax).
FRAGAS: fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Fraga do Eume
ABESEDOS: bosques situados en zonas sombrizas.
Abesedo de Donís-Os Ancares
DEVESAS: bosques mixtos (carballo, acivro, teixo, faia, capudre...)
Devesa de Rogueira (O Courel)
CARBALLEIRAS: bosques con dominio de carballos.
Carballeira do Xesta-A Lama
REBOLEIRAS: bosques con dominio de rebolos (Quercus pyrenaica)
Parque Natural O Invernadeiro
BIDUÍDOS, BIDUEIRAIS: bosques de bidueiras. Formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media.
Bidueiral de Montederramo
FAIAIS: bosques de faias.f Fonteformosa-O Cebreiro
ACIBEIRAIS: bosques de acivro Cabana Vella-os Ancares
SOBREIRAIS: bosques de sobreiras Arnego-Agolada
ACIÑEIRAIS: bosques de aciñeirasEciña da Lastra
SALGUEIRAL: bosque de salgueiros.
BOSQUES DE RIBEIRA: formacións vexetais que xorden e se manteñen ás beiras das correntes de auga. Dominan os salgueiros, amieiras, freixos...
BOSQUES DE PLANTACIÓN:Agrupacións arbóreas nas que predomina o estrato arbóreo de orixe artificial. As condicións están influídas polo ser humano.
CARBALLEIRAS: plantacións de carballos cun aproveitamento silvo-pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas
SOUTOS: bosques ou plantacións de castiñeiros.
PLANTACIÓNS FORESTAISMonocultivos de especies que se plantan para aproveitar a madeira ou os froitos.
Piñeirais: plantacións de piñeiros.
EUCALIPTAIS: plantacións de eucaliptos.
As SEBES e os BEIRAIS son espazos ocupados por ringleiras de árbores e arbustos plantados, naturalizados ou silvestres, nas que perviven especies que foron desaloxadas do seu medio natural polos cultivos.
PARQUES E XARDÍNS. Están formados por variedade de especies arbóreas plantadas con fins ornamentais. Situados xeralmente no interior das cidades ou en pazos.
IMPORTANCIA DAS ÁRBORESAs árbores son as que fan posible a vida na Terra, contribuíron a crear a atmosfera que nos rodea e son fonte permanente de vida e saúde. Forman parte da paisaxe, da nosa vida e da nosa historia.
Os bosques galegos eliminan ao ano medio millón de toneladas de dióxido de carbono
PRINCIPAIS BENEFICIOS DAS ÁRBORES-Purifican o aire (achegan osíxeno e humidade e consumen dióxido de carbono).-Reguladores hídricos (reteñen a auga da chuvia e controlan as canles dos ríos e as avenidas).-Crean e enriquecen o solo.-Protexen o solo da erosión grazas ao entramado das súas raíces.-Crean biodiversidade, son hábitat e refuxio para multitude de seres vivos.-Actúan de cortaventos para os cultivos.-Fan de pantalla para ruídos e radiacións.-Depuran solos contaminados.-Dan sombra e refrescan o ambiente.-Deles obtéñense miles de produtos utites e principios activos, moitos imprescindibles para a vida do ser humano.-Proporcionan información do pasado.-Adornan e fan os espazos máis agradables.
AS ÁRBORES DE GALIZA
A situación e o relevo de Galiza crean diferentes microclimas que favorecen unha gran diversidade vexetal con mestura de especies atlánticas e mediterráneas.
Calcúlase que en Galiza hai máis de 688 millóns de árbores.
Formacións máis abundantes:Coníferas: 506.026 ha (36%)Frondosas autóctonas: 375.922 ha (40%)Mesturas: 349.293 (24%) Eucalipto: 174.210 ha.
As árbores son o soporte para o asentamento de moitos seres vivos vexetais e animais. Proporciónanlles acobillo e sustento.Nos bosques establécense complexas redes alimentarias onde todo se aproveita.
A VIDA NAS ÁRBORES
A VIDA NAS ÁRBORES
fungo
Liques, brións, fento e hedra
Herba salgueira
A VIDA NAS ÁRBORES
esquíoeiruga
gabeador bacaloura e vésporas
FROITOS e SEMENTES
alimento para persoas e animais, zumes, licores, marmeladas, aceites, graxas, extractos, medicinas, alcohois...
FOLLAS alimento, aceites, extractos, tecidos, cestos, adornos...
MADEIRA En rolo: táboas, chapas, listóns, madeiros, manufacturas, esculturas...Madeira miúda: combustible, taninos, carbón vexetal, polpa de celulosa, cestería, colorantes, destilados...
RAÍCES infusións, aceites, medicamentos...
TONA cortiza, taninos, medicamentos, aceites, tintes, condimentos...
SAVIA e RESINAS
azucres, xabóns, bálsamos, gomas, trementina...
RESÍDUOS(BIOMASA)
produción de enerxía por combustión ou transformándoos en biogás, por fementación.
USOS DAS ÁRBORES
A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES EN GALIZAAs árbores ocupan un lugar importante na fisonomía e na economía de Galiza. O sector forestal, sen incluír a industria de segunda transformación, constitúe un 6,48 % do PIB (Produto interior bruto) de Galicia e xera máis de 40.000 empregos.
Madeira: 6.500.000 m3/ano, máis de 240 millóns de euros de madeira en pé. Castañas. 8.027 tonelasa/ano, 1,29 millóns de euros.
Cogomelos: 45 kg/ha/ano, uns 12 millóns de euros.
PRINCIPAIS PRODUCIÓNS DO BOSQUE EN GALICIA
PRODUCIÓN COLLEITA PRIMEIRA TRANSFORMACION
SEGUNDA TRANSFORMACIÓN
OUTROS
Produción de semente e plantas: viveirosSilvicutura: plantación, cultivo (podas, limpezas, tratamentos...)Proteción contra incendios
•Froitas•Cogomelos
•Envasado•Conservas, marmeladas, confituras, licores, fariñas
•Industria alimentaria e repostería...
•Administración, ensino e investigación, enxeñería, asesoramento técnico...•Industrias auxiliares: equipos, maquinaria, ferramenta...•Transportes
•Madeira: cortas•Outros: mato, follas...
•Serradeiros•Chapa e taboleiros contrachapados•Taboleiros de partículas e febras•Pasta de papel
•Estruturas de madeira•Embalaxe e envases•Elementos de construción (solos, vigas...)•Carpintería•Mobiliario•Papel e cartón
A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES E DO BOSQUE
PRINCIPAIS PROBLEMAS QUE AFECTAN ÁS ÁRBORES
CAUSAS EFECTOSELIMINACIÓN DO BOSQUE
-Cortas indiscriminadas-Obtención de terreos agrícolas-Urbanizacións-Construción de infraestructuras-Minería
-Deforestación-Desaparición de especies-Aumento de contaminación-Perdas económicas-Desertificación
INCENDIOS -Vandalismo-Accidentes
-Deforestación-Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna)-Arrastre de terras e erosión-Deterioro da paisaxe-Aumento da sequedade do solo e desertificación-Aumento das emisións de CO2
-Perdas de flora, fauna e vidas humanas-Perdas económicas
REPOBOACIÓNS POUCO AXEITADAS
-Deseños en función de intereses unicamente económicos
-Perda de biodiversidade-Diminución da vexetación autóctona-Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna)-Aumento da erosión
CONTAMINACIÓN -Emisións industriais, de vehículos, calefaccións...
-Alteración das propiedades do solo-Chuvia ácida-Envelenamento directo
ENFERMIDADES E PRAGAS
-Distintos tipos de parásitos: fungos, insectos...
-Destrucción de bosques e plantacións-Diminución do rendemento-Perdas económicas
PATRIMONIO PERDIDO
Castiñeiro talado en Viana do Bolo hai case 50 anos. Medía 14 m de perímetro.
Castiñeiro de Folgueira en Sobrado de Picato (lugo). Imaxe de 1949.
Cada ano elimínanse 15 millóns de hectáreas de bosque, a un ritmo de 38 Ha por minuto. De seguir así os grandes bosques tropicais terán desaparecido dentro de 50 anos.
“Cunha árbore pódense facer un millón de mistos. Cun misto pódense matar un millón de árbores”
Cada día de verán quéimanse en Galiza perto de 30 ha de monte que tarda un mínimo de 25 anos en recuperarse.
Non quero que o lumedestrúa e aniquile a miña carnena que, ás veces, cantou namorada a cotovía.Somente son terra.Só desexo ser terra,mesturarme coa terra,perderme, confundirme,no silencio da terra.e pídolle,con todo o meu ser, á terra miña nai,que sexa xentil comigo
Manuel María
QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR AS ÁRBORES E OS BOSQUES -Respectar á arbore como ser vivo e aos elementos dos que depende (solo, aire, auga...).-Evitar condutas que poidan ocasionarlles danos (facer lume...).-Non deixar pegadas do noso paso polos bosques.-Non usar madeiras de bosques nin de especies amenazadas.-Usar moderadamente as leñas, madeiras e carbón vexetal.-Usar papel reciclado e aproveitalo ao máximo. Reducir o consumo en embalaxes e envoltorios.-Aprender a coñecer as nosas árbores e bosques. Valorar as especies autóctonas.-Facerlle un espazo ás árbores nas vilas e cidades.-Colaborar coas persoas e institucións de defensa da natureza.-Plantar árbores.
ESPAZOS PROTEXIDOS: Fraga de Caaveiro, Devesa de Rogueira, Aciñeiral de Cruzul, Sobreiral do Arnego...
ÁRBORES PROTEXIDAS:Monumentos naturais: eucaliptos de Chavín (Viveiro), castiñeiros de Catasós, carballo da Rocha (A Saínza), castiñeiros de Rozabales (Manzaneda).
No catálogo de árbores senlleiras de Galiza están inscritos 146 exemplares e 31 agrupacións.
A PROTECCIÓN DAS ÁRBORES E OS BOSQUES EN GALICIA
Carballa da Rocha (Rairiz da Veiga)
O 21 de Marzo celébrase (desde 1971) o DÍA DA ÁRBORE .
Reforestación veciñal dunha zona queimada
O albre é o símbolo do señorío espiritual de Galiza.O albre é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.O albre danos a froita, que é un manxar composto polo mesmo creador, para regalía do noso paladar: o derradeiro ben que nos quedou do Paradiso perdido.O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.O albre danos a sombra fresca no verán e quentura garimosa no inverno.O albre danos as trabes, o sobrado e as portas da casa. Danos a cama, o almario das sabáns e a artesa do pan. Danos o berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar á terra.O albre danos o papel barato que nos trae a decotío as novas do que pasa no mundo.Val máis unha terra con albres nos montes que un estado con ouro nos bancos.A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o estado unitario.O albres son as minas galegas que nós saberemos explotar cando a nosa terra sexa nosa.A repoboación forestal será o patrimonio da nación galega e o mellor aforro da colectividade.Na nosa terra danse os mellores albres.O día que seipamos o que val un albre, aquel día non teremos necesidade de emigrar.
(Castelao, “Sempre en Galiza”, 1937)
MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta, InternetDEBUXOS: Mon Daporta Setembro 2015