Date post: | 20-Dec-2014 |
Category: |
Education |
Upload: | alfonso-blanco |
View: | 430 times |
Download: | 5 times |
• 625 – 547 a.C. (aprox.)
•Filósofo, físico e matemático
•Como matemático, fixo aportacións básicas sobre Xeometría. A máis relevante é o teorema que leva o seu nome
•Como físico, comprendeu o fenómeno dos eclipses
• Como filósofo, chegou á conclusión de que todo o existente se baseaba nun só principio ou elemento, que para el era a auga.
O seu principal teorema pertence ó campo matemático da Xeometría e serve, por
exemplo, para medir as alturas dos obxectos de maneira indirecta
• 582 – 507 a.C. (aprox.)
•Filósofo, matemático e astrónomo
•Como matemático, formulou o teorema que leva o seu nome e explica a relación dos lados dun triángulo rectángulo
•Como filósofo, cría que o Universo se podía explicar a partir de relacións matemáticas
• Para os pitagóricos a existencia dos números irracionais constituía un problema, xa que un período decimal impredecible non encaixaba coa súa idea de que todo se podía reducir a fórmulas matemáticas exactas
Entre eses números están π, √2 e a chamada razón áurea, presente en multitude de figuras xeométricas e obxectos da
natureza, como a distribución dos pétalos das flores, a distancia entre as espirais das cunchas dos caracois ou os nervos das follas
das árbores
• 325 – 265 a.C. (aprox.)
•Matemático e xeómetra
•Non está claro se o libro Os elementos foi escrito por el ou por un equipo de matemáticos da cidade de Alexandría
•Está considerado como “pai da xeometría”
Toda a xeometría euclidiana parte de
cinco postulados básicos a partir dos
cales se constrúen os diferentes teoremas. O
máis famoso é o primeiro, que di que
por dous puntos dados só pode pasar unha
recta. Entre os teoremas quizais un dos máis coñecidos
sexa aquel que di que os tres ángulos de calquera triángulo deben sumar 180º
• 460 – 370 a.C. (aprox.)
•Médico
•Está considerado por moitos como o “pai” da medicina moderna, baseada na observación de síntomas e estudio das enfermidades, que atribuía a causas naturais e non á intervención dos deuses
Actualmente os médicos seguen a prestar o chamado Xuramento Hipocrático, como símbolo de compromiso coa súa profesión
• 287 – 212 a.C. (aprox.)
•Matemático, físico e enxeñeiro
•Foi un dos maiores matemáticos e inventores da Antigüidade: débenselle aportacións como o parafuso, a comprensión da hidrostática e as leis da palanca
Da súa sabedoría cóntanse varias anécdotas: comprendeu a mecánica de
fluídos mentres estaba a tomar un baño, e deseñou máquinas defensivas durante
o asedio romano da súa cidade: entre elas, segundo parece, uns espellos de bronce que, axudados do calor do sol,
conseguiron incendiar os barcos romanos que participaban no asalto