Date post: | 05-Jul-2015 |
Category: |
Education |
Upload: | guest75e3415 |
View: | 637 times |
Download: | 0 times |
Uxío Novoneyra
BIOGRAFÍA
- Uxío Novoneyra naceu o 19/01/1930 en Parada de Moreda, unha aldea da Serra do Courel (Lugo).
- Entre 1945-1948 estudou o Bacharelato en Lugo, onde coñece ao poeta Manuel María.
- De 1949 a 1951 residiu en Madrid, onde se matriculou en Filosofía e Letras. Alí comezou a escribir en castelán e deu os primeiros recitais poéticos.
- En 1952, volta a Galiza, onde coincide de novo con Manuel María e outros galeguistas da época como Ramón Piñeiro e Otero Pedrayo.
- Entre 1953-1962 permanece illado no Caurel a causa dunha enfermidade, tempo no que escribe Os eidos.
Casa de Uxío Novoneyra
Con María Mariño, Saleta Goi e Manuel María
- Entre 1962-1966 volta a Madrid, onde traballou en programas de radio e televisión relacionados coa poesía e asistiu a tertulias literarias. Alí relacionouse tamén cos membros do grupo Brais Pinto, entre os que destacan Bernardino Graña e Ferrín, entre outros.
- En 1966 regresa ao Courel por enfermidade dos pais.
- En 1968 coñeceu en Lugo a Elva Rei, con quen casaría en 1973. Terían 3 fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo.
- Até 1983 viviría a cabalo entre Lugo e O Courel.
- En 1983 estabeleceuse en Compostela, exercendo como presidente da AELG até 1986.
- O 30/10/1999 finou en Compostela, sendo velado no Panteón de Galegos Ilustres e posteriormente soterrado no cemiterio lugués de San Froilán.
Manuel María, Darío X. Cabana, Ferrín e Novoneyra
POESÍA
- 1955: Os Eidos-1966: Elegías del Caurel y
otros poemas.- 1974: Os eidos-2-1979:Poemas caligráficos-1981: Os eidos. Libro do
Caurel- 1986: Muller para lonxe-1988: Do Courel a
Compostela -1994: Poemas da doada
certeza i Este brillo premido entre as pálpebras
NARRATIVA
- 1991: O cubil do xabarín-1992:Gorgorín e cabezón
Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!Eiquí síntese ben o pouco que é un home…
Moreda das morodellas!Nogueiras freixos da Barxa!A Boca do Couto! As augasi a Devesa da Rogueira!
Baixando terra fragosadende a fontiña da Rosahastr’o muiño das edraspeta a auga nas pedrasfoza nas portas un tourotecen as mozas na teaun monte lonxe fumeae vai muñando o boi louro…
Augas brancas da Rogueira!
Bouzas pechas d’uces e xestas!!
Abrairas teixos faias xardois e
[reboleiras!
Outo bosco calado!
Fontiñas do corzo!
Carrozos picafondo!
Non hai outro templo máis
[vasto
Nin outro credo
Que este silencio…
Cain as follas…. Sinto unha cousa
Que se apousa en min e no me toca…
Panos brancos esfiañados
da nebraouveando polos vales
polos soutos i as devesas marelas
en busca dun caborco ou dunha valiña outa
que nos acollai os faga acougar!
Fiañas da nebra rubindo
e baixando á gaiola do aire
polas serras érmedas e polos soutos despidos
do Nadal!
Neva e non leva.Anque o ceo amoiao silencio aboia.Neva como eu poñonaquil poema neva.
Falopiña a falopiñavai branqueando a cortiña.Cada miniña o seu soño…cada copo a súa flairiña…
Pacen as vacas na nabarega.Treme a pequenaQue vai co’elas.Febreiro choveFebreiro xeaFebreiro nevaNeve lixeira…
Cousos do lobo!Caborcos do xabarín!Eidos solosonde ninguén foi nin ha d’ir!
Baixa o lobo polo ollo do boscoMovendo nas flairas dos teixosruxindo na folla dos carreirosen busca da vagoada máis sola e
[máis medosa…
Rastrexapárase e ventafinca a pouta ergue a testa e oula [cara o ceoCon toda a sombra da noite na
[boca
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
GALICIA digo eu / ún diGALICIA decimos todoshastra os que calan dine saben
GALICIA da door choraGALICIA da tristura tristeGALICIA do silencio caladaGALICIA da fame emigranteGALICIA vendada cegaGALICIA tapeada xordaGALICIA atrelada queda
libre pra servirlibre pra non serlibre pra morrerlibre pra fuxir
GALICIA labregaGALICIA mariñeiraGALICIA obreira
GALICIAGALICIAGALICIAsabemos
á forzaá forzaá forzaá forzaá forzaá forzaá forza
libre pra servirlibre pra non serlibre pra morrerlibre pra fuxir
GALICIA nosaGALICIA nosaGALICIA nosa
GALICIA irmandiñaGALICIA viva aínda
recóllote da TERRArecóllote do PUEBLOrecóllote da HISTORIA
recóllote i érgote no verbo enteirono verbo verdadeiro que fala o pueblorecóllote pros novos que vein con forzapros que inda non marcou a malla d’argolapros que saben que ti podes ser outra cousapros que saben que o home pode ser outra cousa
sabemos que ti podes ser outra cousaSabemos que o home pode ser outra cousa