D L
: PO
8-2
018
©La
xeiro
, VEG
AP, L
alín
, 201
7
COMPROMISO DE CALIDADE APROBADO POLOS RESTAURANTES PARTICIPANTES NO XX MES DO COCIDO DE LALÍN• As instalacións do establecemento deberán estar en bo estado de limpeza e mantemento • Os establecementos ofrecerán a posibilidade de realizar reservas durante o “Mes do Cocido de Lalín” • O prezo fixado polo restaurante irá publicado nos dípticos promocionais e será con IVE incluindo un viño de mesa • O Cocido será elaborado segundo a receita oficial do Cocido de Lalín • Os produtos utilizados serán de primeira calidade. A carne de porco estará curada e afumada • Os postres deberán ser sobremesas tradicionais galegas • Entregar a cada comensal o pin oficial do Cocido de Lalín 2018 • Entregar aos clientes ao rematar o Cocido a enquisa de valoración para que a cubran.
CONCELLO DE LALÍNwww.lalin.gal
Patrocinadores:
RESTAURANTES PARTICIPANTES XX MES DO COCIDO DE LALINA Taberna de VENTO Estación de Botos, 38. Botos. Telf. 986 780 734
Bar MANOLOAvda. do Empalme,3. Donramiro. Telf. 986 780 382
Bar O POLO Pintor Laxeiro, 4. Telf. 986 780 261
Bar Restaurante SUSO Avda. de Cruces, 33. Telf. 986 780 749
Casa CURRÁS Praza da Igrexa, 2. Telf. 986 781 251
CASA DO PATRÓN Restaurante Codeseda, 1. Doade. Telf. 986 692 203
Casa SANMARTÍN O Corpiño, 10. Losón. Telf. 986 682 392 - 686 544 391
Hostal AS VILAS Arenal, 4. Telf. 986 780 140
Hotel Parrillada VILLANUEVACorredoira, 84. Telf. 986 780 344
Hotel Restaurante PONTIÑAS Ponte, 82. Telf. 986 787 147
Mesón O CRUCE Ctra. Vilatuxe, 10. Vilatuxe. Telf. 986 782 428
Parrillada TABOADA Arenal, 37. Lalín. Telf. 986 780 068
PAZO DE BENDOIRO Bendoiro de Abaixo, 3. Bendoiro. Telf. 986 794 289
Pensión LAS PALMERAS Arenal, 8. Telf. 986 780 222
Restaurante AGARIMO Avda. do Monserrat, 2. Telf. 986 780 902
Restaurante Asador O TOXO Rúa B, 39. Telf. 886 154 464
Restaurante CABANAS Pintor Laxeiro, 3. Telf. 986 782 317
Restaurante CASA PABLO A Goleta, 39. Camposancos. Telf. 986 682 838
Restaurante CATRO CAMIÑOS Cercio, 28. Cercio. Telf. 986 682 466
Restaurante EL RINCÓN DE LA MARIPOSAAvda. da Estación, 8. Telf. 986 782 493 - 608 999 089
Restaurante KILÓMETRO 0 Avda. Buenos Aires, 96. Telf. 886 154 384
Restaurante LA ESTACIÓN Estación de Botos, 48. Botos. Telf. 986 780 455
Restaurante LA MOLINERA Rosalía de Castro, 15. Telf. 986 782 055
Restaurante ONDE ANTONIO Pol. Ind. Lalín 2000. Cidade do Transporte. Telf. 986 794 479
Restaurante Parrillada LA ROBLEDA Os Carballiños, 36. Vilatuxe. Telf. 986 783 679
Establecementos colaboradores en Madrid:Restaurante COMBARRO. Reina Mercedes, 12. Telf. 91 554 77 84
Restaurante SANXENXO. José Ortega y Gasset, 40. Telf. 91 577 82 72
PREZO AFORO DÍAS DE COCIDO 25 € 40 p. Con reserva
23 €
25 p.
Domingo/Resto días reserva
25 €
70 p. Mércores/Resto días reserva
25 € 90 p.
Todos os días agás martes25-30 € 50 p.
Con reserva
25 €
25 €
26 € 110 p. Fin de semana/Resto días reserva
80 p.
150 p. Con reserva
Con reserva
30 € 200 p. Fin de semana/Resto días reserva
25 € 250 p. Con reserva
25-30 € 110 p.
25 €
35 €
25 €
80 p.
400 p.
80 p.
Con reserva
Fin de semana/Resto días reserva
Fin de semana con reserva
Con reserva
35 €
27 €
250 p.
50 p. Con reserva
32 € 130 p. Todos os días
20 € 500 p.
Con reserva
Con reserva
25 € 90 p.
25 € 150 p. Fin de semana/Resto días reserva
35-45 € 180 p. Todos os días agás mércores
Todos os días agás luns
23 € 120 p.
25 € 110 p. Con reserva
Con reserva
25 €
25 €
60 p.
100 p.
Xoves e fi n de semanaResto días reserva
Con reserva
CARNICERIAS E EMPRESAS CARNICAS; FROITERIAS; PANADERIAS; QUEIXERIAS E LACTEOS; VINOS, LICORES E OUTRAS DISTRIBUCIONSCarnicerías e empresas cárnicas
CARNICERÍA VARELAAvda. Luis González Taboada, 7. Telf. 986 781 764
ELABORADOS CÁRNICOS EMDEZAEmpalme, s/n. Donramiro. Telf. 986 781 724
EMBUTIDOS LALINENSEAguchave, 16. Telf. 986 780 257Avda. Luis González Taboada, 19. Telf. 986 792 158
Froiterías
LALÍN FRUTWenceslao Calvo Garra, 5. Telf. 986 784 763Avda. Luís Glez. Taboada, 51 Queixerías e lácteos
Panaderías
PANADERÍA JOSÉ NERCELLASRúa F, 7. Telf. 986 780 309Observatorio, 6. Telf. 986 780 281
PANADERÍA FERNÁNDEZ PUARSAFonte Sanguiña, 2. Telf. 986 780 196
Queixerías e lácteos
COOPERATIVA QUEIXOS HOXEBorralla, 34. Prado. Telf. 986 580 100
KALEKÓIBergazos, 36. Telf. 986 787 500
QUEIXERÍA DONA COBIÑA-COBIDEZACercio s/n. Cercio. Telf. 986 580 473
Viños, licores e outras distribucións
DEZA DISTRIBUCIONESMemorias dun Neno Labrego, 3. Telf. 654 560 159
EXCLUSIVAS CAMPOSPintor Laxeiro, 40. Telf. 650 026 356
LICORES POUSARúa B, 45. Telf. 607 294 207
RICARDO VÁZQUEZ E HIJOS C.B.Arenal, 55. Telf. 986 780 094 Viños, licores e
Sábado 13 de xaneiro de 10:00 a 14:00 h. e de 16.30 a 21:00 h. CONGRESO DE FOTOGRAFÍA E MONTAÑA no Salón Teatro.Sábado 13 e domingo 14 de xaneiro. 2ª MOSTRA DA CAMELIA DE LALÍN no Pazo de Liñares. Organiza: Concello de Lalín. Colaboran: Sociedad Española de la Camelia e Deputación de Pontevedra.
Do luns 15 de xaneiro ao mércores 14 de febreiro. XX MES DO COCIDO DE LALÍN.
Martes 16 de xaneiro COCIDO EN RUTA en Tui, patrocinado por SUPERMERCADOS GADIS, ABANCA e COREN.
Venres de 19 xaneiro ás 20:30 h. no Museo Municipal Ramón Mª Aller. Charla/Coloquio “OS BENEFICIOS DA DIETA ATLÁNTICA. O COCIDO COMO PRATO ESTRELA” coa dietista Vanesa Taboada Santín.
Sábado 20 de xaneiro ás 20:30 h. no Museo Municipal Ramón Mª Aller. Concerto de KÚMBAL.COCIDO EN RUTA en Moaña, patrocinado por SUPERMERCADOS GADIS, ABANCA e COREN.
Domingo 21 de xaneiro a partires das 10:30 h. XIX MATANZA TRADICIONAL DO PORCO na parroquia de Moneixas.
Mércores 24 xaneiro COCIDO EN RUTA en Monforte de Lemos, patrocinado por SUPERMERCADOS GADIS, ABANCA e COREN.
Xoves 25 xaneiro COCIDO EN RUTA en Ponferrada, patrocinado por SUPERMERCADOS GADIS, ABANCA e COREN.
Venres 26 de xaneiro ás 20:30 h. no salón de actos da Biblioteca Municipal. Longametraxe documental “VIGO 1972” da produtora Arthur Gordon.
Sábado 27 de xaneiro ás 13:00 h. diante da Estatua de Loriga. Concerto de 80 Y CUANTOS.
Ás 18:00 h. no Salón Teatro. GALA DO CICLISMO GALEGO, organiza Federación Galega de Ciclismo.
21:00 h. no Salón Teatro. CONCERTO DA BANDA DE LALÍN, directora: Isabel María Rubio Molina, solistas convidados David Villa Escribano e Steve Harriswangler.Domingo 28 de xaneiro. A partir das 10:30 h. VIII CARREIRA DO COCIDO, saída da Praza da Vila.A partir das 16:30 h. COCIDO MIÚDO coa colaboración de ABANCA e CORETI, obradoiros, xogos, animación, actuacións e moito máis para nenos/as na CARPA MAHOU do campo da feira.
Luns 29 xaneiro COCIDO EN RUTA no Barco de Valdeorras, patrocinado por SUPERMERCADOS GADIS, ABANCA e COREN.
Mércores 31 de xaneiro COCIDO EN RUTA en Santiago de Compostela na Praza do Obradoiro, patrocinado por SUPERMERCADOS GADIS, ABANCA e COREN.
Do xoves 1 de febreiro ao luns 5 de febreiro. Visita de veciños/as de Escaldes (Andorra) dentro do IRMANDAMENTO LALÍN-ESCALDES.
Do xoves 1 de febreiro ao mércores 28 de febreiro. XORNADAS GASTRONÓMICAS DA FEIRA DO COCIDO DE LALÍN EN MADRID. Restaurante Sanxenxo e Restaurante Combarro.
IV TORNEO DE TENIS DO COCIDO DE LALÍN 2018, organiza Breaking Tennis.
Xoves 1 de febreiro. Das 06:00 ás 13:00 h. programa da Radio Galega “GALICIA POR DIANTE”, en directo desde a sala de prensa do Concello de Lalín.
Venres 2 de febreiro ás 22:00 h. LUAR ESPECIAL COCIDO en directo pola TVG. Entréganse os Premios de Gastronomía de Galicia e o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”.
Sábado 3 de febreiro: A partir das 12.00 SHOWCOOKING COCIÑEIROS MAHOU con Juan Crujeiras de BIDO e Luis Veira de ÁRBORE DA VEIRA coa música en directo de LOS VAGOS.Ás 18:30 h. no Lalín Arena. Gala OS TONECHOS “O reencontro”.19:00 h. a 23:00 h. CANTOS DE TABERNA. Homenaxe a Plácido Rozas.00:00 h. Espectáculo pirotécnico especial 50 Anos da Feira do Cocido, na Praza da Igrexa.Sábado 3 e domingo 4 de febreiro. CARPA MAHOU no campo da feira. Espazo de promoción, exposición e venda de gastronomía e produtos galegos. DOMINGO 4 DE FEBREIRO. 50 FEIRA DO COCIDO.Ás 20:00 h. na Praza da Igrexa. Concerto de TREIXADURA.Sábado 10 de febreiro ás 13:00 h. no Museo Municipal Ramón Mª Aller inauguración da exposición “VIII EmporcARTE”. De seguido ofrenda de grelos ao Porco, na rúa Colón.Ás 14.30 h. XIX Cocido das Artes.Do sábado 10 de febreiro ao martes 13 de febreiro no Museo Municipal Ramón Mª Aller. TITERENTROIDO. Festival de títeres e marionetas.Luns 12 de febreiro. ENTROIDO nas rúas de Lalín e na CARPA MAHOU no campo da feira. Desfi le, concurso, inchables para os nenos, música, animación. Sábado 17 de febreiro: De 12:00 a 13:00 h. en CASTRODEZA, obradoiro “CHEIRA QUE ALIMENTA!”. Para nenos/as de 3 a 7 anos.20:30 h. no Museo Ramón Mª Aller concerto da ORQUESTRA DE CORDA DE LALÍN, directora: Inara Vesvastika.Domingo 18 de febreiro: De 12:00 a 13:00 h. en CASTRODEZA, obradoiro A POCIÓN MÁXICA DO DEZA. Para nenos/as de 7 a 14 anos.CAMPIONATO DO COCIDO DE AIRSOFT nas instalacións de Lalingrado na parroquia de Albarellos.Sábado 24 de febreiro ás 20:30 h. no Salón Teatro Espectáculo de música tradicional da AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA A CARBALLEIRA DE CERCIO.Domingo 25 de febreiro, RUTA DE CLÁSICOS DO COCIDO, organiza Escudería de Clásicos “O Toxo”.Sábado 3 de marzo ás 20:30 h. no Museo Ramón Aller Concerto DÉBORA PICHEL-MATTHEW SCHRIEK.Venres 16 de marzo ás 20:30 h. no Museo Ramón M.ª Aller. Inauguración da exposición: MANUEL COLMEIRO (do 16 de marzo ao 16 de maio).Venres 16 e sábado 17 de marzo. XXIV RALI DO COCIDO. 1ª Proba do Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2018. Sábado 17 de marzo ás 20:30 h. no Museo Municipal Ramón M.ª Aller. Concerto HADHIETXEKOS.Sábado 24 de marzo ás 20:30 h. no Museo Ramón M.ª Aller. Concerto NÓS -Diego Sieiro, Benxamín Otero e Sandra Fondevila-.Sábado 14 de abril ás 18:00 h. no Salón Teatro. VI FESTIVAL DE CORAIS. Venres 20 de abril ás 21:30 h. no Salón Teatro. CALÍGULA con Xoel Fernández.Sábado 21 de abril, mañá e tarde no Salón Teatro. Actuación +QDANZA. Sábado 28 de abril ás 18:30 h. no Salón Teatro. Actuación de SCENE BALLET.Venres 4 e sábado 5 de maio. III ORGULLO DE LALÍN.Xoves 17 de maio ás 20:30 h. no Museo Ramón M.ª Aller. Concerto A LAVANDEIRA -Carlos Quintá e Vero Rilo-. Sábado 19 de maio ás 19:00 h. na Praza de Loriga. SERÁN DAS LETRAS GALEGAS.
PROGRAMA DE ACTOS11:00 h. Casa Consistorial:Recepción do pregoeiro/a VÍCTOR FERNÁNDEZ FREIXANES, presidente da Real Academia Galega, e autoridades.Entrega da distinción “ALDEA SINGULAR” 2018 á parroquia da XESTA coa actuación musical daAsoc. Cultural Carballo da Manteiga.12:00 h. Apertura da Feira e visita á CARPA MAHOU. Espazo de promoción, exposición e venda de gastronomía e de produtos galegos.12:45 h. Pregón da 50 Feira do Cocido a cargo de VICTOR FERNÁNDEZ FREIXANES, Presidente da Real Academia Galega, no palco da rúa Principal.13:00 h. Desfi le de Carrozas, Charangas, Comparsas e Agrupacións Musicais.Colabora: Deputación de Pontevedra.20:00 h. Concerto de TREIXADURA na Praza da Igrexa.
DESFILE FEIRA DO COCIDO 2018Colabora: Deputación de Pontevedra
Comparsas, Charangas e Agrupacións MusicaisBanda de Gaitas Os Dezas de MoneixasAsoc. Cultural Carballo da ManteigaComparsa Amoriños de BoraComparsa Os Miúdos de ArcadeComparsa Cor café de PontevedraAsociación Socio-Cultural +QdaNzA de LalínComparsa As Marchosas de ArcadeComparsa Os Canecos de PoioCharanga Os Verbeneros de LalínChraranga KM0 de LalínCharanga Os Ardores de LalínFolión da Veiga
CarrozasAsociación Cabaleiros de LalínAsociación Cabaleiros do DezaAsociación de Veciños San Pedro Félix da XestaCarroza de SelloCooperativa Gandeira de BotosGrupo de Baile e Música Tradicional “A Carballeira” de CercioPeña CasardixoVilatuxe Club de Fútbol
FEIRA DO COCIDO: O SABOR INCONFUNDIBLE DA HISTORIACincuenta anos, cincuenta edicións. Un anaco de historia. Case unha vida. Para os que nacemos despois de 1969, toda a nosa vida. Cincuenta anos nos que o mundo ten experimentado infi nidade de cambios. Un tempo marabilloso e por veces convulso no que, malia todo, a Feira do Cocido conseguiu perdurar, medrar e consolidar a súa esencia como o principal referente gastronómico de Galicia. Pero non só iso. Ao longo destes cincuenta anos -dende que a Peña do Porco puxera en marcha esta festa- a Feira tamén soubo potenciar a inmensa variedade dos seus ingredientes e os seus incomparables matices.
Dicía Álvaro Cunqueiro, primeiro pregoeiro da Feira, que o comensal podía chegar a distinguir preto dunha trintena de sabores nun prato de cocido. E iso é hoxe a Feira no seu conxunto. Unha com-pleta experiencia sensitiva que transcende o puramente gastronómico para achegar outros moitos sabores. Sabores con bo gusto e para todos os gustos: o da cultura e o patrimonio, o da calidade e a creatividade, o da identidade e o idioma, o da arte e a paisaxe, o do turismo e a economía, o da hostalería e o comercio, o da tradición e a modernidade... E tamén agora, tras medio século de vida, o sabor inconfundible da historia.
Porque desgustar hoxe un prato de cocido de Lalín é formar parte dunha comunidade cada vez maior que recolle o legado de todos aqueles que contribuíron a facer da Feira o gran sinal de iden-tidade de Lalín. Falo de Cunqueiro, Otero Pedrayo, Celso Emilio, Filgueira Valverde, Carlos Casares, Laxeiro, Lamazares, Sucasas, Manolo Moldes, Paco Lareo, Álvaro Negro, Misha Bies Golas... Todos eles e moitos máis -xunto con cada unha das persoas que algunha vez veu a Lalín a probar o prato rei da gastronomía galega- realizaron a súa particular achega para que esta festa sexa xa patrimonio galego e universal.
E somos nós os que agora temos a enorme responsabilidade de facer que a Feira siga a medrar e perdurar no tempo, de sentar os alicerces para que, dentro doutros cincuenta anos, as nosas fi llas e fi llos poidan sentir a honra de formar parte desta tradición. É por iso polo que este ano non escatimamos esforzos para elaborar un completo programa de actividades á altura dunha data tan sinalada e do que nos sintamos orgullosos. Convidámosvos este ano, máis que nunca, a vir a Lalín e desfrutalo. Convidámosvos a gozar do noso Cocido. Convidámosvos a formar parte da historia.
Benvidos a Lalín, capital mundial do Cocido!
RAFAEL CUÍÑA APARICIOAlcalde de Lalín
50 FEIRA DO COCIDO DE LALIN. DOMINGO DE FEBREIRO 2018